BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260408T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260408T193000
DTSTAMP:20260313T010321Z
CREATED:20260309T125810Z
LAST-MODIFIED:20260313T010321Z
UID:4747-1775673000-1775676600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL marzo: El recurso del método
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de marzo (xuntanza 8 de abril)\, é “El recurso del método” do escritor cubano Alejo Carpentier. O libro foi publicado en 1974 e adscrito ao subxénero da literatura hispanoamericana coñecido como novela do ditador. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita). \n\n\n\n\n\n\n\nEl recurso del método\n\n\n\n“El recurso del método” preséntanos a historia do ditador dun arquetípico país hispanoamericano\, pero a época na que transcorre resulta a que o propio Carpentier coñeceu\, e moitos dos feitos da Habana dos anos 20 están transcritos case con exacta fidelidade. O espazo xeográfico resulta\, con todo\, unha invención tremendamente particularizada\, síntese de diversos países latinoamericanos\, que conforma un imaxinario xeográfico co que o lector debe familiarizarse para seguir e comprender as peripecias narrativas. \n\n\n\n(Da ficha do libro na web de La Casa del Libro) \n\n\n\nAlejo Carpentier\n\n\n\nAlejo Carpentier Valmont\, nado o 26 de decembro de 1904 e finado o 24 de abril de 1980\, foi un novelista e narrador cubano que influíu notablemente na Literatura latinoamericana desde mediados do século XX en adiante. Foi o criador do concepto literario real-marabilloso na súa novela “El reino de este mundo” precursor do realismo fantástico. \n\n\n\nEstá considerado un dos artífices da renovación da literatura latinoamericana\, particularmente a través do seu estilo\, incorporando todas as dimensións posibles da imaxinación (soños\, mitos\, maxia e relixión) na súa concepción da realidade literaria. Foi proposto para o Premio Nobel de Literatura. \n\n\n\nFoi amais xornalista\, profesor da universidade\, diplomático e musicólogo sendo esta\, a música\, a súa meirande paixón; a pesar de ter sido a literatura a que le deu sona a nivel mundial. \n\n\n\n(Da ficha do autor na Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-marzo-el-discurso-del-metodo
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-04-08-Carpentier-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260413T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260413T210000
DTSTAMP:20260504T205047Z
CREATED:20260402T214849Z
LAST-MODIFIED:20260504T205047Z
UID:4863-1776108600-1776114000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O profesor Xesús Alonso Montero é a súa obra
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar esta homenaxe ao profesor Xesús Alonso Montero recentemente falecido.  Quen? Xina Vega\, Patricia Arias\, Estro Montaña\, José Gómez Alén e Cesar Cunqueiro; presenta Luísa Abad. Cando? Luns 13 de abril\, ás 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO\, en García Barbón 5. (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nXesús Alonso Montero\n\n\n\nXesús Alonso Montero\, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928 e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2026\, foi un ensaísta\, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega\, catedrático de Literatura galega\, sociolingüista\, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017 e socio de honrra do Ateneo Atlántico.  \n\n\n\nA súa carreira profesional foi moi ampla e diversa: foi profesor de Lingua e Literatura Española\, profesor e catedrático de Literatura Galega\, destacou no campo da sociolingüística\, realizou e publicou estudos sobre escritores galegos\, fixo achegas nos ámbitos da poesía popular e os poetas alófonos en galego\, sobre autores da literatura española e portuguesa\, e realizou colaboracións na prensa galega. Destaca tamén o seu papel como conferenciante\, con múltiples palestras en Galicia\, en España e en América. \n\n\n\nAdemais de profesor e investigador\, presidiu o Foro pola Memoria Republicana de Galicia e sempre presumiu de ser comunista afiliándose ao Partido Comunista o 1 de maio de 1962. En 2025 fixo unha doazón do seu arquivo documental á Fundación Penzol de Vigo. \n\n\n\nXesús Alonso Montero finou en Vigo o xoves 12 de febreiro de 2026 á idade de 97 anos. Os medios de comunicación e redes sociais déronlle moita importancia á noticia. A súa despedida foi o sábado 14 cun acto civil no cemiterio de Pereiró a onde se achegaron figuras da cultura e política galegas\, amigos e exalumnos. Dirixiu a cerimonia a súa filla Sara Alonso Pimentel. Acompañou o cadaleito unha bandeira comunista e proxectáronse fotos e leronse poemas. Os asistentes cantaron a «Internacional» cumprindo o desexo do finado. \n\n\n\n(Resumo da ficha da Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-profesor-xesus-alonso-montero-e-a-sua-obra
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-13-XAMontero-1600x900b.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260414T125000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260414T135000
DTSTAMP:20260514T143828Z
CREATED:20260319T103047Z
LAST-MODIFIED:20260514T143828Z
UID:4803-1776171000-1776174600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Memoria democrática 4
DESCRIPTION:Ciclo Memoria democrática. Regreso á Illa de San Simón. Presentación Banda Deseñada. Quen? Kiko Dasilva; presenta Lourdes García Vázquez. Cando? Martes 14 de abril a partir das 12.50 horas. Onde? IES O Castro (Rúa José Gómez Posada Curros\, 1\, 36203 Vigo\, Pontevedra). (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nO comic\n\n\n\nRegreso á illa de San Simón é un cómic promovido pola Deputación de Pontevedra que ten o obxectivo de achegar aos mozos o relato dos feitos ocorridos durante os anos da ditadura\, a represión e as súas consecuencias na provincia. A obra\, titulada ‘Regreso á Illa de San Simón’\, foi coordinada polo debuxante Kiko Da Silva e reúne o traballo de 13 autores e autoras formados na escola do Garaxe Hermético\, quen creou diversas historias ambientadas na illa da ría de Vigo entre 1936 e 1943. ‘É un traballo coral’\, explica Da Silva\, ‘porque o que sucedeu en San Simón foi tamén unha traxedia colectiva que nos afectou e séguenos afectando a todos’. Ademais\, destaca as posibilidades que ofrece o cómic para chegar a un público que\, polo xeral\, non ten moita conexión coa memoria histórica. \n\n\n\n(Da ficha do libro na web de  MiwComics ) \n\n\n\nKiko Dasilva\n\n\n\nFrancisco Javier da Silva Irago\, coñecido artisticamente como Kiko Da Silva\, nado en Vigo o 20 de xuño de 1979\, é un autor de banda deseñada historietista\, ilustrador e director editorial galego. \n\n\n\nXa de novo\, con 17 anos\, acadou o premio Ourense de Banda Deseñada ó mellor autor afeccionado. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo\, na facultade de Pontevedra. \n\n\n\nEn 2002 comezou a publicar a serie Fiz nos biosbardos no semanario infantil Golfiño\, distribuído por La Voz de Galicia\, con historietas autoconclusivas dunha páxina a cor. Fiz\, o protagonista\, era un cativo cunha estraña afección aos residuos orgánicos. \n\n\n\nDirixe a revista de historietas semestral BD Banda\, \n\n\n\n(Da ficha da web da Wikipedia ) \n\n\n\nO acto\n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-memoria-democratica-4
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,memoriaDemocratica
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-04-14-MemoriaDemocratica4-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260415T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260415T210000
DTSTAMP:20260408T152816Z
CREATED:20260405T214522Z
LAST-MODIFIED:20260408T152816Z
UID:4902-1776281400-1776286800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Yalda\, la nuit du pardon
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o filme Yalda\, la nuit du pardon\, do director iraniano Massoud Bakhshi. Cando? Mércores 15 de abril\, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Multicines Norte (Vía Norte 22) (Pendente de completar) \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nYalda\, unha noite de perdón é unha película iraniana de 2019 dirixida por Massoud Bakhshi\, unha sátira aos medios de comunicación e a súa sensacionalismo\, a determinados programas de televisión ou reality que se converten en xuízos e imparten a lei do Talión. \n\n\n\nArgumento.- A historia baséase nun famoso reality show de televisión iraniana. Maryam\, unha moza de 22 anos\, condenada polo asasinato do seu marido moito maior (65 anos) enfróntase aos familiares da vítima \n\n\n\nRepartición.- Sadaf Asgari: Maryam\, Behnaz Jafari: Mona\, Babak Karimi: Ayat\, Arman Darvish: Omid\, Fereshteh Sadre Orafaiy: Mutter. \n\n\n\nPremios.- A película gañou o Gran Premio do Jurado no World Cinema Dramatic Competition e foi nomeada ao Gran Premio no Festival de Cine de Sundance 2020\, e ao Mellor Guion no Sofia International Film Festival. \n\n\n\n(Datos extraídos dá Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-yalda-la-nuit-du-pardon
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-15-CinemAteneo-Yalda-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T200000
DTSTAMP:20260408T153133Z
CREATED:20260402T221158Z
LAST-MODIFIED:20260408T153133Z
UID:4874-1776366000-1776369600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Combate de versos. Yolanda López. El Ring / O Ring
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro El Ring / O Ring de Yolanda López. Quen? A autora estará acompañada de: Luísa Abad\, Toñi Caseiro\, María Villar\, Nila A. Pousa\, Aarón F. Outón e Elena Lameiro. Cando? Xoves 16 de abril\, ás 19.00 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO\, en García Barbón 5. (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nComposición en dezasete asaltos e un desempate a modo de puxilato poético onde os rounds se gañan en versos ousados\, de metafórica superior e fulgurantes símiles en versos rotundos e cortados a cantil. Cada un deles está encabezado por un elemento representativo do deporte do boxeo: o locutor\, a corda\, a luva\, até desembocar na caída\, o tabique\, o animal de tiro\, o punto de fuga. Percébese paralelismo entre boxeo e xedrez para enfatizar a loita contra un mesmo e a soedade até chegar ao triunfo do eu grazas á resiliencia ante a dor\, o que leva á arte de vencer\, o xaque mate á morte e á tristeza. \n\n\n\nPoesía de identidade\, de loita\, vangardista\, rompedora\, onde predomina un estilo expresionista\, surrealista\, onírico\, de elevada intensidade. A poesía como espello do oculto que ao remate da batalla sae á luz. O salto ao cuadrilátero para vencer ás adversidades da vida.(Da ficha do libro en Editorial Olé Libros) \n\n\n\nA autora\n\n\n\nYolanda López López\, foi nada en Ourense o 13 de abril de 1976\, é unha escritora\, pintora e tradutora galega. É Licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnica Superior en Turismo\, obtivo o Diploma en Estudos Avanzados (DEA) e publicou a tesiña sobre a escritora norteamericana sureña Eudora Welty. Traballou como guía e informadora turística e foi docente no ensino medio e universitario. Estudou pintura e participou en exposicións individuais e colectivas. Colaborou en xornais e medios diversos con artigos de opinión e de investigación\, recensións\, poemas e relatos.(Da ficha na web da Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/combate-de-versos-yolanda-lopez-el-ring-o-ring
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-16-Ring-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260418T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260418T130000
DTSTAMP:20260421T125904Z
CREATED:20260408T144907Z
LAST-MODIFIED:20260421T125904Z
UID:4931-1776506400-1776517200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída xeolóxica por Canido
DESCRIPTION:Iniciamos unha serie de roteiros pola contorna de Vigo para descubrir elementos da xeoloxía xeral dende o inicio dos tempos e o coñecemento do ciclo mineiro galaico romano do ouro. Para elo contamos con Oscar Pazos\, xeólogo e investigador. Mestrado en recursos naturais e medio ambiente. \n\n\n\nA primeira saída será o sábado 18 de abril pola baixamar de Canido. Inicio na praia da Calzoa ás 10.00 h da  mañán (esta pendente de completar o punto de encontro) duracion 3 horas. Custo 8 euros por persoa. (Contido pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nOscar Pazos\n\n\n\nOscar Pazos Rodríguez\, nado en Vigo en 1967\, licenciado en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo\, mestrado en Recursos Naturais e Medio Ambiente\, son actualmente investigador-doutorando no Departamento de Estudos do Património da FLUP- Universidade de Porto\, alén de membro da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural)\, a SEDPGYM (Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero) e a Comisión de Geoarquelogía da SGE. Profesionalmente teño traballado como técnico de xeofísica de resistividade e consultor\, nomeadamente en medio ambiente\, xeotecnia e xeopatrimonio. \n\n\n\nPrecisamente\, foi a partir dos traballos e investigacións sobre a minaria galaico-romana do ouro que comecei coa divulgación e a guiar roteiros sobre o tema. En 2018 publiquei A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia (Aterra Libros)\, cunha nova edición ampliada en 2023\, e coa publicación de 29 Xeolugares arredor da ría de Vigo en 2024 comecei a divulgación do moi diverso xeopatrimonio que temos máis perto\, procurando contribuir ó recoñecemento e conservación da terra que habitamos mediante o coñecemento dela. \n\n\n\nO ciclo de roteiros xeolóxicos pola contorna de Vigo e comarca\n\n\n\n– Presentación do ciclo de Saídas xeolóxicas arredor da Ría de Vigo e comarca (26.03.2026) \n\n\n\n– Beiramar de Coruxo – Vigo (18.04.2026) \n\n\n\n– Monte Vixiador entre Candeán e Trasmañó (Vigo – Redondela) \n\n\n\n– Galiñeiro Chaín/ Morgadáns – Gondomar \n\n\n\n– Monteferro en Panxón – Nigrán \n\n\n\n– Mina galaico romana de A Lagoa en Bargela – Arbo \n\n\n\n– Mina galaico romana de As Bornas en Tabagón – O Rosal \n\n\n\n(Pendente de completar !)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-xeoloxicas-por-canido
CATEGORIES:actividades,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-05.16-SaidaXeo-Vixiador-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260421T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260421T203000
DTSTAMP:20260422T115622Z
CREATED:20260405T190906Z
LAST-MODIFIED:20260422T115622Z
UID:4891-1776799800-1776803400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Espantallos 2012 - 2025. Visita comentada
DESCRIPTION:Visita comentada á exposición fotográfica Espantallos 2012 – 2025 de Manuel Sendón.  Quen? O propio fotógrafo Manuel Sendón. Cando? Martes 21 de abril\, ás 19.30 horas. Onde? Na Fundación Laxeiro en Rúa Policarpo Sanz\, 15\, Vigo. (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nManuel Sendón\n\n\n\nManuel Sendón Trillo\, nado na Coruña o 11 de xuño de 1951\, é un profesor\, fotohistoriador e fotógrafo galego\, residente en Vigo. \n\n\n\nÉ licenciado en Matemáticas\, doutor en Belas Artes e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. En 1984 creou con Xosé Luis Suárez Canal o Centro de Estudos Fotográficos (CEF)\, entidade que dirixiu a Fotobienal de Vigo dende 1984 ata o 2000. Sendón e Canal son autores de varios libros sobre fotógrafos históricos galegos e arquivo. \n\n\n\n(Da ficha na web da Wikipedia) \n\n\n\nFotos do acto
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/espantallos-2012-2025-visita-comentada
CATEGORIES:actividades,fotografia,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-21-Expo-Sendon-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260422T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260422T203000
DTSTAMP:20260315T231454Z
CREATED:20260312T235740Z
LAST-MODIFIED:20260315T231454Z
UID:4762-1776886200-1776889800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Agora non é antes
DESCRIPTION:Presentación do libro de Antón Baamonde: Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila.Quen? O autor Antón Baamonde estará acompañado por Manolo Bragado\, Xavier Martínez Covas e Teresa Táboas. Cando? Mércores 22 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón\, 5\, 36201 Vigo\, Pontevedra). (Pendente de completar ! ) \n\n\n\n\n\n\n\nAgora non é antes. \n\n\n\nAgora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila le Galicia doutra maneira. \n\n\n\nCombater os clixés\, transformar o modo en que nos imaxinamos\, abandonar as retóricas da pasividade\, enfocar o país dun modo máis plausible\, é o que propón este libro. \n\n\n\nGalicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e\, á vez\, entrando nun momento crucial da súa historia. Na acelerada e tormentosa inflexión mundial que se está producindo haberá unha nova oportunidade? Sería posible unha revolución tranquila? Sería posible que o fenomenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas décadas abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un camiño propio\, un modelo de modernización coherente\, unha nova narrativa colectiva? Sería posible\, indo máis aló\, unha Galicia que axude a construír unha España policéntrica e un pacto federal\, integrada na UE? \n\n\n\n(Da ficha do libro na na web de Editorial Galaxia ). \n\n\n\nAntón Baamonde\n\n\n\nAntón Baamonde (Vilalba\, 1959) é licenciado en Filosofía. Ensaísta e articulista\, é autor dunha obra onde o literario e o filosófico se funden en libros como Sobre o tempo (1990) e A rosa sen porqué (1997)\, publicadas en Editorial Galaxia. Heterodoxo de si mesmo\, intenta non repetirse\, por iso\, noutros traballos mirou pola fiestra o que pasaba e debuxou unha visión da sociedade galega: socioloxía a machado cunhas pingas de costumismo e leve ironía. \n\n\n\nDiletante e afeccionado ás venalidades e bagatelas\, pensa o que pensa\, e non o que os demais queren que pense. O seu último ensaio publicado en Editorial Galaxia foi Unha nova Olanda (2021)\, onde defende que as cidades son “un estado de ánimo”\, e propón un modelo de futuro para Galicia baseado na interconexión da súas urbes con Portugal. \n\n\n\nDa ficha do autor na na web de Editorial Galaxia ).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/agora-non-e-antes
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-24-22-Agora-non-e-antes-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260423T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260423T203000
DTSTAMP:20260426T194200Z
CREATED:20260413T121009Z
LAST-MODIFIED:20260426T194200Z
UID:4960-1776972600-1776976200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Recuperando as voces da marxe da historia
DESCRIPTION:Presentación do libro Ruth Matilda Anderson\, tradutora das marxes de Alba Rodríguez Saavedra. Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que operaron e operan para manter afastada do noso sistema a obra Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña\, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou.Quen? A autora Alba Rodríguez Saavedra estará presentada por Claudia Morán. Cando? Xoves 23 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Espazo Ateneo (Rúa Hernán Cortés 28 Vigo\, Pontevedra).  \n\n\n\n\n\n\n\nO Libro\n\n\n\nO libro presenta unha análise exhaustiva do país alicerzada na documentación histórica\, literaria e etnográfica\, reflíctese con claridade\, a través da cesión da palabra ás protagonistas\, a dureza da vida das mulleres rurais da altura\, así como o compromiso feminista de dúas escritoras paradigmáticas\, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. \n\n\n\nRuth Matilda Anderson\, investigadora\, fotógrafa\, tradutora e ensaísta\, reivindicou a Galicia do campesiñado\, das mulleres e da infancia\, trasladando unha visión complementaria á que tradicionalmente ofreceu a nosa historiografía canónica. \n\n\n\n(Da ficha do libro na web de Editorial Laiovento ). \n\n\n\nAlba Rodríguez Saavedra\n\n\n\nAlba Rodríguez Saavedra é tradutora\, editora técnica e integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. As súas liñas de estudo principais\, asentadas en feminismo e tradución\, céntranse na análise das manipulacións arredor da moura e da cailleach\, e o seu traballo de investigación A tradución das marxes como reivindicación das mulleres galegas. Elas\, as elididas\, a través de Ruth Matilda Anderson recibiu o Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma\, do Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña 2023. \n\n\n\n(Da ficha do libro na web de Editorial Laiovento ). \n\n\n\nO acto
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/recuperando-as-voces-da-marxe-da-historia
LOCATION:Local Ateneo\, Hernán Cortés 28 Baixo D\, Vigo\, Galicia\, 36203\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-23-Voces-marxe-da-historia-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260424T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260424T203000
DTSTAMP:20260429T110039Z
CREATED:20260421T120233Z
LAST-MODIFIED:20260429T110039Z
UID:5023-1777059000-1777062600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Premio Primeiro de maio ao compromiso social e solidaridade
DESCRIPTION:A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo tivo a ben outorgar o Premio Primeiro de maio 2026 ao Ateneo Atlántico polo seu compromiso social e solidaridade na nosa cidade. O acto será o venres 24 ás 19.30 h. no Museo do Mar. (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nNova\n\n\n\nDesde o Ateneo Atlántico queremos compartir con vós este premio Primeiro de maio 2026 que nos concede Comisións Obreiras e convidarvos a acudir ao evento que será este venres 24 ás 19.30 h. no Museo do Mar. \n\n\n\nSaúdos \n\n\n\nA presidenta \n\n\n\n\n\nO acto\n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n\n\nDiscurso de agradecemento de Luísa Abad\, presidenta do Ateneo Atlántico. \n\n\n\nBoas tardes a todas e todos. \n\n\n\nÉ unha enorme honra estar hoxe aquí recollendo este premio Primeiro de Maio Queremos agradecerllo sinceiramente a CCOO de Vigo. Representa para nós moito máis ca un recoñecemento: é un impulso para seguir traballando por unha sociedade máis xusta. \n\n\n\nEste agasallo que hoxe nos facedes\, pertence a todas as persoas que forman parte do Ateneo Atlántico. Para quen aínda non nos coñeza dicirvos que somos una asociación que volveu rebrotar na cidade filla doutros ateneos anteriores. Hai oito anos un grupo de amigas/os xuntouse e da súa feliz iniciativa xurdiu un vizoso Ateneo que nestes momentos temos o pracer de liderar entre outras as persoas que aquí estamos. \n\n\n\nDicirvos que temos diferentes comisión que van dende o club de lectura as proxeccións de cine pasando polo pensamento e debate\, o feminismo ou a cidade de Vigo. Tamén facemos visitas guiadas a exposicións e excursións para coñocer a nosa contorna e patrimonio . Ademais impulsamos o premio Exeria de relato curto. Este trimestre a nosa actividade estrela é un ciclo sobre a memoria democrática na provincia de Pontevedra. Estades convidados/as a participar nas actividades que promovemos e por suposto a facervos socias e socios para traballar con nós. \n\n\n\nO Ateneo é básicamente un foro cultural que fomenta o espíritu crítico pero tamén ten un fondo compromiso coa realidade que nos toca vivir\, de aí que manteñamos colaboración cunha chea de entidades sociais e culturais da cidade\, entre outras a plataforma Vigo con Palestina. \n\n\n\nEste premio é un galano. Anímanos a continuar o traballo iniciado con máis forza e responsabilidade. Grazas novamente por pensar que somos merecedores del. Queremos rematar cuns versiños: \n\n\n\nÉ algo máis ca un premioé faro na penumbraé clamor de vocesremando na mesma dirección \n\n\n\né aloumiño no hombreiroé un máis dos pequenos xestosque mudan o mundo \n\n\n\né forza compartida\,é lembrar que todas sumamose que ninguén sobranesta marabillosa aventura \n\n\n\nGRAZAS! \n\n\n\n \n\n\n\nMáis información\n\n\n\nUnión Comarcal de CCOO de Vigo
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/premio-primeiro-de-maio-ao-compromiso-social-e-solidaridade
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-24-PremioCCOO-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260428T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260428T203000
DTSTAMP:20260421T115137Z
CREATED:20260421T114309Z
LAST-MODIFIED:20260421T115137Z
UID:5015-1777404600-1777408200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:José Suárez\, uns ollos vivos que pensan
DESCRIPTION:Conmemoración do Día das artes galegas adicado a José Suárez. Quen? Manuel Sendón\, X.L Suárez Canal e presenta Anxo Cabáda. Cando? Martes 28 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Casa Galega da Cultura (Plaza de la Princesa\, 2. 36202 Vigo). (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nO fotógrafo\n\n\n\nJosé Suárez Fernández\, nado en Allariz en 1902 e finado na Guarda o 5 de xaneiro de 1974\, foi un fotógrafo galego. A súa obra pode relacionarse coa fotografía humanista\, co ser humano e o seu contorno como tema central a través da súa visión persoal. Con todo\, algúns autores inclúen a súa obra na Nova Obxectividade. \n\n\n\nNo ano 2015 o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura organizou unha exposición monográfica sobre o fotógrafo baixo o título José Suárez\, uns ollos vivos que pensan. A exposición percorreu posteriormente varias cidades\, Nova Deli\, A Coruña\, Madrid\, Buenos Aires\, París\, Tokyo e Salamanca. \n\n\n\nA Real Academia Galega de Belas Artes elixiu a José Suárez como o homenaxeado do Día das Artes Galegas 2026\, que se celebrará o 1 de abril\, data na que o Mestre Mateo dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá no ano 1188. \n\n\n\n(Da súa ficha na web da Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/jose-suarez-uns-ollos-vivos-que-pensan
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-28-Jose-Suarez-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260429T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260429T203000
DTSTAMP:20260427T101444Z
CREATED:20260422T102448Z
LAST-MODIFIED:20260427T101444Z
UID:5041-1777489200-1777494600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CinemAteneo. ¿Dónde están mis hijos?
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar a miniserie ¿Dónde están mis hijos? da periodista afgá refuxiada en España Khadija Amin. Tamén presentarase o libro: “Sin velo\, una mujer libre contra los talibanes”\, Quen? Mónica Nión coautora e Khadija Amin protagonista\, presentadas pola periodista Magis Iglesias. Cando? Mércores 29 de abril\, a partir das 19.00 horas. Onde? Na sede da ONCE (Avda. Gran Vía\, 16 – 36203 – Vigo) \n\n\n\n\n\n\n\nA miniserie\n\n\n\nSinopse.- Khadija Amin\, xornalista afgá refuxiada en España\, loita por recuperar aos seus tres fillos. No seu país figura oficialmente como falecida\, o pai curta todas as vías de comunicación\, non sabe onde están e nin queira pode demostrar que é a súa nai. A súa dor é insoportable e Khadija colapsa. Con todo\, a esperanza por volver ver aos seus fillos despois de tanto tempo fai que non se renda. As súas opcións legais son mínimas e debe emprender unha complicada investigación marcada pola desconfianza e as chantaxes\, co seu futuro e o dos nenos no aire.“Os meus fillos eran aínda moi pequenos cando nos separamos. Sen dúbida\, o seu pai criáraos de xeito que se opuxesen a min e dicíalles cousas sobre min. Comecei a gravar vídeos e a escribir cartas para eles\, para mostrarlles que a súa nai nunca deixaría de loitar polos seus fillos. Aparecer fronte á cámara e gravar estes momentos non foi doado; cada vez que o facía\, revivía esa dor. Pero cada día vólvome máis forte polo futuro dos meus fillos e polas mulleres do meu país\, e esa é a motivación que me levou a crear este documental”. Khadija Amin \n\n\n\nDirección: Vanessa Hernández Borque e Pablo Deus BouzonGuion: Vanessa Hernández Borque\, David Barreiro e Chema Castillo VargasDirección de fotografía: Pablo Deus BouzonProducción executiva: Ignacio Fernández-Vega Feijóo\, Daniel Barroso e José LarrazaProdución: Belén AlemanyXefa de produción: Patricia OrdóñezProductora: Telefónica Broadcast Services SLU
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-donde-estan-mis-hijos
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-29-Donde-Estan-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260430T230000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260430T233000
DTSTAMP:20260220T093913Z
CREATED:20260220T093911Z
LAST-MODIFIED:20260220T093913Z
UID:4648-1777590000-1777591800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Certame Exeria Ateneo Atlántico 2026
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo convoca a 6ª edición do Certame Exeria Ateneo Atlántico de Relatos breves correspondente ao ano 2026. Os relatos terán como tema ‘Vigo fronteira’ e poderán presentarse ata o 30 de marzo. Máis información en ateneoatlántico.gal \n\n\n\n2026-02-01 Convocatoria Exeria C
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/certame-exeria-ateneo-atlantico-2026
CATEGORIES:exeria,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-01-Convoca-Exeria-26.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR