BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240504T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240504T210000
DTSTAMP:20240411T160403Z
CREATED:20240411T160400Z
LAST-MODIFIED:20240411T160403Z
UID:3536-1714851000-1714856400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Que a forza nos acompañe
DESCRIPTION:A Agrupación Amiga do Marco\, en colaboración co Ateneo Atlántico\, presenta o acto Que a forza nos acompañe\, Poética en acción. Será nos locais do Marco\, o 4 de maio\, a partir das 19.30 horas. No acto\, que segue o modelo de Entrada inversa\, participarán Silvia Penas\, Ana Corzo\, Samuel Merino\, Nila A. Pousa\, Acoyani Guzmán e Noelia & Rui Grenha.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/que-a-forza-nos-acompane
LOCATION:Marco\, Rúa do Príncipe\, 54\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-05-04-PoeticaEnAccion.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240507T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240507T210000
DTSTAMP:20240506T083506Z
CREATED:20240408T092759Z
LAST-MODIFIED:20240506T083506Z
UID:3525-1715110200-1715115600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura de abril
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de abril é La única historia\, de Julián Barnes. A xuntanza terá lugar o martes 7 de maio\, ás 19.30 horas no local do Ateneo. Lembramos que o Club de lectura está aberto a todas aquelas persoas que queiran participar. \n\n\n\n\n\n\n\nUn home evoca un amor xuvenil cunha muller madura.Unha novela abraiante sobre o amor\, a dor e a memoria.Julian Barnes (Leicester\, 1946) formouse en Londres e Oxford. Está considerado como unha das grandes revelacións da ficción inglesa das últimas décadas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-de-abril
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-05-08-ClubLecturaAbrilBarnes.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240508T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240508T210000
DTSTAMP:20240505T094112Z
CREATED:20240505T094109Z
LAST-MODIFIED:20240505T094112Z
UID:3543-1715196600-1715202000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. A muller da montaña
DESCRIPTION:O mércores 8 de maio\, o cinemAteneo presenta a películoa A muller da montataña\, de Benedikt Erlingsson. Será ás 19.30 horas\, nos Multicines Norte. \n\n\n\n\n\n\n\n \n\n\n\nA muller da montaña (Kona fer í stríð) é unha película de comedia dramática islandesa-francés-ucraína de 2018 escrita\, producida e dirixida por Benedikt Erlingsson e protagonizada por Halldóra Geirharðsdóttir. Halla\, directora do coro e activista ecolóxico\, planea bloquear unha planta de aluminio de Rio Tinto nas terras altas de Islandia danando intencionadamente torres e cables eléctricos para cortarlle a subministración eléctrica. Un día\, apróbase unha solicitude esquecida para adoptar unha nena orfa de Ucraína. Ao mesmo tempo\, o goberno intensifica os esforzos policiais e propagandísticos para atrapala e desprestixiala. A película xira arredor dos seus intentos de conciliar o seu perigoso activismo coa súa próxima adopción. (De Wikipedia). \n\n\n\nA película e a súa protagonista foron nomeadas ata 9 veces en diferentes festivais de cine\, gañando 7 dos premios para os que foi nominadas. Cómpre destacar o seu éxito en Cannes\, ou a nominación a mellor película e o premio á mellor actriz\, na Seminci de 2018.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-a-muller-da-montana
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-08-CineMullerMontanha.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240509T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240509T210000
DTSTAMP:20240507T085230Z
CREATED:20240507T085227Z
LAST-MODIFIED:20240507T085230Z
UID:3549-1715283000-1715288400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Asemblea ordinaria 2024
DESCRIPTION:A Xunta directiva do Ateneo Atlántico de Vigo convoca a Asemblea anual ordinaria correspondente ao ano 2004. Terá lugar o xoves 9 de maio\, ás 19.30 horas\, na sede social do Ateneo\, na rúa Doutor Cadaval 17. \n\n\n\nQueremos lembrar a importancia da participación pois\, ademais de render o balance prescritivo que marcan os nosos estatutos\, a asemblea é o medio de participación de todas as persoas asociadas. \n\n\n\nDespois da asemblea compartiremos uns petiscos.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/asemblea-ordinaria-2024
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:asembleas
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240510T000000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240510T000000
DTSTAMP:20240301T092030Z
CREATED:20240301T092028Z
LAST-MODIFIED:20240301T092030Z
UID:3462-1715299200-1715299200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Convocatoria Exeria 2024
DESCRIPTION:O día 10 de maio remata o prazo de presentación de orixinais para participar na Cuarta Edición do Certame Exeria de Relato curto correspondente ao presente ano 2024. Os escritos\, orixinais\, inéditos e non premiados xirarán arredor do tema ‘Vigo\, aldea de noso’. A continuación presentamos as bases desta convocatoria. \n\n\n\n\n\n\n\nBASES CERTAME EXERIA DE RELATO CURTO 2024\n\n\n\n\n1. O Premio Exeria\, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo e a Fundación XoánPiñeiro abre o prazo de presentacións de orixinais dende o 1 de marzo ata o 10 de maio.\n\n\n\n2. Poderán participar todas as persoas maiores de idade con un só relato\, que sexa orixinal\, inédito e non premiado. Ha estar escrito en lingua galega.\n\n\n\n3. O relato\, mecanografado con letra tipo 12 e a dobre espazo\, terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres\, incluídos os espazos e o título.\n\n\n\n4. O tema versará sobre “Vigo\, aldea de noso”.\n\n\n\n5. Estableceranse dous premios suxeitos ás correspondentes retencións fiscais.\n\nPrimeiro premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro.\n\n\n\nAccésit: 500 euros.\n\n\n\n\n\n6. Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico exeria@ateneoatlantico.gal\n\nNo asunto do correo figurará Certame Exeria 2024\n\n\n\n\n\n7. Adxuntaranse dous documentos:\n\nO primeiro co relato e o título\, sen ningún tipo de identificación.\n\n\n\nO segundo\, coa plica (título do relato\, nome completo do autor ou autora e o número do seu teléfono.)\n\n\n\nAs persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.\n\n\n\n\n\n8. O xurado\, presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural\, estará formado ademais polos dous gañadores do Premio Exeria 2023\, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. A secretaría do certame participará con voz pero sin voto.\n\n\n\n9. O ditame do xurado e a entrega dos premios terá lugar na primeira semana do mes de xuño.\n\n\n\n10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso dos gañadores de ser parte do xurado do certame do próximo ano.\n\n\n\nConvocan: Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro.\n\n\n\nPatrocinan: Terras Gauda e Eduardo Vieira S.A.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/convocatoria-exeria-2024
CATEGORIES:exeria
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-05-25-ConvocatoriaExeria2024.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240515T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240515T210000
DTSTAMP:20240512T170800Z
CREATED:20240512T082227Z
LAST-MODIFIED:20240512T170800Z
UID:3551-1715801400-1715806800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Mulleres xornalistas
DESCRIPTION:O mércores 15 de maio\, ás 19.30 horas\, vémonos na biblioteca da EMAO para falar sobre Mulleres xoranlistas (Elas abriron o camiño). Contamos coa presenza de Luz María Durán\, Magis Igesias e Ana Guantes\, así como con Irene Bascoy que actuará de moderadora. \n\n\n\n\n\n\n\nConmemorando o Día internacional pola liberdade de imprensa (3 de maio)\, a sección de Feminismo do Ateneo Atlántico de Vigo\, que preside Luisa Abad e coordinada por Amada Traba\, organiza unha mesa redonda o mércores 15 na EMAO con Magis Iglesias\, Ana Guantes e Luz M Durán\, todas elas xornalistas viguesas pioneiras e con moita proxección en numerosos medios\, que conducirá a nosa querida colega\, Irene Bascoy\, subdirectora de Faro de Vigo. Unha paxariña díxonos que entre o público estará a máis veterana e mestra de mestras\,  Carmen Parada. \n\n\n\nNON VOLO PERDADES!
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/mulleres-xornalistas
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-15-MulleresXornalistas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240521T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240521T210000
DTSTAMP:20240512T090126Z
CREATED:20240512T085723Z
LAST-MODIFIED:20240512T090126Z
UID:3559-1716319800-1716325200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. Bestiario en pedra
DESCRIPTION:Carlos L. Bernárdez e Xosé Ramón Mariño Ferro presentan con nós o seu último libro\, Bestiario en pedra\, Animais fabulosos na arte medieval galega (Laiovento\, 2024). Será o martes 21 de maio\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. O acto será presentado por Anxo Cabada. \n\n\n\n\n\n\n\nEste libro pretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonio artístico e simbólico. Aínda que a maioría das persoas hoxe non as “vexa”\, a arte medieval está repleta de representacións de animais\, nas marxes dos manuscritos\, na escultura decorativa\, nos capiteis\, nas cornixas e gárgolas e nos cadeirados de coro.Os temas e motivos simbólicos dos animais fabulosos\, con paralelos en Europa\, presentan en Galiza unha riqueza e unha variedade verdadeiramente extraordinarias. Destacan os conxuntos das catedrais de Santiago e Ourense\, da igrexa e do espectacular claustro de San Francisco de Ourense\, das igrexas betanceiras\, das de Ribadavia e desa xoia que se chama Santiago de Breixa…Os autores recollen na arte do noso país os exemplos de anfisbenas\, basiliscos\, bestas apocalípticas\, centauros\, dragóns\, grifóns\, harpías\, sereas ave e sereas peixe e proporcionan un vasto repertorio de textos antigos e medievais e unha interpretación que permite comprender a súa omnipresenza nas nosas catedrais e igrexas. \n\n\n\nCarlos López Bernárdez\n\n\n\nÉ historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.Entre os seus libros destacan Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo\, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento\, 2016); Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento\, 2018); Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Laiovento\, 2020) e Unha historia da arte galega (Laiovento\, 2023).Na actualidade desenvolve a crítica de arte no Faro da Cultura do Faro de Vigo e en Sermos\, suplemento de Nós Diario. \n\n\n\nXosé Ramón Mariño Ferro\n\n\n\nÉ doutor en Antropoloxía Cultural pola Universidade Autónoma de Madrid.Realizou traballos de campo en Bolivia e en Galiza. Froito da súa estadía entre os indios bolivianosé a monografía Muerte\, religión y símbolos en una comunidad quechua.De temática exclusivamente galega son os libros Antropoloxía de Galicia e Autobiografía dun labrego. Estudou diversos aspectos da cultura popular galega e europea en Satán\, sus siervas las brujas y la religión del mal; La medicina popular interpretada; Las romerías/peregrinaciones y sus símbolos; La medicina mágica; O entroido ou os praceres da carne; Los cuentos maravillosos; Diccionario del simbolismo animal; e Imágenes de la mujer y del hombre.Pódense ver algúns textos na páxina web marinoferro.com
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-bestiario-en-pedra
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-21-PresentaBestiarioPedra.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240522T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240522T210000
DTSTAMP:20240516T172119Z
CREATED:20240512T083643Z
LAST-MODIFIED:20240516T172119Z
UID:3557-1716404400-1716411600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Flores tristes
DESCRIPTION:Nova entrega de cinemAteneo coa presenza do director e realizador Teo Manuel Abad. Será o día 22 de maio\, ás 19 horas\, na biblioteca da EMAO para ver e comentar a súa película Flores tristes. \n\n\n\n\n\n\n\nFlores tristes\n\n\n\nAs últimas fosas comunes abertas en Europa non foron en Srebrenica ou Kosovo. Realizáronse o ano pasado no extremo máis occidental do continente\, un dos seus finisterres: Galicia\, unha rexión autónoma do norte de España. E foron as da guerra e posguerra máis antiga da idade moderna\, a máis idealista e internacional das guerras europeas e preludio da segunda guerra mundial: a guerra de España. 70 anos fixeron falla para que se comezaran a abrir estas fosas.A dictadura de Franco terminou fai máis dun cuarto de siglo\, pero as súas sentencias de morte aínda non foron esquecidas. Máis de mil galegos\, familiares das víctimas do franquismo queren desenterrar a verdade\, sepultada en cunetas\, montes e tapias de cemiterios dende fai máis de 70 anos: queren os restos dos seus irmáns\, pais ou avós. E queren recuperar a súa memoria despois de tantos anos de silencio.Flores Tristes traza unha analoxía entre as flores nadas nestas fosas e cunetas de Galicia con estes descendentes vivos que por fin falan rompendo un longo silencio. \n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nTítulo orixinal: Flores Tristes\n\n\n\nXénero: Documental de creación\n\n\n\nFormato: Alta definición HDV\n\n\n\nDuración: 90 min / 55 min\n\n\n\nLingua orixinal rodaxe: Galego\n\n\n\nDirector: Teo Manuel Abad\n\n\n\nProdutor Executivo: Teo Manuel Abad\n\n\n\nProdutores: Teo Manuel Abad\, Antonio Varela\, Moncho Varela e Fernanda del Nido\n\n\n\nProdutoras: Formateo (Galicia) Pórtico (Galicia)\, Tic Tac Producciones (Galicia)\n\n\n\n\nTeo Manuel Abad\n\n\n\nManuel Abad é un dos directores-realizadores cunha traxectoria máis ampla no audiovisual galego. Os seus comezos viñeron da man da fotografía\, onde destaca a súa laboura como corresponsal gráfico en diversas revistas\, así como as súas exposicións fotográficas (Salas Anue\, Os Arcados\, Mestre Mateo…)A mediados dos anos 80 inicia unha sólida traxectoria como videocreador\, sendo algunhas das súas obras seleccionadas en festivais nacionais e internacionais; tamén entra a formar parte do primeiro equipo técnico da Televisión de Galicia onde desenvolve unha notable labor innovadora como realizador de numerosos programas de TVG\, como por exemplo: Telexornal\, A millor TV do mundo\, Lendas do mar\, Encontros\, O mellor\, Con perdón. Corazonada\, A fala\, Mar a mar\, Televisión pirata\, Luar…En paralelo\, combina a súa vida como profesional na Televisión Gallega\, cunha traxectoria experimental como autor independente de Cine (“Contar”)\, Video (O neno con pernas de pomba”\, “La fosa atlantica”)\, Documentais (“Lendas do mar”\, “Amalia”)\, \, Ficción (“Pequeno Hotel”)\, Docudrama (“A vida Aberta”)\, Campañas (“Galicia Terra Unica”\, “Xacobeo”)\, Concertos (“Elton Jhon”\, “Santana”)\, Eventos especiais (“A Fala”\, “Luar da Solidariedade”) e un longo etcéteraO seu longo percorrido viuse recompensado en diversas ocasións con galardones e premios como: Seleccionado polo Museo de Arte “Reina Sofia” para os seus “Visionarios Españoles”\, na Bienal da Imagen en Movemento (pola súa obra “365”). Premio no Festival Internacional de Video de Madrid e obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporanea (con “Prologo”)\, Selección para a Expo-92 (con “Hardo”) e a Mostra Internacional do Festival de San Sebastian (con “Denantes”).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-flores-tristes
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-22-CineFloresTristes.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240528T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240528T210000
DTSTAMP:20240513T162035Z
CREATED:20240513T162032Z
LAST-MODIFIED:20240513T162035Z
UID:3572-1716922800-1716930000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Terceira Merendola Feminista
DESCRIPTION:A comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha terceira edición das súas merendolas feministas. Trátase\, simplemente\, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós mesmas traemos. Dado que nas dúas xuntanzas anteriores nos faltou tempo\, pensamos en continuar a parolada arredor do tema da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! E traede algo rico! Será o martes 28 de maio\, a partir das 19 horas no local do Ateneo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/terceira-merendola-feminista
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-28-MerendolaFeminista3.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR