BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250506T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250506T210000
DTSTAMP:20250427T183522Z
CREATED:20250427T183519Z
LAST-MODIFIED:20250427T183522Z
UID:4313-1746559800-1746565200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación: Ciencia e misterio en Celanova
DESCRIPTION:Ateneo Atlántico. Actividade: Presentación do libro Ciencia e misterio en Celanova\, de Xosé Benito Reza. Quen? Estará o autor con Bieito Ledo. Cando? O martes 6 de maio\, a partir das 19.30 horas. Onde? No local do Ateneo Atlántico (Doutor Cadaval 17)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-ciencia-e-misterio-en-celanova
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-05-06-PresentaCienciaMisterioCelanova.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250507T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250507T200000
DTSTAMP:20250405T161401Z
CREATED:20250405T161244Z
LAST-MODIFIED:20250405T161401Z
UID:4267-1746642600-1746648000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL. Arraianos
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de Lectura para ler ao longo do mes de abril é Arraianos\, de Xosé Luís Méndez Ferrín. A xuntanza terá lugar no Espazo Ateneo (rúa Dr. Cadaval 17)\, o mércores 6 de maio a partir das 18.30 horas. \n\n\n\nArraianos\n\n\n\nA lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio\, nas concas do Limia e do Arnoia\, contra as serras do Xurés e Laboreiro\, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán\, separado de todo\, tanto de Galicia como de Portugal\, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo\, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia. (Da ficha do libro en Edicións Xerais) \n\n\n\nXosé Luís Méndez Ferrín\n\n\n\nX. L. MÉNDEZ FERRÍN (Ourense\, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa\, da crítica\, da investigación\, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía\, recibiu premios como o Celanova Casa dos Poetas\, o Premio Trasalba\, o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano\, o Premio da Crítica Española\, o Premio Losada Diéguez ou o Premio Nacional da Cultura Galega. É autor dunha obra compacta\, unitaria\, que abala entre a realidade e a fantasía\, e creou espazos literarios de referencia para o ámbito da cultura. A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958)\, e desde aquela publicou títulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961)\, Arrabaldo do norte (1964)\, Retorno a Tagen Ata (1971)\, Elipsis e outras sombras (1974)\, Antón e os inocentes (1976)\, Crónica de nós (1980)\, Amor de Artur (1982)\, Bretaña\, Esmeraldina (1987\, 2007)\, Arraianos (1991)\, ou No ventre do silencio (1999). Como poeta\, logo de Voce na néboa (1957)\, Antoloxía Popular (1972) e Sirventés pola destrucción de Occitania (1975)\, o poemario Con pólvora e magnolias (1977) provocou un revulsivo na poesía daquela altura e mudou o seu rumbo. Logo viñeron títulos como Poesía enteira de Heriberto Bens (1980)\, O fin dun canto (1982)\, Erótica (1992)\, Estirpe (1994)\, O outro (2002)\, Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). No ano 2024\, Anxo Angueira compilou toda a súa obra poética no volume Poesía reunida (2024). Para o público xuvenil publicou Arnoia\, Arnoia (1986)\, incluída na Lista de Honra do IBBY en 1988. (Da ficha do autor en Edicións Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-arraianos
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-05-07-CdeLArraianos.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250508T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250508T213000
DTSTAMP:20250427T184355Z
CREATED:20250427T184349Z
LAST-MODIFIED:20250427T184355Z
UID:4316-1746734400-1746739800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación: Os médicos tamén enferman
DESCRIPTION:Presentación do libro Os médicos tamén enferman\, de Martiño Noriega. Quen? O autor estará acompañado de Manolo Bragado e o editor\, Quique Alvarellos; a presentación correrá a cargo de Luísa Abad. Cando? O xoves 8 de maio a partir das 20 horas. Onde? Na Libraría Librouro (Eduardo Iglesias 12) \n\n\n\n\n\n\n\nOs médicos tamén enferman\n\n\n\nDoce anos despois de exercer como alcalde\, primeiro no Concello de Teo\, e despois en Santiago de Compostela\, Martiño Noriega regresou á súa profesión\, a Medicina. Os médicos tamén enferman é unha crónica persoal onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios.Escrito entre os anos 2021 e 2024\, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-Covid\, mais tamén está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria.«Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia\, despois de moitos anos de sobreexposición pública ‒afirma no Limiar ‒. Na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar\, co exercicio de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron precisamente desa escoita atenta que pode ser parte da cura».(Da ficha do libro na editorial Alvarellos) \n\n\n\nMartiño Noriega\n\n\n\nMartiño Noriega (A Coruña 1975) é un Médico de Familia que actualmente (2025) traballa nun Centro de Saúde de Santiago. Realizou estudos avanzados en saúde pública. Debedor das ensinanzas políticas de Xosé Manuel Beiras\, foi alcalde de Teo (2007-2015) e de Compostela (2015-2019)\, exercendo a día de hoxe o activismo como voceiro da organización Anova. Colaborador ao longo dos anos en diversos xornais\, en 2012 publicou a escolma de artigos Por un común denominador. A esquerda da nación e no 2017 o libro de conversas co xornalista Daniel Salgado A contradición permanente. É pai dunha nena chamada Mara e dun neno chamado Airas.(Da ficha do autor na editorial Alvarellos)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-os-medicos-tamen-enferman
LOCATION:Librería Librouro\, Rúa de Eduardo Iglesias\, 12\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-05-08-PresentaMedicosEnferman.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250513T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250513T210000
DTSTAMP:20250429T082159Z
CREATED:20250429T082156Z
LAST-MODIFIED:20250429T082159Z
UID:4319-1747164600-1747170000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O Padroado de protección á muller en Vigo
DESCRIPTION:Ateneo Atlántico presenta: O Padroado de proteción á muller en Vigo. Quen? Lucio Martínez Pereda; presenta Chis Oliveira. Cando? O martes 13 de maio\, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa). \n\n\n\n\n\n\n\nO Padroado de Protección á Muller foi a institución represiva contra as mulleres de máis longa duración da ditadura franquista. O seu extenso e variado repertorio represaliador aínda non é suficientemente coñecido. É hora de dar a coñecer os seus específicos mecanismos de control social\, as institucións que traballaban para aplicalo \, a singularidade territorial da súa acción en Vigo e as empresas e organizacións que amparadas polo Padroado obtiveron beneficios económicos coa explotación laboral das súas vítimas. \n\n\n\nLucio Martínez Pereda\n\n\n\nLucio Martínez Pereda é historiador e profesor no instituto IES Valadares de Vigo. Autor dos libros: La depuración franquista del Magisterio Nacional en el norte de Zamora 1936-1943 ( 2008)\, Propaganda\, mobilización e cerimonias político relixiosas en Vigo durante a Guerra Civil ( 2011 )\, Medo político e control social na retagarda franquista ( 2015 )\, El pan y la cruz. Hambre y Auxilio Social durante el primer franquismo en Galicia ( 2017 )\, Desmontando a propaganda franquista (AA.VV. 2022). Articulista na revista de pensamiento A Trabe de Ouro\, colaborador habitual en NR Nueva Revolución y Conversación sobre la Historia.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-padroado-de-proteccion-a-muller-en-vigo
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-05-13-PadroadoProteccionMuller7.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250514T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250514T210000
DTSTAMP:20250509T084916Z
CREATED:20250505T091745Z
LAST-MODIFIED:20250509T084916Z
UID:4328-1747249200-1747256400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presenta: Álvaro Gil-Robles
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro Un comisario en el Consejo\, de Álvaro Gil-Robles. Quen? O autor\, Álvaro Gil-Robles y Gil Delgado estará acompañado por Teresa Conde Pumpido. Cando? O acto terá lugar o mércores 14 de maio\, a partir das 19 horas. Onde? Na Casa del Libro de Vigo\, na rúa Velázquez Moreno 27. \n\n\n\n\n\n\n\nCo gallo da publicación do seu libro “Un Comisario no Consello” \,Alvaro Gil-Robles -quen foi Defensor do Pobo en España (1988-1993) e o primeiro o primeiro Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa -\,conversará con Teresa Conde-Pumpido o próximo 14 de maio na Casa do Libro ás 19 horas. \n\n\n\nNon só os seus recordos sobre o desenvolvemento da súa función en Europa (incluíndo as súas intervencións en crises como as de Xeorxia\, Moldavia ou Chechenia ) son de indubidable interese nestes tempos de atmosfera bélica senón que a súa experiencia na defensa dos valores democráticos e o respecto dos dereitos humanos convérteno en voz moi cualificada para reflexionar sobre a convulsa época actual\, con “democracias iliberales”\,organizacións políticas abertamente xenofobas \, Presidentes que alentaron un golpe de estado no seu propio país e manobras de desprestixio das institucións democráticas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presenta-alvaro-gil-robles
LOCATION:Casa do Libro\, Rúa Velázquez Moreno\, 27\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-05-14-Presenta-GilRobles.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250520T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250520T210000
DTSTAMP:20250512T153917Z
CREATED:20250512T153914Z
LAST-MODIFIED:20250512T153917Z
UID:4339-1747769400-1747774800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Arqueoloxía dos puticlubs
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico presenta o acto “Arqueoloxía dos puticlubs. A pegada da prostitución no noroeste de España”. Quen? Xurxo Ayán e Carlos Otero Vilariño\, presenta María Xosé Porteiro. Cando? O martes 20 de maio a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa). \n\n\n\n\n\n\n\nArqueoloxía da prostitución en Galicia\n\n\n\nIsto é o que contan as escavacións nos prostíbulos.Presentamos un extracto do traballo de realizado por Tamara Otero o 17 de maio de 2023 en La Voz de Galicia“A investigación de Xurxo Ayán e Carlos Otero Vilariño permite recompoñer ata o punto de saber qué se bebía e cal era a banda sonora ou o ambiente de locais como o Eros\, epicentro da operación Carioca; ou o Blanco e Negro\, unha cárcere con ventás de 30×30 para esclavas sexuais.Revisando o seu propio imaxinario de masculinidade\, Xurxo Ayán (Universidade Nova de Lisboa) e Carlos Otero Vilariño (Incipit-CSIC) converteron nun proxecto de investigación o que ao principio formularon medio en broma: facer arqueoloxía da prostitución en Galicia e o Bierzo. Tal que así. Escavar prostíbulos abandonados.«O interesante deste proxecto é que a prostitución se basea na discreción e en certa invisibilización. A arqueoloxía fai público aquelo que non se quixo facer público e fai  visible o que non se quería facer visible. Ese é o poder da arqueoloxía cando entra nestas ruínas»\, explica Xurxo Ayán. A materialidade dos prostíbulos fala\, principalmente\, dos homes e do seu propio imaxinario patriarcal. A través da investigación dos restos destes puticlubs sabe qué bebían\, qué fumaban\, qué publicidade veían. Incluso qué escoitaban. Foron capaces de crear un modelo predictivo de localización de prostíbulos e puxeron no mapa os nodos puteiros. Pero as que permanecen invisibilizadas son as escravas sexuais.… Do que si fala o xacemento do Bembibre (puticlub Blanco y Negro) é do imaxinario puteiro. España é o terceiro país a nivel mundial no ránking de consumo de prostitución\, tras Tailandia e Porto Rico. Un de cada catro españois acudiu algunha vez á prostitución. O primeiro contacto sitúase entre os 14 e os 16 anos. A prostitución move cinco millóns de euros diarios e representa arredor do 0\,35 % do PIB de España. «O rexistro arqueolóxico que fica é ese kit de construción da identidade masculina e o Blanco y Negro é como unha Pompeia dos puticlubs»\, explica Ayán\, capaz de sintetizar el ambiente en un título: Airbag.De novo\, o rexistro arqueolóxico fala moito deles\, os puteiros\, e pouco delas\, as mulleres en situación de prostitución. Apareceron algunhas pezas de roupa feminina\, pero pouco máis.O proxecto\, pioneiro en España e que xa espertou o interese doutros profesionais\, «é un recurso didáctico de primeira orde. Amosar aos pequenos o que os seus avós\, pais\, tíos\, primos e mesmo eles nun futuro cercano poden chegar a facer. O que pasa é que é tal a impunidade do negocio en España e segue a ser unha sorte de tabú que resulta unha butade intentar denunciar esta realidade»\, lamenta Xurxo Ayán. Hai iniciativas\, como o pódcast A historia é ayer\, que dedicou dous capítulos a este proxecto.Os arqueólogos desenvolveron un modelo predictivo de localización de prostíbulos. Se os nodos puteiros son unha evolución cronotipolóxica e espacial da prostitución\, exceda no modelo de mobilidade de persoas e mercadorías e polo tanto situados en grandes nudos de comunicación\, existe tamén unha isocrona: a 15 minutos en coche de calquera capital provincial ou comarcal terá instalado un nodo putero”. \n\n\n\nXurxo Ayán\n\n\n\nLugo\, 1976\, é un arqueólogo e investigador galego. Licenciado\, premio extraordinario\, en Historia na Universidade de Santiago\,  onde realizou o doutoramenteo cunha tese coa que conseguiu o premio da Deputación de Pontevedra á mellor tese de humanidades en 2012. Arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC de Santiago de Compostela). Desenvolve o seu traballo técnico en tres eidos fundamentais: a avaliación e corrección de impacto arqueolóxico de grandes obras públicas\, a posta en valor do patrimonio e a difusión e divulgación do coñecemento arqueolóxico. A nivel de investigación básica traballa en Arqueoloxía da Arquitectura\, en Arqueoloxía de Idade de ferro e en Etnoarqueoloxía.É autor dun cento de artigos científicos en revistas e relatorios en congresos nacionais e internacionais\, participando en diferentes proxectos. Colabora tamén con diversos medios\, como o portal Cultura Galega do Consello da Cultura Galega\, o xornal Certo e Galicia Confidencial. Tamén publicou en prestixiosas críticas como World Archeology\, Journal of Contemporary Archaeology and Archeologies.Codirixe desde 2014 o proxecto International Brigades Archaeological Project e dirixe desde 2016 Arqueología de la guerra civil y socialización del patrimonio en el monte de San Pedro (Amurrio)\, Recuperación e posta en valor do castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón) e Adegas da Memoria.(Da páxina de Xurxo Ayán na Galipedia). \n\n\n\nCarlos Otero Vilariño\n\n\n\nFerrol\, é arqueólogo e desenvolve o seu traballo especialmente na recuperación patrimonial de sitios arqueolóxicos dende unha perspectiva fortemente social\, en relación coas comunidades locais implicadas. Nese marco\, dirixiu varios proxectos en Galicia e\, máis concretamente\, en castros. É investigador colaborador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).Ademais de numerosas publicacións en revistas especializadas é autor do libro Plan director del castro de Punta dos Prados (Ortigueira\, A Coruña)\, colaboración con Xurxo Ayán (Universidade de Santiago de Compostela\, 2004) e do libro Una ruta cultural en Ortegal: o camiño dos arrieiros (Universidade de Santiago de Compostela\, 2003). É o autor\, con outros colaboradores\, do Atlas arqueolóxico da paisaxe galega (Ed.Xerais 2016).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/arqueoloxia-dos-puticlubs
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-05-20-ArqueoloxiaPuticlubs.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250521T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250521T210000
DTSTAMP:20250514T083756Z
CREATED:20250514T083749Z
LAST-MODIFIED:20250514T083756Z
UID:4354-1747855800-1747861200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Los Indeseables
DESCRIPTION:O cinemAteneo\, do Ateneo Atlántico de Vigo\, en colaboración cos Multicines Norte\, presentan a película Los Indeseables (Bâtiment 5 / Les Indésirables)\, do director francés Ladj Ly. Será o mércores 21 de maio\, a partir das 19.30 horas\, nos multicines Norte (Vía Norte 22). \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nTítulo orixinal: Bâtiment 5aka (Les Indésirables)\n\n\n\nAno 2023\n\n\n\nDuración 101 min\n\n\n\nPaís Francia\n\n\n\nDirección Ladj Ly\n\n\n\nGuión Ladj Ly\, Giordano Gederlini\n\n\n\nProdución Srab Films\,Lyly Films\,France 2 Cinema\,Panache Productions\,La Compagnie Cinématographique\n\n\n\nAnta Diaw\, Alexis Manenti\, Aristote Luyindula\, Steve Tientcheu\, Aurelia Petit\, Jeanne Balibar\n\n\n\n\nSinopse\n\n\n\nTrala repentina morte do alcalde da cidade\, Pedro\, un mozo médico idealista\, é nomeado para substituílo. Pretende continuar a política do seu predecesor\, que soñaba con rehabilitar este barrio obreiro. Por outra banda Haby\, unha moza francesa de orixe maliense que vive nun dos bloques de pisos en ruínas\, négase a que a súa familia sexa expulsada do empobrecido barrio dos suburbios onde creceu.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-los-indeseables
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-05-21-CineLosIndeseables.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250523T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250523T223000
DTSTAMP:20250505T085639Z
CREATED:20250505T085632Z
LAST-MODIFIED:20250505T085639Z
UID:4323-1748023200-1748039400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Percorrido polo Casco Vello
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico propón un percorrido polo Casco vello de Vigo da man de Rosa Sáenz. Cando? O venres 23 de maio\, a partir das 18 horas. Onde? O punto de reunión será o Banco dos contos\, ao pé do castelo de san Sebastián e fronte ao número 5 da rúa Pracer. A duración aproximada será de 2 horas e media. \n\n\n\n\n\n\n\nXuntarémonos no Banco dos contos\, situado onde a vella porta do Precer (fronte ao número 5 da rúa Pracer\, onde rematan as escaleiras mecánicas).Iniciaremos o percorrido camiñando polas rúas Abeleira Menéndez e Ferrería\, polo barrio alto ata chegar ao castelo de San Sebastián.A conituación baixamos ao Paseo de Afonso e Poboadores ata o Berbés; subimos pola rúa Real ata a travesa da Esperanza\, praza de Almeida e Cesteiros\, onde daremos por rematada a etapa de hoxe.Contamos con realizar un segundo percorrido que complete o de hoxe.A duración aproximada será de dúa horas e media.A visita é gratuíta\, pero dadas as condicións da actividade\, o grupo non pode ser moi numeroso\, polo que é necesario inscrición previa. \n\n\n\nInscrición\n\n\n\nEnviar un correo electrónico a actividades@ateneoatlantico.gal facendo constar o nome e apelidos da persoa solicitante; no asunto do correo poñer ‘Percorrido Casco Vello’
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/percorrido-polo-casco-vello
LOCATION:Banco dos contos\, Rua Pracer número 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-05-23-SaidaCascoVello.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250526T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250526T210000
DTSTAMP:20250513T181747Z
CREATED:20250410T182531Z
LAST-MODIFIED:20250513T181747Z
UID:4283-1748287800-1748293200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A lingua de Vigo
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico presenta o acto: A lingua de Vigo. Quen? Xosé Henrique Costas\, presenta Xosé Carlos L. Bernárdez. Cando? O luns 26 de maio de 2025 ás 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa). \n\n\n\n\n\n\n\nXosé Henrique Costas\n\n\n\nXosé-Henrique Costas González\, (Vigo 1962) é un lingüista e profesor galego. Foi director da Área de Normalización lingüística e vicerreitor de Extensión Universitaria da UVigo.Ao rematar os estudos de Filoloxía Hispánica (sección Galego-Portugués) en 1985\, foi asesor lingüístico un ano na RG e na TVG. Despois foi profesor na USC\, no campus da Coruña.Entre 1987 e 1994 foi profesor de Lingua Galega nas Escolas de Maxisterio de Pontevedra e Ourense\, da Universidade de Vigo. En 1995 doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Aproximación sincrónica e diacrónica o estudio das sibilantes galegas e comezou a dar clase na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo na que desde 2017 é catedrático de Filoloxía Galega.Foi director do Departamento de Filoloxía Galega en catro mandatos\, director da Área de Normalización Lingüística (2007-2010) e vicerreitor de Extensión Universitaria da UVigo (2010-2014).As súas liñas de investigación son a Dialectoloxía Galega\, a Sociolingüística das linguas minorizadas e a obra xornalística\, poética e tradutora de Álvaro Cunqueiro. Deu a coñecer case douscentos poemas inéditos en libro de Cunqueiro\, moitos deles “camuflados” como traducións de poemas estranxeiros.En 1993 foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico\, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas. É un dos especialistas na fala do Val do Ellas\, na provincia estremeña de Cáceres\, sobre a que ten publicado ducias de artigos científicos e catro libros.Como investigador en linguas minorizadas ten publicado diversos artigos e libros sobre o “Galego exterior” (galego de Asturias\, León\, Zamora e Cáceres)\, o aranés\, o mirandés\, o portugués de Olivença\, etc.Ten realizado estadías de docencia e investigación e impartido palestras en universidades do Brasil\, Portugal\, Italia\, os Países Baixos\, Bélxica\, Irlanda\, Alemaña e España.Colabora coa Mesa pola Normalización Lingüística\, é membro da plataforma en defensa da lingua ProLingua\, foi o coordinador do exitoso manual de autodefensa lingüística 55 mentiras sobre a lingua galega. No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente para o Seminario de Sociolingüística.É colaborador de Nós Diario\,[8] da sección “Voces” na web de ProLingua\, de GCiencia. É membro do consello de redacción das revistas Anima+l\, Estudios de Sociolingüística e Lingua e Dereito.Ten artigos en revistas especializadas como Cumieira das Letras\, A Trabe de Ouro: publicación galega de pensamento crítico\, Madrygal: Revista de estudios gallegos\, Revista de filología románica\, Limite: Revista de Estudios Portugueses y de la Lusofonía\, Boletín da Real Academia Galega\, Verba: Anuario galego de filoloxía\, Quaderni di semantica: rivista internazionale di semantica teorica e applicata\, Grial: revista galega de cultura\, Viceversa: revista galega de traducción\, Cadernos de lingua e Dorna: expresión poética galega.No tocante a narrativa ten publicado Ao sur da liberdade (2023). Morgante (primeiro libro da triloxía Banu Marwán\, a estirpe do galego\, unha saga familiar dos séculos VIII-IX na que desafía os tópicos da historiografía española canónica para integrar o que os novos estudos van descubrindo sobre o papel do Reino da Galiza na altura.Entre a vontade e o destino (Morgante\, 2024) é o segundo libro da triloxía Banu Marwán.(Da entrada Xosé-Henrique Costas na Galipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-lingua-de-vigo
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-04-28-ALinguaDeVigo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250530T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250530T210000
DTSTAMP:20250513T180954Z
CREATED:20250513T180951Z
LAST-MODIFIED:20250513T180954Z
UID:4350-1748633400-1748638800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Desinformación\, poder e seudomedios
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo presenta a actividade Desinformación\, poder e seudomedios. Quen? Anabel Díez de Raquel Lema\, presentadas por Bibiana Villaverde. Cando? O venres 30 de maio\, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa galega da Cultura. \n\n\n\n\n\n\n\nOs cidadáns\, para coñecer a realidade e poder formarnos unha opinión crítica\, temos o Dereito fundamental a unha Información veraz\, que usualmente buscamos nos Medios de Comunicación tradicionais\, porque esperamos cumpran con principios éticos e profesionais na busqueda dunha información obxectiva e suficientemente contrastada. \n\n\n\nPero esa expectativa pode verse truncada por diversas causa\, das que propoñemos dúas sobre as que reflexionar o próximo día 30 de maio: por unha banda\, a posible intromisión do poder político\, e pensamos que a longa loita dos xornalistas da RTVG e os seus famosos “venres negros” é un expoñente para ese debate; por outra banda\, os últimos anos viron a aparición de “seudomedios”\, cuxa misión é ben diferente (buscar clikbaits\, meros intereses económicos\, esparexer bulos por razóns politicas…) e os seus métodos completamente alleos aos principios de veracidade e responsabilidade que profesionalmente se esperaría (o que provocou un recente paro dos xornalistas presentes nas Cortes). \n\n\n\nPara tal interesante debate\, baixo título “PODER\,SEUDOMEDIOS\,DESINFORMACIÓN\, contamos coa participación de Anabel Diez\, xornalista de El País e Presidenta da Asociación de xornalistas parlamentarios e de Raquel Lema\, xornalista e Presidenta do Comité Intercentros de CRTVG\, coordinadas por Bibiana Villaverde\, xornalista de Radio Voz en Vigo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/desinformacion-poder-e-seudomedios
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/05/2025-05-30-DesinformacionPoderPseudomedios.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR