- Este evento pasou.
Municipalismo e Federalismo
20 Abril 2023 / 19:30 – 21:00
O próximo 20 de abril, xoves, ás 19.30 horas terá lugar o acto que titulamos Municipalismo e Federalismo. Nel conversarán, man a man, Ramón Máiz e o ex-ministro Fran Caamaño. Terá lugar na Casa Galega da Cultura..


Ramón Máiz é catedrático de Ciencia Política na Universidad de Santiago de Compostela.
Publicou recentemente en revistas como Regional and Federal Studies, Nationalism and Ethnic Politics, Journal of Political Ideologies, Studies in Ethnicity and Nationalism, Araucaria, Nations and Nationalism y Revista Española de Ciencia Política.
Entre os seus últimos libros están: Ethnicisme et Politique (con Jean Tournon) L’Harmattan: Paris, 2010; The Inner Frontier Frankfurt: Peter Lang, 2013; R. Máiz Prólogo, tradución e notas Madison et al. EL Federalista Madrid: Akal, 2015. Nacionalismo y Federalismo Madrid: Siglo XXI, 2018. E, Sieyès Escritos de la Revolución de 1789 Madrid: Akal, 2020.R. Máiz Prólogo, tradución e notas; R. Máiz, Prólogo, tradución e notas a K. Marx. O Manifesto Comunista e outros escritos políticos USC: BBVA, 2021
É membro da directiva do Comittee on Ethnicity and Politics da International Political Science Association, do Comité Académico do Centro de Filosofía da Universidade de Lisboa (CFUL), e dos Consellos editoriais de Diversitas (Peter Lang), “Clásicos” do CIS e “Estudios políticos” del CEPCO. Pertence ao comité internacional de redación das revistas: Nationalism and Ethnic Politics, Pôle Sud, Araucaria y Nations and Nationalism.

Francisco Caamaño Domínguez (1963) é Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña. Antes foi profesor da de Santiago, onde se doctorou, Letrado do Tribunal Constitucional, Director da Fundación Democracia e Goberno Local e catedrático da Universidade de Valencia.
No ano 2004 foi nomeado Secretario de Estado de Relaciones coas Cortes. No 2008, tras a constitución do novo Goberno Zapatero, ocupou a Secretaría de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios e o 24 de febrero de 2009 asumiu o cargo de Ministro de Xustiza e Notario Maior do Reino. No ano 2010, foi nomeado Presidente do Consello Europeo de Xusticia e Interior.
Nas eleccións do ano 2011 foi elixido Deputado a Cortes pola circunscripción de A Coruña e nomeado Vicepresidente da Comisión Constitucional. No ano 2012 foi elixido Deputado do Parlamento de Galicia e no 2015 reincorporouse á vida universitaria.
Como universitario ten realizado estadías de investigación no Instituto Europeo de Florencia e nas Universidades de Edimburgo e Coimbra. É autor de numerosos artígos académicos e libros sobre materias da súa disciplina. Particularmente sobre federalismo ten escrito varios artigos e dous libros: Democracia federal. Apuntes sobre España (2014) e Federación y reforma (2020).
Está en posesión de diversos premios e distincións entre os que se destacan a Medalla do Tribunal Constitucional, a do Colexio de Abogados de Santiago de Compostela, a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort e a Gran Cruz de la Orden de Carlos III.