BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241104T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241104T210000
DTSTAMP:20241020T105052Z
CREATED:20241020T105044Z
LAST-MODIFIED:20241020T105052Z
UID:3938-1730748600-1730754000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Medicina personalizada
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese e hónrase en presentar este acto no que o científico Anxo Carracedo será o protagonista. Falará para nós sobre ‘medicina personalizada’ e os grandes proxectos xenómicos. Será o luns 4 de novembro\, ás 19.30 horas na EMAO\, e a presentación correrá a cargo da presidenta do Ateneo\, Luísa Abad. \n\n\n\n\n\n\n\nSobre a medicina personalizada\, Anxo Carracedo ten dito: “É o futuro e o camiño polo que apostamos. É unha medicina máis dirixida\, moito máis eficaz\, con menos efectos secundarios e seguramente máis cara. Neste último aspecto hai que ter en conta o problema da sustentabilidade da sanidade. Se desenvolves un medicamento que pode ser usado por todos\, é moito máis barato que se desenvolves un que sexa adecuado para o 30% da poboación\, pero o máis importante é a saúde das persoas…Non teño dúbida de que o aspecto primordial neste tipo de medicamentos vai ser a relación xene-ambiente e é evidente que en moitos casos este proceso vai ter interaccións co microbioma. Non só en enfermidades infecciosas\, nas que xa é evidente\, senón tamén en enfermidades comúns…Iso si\, aínda nos queda moito por percorrer para comprender a interacción xene-ambiente\, pero dentro duns anos todo estará integrado coa bioloxía de sistemas\, que terá en conta moitos factores diferentes. Non obstante\, esta é unha previsión a longo prazo\, non algo inmediato…” \n\n\n\n(Grazas á medicina personalizada poderemos…) “non só confirmar un diagnóstico\, senón predicir mellor o risco xenético e tomar decisións ao respecto” … “ao mesmo tempo\, a mellora do diagnóstico permítenos comprender mellor a enfermidade\, estratifiala con máis precisión e buscar dianas farmacéuticas.”“Somos 50% xenética e 50% ambiente; a xenética é o 50% da enfermidade”“Ao abordar enfermidades moi diferentes dende a xenética\, vemos que se utilizan os mesmos marcadores e os mesmos procedementos e atopamos problemas similares que se repiten”. \n\n\n\nAnxo Carracedo\n\n\n\nÁngel María Carracedo Álvarez (Santa Comba\, 1955)\, é  Catedrático de Medicina Legal e experto internacional no campo da xenética.Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela\, acadando a licenciatura en 1978 e o doutoramento en 1982\, ambos con premio extraordinario.Na actualidade é catedrático de Medicina Legal (desde 1989) da USC impartindo clases de Medicina Legal\, Ética Médica e Bioloxía Molecular. É director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) (desde 1999)\, director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (desde 2002)\, Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).Presidente da International Society for Forensic Genetics. Codirector da Unidade de Medicina Molecular Inco Sergas. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal\, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América\, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense.En 2013 ingresou como membro numerario da Real Academia de Farmacia de Galicia. \n\n\n\nPara resumir a súa inxente obra escrita (12 libros\, máis de 600 artigos)\, abonda con dicir que segundo Thomson e Reuters (Web of Knowledge) o Grupo de Medicina Xenómica que dirixe é o primeiro a nivel mundial en citacións na área da Medicina forense e el é o autor con máis artigos\, máis citacións e maior índice H na área. \n\n\n\nAlgúns do múltiples recoñecementos cos que foi distinguido son: \n\n\n\n\nDoutor honoris causa polas universidade do Minho e a de Cantabria.\n\n\n\nMedalla Castelao (2009)\n\n\n\nPremio Rei Jaume I á Investigación Médica 2010\n\n\n\nMedalla Galien (coñecida como o Premio Nobel do Medicamento)\, 2011\n\n\n\nMedalla de Galicia 2011\n\n\n\nPremio Fernández Latorre 2011\n\n\n\nMedalla Adelaida (o premio máis relevante en medicina forense) 2012\n\n\n\nPremio Nacional de Xenética na súa modalidade aplicada 2015\n\n\n\nPremio Lois Peña Novo 2019\n\n\n\nPremio Otero Pedrayo\, Prismas de divulgación\, Premio Galicia de Investigación\, Premio Novoa Santos\, etc.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/medicina-personalizada
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-11-04-Carracedo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241105T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241105T210000
DTSTAMP:20241022T112015Z
CREATED:20241018T100923Z
LAST-MODIFIED:20241022T112015Z
UID:3934-1730835000-1730840400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro\, A cantiga da burata
DESCRIPTION:O martes 5 de novembro\, ás 19.30\, o Ateneo Atlántico prácese en presentar o último libro de Miguel Anxo Murado que leva por título A cantiga da Burata. No acto\, que terá lugar na biblioteca da EMAO\, o autor conversará con Xabier Paz e Xesús Alonso Montero; a presentación correrá a cargo de Laura Caveiro. \n\n\n\n\n\n\n\nA cantiga da Burata\n\n\n\n“Unha prosa que atranca a lectura automática e provoca distanciamento e gozo estético reflexivo. Non se trata de pasar o tempo cunha trama entretida\, senón de reparar no xogo proposto\, irónico\, simulador quer da linguaxe quer dos tópicos xornalísticos e académicos. Non importa descoñecer algúns termos\, a lectura non é un exame; é un xogo instrutivo\, un quefacer gozoso.[…] Texto dobremente lugués\, cun Lugo protagonista máis do que paisaxe\, que acolle o pasado glorioso de muralla e cantigas medievais\, e a contemporaneidade académica\, xornalística e política. Lugués tamén pola converxencia coa escrita do grande Ánxel Fole non no neorruralismo\, senon no vigoroso estilo persuasivo e o afán común de resgatar un galego enxebre e literario ao tempo\, aquí de rexistro culto\, con achega da dimensión científica“.(Texto escrito por Xabier Paz para a ficha do libro en Medulia Editorial; lembramos que Xabier Paz participará no acto de presentación do libro). \n\n\n\nMiguel Anxo Murado\n\n\n\nMiguel Anxo Murado García (Lugo\, 1945)\, é un científico e biólogo galego.Fixo o doutoramente en Ciencias Biolóxicas na Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre a degradación de insecticidas no chan.Traballou como profesor do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela\, e como profesor de investigación do CSIC en Madrid.En 1978 instálase en Vigo para traballar no\, daquela\, Instituto de Investigaciones Pesqueras\, laboratorio costeiro dependente do Barcelona; en 1978\, o Instituto independízase e adopta o mesmo nome oficial; Murado foi o seu director entre 1983 e 1987; durante o seu mandado\, en 1986\, a institución muda o seu nome polo actual de Instituto de Investigacións Mariñas. Posteriormente\, entre 1990 e 1994\, exerceu como vicedirector.É membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas e os seus artigos adoitan ser citados en Science Citation Index (SCI).Entre a súa produción científica destaca o libro A contaminación en Galicia (Akal\, 1975)\, ou a participación en obras colectivas como Ecología y política en España\, 1978 e Contaminación del medio por plaguicidas organoclorados. 1977.A cantiga da Burata é súa primeira incursión no mundo da narrativa.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-a-cantiga-da-burata
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-11-05-PresentacionMurado.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241106T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241106T203000
DTSTAMP:20241018T090537Z
CREATED:20241004T161835Z
LAST-MODIFIED:20241018T090537Z
UID:3681-1730917800-1730925000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Novembro
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de outubro (xuntanza o 6 de novembro\, ás 18.30 horas\, no local do Ateneo)\, é Estado de Malestar\, da escritora noruega Nina Lykke. \n\n\n\n\n\n\n\nNina Lykke\n\n\n\nNina Lykke (Trondheim\, 1965) é unha das escritoras noruegas máis destacadas da actualidade. O seu debut literario tivo lugar en 2010\, co libro de relatos Orgien\, og andre fortellinger (Orxía e outras historias). Gatopardo publicou as súas novelas No y mil veces no (2021)\, que gañou o Premio da Crítica Xove de Noruega\, e este Estado de malestar (2020)\, que lle valeu o Premio Brage\, o galardón literario máis importante do seu país. Os seus libros foron traducidos a dezanove linguas. \n\n\n\nO libro\n\n\n\nGalardoada co Brage Prize 2019\, o galardón literario máis importante de Noruega\, esta novela consolidou a Nina Lykke como unha das grandes escritoras do seu país grazas á ironía coa que critica o suposto paraíso dos países nórdicos. Estado de malestar é unha divertida sátira da insoportable lixeireza da clase media xurdida á calor do estado do benestar\, vista por unha muller privilexiada que vive nun dos países máis ricos do mundo e\, porén\, sempre está ao bordo dunha crise nerviosa.Elin é unha doutora moi profesional e competente\, pero está cansa de ser boa\, de ser unha muller e nai exemplar\, de atender a pacientes que se diagnostican en Google e buscan curas para enfermidades imaxinarias. Ela bebe case unha botella do viño máis caro ao día e ve series de televisión\, mentres o seu marido Axel apúntase a unha carreira de esquí tras outra. Ata que un día\, por equivocación\, Elin envía unha solicitude de amizade a Bjørn\, o seu mozo desde a súa mocidade\, poñendo todo patas para arriba. Acurralada polos seus dilemas\, Elin sae da súa casa e múdase a vivir no seu despacho. Sabe que nalgún momento terá que saír da súa madriguera e enfrontarse á realidade\, pero alí permanece nunha especie de estado catatónico. Desde un recuncho desafíaa o esqueleto de plástico Tore\, unha voz en off mordaz e sarcástica que sinala as verdades que non se atreve a recoñecer.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-novembro-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-11-06-ClubLecturaEstadoMalestar.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241107T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241107T200000
DTSTAMP:20241029T180347Z
CREATED:20241023T155159Z
LAST-MODIFIED:20241029T180347Z
UID:3950-1731004200-1731009600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A profundidade esencial da terra
DESCRIPTION:Con motivo do centenario do Surrealismo\, o Ateneo Atlántico organiza unha visita guiada á exposición “A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia\, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta“\, da man do comisario da exposición\, Xosé Carlos L. Bernárdez. Será no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)\, ás 18.30 horas do xoves 7 de novembro. \n\n\n\n\n\n\n\nA exposición desenvólvese na galería B3 (1º andar) do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) entre o 27 setembro de 2024 e o 5 xaneiro de 2025\, e está comisariada por Carlos López Bernárdez\, que será quen actuará de anfitrión na nosa visita. \n\n\n\nNeste VÍDEO podedes ver un percorrido-presentación da exposición que realiza o propio comisario\, Carlos Bernárdez. \n\n\n\n“A profundidade esencial da terra quere referenciar un momento da obra de Benjamín Palencia e Manuel Colmeiro nos anos trinta do pasado século\, con ambos os artistas inseridos en prácticas modernizadoras e preocupados pola captación do universo antropolóxico desde unha perspectiva reivindicadora das súas esencias ancestrais. Coinciden na atracción polas culturas que na época eran denominadas “primitivas”\, polo popular e pola fascinación etnográfica que se detecta nestes anos… \n\n\n\nPalencia e Colmeiro partillan preocupacións\, puntos e procesos de evolución con certasanaloxías\, dentro dunhas propostas creativas fortemente persoais. Viven o seu tempo\, enxeral\, como unha realidade convulsa e esta percepción vai acompañada dun esforzoactualizador das súas linguaxes plásticas\, ligado ao contexto internacional\, co surrealismocomo un pano de fondo singular... \n\n\n\nCarlos López Bernárdez é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.Entre os seus libros destacan Breve historia da arte galega (2005)\, Maruja Mallo\, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento\, 2016); Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento\, 2018); Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Laiovento\, 2020) e Unha historia da arte galega (Laiovento\, 2023).Na actualidade desenvolve a crítica de arte no Faro da Cultura do Faro de Vigo e en Sermos\, suplemento de Nós Diario. \n\n\n\nOs textos pertecen ao catálogo de man da exposición\, que pode consultarse íntegro no enlace.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-profundidade-esencial-da-terra
LOCATION:Marco\, Rúa do Príncipe\, 54\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:arte,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-11-07-ExpoPalenciaColmeiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241112T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241112T210000
DTSTAMP:20241029T183154Z
CREATED:20241029T183026Z
LAST-MODIFIED:20241029T183154Z
UID:4019-1731439800-1731445200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro\, Albino Prada
DESCRIPTION:O martes 12 de novembro\, ás 19.30 horas\, e na biblioteca da EMAO\, Albino Prada presenta con nós o seu último libro\, Galicia\, Un país desnortado e minguante\, editado pola Universidade de Vigo. Estarán co autor Manuel V. Sola (periodista económico) e Jorge Luís Bueno (profesor universitario); a presentación do acto correrá a cargo de Luísa Abad. \n\n\n\n\n\n\n\nAlbino Prada é doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991\, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo\, foi membro do Consello Galego de Estatística\, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega. Editor dos Documentos do Foro Económico de Galicia (2014-2018). Entre 2006-2018 foi columnista habitual de La Voz de Galicia; colabora en medios como Luzes\, Sin Permiso\, Nós Diario ou Tempos Novos. É membro do Consello Científico de Attac España. \n\n\n\nManuel Váquez Sola (Vigo\, 1963) é director da axencia e consultora de comunicación Punto GA Comunicación. Entre 1986-2008 traballou como xornalista en Radio Noroeste\, Radio España\, Atlántico Diario\, Xornal Diario (xefe da sección de Local Pontevedra)\, Diario 16 (sección de Economía)\, La Voz de Galicia (delegado en Vigo e corresndende de Economía) e El País (redactor de Economía). Especialidade en xornalismo económico. Autor do libro El triángulo gallego (1997)\, membro da directiva de Dircom Galicia\,  fundador do extinguido Sindicato da Información de Galicia en 1992 e vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2006-8). Dende finais de 2008 adícase á comunicación corporativa de empresas e institucións. Foi director de Comunicación de Caixa Galicia\, de Novacaixagalicia\, de Evo Banco e de Novagalicia Banco.  \n\n\n\nJorge Luis Bueno é licenciado en Filoloxía Inglesa na Universidade de Oviedo\, comezou traballando nela ata mudarse a Vigo. É profesor de Inglés medio e Inglés antigo na Universidade de Vigo\, e a súa especialidade é a literatura inglesa medieval e do Renacemento. \n\n\n\nGalicia: Un país desnortado e minguante\n\n\n\n“Galicia entre 1990 e 2020 non se moveu dos dous millóns setecentos mil habitantes\, cando tería que ter chegado aos tres millóns de seguir a tendencia media europea. A nosa poboación entre 16 e 34 anos pasou de 750.000 mozas e mozos en 2002 a 470.000 en 2023\, unha caída que vai camiño da metade en vinte anos\, mentres no conxunto do Reino de España ese colectivo é mesmo estable.Velaí dous síntomas de que vivimos nun país minguante. Síntomas de que na produción de riqueza\, no emprego ou nas rendas da maior parte da poboación transitamos por baixo das sociedade da nosa contorna española ou europea. E todo isto sucede por causa de andar desnortados. Porque en recursos naturais\, en potencial laboral\, en sectores concretos demostramos que de non atopar obstáculos temos recursos para reverter aquela situación.Neste ensaio revísanse moitos deses obstáculos ( de infraestructuras\, institucionais\, financeiros\, tecnolóxicos\, ambientais de capital e benestar sociai…) e propóñense alternativas para definir unha folla de ruta cun norte preciso: favorecer un maior desenvolvemento soical e deixar de ser un país minguante“.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presetancion-libro-albino-prada
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-11-12-Presenta-Albino-Prada.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241113T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241113T210000
DTSTAMP:20241112T101430Z
CREATED:20241108T120724Z
LAST-MODIFIED:20241112T101430Z
UID:4047-1731526200-1731531600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo\, No Other Land
DESCRIPTION:Xa estamos de volta coas actividades de Cinema. E queremos empezar cunha película que xira arredor da inxustiza de Palestina. Despois de moito buscar coidamos que ao final demos cun bo título No Other Land\, un documental premiado en Berlín que será estrea en Vigo. A proxección terá lugar o mércores 13 de novembro\, ás 19.30 horas\, nos multicines Norte. Para este acto contamos coa colaboración dos propios cines Norte e de Filmin.Para esta ocasión contamos coa presenza de Sami Ashour (Gaza\, 1976); doutor en Economía\, vicerreitoría de Política Científica da Universidade de Santiago\, presidente da Asociación Galicia-Palestina\, Cofundador de Docentes por Palestina. \n\n\n\n\n\n\n\nO documental máis relevante do ano e un gran favorito para a carreira dos Óscar. Un acto de resistencia creativa na procura da xustiza para o conflito israelo-palestino. Afonda nun conflito histórico que está a vivir o seu peor momento nun filme que ten capas\, humanidade e toda a esperanza que se pode ter nestes momentos.Na última edición do festival de Berlín (2024) alzouse co premio ao Mejor documental (Berlinale Doc Award) e\, na Sección Panorama\, co Premio do público a película documental. \n\n\n\nArgumento\n\n\n\nBasilea Adra\, un novo activista palestino de Masafer Yatta\, Cisxordania\, loitou desde a súa infancia contra a expulsión masiva da súa comunidade polas autoridades israelís. A película documenta a erradicación a cámara lenta de aldeas na súa rexión natal\, onde os soldados despregados polo goberno israelí demolen gradualmente as casas e expulsan os seus habitantes. Nun momento dado\, coñece a Yuval\, un xornalista israelí\, que o apoia nos seus esforzos. \n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nTítulo orixinal No Other Land\n\n\n\nAno 2024\n\n\n\nDuración 95 min.\n\n\n\nPaís  Palestina\n\n\n\nDirección: Basel Adra\,Hamdan Ballal\,Yuval Abraham\,Rachel Szor\n\n\n\nDocumental\n\n\n\nCoproducción Palestina-Noruega: Yabayay Media e Antipode Films
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-no-other-land
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/11/2024-11-13-CineNo-Other-Land.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241114T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241114T210000
DTSTAMP:20241105T184536Z
CREATED:20241105T184533Z
LAST-MODIFIED:20241105T184536Z
UID:4036-1731612600-1731618000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro-disco Fremosas
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar en Vigo o libro-disco Fremosas\, de Barahúnda. No acto contaremos coa presenza de Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro (Barahúnda) que\, ademais de presentar a súa obra interpretarán algunhas das cacións do disco.Será o xoves 14 de novembro\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n2024-11-14 Presentción Fremosas\n\n\n\n“Fremosas” é o novo traballo de Barahúnda. Sendo o quinto da nosa carreira\, e o primeiro ao que non podemos chamar «disco» xa que este non existe fisicamente como tal\, senón como un artefacto musical\, literario e divulgativo.Fremosas é algo máis que un libro que contén un disco. É o resultado de miles de horas de traballo\, dúbidas e incertezas motivadas por unha pandemia que o condicionou todo e que se plasman finalmente nun libro (publicado por Editorial Toxosoutos) que á súa vez contén unha colección de 12 cantigas galego-portuguesas musicadas por nós e accesibles a través de senllos códigos Qr.Pero é sobre todo o froito do amor á música\, á poesía\, á Historia e ás historias: as nosas\, as de calquera de nós\, pasadas ou coetáneas que tanto se parecen. A nosa intención foi\, desde o principio\, a divulgación. Dar a coñecer este tesouro que é a tradición cultural dos pobos. Desde a máis popular ata a dunha cantiga de amigo do século XIII\, recollida nunha biblioteca e é\, tamén\, unha reflexión sobre a pegada feminina na lírica medieval. \n\n\n\nO noso desexo é o de que un público non especializado descubra o seu legado -no caso que nos ocupa fermosos versos de setecentos ou oitocentos anos de antigüidade que un día foron cancións- aínda non sendo asiduos dos grandes auditorios ou dos ciclos de concertos de música antiga (algo que\, doutra banda\, recomendamos sinceramente). Repito: O seu legado\, o de todas nós. A herdanza cultural que nos corresponde en canto humanos. \n\n\n\nEn Fremosas convidamos a escribir acerca de todo isto a un conxunto de especialistas: historiadoras\, poetas\, musicólogos\, artistas etc. (Aurora Marco\, Domingos Morais\, José Luís do Pico Orjais\, Txema Mawenya\, José Luis Sanz García-Ochoa e Xesús Santos) que uniron os seus textos cos nosos –Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro– e coas cantigas que levamos musicando desde 1998 ata a actualidade.Pero Fremosas é primeiro de nada: MÚSICA. CANCIÓNS. \n\n\n\nComo álbum\, foi composto\, arranxado e gravado por nós\, no noso estudo Abuin Road * entre a primavera de 2020 e finais de 2022. Exceptuando: As percusións\, que foron gravadas por Txema Mawenya no seu estudo de Asturias\, Ca’Mawenya\, por mor do pasado confinamento; un rajão de José Luís do Pico Orjais que\, polo mesmo motivo gravou na súa casa; unha das viólas da gamba de Xurxo Varela\, gravada en O Porto e o piano de Margarita Viso Soto que gravamos no Auditorio de Rianxo. Todas estas partes foron mesturadas e masterizadas posteriormente por nós en Abuin Road.Fremosas (o Álbum) habita na páxina web que creou Nacho de Alfonso no seu estudo de Pontevedra. \n\n\n\n*As percusións de Que leda\, O anel do meu amigo e Triste and’eu velida foron gravadas anteriormente na Pousada dá Galiza Imaxinaria de Boiro por Ángel Ramallo\, así como o baixo eléctrico de Que leda\, que gravou no seu momento José Luis Sanz en Madrid. Todo iso foi remezclado e remasterizado para este traballo por nós. \n\n\n\n Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro\, Barahúnda
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-disco-fremosas
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/11/2024-11-14-PresentaFremosas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241119T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241119T210000
DTSTAMP:20241112T102359Z
CREATED:20241029T183959Z
LAST-MODIFIED:20241112T102359Z
UID:4024-1732044600-1732050000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A sanidade que non ama as mulleres
DESCRIPTION:Para conmemorar o 25N este ano sentámonos para conversar arredor dun tema tan suxerente como “A sanidade que non ama as mulleres”. Será o martes 19 de novembro\, a partir das 19.30 horas\, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2). No acto participarán Carme Adán (Directora do Centro de Documentación en igualdade e feminismo do Consello da Cultura Galega)\, Sabela Landín (Presidenta da Asociación de afectados do Essure de Galicia) e Chis Oliveira (Doutora en Educación afectivo-sexual). \n\n\n\n\n\n\n\nNo Ateneo Atlántico propoñemos un debate sobre o nesgo de xénero na investigación científica e\, nomeadamente\, na medicina\, que considera a masculina como única medida de diagnóstico\, de análise e de tratamento\, fixando ideas erróneas\, discriminatorias e perigosas para a saúde das mulleres. \n\n\n\nO caso do anticonceptivo “Essure” (Bayer) deixa un elevado número de vítimas rexistradas no noso país con eivas definitivas e limitantes para as súas vidas. Na medicina específica para as mulleres danse casos de violencia obstétrica  sen verdadeira xustificación médica ou o subministro de medicación innecesaria. \n\n\n\nCarme Adán Villamarín. Consello da Cultura Galega\n\n\n\nDoutora en Filosofía\, ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego e entre 2007-2009 foi presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. Publicou Feminismo e coñecemento (Espiral Maior\, 2003)\, traducida ao castelán en Espiral Maior (2006)\, e en 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividade periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia.As súas publicacións máis recentes son: “Cyborg”\, en Barbarismos queer e outras esdrújulas (Edicións Bellaterra\, 2017)\, “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?”\, na Revista Andaluza de Antropología (2018) e “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica”\, en Violencia obstétrica (Tecnos\, 2018). En novembro de 2018 publicou Feminicidio. Unha nova orde patrialcal en tempos de submisión na editorial Galaxia\, reimpreso en xaneiro de 2019 e en breve será publicado en castelán por Edicións Bellaterra. Na actualidade exerce como catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo. \n\n\n\nMª Sabela Landín Estévez. Presidenta da Asociación de afectadas do Essure de Galicia\n\n\n\nNacida en Vigo\, na parroquia de Lavadores\, nunha familia traballadora coñecida por parte materna co alcume “Dos Bravos”\, oriúnda de Naia. Estudante de Informática\, graduada no ano 1993\, e adicada ao Análise informático\, así como a docencia e actualización informática do mundo empresarial dende o ano 1997. Traballa como programadora e técnica especialista até o ano 2006\, onde adicase aparte de informática a fiscalidade e contabilidade nunha internacional do sector da hosteleria e lavanderia. Dende o ano 2012\, cambia a tributación realizando as campañas dos impostos no mundo sindical\, para rematar dende o ano 2019 como responsable de diferentes sectores no ámbito educativo\, orientados a colectivos vulnerables.Nai\, e implantada no ano 2012 do dispositivo Essure\, sufre dende aquela os efectos secundarios do devandito implante metálico. No ano 2017 descubre a moitas mulleres afectadas como ela polo mesmo dispositivo da farmacéutica Bayer\, polo que decide xunto a Eva Losada Rodríguez\, unha das súas colegas fundar a Asociación de Afectadas do Essure de Galicia\, en Outubro do 2018.Levaban dende o mes de marzo de aquel 2018 procurando o amparo das institucións. Dende o ano 2015 foi concelleira no Porriño\, do grupo mixto\, polo que dada esta condición preparou unha moción para a consecución dun protocolo en defensa das mulleres afectadas por este dispositivo. Levouse a comisión de sanidade no Parlamento de Galicia\, onde foi recollida a moción\, e chamando a atención dende a Consellería de Sanidade. Despois de múltiples xuntanza\, se aproba o protocolo de extracción segura do Essure no 27 de Novembro do 2018\, cando Sabela xunto a outras mulleres acude a RTVE no informativo territorial para demandar a pouca ou nula atención dende o servicio Xeral da Consellería de Sanidade. Un avance significativo\, pero incumprido a día de hoxe.Sigue atendendo as mulleres afectadas\, procurando a súa atención\, con numerosas queixas por medios oficiais\, e xurídicos\, procurando a recuperación e a saúde das afectadas a nivel autonómico\, e estatal.Dende o mes de maio do 2023 está de Baixa polas secuelas producidas polo dispositivo Essure\, polo que adicase a estudar Dereito na UOC\, a investigación do dano do Essure\, e a terapias para as mulleres.Hoxe falará do resultado de 6 anos de investigación sobre o dano e a violenza obstétrica sufrida nestas 1600 galegas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-sanidade-que-non-ama-as-mulleres
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-11-19-Sanidade-Mulleres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241126T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241126T210000
DTSTAMP:20241124T180332Z
CREATED:20241120T174646Z
LAST-MODIFIED:20241124T180332Z
UID:4062-1732647600-1732654800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Dónde vamos a vivir
DESCRIPTION:O martes 26 de novembro\, o Ateneo Atlántico prácese en presentar o filme documental Dónde vamos a vivir\, Mujeres contra el deshaucio\, de Georgina Cisquella. No acto\, terá lugar a partir das 19 horas na biblioteca da EMAO\, e ademais da directora\, participará Amaia Vilas (Provivienda); actuará como presentadora Elvira Landín. \n\n\n\n\n\n\n\nSeguindo co ciclo de debate sobre dereitos sociais\, o día 26 de novembro \,as 19horas na biblioteca da EMAO centrarémonos no dereito a vivenda\,dende o documental “¿Dónde vamos a vivir? Mujeres contra el deshaucio” de Georgina Cisquella.O documental segue durante tres anos aos movementos sociais que loitan polo dereito a unha vivenda digna e denuncian as graves consecuencias da crise hipotecaria\, o aumento abusivo dos alugueiros\, o control do mercado por parte dos fondos voitre e a falta de vivenda públicaOs seus protagonistas son mulleres porque nos desafiuzamentos e nas asembleas veciñais\, as mulleres sempre están en primeira liña. Elas son as máis vulnerables\, pero tamén as máis activistas á hora de defender un teito para a súa familia.Tamén nos acompañá Amaia Vilas\, da Asociación Proviviendas\, para contarnos os problemas de vivenda en Vigo que se atopan no día a día.O acto será presentado\, por parte do Ateneo\, por Elvira Landín. \n\n\n\n\nAno 2024\n\n\n\nDuración 61 min.\n\n\n\nPaís España\n\n\n\nDirección Georgina Cisquella\n\n\n\nGuión Georgina Cisquella\, Rafael Lobo\n\n\n\nFilme documental\n\n\n\nProdución Centuria Films\, La Interferencia\n\n\n\nSinopsePelícula documental que retrata o problema da vivenda en España. Filmada en Madrid ao longo de tres anos\, céntrase no papel que xogan as mulleres para facer fronte aos miles de desafiuzamentos que se producen cada ano. A través dos seus relatos seguen a loita dos movementos sociais que dende hai máis dunha década reclaman o dereito a unha vivenda digna\, e denuncian as graves consecuencias da crise das hipotecas\, o aumento abusivo dos alugueres e o control do mercado por parte de os fondos voitre.\n\n\n\n\nGeorgina Cisquella\n\n\n\nGeorgina Cisquella Passada (Barcelona\, 20 de xuño de 1954) é unha periodista\, guionista e directora de documentais española.Traballou mais de 25 anos en RTVE ata 2009 (entre outros programas\, dirixiu Miradas 2\, La 2 Noticias ou Cámara abierta ).En 1999 participou co Gran Wyoming e con Pere Joan Ventura na dirección e o guión da reportaxe Estou a quitarme\, un documental sobre o mundo da droga. Participou\,tamén\, no guión do documental O efecto Iguazú\, dirixido por Pere Joan Ventura sobre o campamento dos traballadores de Sintel\, que recibiu o Premio á mellor película documental na XVII edición dos Premios Goya.Estrea en 2011 o documental Osíxeno unha reflexión sobre o pasado e o futuro da profesión xornalística​ estreado en 2011 que foi candidato aos Premios Goya.En 2015 participou como coguionista no documental Non estamos sós\, dirixido por Pere Joan Ventura\, un percorrido por diversos activismos.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/donde-vamos-a-vivir
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/11/2024-11-26-DocuGeorginaCisquella.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241127T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241127T210000
DTSTAMP:20241120T175937Z
CREATED:20241120T175934Z
LAST-MODIFIED:20241120T175937Z
UID:4066-1732735800-1732741200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Inês\, aquilo que nos une
DESCRIPTION:O cinemAteneo presenta o filme documental Inês\, aquilo que nos une\, de MJ Pérez.A proxección terá lugar o mércores 27 de novembro\, a partir das 19.30 horas\, no Espazo Ateneo. Xunto con MJ Pérez estará Puri Silva\, que actuará como presentadora. \n\n\n\n\n\n\n\n“”Existe unha figura e unha historia\, case descoñecidas a esta beira do Miño\, que marcou a historia de Portugal varios séculos atrás e que representa un vínculo entre ambos territorios. Ela é Inés de Castro.”Inês\, aquilo que nos une é unha peza audiovisual artística inspirada na figura e na historia de Inés de Castro\, que inclúe unha canción inédita de MJ Perez . \n\n\n\nMJ Pérez\n\n\n\nMJ Pérez é unha das voces do panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula máis de 200 concertos por toda Galicia e tamén Portugal. Suma xa catro álbums\, diversos singles e colaboracións con artistas como CRUA (PT). Estivo presente en festivais e nos principáis circuítos musicais de Galicia. En 2021 recibe o Premio Martín Códax da Música Galega na categoría de Canción de Autor.María José\, nada en Arzúa\, é unha cantante e compositora galega actual. Aprende a tocar a guitarra aos 14 anos e ao pouco tempo compón os seus primeiros temas. Mais non é ata o 2014 que inicia a sua actividade como artista.O punto máis destacable deste momento para a artista foi a súa participación no “I Certame de Canción de Autor en Galego” organizado polo Concello de Teo\, do que foi finalista xunto con outros artistas coma Nastasia Zürcher\, Sofía Espiñeira ou Alba María.O ano 2015 foi un momento de impulso para MJ\, xa que comezou cun novo disco baixo o brazo: “Guerrilleira” do que fixo un concerto especial de adianto en Linda Rama (Coruña) e que sacou á luz oficialmente o 25 de xullo dese mesmo ano. Tamén acada o segundo posto no VII Concurso Musical da Deputación da Coruña (hoxe denominado Premio Narf da Música) xunto con grupos como Bala\, The Trunks ou Jamie Fifthring. \n\n\n\nEn 2017\, MJ continúa complementando a habitual xira de concertos coa participación no mundo da poesía: acompaña a Luisa Abad en diversas presentacións do seu poemario “Limaduras de Prata”.Neste momento\, MJ acaba de presentar o seu terceiro traballo discográfico: “Casandra”\, o seu primeiro álbum de estudio que marca un punto de inflexión na súa traxectoria. Remata o ano como gañadora do Xuventude Crea 2017 na categoría musical. \n\n\n\nCon “Casandra” MJ inicia unha xira longa dende finais do 2017 ata finais do 2019\, ano no que resulta finalista dos Premios Martín Códax da Música na categoría de Canción de Autor/a. A cantautora continúa sumando retos á súa andaina: dá os seus primeiros concertos en Portugal\, comeza a amosar o seu traballo ao outro lado do Miño e por fin consegue facer realidade o desexo de crear o seu primeiro tema en portugués: Vai Embora! \n\n\n\nMJ inicia o 2020 presentando o seu cuarto álbum “A Luz Prendida”\, un disco de 15 temas (o máis longo da autora ata o momento) que marca un claro cambio de rumbo na música da cantautora arzuá\, mantendo a esencia\, mais cunha clara presenza de ritmos latinos e música de raíz. Recibiu o Premio Martín Códax da Música Galega en 2021\, logo de ser finalista no 2019 e no 2020 consecutivamente. Foi no mesmo ano que resultou finalista dos Premios Opinión da Música de Raíz con Vai Embora! como mellor tema orixinal. Tamén foi finalista dos Premios aRi[t]mar ata en 4 ocasións.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ines-aquilo-que-nos-une
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/11/2024-11-27-DocuInesDeCastro.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR