BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.15.20//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250603T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250603T210000
DTSTAMP:20260430T233827
CREATED:20250514T091313Z
LAST-MODIFIED:20250514T091316Z
UID:4361-1748979000-1748984400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O ouro de Ourense
DESCRIPTION:Colaboración entre os atenenos pertencentes á Federación de Ateneos de Galicia no marco do ciclo Movendo os marcos\, Contra o localismo. Primeiro acto coa participación en Vigo do Ateneo de Ourense. Bieito Iglesias falará sobre O ouro de Ourense; presenta Bieito Ledo. Martes 3 de xuño\, ás 19.30\, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa). \n\n\n\n\n\n\n\nBieito Iglesias\n\n\n\nBieito Iglesias Araúxo\, nado en Ourense o 8 de xaneiro de 1957\, é un escritor galego.Fillo de emigrantes\, criouse en Quintián\, Coles\, cos avós. E licenciado en Historia e exerceu de profesor de lingua e literatura galegas en Santiago de Compostela. Colabora en xornais e revistas como A Nosa Terra\, La Voz de Galicia\, Grial ou Tempos Novos. Traduciu a Arthur Conan Doyle ao galego.No eido da novela ten publicado obras como Vento de seda (Xerais\, 1992)\, A historia escríbese de noite (Galaxia\, 2001)\, Pan e coitelo (Galaxia\, 2008)\, ou a última Unha gripe cabaluda (Aira\, 2024).Ten\, tamén numerosos libros de relatos (Aventura en Nassau (Xerais\,1991)\, Miss Ourense (Galaxia\, 1994). O mellor francés de Barcelona (Galaxia 1999) ou Amor e música lixeira (Galaxia\, 2004).Fixo pequenas incursións na literatura infanto-xuvenil (A noite das cabras do aire\, Xerais\, 1999) e na poesía\, así como ensaios e artigos xornalísticos.Destaca tamén o seu labor como tradutor ao galego\, en colaboración con Manuel Vázquez\, das aventuras de Sherlock Holmes para a editorial Galaxia (Un estudo en escarlata\, 1995\,  A face amarela: unha aventura de Sherlock Holmes\, 1995\, O signo dos catro\, de Arthur Conan Doyle\, 1995\, O can dos Baskerville\,  1996\, ou O arquivo de Sherlock Holmes\, 1997.(Da Galipedia\, entrada Bieito Iglesias)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-ouro-de-ourense
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-06-03-OuroOurense.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250604T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250604T203000
DTSTAMP:20260430T233827
CREATED:20250513T175843Z
LAST-MODIFIED:20250513T175847Z
UID:4348-1749061800-1749069000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL. A noite das cebolas
DESCRIPTION:O libro elixido polo CLub de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de maio (xuntanza 4 de xuño) é A noite das cebolas\, de Rosa Aneiros. A xuntaza será\, coma sempre\, ás 18.30 horas\, no Espazo Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nA noite das cebolas\n\n\n\nUnha novela sobre a beleza\, a fraxilidade\, a observación da natureza\, os coidados\, a memoria tramposa\, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra.Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e\, seguidamente\, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar\, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico\, unha corza esmagada no asfalto\, un raposo famélico chamado Leonardo\, un furtivo farfallán e retranqueiro\, un torneo de fútbol veterano\, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de cebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlle que a vida\, ás veces\, é quen de meter un gol no tempo de desconto. Rosa Aneiros volve engaiolarnos cunha novela sobre a beleza\, a fraxilidade\, a observación da natureza\, os coidados\, a memoria tramposa\, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra cando\, de xeito inesperado\, dan en esfacharear as estrelas.(Da ficha do libro en Ed. Xerais) \n\n\n\nRosa Aneiros\n\n\n\nRosa Aneiros (Meirás-Valdoviño\, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela\, «Eu de maior quero ser»\, á que seguiron «Corazóns amolecidos en salitre» (2002); «Resistencia» (Xerais\, 2003)\, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; «O xardín da media lúa» (2004); «Veu visitarme o mar» (Xerais\, 2004); «Ás de bolboreta» (Xerais\, 2009)\, Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil\, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; «Sol de Inverno» (Xerais\, 2009)\, Premio Xerais de Novela; «Sibila» (Xerais\, 2021) e «A noite das cebolas» (Xerais\, 2024). En 2013 publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.»: «Ámote Leo A. Destino xalundes» (Xerais\, 2013)\, ao que seguiron «Ámote Leo A. Estación de tránsito» (Xerais\, 2014) e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas?» (Xerais\, 2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou «Orestes perde o sentido!» (2019) e\, na colección Merlín\, «A batalla da pequena Chañan Curi Coca» (2017)\, «Xelís\, o guieiro das botellas de mar»\, Premio Merlín de Literatura Infantil 2019\, «Tres bichicomas\, dúas illas e unha serea» (2020)\, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018\, «Catro plumas de dinosauro» (2022) e «Faísca\, a nena neandertal» (2024).(Info da ficha da autora en Ed. Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-a-noite-das-cebolas
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-06-04-CdeLNoiteCebolas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250609T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250609T210000
DTSTAMP:20260430T233827
CREATED:20250514T084842Z
LAST-MODIFIED:20250515T155354Z
UID:4359-1749497400-1749502800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación. Avelino Cabezas e os seus irmáns
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o libro Avelino Cabezas e os seus irmáns. Un relato de Narón\, de Antón Seoane. Quen? Antón Seoane estará acompañado de Carlos Méixome. Cando? O luns 9 de xuño\, a partir das 19.30 horas. Onde? No Espazo Ateneo (Doutor Cadaval 17) \n\n\n\n\n\n\n\nCinco irmáns\, unha saga emigrante ao Mar del Plata. O pioneiro\, Avelino\, marcha só\, e con trece anos. Irán chegando os outros irmáns que pola gracia dos “deuses” están dotados dunha xenialidade comercial insólita\, sobresaíndo\,(de modo recoñecido\, nas citas universitarias de hoxendía)\, como innovadores e creadores dunha publicidade nunca antes vista.Historia dunha emigración atípica\, sorprendente. Dende a causa da marcha ao éxito acadado e o recoñecemento social da capital porteña\, cosmopolita e emprendedora\, tal como o deixaron por escrito\, en catro idiomas\, as multiples publicacions daquela época. Por debaixo de este relato exitoso\, flúe outro no que se mestura a dor emocional de por que marchar\, a intriga relacional dos caracteres ben distintos dos protagonistas\, a implicación con Galicia\, a desgraza imprevista para arribar a un final \, mezcla de thriller e vodevil. A emigración insólita. \n\n\n\nAntón Seoane\n\n\n\nNace no Ferrol no 1949. Remata Mediciña no 1972. Fixo a especialidade de Psiquiatria\, que aínda exerze. Foi membro do “Circulo Lacaniano” de Vigo.Neto de Antonio Seoane\, director entre 1900 e 1920 de “Airiños da Terra”\, agrupación musical ferrolá\, da que nacería “Toxos e Froles”\, empezou a interesarse pola música aos nove anos\, primeiro piano\, despois guitarra. Entre 1973 e 1978\, xunto a outros compañeiros\, crea o MPCG:Movimento Popular da Canción Galega\, alternativa de corte nacionalista as Voces Ceibes; nese periodo colabora en multiples proxectos con Rodrigo Romaní\, Emilio Cao\, Pilocha\, Faiscas do Xiabre\, está na creación do grupo Roi Xordo xunto a Xico de Carinho\, se compromete de maneira decisiva coa recuperacion da Zanfona\, conseguindo a súa recreación xunto o artesán Guillermo Alvarez\, participa na gravacion do disco de Emilio Cao “Fonte do Araño”\, grava xunto a R.Romaní e Pepe Ferreirós o disco “Milladoiro”\, grava xunto a R.Romaní e Faiscas do Xiabre\, o disco “In Memoriam”\, etc\, ata que en outono de 1978 sería un dos membros fundadores do grupo Milladoiro\, grupo no que estivo ininterrumpidamente ata febreiro de 2013.Ademais da súa producción como membro de Milladoiro fixo outras de caracter independente: Creación do disco “Calamidá Sentimental” coa voz de Pilocha\, sobre poemas de autoras galegas. Co productor musical xunto a Nando Casal do disco de Leilia “I é verdade i é mentira”\, creación do tema central “Foi coma un soño”\, para a pelicula “O lapis de carpinteiro” dirixida por Antón Reixa\, participación no disco “Escarnio” do mesmo autor\, creación do disco “Lambón”\, coa participación de Pilocha\, Laura Amado\, “Maestro Reverendo” e “Daquidarria”\, disco con cancións para cativos\, creación do disco “A volta dos nove”\,coa voz de Pilocha e Anxo Angueira\, e que acompañaba o libro homenaxe aos nove asesinados en Baiona polos falanxistas ao comenzo do golpe de estado do 36.Outras produccions “atipicas”: coautor do libro “Conxo manicomio e morte”\, coordinador do disco “Antoloxia Completa de Faustino Santalices”\, editado por Boa\, autor da primeira Biografia de Faustino Santalices\, editada por Ir Indo.(Da ficha do libro en Ed. Galaxia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-avelino-cabezas-e-os-seus-irmans
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-06-09-Presenta-Anton-Seoane.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250610T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250610T210000
DTSTAMP:20260430T233827
CREATED:20250531T174000Z
LAST-MODIFIED:20250531T174003Z
UID:4372-1749583800-1749589200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación: Poemario Luísa Abad
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en organizar a presentación do último poemario da nosa presidenta\, Luísa Abad. O libro leva por título Sereas afónicas e está editado pola editorial Elvira.Acto: Presentación do poemario Sereas afónicas de Luísa Abad. Quen? A autora estará acompañada pola escritora Xina Vega e por Xabier Romero\, director da editorial Elvira; a parte musical correrá a cargo de MJ Pérez\, e a presentación será da man de Amada Traba. Cando? O martes 10 de xuño\, a partir das 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO (García Barbón 5). \n\n\n\n\n\n\n\nLuísa Abad\n\n\n\nMaría Luísa Abad Abad (A Coruña\, 1951)\, é unha mestra\, asesora de educación infantil\, divulgadora didáctica\, especializada en coeducación\, orientadora escolar e escritora galega. Tras catro anos de secretaria do Ateneo Atlántico de Vigo\, dende abril de 2023 é a presidenta da asociación. \n\n\n\nIniciou estudos de Filosofía e Letras na USC\, licenciándose en Pedagoxía na Universidade de Barcelona; exerceu como mestra de primaria en Galicia e Barcelona e como orientadora escolar en secundaria no CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)\, onde participou nos programas europeos Leonardo da Vinci e Sócrates_Comenius\, e no IES Menéndez Pidal (Zalaeta\, A Coruña). Foi asesora de Educación Infantil e coeducadora no CEFORE (Centro de Formación do Profesorado) de Vigo. Na Universidade de Salamanca preparouse como Formadora de Formadores en Educación Infantil. \n\n\n\nDeseñou e implementou o apartado de coeducación no Plan de Formación do Profesorado de primeiro tramo de Educación Infantil das Galescolas. Foi compoñente durante 10 anos do Consello de Redacción da revista IN-Fancia\, educar de 0 a 6 anos\, editada pola Asociación de Rosa Sensat. No 2004 recibiu o premio da Consellería de Educación á innovación educativa polo traballo “Alertando da violencia de xénero”.Participou nos Programas da Televisión de GaliciaPreescolar na casa nº 207 e Nin máis nin menos.Tras unha vida dedicada á docencia\, na súa xubilación continúa a impartir relatorios de educación afectivo-sexual e coeducación e a escribir poesía. \n\n\n\nTen numerosas publicacións profesionais tanto en galego como en castelán e catalán. \n\n\n\n\n“Relacións familia-escola”\, Fardela\, CEFOCOP\, Ourense nº 1\, (pp. 10-11). 1995.\n\n\n\n“As mulleres e o deporte: unha carreira de obstáculos”. Festa da palabra silenciada\, ISSN 1139-4854. Nº. 12\, 1996\, pp. 73–74.\n\n\n\nCoeducar na educación infantil. Con María Isabel Aguilar. Edicións Xerais de Galicia\, 1996. ISBN 84-7507-995-4.\n\n\n\n“¿Lectura e escritura na escola infantil?”\, Revista Galega de Educación nº 29\, ISSN: 1132-8932.1997.\n\n\n\n“Camiñando cara a autoavaliación: nenas e nenos responsables do seu proceso de aprendizaxe”. Revista Galega de Educación nº 31\, Vigo ISSN: 1132-8932\, abril de 1998\, pp 73–74.\n\n\n\n“Anén-onén: xogando en igualdade na escola infantil”. Colección de Igual a Igual nº 3\, Concellería da Muller do Concello de Vigo\, marzo de 2003.\n\n\n\n“A igualdade como solución”. Servizo Galego de Igualdade\, Xunta de Galicia. Con Azucena Arias e outras. 2006. ISBN 84-89679-82-7\n\n\n\nManual para coeducar na Educación Infantil. Ed. Xerais. 2008. Vigo. 978-84-9782-884-0.\n\n\n\n“Milenium: outros modelos cos que identificarse”\, Festa da palabra silenciada nº 25\, Vigo\, 2009\, pp 162-164. Con Mercedes Oliveira.\n\n\n\n“Datas e datos para lembrar en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano”. Concello de Vigo. Área de Xuventude\, Igualdade e Normalización Lingüística. 2011. Con Mercedes Oliveira e Esther Mato.\n\n\n\n“A coeducación en Galicia. Breve historia e retos actuais”. Grial nº 236 pp. 152-155. 2022. ISSN 0017-4181.\n\n\n\n\n\n“¿Como preparar la primera entrevista con las familias”. El Magisterio\, p. 12. ISSN:1131833. set. 1996. Madrid.\n\n\n\n“¿Para Elena un tren y para Juan una muñeca?”. Infancia: educar de 0 a 6 años\, ISSN 1130-6084\, Nº 36\, 1996\, pp. 28–31.\n\n\n\n“Mafalda no quiere ser top model”. Con Azucena Arias Correa. Aula de innovación educativa\, ISSN 1131-995X\, Nº 50\, 1996\, pp. 45–48.\n\n\n\n“Niñas y ciencia”. Con Azucena Arias Correa. Cuadernos de Pedagogía\, ISSN 0210-0630\, Nº 273\, 1998\, pp. 18–21.\n\n\n\n“Género y Educación”. La escuela coeducativa\, Ed Graó. 2002. Con Azucena Arias Correa e outras.\n\n\n\n“Las formadoras de educación infantil: de ayer… a hoy”. Con María Adoración de la Fuente. Infancia: educar de 0 a 6 años\, ISSN 1130-6084\, Nº. 80\, 2003\, pp. 24–27.\n\n\n\n“Niños jugando a “juegos de niñas””. María Luisa Abad Abad. Aula de infantil\, ISSN 1577-5615\, Nº. 78\, 2014\, pp. 42–43.\n\n\n\n“Educar con perspectiva de género en el segundo ciclo”. Aula de infantil\, ISSN 1577-5615\, Nº. 75\, 2014\, pp 18–21.\n\n\n\n“Nens que juguen a “jocs de nenes””. Guix d’infantil\, ISSN 1577-5623\, Nº. 78\, 2014\, pp. 42–43.\n\n\n\n“Educar amb perspectiva de gènere al segon cicle d’educació infantil”. Guix d’infantil\, ISSN 1577-5623\, Nº. 75\, 2014\, pp. 18–21.\n\n\n\n\nAdemais de participar con numerosos relatorios en actividades de educación infantil e igualdade\, tamén ten unha boa chea de colaboracións entre as que podemos destacar: \n\n\n\n\n“II Plan Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de trato das mulleres de Vigo” (2003-2004). Concellería da Muller do Concello de Vigo\, febreiro de 2003. Con Mercedes Oliveira\, Amada Traba e Luz Varela.\n\n\n\n“¿Ata-cando? Actividades sobre a violencia de xénero no IES Paz Andrade de Vigo”. Escola do Faro nº 80\, Faro de Vigo\, xan. 2004.\n\n\n\n“Contra os malos tratos Actividades sobre a violencia de xénero no IES Paz Andrade de Vigo”. Escola do Faro nº 101\, Faro de Vigo\, Xan. 2005.\n\n\n\n“Maltrato entre iguais” Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais. Xunta de Galicia. 2005.\n\n\n\n“No sexo\, guíate ben”. Vicepresidencia da igualdade da Xunta de Galicia\, e distribuída nos centros Quérote de información afectivo-sexual para a mocidade. 2006. Con María Xosé Bravo e Carme Vilariño.\n\n\n\n\nA partir de 2015\, e sen deixar de lado as outras actividades\, dedícase\, tamén á poesía. Ademais do poemario que hoxe presentamos ( Sereas afónicas\, Ed. Elvira\, 2025)\, tamén cómpre salientar: \n\n\n\n\nO punto de maduración\, 2015\, edición agasallo\, 125 exemplares\, A Coruña.\n\n\n\nLimaduras de prata. 2017. Autoedición a favor da ACEC\, A Coruña\, un conxunto de poemas que relatan as percepcións e sentimentos que experimentou durante o tratamento do seu linfoma.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-poemario-luisa-abad
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-06-10-Presenta-Poemas-LuisaAbad.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250612T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250612T210000
DTSTAMP:20260430T233827
CREATED:20250609T090946Z
LAST-MODIFIED:20250609T091029Z
UID:4379-1749754800-1749762000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Entrega do premio Exeria25
DESCRIPTION:O acto de entrega do premio da 5ª edición do certame EXERIA de relatos curtos organizado polo Ateneo Atlántico e a Fundación Xoán Piñeiro terá lugar o xoves 12 de xuño\, a partir das 19 horas\, no local da Sede da Deputación provincial de Pontevedra en Vigo\, rúa Eduardo Chao 17. \n\n\n\n\n\n\n\nO xurado da V edición do certame EXERIA de relatos curtos\, presidido por Xavier Queipo\, outorgou o premio ao relato 99\,98 do que resultou autor Marcos López Concepción.O acto de concesión do premio terá lugar o próximo 12 de xuño de 2025 ás 19 horas no local da Deputación en Vigo\, rúa Eduardo Chao\, 17. O galardón consta dun premio en metálico de 1500 euros\, o diploma acreditativo e unha escultura de bronce da artista Cuqui Piñeiro.No acto de entrega actuarán as cantareiras “As escaravellas do CC Beade”. Intervirán\, ademais da presidenta do Ateneo Atlántico\, dona Luísa Abad\, o presidente do xurado don Xavier Queipo e dona Helena Pousa pola Fundación Xoán Piñeiro.Esta edición conta co patrocinio da bodega Terras Gaudas e da empresa Vieirasa S. A.Rematado o acto terá lugar un ágape.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/entrega-de-premio-exeria25
LOCATION:Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo\, Eduardo Chao 17\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/06/2025-06-12-ExeriaEntregaPremio2025.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250614T083000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250614T200000
DTSTAMP:20260430T233827
CREATED:20250531T170630Z
LAST-MODIFIED:20250531T170634Z
UID:4369-1749889800-1749931200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Homenaxe a Castelao
DESCRIPTION:Por mor do 75 aniversario do seu pasamento\, a Federación de Ateneos de Galicia organiza un acto-homenaxe á figura de Castelao. A homenaxe estará inserida nunha saída á Rianxo na que ademais\, pasaremos unha xornada de confraternización de todos os ateneos galegos. \n\n\n\n\n\n\n\nPrograma\n\n\n\n\nSaída dende o Santa Irene (8.30) ou do lugar habitual no Areal\, diante da sede de Zona Franca (9 h.)\n\n\n\nRecepción por parte do alcalde de Rianxo\, Julián Bustelo\, 10.30\n\n\n\nBenvidas do Presidente da Federación de Ateneos\, Manuel López Rivadulla\, e do Presidente da Fundación Castelao\, Miguel Anxo Seixas.\n\n\n\nVisita guiada polo Rianxo de Castelao (11 horas)\n\n\n\nOfrenda floral na escultura de Castelao no Paseo Marítimo (12 horas)\n\n\n\nRecital poético Castelao Sempre\, con:\n\nHelena Villar Janeiro\n\n\n\nXesús Rábade\n\n\n\nXaime Domínguez Toxo\n\n\n\nXabier Paz\n\n\n\nLuísa Abad\n\n\n\nPatricia Arias Cachelo\n\n\n\n\n\nA partir das 14 horas\, xantar de confraternidade co seguinte menú:\n\nEntradas: empanada e polbo\n\n\n\nPrato principal: carne ao caldeiro ou churrasco\n\n\n\nSobremesa\, café e viño.\n\n\n\n\n\nFoliada a cargo dos grupos\n\nBaraúnda\n\n\n\nSon de gaita.\n\n\n\n\n\nCántico final colectivo da Rianxeira\n\n\n\nSaída para Vigo\n\n\n\nChegada estimada sobre as 20 horas.\n\n\n\n\nPrezo e Inscrición\n\n\n\nA saída\, que inclúe o autobús\, o seguro de viaxe\, a comida e a participación en todas as actividades programadas ten un prezo de 55 euros para persoas socias\, e de 65 para non socias. \n\n\n\nPara a inscrición\, enviar un correo a:actividades@ateneoatlantico.galNo asunto\, “Saída a Riaxo”; no corpo do texto facer constar o nome\, apelidos e número de socia da persoas solicitante.Enviaremos correo de contestación matizando os últimos detalles da saída.Lembramos as normas xerrais de selección de persoas participantes para o caso de haber máis solicitudes que prazas: 1. Cada persoa pode anotarse a si mesma e\, como máximo\, a unha persoa acompañante. 2. Terán prioridade\, por esta orde\, a/ as persoas socias\, b/ socias con acompañante non socia\, e c/ persoas non socias.Cancelación da inscrición e devolución do importe da saída. Dado que a actividade ten unha organización complexa (conxunta por parte de todos os ateneos de Galicia)\, en caso de querer cancelar a saída con dereito a devolución do importe\, haberá que comunicar a decisión de cancelación antes de rematar o día 4 de xuño.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/homenaxe-a-castelao
LOCATION:Sede Zona Franca\, Areal 46\, Vigo\, Galicia\, 36201\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-06-14-HomenaxeACastelao.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR