- This event has passed.
Cidades inclusivas
3 Decembro / 19:30 – 21:00
Cidades inclusivas, Escala urbana e espazo público é o título da charla de Teresa Táboas que terá lugar o martes 3 de decembro na biblioteca da EMAO.
Os profundos cambios culturais e sociais impulsan un novo paradigma no deseño e planificación do espazo público. Incorporar a perspectiva de xénero e as demandas e necesidades dunha cidadanía plural é un reto.
Teresa Táboas é arquitecta. Foi conselleira de Vivenda e solo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Na actualidade vén de ser elixida vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) que agrupa a máis dun millón de arquitectos e arquitectas do mundo.