Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Saída polo Ribeiro

26 Outubro / 08:30 21:00

O vindeiro sábado 26 de outubro inauguramos as saídas deste curso 2024-25. Faremos un percorrido polo Ribeiro visitando o Castro de San Cibrao e a adega Cuñas Davia; despois da comida tradicional remataremos o día cunha visita ao Pazo de Trasalba.

2024-10-26 SaidaRibeiro

A saída será ás 8.30 horas do instituto santa Irene, con paso ás 9 horas polo lugar habitual na rúa Areal (diante do antigo reitorado).
A primeira visita será ao castro de San Cibrao de Las.
A continuación, visita a unha adega familiar: Cuñas Davia; percorrido pola adega e cata de vermú, dúas castes de viño branco e outra de tinto.
Comida nun local tradicional.
Xa pola tarde, visita guiada ao Pazo de Trasalba, casa museo de Otero Pedraio..

O prezo é de 60 euros para as persoas asociadas e de 70 para as non asociadas.
O prazo de inscrición vai do martes 15 ao martes 22 de outubro e podemos anotarnos por dúas vías diferentes:
– ben enviando un correo cos datos (nome, apelidos e teléfono) a actvidades@ateneoatlantico.gal
– ben enviando un watsap ao 635 685 868 onde nos atenderá Encarna con todas as indicacións.

Animádevos!!!