BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250204T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250204T213000
DTSTAMP:20250126T093622Z
CREATED:20250126T093516Z
LAST-MODIFIED:20250126T093622Z
UID:4154-1738699200-1738704600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación do libro As superviventes
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración con Xerais presenta o libro As Superviventes\, de Ramón Caride. Será o martes 4 de febreiro\, a partir das 20 horas en Librouro. O autor estará acompañado por Fran Alonso e Chis Oliveira. \n\n\n\n\n\n\n\nAs superviventes\n\n\n\nTres mulleres coinciden na sala de espera de Urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensadas en cada unha delas. Son veteranas de moitas guerras psíquicas\, e levan sufrido agresións físicas\, sociais e farmacolóxicas. Con todo\, non se consideran vítimas\, cousas pasivas que se deixan facer e desfacer\, e pelexan acotío para chegaren a ser quen queren. Son superviventes. Neste tempo de crise enquistada -unha era marcada polas ditaduras produtivas\, consumistas\, tóxico-pornográficas e tamén pola das redes sociais-\, a demolición dos prototipos de xénero e a construción da propia identidade sexual e afectiva son cavorcos que poucos se atreven a ollar até o seu fondo. Mais a vida é un exercicio de funambulismo\, mesmo que non nos decatemos. Andamos sempre en precario equilibrio riba dun cabo moi estreito\, ao bordo da caída libre no baleiro. E cando miras moito tempo ao abismo\, o abismo tamén mira dentro de ti. Chamádeme Xanax!(Da ficha do libro en Xerais) \n\n\n\nRamón Caride\n\n\n\nRamón Caride (Cea\, Ourense\, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais\, 1992)\, Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997)\, recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais\, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007\, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais\, 2014)\, Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014)\, «Exogamia 0.3» (Xerais\, 2011)\, «Endogamia 0.2» (Xerais\, 2013)\, «Singamia 1.1» (Xerais\, 2019)\, «Dedre» (Xerais\, 2004)\, «Liquidación de existencias» (Xerais 2016) ou «As superviventes» (Xerais 2025). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais\, 2006)\, «A chuvia humana» (2011)\, e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais)\, ilustrada por Miguelanxo Prado\, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995)\, «Ameaza na Antártida» (1997)\, «O futuro roubado» (1999)\, «A negrura do mar» (2006)\, Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil\, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009)\, «A pomba dona Paz» (2012)\, «Catro amigos pillabáns» (2012)\, «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013)\, «As viaxes de Ruki» (2014)\, «Sara ten un segredo» (2018)\, «As músicas viaxeiras» (2021) e «O misterio das zocas» (2025).(Da ficha do autor en Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-do-libro-superviventes
LOCATION:Librería Librouro\, Rúa de Eduardo Iglesias\, 12\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/01/2025-02-04-PresentacionSuperviventes.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250205T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250205T203000
DTSTAMP:20250116T091104Z
CREATED:20250116T090859Z
LAST-MODIFIED:20250116T091104Z
UID:4138-1738780200-1738787400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Tras do ceo
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de xaneiro (xuntanza\, no noso local\, o mércores 5 de febreiro ás 18.30 horas) é Tras do Ceo\, de Manuel Rivas. \n\n\n\n\n\n\n\n“A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical\, salvaxe\, sen edulcorantes\, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.Unha cuadrilla de cazadores\, urbanos e con relacións de amizade e negocios\, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario»\, un lendario porco bravo\, considerado moi perigoso\, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida\, dúas mulleres sendeiristas afrontan unha situación de risco e os cazadores acoden na súa axuda. Despois\, o que comeza sendo unha conversa informativa e amábel irá derivando nunha tensa discusión\, sobre a caza e outros asuntos da vida\, até chegar a un punto de violencia verbal. As mulleres\, nai e filla\, abraiadas pola situación\, deciden fuxir. Dombodán\, o máis novo da cuadrilla e o único que é natural de Tras do Ceo\, o territorio onde transcorre a historia\, vai narrando os feitos que se suceden nunha xornada trepidante. E faino cunha ollada propia\, que perturba e engaiola a un tempo\, levándonos da comedia ao inferno. A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical\, salvaxe\, sen edulcorantes\, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural”. (Da ficha do libro en Edicións Xerais) \n\n\n\nManuel Rivas\n\n\n\n“Manuel Rivas (A Coruña\, 1957)\, escritor e xornalista. A súa obra\, escrita en galego\, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: Todo ben (1985); «Un millón de vacas» (1989)\, Premio da Crítica Española; «Os comedores de patacas» (1991); «En salvaxe compaña» (1994)\, Premio da Crítica Galicia; «Que me queres\, amor?» (1996)\, Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; «Bala perdida» (1996); «O lapis do carpinteiro» (1998)\, Premio da Crítica Española\, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega\, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente\, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); «Ela\, maldita alma» (1999); «A man dos paíños» (2000); «As chamadas perdidas» (2002); «Contos de Nadal» (2003); «Os libros arden mal» (2006)\, novela\, Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano\, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano\, Premio da Crítica\, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid\, Premio da Crítica Galicia\, Premio Losada Diéguez\, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; «Todo é silencio» (2010)\, «As voces baixas» (2012)\, «O último día de Terranova» (2015) e «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» (2018). «Tras do Ceo» (Xerais\, 2024) é a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza. Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. É codirector da revista «Luzes». Foille concedido o Premio Nacional das Letras Españolas 2024”. (Da ficha do autor en Edicións Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-tras-do-ceo
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/01/2025-02-05-ClubLecturaMRivas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250211T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250211T210000
DTSTAMP:20250131T085753Z
CREATED:20250131T085746Z
LAST-MODIFIED:20250131T085753Z
UID:4163-1739302200-1739307600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Castelao nos anos da Guerra civil
DESCRIPTION:No ano Castelao\, Xesús Alonso Montero achéganos a un período clave da súa vida\, os anos da Guerra civil española (Visita á Unión Soviética: prosovietismo e filocomunismo). Será o martes 11 de febreiro\, a partir das 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. Presenta Laura Caveiro. \n\n\n\n\n\n\n\nCastelao na Unión Soviética en 1938\n\n\n\nXesús Alonso Montero. Ed. Xerais\, 2012\n\n\n\nSabíase que Castelao\, formando parte dunha delegación española moi plural\, estivera\, en maio de 1938\, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado\, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro: «Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil». Algunha é deste calado: «En mi viaje a la URSS he adquirido la convicción de que allí se está engendrando una nueva vida que ha de ser el molde de los demás pueblos del mundo.» Estas dúas facetas cómpre entendelas nas coordenadas da Guerra Civil\, período no que Castelao se esquerdiza; no que intima con destacados comunistas (Líster\, Santiago Álvarez…); no que bate (e faina súa) coa definición de nación formulada por Stalin; no que gusta de escribir para os combatentes marxistas\, e no que recibe (entusiasmado) as gabanzas da crítica soviética sobre a súa condición de «debuxante revolucionario».(Da ficha do libro en Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/castelao-nos-anos-da-guerra-civil
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/01/2025-02-11-CastelaoURSS.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250212T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250212T200000
DTSTAMP:20250208T170336Z
CREATED:20250208T170333Z
LAST-MODIFIED:20250208T170336Z
UID:4170-1739388600-1739390400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. O aprendiz
DESCRIPTION:A película do mes do cinemAteneo será The Apprentice (O aprendiz)\, A proxección e posterior coloquio terán lugar o mércores 12 de febreiro\, a partir das 19.30 horas nos multicines Norte. Os principios de Donald Trump no Nova York dos anos 70. \n\n\n\n\n\n\n\n\nTítulo orixinal: The Apprentice\n\n\n\nAno: 2024\n\n\n\nDuración: 116 min.\n\n\n\nPaís: Canadá\n\n\n\nDirección: Ali Abbasi\n\n\n\nGuión: Gabriel Sherman\n\n\n\nReparto:\n\nSebastian Stan\n\n\n\nJeremy Strong\n\n\n\nMaria Bakalova\n\n\n\nMartin Donovan\n\n\n\nCatherine McNally\n\n\n\nCharlie Carrick\n\n\n\nBen Sullivan \n\n\n\n\n\nSinopse: A historia que forxou a relación entre un antigo tiburón\, o poderoso avogado Roy Cohn\, e un tiburón aínda máis grande: o mozo empresario e futuro presidente dos Estados Unidos\, Donald Trump. Un mozo Trump (Sebastian Stan)\, ansioso por facerse un nome como segundo fillo dunha familia acomodada na Nova York dos anos 70\, cae baixo o feitizo de Roy Cohn (Jeremy Strong)\, o despiadado avogado que axudaría a crear o Donald Trump que hoxe coñecemos. Cohn ve a Trump como o protexido perfecto: alguén cunha ambición excesiva\, con sede de éxito e disposto a facer o que sexa necesario para gañar. (Filmaffininty)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-o-aprendiz
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/02/2025-02-12-CineApprentice.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250218T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250218T210000
DTSTAMP:20250212T092754Z
CREATED:20250126T095328Z
LAST-MODIFIED:20250212T092754Z
UID:4158-1739907000-1739912400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O dereito á vida e á morte digna
DESCRIPTION:O vindeiro martes 18 de febreiro\, ás 19.30\, na EMAO\, o Ateneo Atlántico presenta o acto O dereito á vida e á morte digna. Participarán Isabel Blanco (Presidenta de DMD)\, Elvira Landín (avogada)\, e Noa Pazos (médica internista); no acto proxectaremos o filme documental Laura. \n\n\n\n\n\n\n\nDereito a morrer con dignidade\n\n\n\nDentro do ciclo sobre os dereitos fundamentais este mes propoñemos un debate relativo ao dereito á Vida. Fronte a quen mantiña que a vida tamén era un deber\, o Tribunal Constitucional (ao analizar a LO 3/21 reguladora da eutanasia) afirmou que o dereito á vida incluía o dereito para dispoñer dela. Sobre ese dereito para elixir morrer con dignidade queremos reflexionar o próximo 18 de febreiro\, cunha mesa de debate e a proxección da curta “Laura”\, un testemuño de quen defende a súa libre decisión. \n\n\n\nA nosa socia de honra\, Elvira Landín dialogará con Isabel Blanco -médica e Presidenta de DMD Galicia- e con Noa Pazos –médica internista en Coidados Paliativos do Hospital Meixoeiro- para coñecer todas as posibilidades que a lei nos ofrece e aclarar dúbidas :é inevitable morrer con dor?que son os coidados paliativos?; é o mesmo o documento de instrucións previas que o testamento vital?; en que circunstancias podo pedir a morte asistida? cales son as modalidades de axuda a morrer?….Pero tamén falar dos fallos que presenta a lei ou se esta cobre todas as demandas para o exercicio do dereito para morrer dignamente
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-dereito-a-vida-e-a-morte-digna
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250225T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250225T210000
DTSTAMP:20250216T105423Z
CREATED:20250216T105416Z
LAST-MODIFIED:20250216T105423Z
UID:4184-1740511800-1740517200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Repensar a arquitectura medieval
DESCRIPTION:O martes 25 de febreiro\, a partir das 19.30 teremos un encontro coa arqueóloga e historiadora Rebeca Blanco Rotea para falar sobre ‘Repensar a arquitectura medieval (novas formas de investigación). O acto terá lugar na biblioteca da EMAO e estará presentado por Xosé Carlos L. Bernárdez. \n\n\n\n\n\n\n\nA finais da década de 1980 introdúcese en España unha nova metodoloxía para o estudo das construcións históricas dende a Arqueoloxía\, a análise estratigráfica de paramentos\, o tipo de análise máis difundida da disciplina que se coñece como Arqueoloxía da Arquitectura. Na década de 1990 esta nova maneira de identificar a secuencia construtiva dos edificios históricos difundiuse rapidamente pola península ibérica\, é aplícase por primeira vez en Galicia no Faro romano de Hércules. A primeira consecuencia para a investigación básica foi o desenvolvemento de novas interpretacións para moitos edifícios medievais que resultaron ser anteriores ou posteriores ao que se viña afirmando dende a historiografía tradicional. A segunda\, o afianzamento dunha investigación aplicada no campo da restauración arquitectónica. A partir desde momento\, dende a USC e o CSIC comeza a desenvolverse unha importante actividade para a revisión de edificios fundamentalmente altomedievais galegos\, a formación especializada e a divulgación do método de investigación. Nesta charla mostraremos a través de varios exemplos un novo panorama interpretativo que fai necesaria a revisión de moitos edificios da Antigüidade Tardía e a Alta Idade Media galega\, e tamén o papel de Galicia\, cunha importantísima actividade construtiva nos mal chamados séculos escuros\, como periferia. \n\n\n\nRebeca Blanco Rotea\n\n\n\nVigo\, 1973.Licenciada en Xeografía e Historia\, na especialidade de Historia da Arte\, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996\, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015. Traballa no estudo das construcións históricas dende unha perspectiva arqueolóxica. É profesora da Facultade de Xeografía e Historia da USC e membro do Consello da Cultura Galega. Pertence ao Consello de Redacción da revista do CSIC Arqueoloxía da Arquitectura e ao Consello Asesor da Revista do CSIC Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio (CAPA).Foi a coordinadora do informe que vén de presentar o Consello da Cultura Galega Enerxía eólica e paisaxes culturais en Galicia\, sobre o impacto dos eólicos no patrimonio natural\, paisaxístico e cultural.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/repensar-a-arquitectura-medieval
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,arte
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/02/2025-02-25-ArquitecturaMedieval.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR