BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240206T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240206T210000
DTSTAMP:20240129T101429Z
CREATED:20240129T101425Z
LAST-MODIFIED:20240129T101429Z
UID:3314-1707247800-1707253200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Limpar a praia\, Coidar a auga\, Defender a vida.
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración coa Rede para o Decrecemento Eo Navia\, Galiza O Bierzo\, presenta a actividade Limpar a praia\, Coidar a auga\, Defender a vida\, que terá lugar o martes 6 de febreiro\, ás 19.30 horas\, na EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nNa actividade falaremos arredor\, por unha banda\, da crise dos pellets no mar galego\, e tamén dos vertidos de augas con metais pesados procedentes da mina de San Finx\, na ría de Noia.Os relatores da actividade serán Ana Freiría\, Coordinadora da campaña de voluntariado de limpeza de praias de Ecoloxistas en Acción\, para o tema da vertedura de pellets\, e Cristóbal López\, Coordinador da área de minería de Ecoloxistas en Acción\, que falará sobre as consecuencias medioambientais dos vertidos tóxicos da mina de San Finx. \n\n\n\nLimpar a Praia\, coidar a auga\, defender a vida\n\n\n\nAnte a situación de contaminación de elementos esenciais para a vida cuxa alteración afecta á saúde e á economía da nosa terra\, o Ateneo Atlántico de Vigo e a Rede para o Decrecemento Eo-Navia\, Galiza\, O Bierzo\, aúnan esforzos por solicitar información e concienciar da importancia e repercusión que iso ten para todos nós e as xeracións futuras.Nestes días en que asistimos á invasión de pellets de plástico que\, (verteduras no mar e dispersados nas augas de todo o litoral)\, chegan ás nosas praias causando gran preocupación polos efectos que tales “bolitas” poidan provocar\, tanto pola contaminación polo material de plástico como pola toxicidade doutros compoñentes que ao parecer levan na súa composición.Preocupan as posibles consecuencias da inacción e posterior lentitude de políticos e Institucións á hora de tomar medidas de inmediato\, xestionar responsabilidades polas verteduras a quen sexa que os causara e\, sobre todo\, procurar canto antes unha análise exhaustiva e fidedigna da composición dos pellets e os seus posibles efectos adversos para o medioambiente e a biodiversidade que poida resultar afectada\, incluído o seu efecto sobre as persoas que están a recoller eses residuos nas praias e os que tamén poida ter o consumo de algas\, peixes e mariscos das zonas afectadas.O denominado progreso encheu os mares e océanos de plásticos e outros residuos contaminantes e tóxicos que están a provocar a desaparición de gran parte da biodiversidade das zonas próximas ás costas europeas\, tal como se puido constatar nos estudos recentes. Pero se observamos a realidade\, a contaminación no medio terrestre tampouco se quedou atrás.A contaminación de acuíferos e ríos é cada vez máis seria. Xa son moitas as zonas que carecen de auga potable no mundo. As industrias contaminantes han provocado o desprazamento forzoso de pobos enteiros facendo imposible o medio de vida tradicional da zona ou\, noutros casos\, cambiando os sistemas de cultivo agrícola diversificado polo de monocultivo con alto consumo de auga\, (ex.: o aguacate\, tamén chamado ouro verde)\, chegando mesmo a secar non só acuíferos da zona\, senón mesmo ríos e deixando a pobos enteiros dependentes da subministración de auga potable mediante camións cisterna. En América Latina temos varios exemplos destas prácticas que\, xunto a gandería extensiva\, a deforestación\, a contaminación dos grandes ríos coas verteduras de refugallos das extraccións mineiras\, contribuíron a que a vida de moitas persoas se vise afectada pola destrución da súa economía e forma de vida\, á vez que sofre múltiples enfermidades provocadas pola contaminación da auga e os alimentos que consomen.En Europa tamén temos casos similares. E se falamos de España\, é un dos países da UE que máis advertencias e sancións vén acumulando en canto a contaminación da auga e a vertedura de refugallos tóxicos\, xurros\, antibióticos\, fertilizantes e pesticidas que contaminan a terra\, os acuíferos e os ríos\, para terminar contaminando o mar\, como é o caso do Mar Menor. A contaminación de acuíferos\, a privatización e o mal uso da auga fixeron que varios pobos en España tamén dependan do abastecemento de auga potable para o consumo mediante camións cisterna.A auga é punto crave para a sustentabilidade da vida e a contaminación\, o mal uso e a súa privatización para a explotación por parte de grandes corporacións está a poñer en perigo o abastecemento de auga potable no planeta\, de tal modo que os científicos auguran que no prazo de cinco anos non haberá auga potable para todos en moitas zonas do planeta.Se falamos de Galicia\, cuxas praias hoxe padecen a invasión dos pellets\, tamén temos que falar da contaminación que provocan as minas ao descuberto que non faltan na nosa terra e cuxos residuos permanecen esnaquizando o medioambiente\, a saúde e a economía da contorna. Por sinalar un exemplo\, lembremos a rotura da balsa mineira de Frades\, (A Coruña)\, que provocou unha vertedura sobre os ríos Gaiteiro e Mazuzo que verten sobre o Tambre\, cuxas augas dan servizo aos Concellos de Frades\, O Pino\, Oroso\, Santiago\, Trazo\, Val do Dubra\, Ames\, A Baña\, Negreira\, Brión\, Noia e Outes. As verteduras da mina de San Finx\, incumpriron tantas veces a normativa que\, ante a presión exercida por Ecoloxistas en Acción e mariscadores das Rías de Muros e Noia contra as verteduras da mina\, a Xunta tivo que iniciar a revocacón do permiso concedido para seguir baleirando as galerías ao confirmar a presenza de metais pesados nos residuos que estaban vertiendo. Pero os metais pesados e outros residuos que permanecen na balsa de decantación da mina están aí e seguen sendo unha ameaza para saúde e a vida da contorna.Como din os defensores do Decrecemento están a vendernos a tecnoloxía avanzada\, a dixitalización e a robotización como os grandes avances e as marabillas do progreso\, pero ocúltannos a cantidade de auga e enerxía que consome ese chamado “progreso”\, do que\, como afirma Miguel Amorós\, a partir de determinado momento\, o desenvolvemento científico-técnico vólvese eminentemente destrutivo e a maior progreso\, maiores inconvenientes.Para a continuidade da vida requírese priorizar a conservación daquilo que é vital.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/limpar-a-praia-coidar-a-auga-defender-a-vida
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-02-06-LimparApraia2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240207T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240207T203000
DTSTAMP:20240119T115137Z
CREATED:20240119T115135Z
LAST-MODIFIED:20240119T115137Z
UID:3289-1707330600-1707337800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Xaneiro
DESCRIPTION:O libro seleccionado para o Club de lectura do mes de xaneiro (xuntanza 7 de febreiro) é La historia de los vertebrados\, de Mar García Puig. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\n«O 20 de decembro de 2015 fun nai e toleime. […] Ese mesmo día\, España votaba nas primeiras eleccións nas que participaba un novo partido […]\, e a esperanza de cambio planou sobre o día. Á noite\, cando contaba as contraccións na sala de dilatación\, o país contaba asentos. E ambas as contas xuntáronse nunha nova vida para min\, porque un deses asentos ía ser o meu. ‘O mesmo día que naceron os meus fillos\, fíxenme membro do Congreso’.O que debería ser o día máis feliz da vida do narrador desta novela convértese no inicio dunha historia de loucura. A ansiedade toma o relevo e o peso do mundo cae sobre os seus ombreiros dúas veces: debe coidar dos seus xemelgos recén nacidos e dar voz aos que confiaron nela.Esta historia afonda nunha ferida persoal para conectar con loitas universais\, e é unha viaxe pola arte\, a literatura\, a mitoloxía e a historia da medicina. Con mestría\, Mar García Puig converte a experiencia persoal nunha historia que nos fala de todas as mulleres que algunha vez sentiron que a súa cordura as abandonaba e de todos os homes que as silenciaron\, protexidas por séculos de ciencia\, mitos e política. \n\n\n\nA autora\n\n\n\nMar García Puig (Barcelona\, ​​1977) é licenciada en Filoloxía Inglesa e máster en Lingüística. Editora de profesión\, publicou artigos en medios como La Vanguardia\, El Periódico\, El Diario\, Público ou CTXT. Colaborou nos libros LGTBI (Sembra Llibres\, 2020)\, Neorrancios. Sobre os perigos da saudade (Península\, 2022) e Máis que visibles (Egales\, 2022). Desde 2015 é deputada no Congreso dos Deputados\, onde exerce como voceira na Comisión de Cultura. Vive entre Madrid e Barcelona. A historia dos vertebrados é o seu primeiro libro. \n\n\n\nOs textos son da ficha do libro na editorial Penguin-Random-House.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-xaneiro-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-02-07-CLecturaHistoriaVertebrados.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240220T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240220T210000
DTSTAMP:20240208T191732Z
CREATED:20240208T191730Z
LAST-MODIFIED:20240208T191732Z
UID:3408-1708457400-1708462800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Un novo mundo
DESCRIPTION:Un novo mundo (Stéphane Brizé) é a película programada polo cienemAteneo para o martes 20 de febreiro. A proxección comezará ás 19.30 horas nos Multicines Norte.  A presentación correrá a cargo de Anabel Mariño. \n\n\n\n\n\n\n\nA película forma parte da Triloxía do traballo na que o director Stéphane Brizé por enriba da mesa de xeito realista e contundente algunhas das consecuencias da economía hipercapitalista no mundo laboral.En 2015 Stéphane Brizé presentou en Cannes La loi du marchè (A lei do mercado\, sobre as consecuencias da crise económica sobre un home desempregado de 51 anos\, sen oportunidade de atopar emprego e perceibido como ‘apestoso’ do sistema.)En 2018 saíu En Guerre (En guerra\, a historia dun líder sindical cheo de rabia contra unha fábrica que\, coa escusa de salvar a empresa\, propón un recorte salarial a cambio de protexer os seus postos de traballo durante cinco anos e que se acaba por converte nunha trampa cando a empresa decide pechar.E para pechar a triloxía\, a película que hoxe veremos: Un autre monde. \n\n\n\n“Coa súa vida persoal eclipsada polas esixencias do seu traballo\, Philippe Lemesley chega ao punto de ruptura cando a súa muller deixa o matrimonio. A súa relación non resistiu as presións do traballo. Despois de décadas como alto directivo nun grupo industrial\, Philippe xa non sabe como responderá ás incoherentes demandas da súa empresa. Chega o momento no que tes que facer balance e decidir o sentido da túa vida”. (Sinopse da ficha da película en Filmaffinity). \n\n\n\n\nTítulo orixinal\, Un autre monde\n\n\n\nAno 2021\n\n\n\nPaís\, Francia\n\n\n\nDuración 96 min\n\n\n\nDirección\, Stéphane Brizé\n\n\n\nGuión\, Stéphane Brizé e Olivier Gorce\n\n\n\nReparto\, Vincent Lindon\, Sandrine Kiberlain\, Anthony Bajon\n\n\n\nA película foi nominada so León de ouro á mellor película no festival de Venecia 2021
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-un-novo-mundo
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-02-20-CineNovoMundo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240220T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240220T210000
DTSTAMP:20240208T193157Z
CREATED:20240208T193154Z
LAST-MODIFIED:20240208T193157Z
UID:3411-1708457400-1708462800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro Galicia\, distrito industrial
DESCRIPTION:O mércores 20 de febreiro\, ás 19.30 horas\, na EMAO\, presentamos o libro Galicia\, distrito indutrial (Galaxia\, 2024). O autor\, Antón Baamonde\, estará acompañado de Edelmiro Ulloa\, Santiago Lago\, Jesús González\, Bibiana Rodiño\, Daniel Hermosilla e Xosé M. Soutullo. \n\n\n\n\n\n\n\nGalicia\, Distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla.Antón Baamonde.Galaxia 2024 \n\n\n\nO libro é o resultado das conversas do autor con Daniel Hermosilla\, director executivo de Rodiñas.“En Europa estamos asistindo ao retorno da política industrial. É unha ventá de oportunidades e cabe tomar decisións estratéxicas. Galicia posúe un sector industrial interesante. Hai un abano extenso de empresas cun alto valor tecnolóxico e internacionalizadas.”Nas conversas\, Daniel Hermosilla insiste\, contra a imaxe estereotipada\, en que “aquí hai unha biodiversidade de industrias moi interesante. Capitalizadas\, con maquinaria de última tecnoloxía\, e que saben contratar persoas de talento. Empresas que souberon cambiar a mentalidade e entender que o mercado é o mundo enteiro. Se isto o sabemos aproveitar e artellar\, pode ser un dos grandes activos de Galicia”.  \n\n\n\nAntón Baamonde\, Licenciado en filosofía\, ensaísta e articulista\, estará acompañado por Edelmiro Ulloa (xerente da Cooperativa de armadores)\, Santiago Lago (Catedrático de Economía da UVigo)\, Jesús González (director xeral de Utingal)\, Bibiana Rodiño (de Beta Implants)\, Xosé M. Soutullo (director xeral de Galaxia)\, e do propio Daniel Hermosilla.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-galicia-distrito-industrial
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-02-20-PresentaAntonBaamonde.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240224T090000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240224T210000
DTSTAMP:20240214T171948Z
CREATED:20240214T171618Z
LAST-MODIFIED:20240214T171948Z
UID:3421-1708765200-1708808400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída: Baixo Miño Galego-Portugués
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico organiza unha saída para o sábado 24 de febreiro. Percorreremos o Baixo Miño galego-portugués con paradas no taller de Cuqui Piñeiro\, na adega Terras Gaudas e en varios lugares para coñecer a arte e a historia das fortalezas en ambos lados da fronteira. A comida será en Tui. \n\n\n\n\n\n\n\n\nCando: Sábado 24 de febreiro de 2024\n\n\n\nHorario: de 9 a 21 horas (saída e chegada a Areal)\n\n\n\nBaixo Miño galego-portugués\n\nVisita ao obradoiro de Cuqui Piñeiro\n\n\n\nVisita Adega Terras Gauda con cata e petisco\n\n\n\nComida en Tui. Restaurante Cruceiro do Monte\n\n\n\nAs fortalezas da fronteira con Rebeca Blanco\n\n\n\n\n\nPrezo: 65 euros persoas socias\, 75€ non socias.\n\n\n\nProcedemento para a inscrición:\n\nPrazo de inscrición dende o xoves 15 até o xoves 22 de febreiro\n\n\n\nRealizar o ingreso que corresponda (65/75€) na conta de Airbus:\n\nES54 0075 8918 4606 0029 0234\n\n\n\nConcepto: REFERENCIA 1-51592\n\n\n\nFacer constar Nome completo e DNI da persoa/s que viaxan\n\n\n\n(Imprescindible un ou dous nomes completos e os DNIs correspondentes)\n\n\n\nEnviar correo electrónico coa copia do ingreso e todos os datos das persoas que viaxan a:\n\nmarialago@airbusgalicia.com\n\n\n\n\n\n\n\n\n\nNo caso de que para algunha persoa o procedemento poida resultar excesivamente engorroso\, tamén vos podedes achegar persoalmente á oficina de Airbus de Rosalía de Castro 28 (teléfono 986 43 20 00) e preguntar por María.\n\n\n\n\nAs fortalezas de Goián e Vila Nova de Cerveira\n\n\n\nDespois da visita ao obradoiro de Cuqui Piñeiro e á Adega Terras Gauda (pola mañá)\, e tras a comida en Tui\, faremos un percorrido polas fortalezas de Goián e Cerveira da man de Rebeca Blanco. \n\n\n\nRebeca Blanco Rotea é licenciada en Xeografía e Historia\, na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996\, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015. Realizou o Terceiro Ciclo de Estudos de Arqueoloxía e Historia. da Antigüedade do Departamento de Historia I da USC\, obtendo a Suficiencia Investigadora en 1999. Na actualidade é Investigadora Posdoutoral contratada nas Axudas de Investigación Posdoutoral da Xunta de Galicia\, 2016-2019\, dentro da Universidade de Santiago de Compostela \, quedando no dous primeiros anos na Unidade de Arqueoloxía da Universidade do Minho.A súa tese de doutoramento foi sobre “Arquitectura e Paisaxe. Fortificacións fronteirizas no sur de Galicia e norte de Portugal”.Ten numerosas publicacións entre as que podemos destacar\, polo tema que nos ocupa\, o traballo titulado “Trabajos arqueológicos realizados en el transcurso de la redacción del Plan Director de las Fortalezas Transfronterizas del Tramo Bajo del Río Miño. CAPA (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio) 22. Santiago de Compostela 2009 e 2013 segunda edición.O percorrido comezará polo Alto de Cervo\, para ter unha perspectiva global\, para logo pasar pola atalaia do Espírito Santo e o forte de Lovelhe; despois de saltar o río\, e xa en Goián\, iremos ao forte de Nosa Señora da Concepción e forte de San Lorenzo. En función da dispoñibilidade horaria\, o percorrido podería acurtarse ou enriquecerse con novas etapas. \n\n\n\nDeixamosvos a continuación o pdf da visita que elaborou para nós Blanca; podedes consultala dende aquí ou baixala ao voso ordenador ou móbil \n\n\n\nGoianAteneo24Descarga
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-baixo-mino-galego-portugues
CATEGORIES:actividades,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-02-24-SaidaBaixoMinho2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240226T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240226T210000
DTSTAMP:20240220T104812Z
CREATED:20240220T104809Z
LAST-MODIFIED:20240220T104812Z
UID:3444-1708975800-1708981200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Homenaxe a Cunqueiro
DESCRIPTION:Co gallo do cabodano de Álvaro Cunqueiro\, o Ateneo Atlántico propón esta actividade para lembrar a esta figura imprescindible das letras galegas. Xesús Alonso Montero falará sobre “O latín\, como ‘divinas palabras‘\, na obra de Cunqueiro”. Será o luns 26 de febreiro\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. O acto será presentado por Xina Vega e Su Garrido Pombo interpretará unha canción baseada nun poema de Cunqueiro. \n\n\n\n\n\n\n\nXesús Alonso Montero\n\n\n\nVigo\, 1928\, é un ensaísta\, profesor\, poeta\, sociolingüísta\, conferenciante\, e un longo etcétera de actividades sempre ligadas á cultura e á lingua galega. Entre os seus numerosos méritos cómpre salientar que é membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega\, da que foi presidente no período entre 2013 e 2017. \n\n\n\nEstudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid licenciándose en 1953. O seu labor como docente comezou en institutos (Palencia\, Lugo) e na escola Normal de Santiago\, sendo profesor de Lingua e Literatura españolas. En 1966 doutorouse na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Manuel Curros Enríquez: Lengua y estilo de Curros Enríquez en su poesía gallega. O doutoramento abriulle as portas á universidade e en 1976 é profesor titular de Literatura Española no Colexio Universitario de Vigo\, pasando\, a continuación\, a ser profesor titular de Literatura Galega e catedrático de Literatura Galega na USC. \n\n\n\nA súa produción escrita comezou no eido da sociolingüística\, campo no que destacou de xeito notable; algún dos seus libros son como O porvir da lingua galega (1968)\, O que cómpre saber da lingua galega (1969) ou o polémico e contestado Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973)\, onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte.É un profundo estudoso de moitos dos escritores e escritoras galegos como Rosalía de Castro (Páxinas sobre Rosalía de Castro\, 1954-2004)\, Manuel Curros Enríquez (Curros Enríquez no Franquismo\, 1936-1971)\, Manuel Leiras Pulpeiro\, Luís Pimentel (Luís Pimentel: biografía da súa poesía)\, Celso Emilio Ferreiro (Celso Emilio Ferreiro)\, Luís Seoane (As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane)\, Mendiño\, Xosé Neira Vilas\, Lorenzo Varela\, Vicente Risco\, Ramón Cabanillas ou Álvaro Cunqueiro. Tamén traballou no campo da literatura española con publicacións dedicadas a Machado\, Unamuno\, Valle Inclán ou Lorca. \n\n\n\nHome de mente aberta e progresista participou en numerosos eidos sociais da Galicia da segunda metade do século XX e neste século XXI. Artigos de prensa\, militancia política mesmo na clandestinidade do PCE\, participación como candidato do PCG nas primeiras eleccións democráticas\, ou no seu posicionamento público de achegamento ao Movemento esperantista galego\, sendo autor da única visión xeral da historia do movemento en Galicia (o artigo que figura na palabra clave “Esperanto” da Gran Enciclopedia Galega). \n\n\n\nA súa produción escrita é inmensa\, tanto en galego como en castelán; destacou no campo do ensaio\, pero participou\, tamén\, da poesía\, o teatro\, a ficción\, as escolmas e mesmo a edición. \n\n\n\nOs premios e recoñecementos públicos recibidos por Alonso Montero convérteno nun dos persoeiros galegos máis notables da xeración que comezou o seu labor cultural despois da Guerra civil española. Algúns dos premios e recoñecementos recibidos son: Premio Galicia de xornalismo\, Premio Otero Pedrayo\, Pedrón de Ouro\, Premio Irmandade do libtro\, Crítica de Galicia\, Trasalba\, AELG\, Losada Diéguez\, Cultura Galega das Letras\, Laxeiro\, Doutoramento Honoris Causa da UNED\, Catedrático emérito da USC\, e un longo etcétera. \n\n\n\nXina Vega\n\n\n\nRexina Vega\, Vigo\, 1966\, é doutora en Filoloxía románica\, profesora universitaria e investigadora. Tamén é tradutora\, crítica literaria e colaboradora en medios culturais como praza.gal\, A nosa terra ou Grial. \n\n\n\nComo escritora destaca no eido da narrativa e do ensaio.Dentro da narrativa destaca a súa obra Cardume\, que acadou o Premio Xerais de 2007. Ademais publicou Dark Butterfly (Xerais\, 2012). Ninguén dorme (Laiovento\, 2019) ou O estado intermedio (Galaxia 2020).Dentro do ensaio está recoñecida como unha das maiores especialista na obra de Álvaro Cunqueiro\, autor sobre o que ten publicados varios estudos\, e ao que dedicou a súa tese de doutoramento  Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro. Entre os estudos están Os outros feirantes\, de Álvaro Cunqueiro (Edicións do Cumio\, 1992) ou Álvaro Cunqueiro: unha poética da recreación (Laiovento\, 1997). \n\n\n\nAdemais do Premio Xerais\, algúns dos recoñecementos recibidos por Xina Vega son o Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación\, por Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación ou o Premio Stendhal\, e finalista do Premio Nacional de Tradución\, pola tradución de El secuestro de Georges Perec. Así mesmo é Cunqueiriana de Honra de 2021. \n\n\n\nSu Garrido\n\n\n\nSusana Garrido Pombo\, Vigo 1982\, é unha cantante e compositora galega. Comezou a súa formación musical no Conservatorio Mayeusis (Vigo\, guitarra). Estudou Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e Musicoloxía na Universidade de Salamanca. Logo realizaría estadías na Universidade de Granada\, bolsa Seneca\, e na Universidade de Florencia\, bolsa Erasmus. \n\n\n\nProfesionalmente formou parte do grupo folk Lembranzas Galegas\, do grupo Sonhos\, do grupo TREME (con Margarida Mariño) e en 2018 de Son Trío coa pianista e compositora Katerina Linke e a cellista Susanna Blanco.A súa traxectoria individual comeza en 2018 coa gravación do seu primeiro disco en solitario: Quedo a vivir aquí. O seu segundo disco (2020) é Patios de Luz. \n\n\n\nO seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa\, folk\, jazz ou latín.Traballa en proxectos individuais e en proxectos colectivos. \n\n\n\nEntre os seus recoñecementos podemos mencionar\, 2º posto no concurso Internacional de música MAPFRE de 2007 co seu tema Linda\, e o 4º posto co tema Extraña María. 3º posto no concurso Gz crea de 2007. Con Margarida Mariño\, 1º Premio no  concurso Múusica Xove 15 ó mellor grupo xove galego de 2015. 1ª clasificada no Premio Narf 2018 outorgado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. En 2018\, Son Trío resulta nominado para os Premios Martín Códax da música galega en Música clásica e contemporánea.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/homenaxe-a-cunqueiro
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-02-26-HomenaxeCunqueiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240227T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240227T210000
DTSTAMP:20240220T120626Z
CREATED:20240220T120623Z
LAST-MODIFIED:20240220T120626Z
UID:3447-1709062200-1709067600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O papel fundacional das galegas no feminismo cubano
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico presenta a actividade O papel fundacional das galegas no feminismo cubano\, prestando especial atención á figura de Andrea López Chao. No acto estará presente María Xosé Porteiro\, Violeta Ramos e Patricia Ares\, neta de Andrea. Terá lugar o martes 27 de febreiro ás 19.30 horas\, na EMAO\, e será presentado pola nosa presidenta\, Luísa Abad. \n\n\n\n\n\n\n\nAndrea López Chao\, foi unha galega cun papel moi relevante nas orixes do feminismo en Cuba na segunda década do século XX.Foi pioneira na dirixencia de institucións tan importantes coma o Plantel de ensinanza do Centro Galego (directora e profesora)\, ou de Hijas de Galicia (primeira Vicepresidenta). A ambas institucións deulles o nome de Concepción Arenal.Representando a Hijas de Galicia participou na organización e nos debates do primeiro dos tres congresos feministas de 1923\, 1925 e 1939 que tiveron lugar no Centro Galego.Desde hai tres anos\, Galicia está recoñecendo o seu notorio papel que a sitúa entre as personalidades máis destacadas da nosa historia na emigración\, no ensino e no feminismo.Durante todo este ano conmemórase o centenario da inauguración do hospital Hijas de Galicia\, e o cento cincuenta aniversario do nacemento de Andrea López Chao\, tanto na súa cidade natal\, Mondoñedo\, como na súa cidade de adopción\, La Habana\, con homenaxes a ambas as beiras atlánticas para dar a coñecer o seu labor.No seu labor de suma pola igualdade\, o Ateneo Atlántico quere participar do recoñecemento e das homenaxes á figura de Andrea L. Chao organizando esta actividade.Neste acto poderemos ver un adianto do documental “O poder de educar”\, que\, arredor da figura de Andrea López Chao\, está a realizar a xornalista Violeta Ramos Valdés\, que tamén estará con nós. \n\n\n\n \n\n\n\nMaría Xosé Porteiro\n\n\n\nMaría Xosé Porteiro\, xornalista e escritora con vencellos persoais con Cuba e Galicia\, investiga desde hai varios anos a historia de Hijas de Galicia e de Andrea López Chao\, que centran a súa novela Sándalo\, e impulsou este movemento de recoñecemento a personalidades que se deben incorporar á nosa xenealoxía feminista. \n\n\n\nPatricia Ares Muzio\n\n\n\nPatricia Ares Muzio\, bisneta de Andrea López Chao\, está a participar nas actividades que se veñen desenvolvendo por iniciativa de Mondoñedo. Destacada persoeira do mundo académico e intelectual cubano\, profesora titular da Facultade de Psicoloxía da Universidade da Habana\, foi Presidenta da Sociedade Cubana de Psicoloxía. Fixo o doutoramento en Psicoloxía nun estudo de familias cubanas\, e impartiu diversos cursos de mestría no estranxeiro e labores de asesoría en universidades latinoamericanas. \n\n\n\nVioleta Ramos Valdés\n\n\n\nVioleta Ramos Valdés\, xornalista cubana de orixe galega\, está a realizar un documental sobre Andrea López Chao en colaboración co historiador galego Daniel M. Vázquez\, baixo o título “O poder de educar”. Ao longo da actividade veremos un adianto deste documental.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-papel-fundacional-das-galegas-no-feminismo-cubano
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-02-28-AndreaLopezChao.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240228T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240228T133000
DTSTAMP:20240223T110031Z
CREATED:20240208T183341Z
LAST-MODIFIED:20240223T110031Z
UID:3310-1709118000-1709127000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Falamos de fotos
DESCRIPTION:Luces e sombras como recurso creativo é o subtítulo do curso Falamos de fotos que convoca o Ateneo Atlántico. As xuntantas terán lugar tres mércores consecutivos a partir do 21 de febreiro\, en horario de 11 a 13.30 horas\, na EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nA actividade consiste en conversar sobre fotos: facer fotos e falar de fotos.Unha foto componse de varios ingredientes pero sobre todo é luz. E a luz ten dirección\, ten calidades\, ten cores\, ten temperatura\, crea sombras\, da relevo\, aplana…A luz como elemento compositivo será o obxecto do curso que comezará o 21 de febreiro e donde contamos contigo.O curso remata (se hai acordo) coa organización dunha estadía nun aloxamento rural con sesións de traballo e de toma de fotos.Organiza: Grupo de fotografía. Ateneo AtlánticoAs sesións estarán coordinadas por Jorge R. Seijo\, Luís Otero\, Rafael Ojea e Juan Oca. Lugar: EMAOHorario: das 11 h ás 13\,30 hDias 21 e 28 de febreiro e 6 de marzoPrazas limitadas: 20 persoas por orde de inscriciónRequisitos: Estar dispoñible para facer saídas camiñando para afotar á cidade.Inscricións:O período de inscricións irá dende o día 8 ao 19 de febreiro de 2024.Pode ser a través do enlace superior desta mesma páxinaOu directamente premendo en: https://forms.gle/2szwjTAYwNcTdXGy6
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/falamos-de-fotos
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,fotografia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-02-21-FalamosdeFotos.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240228T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240228T210000
DTSTAMP:20240220T092223Z
CREATED:20240208T182329Z
LAST-MODIFIED:20240220T092223Z
UID:3299-1709146800-1709154000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Curso de Arte contemporánea
DESCRIPTION:A orixe das especies\, As outras xenealoxías da Arte contemporánea\, curso organizado pola Asociación Amiga do Marco en colaboración co Ateneo Atlántico. Profesor Suso Fandiño. Mércores 31 de xaneiro e 1\, 14 e 21 de febreiro\, de 19 a 21 horas\, no MARCO. \n\n\n\n\n\n\n\nCurso: A orixe das especies.“As outras xenealoxías da arte contemporánea”Profesor: Suso FandiñoMARCO\, Museo de Arte Contemporáneo de VigoOrganiza: AAM Grupo de Amigos do MARCOColabora: AA Ateneo Atlántico \n\n\n\nDatas: 31 de xaneiro / 7 de febreiro / 14 de febreiro / 21 de febreiro / 28 de febreiro (5 sesións)Horario:  mércores de 19:00 a 21:00 h.Lugar:  MARCOteca\, sala anexa da Biblioteca [sesións 1 a 4] e Espazo anexo [sesión 5] \n\n\n\nPrezo: 40€ público xeral / 30€ socios da AAM e AA (previa acreditación)Prazas limitadas ata un máximo 35 asistentes\, por orde de inscrición e preferencia para persoas asociadas da AAM e do AA. \n\n\n\nInscrición e matrícula a partir do 3 de xaneiro e ata completar prazas.As persoas interesadas poden solicitar o formulario de inscrición\, presencialmente ou por correo electrónico\, na billeteira do MARCO a partir do mércores 3 de xaneiro. \n\n\n\nInformación sobre o curso: \n\n\n\nCurso-Arte-ContemporaneaDescarga	 \n\n\n\nSuso Fandiño\n\n\n\nSantiago de Compostela\, 1971. Artista plástico galego. A súa obra está próxima á arte conceptual\, e desenvólvese a través de diferentes soportes como o ready-made\, o collage\, o debuxo ou a instalación.Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela.En 2001 realizou a súa primeira exposición individual\, Sample Collection\, na galería Ad hoc de Vigo. En 2002 foi seleccionado para formar parte do ciclo expositivo Miradas Virxes comisariado por David Barro\, e nese ano tamén participou na exposición Indisciplinados1​ do museo MARCO\, uníndose a unha selección de artistas que ilustraron o panorama da arte contemporánea emerxente a través de A nivel estatal.Comeza a súa andaina con numerosas exposicións individuais e colectivas en diversas galerías de arte\, eventos artísticos e institucións de todo o país\, a día de hoxe continúa plenamente activo\, asistindo ás máis importantes feiras\, certames e eventos artísticos de España e doutros países. Ao longo da súa traxectoria\, Suso Fandiño apropiouse de imaxes e obxectos de artistas e fotógrafos coñecidos e recoñecidos\, socavando así as nocións convencionais de orixinalidade\, mestría e autoría. Por outra banda\, Fandiño engadiu ás súas producións o círculo do mundo da arte como material\, os seus límites e fronteiras. Os seus traballos levan a cabo un debate sobre a situación actual da arte e a súa relación co contexto político e social circundante. Outras propostas centráronse no texto como ferramenta\, estes traballos adoitan estar relacionados cos métodos de aprendizaxe escolar e a súa relación coa arte e os artistas. O carácter do autor tamén é moi importante nalgunhas das súas obras\, o seu papel actual na sociedade e a súa función no contexto xeral da arte e da cultura.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/curso-de-arte-contemporanea
LOCATION:Marco\, Rúa do Príncipe\, 54\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,arte
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-01-21-CursoArteContemporanea.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240229T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240229T200000
DTSTAMP:20240214T194756Z
CREATED:20240214T194536Z
LAST-MODIFIED:20240214T194756Z
UID:3418-1709233200-1709236800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Visita guiada: Pinceladas do esquecemento
DESCRIPTION:O xoves 29 de febreiro\, ás sete da tarde\, temos organizada unha visita guiada á exposición Pinceladas do esquecemento; Molíns-Chao\, artistas viguesas do século XIX\, que se exhibe na actualidade na Pinacoteca Fernández del Riego. A visita será da man do comisario da exposición José Luís Mateo. Dado que temos limitado o número de prazas\, será imprescindible a reserva previa. \n\n\n\nVisita guiada: 29 de febreiro de 2024\, 19horas\, Pinacoteca Fernández del Riego.\n\n\n\nInstrucións para a reserva previa de praza\n\n\n\n\nEnviar un correo electrónico a actividades@ateneoatlantico.gal\n\n\n\nAsunto do correo: Visita Pinceladas do esquecemento\n\n\n\nIncluír nome completo das persoas para as que se solicita reserva\n\nEspecificar para cada unha delas se é asociada do Ateneo ou non\n\n\n\nMáximo dúas persoas por correo enviado\n\n\n\n\n\nAgardar confirmación\, a volta de correo\n\n\n\nTerán preferencia os socios e socias do Ateneo e\, para cada asociada\, un acompañante.\n\n\n\nA partir do criterio anterior\, rigorosa orde de chegada do correo de solicitude.\n\n\n\nNon se permitirá o acceso á actividade sen reserva previa de praza.\n\n\n\nO prazo para a recepción de correos con reserva de prazas comezará o xoves 15 de febreiro.\n\n\n\n\nXosé Luís Mateo\n\n\n\nA visita será guiada por José Luís Mateo\, comisario da exposición.Licenciado en Xeografía e Historia (Historia da Arte – Crítica da arte e conservación do patrimonio artístico) pola USC. Máster en Edición pola Universidade de Santiago.Profesor\, libreiro\, historiador da arte\, investigador\, conferenciante\, comisario de exposicións…\, a ampla traxectoria de José Luís Mateo convérteo nun activo imprescindible no panorama cultural do Vigo actual. Ademais de ser socio do Ateneo e de ter participado na súa Xunta Directiva\, é\, tamén\, membro do Instituto de Estudos vigueses\, actuando\, na actualidade\, como vogal da súa XD..Participou como comisario en diversas exposicións (A Escola de Artes e Oficios\, 130 anos na historia de Vigo\, 1886-1976. Vigo na Aurora do s XX\, Um olhar inédito. Teatro Keyzán: 50 anos de creación escénica\, Vigo 1966-2016\, etc.Autor de libros e artigos de prensa e revistas especializadas\, foi\, por exemplo\, colaborador na elaboración e redacción da Enciclopedia Galega Universal (EGU)\, Editorial Ir Indo. 2001-2005 en entradas de termos relativos á área de Arquitectura e Arte. \n\n\n\nElina Molíns e Blanca Chao\n\n\n\nMáis de 100 anos tiveron que transcorrer para que se presente nun centro de arte a obra destas dúas grandes pintoras de Vigo. Autoras que ata hoxe practicamente non existían. Mudou a súa época\, a súa historia agochouse en pequenas notas de hemeroteca. Os seus magníficos cadros sen embargo permanecían\, ocultos en domicilios particulares\, maiormente en man dos seus descendentes\, fóra en definitiva da mirada pública. \n\n\n\nO museo municipal “Quiñones de León” ten a honra de sacar da sombra do esquecemento estas obras de asombrosa factura e calidade\, moi por riba do que se esperaría dunhas pinturas de afeccionadas. Cerca de 40 pezas presentadas baixo unha mirada actual e contemporánea; poñendo en valor\, en definitiva\, ás dúas pintoras\, facéndoas accesibles á mesma comunidade que as veu nacer máis dun século antes\, a cidade de Vigo. \n\n\n\nAs lembranzas sobre lenzo de dúas mulleres da alta burguesía viguesa que pintaban as súas paisaxes preferidas… Vigo\, Baiona\, A Toxa\, Sevilla\, Biarritz; que facían retrato dos seres queridos e dos anónimos\, persoas\, mascotas…; de esceas que falan da súa vida íntima e cotiá. Estas obras presentadas no seu contexto social e cultural arroupadas meticulosamente por outros cadros\, moitos asinados por mulleres; por documentos\, obxectos persoais… préstamo de particulares e de institucións como o Museo de Pontevedra\, a Fundación Penzol ou a Fundación Rosalía de Castro. \n\n\n\nEn definitiva unha exposición reveladora que sen dúbida vai marcar un antes e un despois na historia da creación plástica feminina en Galicia\, na historia da arte galega. \n\n\n\n(Texto da páxina da exposición na web do Concello de Vigo).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/visita-guiada-pinceladas-do-esquecemento
LOCATION:Pinacoteca Fdez del Riego\, Rúa Abeleira Menéndez 8\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,arte
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-02-22-VisitaGuiadaMolinsChao2.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR