Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Visita guiada á exposición Vigo no tempo

14 Decembro 2023 / 18:00 19:00

O Ateneo Atlántico, en colaboración con Afundación, organizadora da exposición, propón unha visita guiada a Vigo no tempo. Terá lugar o xoves 14 de decembro, a partir das 18 horas, no local da exposición (Sede A Fundación, Policarpo Sanz 24. A visita será con solicitude e confirmación previas a través do enderezo electrónico actividades@ateneoatlantico.gal

2023-12-14 Visita Vigo no tempo

A exposición é un percorrido histórico pola cidade dende a orixe á actualidade con recreación virtuais, mapas, planos, obras de arte, etc., para afondar no Vigo de sobra sabido e descubrir aspectos menos coñecidos.

Dado que número de prazas dispoñibles está limitado a 25 persoas, será necesario realizar unha inscrición previa a través do correo
actividades@ateneoatlantico.gal
no que se fará constar o nome e apelidos da persoa solicitante, e o número de carné.
Haberá que enviar un correo por persoa solicitante.

A exposición Vigo no tempo nace co objetivo de reivindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia. A iniciativa está organizada pola Xunta de Galicia coa colaboración de Afundación (Obra Social ABANCA) e percorrerá as principais cidades galegas para revisitalas dentro da historia de cada unha delas.

Nun mesmo espazo podemos ver o Vigo industrial (vinculado ao mar e a outras entidades destacadas como Citroën), o editorial, a influencia de Cable Inglés nos costumes e o lecer, pasando polo Vigo da Movida ou o Grupo Atlántica, ao Vigo do mar e das lendas.

O Comisario do proxecto é Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega.
Para a mostra centrada en Vigo conta co asesoramento, como coordinador local, do columnista e editor de Xerais entre 1994 e 2018, Manuel Bragado.

A exposición está na sede de Afundación (Policarpo Sanz 24-26) e permanecerá aberta entre o 10 de novembro e o 20 de xaneiro de 2024 en horario de luns a sábado, entre as 11:00 e as 14:00 h e entre as 17:30 e as 20:30 h., con horario especial para os domingos e festivos de Nadal.

Sede A Fundación Vigo

Policarpo Sanz 24-26
Vigo, Galicia 36202 Spain
+ Google Map