Sendo as 19.00 horas do día 6 de xuño de 2024 reúnese o xurado do 4º premio Exeria formado por:
- Inma López Silva, presidenta.
- Xulio Abalde García, polo Ateneo Atlántico.
- Helena Pousa Ortega, (telemáticamente) pola Fundación Xoán Piñeiro.
- Lois Alcaide Dans (telemáticamente) gañador da 3ª edición do certame Exeria de relato curto.
- Pablo Nogueira Campo , (telemáticamente) finalista da 3ª edición do certame Exeria de relato curto.
- Fernando Fernández González, Secretario, con voz e sen voto.
Unha vez realizadas as pertinentes deliberacións, e por maioría, o xurado decide outorgar o primeiro premio do 4º Certame Exeria ao orixinal titulado “Derradeiro alento do boi”, destacando a capacidade do texto para captar, a través dun estilo limpo, áxil e atractivo, a metáfora do paso do tempo na cidade de Vigo, á vez urbe e aldea, unha idea que se acrecenta no final sorpresivo”.
No tocante ao accésit, o orixinal premiado é o titulado “Unha aldea de luz”, salientando a orixinalidade dun relato que emprega o xénero fantástico para ligar o pasado co futuro nunha mensaxe de tribo que non cae en tópicos.
Reclámase a presenza de Ignacio Pérez Méndez que custodia as plicas. Unha vez abertas en presenza do xurado resultan:
- Gañador do primeiro premio Francisco Javier Fernández Davila
- Accésit Soledad García Riveiro
Péchase a sesión sendo as 20.00 horas.