Hoxe traemos o noso vídeo conmemorativo do 8M. A comisión de igualdade do Ateneo decidiu dedicar este ano ás mulleres da ciencia tanto para poñer en valor o seu traballo e esforzo, como para situar o foco da reflexión no inmenso camiño que aínda queda por percorrer para acadar a paridade.
As protagonistas do vídeo son Sonia Villapol (neurocientífica, investigadora principal no Texas Medical Center de Houston, profesora no Center for Neuroregeneration no Methodist Hospital Research), Elena Vázquez Cendón (matemática, doutora pola USC, profesora de matemática aplicadada na Facultade de matemáticas, da que é decana, membro do Consello da Cultura Galega) e Silvia Pérez Freire (socióloga, doutora pola USC, profesora da UVigo, especialista en violencia, xénero e sexualidade).
O fío condutor do vídeo é a canción Debout les femmes (En pé, mulleres), himno colectivo elaborado polas mulleres do maio do 68 tomando como referenza o Chant des Marais (ou Chant des déportés), adaptación á súa vez do Wir sind die Moorsoldaten (Nós somos os soldados do marais) canción escrita e composta en 1933 polos primeiros prisioneiros communistas deportados polos nazis ao campo de concentración de Börgermoor.
Debout les femmes (En pé mulleres)
Nosoutras, que non temos pasado, mulleres,
Nosoutras que non temos historia,
Desde a noite dos tempos, mulleres,
Somos o continente negro.
En pé mulleres escravas
E rompamos os obstáculos
En pé! En pé! En pé!
Escravizadas, humilladas, mulleres,
Compradas, vendidas, violadas,
En todas as casas, mulleres,
Fóra do mundo relegadas.
En pé mulleres escravas
E rompamos os obstáculos
En pé! En pé! En pé!
Soas na nosa desgraza, mulleres,
A unha da outra ignorada,
Eles dividíronnos, mulleres,
E das nosas irmás separáronnos.
En pé mulleres escravas
E rompamos os obstáculos
Recoñezámonos, mulleres,
Falemos, mirémonos,
Xuntas na nosa opresión, mulleres,
Xuntas rebelémonos.
En pé mulleres escravas
E rompamos os nosos obstáculos
Adiante, haïfou, stand up.
O tempo da ira, mulleres
O noso tempo chegou
Coñezamos a nosa forza, mulleres
Descubrámonos a millares!
En pé mulleres escravas
E rompamos os obstáculos
En pé
En pé mulleres escravas
E rompamos os obstáculos
En pé! En pé! En pé!
En pé! En pé! En pé!