BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240117T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240117T210000
DTSTAMP:20240109T171524Z
CREATED:20240109T171522Z
LAST-MODIFIED:20240109T171524Z
UID:3279-1705519800-1705525200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club lectura. Xaneiro
DESCRIPTION:Materia. Yolanda Castaño\n\n\n\nO mércores 17 de xaneiro teremos a xuntanza mensual do Club de lectura do Ateneo Atlántico. Neste caso comentaremos o poemario Materia. Na sesión\, aberta ao público xeral\, participará a autora\, Yolanda Castaño\, que lerá para nós algúns dos seus poemas. O acto comezará ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nMateria\n\n\n\nO poemario Materia (Xerais 2022) acadou o Premio da Crítica de poesía galega 2022 así como o Premio Nacional de Poesía 2023.“Legados\, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas\, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte\, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta poética de Yolanda Castaño na que cada estado da materia se expresa nun propio ton”.Texto da ficha do libro en Edicións Xerais. \n\n\n\n \n\n\n\nYolanda Castaño\n\n\n\nYolanda Castaño (Santiago de Compostela\, 1977)\, licenciouse en Filoloxía e realizou estudos audiovisuais na Coruña. Activa dinamizadora cultural\, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica – Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014)\, o Festival de Poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador»\, na illa de San Simón. Alén diso\, ofrece obradoiros literarios\, recitais\, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país\, por toda Europa e América\, ademais de Tunisia\, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas\, de traducións de poesía e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas\, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras\, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía\, téndose traducido en parte a máis de quince linguas. Autora multipremiada (Premio da Crítica Española 1999\, Premio Espiral Maior 2007\, Premio Ojo Crítico 2009\, Premio Fundación Novacaixagalicia\, entre outros) Yolanda Castaño conta con sete poemarios individuais entre os que salientan «Vivimos no ciclo das Erofanías»\, «O libro da Egoísta»\, «Profundidade de campo»\, «A segunda lingua» ou «Materia» (Xerais\, 2022) Premio Nacional de Poesía\, 2023. É autora tamén de edicións bilingües destes poemarios para Visor libros\, un par de escolmas persoais\, algunhas plaquettes e catro libros de poesía infantil\, ademais de obras asinadas como editora e tradutora. En 2018 publica «O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético» (Xerais\, 2018) e en 2021 escribe «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias» (Xerais\, 2021).Ficha de Yolanda Cataño en Edicións Xerais.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-lectura-xaneiro
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-01-17-ClubLecturaYolandaCastano.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240123T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240123T210000
DTSTAMP:20240109T174734Z
CREATED:20240109T174731Z
LAST-MODIFIED:20240109T174734Z
UID:3286-1706038200-1706043600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O carballo de Padroso
DESCRIPTION:Presentación do libro colectivo homenaxe a O carballo de Padroso. Terá lugar na biblioteca da EMAO o martes 23 de xaneiro ás 19.30 horas. Contaremos coa presenza de Bieito Ledo e Xesús Alonso Montero. A achega musical correrá a cargo de Carmen Pením e Maurizio Polsinelli\, e os escritores Secundino Diz\, Antonio Díaz Pedreira e Stella Maris González Balbuena lerán os seus poemas. \n\n\n\n\n\n\n\nO carballo de Padroso\n\n\n\nO Ateneo Atlántico quere sumarse ás homenaxes que está a recibir o centenario Carballo de Padroso.Padroso pertence ao municipio ourensán de Xunqueira de Ambía. De Padroso é natural Bieito Ledo e do seu maxín naceu a idea de render homenaxe ao símbolo máis preeminente da parroquia que o veu nacer: o seu carballo centenario\, o Carballo de Padroso.Froito da homenaxe a este carballo situado en pleno silencio da natureza (‘a esencia do lugar e a vida de Padroso’)\, no Camiño Mozárabe de Santiago\, é o libro que hoxe traemos para compartir con algúns dos seus autores. O carballo de Padroso (Fundación Bieito Ledo).No libro colaboran ata trinta autores cos seus relatos\, debuxos e imaxes. Autores como Méndez Ferrín\, González Tosar\, Alonso Montero\, Modesto Hermida ou Antón Pulido. \n\n\n\nO carballo de Padroso\, o principio dun camiño literarioAlberto Barciela\n\n\n\nA continuación propoñemos a lectura do texto “O carballo de Padroso\, o principio dun camiño literario”\, escrito por Alberto Barciela no diario dixital O Barbanza \n\n\n\nOs poetas escriben de palabras con palabras\, madeira da mesma árbore da que haberá de nacer o papel dos dicionarios\, dese bosque máxico de significacións. É o parto endogámico: da palabra o verso\, do verso o poema\, do poema ao mundo. A creación é explicada en si mesma cada vez que brota unha árbore\, como as viaxes nacen cun primeiro paso. En cada vocábulo atópase a inspiración\, unha declaración ou exposición de calquera materia\, doutrina ou texto\, que crece coma un fractal\, coma unha mesma estrutura\, fragmentada o aparentemente irregular\, que se repite a diferentes escalas e tamaños.Todas as árbores\, como o carballo de Padroso\, todos os bosques\, como os bardos\, transmiten a mesma mensaxe: xustifican a existencia\, a natureza\, a nós mesmos\, e fano con beleza.Din que as Árbores do Paraíso son dous arbustos descritos na historia do Xardín do Edén\, no Antigo Testamento. Unha é coñecida como a Árbore da Vida e a outra como a Árbore do Coñecemento do Ben e do Mal. A cultura enraízase nun dos símbolos sagrados dun ser libre para pensar\, pecar -comer a mazá-\, pero tamén para crear\, investigar\, gozar\, queimar.A historia conta que a árbore datada como a máis antiga da terra foi descuberta despois de matala. En 1964\, un xeólogo chamado Donald Currey que intentaba desenvolver unha liña do tempo glacial en Wheeler Peak\, Nevada\, EE UU\, utilizou unha especie de barrenador para facer mostras dos troncos no seu estudo\, pero nun deles\, etiquetado como WPN-114\, alcumado como Prometheus-\, quedou atrapado. O científico avisou ao Servizo de Montes\, que finalmente decidiu cortar. Despois de contar os aneis do tronco\, descubriron que mataran un exemplar de 4.844 anos. Cada árbore xira todos os seus anos\, progresivamente\, sen descartar o seu pasado e asumir o seu futuro\, en principio aprendendo dos seus erros. É en si unha gran alegoría da evolución.Entre a mazá metafórica de Adán e Eva ata que Newton advertiu a forza da gravidade na caída natural dun froito\, intuímos a importancia da relación do ser humano co medio\, coa natureza\, co seu hábitat\, co que acolle. Aliméntanos\, espiritual e fisicamente\, e fanos esperar comprender a importancia da sostibilidade. É esencial para sobrevivir.É evidente que as árbores nunca se agacharán para alimentar as xirafas\, pero debemos veneralas como fieis compañeiras\, coidalas como parte esencial de cada ambiente\, utilizalas racionalmente. Recoñecer\, como dicía Castelao\, que nos dan o froito\, que lle piden auga ao ceo\, que nos ofrecen sombra fresca no verán e calor acolledor no inverno.Temos que pedir perdón á nai natureza. A contaminación dos mares e a súa plastificación\, a mala xestión da auga\, a sobreexplotación dos bosques\, os residuos xerados por unha civilización abafante e consumista\, provocan o cambio climático\, producen o efecto invernadoiro\, e provocan incendios\, inundacións\, tifóns e outras dramáticas circunstancias\, que algúns aínda intentan xustificar con delirios diversos mentres aplican ou permiten políticas de sobreexplotación\, destrutivas.Pregúntome se algunha vez\, nos seus parladoiros encantados\, os carballos galegos propuxeron mirarnos con reproche\, mentres nós pensamos racionalmente en cortar a súa conversa secreta ou en permitir que o lume tramposo os consuma.Estamos matando o Paraíso. Polo menos o que coñecemos\, o que habitamos. E sen bosques non haberá poesía\, nin vida\, nin sequera mazás coas que facer xermolar os pecados de amor no planeta azul e verde.Se o pensamos\, é posible un mañá mellor\, hoxe é o fume o que nos indica onde está o bosque. O filósofo chinés\, Lao-tzu\, que viviu hai 2.500 anos\, escribiu que “unha árbore enorme crece dun brote tenro. Un camiño de mil pasos comeza cun só paso”.Ledos\, como irmáns\, abracémonos baixo a fermosa sombra da convocatoria de Bieito\, un ser sensible que sabe de arbores\, letras\, cultura e amizade.O carballo de Padroso e máis que unha fermosa metáfora\, é unha bandeira.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-carballo-de-padroso
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-01-23-CarballoPedroso.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240130T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240130T210000
DTSTAMP:20240119T120129Z
CREATED:20240119T120126Z
LAST-MODIFIED:20240119T120129Z
UID:3292-1706643000-1706648400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:De aquelas loitas\, estes dereitos (2)
DESCRIPTION:Claves do movemento feminista\n\n\n\nSegunda entrega desta actividade\, De aquelas loitas\, estes dereitos: claves do movemento feminista\, no que Cristina Louzán e Priscila Retamozo conversan sobre os fitos fundamentais da historia do movemento feminista\, pasos que resultaron fundamentais para avanzar cara á situación actual de recoñecemento de dereitos das mulleres dentro da sociedade. \n\n\n\n\n\n\n\nPriscila Retamozo\n\n\n\nPolitóloga\, Máster en Igualdad de Género en la Universidad de Málaga. Coordinadora del proyecto coeducativo Comando Igualdad. Estancia en 2018 en la Secretaría Técnica contra la violencia de género en ONU mujeres- Ecuador. Coautora\, junto a Chis Oliveira\, del libro “Comando Igualdade: A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!” y “La revolución feminista en las aulas”. Consultora\, ponente y formadora en igualdad de profesorado\, alumnado y familias. Presentadora del programa Histérikas Histórikas. Galardonada con el Premio Emilia Pardo Bazán en la categoría Feminismo en 2022. Activista feminista. O acto terá lugar o martes 30 de maio\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da Emao. \n\n\n\nCristina Louzán\n\n\n\nGraduada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo no 2014 e máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible\, traballou durante 5 anos en consultoría estratéxica para o desenvolvemento económico costeiro\, tanto a nivel local como en cooperación internacional. Entre outras tarefas\, participou en proxectos dende unha perspectiva de xénero\, apoiando consultas e grupos de traballo para coñecer as situacións e necesidades específicas das mulleres.Nesta liña\, no ano 2021 complementou os seus estudos cun posgrao de Axente de Igualdade pola UNED e especializouse en historia do movemento e teoría feminista coa Universidade de Coruña. Actualmente\, é formadora en igualdade e teoría feminista dirixida á comunidade educativa e á cidadanía a través dos CIM\, Concellos e Deputación. Tamén realiza asesoramentos a profesionais e entidades para a aplicación da perspectiva de xénero en diferentes proxectos.Dende 2020 pertence e colabora coa comunidade “Ensaia” que pon en marcha acompañamentos\, mentorías e o outorgamento dunha bolsa económica anual á mocidade co o obxectivo de promover o talento galego mediante o impulso das súas traxectorias profesionais.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/de-aquelas-loitas-estes-dereitos-2
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-01-30-MovementoFeminista2.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR