BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240305T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240305T210000
DTSTAMP:20240223T120646Z
CREATED:20240223T114909Z
LAST-MODIFIED:20240223T120646Z
UID:3450-1709667000-1709672400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Coidamos do galego? Dígocho eu!
DESCRIPTION:Esther Estévez (presentadora e directora do Dígocho Eu! TVG) e Xurxo Martínez (filoloxía galega)\, conversarán aredor da situación actual da lingua galega. Realmente\, estamos a coidar o galego? Será o martes 5 de marzo\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. A entrada será libre ata completar o aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nCoidamos do galego?  Dígocho eu!\n\n\n\nQue facemos co galego?\n\n\n\nDeixamos que vaia evolucionando como lingua minorizada cara á súa extinción?\, … ou sentímonos cómodos porque xa é algo institucional que nos representa porque figura en carteis\, escritos e se fala nalgúns medios?Metémola nese saco mal chamado “bilingüismo” para que se bata co castelán coma se fosen linguas en igualdade de condicións?Hai xente que intenta escolarizar a rapazada en galego\, pero\, pasado un tempo na escola\, descobre que comezan a falar con interferencias do castelán e a sentirse confusos. Que facemos?Na adolescencia e na mocidade\, a perda de galegofalantes é brutal. Aínda que non se coñecen estatísticas “oficiais” dende 2018\, as evidencias están presentes nas redes e nas observacións que podemos facer a pé de rúa. E non só nas cidades\, senón tamén nas vilas ou\, se cadra\, máis nestas últimas.E as persoas adultas? Somos maioría en Galicia. Que facemos? Aínda temos prexuízos lingüísticos aos nosos anos?Nesa mesma estatística de hai seis anos\, das sete cidades galegas\, a que mais “falantes” perdeu foi Vigo. Hai que resaltar o concepto de persoas “falantes”\, porque precisamente é\, na forma oral\, onde máis nos estamos empobrecendo.E as institucións? Como se pode consentir que na prensa galega escrita en castelán se poñan en letra cursiva as declaracións da xente que responde en galego nunha entrevista? Falamos de medios escritos que reciben numerosas subvencións\, e só sacan a portada en galego o Día das Letras Galegas! A isto se lle chama “normalización”? O “normal” sería ao revés! \n\n\n\nA cousa pinta mal\, mais algunhas luces tamén van aparecendo\, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias\, a Lei de Normalización lingüística de 1983 e o propio Estatuto de Galicia\, dannos un marco de actuación para a xustiza\, a economía\, as institucións públicas\, a cultura\, o ensino etc. Temos “ferramentas” de sobra\, usémolas!Pero isto tan só é papel se non se dota de medios e de vontade.Tamén resisten medios escritos e orais en galego\, a pesar do escaso apoio económico que si reciben os outros\, así como honrosos movementos no eido da música\, as artes escénicas\, o cinema\, as editoriais e algunhas empresas que van subindo ao carro… Pódese dicir que hai unha pequena industria que xera economía e traballo en galego. \n\n\n\nPor último\, un desexo\, ou unha reflexión:Existen fogares con moitas formas de familias (distintas xeracións\, distintas procedencias\, neofalantes …) Se algún dos membros fala galego neste medio\, é onde pode xurdir o amor e o apego pola lingua\, se escoitamos falar galego nun ambiente íntimo\, seguramente algún día acabaremos facendo uso del. A perda da transmisión lingüística familiar obríganos aos mais maiores a facer esta función de sementeira para que vaia calando nas xeracións que veñen. \n\n\n\nEsther Estévez\n\n\n\nXornalista natural de Verín\, é a presentadora dos programas da Tvg. Dígocho eu! \, Luar e do concurso para xente nova De tal mente tal semente. Tamén participa en digochiño\, Cachadas… \n\n\n\nPremio Mestre Mateo 2022 e 2023 á mellor comunicadora\, confesa que ama esta profesión como ama a lingua e goza dando charlas á xente nova por toda Galicia.Inclúe nos seus programas os xa famosos apuntamentos lusófonos para xogar coa proximidade da lingua irmá tanto nas afinidades como nas diferenzas.Achega unha mirada positiva esperanzadora e libre de prexuízos das novas xeracións\, maiormente a través das redes sociais. \n\n\n\nXurxo Martínez\n\n\n\nÉ doutor en filoloxía galega pola Universidade de Vigo\, investigador para o Instituto da lingua e o Consello da Cultura. Destaca o fondo coñecemento sobre distintos temas do século XIX en Galicia\, en especial do Rexurdimento. \n\n\n\nA partir de 2017\, cando se xubila Xosé González mais coñecido como Pepiño de Redondela\, faise responsable do Servizo de Normalización Lingüística nese concello.Exerce a militancia activa na defensa da lingua galega\, tanto é así que loitou durante catro anos ata conseguir unha sentenza histórica do TSXG para que a Axencia Tributaria fose obrigada a garantir a atención en galego. Publica numerosos estudos sobre as Irmandades da Fala e do Rexurdimento\, biografías de Reboiras e Luís Soto e recentemente\, Marxes\, guía ilustrada do Vigo rebelde\, unha interesante proposta con itinerarios de feitos históricos pola cidade de Vigo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/coidamos-do-galego-digocho-eu
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-03-05-CoidamosGalego.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240306T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240306T203000
DTSTAMP:20240216T180812Z
CREATED:20240209T113023Z
LAST-MODIFIED:20240216T180812Z
UID:3414-1709749800-1709757000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura febreiro
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de febreiro é Ninguén queda\, do vilalbés Brais Lamela. Publicado por Euseino? editores (Vigo\, 2022)\, o libro foi Premio da Crítica en narrativa galega (2022)\, e Premio Ollo crítico de narrativa (2023). A xuntanza terá lugar o 6 de marzo\, ás 18.30 horas\, na sede do Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nLido na ficha do libro en Euseino? Editores:“Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz\, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.Os pisos de estudantes no estranxeiro\, as comunas que emerxen dos restos dos encoros e os perso­naxes ensimesmados que acumulan fragmentos de tempo esquecido conflúen nun relato sobre a existencia do fogar en circunstancias límite; un relato que traza o contorno do abandono e o desposuimento mais tamén o da supervivencia obstinada.Cunha linguaxe interrompida\, que transita e hibrida as fórmulas do ensaio interpretativo e as estratexias da ficción\, Brais Lamela escribe unha obra sobre o arraigamento e a intersección de mundos\, unha arquitectura literaria sutil que atopa novas posibilidades de escritura e asume desvíos e fracasos\, un artefacto impuro\, crebadizo\, conmovedor”. \n\n\n\nO autor\n\n\n\nDa ficha de Brais Lamela na editorialBrais Lamela (Vilalba\, 1994) viviu en Galicia ata os dezasete anos. Posteriormente\, formouse en literatura comparada e historia nas universidades de Cambridge\, Reino Unido\, e Brown\, nos Estados Unidos\, grazas a diversas bolsas de estudo. Acadou premios literarios coma os Minerva\, Ánxel Casal e Xuventude Crea. Actualmente\, cursa un doutoramento en literatura na Universidade de Yale\, onde tamén exerce a docencia. Ninguén queda é a súa primeira obra publicada.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-febreiro-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-03-06-CLecturaBLamela.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240311T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240311T210000
DTSTAMP:20240301T090555Z
CREATED:20240223T183150Z
LAST-MODIFIED:20240301T090555Z
UID:3453-1710185400-1710190800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Nación
DESCRIPTION:O cinemAteneo presenta a película documental Nación\, da directora galega Margarita Ledo. Será o luns 11 de marzo\, ás 19.30 horas nos Multicines Norte. Para comentar a película contamos coa súa directora e como moderadora actuará Puri Silva. \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nTítulo orixinal: Nación\n\n\n\nAno de produción: 2020\n\n\n\nXénero: Non ficción\n\n\n\nDirectora: Margarita Ledo\n\n\n\nMúsica Original: Mercedes Peón\n\n\n\nReparto\n\nNieves Lusquiños\n\n\n\nMónica Camaño\n\n\n\nMónica de Nut\n\n\n\nXoana Pintos\n\n\n\nEva Veiga (colaboración especial)\n\n\n\n\n\nProdución: Nós Cinema\n\n\n\nPremio á dirección no Festival de cine europeo de Sevilla.\n\n\n\n\nSinopse\n\n\n\nNo ano 2021 pecha a fábrica de louza de Pontesa deixa de pagar ás súas traballadoras. 20 anos despois\, Margarita Ledo reúne un grupo daquelas traballadoras para que lembren diante da súa cámara o símbolo da súa liberdade individual\, da súa emancipación económica e da súa loita sindical.“A intimidade da historia de Naciónes Nieves\, un personaxe sibilo\, e un grupo de operarias no papel de pasadoras\, que nos permiten albiscar o que representa o final dunha época na que a muller accedera ao traballo industrial. A súa experiencia chéganos a través de vestixios\, signos\, imaxes do corpo como arquivo de acontecementos\, persoais e comunitarios\, que poñen nas súas mans e levan á súa gorxa batallas campais desesperadas para manter os postos de traballo. Ademais os ecos dunha frase “¡mira canto tardamos en ser nación!”\, co reverso na ruína das fábricas de porcelana\, téxtil e conserveira.As pegadas que esta desaparición deixa na película son inscricións de momentos de existencia\, de voces que entran en conflito coa iconografía oficial da muller como obxectos “amovibles”. Son accións que manteñen o non\, que desafían o agoiro\, que se expresan en feminino\, que atravesan o valado. É a volta aos anos felices que conservan algúns arquivos”. (Da páxina web da produtora\, Nós Cinema). \n\n\n\nMargarita Ledo Andión\n\n\n\nMargarita Ledo Andión (Castro de Rei\, 1951) é unha xornalista\, escritora e cineasta galega. Docente e catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela\, numeraria da Real Academia Galega; recibiu\, entre outros\, o Premio Nacional da Cultura Galega (2008) e o Premio Otero Pedrayo (2017)Estudou xornalismo na Escola Oficial de Periodismo de Barcelona\, universidade pola que ten o doutoramento e na que deu os primeiros pasos como docente. Puxo en marcha a Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela\, da que foi a súa primeira decana.Traballou na redacción de El Ideal Gallego\, fundou e dirixiu o semanario A Nosa Terra\, foi creadora da revista Escrita\, da Asociación de Escritores en Lingua Galega\, e dos proxectos gráficos do boletín do Clube Cultural Adiante da CXTG\, da revista feminista Festa da Palabra Silenciada e da publicación Europa de les nacions\, do Moviment Nacionalitari Europeu.Como escritora ten obra poética (Parolar cun eu\, cun intre\, con inseuto\, 1970\, Xistral; O corvo érguese cedo 1973\, Xistral ou Linguas mortas: serial radiofónico\, 1989\, Sotelo Blanco)\, narración (Mama-Fé\, 1983\, Xerais\, relatos; as novelas Trasalba ou Violeta e o militar morto 1985\, Xerais) e Porta blindada 1990\, Xerais; ou Historias como Barcelona\, 1992\, Biblioteca de Autores Galegos\, Diario 16 de Galicia). No eido da Literatura infanto-xuvenil publicou O serrote do Gil (2009\, Galaxia). A produción de Margarita Ledo no campo do ensaio é moi numerosa con títulos como Prensa e galeguismo\, O diario postelevisivo\, Documentalismo fotográfico contemporáneo\, Informe sobre o audiovisual en Galicia\, Comunicación local no espazo lusófono\, etc.Como directora ten numerosas curtas\, unha mediometraxe (Apuntamentos para un filme (2012))\, e seis longametraxes (Santa Liberdade\, 2004\, Hai que botalos\, 2005\, Liste\, pronunciado Líster\, 2007\, A cicatriz branca\, 2012\, Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra\,2016 e Nación\, de 2020).Ten recibido numerosos premios e recoñecementos nos diferentes ámbitos da súa actividade. Premio Alecrín 1994\, Premio Nacional de Cine e audiovisual da Xunta de Galicia 2008\, Premio Os Bos e Xenerosos da AELG 2015\, Premio Ramón Piñeiro-Facer País 2016\, Premio Otero Pedrayo 2017\, Premio do Festival de Cine Europeo de Sevilla pola dirección de Nación en 2020\, etc.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-nacion
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-03-11-Cine-Nacion.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240312T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240312T210000
DTSTAMP:20240305T184957Z
CREATED:20240305T184954Z
LAST-MODIFIED:20240305T184957Z
UID:3479-1710271800-1710277200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O sexo non é o xénero
DESCRIPTION:O martes 12 de marzo\, a partir das 19.30 horas teremos con nós ao psicólogo clínico e psicoanalista Manuel Fernández Blanco; será na biblioteca da EMAO e falara arredor dun tema tanta actualidade como é “O sexo non é o xénero”. \n\n\n\n\n\n\n\nManuel Fernández Blanco é psicoanalista\, membro da Escola Lacaniana de Psicanálise e da Asociación Mundial de Psicanálise\, e psicólogo clínico. É o Director da Clínica do Campo Freudiano en A Coruña (destinada a posibilitar un tratamento psicanalítico a persoas con escasos recursos económicos)\, e docente do Instituto do Campo Freudiano. Foi presidente da Escola Lacaniana de Psicanálise\, Secretario do Bureau da Asociación Mundial de Psicanálise\, e membro do Consello da Escola Europea de Psicanálise. Traballou\, durante 34 anos\, no Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. É autor do libro La repetición como concepto fundamental del Psicoanálisis e de numerosas publicacións no ámbito da Psicanálise e da Saúde Mental. Colabora na Sección de Opinión do diario La Voz de Galicia baixo o título Los síntomas de la civilización.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-sexo-non-e-o-xenero
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-03-12-SexoNonXenero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240313T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240313T210000
DTSTAMP:20240307T090949Z
CREATED:20240305T191106Z
LAST-MODIFIED:20240307T090949Z
UID:3482-1710358200-1710363600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Recital poético a Cabeleira
DESCRIPTION:“A cabeleira (Fragmentos)” é un poema de Claudio Rodríguez Fer que foi traducido a setenta idiomas. O  Ateneo presenta un recital poético arredor de A Cabeleira. Contaremos co autor\, Claudio Rodríguez Fer\, coa autora da cuberta do libro\, Carmen Blanco\, e 20 invitados e invitadas que lerán fragmentos do poema nos seus respectivos idiomas. Será o mércores 13 de marzo\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. Presenta Anxo Cabada. \n\n\n\n\n\n\n\nEu nacín nun país verde fisterra que vagou errante tras manadas de vacas.Incerto fillo son das tribos móbiles que só se detiveron cando se lles acabou o mundo.Non teño outras raíces que as da espora nin outra patria habito que a do vento.Síntome da estirpe daqueles pobos nómades que nunca se constituíron en estado.O noso espírito coñeceu o abismo e o sentido telúrico do contorno natural. \n\n\n\nNo acto participarán Claudio Rodríguez Fer\, escritor e director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela\, Carmen Blanco\, escritora\, profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e autora do debuxo e caligrama das cubertas e Anxo Cabada\, fotógrafo\, docente e ex-presidente e vicepresidente do Ateneo Atlántico de Vigo. \n\n\n\nAdemais contaremos coa presenza de vinte persoas que lerán fragmentos do poema A Cabeleira noutros tantos idiomas: \n\n\n\n\nEn galego\, o autor\, Claudio Rodríguez Fer\n\n\n\nEn portugués\, Ana Gravata\n\n\n\nEn asturiano\, Antonio García Ordóñez\n\n\n\nEn castelán\, Sara R. Espiñeira\n\n\n\nEn catalán\, Mar Sasha Kuitenbrouwer\n\n\n\nEn francés\, María Lopo\n\n\n\nEn italiano\, Cristina Marchisio\n\n\n\nEn romanés\, Adina Ioana Vladu\n\n\n\nEn xudeo-español\, Manuela Aira\n\n\n\nEn latín\, María Álvarez Díaz Castañón\n\n\n\nEn inglés\, Adina Ioana Vladu\n\n\n\nEn alemán\, Nicolás Chantada\n\n\n\nEn neerlandés\, Gideon Kuitenbrouwer\n\n\n\nEn sueco\, Marta Dahlgren\n\n\n\nEn grego clásico\, Daniel García Cancio\n\n\n\nEn grego moderno\, Sula Repani\n\n\n\nEn ruso\, Ekaterina Yakovleva\n\n\n\nEn chinés\, Marola Padín Novas\n\n\n\nEn xaponés\, Gabriel Álvarez Martínez\n\n\n\nEn barallete\, Laura Paz Fentanes\n\n\n\nEn esperanto\, Cristina Fiaño\n\n\n\n\n“A cabeleira (Fragmentos)” é un poema de Claudio Rodríguez Fer escrito en varios momentos do verán de 1984\, concretamente durante unha estancia en Fisterra\, unha viaxe a París e unha excursión ao Courel\, motivado pola longa cabeleira de Carmen Blanco. Foi publicado por primeira vez na revista Grial en 1985\, pero axiña apareceu en numerosas revistas e antoloxías tanto en galego como en castelán o que foi motivando a súa tradución a diferentes idiomas en moi diversas edicións\, mesmo fomentando a creación dunha páxina web na que se recolle tanto a súa historia como todas as versións políglotas. Agora\, esta nova edición\, incrementa as linguas de tradución ata acadar os 70 idiomas nun coidadoso traballo avalado pola profesionalidade dos tradutores implicados no proxecto. (Da ficha do libro no Consorcio Editorial Galego).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/recital-poetico-a-cabeleira
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-03-13-ACabeleira.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240319T191500
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240319T210000
DTSTAMP:20240309T111525Z
CREATED:20240309T111522Z
LAST-MODIFIED:20240309T111525Z
UID:3496-1710875700-1710882000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Unha peli con... Roi Cagiao
DESCRIPTION:Dentro do marco da proposta do cinemAteneo ‘Unha peli con…’\, o convidado para participar o vindeiro 19 de marzo é o director Roi Cagiao (Vigo 1972\, 2017). Roi proponnos compartir a película ‘Operación Ogro’ (Gillo Pontecorvo\, 1979). A proxección\, co correspondente coloquio\, terá lugar o martes 19 de marzo\, no espazo Ateneo\, a partir das 19.15 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nOperación Ogro\n\n\n\n\nTítulo orixinal: Operación Ogro\n\n\n\nDirección: Gillo Pontecorvo\n\n\n\nProtagonistas\n\nGian Maria Volonté\n\n\n\nJosé Sacristán\n\n\n\nÁngela Molina\n\n\n\nEusebio Poncela\n\n\n\nAna Torrent\n\n\n\n\n\nGuión: Ugo Pirro\, Giorgio Arlorio\, Gillo Pontecorvo\n\n\n\nMúsica: Ennio Morricone\n\n\n\nDuración: 100 minutos\n\n\n\nProdución Hispano-Italiana\n\n\n\n\n“Operación Ogro” é unha coprodución hispanoitaliana. Un filme da transición sobre a transición que narra\, con mestría e un realismo por momentos próximo ao documental\, un dos episodios paradigmáticos do tramo final do franquismo: o atentado contra Carrero Blanco.Pese a contar con actores e actrices españois de gran popularidade (Eusebio Poncela\, Ángela Molina\, Ana Torrent e José Sacristán)\, é un filme relativamente pouco coñecido para o gran público. Con dirección de Gillo Pontecorvo e música de Ennio Morricone “Operación Ogro” é o retrato dunha época\, e do compromiso militante e xeito de facer dos cineastas da mesma. \n\n\n\nRoi Cagiao (visto por Roi Cagiao para a ocasión)\n\n\n\nComo documentalista levo realizado ata o momento tres longametraxes (“1972”\, “O meu nome é Luis “Ferreiro” e “Vigo 1972”). Todas elas versan sobre a loita antifranquista galega no tramo final da ditadura franquista. \n\n\n\nCreo que a miña fascinación por esa etapa vén da posibilidade de convivir con pesoas que participaran desa fase de loita tan dura; que manifestaron un tremendo heroismo nesa loita\, que viviron e viven conforme a uns ideais firmes de xustiza e transformación social. Quen non podería conmoverse ante xente así? \n\n\n\nPor outra banda\, os conflitos sociolaborais desa época foron o escenario onde se produce a metamorfose na mentalidade dos meus pais\, procedentes do campo; cambiaían para sempre a súa visión do mundo nun sentido dialéctico\, progresista e militante; visión que eu dalgún xeito herdei\, a orixe do meu pensamente está aí. \n\n\n\n“Operación Ogro” é unha película que me parece marabillosa\, sobre unha etapa que me encanta. Está contada con gran mestría\, cunha estruturación temporal e rítmica moi audaz\, e unha aproxiamación aos feitos realista\, ata certo punto obxectiva\, de estética autera pero cargada de humanidade… \n\n\n\nGilo Pontecorvo\, o seu director\, é o autor dun dos meus filmes favoritos “A batalla de Alxer” e dalgunha forma\, xunto con outros como Cortázar\, Benedetti ou Montalbán\, un referente do artista comprometido co seu tempo\, sensible aos problemas e sofrimentos da humandiade.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/unha-peli-con-roi-cagiao
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-03-19-PeliConRoiCagiao.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240320T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240320T210000
DTSTAMP:20240311T114940Z
CREATED:20240311T114937Z
LAST-MODIFIED:20240311T114940Z
UID:3502-1710963000-1710968400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Merendola feminista
DESCRIPTION:Baixo o título xenérico de Merendolas feministas\, o Ateneo Atlántico inaugura un novo modelo de actividade participativa. Trátase\, simplemente\, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós traemos. Para esta primeira ocasión pensamos falar arredor da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! Será o mércores 20 de marzo\, a partir das 19.30 no local do Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nVivir e inventar van da man. Algo así como comer e disfrutar. E como ter e partillar…Non sí?Pois as ateneas convidámosvos a poñer a proba este noso invento:Atopármonos para disfrutar dunha merendola ao tempo que partillamos inquietudes\, ou mesmo ledicias.Nesta primeira vez propoñemos facelo no espazo Ateneo en doutor Cadaval as sete da tarde para falarmos de Sexualidade feminina.Quen se anima a inventar con nós?Poñeremos té e café\, traede algo rico para acompañar.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/merendola-feminista
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,merendolas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-03-20-MerendolaSexualidade.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR