Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Saída: Baixo Miño Galego-Portugués

24 Febreiro / 09:00 21:00

O Ateneo Atlántico organiza unha saída para o sábado 24 de febreiro. Percorreremos o Baixo Miño galego-portugués con paradas no taller de Cuqui Piñeiro, na adega Terras Gaudas e en varios lugares para coñecer a arte e a historia das fortalezas en ambos lados da fronteira. A comida será en Tui.

2024-02-24 Saida BaixoMinho
  • Cando: Sábado 24 de febreiro de 2024
  • Horario: de 9 a 21 horas (saída e chegada a Areal)
  • Baixo Miño galego-portugués
    • Visita ao obradoiro de Cuqui Piñeiro
    • Visita Adega Terras Gauda con cata e petisco
    • Comida en Tui. Restaurante Cruceiro do Monte
    • As fortalezas da fronteira con Rebeca Blanco
  • Prezo: 65 euros persoas socias, 75€ non socias.
  • Procedemento para a inscrición:
    • Prazo de inscrición dende o xoves 15 até o xoves 22 de febreiro
    • Realizar o ingreso que corresponda (65/75€) na conta de Airbus:
      • ES54 0075 8918 4606 0029 0234
      • Concepto: REFERENCIA 1-51592
      • Facer constar Nome completo e DNI da persoa/s que viaxan
      • (Imprescindible un ou dous nomes completos e os DNIs correspondentes)
      • Enviar correo electrónico coa copia do ingreso e todos os datos das persoas que viaxan a:
        • marialago@airbusgalicia.com
  • No caso de que para algunha persoa o procedemento poida resultar excesivamente engorroso, tamén vos podedes achegar persoalmente á oficina de Airbus de Rosalía de Castro 28 (teléfono 986 43 20 00) e preguntar por María.
As fortalezas de Goián e Vila Nova de Cerveira

Despois da visita ao obradoiro de Cuqui Piñeiro e á Adega Terras Gauda (pola mañá), e tras a comida en Tui, faremos un percorrido polas fortalezas de Goián e Cerveira da man de Rebeca Blanco.

Rebeca Blanco Rotea é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015. Realizou o Terceiro Ciclo de Estudos de Arqueoloxía e Historia. da Antigüedade do Departamento de Historia I da USC, obtendo a Suficiencia Investigadora en 1999. Na actualidade é Investigadora Posdoutoral contratada nas Axudas de Investigación Posdoutoral da Xunta de Galicia, 2016-2019, dentro da Universidade de Santiago de Compostela , quedando no dous primeiros anos na Unidade de Arqueoloxía da Universidade do Minho.
A súa tese de doutoramento foi sobre “Arquitectura e Paisaxe. Fortificacións fronteirizas no sur de Galicia e norte de Portugal”.
Ten numerosas publicacións entre as que podemos destacar, polo tema que nos ocupa, o traballo titulado “Trabajos arqueológicos realizados en el transcurso de la redacción del Plan Director de las Fortalezas Transfronterizas del Tramo Bajo del Río Miño. CAPA (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio) 22. Santiago de Compostela 2009 e 2013 segunda edición.

O percorrido comezará polo Alto de Cervo, para ter unha perspectiva global, para logo pasar pola atalaia do Espírito Santo e o forte de Lovelhe; despois de saltar o río, e xa en Goián, iremos ao forte de Nosa Señora da Concepción e forte de San Lorenzo. En función da dispoñibilidade horaria, o percorrido podería acurtarse ou enriquecerse con novas etapas.

Deixamosvos a continuación o pdf da visita que elaborou para nós Blanca; podedes consultala dende aquí ou baixala ao voso ordenador ou móbil