BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241001T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241001T213000
DTSTAMP:20240912T113456Z
CREATED:20240912T110056Z
LAST-MODIFIED:20240912T113456Z
UID:3663-1727809200-1727818200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Homenaxe Mª Xosé Porteiro
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo ten o pracer e a honra de de anunciar o acto de recoñecemento a María Xosé Porteiro como Socia de Honra do Ateneo. Terá lugar o martes 1 de outubro de 2024\, ás 19 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nO Ateneo Atlántico ten instaurado un acto anual de recoñecemento a un persoeiro da sociedade galega.Se en anos anteriores o nomeamento de ‘Soci@ de Honra’ recaía en personaxes tan dispares como Xosé Manuel Beiras ou Elvira Landín\, nesta ocasión\, e por unanimidade\, a Xunta Directiva optou pola figura de María Xosé Porteiro.  \n\n\n\nNo acto\, que se celebrará o martes 1 de outubro\, ás 19 horas na biblioteca de EMAO intervirán destacadas compañeiras e compañeiros de María Xosé\, figuras da talla de Víctor Freixanes\, Amada Traba\, Manolo Bragado\, LLerena Perozo e Alberto Avendaño. O toque musical correrá a cargo do artista cubano Raynier Aldana. Ao final do acto compartiremos un viño galego de confraternización. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nMaría Xosé Porteiro\n\n\n\nMaría Xosé Porteiro García (Madrid\, 1952). Xornalista\, política e escritora galega de narrativa e ensaio.Na súa traxectoria vital pasou parte da súa infancia en Cuba para regresar coa súa familia e instalarse definitivamente en Vigo. É Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.Como xornalista traballou en La Voz de Vigo\, no xornal El Pueblo Gallego e en Radio Popular de Vigo. Na actualidade colabora con xornais como La Voz de Galicia\, El País\, The Washington Post ou Tribuna Feminista. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo. \n\n\n\nConcelleira polo PSdeG en Vigo\, foi tenente de alcalde e primeira concelleira de igualdade; Deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados\, Delegada da Xunta de Galicia na Arxentina\, Membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa.Na actualidade é adxunta á Valedora do Pobo galego. \n\n\n\nÉ socia fundadora do Ateneo Atlántico no que participou activamente durante o seu período na Xunta Directiva; é colaboradora do Centro de Documentación de Recursos Feministas de Vigo. \n\n\n\nAo longo da súa traxectoria recebeu numerosos recoñecementos entre os que podemos destacar a Orde do Mérito Civil (Goberno de España 2009) “por su contribución a la política exterior de España”\, o Premio Primero de Mayo ao Compromiso Social e a Solidaridade (CCOO 2019)\, ou o ​Premio de Igualdade Ernestina Otero (Concello de Vigo 2020) en recoñecemento ao seu labor e traxectoria. \n\n\n\nEntre a súa produción literaria cómpre destacar Covardes (2001\, Ir Indo)\, Sándalo (2019\, Galaxia)\, Buscando a Clara (colección Historias para coñecermos Vigo\, 2019\, Elvira) ou a súa última novela\, Tabiba (2023\, Elvira).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/homenaxe-ma-xose-porteiro
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/09/2024-10-01-MXPorteiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241002T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241002T203000
DTSTAMP:20240616T104206Z
CREATED:20240616T104200Z
LAST-MODIFIED:20240616T104206Z
UID:3630-1727893800-1727901000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Outubro
DESCRIPTION:O Club de lectura do Ateneo Atlántico\, e en lugar do habitual\, que é un libro\, selecciona como temática de lectura para este verán a un autor: Paul Auster. En concreto ponse como deberes para o verán a lectura de dous dos libros de Auster traducidos ao galego: Un home na escuridade (lectura principal) e Brooklyb Follies (lectura complementaria)\, ambos editados por Galaxia.A xuntanza terá lugar o mércores 2 de outubro\, ás 18.30 horas no local do Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nPaul Auster\n\n\n\nNova Jersey\, 1947 – Nova York\, 2024\, é un dos máis prestixiosos escritores norteamericanos actuais. Autor de novelas\, ensaios\, poesía\, guións e películas de cine\, a súa obra é lida en todo o mundo. Entre as súas novelas máis coñecidas pódense citar a Triloxía de Nova York (1985-86)\, Moon Palace (1989)\, Leviathan (1992)\, Mr Vertigo (1994)\, The Book of Ilusions (2002)\, Brooklyn Follies (2006)\, Viaxes no scriptorium (2007)\, o guión da película A vida interior de Martin Frost (2007)\, Un home na escuridade (2008)\, Invisible (2009) e Sunset Park (2010)\, estes seis últimos títulos publicados en galego por Galaxia\, que desde 2006 edita a obra de Auster en Galicia. En 2006 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras. (Da ficha do autor na editorial Galaxia). \n\n\n\nUn home na escuridade\n\n\n\nA nova novela de Paul Auster (2008) enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha trama que conxuga a historia de August Brill\, un crítico literario retirado que padece insomnio\, coa duns Estados Unidos sumidos nunha nova guerra civil.August Brill recupérase dun accidente de coche. Deitado na cama\, cóntase a si mesmo historias para tentar escorrentar lembranzas desagradables: a re­cente morte da súa muller\, o arrepiante asasinato do mozo da súa neta. Aos seus setenta e dous anos\, este crítico literario retirado imaxina un mundo sen guerra no Iraq e coas Torres Xe­melgas en pé\, mentres\, como consecuencia das eleccións do ano 2000\, algúns estados dos EUA comezan unha guerra entre si. (Da ficha do libro na Editorial Galaxia) \n\n\n\nBrooklyn Follies\n\n\n\nO autor da Triloxía de Nova York\, galardoado en 2006 co Premio Príncipe de Asturias das Letras\, sorprende outra volta cunha novela na que conxuga brillantez\, humor e axilidade narrativa.Algúns dos grandes mitos da cultura norteamericana\, entre eles a liberdade de escoller o propio destino e a capacidade para xurdir logo do fracaso\, constitúen o pano de fondo desta novela na que Auster artella a narración arredor dun mangado de personaxes trazados dun xeito extraordinariamente vívido e veraz.Brooklyn Follies é unha novela chea de sopresas\, na que a carón da cidade de Nova York aparecen os Estados Unidos do fanatismo relixioso e o mundo idílico da sociedade rural como dúas caras da mesma moeda.Coma no resto da súa obra\, Auster xoga coas referencias literarias e co valor da literatura para redimir as persoas. Natham Glass\, o protagonista\, non só atopa en Brooklyn un refuxio\, alí volve a atopar o que daba por perdido: a emoción da amizade\, a emoción do amor e a capacidade de reinventarse a si mesmo.Unha novela que explora as encrucilladas da vida\, os puntos de inflexión nos que aínda é posible recuperar a liberdade e desmentir o destino.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-outubro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/06/2024-10-02-ClubLecturaPaulAuster.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241008T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241008T210000
DTSTAMP:20240920T172134Z
CREATED:20240920T172128Z
LAST-MODIFIED:20240920T172134Z
UID:3669-1728415800-1728421200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro Serafín Parcero
DESCRIPTION:O martes 8 de outubro\, ás 19.30 horas presentamos o libro As tres vidas e as catro mortes de Roberto Seoane (Medulia Editorial)\, de Serafín Parcero. Será na biblioteca da EMAO e ao longo do acto\, o autor\, Serafín Parcero\, dialogará con Xulio Abalde. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nA vida que vivimos vén sendo\, imos chamarlle así\, a vida orgánica. É a vida dos órganos que laten\, dos pulmóns que respiran\, dos intestinos que traballan\, das células que envellecen. A vida do pelo que medra con certo sentido\, ata o día que decide desaparecer de onde debería lucir para medrar nos sitios máis insospeitados. É a vida das uñas que non paran de medrar\, hai quen di que medran ata despois de mortos… Non é certo\, pero moita xente pensa que así é. Tamén a vida das nosas sensacións e dos nosos sentimentos. Da nosa conciencia e da conciencia do noso. Os sucesos\, os acontecementos que van forxando a nosa historia e o noso carácter\, o noso futuro. A infancia\, a escola\, a xuventude e os primeiros amoríos\, o traballo\, o éxito ou o fracaso. A familia\, o home ou a muller e os fillos. A saúde e a enfermade\, e\, ao final\, a morte que a todos iguala.(Da ficha do libro na editorial Medulia) \n\n\n\nO autor\n\n\n\nSerafín Parcero (Moaña\, 1955) é mestre xubilado. De novo cultivou a poesía social. Influído pola súa profesión\, comezou a escribir contos e teatro para nenos\, iniciándose no ámbito do microrrelato no ano 2000; varios dos seus textos recibiron diversos premios.Publicou Ollos de cinsa (Concello de Bueu\, 2009)\, Insulae Deourum (Edición do autor\, 2017). Viúvas de vivos e de mortos (Tandaia\, Do peirao\, 2019). As illas dos deuses (Xerais\, 2021\, versió revisada de Insulae Deourum) e esta As tres vidas e as catro mortes de Roberto Seoane (Medulia\, 2024).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-serafin-parcero
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/09/2024-10-08-LibroSerafinParcero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241015T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241015T210000
DTSTAMP:20241012T165157Z
CREATED:20241010T160617Z
LAST-MODIFIED:20241012T165157Z
UID:3688-1729020600-1729026000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O tesouro da toponimia galega
DESCRIPTION:O martes 15 de outubro\, na biblioteca da EMAO\, a partir das 19.30 horas\, Gonzalo Navaza falará con nós sobre toponimia galega. O acto será presentado por X. Carlos L. Bernárdez. \n\n\n\n\n\n\n\nGonzalo Navaza\n\n\n\nGonzalo Navaza Blanco (Lalín\, 1957)\, é un escritor galego\, tradutor\, estudoso da toponimia\, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo.No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente. En 2021 foi escollido académico de número da RAG\, ingresando o 5 de novembro de 2022 coa lectura do discurso Nomes de persoa na toponimia de Lalín\, respondido por Antón Santamarina. Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego de Edicións Xerais de Galicia no ano 1988\, chegando a crear o máis vendido da historia do galego\, O pequeno Xerais.O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de Fitotoponimia galega\, un voluminoso volume editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica (AGOn)\, onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais e na Comisión de Toponimia\, encargada oficialmente pola Xunta de Galicia de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente\, impartiu cursos de galego para emigrantes en Basilea e de lingua e literatura galegas en Salvador na Universidade Federal da Bahia (Brasil).Entre a súa produción literaria\, e ademais de ensaios\, traducións e obras colectivas\, podemos destacar os poemarios Fábrica Íntima (Galaxia\, 1991) ou Libra (Galaxia\, 2000)\, a obra infantil Fábulas contadas (Xerais\, 2020)\, e\, especialmente\, o libro de relatos Erros e Tánatos (Xerais\, 1996)\, que en pouco tempo se convertiría nun clásico da literatura galega actual.Ao longo da súa carreira foi recoñecido con numeros premios e distincións\, entre os que podemos citar o II Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (1991) por Fábrica íntima\, o Premio da Crítica Española (1991)\, por Fábrica íntima\, Premio Arcebispo San Clemente na categoría de novela en lingua galega (1998) por Erros e Tánatos\, Premio Martín Codax (2000)\, por Libra\, Premio da Crítica Española (2000)\, por Libra\, Premio de Investigación Losada Diéguez (2007) por Fitotoponimia galega. Premio Lois Peña Novo (2008)\, por Toponimia de Catoira\, Premio da AELG á mellor tradución (2008)\, por As flores do mal. etc.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-tesouro-da-toponimia-galega
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-15-ToponimiaNavaza.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241016T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241016T210000
DTSTAMP:20241014T161557Z
CREATED:20241010T161526Z
LAST-MODIFIED:20241014T161557Z
UID:3692-1729107000-1729112400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O impacto do proxecto Altri
DESCRIPTION:Co título O proxecto Altri e o seu impacto sobre A Ulloa\, o río Ulla e a ría de Arousa\, O Ateneo Atlántico\, en colaboración coa Plataforma para a defensa da ría de Arousa\, a Plataforma Ulloa Viva\, e Verdegaia\, organiza un acto informativo sobre as consecuencias medioambientais da construción dunha megafactoría na serra de Caerón\, en Lugo\, por parte da empresa Altri. \n\n\n\n\n\n\n\nA partir da xénese da celulosa de ENCE na ría de Pontevedra\, e da análise dos efectos económicos e medioambientais que tivo en toda a comarca\, os poñentes tentarán demostrar como este tipo de industrias estragan o medio e supoñen beneficios\, unicamente\, para as empresas. \n\n\n\nNo acto\, que terá lugar na sede do Ateneo (Doutor Cadaval 17) o mércores 16 de outubro ás 19.30 horas\, participarán o biológo Xurxo Mouriño\, da plataforma Ulloa Viva\, e o tamén biólogo Antón Masa en representación da Plataforma para a defensa da ría de Arousa.Presenta\, por parte do Ateneo\, Amada Traba. \n\n\n\nEnlace ao vídeo Altri: a sede insostible \n\n\n\nAntón Masa Vázquez\n\n\n\nLicenciado en bioloxía pola USC. Traballo na Misión Biolóxica de Galicia e no ano 1987 participou na fundación da Asociación Pola Defensa da Ría\, organización que pasou a presidir en 1997. \n\n\n\nXurxo Mouriño Lourido\n\n\n\nBiólogo\, membro de Verdegaia e da plataforma Ulloa Viva. Formado en xestión cinexética\, e avaliación de impacto ambiental. Autor de numerosas publicacións en artigos e libros\, principalmente nos campos da ornitoloxía\, botánica e especies exóticas invasoras.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/acto-informativo-sobre-altri
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-16-PAltri.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241017T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241017T210000
DTSTAMP:20241010T164908Z
CREATED:20241010T164905Z
LAST-MODIFIED:20241010T164908Z
UID:3696-1729193400-1729198800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Blues da Florida
DESCRIPTION:O vindeiro 17 de outubro\, xoves\, o o noso amigo ateneísta José G. Barral (Chiño)\, presenta con nós o seu último libro: Blues da Florida. O acto terá lugar na Casa do Libro (rúa Velázquez Moreno) a partir das 19.30 horas e o autor estará acompañado polo xornalista Fernando Franco. \n\n\n\n\n\n\n\nJosé G. Barral\n\n\n\nChiño\, Vigo\, 1959. Estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade compostelá\, opositou a mestre de Educación Infantil e logo cambiou o seu desempeño profesional na escola pública cara á orientación educativa.Comezou no mundo da escrita con textos centrados na educación\, sendo o responsable do volume sobre Educación Infantil nos Cadernos para a Reforma (Xerais\, 1990). Colaborou con regularidade na revista Trabajadores de la Enseñanza.No seu primeiro libro Por catro perras  (Cardeñoso\, 2007)\, facía un delicioso percorrido polas tascas e as tabernas máis tradicionais da cidade de Vigo.En Último peaje (2011\, edición do autor)\, a súa primeira obra de narrativa\, a acción transcorre a cabalo da Compostela dos anos setenta e o Vigo de comezos do século XXI.En 2021 gañou o Premio de Novela Camiño de Santiago coa obra Cruzados polo Camiño (Galaxia\, 2023)\, “un relato que entretece a arte\, o ocultismo e a figura do apóstolo nunha desenfreada carreira contra as conxuras e o tempo”. \n\n\n\nBlues da Florida\n\n\n\nCorría o ano 1968 cando o mundo pegou un estoupido. As placas tectónicas da historia chocaron cunha intensidade imprevista\, producíndose unha concentración de acontecementos excepcionais: algueiradas universitarias en Francia\, ocupación de Praga polos carros soviéticos\, asasinatos de Martin Luther King e de Robert Kennedy nos Estados Unidos\, sanguenta represión en México do movemento de protesta estudantil\, irrupción do Black Power nas olimpíadas\, agravamento da guerra de Vietnam… Malia que os movementos que sacudiron o mundo chegaban como resonancias alleas ao noso país\, aquí foron abrollando feitos e episodios que anunciaban ventos de cambio e liberdade. Os estudantes universitarios galegos tamén se revelaron contra as autoridades académicas\, o movemento obreiro tentaba rachar as estreiteces do Réxime con mobilizacións contundentes\, as expresións artísticas mostraban o seu pulo\, comezando a sobresaír unha pléiade de novos escritores e pintores galegos.A cidade olívica axitouse nunha fase particularmente intensa do seu rexo crecemento económico. Esta novela instálase nesa época\, levantando costuras e entreforros do poder\, indagando nas bambolinas que protagonizaron os axentes económicos\, mergullándose nas liortas de grupos enfrontados. A controvertible decisión da eliminación dos tranvías abriu unha profunda fenda na vida cotiá e dividiu á sociedade viguesa\, deixando unha cicatriz que aínda mostra as costuras medio século despois.  (Texto da ficha do libro en Medulia Editorial)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-blues-da-florida
LOCATION:Casa do Libro\, Rúa Velázquez Moreno\, 27\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-17-LibroChinho.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241022T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241022T210000
DTSTAMP:20241018T090443Z
CREATED:20241017T103456Z
LAST-MODIFIED:20241018T090443Z
UID:3723-1729623600-1729630800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O dereito á sanidade
DESCRIPTION:Mesa redonda arredor do deterioro da sanidade pública en Galicia e proxección do documental “DEP Destruír era o plan”. Martes 22 de outubro\, na EMAO\, a partir das 19.30. \n\n\n\n\n\n\n\nO Ateneo Atlántico\, en colaboración con SOS Sanidade Pública organiza este acto para salientar o proceso de deterioro da sanidade pública en Galicia. \n\n\n\nNo acto participa Isa Rey\, realizadora do documental DEP\, Manuel Martín\, voceiro en Galicia de SOS Sanidade\, Manuel G. Moreiras\, voceiro en Vigo de SOS Sanidade\, e Jesús Araújo\, médico na área sanitaria de Vigo. Presenta o acto Teresa Conde-Pumpido. \n\n\n\nNo acto proxectaremos o documental “DEP. Destruír era o plan”; impulsado por SOS Sanidade Pública\, fai unha radiografía da situación da sanidade na Galiza a través do relato dunha multiplicidade de voces\, desde profesionais sanitarios a usuarios\, pasando por xornalistas. Algúns dos participantes no documental son médicos\, como Iria Fernández\, Alicia Barreiro ou Xoán Casas; políticos como Ana Pontón\, Valentín González Formoso ou Montse Prado; usuarias\, Xosé María Dios e Manuel Martín; voceiros de SOS Sanidade; e tamén xornalistas como María Obelleiro.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-dereito-a-sanidade
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-22-Dereito-Sanidade.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241023T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241023T210000
DTSTAMP:20241020T105511Z
CREATED:20241012T163046Z
LAST-MODIFIED:20241020T105511Z
UID:3702-1729711800-1729717200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A última dorna de Ons
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico comprácese en anunciar o acto de presentación do documental A última dorna de Ons\, de Anxo Cabada e Antón Davila. O acto terá lugar no Museo do Mar de Galicia (Avenida de Atlántida 160) ás 19.30 horas do mércores 23 de outubro. Estarán presentes os dous autores que serán presentados por Xosé Carlos L. Bernárdez. \n\n\n\n2024-10-23 UltimaDornaOns\n\n\n\nDicía Bouza Brey de Ons “un anaco de terra fincado no mar do corazón de todas as persoas que nalgún momento quedamos prendadas por ela\, é a patria á que sempre desexamos volver”.Esa patria a que sempre desexamos volver\, é a temática deste documental de Anxo Cabada e Antón Davila\, realizado nos meses pasados. Un documental no que os seus protagonistas son os illáns\, algúns namorados i expertos sobre a illa\, e sobre todo Césareo Patiño\, o último mariñeiro  que nunca abandonou Ons\, e hoxe coa  última dorna que queda na illa\,  fai un percorrido polas antigas técnicas de pesca do polbo que permitiron os illáns manter unha economía de subsistencia.O documental sobre o Ons inmaterial\, de 30 minutos\, contou co apoio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas\, da Xunta de Galicia\, co Plan de Recuperación e Resilencia e cos Fondos NexGeneration da EU.Anxo Cabada\, fotógrafo\, traballou no audiovisual nas series para a TVG “Os viaxeiros da luz” e “O fío do retrato”.Antón Davila\, músico de Bueu\, traballou como realizador de documentais de natureza i etnografía galegas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-ultima-dorna-de-ons
LOCATION:Museo do Mar\, Avenida de Atlántida 160\, Vigo\, 36208\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-23-UltimaDornaOns.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241026T083000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241026T210000
DTSTAMP:20241016T185149Z
CREATED:20241013T182449Z
LAST-MODIFIED:20241016T185149Z
UID:3712-1729931400-1729976400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída polo Ribeiro
DESCRIPTION:O vindeiro sábado 26 de outubro inauguramos as saídas deste curso 2024-25. Faremos un percorrido polo Ribeiro visitando o Castro de San Cibrao e a adega Cuñas Davia; despois da comida tradicional remataremos o día cunha visita ao Pazo de Trasalba. \n\n\n\n\n\n\n\nA saída será ás 8.30 horas do instituto santa Irene\, con paso ás 9 horas polo lugar habitual na rúa Areal (diante do antigo reitorado).A primeira visita será ao castro de San Cibrao de Las.A continuación\, visita a unha adega familiar: Cuñas Davia; percorrido pola adega e cata de vermú\, dúas castes de viño branco e outra de tinto.Comida nun local tradicional.Xa pola tarde\, visita guiada ao Pazo de Trasalba\, casa museo de Otero Pedraio.. \n\n\n\nO prezo é de 60 euros para as persoas asociadas e de 70 para as non asociadas.O prazo de inscrición vai do martes 15 ao martes 22 de outubro e podemos anotarnos por dúas vías diferentes:– ben enviando un correo cos datos (nome\, apelidos e teléfono) a actvidades@ateneoatlantico.gal– ben enviando un watsap ao 635 685 868 onde nos atenderá Encarna con todas as indicacións. \n\n\n\nAnimádevos!!!
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-polo-ribeiro
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-26-SaidaRibeiro-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241031T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241031T210000
DTSTAMP:20241028T202402Z
CREATED:20241028T202359Z
LAST-MODIFIED:20241028T202402Z
UID:3955-1730399400-1730408400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Merendola feminista
DESCRIPTION:A comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha nova edición das súas merendolas feministas. Trátase\, simplemente\, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente\, sentadas arredor dunha merenda que nós mesmas traemos.Despois de falar longo e tendido sobre Sexualidade feminina nas tres xuntanzas anteriores\, nesta ocasión cómpre poñer enriba da mesa o tema das agresións sexuais.Animádevos a participar! E traede algo rico! Será o xoves 31 de outubro\, a partir das 18.30 horas no local do Ateneo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/merendola-feminista-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:merendolas,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-31-MerendolaAgresions.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR