BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.15.20//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251104T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251104T210000
DTSTAMP:20260430T180519
CREATED:20251031T091246Z
LAST-MODIFIED:20251031T091252Z
UID:4504-1762284600-1762290000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Mobilidade sostible. En bici por Vigo
DESCRIPTION:Mobilidade sostible. Como os coches empeoran as nosas vidas e cidades e como as bicis poden melloralas. Análise das vías ciclistas de Vigo. Quen? Colectivo Ciclábel; Joaão Tamayo Serdoura (Verdegaia); Daniel Rodríguez Pizarro (profesor de Tecnoloxía IES Coia 2). Cando? Martes 4 de novembro\, a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo (Reconquista 7)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/mobilidade-sostible-en-bici-por-vigo
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-11-04-BiciNaCidade.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251105T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251105T203000
DTSTAMP:20260430T180519
CREATED:20251006T155600Z
LAST-MODIFIED:20251006T155605Z
UID:4452-1762367400-1762374600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL novembro. Niketche de Paulina Chiziane
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de outubro de 2025 é Niketche – Uma historia de poligamia\, da escritora mozambicana Paulina Chiziane. A xuntanza terá lugar o mércores 5 de novembro\, a partir das 18.30 horas\, no novo local do Ateneo (Salón Vitruvia\, Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nPaulina Chiziane\n\n\n\nPaulina Chiziane\, nada en Manjacaze (provincia de Gaza) o 4 de xuño de 1955\, é unha escritora mozambicana\, que foi Premio Camões en 2021.Creceu nos suburbios da cidade de Maputo\, anteriormente chamada “Lourenço Marques”. Naceu nunha familia protestante en que se falaban as linguas chope e ronga\, e aprendeu a lingua portuguesa na escola dunha misión católica. Comezou estudos de Lingüística na Universidade Eduardo Mondlane\, mais non chegou a rematalos.Participou activamente na política de Mozambique como militante da Frelimo (Frente de Libertação de Moçambique)\, durante a xuventude. Porén\, sentiuse desilusionada coa directiva do partido despois da independencia do país. En particular\, ficou defraudada pola política filooccidental e as ambivalencias ideolóxicas internas do partido. Outros motivos foron as posicións respecto ás políticas de mono e poligamia\, a economía política\, vencellada ao marxismo-leninismo\, e a hipocrisía\, ao seu entender\, en relación coa liberdade económica da muller.Tras apartarse da política\, iniciou a súa actividade literaria en 1984\, con contos publicados na prensa. A súa escrita foi xerando polémicas sobre asuntos como a práctica da poligamia no país. Co seu primeiro libro\, Balada de amor ao vento (1990)\, converteuse na primeira muller en publicar unha novela no seu país. A obra fala da poligamia no sur de Mozambique durante o período colonial. Debido á súa participación activa na Frelimo\, a súa narrativa reflicte o malestar social dun país devastado pola guerra de liberación e os conflitos civís posteriores á independencia.En 2021 foi acreedora da XXXIII edición do Premio Camões.En 2003\, a súa novela Niketche: uma história de poligamia gañou o Premio José Craveirinha.En 2016 anunciou que deixaba a escrita\, esgotada polas loitas que afrontara ao longo da súa carreira.Vive e traballa na provincia da Zambézia.Forma parte da Semana Galega de Filosofía en 2025.Algunhas das súas obras son: Balada de Amor ao Vento (1990)\, Ventos do Apocalipse (1993)\, O Sétimo Juramento (2000)\, As Andorinhas (2009)\, Na mão de Deus (2013)\, Por Quem Vibram os Tambores do Além (2013)\, O Canto dos Escravizados (2017).(Galipedia) \n\n\n\nNiketche: Uma História de Poligamia\n\n\n\nO título do libro fai referencia a unha danza tradicional practicada no norte de Mozambique. Unha danza que a propia autora define como a danza do sol e da lúa\, a danza do vento e da choiva (…) que inmobiliza o corpo e fai voar a alma (p. 160).A novela representa e sitúase nunha serie de novelas sobre o tema da poligamia. As protagonistas femininas representan a pluralidade cultural das identidades xeográficas de Mozambique\, mentres que o único protagonista masculino representa a nación no seu conxunto.Rami é o nome da primeira esposa de Tony. Tras as continuas ausencias do seu marido\, Rami decide investigar a realidade do seu matrimonio. Así comeza unha viaxe de desenmascaramento que leva a un encontro coas múltiples realidades rexionais do signo feminino en Mozambique.A novela ten unha mensaxe clara para que todas as mulleres sexan “máis amigables\, máis solidarias“\, uníndose como unha soa forza e loitando nunha batalla común pola independencia e o amor xusto e leal. Non obstante\, a autora\, falando a través da voz de Rami\, declara abertamente a súa oposición á poligamia. As mulleres unidas nunca poden ser derrotadas. A unidade que as mulleres representan no libro é a unidade nacional. Cada muller provén dunha zona xeográfica diferente do país. As diferenzas entre o norte e o sur exprésanse ao longo das páxinas cun certo ton de rivalidade\, especialmente no que respecta ao home-nación. A solución presentada ao final do libro é unha alternativa feminista ao sistema nacional patriarcal.(Tradución parcial da páxina da novela na Wikipedia en portugués)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-novembro-niketche-de-paulina-chiziane
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-11-05-CdeLHistoriaPoligamia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251108T083000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251108T210000
DTSTAMP:20260430T180519
CREATED:20251024T092525Z
LAST-MODIFIED:20251024T092530Z
UID:4499-1762590600-1762635600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída a Allariz
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico organiza unha saída á bisbarra de Allariz para o vindeiro sábado 8 de novembro. A saída será ás 8.30 horas desde o instituto Santa Irene e ás 9 da mañá desde a rúa Areal (antigo Reitorado). A hora prevista de regreso será arredor das 21 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nViaxaremos directamente a Santa María de Augas Santas\, onde visitaremos o santuario; a continuación pequena camiñada -aproximadamente 3 quilómetros- ata o castro galaico-romano de Armeá\, e o Forno da santa\, de orixe prerromano\, e sobre a que no século XIII comezou a construción da Basílica da Ascensión\, da que quedan restos.Comida no restaurante Acea da Costa\, ubicado nun vello muíño-curtidoría do século XVIII\, ao pé mesmo do río Arnoia\, en pleno parque de Portovello.Xa pola tarde\, un sempre agradable ruar por Allariz ata achegármonos á Fundación Vicente Risco para visitar a exposición ‘Vicente Risco e Daniel Castelao. Galiza como proxecto vital’\, da que é comisario o noso compañeiro X. Carlos L. Bernárdez.Xa para rematar\, e se o reloxo o permite\, visita ao museo do Convento de Santa Clara.Regreso con hora aproximada de chegada as 21 horas. \n\n\n\nO custo total (transporte\, seguros e comida) é de 60 euros para persoas asociadas e 70 para non socias. \n\n\n\nInscrición\n\n\n\nA inscrición está aberta ata o mércores 5 de novembro.Para formalizar a inscrición hai que facer o pago na seguinte conta                        – Banco de Santander                        – Nº de conta: 0075 8918 4606 0029 0234                        . No ‘concepto’ do ingreso ou transferencia especificar: ‘REF: 1-56079’ + Nome completo.Unha vez realizado o ingreso\, comunicar todos os datos da inscrición a nosa compañeira Encarna no número de teléfono +34 635 685 868 \n\n\n\nNormas para a inscrición\n\n\n\n Lembramos as condicións vixentes para todas as saídas organizadas polo Ateneo Atlántico: \n\n\n\n\nCada persoas pode anotarse a si mesma e\, como máximo\, a unha persoa acompañante.\n\n\n\nTerán prioridade (1) as persoas socias\, (2) as persoas socias con acompañante non socia\, e (3) persoas non socias.\n\n\n\nCancelacións: para cancelar a inscrición con dereito a reembolso do importe terá que ser antes das 72 horas previas ao momento da saída
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-a-allariz
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-11-08-SaidaAllariz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251112T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251112T210000
DTSTAMP:20260430T180519
CREATED:20251108T174738Z
LAST-MODIFIED:20251108T174843Z
UID:4519-1762975800-1762981200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. The Quiet Girl
DESCRIPTION:A película elixida pola comisión de cine do Ateneo Atlántico para este mes de novembro é The Quiet Girl\, de Colm Bairéad. A proxección terá lugar o mércores 12 de novembro a partir das 19.30 horas nos Multicines Norte (Vía Norte 22). \n\n\n\n\n\n\n\n\nTítulo orixinal:  An Cailín Ciúin\n\n\n\nAno: 2022\n\n\n\nDuración: 95 min.\n\n\n\nPaís: Irlanda\n\n\n\nDirección: Colm Bairéad\n\n\n\nGuión: Colm Bairéad a partir dunha historia de Claire Keegan\, Kate Nic Chonaonaigh\, Carolyb Bracken\, Joan Sheehy.\n\n\n\nReparto: Catherine Clinch\, Carrie Crowley\, Andrew Bennett\, Michael Patric\,\n\n\n\nA Irlanda rural\, 1981. Cáit é unha reservada nena de nove anos que está desatendida por parte do seu pobre\, disfuncional e demasiado numerosa familia. Enfróntase en silencio con dificultades na escola e en casa\, e aprendeu a pasar desapercibida para cantos a rodean. Cando chega o verán e se achega a data do parto da súa nai\, Cáit é enviada a vivir cuns parentes afastados. Sen saber cando volverá a casa\, quedará no fogar duns descoñecidos sen máis pertenzas que a roupa que leva posta. Pouco a pouco\, e grazas aos coidados da familia Kinsella\, Cáit realiza notables progresos e descubre unha nova forma de vivir. Pero nesta casa onde reina o afecto e non parece ter segredos\, ela descubre unha dolorosa verdade.\n\n\n\n(Da ficha da película en Filmaffinity)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-12-CineQuietGirl.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251118T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251118T210000
DTSTAMP:20260430T180519
CREATED:20251108T180523Z
LAST-MODIFIED:20251108T180526Z
UID:4524-1763494200-1763499600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. O cineísta andarengo
DESCRIPTION:Presentación do libro O cineísta andarengo\, A propósito de Bernardino de Lamas\, de Manolo González. Quen? Manolo González\, presenta Luísa Abad. Cando? O martes 18 de novembro\, a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo (rúa Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nO cineísta andarego\n\n\n\nSempre abordamos a historia do cinema dende a perspectiva dos cineastas profesionais\, pero poucas veces consideramos de interese o punto de vista do amateur\, aquel que\, como denota a súa raíz latina amare\, implica facer algo por pracer\, por puro amor. Bernardino de Lamas\, en realidade un pseudónimo do xornalista Alfonso Piñón\, é un dos pioneiros cineístas amateur de Galicia. Nos libros de historia do cinema galego apenas representaba algo máis dunha nota a pé de páxina. Falábase esquematicamente dun cineísta descoñecido de Ferrol. Explorando descubrimos que\, ademais de cineísta\, Alfonso Piñón/Bernardino de Lamas foi un xornalista andarengo comprometido coa natureza\, un descubridor de sendeiros ocultos\, un filósofo das corredoiras e congostras esquecidas\, un singular homo viator. Case un precursor do ecoloxismo contemporáneo adiantado ao seu tempo.(Da ficha do libro en Edicións Embora). \n\n\n\nManolo González\n\n\n\nManolo González (A Rúa\, 1955) é un activista do cinema e o audiovisual galego dende hai corenta anos en diferentes iniciativas do eido industrial\, educativo ou institucional. Foi o impulsor e director da Escola de Imaxe e son da Coruña (1990-1998) ou da Axencia Audiovisual Galega (2005-2009). Asemade colaborou coas Universidades de Vigo e Coruña. Coordina o encontro de cineastas da Chanfainalab de San Sadurniño (2014-2025). Nos últimos anos foi publicando libros\, folletos e artigos\, nomeadamente sobre formación\, política audiovisual e cinema de emigración a través de figuras senlleiras do noso cinema como José Gil (“Nos días encantados de agosto”\, premio Losada Diéguez 2023) e Antonio Rey Soto (“O benshi de Galicia”\, finalista nos Premios Rosalía de Castro 2024).Vén de ser recoñecido co Premio da Crítica de Galicia 2025 en Cine e artes audiovisuais.(Da ficha do autor en Edicións Embora)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-o-cineista-andarengo
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-18-PresentaCineistaAndarego.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251119T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251119T210000
DTSTAMP:20260430T180519
CREATED:20251103T165714Z
LAST-MODIFIED:20251106T090705Z
UID:4508-1763580600-1763586000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. Alonso Montero
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro Poesía e sociedade no Cancioneiro popular galego\, Dezaséis leccións\, escrito por Xesús Alonso Montero por mor do día das Letras galegas 2025. Quen? O autor estará acompañado de Ramón Nicolás; presenta Laura Caveiro. Cando? Mércores 19 de novembro\, ás 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO\, en García Barbón 5. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nCántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía\, algunhas recolleitas por Rosalía\, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas.En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego (dezaseis lecións)\, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico\, de poético\, e no que conteñen como documento sociohistórico\, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares\, nunha gran maioría mulleres.Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil\, senón que\, re-creándoas ou non\, nolas transmitiron ata os nosos días.(Da ficha do libro en Editorial Galaxia) \n\n\n\nO autor\n\n\n\nXesús Alonso Montero (Vigo\, 1928)\, filólogo\, ensaísta e polígrafo\, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED\, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos\, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973)\, As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994)\, Oteriana (Galaxia\, 2000)\, Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003)\, Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia\, 2006)\, A batalla de Montevideo (2003)\, Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia\, 2001)\, Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia\, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011\, Premio Losada Diéguez\, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra\, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia\, 2022).(Da ficha do autor en Editorial Galaxia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-alonso-montero
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-19-PresentaAlonsoMontero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251126T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251126T210000
DTSTAMP:20260430T180519
CREATED:20251118T195448Z
LAST-MODIFIED:20251118T195453Z
UID:4537-1764185400-1764190800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. A ilusión da abundancia
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración con OXFAM Intermón presentan o filme documental La ilusión de la abundancia\, de Matthieu Lietaert e Erika Gonzalez Ramirez. Cando? O mércores 26 de novembro a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo\, na rúa Reconquista 7. \n\n\n\n\n\n\n\n\nTítulo orixinal: The Illusion of Abundance\n\n\n\nAno 2022\n\n\n\nDuración 61 min\n\n\n\nDirección: Matthieu Lietaert\, Erika Gonzalez Ramirez\n\n\n\nGuión: Matthieu Lietaert\,Erika Gonzalez Ramirez\n\n\n\nMúsica Norbert Platzer\n\n\n\nFotografía Matthieu Lietaert\n\n\n\nXénero Documental\n\n\n\nA pesar dun xogo profundamente desequilibrado\, Máxima\, Bertha e Carolina comparten un obxectivo común: lideran a actual loita ambiental contra os conquistadores corporativos modernos. Mentres gobernos e corporacións están atrapados nunha carreira global para obter as materias primas máis baratas\, estas tres mulleres cóntannos unha historia de coraxe incansable: Como segues loitando para protexer a natureza cando a túa vida está en perigo? Cando a represión policial\, o acoso corporativo\, as lesións ou mesmo as ameazas de morte forman parte da túa rutina diaria?(Da ficha da película en Filmaffinity)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-a-ilusion-da-abundancia
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-26-CineIlusionAbundancia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251127T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251127T210000
DTSTAMP:20260430T180519
CREATED:20251111T115620Z
LAST-MODIFIED:20251111T115623Z
UID:4532-1764271800-1764277200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:30 anos de Beijing
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración con Resposta Feminista presentan As veteranas de Beijing relatan a súa experiencia 30 anos despois. Quen? María Xosé Porteiro e Pilar García Negro conversan con Priscila Retamozo. Cando? O xoves 27 de novembro de 2025. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa). \n\n\n\n\n\n\n\nFacemos coincidir esta actividade coa semana do 25N\, da xornada de Concienciación sobre a violencia contra as mulleres\, e co trinta aniversario da IV Conferencia Mundial sobre a Muller\, celebrada en Beijing\, China\, entre o 4 e o 15 de setembro de 1995. \n\n\n\nBeijing-1995 foi un inédito ‘meeting point’ internacional para os feminismos en ascenso. Alí tamén estivemos as galegas. Hoxe\, trinta nos despois\, recollemos a herdanza e valoramos os avances con dúas das mulleres que alí nos representaron\, Mª Xosé Porteiro e Pilar García Negro\, para facer balance dos logros acadados polo feminismo desde entón\, prestando especial atención\, por mor das datas\, á violencia contra das mulleres. \n\n\n\nO colectivo Resposta Feminista\, co que organizamos este acto\, é un espazo de confluencia feminista composto por máis de 60 mulleres individuais e unha ducia de colectivas\, organizadas para artellar feminismo na cidade de Vigo. Pensamos e actuamos en clave galega\, bebendo dos feminismos autónomos de das plataformas feministas galegas que nos precederon e comprometidas en dar resposta urxente nas rúas da cidade aos ataques do patriarcado.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/30-anos-de-beijing
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-27-30AnosBeijing.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR