CabeceiraFotoCíes

Ateneo na casa
Achegas durante os confinamentos

Historias…

Cuento de enanos
José de Fontoura

Hay un tanto de cuento de enanos en nuestra vida. Si hay brujas , hadas del bosque y pociones mágicas.
La Magia no es razón, aparece en los bosques, caminamos por sus laberintos, por sus sortilegios, por sus claros y sus emboscadas,  tenemos enanos y jorobados, estrellas y perlas.
    Que es la Suerte sino Magia favorable al andar por las ta blas sobre el abismo
    Es magia los encuentros que tuvimos antaño y luego los sometemos a química voluntariosa o fantasiosa, pero se hacen realidades. Estas realidades son alquimia que fabricamos que tenemos el gran don de fabricar.
    Creamos colores de ánimos, y tristezas y alegrías, casi a voluntad; despilfarrando el milagro por falta de fe . 
    Saltan chispas de simpatías y la tribu con sus vecinos formaron la fiesta, el júbilo inenarrable, y salta la Magia sobre las cabezas, brotan las fuentes cantarinas , salen a relucir los corales y madreselvas , cantan los resortes de las músicas humanas. Las músicas vuelve Mágica la alameda, enlaza sueños , adquieren esperanzas, se mecen en la danza. La danza electrifica los pies, ellos bailan solos y vuelan rasante , preguntan por los ritmos, enlazan los poemas que salen y despiertan, cosen , hilan y juegan.
    Todos juegan en sus ojos, con sus ojos, con sus espiritus, con los otros , todos se conocen cuando bailan en tropel, todos se armonizan buscando sus ojos
    A solas vuelve la soledad, con sus Magias negras, con sus sombras de envidia y avaricia , cuenta como caen las monedas, en saco roto en abismo de tristeza, el abismo gira, devora , todo lo traga.
    Dice la magna ciencia, que la humanidad bien pudo nacer de una equivocacion , que vino del fondo estelar, que se desarroló no por evolucion sino por azar , por accidente , y  la magia  nos parió. Vinieron los azarosos cataclismos, edades de hielo, montañas de lava, llovieron los mares del espacio y salieron dragones del mar para tostarse en las playas , guiñar los ojos a las dragonas y llevarselas al cruce de los mares desde donde brotan los miles de colores  cada día de azul verdoso en sus escamas.

Violencia psiquiátrica
Mónica González Alonso

A compañeira Mónica envíanos un pequeno relato.
Vén acompañado do texto seguinte:
Prezados compañeiros do Ateneo Atlántico de Vigo, envíovos unha colaboración, baseada na miña experienza persoal ficcionada, por se vos interesa coñecer de preto outra das moitas realidades silenciadas que nos rodean. Boa desescalada, saúde e resistencia contra virus da inxustiza. Ainda non atopamos, tampouco ainda a vacina contra el.

Violencia psiquiátrica

–Qué fago, pégolle un tiro? Dixo o psiquiatra Villarramil ponteándome e atravesando coa súa mirada o meu corpo ata chegar á ollada do seu colega. Un mozo do MIR, que entrara na súa consulta interrumpindo a miña terapia?? bimensual.
Eu non souben reaccionar máis que co silencio e o desconcerto da miña actitude incrédula ante este acto expreso de violencia psiquiátrica, violencia de xénero, violencia sanitaria. Non sei como describila máis. Un xeito evidente de desprezo, de ameaza cara o que considera inferior e non merecente de creto. Un acto manifesto de terrorismo sanitario. Ese tipo de violencia inversa que o sistema do Sergas nunca denuncia nos medios.
O caso pasou sen pena nin gloria entre os risos cómplices dos dous profesionais?? Do Servizo de Saúde mental do Hospital Xeral de Vigo.
Levanteime, abrín a porta e cando pensaba que ía atopar a saída, atopeime cunha escena hospitalaria de había unha década. Estaba eu en estado de shok, sen poder falar nin expresarme, logo dunhas esperpénticas vacacións?? En Londres.
A miña benquerida familia ingresárame no Nicolás Peña, e alí coma terapia, sen ningún tipo de intervención verbal nin explicación ó respecto, outro psiquiatra, cómo o diría eu? Vale como médico de saúde mental… Eu non podía nin falar e él fíxome abalar unha pastilla que en menos de cinco minutos fíxome caer ó chan. Terapia de choque ou escarmento. Non vexo ningunha praxe médica polo momento…
Resultado un mes de terapia?? En un ambiente hospitalario enrarecido, incomunicado, brutalizado. Compañeiros de ingreso masturbándose no corredor. Outros facendo felacións nos cuartos máis postos que ninguén polas supostas drogas terapéuticas da Seguridade Social. Un ambiente ideal para superar os traumas de máis dunha década recibindo ameazas da ultradereita por facer o teu traballo.
–Ímoslle dar uns bastonazos ó teu xefe. Ti vas ter un accidente. Sabemos onde vives. Vaste enterar. E o meu superior un home agudo pero diminuto
curtido pola profesión, dicíame polas noites.
–Acompáñame ó parking que teño medo de que me den unha malleira.
O home tamén capeaba a inevitable ondanada de ansiedade e medo a golpe de Trankimazín. Había que ir a traballar contra a réxime do terror e das ameazas para cumplir co artigo 20 da constitución. As terapias máis habituais contra o mal endémico da falla manifesta de democracia na Galiza profunda.
Outra volta de parafuso e tomo notas para un futuro ensaio sobre o control político, sanitario, policial, mediante o emprego de tecnoloxías da neurocomunicación postas de xeito gratuito a disposición do público polo físico británico Stephen Hawking, quen as empregou e as mellorou.
Cando unha obra social pon unha ferramenta técnica de derradeira xeración a disposición dos sistemas de control contra todo dereito fundamental e humán. A excusa, experimentar novas formas de interacción neuronal co objectivo de desenvolver novos sistemas de comunicación entre individuos sen interactuar a palabra oral. Nin mencionar que os individuos escollidos coma obxecto de estudio non foron alertados deste experimento, nin da súa autoría nin dos seus obxectivos.
Sona o teléfono e estou debruzada sobre o teclado do meu ordenador. O vello Macintosh, estoupara hai un ano e na empresa reciclárano cambiándolle o disco duro. Algo así como lle ocurrirá á súa operaria. Agardo que o do ensaio só fora un mal pesadelo…
A redacción estaba valeira, mal iluminada e uns filamentos de luz branca filtrábanse polas cortinas medio rasgadas. Unha marca de máscara de pestanas negra deixara un cerco no teclado, e un goteo desordeado sobre un par de folios en branco.
Desperézome. Poño os lentes e fíxome na pantalla da computadora. Unha nota de prensa de Reuters latexaba no espazo visual: Aparece a perna dun soldado español na montaña turca de Monte Pilav o 28 de maio de 2018, xusto onde se producirá o accidente aéreo do Yakolev 42 fletado polo Exército Español en 2003. Morreran 75 persoas, 62 militares españois, cuxos corpos foron repartidos entre as familias afectadas, iniciamente, sen identificar os restos. Houbo que inhumalos e exhumalos logo de doorosos sepelios. Un dos soldados “caídos” é un mozo galego, Carlos Agulló. Regresaban tras catro meses e medio de misión en Afganistan e Kirguistán. Todos faleceron xunto 12 tripulantes ucraínos, supostamente polo fallo humán do piloto provocado polo cansanzo e tamén polo mal estado da nave. Ningunha autoridade política nin militar dimitiu nin deu o seu brazo a torcer por esta catástrofe. Non se depuraron responsabilidades.
Unha vez máis a crúa realidade fixérame correr o rimmel… Máis terapia??