Cargando eventos

« Todos os eventos

A última dorna de Ons

23 Outubro / 19:30 21:00

O Ateneo Atlántico comprácese en anunciar o acto de presentación do documental A última dorna de Ons; o documental conta coas imaxes do noso compañeiro a amigo Anxo Cabada, magnificamente acompañadas pola música de Antón Davila. O acto terá lugar no Museo do Mar de Galicia (Avenida de Atlántida 160) ás 19.30 horas do mércores 23 de outubro. Estarán presentes os dous autores que serán presentados por Xosé Carlos L. Bernárdez.

2024-10-23 UltimaDornaOns
2024-10-23 UltimaDornaOns

Dicía Bouza Brey de Ons “un anaco de terra fincado no mar do corazón de todas as persoas que nalgún momento quedamos prendadas por ela, é a patria á que sempre desexamos volver”.
Esa patria a que sempre desexamos volver, é a temática deste documental de Anxo Cabada e Antón Davila, realizado nos meses pasados. Un documental no que os seus protagonistas son os illáns, algúns namorados i expertos sobre a illa, e sobre todo Césareo Patiño, o último mariñeiro  que nunca abandonou Ons, e hoxe coa  última dorna que queda na illa,  fai un percorrido polas antigas técnicas de pesca do polbo que permitiron os illáns manter unha economía de subsistencia.
O documental sobre o Ons inmaterial, de 30 minutos, contou co apoio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, da Xunta de Galicia, co Plan de Recuperación e Resilencia e cos Fondos NexGeneration da EU.
Anxo Cabada, fotógrafo, traballou no audiovisual nas series para a TVG “Os viaxeiros da luz” e “O fío do retrato”.
Antón Davila, músico de Bueu, traballou como realizador de documentais de natureza i etnografía galegas.

Museo do Mar

Avenida de Atlántida 160
Vigo, 36208 Spain
+ Google Map
986 24 77 50
Ver a Páxina Web do Recinto