- This event has passed.
Festa de outono
28 Setembro 2023 / 19:30 – 21:00
O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en invitar a todas as súas asociadas e asociados, e ao público en xeral, á nosa habitual festa de outono.
A xuntanza, que terá lugar o xoves 28 de setembro, ás 19.30 horas, no noso local (rúa Doutor Cadaval 17) ten como obxectivo a presentación do novo curso cultural co adianto e concreción das actividades que xa están pechadas.
Cine, Club de lectura, Saída a Porto e Douro, Presentación de libros (Xabier Paz, Nones Araújo…), acto de conmemoración do centenario do Celta, Economía e feminismo, etc.
O acto comezará cun saúdo e presentación da nosa presidenta Luísa Abaz.
A cantautora MJ Pérez porá a nota musical a través das súas actuacións ao longo do acto.
A continuación faremos un breve repaso das novidades no formato da nosa páxina web ateneoatlantico.gal
Os diferentes responsables de áreas (cinemAteneo, literAteneo, saídas, feminismo, social, arte, etc.) avanzarán o programa de actividades programadas para este trimestre.
Nova actuación da nosa invitada MJ Pérez.
Viño galego de confraternización con petiscos.
A entrada é gratuíta, en sen previa inscrición ata completar o aforo do local, tendo preferencia as persoas asociadas ao Ateneo.
Un saúdo e animádevos!