BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231108T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231108T203000
DTSTAMP:20231009T093340Z
CREATED:20231009T093337Z
LAST-MODIFIED:20231009T093340Z
UID:3112-1699468200-1699475400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Novembro
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de Lectura para ler ao longo do mes de outrubro e comentar o 8 de novembro é Tirano Banderas\, de Ramón María del Valle-Inclán. \n\n\n\n\n\n\n\nPublicada en 1926\, é a primera novela do ciclo esperpéntico e á que seguirá a serie ‘El ruedo ibérico’ (1927). Está considerada a obra cume no desenvolvemento deste subxénero novelístico. Está incluída entre as 100 mellores novelas en español do século XX na selección realizada polo diario El Mundo dentro do seu proxecto Millenium. \n\n\n\nA novela narra a caída do ditador suramericano Santos Banderas\, que dirixe a rexión ficticia de Santa Fe de Tierra firme de modo despótico e cruel manténdose no poder grazas ao terror e á opresión. A obra describe o comportamento do tirano e o comezo dun movemento revolucionario que acabará por derrocalo ante a súa torpeza.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-novembro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-11-09-ClulecturaTirano.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231109T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231109T210000
DTSTAMP:20231109T115957Z
CREATED:20231030T120720Z
LAST-MODIFIED:20231109T115957Z
UID:3158-1699556400-1699563600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Adolescencia e pornografía
DESCRIPTION:As consecuencias na adolescencia do modelo pornográfico\n\n\n\nPepe Cabido e Chis Oliveira conversan sobre as consecuencias que ten o modelo pornográfico na adolescencia. Será o xoves 9 de novembro\, ás 19.00 horas\, na Casa Galega da Cultura. \n\n\n\n\n\n\n\nPepe Cabido\n\n\n\nXosé Cabido Pérez. Licenciado en Filosofía pola USC. Profesor de filosofía desde 1992\, actualmente no IES Antón Fraguas de Compostela. Recoñecemento por parte da Consellería de Educación para impartir Igualdade.Profesor titor do curso Formación Inicial en igualdade dirixido aos novos e novas docentes desde oano académico 2018-19.Membro do SN do sindicato STEG\, do que foi responsable da Secretaria de Acción Política desde o ano 2006 ate o ano 2011. Organización especialmente recoñecida polo traballo coeducativo e por unha acción política feminista.Membro do equipo de igualdade do IES Fontexería de Muros desde o 2014-15 e agora do IES Antón Fraguas de Compostela desde o curso 2020-2021. Participa nos proxectos Donas de si e 365 en igualdade desde o curso 2014-15 ata a súa refundición no Iguala-T.Realización co alumnado de 3º da ESO e de 4º da ESO do IES Fontexería de Obradoiros de novas Masculinidades no centro desde o curso 15-16. Realización co alumnado de 1º Bach. do IES Fontexería dun Obradoiro de novas Masculinidades en Guimarães desde o curso 16-17. Realización de obradoiros dirixidos a homes en numerosos centros de Galiza.Como membro do equipo de igualdade do IES Fontexería de Muros recibiu o III Premio Concepción Arenal 2016: “Proxectos educativos en Educación secundaria” que titularon Nós tamén Navegar. Premio de innovación educativa do Plan LIA de bibliotecas escolares da Consellaría de educación na modalidade intercentros de traballos por proxectos: un proxecto de filosofía desde secundaria para infantil e primaria: “Atrevéndonos a valorar o valioso”. Curso 16-17. Premio Educacompostela (segundo) por material educativo innovador: Proxecto intercentros de mitoloxía para crianzas. Proxecto de filosofía con alumnado de secundaria\, primaria e infantil. Curso 15-16. Coordinador de varios grupos de traballo no IES Fontexería entre os que gosta destacar do GT “Traballo por proxectos dende a Biblioteca” vencellado o pensamento crítico e á filosofía.Participación en numerosas xornadas e cursos sobre coeducación e igualdade en calidade de asistente e relator. Colaboración co CAFI\, CFRs e a Secreretaría de Igualdade na formación de profesorado para o traballo en igualdade nos centros\, en especial nos obradoiros separados por sexos.Coautor do libro de texto Filosofía 1º de Bacharelato de Eitorial Galaxia.Artigo en Aulas Libres (Revista de pensamento\, información e debate do STEG) Nº 10 pax: 9\,10 e 11 ISSN: 2340-8618 Título: Novas masculinidades.Artigo na REVISTA COMMUNIARS JOURNAL#2 aloxada no sitio web da Universidade de Sevilla: institucional.us.es. Título: Tenemos derecho. Una experiencia educativa intercentros sobre la necesidad de aprender a valorar o valioso.Artigo na Revista Galega de Educación de Nova Escola Galega co título: Ser home na escola: un proxecto para os homes de secundaria. Número 77. Xuño de 2020.Artigo na REVISTA en GRIAL: A coeducación na escola: unha cuestión de homes. Número 232. 2021Artigo na revista da Consellaría de Educación EDUGA. Revista galega do ensino co título: A masculinidade: mediación\, inclusión e resolución de conflitos (pendente de publicación). \n\n\n\nChis Oliveira\n\n\n\nMercedes Oliveira Malvar. É catedrática de Filosofía e doutórase no 97 cunha tese en educación afectivo-sexual. Foi tamén profesora en diferentes Mestrados de Xénero (das universidades de Vigo\, A Coruña e Córdoba).Foi presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003).É membra fundadora de Enxergo e Nexos de Didáctica da Filosofía\, (grupo de referencia en Galicia na elaboración de libros de texto\, materíais curriculares e na formación do profesorado).Hai 10 anos montou o Comando Igualdade\, grupo de máis de 100 estudantes de Instituto e universidade que levan a cabo intervencións en espazos educativos e sociais para promover relacións igualitarias.Premios.-Educación y Sociedad\, Premio Irene\, Viguesa Distinguida\, “Madre de la Coeducación” CLAVICO 2020\, o de Mulleres en Acción e o Premio Ernestina Otero.Libros publicados.- É autora dunha trintena de libros entre os que destacan: “Ám@me” (Galaxia) e “Amarte. Pensar el amor en el siglo XXI” (La Catarata).Nnumerosos artigos en revistas especializadas\, libros de texto e materiais didácticos de Filosofía\, Ética\, Antropoloxía e Cidadanía. O último\, xunto con Priscila Retamozo : “Comando Igualdade. A Mocidade facendo a revolución feminista nas aulas”.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/adolescencia-e-pornografia
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-11-11-AdolescenciaPornografia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231113T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231113T210000
DTSTAMP:20231110T164429Z
CREATED:20231107T100030Z
LAST-MODIFIED:20231110T164429Z
UID:3171-1699903800-1699909200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo: Gaza
DESCRIPTION:Nun momento de intensidade extrema no conflito palestino-israelí\, o cinemAteneo organiza e emisión da película documental Gaza\, de Carles Bover e Julio Pérez. Será o luns 13 de novembro\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. Para comentar a película contaremos coa presenza de Mohamed Safa. \n\n\n\n\n\n\n\nA través de diversos personaxes coñeceremos sobre o terro o sufrimento da poboación palestina na Franxa de Gaza\, así como a situación de bloqueo permanente á que está sometida polo estado de Israel. \n\n\n\nO Ateneo Atlántico quere agradecer á produtora El retorno producciones pola cesión desinteresada dos dereitos para poder exhibir hoxe a película. \n\n\n\nGaza\n\n\n\n\nCurtametraxe gañadora do Goya ao Mellor Documental 2019.\n\n\n\nEspaña. 2018.\n\n\n\nDirección e Produción: Carles Bover Martínez e Julio Pérez del Campo\n\n\n\nGuión: Carles Bover\n\n\n\n\nMohamed Safa\n\n\n\nNacido en Cisxordania\, territorio palestino ocupado polo estado de Israel desde 1967\, Mohamed Safa estudou na Universidade de Santiago e exerce como oftalmólogo en Corcubión.Activista incansable en defensa dos dereitos dos palestinos\, dedica todo o seu esforzo a facer visible a causa do seu pobo tentando chegar máis alá do discurso oficial e do relato imposto polos grupos de poder.Participou en numerosas mesas e conferencias así como na publicación de artigos sobre o conflito.Ten publicados varios libros que profundizan no conflito e entre os que podemos destacar: Palestina\, un berro pola liberdade (Do Castro\, 2003) ou A revolución árabe. Democracia\, nacionalismo e relixión (Hoja de Lata\, 2017).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-gaza
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-11-22-CineGaza.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231114T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231114T210000
DTSTAMP:20231024T152448Z
CREATED:20231024T105326Z
LAST-MODIFIED:20231024T152448Z
UID:3153-1699990200-1699995600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Realidades e mitos da IA
DESCRIPTION:Mitos e realidades da Intelixencia artificial. Martes 14 de novembro\, 19.30 horas\, biblioteca da EMAO. Con Antonio Torrado. Presenta Luís Otero. \n\n\n\n\n\n\n\nIntelixencia Artificial. Disciplina científica que se ocupa da creación de programas informáticos que executen operacións comparables ás que realiza a mente humana\, como a aprendizaxe ou o razoamento lóxico (RAE).Para falar dos mitos e as realidades que se están a xerar arredor da IA contamos con Antonio Torrado. \n\n\n\nChegará o día en que as máquinas serán máis intelixentes que os seres humanos?As dúbidas xorden en moitas ocasións a partir dun malentendido subxacente no propio termo elixido para referirse a esta disciplina científica; cando se utiliza a expresión “IA” para falar dun ente artificial dotado de inteligencia\, a polémica está servida. Entramos no mundo da ciencia-ficción.No extremo contrario están os innegables e ás veces abrumadores avances nesas máquinas\, ou mellor neses programas\, quen de emular as diversas habilidades da intelixencia humana.Os precursores\, Kai-Fu Lee\, falan da Intelixencia Artificial como dunha nova “electricidade”\, un soporte quase enerxético quen de estar presente na realidade de hoxe en día.Moitos dos produtos que empregan técnicas de IA superan xa as capacidades humanas: a máquina que gaña ao campión mundial de xadrez ou a excelentes xogadores de poker. Malia a estratosférica cantidade de bytes necesarios\, as máquinas poden adquirir novos coñecementos\, poden ‘aprender’. \n\n\n\nAntonio Torrado\n\n\n\nAntonio Torrado González\, Porto do Son (A Coruña)\, 1969\, é Socio e Director da área de Big Data e IA do Grupo SDG. Conta con máis de 24 anos de experiencia no sector da análise e xestión de datos a gran escala\, acumulando 30 anos no sector Tecnolóxico. Dirixiu diversos proxectos de Datos\, Analítica e Intelixencia Artificial para grandes empresas de todo o mundo utilizando tecnoloxías disruptivas e de innovación.Antonio traballa directamente con cada cliente mediante análises avanzadas que converten Big Data en información útil e melloran a toma de decisións nas principais empresas nacionais e globais. Na actualidade\, dirixe diversas áreas corporativas\, entre elas as áreas de Tecnoloxía de Datos e Intelixencia Artificial\, os SDG Innovation Labs\, así como a fundación e desenvolvemento de SDG Galicia.Comezou a súa carreira profesional en Gran Bretaña como Enxeñeiro de Deseño de Hardware para posteriormente desenvolver unha carreira no mundo dos datos con importantes empresas como Microstrategy e Hewlett Packard\, ata incorporarse ao Grupo SDG en 2017 como Socio e Director do Big Data & Advanced Analytics. área. Antonio estuda Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela\, para completar os estudos de Física e Electrónica do Estado Sólido na Universidade Complutense de Madrid. En 2002\, realizou un Máster en Automatización pola Universidade do País Vasco.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/realidades-e-mitos-da-ia
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-11-14-IntelixenciaArtificial.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231115T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231115T213000
DTSTAMP:20231108T195020Z
CREATED:20231024T091625Z
LAST-MODIFIED:20231108T195020Z
UID:3149-1700078400-1700083800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. Xaime Toxo
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico organiza a presentación da novela 70º Norte\, de Xaime Toxo\, publicada por Editorial Galaxia. O acto terá lugar o mércores 15 de novembro\, ás 20 horas\, na libraría Versus. O autor estará acompañador por Manolo Bragado e Marcos Calveiro. \n\n\n\n\n\n\n\n70º Norte\n\n\n\nO colapso social acontece nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento.Unha praga contaxiosa con matices de maldición bíblica\, leva á civilización postindustrial aos límites da desaparición. No medio dunha extinción\, sen conciencia do perigo\, un pequeno grupo intúe que o paradoxo da salvación radica nas persoas que permaneceron illadas nos remotos contornos dunha natureza tan implacable como imprescindible.A Colonia é como denominan o campamento nómade onde viven. Moverse cara ao norte non é unha opción\, senón unha condición de supervivencia. A miles de quilómetros do ruído das urbes\, o destino da especie humana está en saberse unha parte máis do planeta que habita. \n\n\n\nXaime Toxo\n\n\n\nXaime Toxo (Bueu\, 1955) é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación\, xestor cultural\, presidente do Ateneo de Pontevedra e escritor.No seu haber conta\, entre outras publicacións\, cos libros de relatos As palabras que move o mar (2015) e Protexer o invisible (2016)\, e os textos poéticos Cadernos do mar (I e II\, 2014)\, en colaboración co pintor Antón Sobral\, e A casa sen nós (2019).Recibiu o Primeiro Premio do Certame “O xadrez faise palabra”\, convocado pola ONCE no ano 2000; accésit do Premio Modesto R. Figueiredo 2002; primeiro Premio do Certame de relatos do Concello de Paradela 2002; primeiro Premio do Certame Manuel Murguía de narracións breves 2004; accésit do Premio Modesto R. Figueiredo 2011 e accésit no Certame Manuel Murguía 2011.70⁰ Norte é a súa primeira novela.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-xaime-toxo
LOCATION:Libraría Versus\, Venezuela 80\, Vigo\, Galicia\, 36204\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-11-15-Presentacion-Xaime-Toxo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231116T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231116T210000
DTSTAMP:20231022T105844Z
CREATED:20231022T105841Z
LAST-MODIFIED:20231022T105844Z
UID:3146-1700163000-1700168400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Nones Araújo
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico ten o pracer e o orgullo de presentar a última novela da nosa socia e amiga Nones Araújo. Tratase da novela ‘A madriña’\, que foi galardonada co premio Alén do Concello de Ares e a Editorial Hércules. No acto\, que terá lugar o xoves 16 de novembro\, ás 19.30 na biblioteca da EMAO\, a autora estará acompañada por Enrique León e a editora\, Laura Rodríguez. \n\n\n\n\n\n\n\nA Madriña\n\n\n\nHércules de Ediciones\, 2023.Era o ano 57 do século pasado. A madriña\, muller entrada en anos\, obriga ao destino a poñer nas súas mans a vida dunha nena que\, filla de pais emigrados\, queda baixo a súa tutela\, en total desamparo. A madriña\, rexida polos mandamentos divinos e convencida de que o sufrimento e o sacrificio son virtudes e non atrancos\, educa a afillada nunha pedagoxía austera na que sempre un censor\, un deus ou un xuíz avaliarían a diario os feitos da pequena.A escola\, as cartas e as fotos que chegan polo océano son as únicas alegrías que ela lle permite nos anos da nenez compartida. Só o avó paterno é quen de demostrarlle cariño\, pois a madriña\, afastada da familia\, interpreta o mundo como un val de bágoas\, sen saber atopar ningún pracer na vida.Ao regreso dos pais de Venezuela\, a vida familiar da nena e dos dous irmáns énchese de gozo pero tamén de desacougos. Só as festas en agosto na aldea mudan o mundo: o bo sempre abonda e o malo semella escaso.Pasados uns anos\, é na cidade de acollida onde comeza o futuro da pequena xa adolescente. Aí vive descubertas marabillosas e outras desacougantes que a empurran a medrar á présa.Estaba escrito nas estrelas —ou só no corazón— que o azar fixese ben o seu traballo: foi o amor o que\, agochado tanto tempo\, lle recuperou a nenez\, sen rancor. \n\n\n\nNones Araújo\n\n\n\nNones Araújo naceu en Riós (Ourense no ano 1953\, viviu en Verín ata os 13 anos e formou en Vigo\, co seu compañeiro de vida\, a súa familia: dúas fillas e un neto.Mestra vocacional\, xa xubilada\, exerceu a profesión en distintas especialidades\, adquiridas ao longo da carreira docente: Preescolar\, Pedagoxía Terapéutica\, Lingua Castelá na Segunda Etapa de E.X.B. e Lingua Galega. Nos últimos quince anos deu clases de secundaria no IES Alexandre Bóveda de Vigo. En etapas anteriores\, no colexio Dr. Fleming\, no CEIP Balaídos e no colexio San Francisco\, de Educación Especial.Comezou a escribir e a participar en certames literarios na xubilación. En 2020 conseguiu o VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra de Parada de Sil. En 2021 gañou o XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo\, o Certame Literario Exeria\, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo xunto coa Fundación Xoán Piñeiro e tamén recibiu o Pedrón de Ouro.Ademais de escribir\, a arte\, tocar a pandeireta\, cantar cantigas maliciosas\, ler e compartir cos amigos andainas e conversas\, enchen felizmente o seu retiro dourado. \n\n\n\n(Textos da Ficha do libro na editorial Hércules)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-nones-araujo
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-11-16-PresentaMadrinhaNones.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231120T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231120T210000
DTSTAMP:20231108T100623Z
CREATED:20231108T100620Z
LAST-MODIFIED:20231108T100623Z
UID:3192-1700508600-1700514000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Pressentación libro: Chisco Fdez Naval
DESCRIPTION:O fascinante inverno do animal de fondo. \n\n\n\nSer cetáceo é o título do último libro de Francisco X. Fernández Naval\, libro que presentará con nós o luns 20 de novembro\, ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. No acto\, o autor estará acompañado de Chis Oliveira e Antonio García Teijeiro. \n\n\n\n\n\n\n\nNa organización deste acto\, xunto co Ateneo Atlántico\, participan a editorial do libro (Bululú)\, a Agrupación Amiga do MARCO e o Concello de Vigo a través da Escola Municipal de Artes e Oficios. \n\n\n\nSer Cetáceo\n\n\n\nSer cetáceo é unha sombra mergullada nas profundidades do mar\, unha silueta que se converte tanto no mito que emerxe baixo a forma de Leviatán como nos mamíferos que\, a diferenza de nós\, se negaron a abandonar os océanos.Esta é unha obra inclasificable\, a recompensa dunha vida adicada ao estudo\, as reflexións dun experto coñecedor do tema que consegue engancharnos e sorprendernos coa súa capacidade de relacionar todo o que nos define como humanos cuns seres tan especiais e próximos como son os cetáceos\, que influíron e inflúen nas nosas existencias dun xeito que nin sequera podemos sospeitar.Estes son os seres que serven de fío condutor nesta viaxe\, os que nos levan dende os gravados nas pedras paleolíticas até a súa caza e explotación nun pasado recente.(Da ficha do libro na editorial Bululú). \n\n\n\nFrancisco X. Fernández Naval\n\n\n\nOurense\, 1956. Narrador e poeta en lingua galega.Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación.En 1980\,  publicou A fonte abagañada\, o seu primeiro poemario\, que daría pé a unha carreira literaria chea de éxitos e variación en distintos xéneros literarios. Dende a poesía á novela pasando polo relato ou a narrativa xuvenil e infantil; dende o ensaio ás guías de viaxe\, artigos en revistas\, guións televisivos\, teatro\, etc.Dende outubro de 2022 forma parte da Comisión de pensamento do Consello da Cultura Galega.Ao longo da súa carreira fíxose acreedor a numerosos premios e recoñecementos literarios entre os que podemos destacar o Premio Xerais (1988 O bosque das antas)\, Premio de poesía Cidade de Ourense (2007 Miño)\, Premio Irmandade do Libro ao mellor libro (2012 A noite branca)\, Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non ficción (2014 O soño galego de Julio Cortázar)\, Premio á mellor obra infantil na IV Gala do Libro Galego (2018 Os contos da avoa Pepa)\, Diploma de Poetae Insignis da Comissioni di Lettura Internazionale\, Trento\, Italia\, e un longuísimo etcétera.No eido do ensaio\, ao que pertence a obra que hoxe nos presenta\, tocou os temas literarios (Respirar polo idioma ou O soño galego de Julio Cortazar)\, as guías de viaxe (sobre A Coruña\, Pereiro de Aguiar\, Ourense ou Ribeira Sacra)\, a memoria histórica (á que nos achegou\, tamén\, a través dos guións documentais)\, e os relacionados\, como este de hoxe\, coa natureza.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/pressentacion-libro-chisco-fdez-naval
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-11-20-PresentacionFdezNaval.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231122T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231122T210000
DTSTAMP:20231107T094954Z
CREATED:20231106T101841Z
LAST-MODIFIED:20231107T094954Z
UID:3174-1700679600-1700686800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Elvira Landín
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de recoñecemento a Elvira Landín pola súa traxectoria en prol da defensa xurídica dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores\, iniciada en tempos do franquismo. O acto de nomeamento como Socia de Honra do Ateneo terá lugar o mércores 22 de novembro\, ás 19 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nNo acto participarán numerosas persoas que\, dalgún xeito\, tentarán xustificar o nomeamento de Elvira Landín como socia de honra do Ateneo Atlántico. Intervirán\, entre outras\, Ana Gandón\, Manuela Carmena\, Matías Movilla\, Xabier Pérez Davila\, Tito Ucha\, etc. \n\n\n\nA pincelada musical correrá a cargo de Su Garrido Pombo\, que ao longo da sesión nos deleitará con algunhas das súas cancións.Ao final compartiremos un rato de lecer con Elvira arredor duns petiscos e un viño galego. \n\n\n\nA entrada será libre ata completar o aforo do local. \n\n\n\nElvira Landín AguirreBilbao\, 1944.Estudou Dereito na Universidade de Deusto.No ano 1967  desprázase a Madrid e comeza a traballar para  a clandestina CCOO.Eran os tempos dos despachos “laboralistas” e en Madrid coincide e traba amizade con outras avogadas que\, como ela\, empezan a defender profesionalmente a clase obreira como Manuela Carmena\, Cristina Almeida ou Paca Sauquillo.Nos anos 70 instálase en Vigo e funda xunto con Fernando Randulfe o primeiro despacho laboralista do sur de Galicia\, único existente durante o franquismo.Viviu activa e intensamente todas as loitas obreiras desde a cidade de Vigo e\, en especial\, as folgas do 72.Recibiu numerosos recoñecementos sociais polo seu labor e traxectoria: Militantes da esquerda galega\, Comisións Obreiras\, Fundación 10 de marzo\, etc.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/elvira-landin
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-11-22-HomenaxeElviraLandin.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231123T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231123T210000
DTSTAMP:20231107T113411Z
CREATED:20231107T113408Z
LAST-MODIFIED:20231107T113411Z
UID:3182-1700767800-1700773200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Coidando a democracia
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico ten o pracer de presentar a Manuela Carmena que vai conversar con nós sobre ‘coidar a democracia’. O acto terá lugar o xoves 23 de novembro\, ás 19.30 horas\, no auditorio da sede de Zona Franca (rúa Oporto 3). Carmena estará acompañada por Teresa Conde-Pumpido e Luísa Abad\, Presidenta do Ateneo\, que actuará como presentadora.A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nEn xaneiro de 2020\, e despois de deixar a alcaldía de Madrid\, Manuela Carmena creaba o foro ‘Coidar a democracia’\, coa idea de ‘contribuír ao debate\, a reflexión e á acción política’\, prestando especial atención á abordaxe de temas como a ‘xestión pública e a democracia’.“Estamos lonxe de superar ese cansazo coa política que expresa unha porcentaxe moi significativo da poboación”. “Os partidos de dereita e extrema dereita anunciando permanentemente un ataque sen cuartel” aos gobernos lexitimamente elixidos”. “Coidar a democracia” é\, tamén\, “gobernar ben e xestionar ben”. “Este escenario -a chegada da extrema dereita ás institucións- ten consecuencias desastrosas para o conxunto da nosa sociedade pero sobre todo para as personas e familias máis vulnerables\, que son quen máis necesitan as políticas públicas. Por isto\, defender a este goberno non é só responsabilidade das xentes de ezquerdas senón de cualquera demócrata”. “Para logralo -un goberno de esquerdas na cidade de Madrid- debemos ofrecer un horizonte de progreso creíble e desexable”. \n\n\n\nManuela Carmena Castrillo\n\n\n\nMadrid\, 1944\, é unha xurista española e xuíza emérita do Tribunal Supremo; foi alcaldesa de Madrid de entre 2015 e 2019.Comenzou os seus estudos de derito na Universidade de Madrid pero\, expedientada polas súas actividades en movementos estudiantís democráticos\, houbo de trasladarse a Valencia onde\, na súa Universidade\, obtuvo finalmente o título de licenciatura en 1965.Como avogada\, e canda outros militantes comunistas\, participou na fundación do despacho laboralista do número 55 da rúa Atocha\, en Madrid.Foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial a proposta de Esquerda Unida e unha das fundadoras da asociación progresista Jueces para la Democracia.Entre outras distincións\, en 1986 recibiu o Premio nacional dos Dereitos Humanos\, a Gran Cruz da Orden de San Raimundo de Peñafort (2002)\, a Gran Cruz da Orden El Sol de Perú (2015) ou a Gran Cruz da Orden do Mérito de Portugal (2018).Loitadora incansable polos dereitos humanos\, pola igualdade social e pola democracia\, participou en numerosos actos\, foros de debate\, programas de televisión etc.Ten publicados diversos libros con títulos como Crónica de un desorden: Notas para reinventar la Justicia. Madrid\,  Alianza Editorial\, 1997. Por qué las cosas pueden ser diferentes: Reflexiones de una jueza. Madrid\, Clave Intelectual\, 2014. A los que vienen. Madrid\, Aguilar\, 2019\, ou  Cuentos para soñar un mundo mejor. Madrid\, Península\, 2021. \n\n\n\nMaría Teresa Conde-Pumpido\n\n\n\nPontevedra\, 1951. Avogada\, xuíza e maxistrada\, foi presidenta do Consello Consultivo de Galicia entre 2008 y 2014 e partir de 2005 ocupou praza de especialista na Sala do Social do TSX de Galicia.Exerceu como abogada en Vigo e Pontevedra entre 1977 e 1993 e neste período pertenceu á Confederación de Avogados novos.En 1994 accedeu á Xudicatura e ingresou en Xuíces para a Democracia. Como xuíza foi titular  sucesivamente en Santa Cruz de Tenerife\, Pontevedra e Vigo.Especializada en xurisprudencia social e familiar publicou o libro Traballo e familia na xurisdición social: conciliación da vida familiar e laboral e protección contra a violencia de xénero (Consello Xeral do Poder Xudicial\, Madrid\, 2007).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/coidando-a-democracia
LOCATION:Sede Zona Franca\, Areal 46\, Vigo\, Galicia\, 36201\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-11-23-CoidandoADemocracia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231128T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231128T210000
DTSTAMP:20231121T184232Z
CREATED:20231121T184230Z
LAST-MODIFIED:20231121T184232Z
UID:3230-1701199800-1701205200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A pegada de Pedro Madruga en Cristóbal Colón
DESCRIPTION:Organizado pola Comisión de Pensamento e Debate do Ateneo Atlántico\, o próximo martes 28 de novembro Ángel Carracelas compartirá con nós os resultados das súas investigacións arredor da galegidade de Cristóbal Colón e a máis que probable relación con Pedro Madruga. O acto terá lugar no martes 28 de novembro\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. A presentación correrá a cargo de Teresa Conde Pumpido.  \n\n\n\n\n\n\n\nÁngel Carracelas Requejo\n\n\n\nCangas do Morrazo\, 1962). Relacionado profesionalmente co mundo do mar e cun amplo percorrido nos seus máis de trinta años de experiencia no sector pesqueiro\, o noso invitado amósanos outra faceta moi diferente da súa vida ao declararse un apaixonado da historia e a investigación\, compartindo deste xeito con todos nós o froito de máis de dez anos de traballo recompilado no ensaio que leva por título “La huella de Pedro Madruga en Cristóbal Colón”.Trátase dun rigoroso estudo a través do cal defende a Galicia como berce de nacemento do descubridor\, así como tamén a máis que posible relación con D. Pedro Álvarez de Soutomaior (Conde de Caminha\, Vizconde de Tui e Mariscal de Baiona)\, popularmente coñecido por Pedro Madruga\, como o outro-eu do Almirante da Mar Océana. \n\n\n\nPolo seu alto contido historiográfico\, cómpre salientar deste traballo (ademais da aportación masiva de documentación inédita e outra perspectiva de análise e argumentación) o feito de figurar depositado nos fondos dalgúns dos máis relevantes arquivos e museos. Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid)\, onde tivo o privilexio de estar exposto durante algo máis de veinte días na Sala de Investigadores de dito arquivo por iniciativa da Xefa de Referencias do propio Arquivo\, Dona Isabel Aguirre Landa\, autora\, entre outros traballos\, da transcrición do xuízo a Colón\, coñecido na historia como o “Xuízo de Bobadilla”. Arquivo Xeral de Indias (Sevilla). Palacio de Tordesillas (Valladolid) (Centro Tordesillas de relacións con Iberoamérica-Universidade de Valladolid-Casas do Tratado). Museo Marítimo de Asturias. Museo Massó (Bueu). Catedral de Tui. Mosteiro de San Xoán de Poio. Mosteiro de Santa María A Real de Oseira (Ourense). Museo Casa Colón Galego en Portosanto (San Salvador de Poio). Pontificio Colexio Español San Xosé (Roma). Universidade Pontifica Gregoriana (Roma). Biblioteca Vaticana (Vaticano). Arquivo histórico provincial (Pontevedra). Arquivo da Deputación de Pontevedra. CUVI. Museo da Construción naval (Ferrol). Museo da Casa da Navegación (Baiona). Asociación de mariñeiros artesáns e deportivos San Miguel de Bouzas. \n\n\n\nUn traballo que tamén ten ido a parar aos fondos privados de personaxes tan relevantes como Cristóbal Colón de Carvajal y Gorosábel (actual descendente de Cristóbal Colón)\, Arturo Pérez Reverte\, Juan Eslava Galán\, Javier Sierra e o Papa Francisco. \n\n\n\nEn definitiva\, unha fascinante viaxe polo medievo e unha sorprendente revelación sobre a identidade do home que conseguiu cambiar coa súa xesta o rumbo da historia e a humanidade. Sen esquecer a reivindicación de xustiza que representa pola débeda histórica contraída con Galicia desde hai algo máis de cincocentos anos. Significando todo isto\, unha importante achega e avance á tese galega.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-pegada-de-pedro-madruga-en-cristobal-colon
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-11-28-Pedro-Madruga-Colon.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231129T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231129T210000
DTSTAMP:20231109T170544Z
CREATED:20231109T170541Z
LAST-MODIFIED:20231109T170544Z
UID:3207-1701284400-1701291600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Camino de inclusión
DESCRIPTION:O libro que hoxe presentamos\, ‘Camino de la inclusión’\, é un proxecto colectivo editado coa intención de axudar\, acompañar e diminuír o medo das persoas que padecen un TDAH\, aos seus familiares e ao profesorado. Será o mércores 29 de novembro\, ás 19 horas\, no auditorio da Zona Franca (entrada por rúa Oporto 3). Estarán presentes as autoras\, presentadas por Manuela del Palacio\, presidenta do Colexio de Psicoloxía. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro está editado por Pilar Castiñeira\, da asociación ANHIDA Coruña (Asociación de nenos con déficit de atención con/sen hiperactividade).Os textos foron redatados polo equipo de edición de ANHIDA.Os contidos psicopedagóxicos corresponden a Luísa Abad\, Elena Pardo e Berta Pérez\, as tres psicopedagogas\, e mentres Luísa e Berta traballan en departamentos de orientación de institutos\, Elena é profesora asociada da Universidade de A Coruña. \n\n\n\nAs catro\, Pilar\, Luísa\, Elena e Berta estarán presentes no acto e serán presentadas por Manuela del Palacio\, presidenta do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. \n\n\n\nEstá escrito en rexistros variados: as nais de María e Pedro (nomes de ficción) falan a través dos seus relatos; os profesionais introducen os últimos estudos científicos sobre o trastorno\, abórdanse os cambios lexislativos que se veñen producindo nos últimos anos no país en materia de atención á diversidade\, e todo iso ilustrado con “pequeniños anacos de vida”.O título do libro ‘Camiño da inclusión’ é unha referencia explícita xa que\, como noutros moitos casos de atención á diversidade\, nos últimos anos avanzamos cara á inclusión en todos os ámbitos\, aínda que este camiño non chegou ao seu fin\, aínda temos un longo camiño por percorrer. \n\n\n\nO proxecto é froito do esforzo da Asociación ANHIDACORUÑA e especialmente da súa xunta directiva e de varios profesionais do ensino. Contén moitos momentos da súa historia\, as dificultades que aparecen a diario e os recursos empregados para poder afrontalas e superalas con éxito.Pretende demostrar que nada é imposible se unimos as nosas vontades e que con esforzo e tesón podemos acadar o noso obxectivo. Cando nenos\, profesionais e familiares empurran na mesma dirección\, superan todos os obstáculos que se interpoñen. Sabendo isto\, poderemos achegarnos ao que nos queda con serenidade e optimismo. \n\n\n\nNeste enlace á web de ANHIDACORUÑA podedes consultar e descargar o libro completo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-camino-de-inclusion
LOCATION:Sede Zona Franca\, Areal 46\, Vigo\, Galicia\, 36201\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-11-29-CaminoInclusion.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231130T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231130T210000
DTSTAMP:20231120T105723Z
CREATED:20231109T163729Z
LAST-MODIFIED:20231120T105723Z
UID:3195-1701370800-1701378000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo: Las vencidas y no derrotadas
DESCRIPTION:Memoria oculta do franquismo. Mentres haxa vontade de loitar\, haberá esperanza de vencer. O 30 de novembro\, en colaboración con Amnistía Internacional\, presentamos o documental Las vencidas y no derrotadas. Será ás 19 horas no auditorio da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía 16) e contaremos coa presenza da directora\, Mau Cardoso. Presentan Purificación Silva e Ángeles Míguez. \n\n\n\n\n\n\n\nLas vencidas y no derrotadas\n\n\n\nEn 1936\, tras o golpe de estado de Franco contra a España democrática e a posterior ditadura que seguiu a unha cruenta Guerra Civil\, as mulleres sufriron violencia física\, sexual\, económica\, educativa e política\, que provocou o maior roubo de bebés do mundo. Historia da Europa recente. As vencidas e non derrotadas é un documental cos testemuños destas mulleres\, cuxos rostros levan a pegada das feridas sen cicatrizar. As súas protagonistas fálannos de situacións reais\, revivindo feitos que foron fitos nas súas familias\, vilas e cidades\, apoiados na documentación gráfica de recordos familiares e persoais\, así como en imaxes e audios de arquivos históricos. \n\n\n\n\nEspaña\, 2022\n\n\n\nProdución\, Mª Augusta Cardoso Baptista\n\n\n\nDirección\, documentación e guion\, MAU CARDOSO\n\n\n\nDuración 53 minutos\n\n\n\nProtagonistas: Virtudes Ávila Estanislao\, Juana Díaz Domínguez\, Manuel Fernández Rodríguez\, Pilar Garrido Cendoya\, Francisca Maqueda Fernández\, Felipa Medrano Soto\, Elsa Osaba Bailo\, Manuela Pino Borrero\, Luz María Rodríguez Luque\, Magdalena Soto Guerrero\, Martirio Tesoro Amate.\n\n\n\n\nMau Cardoso\n\n\n\nMau Cardoso desenvolveu a súa carreira como directora\, guionista e documentalista como produtora de cine independente e autoxestionada. En 2015 debutou como directora e guionista con “Desencuentros”\, longametraxe de ficción nomeada pola súa banda sonora nos Premios Asecan do Cine Andaluz 2016.“Así que pasen cen anos”\, de 2017\, é a súa segunda longametraxe de ficción como directora e guionista está centrada na Memoria Histórica de Andalucía.Estreada no XII Festival de Cine Europeo Cidade de Segovia (Muces)\, gañou o Premio á Mellor Produción de Ficción no Festival Internacional de Cine de Autor de Baleares\, Mención Especial do Xurado na 40 Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo e mellor guión do PIFF Paraná Film. Festival (Arxentina).Nomeada\, entre outras\, no Festival de Cine Social e Dereitos Humanos de Chile\, no XV Mostra de Cine e Televisión Feminina en México e no Festival de Cine Subterráneo de Cuzco en Perú. Tamén estivo no IX Ciclo de Cine A Memoria Histórica de Xaén. Numeroso membro da ACA – Academia Andaluza de Cine.É membro de ALMA (Sindicato de Guionistas)\, de CREAMOS (Asociación de Guionistas\, Directores e Directores de Andalucía)\, de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais) e de AAMMA (Asociación Andaluza de Mulleres en Medios Audiovisuais). \n\n\n\nFicha completa da película\, descargable no botón de abaixo \n\n\n\nLas vencidas y no derrotadasDescarga
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-las-vencidas-y-no-derrotadas
LOCATION:Sede Zona Franca\, Areal 46\, Vigo\, Galicia\, 36201\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-11-30-CineVencidasNonDerrotadas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231130T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231130T210000
DTSTAMP:20231122T163054Z
CREATED:20231107T165702Z
LAST-MODIFIED:20231122T163054Z
UID:3185-1701372600-1701378000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Albino Prada
DESCRIPTION:O 30 de novembro\, Albino Prada presenta para nós o seu último libro: Sociedade de mercado ou sociedade decente? No acto estará acompañado pola prologuista do libro\, Yolanda Díaz\, vicepresidenta do goberno de España. Contaremos\, tamén\, con Jorge Luís Bueno Alonso e con Emilio Fernández Zunzunegui que presentará o acto. Lembrade\, será o xoves 30 de novembro\, ás 19.30 horas\, no auditorio da sede de Zona Franca en Vigo (antigo rectorado\, entrada por rúa Oporto 3). \n\n\n\n\n\n\n\n¿Sociedad de mercado o sociedad decente?Crítica de la gran abducción neoliberal\n\n\n\nPublicado pola Universidade de Vigo (2023) e prologado por Yolanda Díaz.Durante os últimos cincuenta anos\, o proceso de incorporación de cada vez máis bens e\, sobre todo\, novos servizos á lóxica dunha economía de mercado foi imparable. Ao mesmo tempo\, aquelas necesidades preferentes cubertas fóra do mercado\, e os prezos\, polo sector público das nosas economías foron limitadas e recortadas. Estas e outras mutacións\, patrocinadas por unha ideoloxía neoliberal que se considera a única razón no mundo\, transformaron as nosas economías de mercado en sociedades de mercado problemáticas.Ante esa mutación e esa lóxica\, este ensaio defende a necesidade colectiva de cambiar o rumbo cara a unha sociedade digna. Aquela no que facemos uso da riqueza para que todos os seus cidadáns (independentemente da casualidade xenética\, familiar\, autonómica\, etc. que lles correspondese) teñan as mesmas oportunidades para unha vida digna. Un uso colectivo porque ninguén\, en ningún lugar do mundo\, ten dereito a todas as riquezas que cren gañar co seu suposto único mérito e esforzo.Con este ensaio o seu autor pecha unha triloxía iniciada coa titulada Riqueza nacional e benestar social (2021)\, á que lle seguiron Traballo e capital no século XXI (2022)\, ambas publicadas polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo e agora dispoñible en acceso aberto en liña neste catálogo.(Da páxina do libro na web da Universidade de Vigo). \n\n\n\nAlbino Prada\n\n\n\nAlbino Prada Blanco (Santa Cruz\, O Bolo\, 1955)  é economista e ensaísta.Os seus campos de traballo céntranse na análise crítica do crecemento e desenvolvemento rexional\, así como nos aspectos ambientais e sociais do mesmo. Sobre esa temática\, ademais de libros e informes técnicos\, ten publicado artigos académicos en revistas españolas e estranxeiras.Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1991)\, é profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo.Foi membro do Consello Galego de Estatística\, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega e Editor dos Documentos do Foro Económico de Galicia (2014-2018).Entre 2006-2018 foi columnista habitual de La Voz de Galicia e na actualidade colabora en medios como Luzes\, Sin Permiso\, Nós Diario ou Tempos Novos.É membro do Consello Científico de Attac España.Ten unha longa produción escrita. Por mencionar só algunhas das súas obras podemos falar de El despilfarro de las naciones (Clave Intelectual\, Madrid\, 2017) ou Crítica del hipercapitalismo digital (Catarata\, Madrid\, 2019)\, ambas presentadas no Ateneo. Ou tamén Chaves da Economía Pública galega\, (xunto con X. Álvarez\, Galaxia 2006)\, Galicia\, unha economía europea (xunto con Santiago Lago Peñas\, Galaxia 2009) ou os libros que\, xunto co que hoxe presentamos\, completa a triloxía que comezou en 2021 con Riqueza nacional e benestar social e Traballo e capital no século XXI (2022).En 1979\, xunto con Abel López Rodríguez\, gañou o Premio de Ensaio da Fundación Premios da Crítica de Galicia por A outra economía galega. \n\n\n\nYolanda Díaz\n\n\n\nYolanda Díaz Pérez (Fene\, 1971) é avogada e dirixente política\, na actualidade ministra de Traballo e Economía Social e vicepresidenta segunda do Goberno de España.Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela\, para despois ampliar estudos en París. Realizou tres mestrados\, en Urbanismo\, en Relacións Laborais e en Recursos Humanos\, materia na que está especializada.Traballou como avogada laboralista en Ferrol.Foi coordinadora xeral de Esquerda Unida\, formación pola que foi candidata á alcaldía de Ferrol e á presidencia da Xunta de Galicia. En 2012 participou na creación da coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE\, xunto con Anova-Irmandade Nacionalista\, Espazo Ecosocialista Galego e Equo-Galicia) Desde as lista de En marea\,  en 2016 resulta elixida para o Congreso dos Deputados en Madrid. É deputada no Congreso dos Deputados desde 2016. Nas eleccións xerais de abril de 2019 e nas de novembro do mesmo ano foi candidata nas listas de En Común-Unidas Podemos pola Provincia de Pontevedra\, revalidando a súa acta de deputada.En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Traballo e Economía Social e Vicepresidenta segunda do goberno de coalición PSOE-Unidas Podemos.No acto de xuramento do cargo de Ministra asomou a súa herdanza sindicalista cando afirmou ‘o principal reto deste país é recuperar o traballo con dereito‘.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-albino-prada
LOCATION:Sede Zona Franca\, Areal 46\, Vigo\, Galicia\, 36201\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-11-24-PresentacionAlbinoPrada.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR