BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240603T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240603T210000
DTSTAMP:20240531T183855Z
CREATED:20240531T183849Z
LAST-MODIFIED:20240531T183855Z
UID:3602-1717443000-1717448400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Ciencia 1\, A divulgación científica en Galicia
DESCRIPTION:O día 4 de xuño terá lugar o primeiro Faladoiro do ciclo ‘Os mundos científicos de Vigo’ que organiza o Ateneo Atlántico en colaboración coa Universidade de Vigo\, co título ‘A divulgación científica en Galicia’; participa Pablo López\, director do xornal GCiencia\, que estará acompañado paola vicerreitora de Investigación\, Transferencia e Innovación\, Belén Rubio. O acto terá lugar\, como todo o ciclo\, no edificio Redeiras\, a partir das 19.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nPablo López\n\n\n\nPablo López Campos é un xornalista vigués.A súa traxectoria está estreitamtente vinculada a El País\, xornal no que comezou a deixar a súa firma hai case dúas décadas.Iniciado no xornalismo no Diario de Galicia e no Faro de Vigo\, actualmente combina a dirección do xornal de divulgación científica GCiencia coas súas colaboracións con medios como El Confidencial\, eldiario.es ou ZoomNews.Realiza\, tamén\, actividades de investigación e comunicación para compañías e eventos como Sony Music\, O Marisquiño ou Esmerarte.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-ciencia-1-a-divulgacion-cientifica-en-galicia
LOCATION:UVigo Edificio Redeiras\, Rúa da Ribeira do Berbés\, Vigo\, Pontevedra\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-04-CicloCienciaUn.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240604T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240604T210000
DTSTAMP:20240526T093104Z
CREATED:20240526T093058Z
LAST-MODIFIED:20240526T093104Z
UID:3591-1717529400-1717534800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. Carmiña Sierra
DESCRIPTION:Carmiña Sierra\, A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos\, é o libro que o Ateneo ten a honra de presentar o d martes 4 de xuño\, a partir das 19.30horas\, na biblioteca da EMAO. No acto contaremos coa participación da autora\, Aurora Marco\, e coa do noso compañeiro Carlos L. Bernárdez como presentador. \n\n\n\n\n\n\n\nCarmiña Sierra\n\n\n\nEntre as poucas mulleres que ingresaron no Seminario de Estudos Galegos en 1923\, a primeira admitida naquela entidade científica\, a poucos días de se constituír\, foi unha cesureña que percorreu case todo o século XX\, Carmiña Sierra Domínguez (Pontecesures\, 1906-Caracas\, 1996). Esta obra de Aurora Marco descúbrenos unha biografía totalmente descoñecida . Carmiña Sierra estudou Filosofía e Letras en Compostela\, obtivo unha cátedra de Literatura Española e exerceu en varios centros de ensino medio fóra de Galiza. Tras a sublevación militar\, rexentou co seu home unha granxa en Cortinallas (Pontecesures) e\, tras ser detida polo súa militancia política e compromiso antifranquista\, estivo tres anos encarcerada en Ventas. A comezos dos anos 50 exiliouse en Venezuela.Esta monografía dedícase a recuperar unha traxectoria tan rica en experiencias\, en afectos\, e en compromiso polas causas da xustiza e a liberdade\, e abrangue todo o seu percurso vital\, desde o nacemento até a morte. O libro enriquécese cun cento de imaxes e documentos históricos moi descoñecidos. (Da ficha do libro na editorial Alvarellos) \n\n\n\nAurora Marco\n\n\n\nEnsaísta. Doutora en Filosofía e Letras (1978)\, catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega da USC\, xubilada\, é autora de extensa obra: biografías de Carvalho Calero\, Avilés de Taramancos\, Paz Carbajal; edicións críticas de obras de López Ferreiro\, Rodríguez López\, Otero Pedrayo\, Tomás Barros\, Áurea Lorenzo Abeijón e outros libros de carácter interdisciplinar. Alén da investigación\, desenvolve unha intensa actividade como conferenciante. Nos últimos 30 anoscentrouse na recuperación da traxectoria das mulleres galegas\, con especial atención ás represaliadas: As precursoras (1993); Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002); Dicionario de mulleres galegas (2007); Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011); Mª Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana (2012); Elas (2015); Irmandiñas (2020); Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (2023).Pola súa obra ensaística\, recibiu numerosos premios: “Tomás Barros”de Investigación Teatral (1991); “Ánxel Fole” de Ensaio literario (1992); “Luís Tilve” de Investigación e Divulgación Histórica (2012) // “Mulleres en Acción” (2015) // “Galiza Mártir” (2016) // “Mártires da Liberdade” (2017)// Xohana Torres de Ensaio e Creación audiovisual\, con Pablo Ces (2018)// “Follas Novas” do Libro Galego (2021)// “Baltar Feijóo” (2022).En 2023 foi nomeada Señora das Letras 2023 polo colectivo de crítica literaria “A Sega”.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-carmina-sierra
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-04-PresentaAuroraMarco.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240605T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240605T203000
DTSTAMP:20240512T091602Z
CREATED:20240512T091600Z
LAST-MODIFIED:20240512T091602Z
UID:3565-1717612200-1717619400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura maio. Persépole
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de maio (xuntanza o 5 de maio\, ás 18.30 horas\, no local do Ateneo)\, é Persépole\, de Marjane Satrapi. \n\n\n\n\n\n\n\nPersépole é unha novela gráfica en branco e negro\, escrita e ilustrada en forma autobiográfica por Marjane Satrapi\, co título orixinal de Persepolis. Apareceu en catro tomos\, publicados entre 2000 e 2003. Foi traducida ao galego por Eva Carrión\, e publicada en 2011 por Rinoceronte Editora. \n\n\n\nA obra narra a propia vida da autora desde 1979 (cando tiña dez anos) até 1994. Conta o modo en que tras nacer nunha familia progresista de Teherán\, trala revolución iraniana e a chegada ao poder do réxime fundamentalista islámico marcha a estudar a Viena e despois regresa á súa cidade para estudar Belas Artes\, e logo de rematar na universidade decide marchar a Estrasburgo.Marji diferénciase do resto de nenos e nenas da súa idade por ser educada ao estilo occidental\, nunha familia progresista\, laica e de clase alta\, descendente do último rei da dinastía persa dos Qajar. De formación bilingüe\, ten unha considerable inquedanza intelectual.O libro recebeu numerosos premios:  Prix du Lion\, Bélxica (2000)\, Premio autora revelación no Festival de Banda Deseñada de Angoulême (2001)\, Primeiro premio da paz Fernando Buesa Blanco\, Vitoria (2003)\, Premio Harvey á mellor obra estranxeira\, EUA (2004)\, etc.A novela gráfica foi levada ao cine de animación co título de Persepolis\, e foi estrenada o 27 de xuño de 2007. Está dirixida por Vincent Paronnaud\, e foi nomeada á Palma de Ouro e acadou o premio do xurado no Festival de Cannes 2007.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-maio-persepole
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-05-ClubLecturaPersepole.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240610T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240610T210000
DTSTAMP:20240531T185215Z
CREATED:20240531T185209Z
LAST-MODIFIED:20240531T185215Z
UID:3605-1718047800-1718053200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Ciencia 2\, Enxeñería da privacidade
DESCRIPTION:O segundo Faladoiro do ciclo Os mundos científicos de Vigo terá lugar o luns 10 de xuño\, coma sempre ás 19.30 no edificio Redeiras da Universidade de Vigo. Nesta ocasión falaremos de Enxeñería da privacidade con Carmela González Troncoso\, da EPFL de Lausanne e Fernando Pérez González\, da Universidade de VIgo. \n\n\n\n\n\n\n\nCarmela González Troncoso\n\n\n\nNacida en Vigo\, é docente da Escola Politécnica Federal (EPFL) de Lausanne na especialidade de enxeñería de telecomunicación e investigadora; é especialista en privacidade.É especialmente coñecida por dirixir un equipo europeo que traballa no protocolo DP-3T\, co obxectivo de crear unha aplicación para rastrexar os contaxios do COVID-19 sen comprometer a privacidade da cidadanía.A súa tese sobre “Métodos de deseño e análise para tecnoloxías de privacidade” asesorada polo profesor Bart Preneel e a profesora Claudia Díaz\, recibiu o Premio Tese do Consorcio Europeo de Investigación para Informática e Matemáticas Seguridade e Xestión de Confianza.Tamén recibiu polo seu traballo en Enxeñaría de Privacidade o Premio de Protección de Privacidade CNIL-INRIA 2017. \n\n\n\nDurante o seu doutoramento foi visitante investigadora en moitos grupos de seguridade coñecidos\, entre eles Microsoft Research Cambridge\, o Laboratorio de Computación da Universidade de Cambridge ou o laboratorio LCA1 na Escola Politécnica Federal de Lausana. \n\n\n\nAs súas investigacións céntrase en comprender como lograr unha mellor protección da privacidade desde a construción de sistemas de preservación da privacidade e o desenvolvemento de metodoloxías que axuden á enxeñaría a incorporar fortes garantías de privacidade nos seus deseños; e desenvolver técnicas para cuantificar sistematicamente a información privada que un adversario pode inferir dos datos aos que pode ter acceso.Tamén investigou sobre a privacidade xenómica e na procura de solucións para permitir o intercambio seguro de datos xenéticos.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-ciencia-2-enxeneria-da-privacidade
LOCATION:UVigo Edificio Redeiras\, Rúa da Ribeira do Berbés\, Vigo\, Pontevedra\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-10-CicloCienciaDous.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240612T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240612T210000
DTSTAMP:20240531T185324Z
CREATED:20240531T182028Z
LAST-MODIFIED:20240531T185324Z
UID:3594-1718220600-1718226000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Os mundos científicos de Vigo
DESCRIPTION:A Universidade de Vigo\, en colaboración co Ateneo Atlántico organiza o ciclo de coloquios divulgativos Faladoiros no Berbés baixo o epígrafe xenérico Os mundos científicos de Vigo. As actividades terán lugar os días 3\, 10 e 13 de xuño\, no edificio Redeiras\, a partir das 19.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nA idea de realizar este ciclo de faladoiros parte do Ateneo Atlántico\, asociación que trata de crear espazos de debate\, divulgación e promoción cultural\, e atopa rápida resposta na Universidade que\, con colaboracións coma esta\, busca seguir incrementando as pontes con universidades doutros países\, así como continuar ampliando a proxección da universidade na cidade.Dende a organización destacan que este tipo de actividades\, estes faladoiros\, dan visibilidade e achegan a un público non especializado o traballo que se fai na institución\, reafirmando así a súa aposta por trasladar o interese pola ciencia á cidadanía. \n\n\n\nO primeiro faladoiro contará coa presenza de Pablo López\, Director do xornal de divulgación científica GCiencia e terá lugar o luns 3 de xuño; a presentación correrá a cargo da Vicerreitora de Investigación\, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo\, Belén Rubio Armesto. \n\n\n\nO seguinte faladoiro será o 10 de xuño e levará por título Enxeñería da privacidade. Correrá a cargo da docente da Escola Politécnica Federal (EPFL) de Lausanne Carmela González Troncoso\, enxeñeira de telecomunicación e investigadora viguesa especialista en privacidade. Estará acompañada polo profesor da UVigo Fernando Pérez González\, catedrático de Telecomunicación e coordinador do grupo de investigación Procesado de Sinal en Comunicacións de atlanTTic. \n\n\n\nO ciclo rematará o 12 xuño coa charla Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares\, impartida por Jorge Otero Millán\, exalumno da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que actualmente traballa como profesor de Optometría e Ciencias da Visión na Universidade de California\, Berkeley. Estará acompañado polo catedrático en Física Humberto Michinel\, docente na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo especializado no campo da fotónica e as tecnoloxías láser.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-os-mundos-cientificos-de-vigo
LOCATION:UVigo Edificio Redeiras\, Rúa da Ribeira do Berbés\, Vigo\, Pontevedra\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-04-CicloCiencia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240612T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240612T210000
DTSTAMP:20240601T095619Z
CREATED:20240601T095613Z
LAST-MODIFIED:20240601T095619Z
UID:3608-1718220600-1718226000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Ciencia 3\, Movementos oculares
DESCRIPTION:O terceiro\, e último Faladoiro\, dentro do ciclo Os mundos científicos de Vigo\, será o 12 xuño coa presenza de Jorge Otero Millán (University of California\, Berkeley) que falará sobre Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares; estará acompañado por Humberto Michinel da Universidade de VIgo. Como nos casos anteriores terá lugar no edificio Redeiras a partir das 19.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nJorge Otero Millán\n\n\n\nVigo\, 1982. Estudou Enxeñería de Telecomunicación na Universidade de Vigo e rematou a especialidade de telemática no 2006.Traballou como bolseiro en prácticas na empresa viguesa 2Mares Demil\, desde a que fixo o seu proxecto de fin de carreira.O seu primeiro logro profesional foi o traballo como axudante de investigación\, analista de datos e programador no Instituto Neurolóxico Barrow\, en Phoenix\, Arizona\, no laboratorio da tamén galega a doutora Susana Martínez Conde. Neste traballo iniciouse na investigación arredor da percepción visual\, tratando de explicar cómo o noso cerebro procesa a información que recibe a través dos ollos e como forma con ela a nosa percepción do mundo.Na actualidade é profesor de Optometría e Ciencias da Visión na Universidade de California\, Berkeley.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-ciencia-3-movementos-oculares
LOCATION:UVigo Edificio Redeiras\, Rúa da Ribeira do Berbés\, Vigo\, Pontevedra\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-12-CicloCienciaTres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240613T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240613T210000
DTSTAMP:20240609T182605Z
CREATED:20240607T090624Z
LAST-MODIFIED:20240609T182605Z
UID:3616-1718307000-1718312400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Certame Exeria 24. Entrega de premios
DESCRIPTION:Un ano máis\, fiel á súa cita\, o Ateneo celebra o acto de entrega de premios da edición 2024 do seu certame Exeria. No acto\, a madriña desta edición e presidenta do xurado\, Inma López Silva\, fará público o fallo do xurado encargado da valoración de orixinais. Ademais das palabras das representantes da organización\,  Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro\, contaremos coa actuación musical de Uxía Senlle. Remataremos o acto cun viño galego acompañado de petiscos. Lembra\, xoves 13 de xuño\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nAbriremos o acto coa primeira das tres cancións coas que nos deleitará Uxía Senlle.A continuación\, e en representación das entidades organizadoras\, Luisa Abad e Helena Pousa presentarán o acto e darán a benvida ás persoas asistentes.Segunda peza musical con Uxía.Inma López Silva\, madriña desta edición do Exeria24 e presidenta do xurado fará públicos os relatos premiados co accésit e o primeiro premio.Entrega de premios: 500 euros e diploma para o relato finalista e 1000 euros\, bronce de Cuqui Piñeiro e diploma para o relato gañador.Lectura do relato gañador a cargo de Toñi Caseiro.Actuación final de Uxía.Viño e petiscos.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/certame-exeria-24-entrega-de-premios
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,exeria
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/06/2024-06-13-Premio-Exeria24.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240615T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240615T210000
DTSTAMP:20240605T155727Z
CREATED:20240605T155725Z
LAST-MODIFIED:20240605T155727Z
UID:3611-1718438400-1718485200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída pola Ribeira Sacra
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico pecha a tempada de saídas cunha visita á Ribeira Sacra. Será o sábado 15 de xuño e programa inclúe un percorrido da man das amigas de Máis que Románico\, cata e pinchos na adega Cruceiro de Vilachá\, comida en restaurante típico e visita a olería Retoral de Gundivós. \n\n\n\n\n\n\n\nA partir deste mércores 5 de xuño e ata o mércores 12\, ambos incluídos\, abrimos o prazo para inscribirse na excursión pola Ribeira Sacra do 15 de xuño.O procedemento é sinxelo: enviade un correo a actividades@ateneoatlantico.gal ou un whatsapp ao número 635685868 co nome e apelidos da persoa ou persoas que se apuntan e número de socia.Non é necesario que poñades nada mais.Puntualmente xa vos contestamos cos datos para ingresar o importe que serán 60 euros para socias e 70 para non socias. \n\n\n\nA saída será ás 8 da mañán dende o Sta Irene e ás 8.15 dende o Areal (antiguo rectorado)Imos visitar coa guía de Mais que Románico a igrexa de Sta Maria de Proendos\, S. Vicente de Pinol e S. Sillao de Lobios; todas elas románicas con pinturas góticas e renacentistas restauradas no interior.Antes de xantar no Restaurante ACantina entre socalcos de viñas que miran ao Sil probaremos os viños e petiscos na adega familiar Cruceiro de Vilachá.Pola tarde temos concertada unha visita guiada na Olería Retoral de Gundivós para ver os procesos da elaboración tan peculiares desta cerámica.Regresaremos a Vigo arredor das 21 horas. 
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-pola-ribeira-sacra
LOCATION:Sede Zona Franca\, Areal 46\, Vigo\, Galicia\, 36201\, Spain
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/06/2024-06-15-Saida-Ribeira-Sacra.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR