- This event has passed.
Antonio Rey Soto, Pioneiro do cine galego
10 Abril / 19:00 – 21:00
Sesión do cinemAteneo arredor da figura de Antonio Rey Soto e da técnica do Benshi. Contaremos con Manolo González, autor do libro O Benshi de Galicia. Proxectaremos fragmentos da película Viaje por Galicia (Luís R. Alonso, 1926) narrada ao modo Benshi por Toñi Caseiro. Presenta José Luís Mateo. Será o mércores 10 de abril, ás 19 horas, na Biblioteca da EMAO.
O «benshi», era unha figura fundamental no cine mudo japonés, era o encargado de explicar a trama da película aos espectadores, moitas veces analfabetos. Partindo desa figura, o investigador e divulgador do cine en Galicia, Manolo González, nos introducirá na figura dun dos pioneiros da séptima arte galega: Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966).
Rey Soto fundara en Vigo a productora Celta Film e rodou a película Un viaje a través de Galicia y Asturias (desaparecida). Con ela xirou por América en 1923 facendo, como un “benshi” galego, a narración ao público dos contidos que estaban a ver no filme.
Manolo González, descóbrenos a historia do crego, poeta, bibliófilo, bohemio, seductor, visionario, sibarita… e inaudito director de cine. O acto compleméntase cun extracto da película Un viaje por Galicia, realizada polo mesmo director de fotografía que utilizara Rey Soto no seu filme, Luis R. Alonso. A proxección contará coa narración a modo de “benshi” da actriz Toñi Caseiro.