BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.15.20//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260204T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260204T200000
DTSTAMP:20260430T144026
CREATED:20260110T195657Z
LAST-MODIFIED:20260110T195659Z
UID:4591-1770229800-1770235200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL febreiro: Tamarindo
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de xaneiro (xuntanza 4 de febreiro)\, é Tamarindo\, de Xavier Queipo. O libro foi o gañador do VI premio de Novela Vilar Ponte (2024). Para a xuntanza temos comprometida a presenza do autor\, bo amigo do Ateneo e presidente do xurado na edición de 2025 do premio Exeria. \n\n\n\n\n\n\n\nTamarindo\n\n\n\nArquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida.Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental  e Os kowa nunha obra sobre a amizade e a traizón. «Unha trama envolvente e fascinante»\, dixo de Tamarindo o xurado do Premio Vilar Ponte.(Da ficha do libro no blog da Editorial Aira) \n\n\n\nXavier Queipo\n\n\n\n(Compostela\, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego É autor\, entre outros libros\, de: Ártico e outros mares (narrativa breve\, 1990\, Premio da Crítica Española 1991); Ringside (contos\, 1993)\, Malaria sentimental (novela\, 1999); Papaventos (novela\, 2001); O ladrón de esperma (contos\, 2001\, Premio Café Dublin de relatos); Os ciclos do bambú (contos\, 2003); Glosarios (poesía\, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil\, 2005)\, Dragona (novela\, 2007) Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas\, 2007)\, Saladina (novela\, 2007)\, Felices e diferentes (crónicas radiofónicas\, 2009)\, A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil\, 2009)\, Cartas marcadas (ensaio\, 2010)\, Ártico 2.0 (narrativa breve\, 2011)\, Extramunde (novela\, 2011\, Premio Xerais de Novela\, Premio Arcebispo San Clemente); 55 (relatos\, 2014)\, Os Kowa (novela 2016\, Premio Blanco Amor 2015)\, e Corazón de Manteiga (novela\, 2020) . Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios outros premios en Galicia\, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración)\, pola tradución do Ulysses de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías\, e traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert\, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán\, portugués\, francés\, inglés e italiano.(Da ficha do autor no blog de Aira)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-febreiro-tamarindo
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-04-CdeLXavierQueipo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260205T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260205T210000
DTSTAMP:20260430T144026
CREATED:20260115T185015Z
LAST-MODIFIED:20260117T122247Z
UID:4635-1770319800-1770325200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Infancia e adolescencia dixital
DESCRIPTION:Infancia e adolescencia dixital. Do problema á oportunidade. Quen? Antonio Rial Boubeta\, psicólogo\, presenta María Jesús Argibay\, xornalista. Cando? O 5 de febreiro\, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2) \n\n\n\n\n\n\n\nO uso das denominadas TRIC (Tecnoloxías das Relacións\, a Información e a Comunicación) adoita levar emperallados moitas veces problemas emocionais e de convivencia\, especialmente nun período tan crítico e vulnerable como é a adolescencia. Tal e como ven advertindo a OMS ou a UNESCO\, o uso intensivo e sen supervisión das redes sociais ou dos videoxogos pode derivar en hábitos de vida pouco saudables\, unha peor hixiene do sono\, maiores niveles de ansiedade e depresión\, un aumento do acoso escolar e do ciberacoso\, violencia filio-parental ou mesmo dar lugar a novas formas de adicción. A tecnoloxía é unha magnífica ferramenta para favorecer a aprendizaxe de nenas e de nenos\, pero o seu uso excesivo (especialmente a idades temperás) pode chegar a xerar retrasos no neurodesenvolvemento\, na linguaxe ou na atención. O consumo de pantallas non resulta inocuo\, si se fai de maneira pouco equilibrada e sen o debido acompañamento. Cando implica novos patróns de interacción e novos xeitos de relacionarse co mundo\, pode converterse nun problema\, mesmo de saúde pública. A tiranía do selfiee o Imperio de Instagram\, o auxe de gamers\, youtubers e influencers amósanos unha nova xeración de adolescentes sorprendentemente menos felices\, máis solos/as e con máis dificultades para relacionarse\, aceptarse a si mesmos/as e adquirir valores ou habilidades básicas para construírse como persoas. A sociedade está cambiando e as familias tamén. Adquirir conciencia e tomar partido é unha tarefa obrigada. Afastado por igual de alarmismos e de banalizacións\, desde un enfoque responsable e pragmático\, na conferencia-coloquio do vindeiro día 5 de febreiro\, o profesor Rial Boubeta convídanos a reflexionar como comunidade\, na procura dun uso seguro e saudable da tecnoloxía\, interpretando o problema que actualmente estamos vivindo\, en clave de oportunidade\, para desenvolver unha educación mellor. \n\n\n\nAntonio Rial Boubeta\n\n\n\nAntonio Rial é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de mais de 150 artigos en revistas científicas de impacto internacional e director de 25 teses de doutoramento. Responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións\, dende o Uso problemático de Internet e as redes sociais ao ciberbullying.  \n\n\n\nÉ membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. No ano 2021 dirixiu o Estudio sobre el impacto de la Tecnología en la adolescencia\, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria. Dirixiu tamén no ano 20202 o estudio Adolescencia\, Tecnoloxía\, Saúde e Convivencia\, coa Fundación Barrié\, na que participaron 10.000 adolescentes galegos.Acaba de rematar hai apenas uns días o estudio INFANCIA\, ADOLESCENCIA Y BIENESTAR DIGITAL(con UNICEF e o Ministerio de Transformación Dixital)\, no que participaron 93.000 adolescentes e 7.500 profesoras e profesores de toda España\, o que o converte no traballo científico de maior envergadura feito en Europa sobre o tema.Ten publicado os seus traballo nalgunhas das mellores revistas internacionais do eido da adolescencia\, a saúde mental e a ciberconvivencia\, como Psychiatry Research\, Addictive Behaviors\, Journal of Gambling Studies\, Computers in Human Behavior ou Cyberpsyhology.Colabora dende fai anos con centros de investigación de referencia internacional\, como o Center for Adolescent Behavioral Health Research (da Universidade de Harvard)\, ou o Cognitive and Affective Regulation Laboratory (da Universidad de Lausanne).En 2022 foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra o Narcotráfico\, polo seu labor na prevención das adiccións na mocidade\, e en 2023 co Premio Iacobus da Educación\, ano no que tamén foi distinguido como Colexiado do Ano polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia.Formou parte do Comité de Expertos creado polo Ministerio de Xuventude e Infancia\, para a elaboración da Lei de Protección dos menores na contorna dixital e\, nestes momentos\, forma parte tamén do grupo que vén de crear a Consellería de Educacion para elaborar o Plan de Benestar Dixital de Galicia.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/infancia-e-adolescencia-dixital
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-05-InfanciaAdolescenciaDixital-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260210T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260210T210000
DTSTAMP:20260430T144026
CREATED:20260115T173327Z
LAST-MODIFIED:20260115T173443Z
UID:4621-1770751800-1770757200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Memoria democrática 2
DESCRIPTION:Ciclo Memoria democrática. Vítimas do Golpe de estado. Testemuñas de familiares e amigos. Quen? Mesa redonda con Manuel Bragado\, Pepe Álvarez Cáccamo\, Jacinto Mosquera e Xavier Moreda; modera Miguel Pérez Pereira. Cando? Martes 10 de febreiro a partir das 19.30 horas. Onde? Nos locais da AAVV Praza da Miñoca (rúa Luís Casado 12).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-memoria-democratica-2
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,memoriaDemocratica
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-10-MemoriaDemocratica2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260211T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260211T210000
DTSTAMP:20260430T144026
CREATED:20260115T193115Z
LAST-MODIFIED:20260115T193117Z
UID:4639-1770838200-1770843600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. El club
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o filme O club\, do realizador chileno Pablo Larraín. Cando? Mércores 11 de febreiro\, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Multicines Norte (Vía Norte 22) \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nDirección\, Pablo Larraín\n\n\n\nNacionalidade\, Chile\n\n\n\nAno: 2015\n\n\n\nProducción\, Juan de Dios Larraín\, Pablo Larraín\n\n\n\nGuión\, Guillermo Calderón\, Daniel Villalobos\n\n\n\nMúsica\, Carlos Cabezas\n\n\n\nFotografía\, Sergio Armstrong\n\n\n\nMontaxe\, Sebastián Sepúlveda\n\n\n\nProtagonistas: Alfredo Castro\, Antonia Zegers\, Jaime Vadell\, Alejandro Goic\, Roberto Farías\n\n\n\nArgumento: Baixo a atenta mirada dunha muller que se ocupa deles\, catro sacerdotes viven nunha pequena casa da localidade de La Boca. Todos eles cometeron actos censurables e atópanse nese retirado fogar castigados polas autoridades eclesiásticas. A muller á unha monxa e a casa serve de agocho para sacerdotes pecadores. Todos conseguen establecer unha rutina adestrando un galgo de carreiras ata que un día chega un quinto sacerdote\, un pederaste que lles lembra as desgrazas das súas vidas pasadas.\n\n\n\nPalmarés. Ademais de múltiples nominacións\, a película foi gañadora de:\n\nFestival Internacional de Cine de Berlín\, Gran Premio do xurado\n\n\n\nFestival Internacional de Cine da Habana\, Mellor Película\n\n\n\nPremio Iberoamericano de Cine Fénix\n\nMellor película\n\n\n\nMellor director\, Pablo Larraín\n\n\n\nMellor actor\, Alfredo Castro\n\n\n\nMejor Guión\, Pablo Larraín\, Daniel Villalobos e Guillermo Calderón\n\n\n\n\n\nFestival Internacional de Cine de Mar del Plata\n\nMellor Guión\, Pablo Larraín\, Daniel Villalobos e Guillermo Calderón\n\n\n\nMellor Actor\,  Roberto Farías\, Alfredo Castro\, Alejandro Goic e Jaime Vadell\n\n\n\n\n\nFestival Internacional de Cine de Chicago\n\nMellor Director\, Pablo Larraín\n\n\n\nMellor Guión\, Pablo Larraín\, Daniel Villalobos e Guillermo Calderón\n\n\n\nMellor Montaxe\n\n\n\n\n\nFestival Iberoamericano de Cine de Ceará\n\nMellor Película\n\n\n\nMellor Guión Pablo Larraín\, Daniel Villalobos y Guillermo Calderón\n\n\n\nMellor Actor: Roberto Farías\, Alfredo Castro\, Alejandro Goic\, Alejandro Sieveking\, Jaime Vadell e Marcelo Alonso\n\n\n\nPremio da Crítica: Pablo Larraín\n\n\n\n\n\nAustin Fantastic Fest: Mellor Película\n\n\n\nFestival Internacional de Cine de Helsinki\, Premio do Público\n\n\n\nFestival de Cine de Lima: Mellor Película\n\n\n\nPremios Caleuche\n\nMellor Actor de Reparto: Roberto Farías\n\n\n\nMellor Actriz de Reparto: Antonia Zegers\n\n\n\n\n\nPremio Pedro Sienna\n\nMellor Longametraxe de Ficción\n\n\n\nMellor Dirección\n\n\n\nMellor Montaxe: Sebastián Sepúlveda\n\n\n\nMellor Música Orixinal:  Carlos Cabezas\n\n\n\nMellor Guion: Guillermo Calderón\, Daniel Villalobos e Pablo Larraín\n\n\n\nMellor Interpretación Secundaria Feminina: Antonia Zegers\n\n\n\n\n\n(Datos extraídos de Galipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-el-club
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-11-CineElClub.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260225T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260225T210000
DTSTAMP:20260430T144026
CREATED:20260220T101048Z
LAST-MODIFIED:20260220T101051Z
UID:4671-1772047800-1772053200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Presentación de curtametraxes
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico organiza unha nova noite de curtas coa presentación de Plumas e Réxime\, da realizadora Bea Saiáns\, e A cámara subversiva: filmando a muller no parto\, de Adriana Páramo. Presenta Mariana Carballal. O acto terá lugar o mércores 25 de febreiro\, a partir das 19.30 horas\, no salón Ateneo-Vitruvia (rúa Reconquista 7).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-presentacion-de-curtametraxes
LOCATION:Galicia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/02/2026-02-25-NoiteDeCurtas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T210000
DTSTAMP:20260430T144026
CREATED:20260117T175054Z
LAST-MODIFIED:20260302T172335Z
UID:4655-1772134200-1772139600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O Rei Sabio
DESCRIPTION:O rei sabio. Un príncipe cristián\, a Iberia musulmá e as orixes do Renacemento. Quen? Simon Doubleday (autor do libro)\, Miguel Giadás (tradutor)\, Helena de Carlos (Profesora de Latín da USC e directora da colección Kátaba). Cando? Xoves 26 de febreiro. Onde? Na biblioteca da Emao (García Barbón 5). \n\n\n\n\n\n\n\nO rei sabio\n\n\n\n“Este libro non só é a versión en lingua galega da edición orixinal en inglés. Supón unha posta ao día que ten en conta os últimos estudos sobre Afonso o Sabio\, especialmente os referidos á relación do Rei con Galiza. Trátase dunha biografía de Afonso\, o rei filósofo do século XIII\, e da súa fascinación pola cultura islámica\, que deixou unha pegada indeleble na civilización occidental.Simon Doubleday traza a historia da vida e da época do rei\, penetrando o seu mundo emocional e amosando como a intensa admiración do monarca pola rica cultura islámica da península Ibérica facilitou o camiño para o Renacemento europeo“.(Da ficha do libro na sección de publicacións da web da USC. Nesta ficha pódese descargar de xeito gratuíto a versión dixital do libro. \n\n\n\nSimon Doubleday\n\n\n\nSimon Richard Doubleday é profesor de Historia (Medieval) na USC e investigador no Centro de Investigación Interuniversitario de los Paisajes Atlánticos Culturales (CISPAC)\, no grupo de investigación EcoPast.É Profesor Distinguido Beatriz Galindo na Área de Historia Medieval. Recibiu o seu grao en Historia na Universidade de Cambridge (Reino Unido) e o seu doutoramento en Historia Medieval na Universidade de Harvard (Estados Unidos). É director da Journal of Medieval Iberian Studies e foi presidente da Asociación Americana de Historiadores Investigadores de España Medieval (AARHMS). Recibiu dúas bolsas individuais da National Endowment for the Humanities (2020-21) e unha da Fundación John Simon Guggenheim (2022-23).A súa investigación céntrase na historia social e política da Península Ibérica medieval. Os seus libros inclúen unha biografía de Afonso o Sabio\, The Wise King: A Christian Prince\, Muslim Spain\, and the Birth of the Renaissance (Basic Books\, 2015). Tamén é autor de The Lara Family: Crown and Nobility in Medieval Spain (Harvard University Press\, 2001)\, polo que recibiu o Premio Lawrence A. Stessin ao Mérito Académico Sobresaínte de Hofstra. The Kingdom of León and Galicia under Queen Sancha and King Fernando I\, coescrito con Bernard F. Reilly\, foi publicado pola University of Pennsylvania Press en 2024.(Da ficha do autor no portal de investigación da USC). \n\n\n\nMiguel Giadás Quintela\n\n\n\nMiguel Giadás é profesor da Facultade de Filoloxía da USC\, Departamento de Filoloxía Clásica\, Francesa e Italiana. Traballa no Instituto de Investigación de Humanidades (iHUS) da USC\, na área de Filoloxía Latina\, no Grupo de investigación: SIFC Síncrisis\, Investigación en Formas Culturais.Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese As Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa (libros I-IV) estudo e edición 2023. Dirixida por Dra. Helena de Carlos Villamarín.Profesor Axudante Doutor na área de Filoloxía Latina na USC dende setembro de 2025. Cursou o Grao en Filoloxía Clásica (2012-2016) e o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato\, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas (2016-2017) na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse nesta mesma universidade no ano 2023 coa tese titulada “As Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa (libros I-IV): estudo e edición” dentro do Programa de doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia. Desenvolve o seu labor investigador dentro do campo da historiografía baixo medieval hispana escrita en lingua latina e\, especialmente\, arredor da obra Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa e o seu estudo de fontes. Ten participado en numerosos congresos internacionais de renome e publicado en revistas de alto prestixio como\, por exemplo\, Revista de Poética Medieval\, Myrtia ou Cuadernos de Filología Clásica: Estudios Latinos. Así mesmo\, é o tradutor do primeiro volume da colección “Kátaba. Estudos Medievais” que leva por título “O Rei Sabio: Un príncipe cristián\, a Iberia musulmá e as orixes do Renacemento” de autoría do profesor Simon R. Doubleday. Realizou dúas estadías de investigación\, a primeira na École Normale Supérieure de Lyon\, baixo a supervisión do profesor Carlos Heusch (marzo-maio 2019)\, e a segunda no Department of Classics da Columbia University\, baixo a supervisión de Carmela Vircillo Franklin (outubro 2024-agosto 2025).(Da ficha de Miguel Giadás no portal de Investigación da USC) \n\n\n\nHelena de Carlos Villamarín\n\n\n\nHelena de Carlos é Catedrática na área de Filoloxía Latina\, na Facultade de Filoloxía da USC\, no  Departamento de Filoloxía Clásica\, Francesa e Italiana. Grupo de investigación: SIFC Síncrisis\, Investigación en Formas Culturais.É Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Las Antigüedades de España fundadores y reyes míticos en la literatura medieval 1992. Dirixida por Dr. José Manuel Díaz de Bustamante.Especializada en estudos sobre a latinidade medieval\, levou a cabo as súas investigacións en cidades como Lisboa\, Múnic e Florencia. Colaborou en diversas publicacións como Nordés\, Festa da Palabra Silenciada\, Dorna\, Ólisbos e Alquimia.Como poeta ten publicados: Alta casa (1996). Culleredo: Espiral Maior.n1999 (2001). Xerais. Aracné 3 (2006). Antoloxía\, Concello de Santiago de Compostela. Vigo (2007). Vigo: Galaxia. Imago (2023). Faktoría K.Recibiu o Premio da Crítica da Poesía Galega en 2007 por Vigo.Como ensaísta ten publicado: Las antigüedades de España: fundadores y reyes míticos en la literatura medieval (1993). Universidade de Santiago de Compostela. Las antigüedades de Hispania (1996). Spoleto : Centro italiano di studi sull’alto Medioevo.Traducións: Consolación da filosofía\, de Boecio\, (2005). Vigo: Galaxia\, Clásicos en Galego. Utopía\, de Tomás Moro (2011). Universidade de Santiago de Compostela).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-rei-sabio
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-19-Afonso-X.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR