A guerrilla nos montes de Casaio
14 Marzo / 19:30 – 21:00
O Ateneo Alántico prácese en organizar un acto arredor do tema “Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio”. Intervirán Mario Pereiro, Fran Alonso e Paco Macías. O acto terá lugar o venres 14 de marzo, a partir das 19.30 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa), e será presentado por María Gómez Faro.

Nos montes de Casaio (Valdeorras) librouse a derradeira batalla da Guerra Civil Española.
Foi a que protagonizaron un puño de guerrilleiros antifranquistas da Federación de Guerrillas León-Galicia entre os anos 1941 e 1946.
A Cidade da Selva é o nome que lle deu a guerrilla á zona; está formada polo conxunto de campamentos formados por chozos de peedra, que os guerrilleros construiron nos montes de Casaio e que ocuparon unha vez finalizada la Guerra Civil. A zona foi investigada desde a historiografía e a arqueoloxía pola asociación científica Sputnik Labrego.