BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250401T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250401T210000
DTSTAMP:20250319T090318Z
CREATED:20250314T184749Z
LAST-MODIFIED:20250319T090318Z
UID:4247-1743535800-1743541200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación: A filla de Lucrecia
DESCRIPTION:Presentación do libro A filla de Lucrecia\, de Xabier Paz.Cando? O martes 1 de abril\, a partir das 19.30 horas.Quen? O autor estará acompañado por Irene Felpeto e por Edurne Baines (editora do libro).Onde? Na biblioteca da EMAO (García Barbón 5). \n\n\n\n\n\n\n\nO autor: Xabier Paz\n\n\n\nXabier Paz (1949) reside en Vigo\, onde exerceu varios oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas\, dedicou boa parte da súa vida a estudar\, como investigador titular\, os recursos pesqueiros do Atlántico Norte\, mormente en Terranova e Svalbard. Foi colaborador de diversas publicacións culturais\, de pensamento crítico (Inzar Ra­zóns) e de viaxes. Publicou o relato Follas do bacallau Xerais\, 2005) e as novelas Renacer (Xerais\, 2008)\, As vi­das de Nito (Xerais\, 2013)\, A galera de Xelmírez (Xerais\, 2015)\, Aníbal e a pin­tora (Xerais\, 2017)\, Galileo no espello da noite (Xerais\, 2019)\, A Barcelonesa (Xerais\, 2021) e O libro e o tapiz (Xerais\, 2023).  A filla de Lucrecia é a primeira obra de Xabier Paz no catálogo de Belagua Ediciones.Como poeta publicou Sedimentos (2001)\, No canto do mar (2005)\, Materia de Lucrecio (2006)\, Filoxenia do sangue (2006)\, Antroposofía xeral (2023) e recentemente a reunión destes poemarios baixo o título Marxinalia\, poesía reu­nida (2001-2004).  (Da ficha do autor en editorial Belagua). \n\n\n\nO libro: A filla de Lucrecia\n\n\n\nA filla de Lucrecia conta a peripecia de dúas mulleres sinaladas pola xustiza é a loita por sobrevivir nas estremas. A vontade ferreña da nai e as súas habelencias\, quer de adiviña quer de parteira\, axúdanas a manterse até ser acollidas en cas de dona Elvira\, viúva mourisca. Son tempos nos que ferven os cárceres da Inquisición en delincuentes contra a fe\, ilustres ou plebeos\, homes ou mulleres. Tempos nos que os mouriscos son expulsados e calquera trazo islámico é perseguido. No ambiente de fanatismo católico sucédense os autos de fe en Granada\, onde Alba medra entre dous mundos: o cristián na cidade\, e o mourisco dentro da casa. Ao fin\, o deprendido cabo da nai e o seu propio temperamento encarreirarán a súa vida\, gobernada polo namoro e a seda\, nun finximento social contracorrente. (Da ficha do libro na editorial Belagua)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-a-filla-de-lucrecia
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-04-01-PresentaXabierPaz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250402T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250402T190000
DTSTAMP:20250307T124529Z
CREATED:20250307T124527Z
LAST-MODIFIED:20250307T124529Z
UID:4219-1743613200-1743620400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL. Deserto sonoro
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de marzo é Desierto sonoro\, de Valeria Luiselli. A xuntanza terá lugar o mércores 2 de abril\, a partir das 17 horas\, no espazo Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nDeserto sonoro\n\n\n\nUn matrimonio en crise viaxa en coche cos seus dous fillos de Nova York a Arizona. Ambos son documentais e cada un céntrase no seu propio proxecto: está detrás das pegadas da última banda de Apache para entregarse ao poder militar estadounidense; Busca documentar a diáspora de nenos que chegan á fronteira sur do país en busca de asilo.Mentres o coche familiar atravesa o amplo territorio americano\, os dous fillos\, sentados no asento traseiro\, escoitan as conversas e historias dos seus pais e ao seu xeito confunden a noticia da crise de inmigración co xenocidio dos pobos nativos de América do Norte. Na súa imaxinación\, estas historias entrelazan\, dando lugar a unha aventura que é a historia dunha familia\, un país e un continente.Sound Desert\, terceira novela de Valeria Luiselli\, combina a mellor das dúas grandes tradicións literarias\, a da viaxe e a do Éxodo: transfírese a través do asfalto e cruza os horizontes do deserto\, detense nos moteles da estrada e penetra nos territorios íntimos do seu personaxe\, ofrecendo unha serie de instantáneas que retratan o infinito das capas do pancético\, son sonoras e son que son espirituais. Forman realidade contemporánea. Unha historia conmovedora e necesaria que amosa a fraxilidade coa que se definen os lazos familiares\, investiga o xeito en que documentamos as nosas existencias e pasamos as historias de xeración en xeración e pregúntase o que significa o ser humano nun mundo cada vez máis deshumanizado.(da ficha do libro na editorial Sexto Piso) \n\n\n\nValeria Luiselli\n\n\n\nValeria Luiselli (Ciudad de México\, 1983) é autora das novelas Los Inguidos (2011) e a historia dos meus dentes (2013) e dos libros de probas False Roles (2010) e The Lost Children (2016)\, todos publicados no sexto andar. Colaborou\, entre outros\, en medios de comunicación como o New York Times\, Granta\, The Guardian ou El País. As súas obras\, traducidas a máis de vinte idiomas\, foron galardoadas dúas veces co premio Los Angeles Times Book e co American Book Award\, e foron dúas veces finalistas do National Book Critics Circle Award. Na actualidade\, reside en Nova York.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-deserto-sonoro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-04-02-CLecturaDesertoSonoro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250402T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250402T210000
DTSTAMP:20250319T092325Z
CREATED:20250319T092322Z
LAST-MODIFIED:20250319T092325Z
UID:4253-1743622200-1743627600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Víctima imperfecta
DESCRIPTION:CinemAteneo presenta a película Víctima Imperfecta\, de Delphine Girard. Será o mércores 2 de abril\, a partir das 19.30 horas\, nos Multicines Norte. \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\n2023\n\n\n\nDuración: 108 minutos\n\n\n\nPaís: Bélxica\n\n\n\nGuión e Dirección: Delphine Girard\n\n\n\nProdución:  Versus Production\, Colonelle Films\,Haut et Court\n\n\n\nReparto: Selma Alaoui\, Veerle Baetens\, Guillaume Duhesme\, Anne Dorval\, Adèle Wismes\, Gringe\n\n\n\nSinopse: Despois dunha noite de festa que non remata ben\, Dary asalta sexualmente a Aly e é ela mesma quen chama á policía para denunciar o que pasou. Despois do sucedido\, Aly tenta continuar a súa vida intentando esquecer o que pasou a noite anterior e intenta eliminar a importancia dos feitos.\n\n\n\n\nNeste enlace podedes ver unha interesantísima entrevista coa directora
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-victima-imperfecta
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250408T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250408T210000
DTSTAMP:20250330T083643Z
CREATED:20250330T083640Z
LAST-MODIFIED:20250330T083643Z
UID:4260-1744140600-1744146000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Educación afectivo-social e adolescencia hoxe
DESCRIPTION:Educación afectivo-social e adolescencia hoxe. Quen? Antón Costa\, Priscila Retamozo\, Amada Traba\, Sonia Fernández; presenta Luísa Abad. Cando? Martes 8 de abril ás 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO (García Barbón 5). \n\n\n\n\n\n\n\nO Ateneo Atlántico\, en colaboración coa Revista Galega de Educación (Nova Escola Galega)\, presentan o acto Educación afectivo-social e adolescencia hoxe.A actividade xira en torno ao número que a Revista lle dedicou á ‘Educación afectivo-sexual’ e nel participarán\, ademais de Antón Costa\, membro do Consello de redación da revista\, Priscila Retamozo\, Amada Traba e Sonia Fernández\, autoras participantes no número. Presenta Luísa Abad\, presidenta do Ateneo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/educacion-afectivo-social-e-adolescencia-hoxe
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-04-08-RevsitaGalegaEducacion.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250409T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250409T210000
DTSTAMP:20250330T085228Z
CREATED:20250330T085225Z
LAST-MODIFIED:20250330T085228Z
UID:4263-1744227000-1744232400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Somos o que imaxinamos
DESCRIPTION:Ateneo Atlántico. Presentación do libro: Somos o que imaxinamos\, de Alberto García-Garcés. Quen? Alberto García Garcés con Xosé Mª Álvarez Cáccamo\, presenta Luísa Abad. Cando? Mércores 9 de abril a partir das 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO\, García Barbón 5. \n\n\n\n\n\n\n\nSomos o que imaxinamos\n\n\n\nSomos o que imaxinamos é un conxunto de 42 vibrantes relatos curtos que falan da vida e da nosa cultura. Algúns se basean en experiencias vividas\, outros son pura ficción. Mitos\, lendas\, lecturas\, viaxes\, camiñar con amigos\, reflexións\, peixes\, investigación mariña\, observación do mundo e soños\, ten cabida nestes apaixonantes relatos. Todos xorden de pasear con optimismo\, e certa retranca\, no tempo e no espazo. Unhas veces por lugares próximos\, outras por ámbitos máis afastados\, e as máis das veces polos íntimos e intricados sendeiros dun mesmo.Alberto González-Garcés narra con curiosidade e sorpresa a lendaria fundación de Muros por parte de Ulises\, os peixes que comía Xesús de Nazaret segundo os Evanxeos\, tamén os peixes e pescados que aparecen no Quixote\, o paso de Federico García Lorca por Galicia\, o canto do cuco en Kioto\, os seus paseos persoais por Iguaçu\, Asunción\, as cataratas do Niágara e por espazos máis próximos tales como San Vicente do Mar\, Ons\, Santa Cruz\, o río Verdugo e outros. Reflexiona con pausada esperanza e chega a conclusión de que “así é a vida\, somos o que imaxinamos”. (Ficha do libro na AELG) \n\n\n\nAlberto García Garcés\n\n\n\nAlberto González-Garcés Santiso. A Coruña\, 1950.Doutor en Bioloxía mariña. Investigador en oceanografía biolóxica\, especialmente sobre recursos mariños vivos. Para os seus traballos de investigación navegou polo Atlántico\, Mediterráneo e Pacífico. Dirixiu a Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía. Tamén foi Director-Xerente do Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR. Foi presidente do Comité Permanente de Investigación e Estatísticas da Comisión Internacional para a Conservación dos Atúns do Atlántico e Presidente do Comité Científico\, Técnico e Económico da Pesca da Comisión Europea.Ten publicado o libro de poemas Alta mar\, mar aberta. Editorial Medulia. 2023. 102 páxinas. ISBN 9788419438355. (Ficha do autor na AELG)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-somos-o-que-imaxinamos
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-04-09-PresentaAlbertoGarces.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250422T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250422T210000
DTSTAMP:20250409T163123Z
CREATED:20250409T163114Z
LAST-MODIFIED:20250409T163123Z
UID:4276-1745350200-1745355600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Pasando o testemuño da igualdade
DESCRIPTION:Acto do Ateneo Atlántico de Vigo: Construír a democracia: Pasando o testemuño da igualdade. Quen? Magis Iglesias e María Xosé Porteiro. Cando? O martes 22 de abril de 2025 a partir das 19.30 horas. Onde? Na casa galega da cultura (praza da Princesa). \n\n\n\n\n\n\n\nMagis Iglesias\n\n\n\nÁngeles Iglesias Bello\, nada en Vigo en 1956\, é unha xornalista galega\, coñecida profesionalmente como Magis Iglesias.Licenciouse en Ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar en La Voz de Galicia e Faro de Vigo\, do que creou a delegación da Coruña. Formou parte do primeiro equipo de redactores que en 1985 puxo en marcha a Televisión de Galicia\, onde fixo tarefas de reporteira\, xefa de sección e coordinadora electoral.Foi redactora xefa de Política na axencia de noticias Colpisa\, vinculada a Vocento\, onde se ocupa da información parlamentaria. Desde 1988 cubriu os acontecementos referidos ao Partido Popular e os seus líderes. Ademais\, colaborou como contertulia nos programas Hoy por hoy da Cadena SER e Los desayunos de TVE.En 2004 publicou o libro La Sucesión (Editorial Temas de hoy)\, no que relata o desenvolvemento dos acontecementos que levaron ao presidente José María Aznar a designar Mariano Rajoy como o seu sucesor.O 20 de setembro de 2008 foi elixida presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España\, a primeira muller que accedeu ao cargo\, e ocupou o posto até 2010.Desde 2012 é Directora de Comunicación da Entidade Pública Marca España.(Da entrada Magis Iglesias na Galipedia).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/pasando-o-testemuno-da-igualdade
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-04-22-MagisIglesias.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250423T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250423T210000
DTSTAMP:20250424T072454Z
CREATED:20250418T080459Z
LAST-MODIFIED:20250424T072454Z
UID:4303-1745434800-1745442000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro Xesús Alonso Montero
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro Poesía e sociedade no Cancioneiro popular galego\, escrito por Xesús Alonso Montero por mor do día das Letras galegas 2025. Quen? O autor estará acompañado de Xosé Manuel Soutullo\, director xeral de Galaxia; presenta Fernando Fernández. Cando? Xoves 24 de abril\, ás 19 horas. Onde? Na Casa del libro\, en Velázquez Moreno 27. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nCántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía\, algunhas recolleitas por Rosalía\, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas.En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego (dezaseis lecións)\, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico\, de poético\, e no que conteñen como documento sociohistórico\, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares\, nunha gran maioría mulleres.Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil\, senón que\, re-creándoas ou non\, nolas transmitiron ata os nosos días.(Da ficha do libro en Editorial Galaxia) \n\n\n\nO autor\n\n\n\nXesús Alonso Montero (Vigo\, 1928)\, filólogo\, ensaísta e polígrafo\, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED\, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos\, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973)\, As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994)\, Oteriana (Galaxia\, 2000)\, Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003)\, Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia\, 2006)\, A batalla de Montevideo (2003)\, Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia\, 2001)\, Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia\, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011\, Premio Losada Diéguez\, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra\, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia\, 2022).(Da ficha do autor en Editorial Galaxia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-xesus-alonso-montero
LOCATION:Casa do Libro\, Rúa Velázquez Moreno\, 27\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-04-24-AlonsoMontero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250426T083000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250426T210000
DTSTAMP:20250416T184907Z
CREATED:20250416T184859Z
LAST-MODIFIED:20250416T184907Z
UID:4296-1745656200-1745701200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída ás Terras da Ulloa
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico organiza unha saída polas Terras da Ulloa. Cando? Sábado 26 de abril\, saída ás 8.30 horas\, chegada aproximada arredor das 21 horas. Onde? Visita ao castelo de Pambre\, á igrexa de Vilar de Donas\, á granxa ecolóxica Maruxa e ás terras afectadas polo proxecto Altri. Prezo: 55€ para persoas socias e 65€ para non socias. Inscricións por wathsapp ao número 635685838 a partir do luns 21. \n\n\n\n\n\n\n\nA saída será ás 8.30 horas desde o lugar habitual\, o antigo reitorado\, hoxe sede da Zona Franca\, na rúa Areal. O regreso está calculado para chegar a Vigo sobre as 21 horas.O custo\, que inclúe os traslados\, a comida\, o seguro e as visitas guiadas é de 55 euros para socias e de 65 para persoas non socias.A inscrición será a partir do luns 21\, enviando un wathsapp ao número 635685838 atendendo ás seguintes normas: \n\n\n\n\nAs inscricións enviadas antes do luns 21 non serán tidas en conta.\n\n\n\nCada persoa pode anotarse a si mesma e\, como máximo\, a un acompañante.\n\n\n\nTerán prioridade as persoas socias\, en segundo lugar as persoas socias con acompañante non socia e en terceiro lugar as persoas non socias.\n\n\n\nCancelacións: para cancelar e ter dereito ao reembolso do importe só se poderá facer con 72 horas de antelación á saída.\n\n\n\n\n\n\n\n\nO día comezará cunha visita ao castelo de Pambre\, un dos mellor conservados de Galicia e que destaca por ser o último bastión da rebelión Irmandiña. O noso guía será Lalo\, do Instituto de Estudos Ulloáns. \n\n\n\n\n\n\n\nDe Pambre nos desprazaremos á igrexa de Vilar de Donas\, de orixe románica e con importantes pinturas góticas. \n\n\n\nA mañá acabará cunha referenza ás paisaxes onde Altri\, coa beizón da Xunta de Galicia\, pretende facer a súa desfeita ecolóxica e paisaxística. \n\n\n\n\n\n\n\nDespois de comer\, e da man de María\, visitaremos a granxa Maruxa onde veremos como se crían as vacas de xeito ecolóxico para conseguir o leite máis premiado e todos os seus derivados. \n\n\n\nRegreso a Vigo con hora prevista de chegada arredor das 21 horas
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-as-terras-da-ulloa
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-04-26-SaidaUlloa.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250430T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250430T210000
DTSTAMP:20250410T184824Z
CREATED:20250410T184820Z
LAST-MODIFIED:20250410T184824Z
UID:4286-1746041400-1746046800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Filtrando a luz
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo presenta o filme documental Filtrando a luz\, do director Xacobe Meléndrez Fassbender. Quen? Contaremos coa presenza do director. Cando? O mércores 30 de abril de 2025 ás 19.30 horas. Onde? No espazo Ateneo (doutor Cadaval 17) \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nDirección e realización: Xacobe Meléndrez Fassbender\n\n\n\nProdutor executivo: Xacobe Meléndrez Fassbender\n\n\n\nProdución: Federación Ecoloxista Galega\, FEG\n\n\n\nGuión: Xacobe Meléndrez Fassbender e João Manuel Peres Lijó\n\n\n\nCámaras e son: Xosé Cruz Mahía e Xacobe Meléndrez Fassbender\n\n\n\nOperador de drone e imaxes aéreas: Xacobe Meléndrez Fassbender\n\n\n\nVídeos de arquivo: XK3foto\, Xacobe Meléndrez Fassbender\n\n\n\nDocumentación: João Manuel Peres Lijó\n\n\n\nMontaxe: Xacobe Meléndrez Fassbender e Olfös Eber\n\n\n\nMúsica\, grupos:\n\nA Banda da Loba: “Cobiza”\, “O Peso do peito”\n\n\n\nResíduos Radiactivas: “Marghasand”\, “A farmacia”\n\n\n\nUlex: “Nunca Máis”\n\n\n\n\n\nDuración: 89 minutos\n\n\n\n\nSinopse\n\n\n\nDocumental que percorre a historia do movemento ecoloxista galego. Dende os anos sesenta até a actualidade (cunha referencia ao século XVI)\, narrado en primeira persoa polos protagonistas de algunhas das campañas de protección do medio ambiente galego\, coas súas pertinentes conexións internacionais… a protección dos espazos e as especies\, o ecoloxismo social\, a conservación da Terra…Un repaso á problematica ambiental galega dende hai xa máis de 60 anos\, ao activismo conservacionista\, ao ecofeminismo… Pon o foco dende a Celulosa de Ence en Pontevedra até o proxecto GAMA na Ulloa\, nas enerxías dende as centrais e minicentrais hidroeléctricas\, ate as modernas renovábeis\, pasando pola historia das centrais térmicas\, tamén se trata a problemática dos lumes forestais\, a producción agrícola e gandeira\, os medios de transporte\, o cambio climático\, as propostas de decrecemento\, o mar\, o lixo\, o tema forestal\, a contaminación dos ríos…Cunha visión coral e diversa\, son trinta e seis as persoas entrevistadas\, falan personaxes históricas como Xosé Manuel Penas Patiño\, Sonsoles Izquierdo\, Ramón Varela\, Manolo Rivas\, Roxelio Pérez Moreira… ecoloxistas con gran actividade na actualidade como Marta Gontá\, Begoña de Bernardo\, María Bañón ou Iñaki Varela.Entrevistas gravadas en localizacións emblemáticas para as campañas desenvoltas en todo este tempo: Corrubedo\, Serra do Suído\, Río Miño en Lugo\, Ría do Burgo\, A Limia… Con espectaculares imaxes aéreas amosando o que non se adoita ver\, Alúmina-Alumino\, Aeroxeradores do Xistral\, Celulosa de Pontevedra… \n\n\n\nO proxecto\n\n\n\nFiltrando a luz fai parte do proxecto “Temos Raices” co que a FEG\, Federación Ecoloxista Galega (antes AGENG)\, traballa para pór en valor a identidade e as experiencias vividas\, os xeitos de traballo\, reivindicar as campañas éxitosas e reflexionar sobre as que non foron adiante. Recoñecer as persoas e organizacións que participaron ao longo do tempo e recoller o traballo realizado por estas nun arquivo documental que permita recuperar a memoria do movemento ecoloxista e dos seus e das súas protagonistas e que contará con material audiovisual. documentos\, cartelería e outro materiais producidos polo movemento ecoloxista galego ao longo da súa historia. É un proxecto dinámico\, no que a información recollida será organizada para a súa preservación e divulgación. No eido audivisual preténdeselle dar continuidade a esta longametraxe documental coa elaboración duha serie de capítulos centrados en lugares\, grupos e campañas específicas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-filtrando-a-luz
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-04-30-CineFiltrandoLuz.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR