BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231004T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231004T200000
DTSTAMP:20230612T101506Z
CREATED:20230612T101503Z
LAST-MODIFIED:20230612T101506Z
UID:2975-1696444200-1696449600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de Lectura. Xina Vega
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do verán é Ninguén Dorme\, da escritora afincada en Vigo\, Xina Vega. A xuntanza terá lugar o mércores 4 de outubro\, ás 18.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nNinguén dorme é un vómito\, un ouveo. Quere falar do que doe\, da cara oculta da lúa nas relacións cos outros. O sexo\, o corpo como prisión\, como condena. A imposible comunicación\, a mentira da parella\, os medos\, o medo. A violencia estrutural que se exerce con saña sobre o máis débil\, a muller\, o inmigrante… Este é un relato alucinado\, marxinal e onírico que busca retorcer os tópicos\, levalos ao extremo\, volvelos insoportables. Sordidez e poesía\, unha visión enferma na que resoan as voces de Bataille\, Kafka\, Lorca\, Koltés\, Volodine\, Jelinek\, Liddell\, Perec\, Cunqueiro\, Rosalía\, Ferrín\, Pimentel\, Novoneyra… Detrás\, o desexo de nomear o escurecido\, unha voz que despeza o corpo.(Texto da ficha na web da editorial Laiovento). \n\n\n\nRexina (Xina) Vega (Vigo\,1966) é amiga e colaboradora habitual do Ateneo Atlántico. Doutora en Filoloxía románica\, é profesora universitaria e investigadora. Como escritoracéntrase basicamente na narrativa e no ensaio; acadou o Premio Xerais de 2007 coa súa obra Cardume. Ten actuado como crítica literaria e colaboradora en Praza.gal\, A nosa terra\, Grial…
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-xina-vega
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/06/2023-10-04-ClubLectura-XinaVega2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231009T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231009T210000
DTSTAMP:20230929T171430Z
CREATED:20230928T092224Z
LAST-MODIFIED:20230929T171430Z
UID:3068-1696878000-1696885200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Urraca\, cazador de rojos
DESCRIPTION:“Descubrir que o teu avó perseguiu republicanos exiliados en Francia e que colaborou coa Gestapo na captura do líder da Resistencia Jean Moulin non é fácil de dixerir\, pero me dei conta de que sería imposible negar o meu vínculo. Enfronteime ao pasado\, ao meu e ao de todos. Unha catarse que me permitiu desvincularme da infamia.” (Loreto Urraca). \n\n\n\nO cinemAteneo presenta a película documental Urraca\, cazador de rojos. Será o luns 8 de outubro\, ás 19 horas\, no local do Ateneo (Rúa Dr. Cadaval 17). Para a presentación e posterior coloquio\, no que tamén nos falará do seu libro\, contamos con Loreto Urraca\, neta do tristemente protagonista do documental\, e con María Torres (Madrid\, 1961)\, escritora\, memorialista e neta de Arturo Torres\, represaliado polo franquismo. Presenta\, por parte do Ateneo\, Remedios Copa. \n\n\n\n\n\n\n\nA películaUrraca\, cazador de rojos\n\n\n\nPelícula documental de 1 hora de duración.Producida por De Quindrop Produccions Audiovisuals e Sègula Films\, en colaboración con TVE\, Televisió de Catalunya e IB3.Dirixida por Pedro de Echave y Felip Solé.Guion de Pedro de Echave.O documental é un trepidante relato histórico\, rigorosamente documentado\, que retrata a Pedro Urraca Rendueles\, un personaxe sinistro e ambicioso. Tamén é a crónica dunha herdanza maldita a través da mirada crítica da súa neta\, que\, con dignidade e humildade\, denuncia a un avó ao que repudia e se desvincula do seu legado. \n\n\n\nLoreto Urraca\n\n\n\nMadrid 1964. Estuda no Liceo Francés e na Universidade Complutense na que se licencia en Filoloxía Hispánica.En 2008\, a través dun artigo de El País\, descobre a verdadeira identidade do seu avó Pedro Urraca Rendueles\, un policía que o goberno de Franco envía a Francia en novembro de 1939\, para perseguir aos republicanos alí exiliados.Tras anos de investigación en arquivos de Francia e España\, decide divulgar a historia do exilio republicano\, tan pouco coñecida. Sobre todo\, a estreita relación dos franquistas coas policías alemá e francesa na represión sobre os dirixentes políticos da República. Tamén descobre que Pedro Urraca traballou para a Gestapo e que posiblemente estivo implicado na identificación do líderda Resistencia\, Jean Moulin\, o que permitiu a súa captura.En 2013 abre a páxina web pedrourraca.info “Os ollos de Franco en Francia” na que publica informes policiais e listas de republicanos perseguidos.En 2018 publica Entre hienas\, novela que vai pola terceira edición e que amosa un retrato de familia sobre fondo en guerra. Terceira edición en maio de 2019; vén de publicarse Comme des hyènes\, a tradución ao francés da novela.Á parte das actividades propias de promoción da novela\, da charlas en institutos e participa en numerosas actividades de divulgación sobre a memoria histórica en diversos foros (Xornada do libro sobre o exilio español\, Toulouse\, novembro 2018\, Congreso “Do Exilio republicano á Transición democrática”\, Albi e Toulouse\, outubro 2019\, Xornada en torno ao Campo de Concentración de Albatera\, novembro 2019\, Festival de Historia pública\, Universidade Autónoma de Madrid\, outubro 2021 e outubro 2023\, Encontro con descendentes de perpetradores\, Memorial de Neuengamme\, Hamburgo\, xuño 2022\, Xornadas sobre Memoria democrática\, Sanlúcar de Barrameda\, outubro 2022\,Curso “Posmemoria do Franquismo e a Transición”\, Universidade de Valencia\, xullo 2023).Desde 2021 é colaboradora do colectivo internacional Historias desobedientes\, familiares de genocidas pola Verdade\, a Memoria e a Xustiza\, e outros activistas pola memoria en Arxentina e Alemaña.En novembro de 2022 estreouse a documental “Urraca\, cazador de vermellos”\, dispoñible en TV3 e pendente de ser emitido por TVE.En xuño de 2023 prologuei a novela gráfica Chumbo e gualda. Enterro Mexicano De Azaña En Francia. \n\n\n\nO libroEntre hienas\n\n\n\nEntre hieras é unha indagación biográfica baseada en documentos inéditos\, cartas e diarios\, no que a autora desvela o alcance da colaboración entre os franquistas\, os nazis e a Policía do réxime de Vichy\, trazando a peripecia existencial do seu avó\, Pedro Urraca Rendueles\, escuro policía franquista condenado á morte en rebeldía en Francia (1948) por conivencia co inimigo durante a ocupación. Fuxido a Bélxica\, seguiu traballando para o Estado español até 1982.Descubrimos tamén a historia de Antoinette Sachs\, xudía\, pintora e amante de Jean Moulin\, en cuxa vida se cruzou Urraca\, algo que podía selar o destino tráxico do heroe da Resistencia Francesa.Son tamén protagonistas os republicanos españois\, os xudeus e os resistentes\, vítimas da opresión do totalitarismo.Un insólito e valente axuste de contas literario que indaga na memoria dos personaxes para denunciar a crueldade egoísta duns fanáticos con poder. Unha obra dacabalo entre a ficción e a Historia\, que permite profundar na figura de Pedro Urraca\, «o cazador de vermellos»
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-urraca-cazador-de-rojos
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/09/2023-10-09-CinemAteneoUrraca.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231010T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231010T203000
DTSTAMP:20230925T112345Z
CREATED:20230925T112342Z
LAST-MODIFIED:20230925T112345Z
UID:3058-1696964400-1696969800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Xabier Paz
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en convidalo á presentación do libro de Xabier Paz O libro e o tapiz (Edicións Xerais). O acto\, coa presenza do autor e de Amada Traba e Xulio Abalde terá lugar o martes 10 de outubro\, ás 19 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\nO libro e o tapiz\n\n\n\nEntre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nosa historia. Daquela\, Galiza foi resgardo seguro da cristiandade ibérica\, lugar onde se criaban os fillos dos reis. Nesta novela de Xabier Paz\, ademais dos sucesos históricos e dos personaxes creados pola historiografía dominante\, asoman os seres humanos que só a literatura é quen de revelar. Enfrontadas entre si\, estas dúas figuras cimeiras van evidenciando cadanseu propósito de dominio nun relato que sucede no marco das loitas entre o poder laico e o eclesiástico\, e a reforma gregoriana sustentada pola orde de Cluny. As fronteiras indecisas e as alianzas efémeras\, o auxe relixioso e cultural de Compostela e do Camiño\, o papel dos magnates galegos na crianza de reis\, o nacemento de Portugal como póla esgazada do reino de Galiza… Estes son algúns dos fíos que conforman o pano onde se desenvolve a tirapuxa entre o arcebispo e a raíña. Xabier Paz volve ofrecernos a súa narración precisa e suxestiva para nos transportar a un tempo apaixonante\, berce axitado de mitos políticos e culturais propios e alleos\, febra consistente da identidade histórica galega. (Da ficha do libro na editorial). \n\n\n\nXabier Paz\n\n\n\nXabier Paz (A Coruña\, 1949) reside en Vigo\, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas\, dedicou boa parte da súa vida á investigación no Centro Oceanográfico de Vigo e foi colaborador de diversas publicacións culturais\, de pensamento crítico e de viaxes. Publicou as novelas «Renacer» (Xerais\, 2008)\, «As vidas de Nito» (Xerais\, 2013)\, «A galera de Xelmírez» (Xerais\, 2015)\, «Aníbal e a Pintora» (Xerais\, 2017)\, «Galileo no espello da noite» (Xerais\, 2019)\, «A Barcelonesa» (Xerais\, 2021) e «O libro e o tapiz» (2023). Como poeta\, publicou «Sedimentos» (2001)\, «No canto do mar» (2005)\, «Materia de Lucrecio» (Xerais\, 2006) e «Filoxenia do sangue» (2006). Tamén é autor do libro «Follas do bacallau» (Xerais\, 2005)\, que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura. (Da ficha de Xabier Paz en Edicións Xerais).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-xabier-paz
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/09/2023-10-10-PresentaXPazLibroTapiz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231014T070000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231015T210000
DTSTAMP:20230922T093740Z
CREATED:20230916T132822Z
LAST-MODIFIED:20230922T093740Z
UID:3042-1697266800-1697403600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída de outono
DESCRIPTION:Para inaugurar o novo curso cultural do Ateneo\, temos argallada a nosa habitual saída de outono.Nesta ocasión\, e recollendo as demandas da nosa afiliación\, decidimos pasar dous días na contorna do río Douro. Para isto eliximos os días 14 (sábado) e 15 de outubro. \n\n\n\n\n\n\n\nA saída será o sábado 14\, ás 7 horas\, desde o lugar habitual.Desprazamento en autobús á Invicta para chegar arredor das 8h (xa en horario de Portugal).Embarcaremos nos cais do Porto ás 8.30 para iniciar navegación rio arriba. \n\n\n\n\n\n\n\nPoderemos gozar das espléndidas paisaxes coas coloridas viñas dispostas en socalcos (Patrimonio da Humanidade)\, especialmente vistosas neste tempo no que empeza a espertar o outono; pasaremos as barragems de Crestuma e Carrapatelo co seu paricular sistema de esclusas.O xantar deste primeiro día será abordo do barco da travesía.Desembarco en Peso de Régua arredor das 14.30 horas\, onde nos recollerá o autobús. \n\n\n\n\n\n\n\nDesprazamento á Quinta do Portal para realizar un percorrido guiado pola adega e participar dunha cata dos viños da casa. Esta adega ten o valor engadido de que é a única do Douro deseñada polo Pritzer portugués Álvaro Siza.Regreso ao Porto para instalarnos no céntrico hotel São José (na rúa da Alegría esquina con Fernández Tomás)\, a só uns metros de rúa de Santa Catarina e do mercado do Bolhão. Cea no hotel. \n\n\n\n\n\n\n\nNo domingo\, e despois do almorzo no hotel\, aproveitaremos para facer unha visita á Invicta.Comida no hotel e tempo libre ata coller o autobús para regresar a Vigo con chegada estimada non máis alá das 21 horas. \n\n\n\nProcedemento\n\n\n\nO  prezo da saída é de 225 € para as persoas asociadas e de 260 euros para as que non o están.O prezo inclúe todo o programa mencionado\, o hotel (con cea do primeiro día\, almorzo e comida do segundo)\, o barco coa comida incluída\, a visita e a cata na Quinta do Portal\, así como o transporte e o seguro de viaxe.Se o domingo decidimos facer algunha visita con entrada\, o prezo será á parte. \n\n\n\nO prazo de inscrición vai dende o luns 19 de setembro ao sábado 30 (ou ata que se cubran as prazas).O primeiro paso será enviar un correo electrónico ao Ateneo:(actividades@ateneoatlantico.gal)Neste correo hai que incluír o nome\, apelidos\, DNI e número de socia da persoa ou persoas (máximo dúas por solicitude) que van viaxar. Estes datos son necesarios para oficializar o seguro de viaxe e serán utilizados exclusivamente para a xestión desta actividade concreta de acordo coa Lei de Protección de datos.Terán prioridade as persoas asociadas así como os seus acompañantes\, dato do que debe quedar constancia na solicitude.Unha vez recibido a mensaxe\, o Ateneo confirmará a preinscrición á volta dun novo correo electrónico que se enviará\, a ser posible\, no mesmo día. \n\n\n\nUnha vez confirmada a participación é cando temos que facer o ingreso na conta:ES54 0075 8918 4606 0029 0234 (Viajes Airbus)No concepto do ingreso ou transferencia farase constar ‘Expediente 50638’\, o nome completo e o DNI de todas as persoas polas que se fai o ingreso.A inscrición definitiva non terá efecto ata que se realice o pago.NON se terán en conta as solicitudes enviadas a ningún correo que non sexa o oficial para este evento.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-de-outono
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/09/2023-10-14-SaidaDouro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231017T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231017T220000
DTSTAMP:20231010T090811Z
CREATED:20231010T090808Z
LAST-MODIFIED:20231010T090811Z
UID:3115-1697572800-1697580000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Cafés históricos de Vigo
DESCRIPTION:O Café Vitruvia\, en colaboración co Ateneo Atlántico\, organiza a sesión histórico-lúdico-vitícola “Os cafés históricos de Vigo”. Fala e dirixe a sesión: Xavier Castro. O acto terá lugar o martes 17 de outubro\, ás 20 horas\, no café Vitruvia (Praza de Compostela\, 5. Vigo). Serviranse viños da Adega Son de Arrieiro (D.O. Ribeiro) e intervirá a adegueira Xulia Bande. \n\n\n\nO Aforo é limitado así que é indispensable a reserva previa.A reservas e compra de entradas pode facerse en persoa no Vitruvia Café\, por correoelectrónico (info@vitruviacafe.com) ou a través do móbil 645 99 66 90O prezo da entrada é de 12 euros (10€ para as socias do Ateneo) e dá dereito a participar da charla\, degustar viños de Son de Arrieiro e a empurralos cuns petiscos. \n\n\n\n\n\n\n\nEugenio Montes refire que César González-Ruano foi convidado polo director do Parador de Gredos a pasar uns días na súa compaña. Cando chegou Ruano\, o seu amigo foille dicindo: «Mira\, alí están as lagoas\, por alá a capra hispánica\, alí tal monte\, alí tal outro…». Ruano interrómpelle: «Moi ben\, pero\, onde están aquí os cafés?».Ata que a televisión fixo a súa irrupción ruidosa\, os cafés foron o centro principal da sociabilidade masculina. Neles estábase máis quente que no fogar\, había maior confort xeral\, podíanse degustar bebidas e\, nalgúns\, mesmo comida\, xa que dispuñan de restaurante atendido por cociñeiras (con talento!) que\, polo xeral\, estaban ao seu fronte. Tamén era posible distraerse nos faladoiros cos amigos. Os artistas e a sociedade literaria achábanse empadroados nos cafés.Os letraferidos aproveitaban para escribir: podían solicitar “recado de escritura”\, para que o camareiro lles facilitara papel\, plumilla\, tinteiro e secante. Un escritor vivía nunha rúa e nun barrio\, pero sobre todo era dun café\, que en moitos casos estaba noutra parte. Ademais de todo iso\, nos bos cafés había música en vivo. E\, como sinalaba Ramón Gómez de la Serna\, aínda por riba daban café.En Vigo\, houbo un tempo en que todo o importante se comentaba nos cafés e se non se comentaba nos cafés\, é que carecía de verdadeira importancia. Esta cidade contou con magníficos cafés dende o século XIX\, que foron esencias para o desenvolvemento da sociedade acomodada e mundana\, aínda que as mulleres bateron con dificultades e atrancos notables para poder frecuentalos. Nas tertulias do Suizo\, Derby\, Alameda -como nos actuais De catro a catro e Vitruvia- falábase de cultura\, das vangardas artísticas\, do moderno jazz e (antano) dos problemas dun parsimonioso ferrocarril para levar o peixe en vagóns refrixerados de xeito que chegara a Madrid en boas condicións. Unha cuestión na que teimaba Valentín Paz Andrade dende o primeiro xornal que informaban sobre o conxunto das cuestións galegas nos anos vinte: Galicia\, e que estaba a disposición do público naqueles vellos e históricos cafés. \n\n\n\nEste será o eixo temático do evento sobre viño e cultura que conducirá o historiador Xavier Castro. Levarase a cabo tamén\, dun xeito ameno\, un achegamento á cultura do viño\, cunha iniciación á cata que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce hedonista do viño\, entreverado todo isto coa proxección de música e pezas audiovisuais. Farase unha degustación dos viños branco e tinto\, elaborados con castes autóctonas e feitío artesanal\, pola recoñecida Adega de colleiteira do Ribeiro: Son de Arrieiro\, que serán glosados pola súa adegueira\, Xulia Bande\, unha das primeiras mulleres en rachar o teito de cristal nun ámbito especialmente refractario a aceptar a presencia das mulleres como é o mundo tradicionalmente patriarcal da enoloxía. \n\n\n\nAgora ben\, como sinalaba Otero Pedrayo\, non é posible entender a Galicia do viño sen a do pan. Consecuentemente\, serviranse petiscos de calidade elaborados con pan artesán\, queixo manchego (Ojos del Guadiana) e paleta ibérica\, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará no café Vitruvia ou ben no teléfono: 645 99 66 90 (Prezo da entrada\, con dereito a varios viños e petiscos: 12 euros. O prezo para persoas socias do Ateneo será de 10 euros). \n\n\n\nXavier Castro: Especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015.Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia)\, A lume manso (Galaxia)\, A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC)\, Tostado. El vino noble de Galicia.Recentemente: Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia (Transforma)-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cafes-historicos-de-vigo
LOCATION:Café Vitruvia\, Praza de Compostela 5\, Vigo\, Galiza\, 36201\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-10-17-CafesHistoricos.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231019T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231019T210000
DTSTAMP:20231012T084451Z
CREATED:20231012T084448Z
LAST-MODIFIED:20231012T084451Z
UID:3126-1697743800-1697749200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Economía feminista
DESCRIPTION:Economía feminista. Sobre epítetos\, oxímoron e outros paradoxos. Como pode ser que o enfoque da economía non sexa feminista. Arredor deste título tan atraente conversan Coral del Río e Amada Traba. Será o xoves 19 de outubro\, ás 17.30 horas\, na Casa Galega da Cultura. \n\n\n\n\n\n\n\nCoral del Río\n\n\n\nCoral do río Otero é Catedrática de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo\, e doutora en Economía pola Universidade Carlos III de Madrid. O seu traballo aborda o estudo das desigualdades económicas\, sendo as súas principais liñas de investigación: a Economía da desigualdade e a pobreza\, o estudo das interaccións entre Economía e Xénero\, e a análise distributiva do mercado de traballo (desemprego\, discriminación salarial e segregación ocupacional\, estatuto social por sexo\, raza\, estado migratorio e orientación sexual). Nestes traballos realizáronse tanto achegas metodolóxicas como estudos empíricos a nivel de Galicia\, España\, Europa e EE.UU.Actualmente forma parte do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS e pertence ao Consello Editorial da revista Feminist Economics (asociada á International Association for Feminist Economics\, IAFFE). Foi a primeira directora da Área de Igualdade da Universidade de Vigo. En 2016 foi galardoada co ‘IV Premio á Igualdade Ernestina Otero Sestelo’\, que outorga o Concello de Vigo. \n\n\n\nAmada Traba\n\n\n\nAmada Traba Díaz é Lincenciada en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid (1981). Dende o ano 1997 é profesora da Universidade de Vigo. Docente de Socioloxía da Educación na Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Pontevedra nos graos de Educación Infantil e Primaria.Leva 30 anos participando en numerosas e diversas actividades de formación en materia de igualdade e xénero: mestrados universitarios da Universidade de Vigo e da Coruña\, cursos no CEFORE e na EGAP\, elaboración de materiais didácticos e documentación para publicacións\, así como participando en conferencias e coloquios dirixidos a todo tipo de público.Relatora en moitos congresos e cursos en materia de igualdade e xénero organizados por universidades e por todo tipo de institucións públicas ou asociacións. Investigadora en proxectos da Cátedra Feminista da Universidade de Vigo. Coautora da primeira Diagnose da igualdade na Universidade de Vigo e das basespara o deseño do I plan de Igualdade da Universidade de Vigo. Colaboradora da Concellería da Muller do Concello de Vigo en varias ocasións coordinando a diagnose para o Primeiro Plan de Igualdade das Mulleres de Vigo\, e elaborando o deseño e a avaliación do I Plan de Igualdade e\, posteriormente\, aavaliación de necesidades e deseño do II Plan. Tamén colaborou co Concello de Redondela realizando a avaliación do I Plan de Igualdade e a diagnose de necesidades e deseño do II plan. Froito dese traballo ten diversas publicacións. A máis recente e coñecida é ám@me. Pensar o amor no século XXI\, publicada por Galaxia e traducida para o castelán co título Amarte na Editorial La Catarata. Ensaio en coautoría con Chis Oliveira.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/economia-feminista
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-10-19-EconomiaFeminista2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231023T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231023T210000
DTSTAMP:20231016T094815Z
CREATED:20231016T094814Z
LAST-MODIFIED:20231016T094815Z
UID:3137-1698089400-1698094800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Memorias rotas
DESCRIPTION:Na nosa sección de cine (cinemAteneo) o próximo 23 de outubro\, luns\, veremos e comentaremos o documental Memorias Rotas\, de Manane Rodríguez. Será ás 19.30 horas nos Multicines Norte e contaremos coa presenza da directora e a presentación de Emilio Fernández Zunzunegui. \n\n\n\n\n\n\n\nEn el pueblo de Acebo – pueblo de pocos amigos\,donde matan a los hombres – después de tantos martirios.4 Como ya están enterados – en ese pueblo de Acebomataron a dieciséis – y al comandante Moreno. \n\n\n\nAsí comeza o romance do Comandante Moreno\, un exemplo peculiar da riquísima tradición oral propia da idiosincrasia galega\, neste caso en forma de cantiga.Na última semana de outubro de 1937 José Crespo Moreno (comandante do Batallón Galicia) xunto cun grupo de soldados do seu batallón foi asasinado por pistoleiros falanxistas cando fuxían de regreso a Galicia despois de participar na defensa da fronte do Norte e tras a súa caída.A partir deste feito histórico\, conservado en boa medida grazas á tradición popular\, Manane Rodríguez (1954) dirixe un documental no que recupera os feitos  \n\n\n\nA película foi candidata a sete premios Goya na edición de 2011:  Mellor película\, dirección\, guión orixinal\, dirección de fotografía\, montaxe\, son e mellor película documental. \n\n\n\n\nTítulo orixinal: Memorias rotas. A balada do comandante Moreno\n\n\n\nAno 2010\n\n\n\nDirección: Manane Rodríguez\n\n\n\nProducción: Xamalú Filmes(Xavier Bermúdez)\, Televisión de Galicia (Rosa Vilas)\n\n\n\nGuión: Carmen García Rodeja\, Eliseo Fernández\, Manane Rodríguez\n\n\n\nDuración 1 hora e 6 minutos
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-memorias-rotas
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-10-23-MemoriasRotasCine.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231024T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231024T210000
DTSTAMP:20231021T101332Z
CREATED:20231015T103223Z
LAST-MODIFIED:20231021T101332Z
UID:3134-1698175800-1698181200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saúde Mental e social
DESCRIPTION:O martes 24 de outubro estará con nós a psicóloga e psicoterapeuta Carmen Lorenzo para falar sobre Saúde mental e social. O acto terá lugar na biblioteca da EMAO e comezará ás 19.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nMª Carmen Lorenzo Vila é Licenciada en psicoloxía pola Universidade de Santiago\, Diplomada en Maxisterio\, en Pedagoxía sistemática e Logopedia. Ten formación en numerosos campos da psicoloxía (psicanálise\, Análise Transaccional e PNL\, Terapia familiar sistémica\, Psicopatoloxía e Saúde\, Constelacións Familiares (Instituto Gestalt de Barcelona)\, Neuropsicoloxía\, Programa SAT de Claudio Naranjo\, EMDR nivel II e formación avanzada…) e educación (Mediación\, Intelixencia Emocional\, Orientación…).Ten participado como relatora en actividades de dinámicas grupais\, relacións humanas\, escolas de pais\, habilidades sociais\, resolución de conflictos\, atención ás diversidade\, intelixencia emocional\, prevención do maltrato infantil\, etc.É autora do libro La atención a la diversidad (Formación continua Logoss\, 2008.Na actualidade é psicóloga orientadora nun centro educativo e traballa como psicóloga nos campos da  atención psicolóxica e terapéutica. \n\n\n\nSaúde mental e colectiva en tempos de incertezaTexto da presentadora\, Remedios Copa\, Diario de Pontevedra\, 20/10/23. Enlace ao texto completo\n\n\n\nA psicóloga María del Carmen Lorenzo Vila falará de saúde mental e social o próximo 24 de outubro no Ateneo Atlántico de Vigo. Os síntomas do deterioro da saúde mental da poboación e a falta dunha atención sanitaria especializada adecuada son preocupantes e tema de debate. Trátase de afondar na posible relación que o clima\, a crise social e a inestabilidade global están a xerar coa saúde mental. Apostar por solucións precisas require coñecer as causas.A situación actual e os conflitos nos que\, dun ou doutro xeito\, todos estamos inmersos\, desembocan en situacións de ansiedade\, desarraigo e exilio ou mesmo de morte. Se non tomamos as medidas necesarias para frear o quecemento global\, racionalizar a distribución dos recursos dun xeito xusto e solidario e frear o actual frenesí de guerras e xenocidios\, imos cara á extinción da especie humana do planeta xa que veña aviso científicos e expertos en xeoestratexia.A situación actual e os conflitos nos que\, dun ou doutro xeito\, todos estamos inmersos\, desembocan en situacións de ansiedade\, desarraigo e exilio ou mesmo de morte. Se non tomamos as medidas necesarias para frear o quecemento global\, racionalizar a distribución dos recursos dun xeito xusto e solidario e frear o actual frenesí de guerras e xenocidios\, imos cara á extinción da especie humana do planeta xa que veña aviso científicos e expertos en xeoestratexia.Tanto o esgotamento dos recursos naturais como a contaminación e destrución do equilibrio de rexeneración do planeta\, provocada polo home\, así como o agravamento que unha guerra nuclear suporía para a vida futura de todos\, deberían ser abordados\, como Moreno\, pai de o Psicodrama\, unha disciplina que nos lembra que somos un mundo social\, que tamén como mundo adulto e espiritual poderiamos poñer en marcha un Universo que vaia máis aló do secuencial ou temporal e parte do interese por desenvolver a conciencia\, que transforma todo por riba de dar sentido. .. á nosa existencia\, rematriculando a nosa vida e cambiando o noso rol\, entendendo que o verdadeiro papel é un “papel coral” formado por unha suma sen distinción no que todos nos necesitamos e todos somos unha soa voz\, renunciando á importancia persoal como centro\, para situarnos no colectivo e circular\, sen centro\, onde o centro é o que se comparte cun sentido colectivo.Traigo estas reflexións para tratar de entender por que a saúde mental dos cidadáns está tan quebrada\, cun número alarmante de suicidios e unha gran cantidade de poboación con depresión\, crises de ansiedade e consumo de ansiolíticos que\, segundo algunhas referencias de atención primaria\, supera 70% da poboación. Por iso hai que falar de saúde mental colectiva en tempos de incerteza.Lendo unha obra de Manuel Desviat\, psiquiatra\, consultor temporal da Organización Panamericana da Saúde e presidente da Asociación Española de Neuropsiquiatría\, mencionou a declaración de Yayo Herrero en tempos de pandemia: “Necesitamos coidar e protexernos colectivamente. Máis aínda cando a pandemia está incrustada noutras dúas grandes crises que se cruzan: a crise social e a emerxencia ecolóxica. O apoio mutuo\, a través de iniciativas institucionais e/ou comunitarias\, ten a oportunidade de salvagardar as situacións de desigualdade que se manifestan durante a crise”.Como sinala Desviat\, cando xurdiu a pandemia do covid-19 púidose comprobar que foi un acontecemento que engloba a toda a sociedade\, que ía máis alá da sanidade\, que atravesou a toda a humanidade\, e que serviu para mostrar a incapacidade do modelo hexemónico. saúde global e beneficios sociais para afrontar unha catástrofe que pon en perigo a toda a humanidade\, “por previsible que sexa”. Cuestiona a forma civilizatoria na que vivimos e fala dun modelo que ignora o coñecemento acumulado sobre a acción comunitaria e a saúde pública. Converter a sanidade nun negocio\, “transferir a responsabilidade da sanidade pública a empresas privadas”\, supuxo o abandono de persoas discapacitadas e indefensas\, unha situación que se paliou mínimamente grazas ás redes de apoio veciñal\, as despensas solidarias e o apoio comunitario. Un apoio solidario que xurdiu en todo o mundo\, achegando apoio\, comida e calor a onde as institucións públicas abandonaron as súas funcións.Debemos abordar non só os colectivos vulnerables senón tamén as causas que os provocan. Non se poden seguir ignorando as condicións de vida insalubres dunha gran parte da poboación.O programa de Acción para a Saúde Mental da Organización Mundial da Saúde para abordar as grandes brechas de desigualdade na atención á saúde mental que existen entre os países pobres e ricos\, entre as clases sociais dos países de ingresos altos\, fai fincapé en que os recursos non se centran na atención comunitaria; os centros de saúde mental ambulatorios e\, peor aínda\, os programas e dispositivos sociosanitarios da comunidade apenas reciben recursos. A atención hospitalaria e os tolos custos farmacéuticos forman parte das barreiras que dificultan o desenvolvemento dunha boa saúde mental comunitaria.Entre as principais barreiras que sinalan os expertos están a redución biolóxica e a medicalización indefinida. Ante o reducionismo de: un síntoma\, un diagnóstico\, unha droga\, aconsellan un adestramento conductual que inclúa a psicoloxía. Hai que fuxir da tiranía das empresas farmacéuticas\, que asumiron a investigación\, a docencia e a práctica clínica\, co apoio das autoridades sanitarias\, facendo dos psicofármacos a panacea da solución sen entrar no conflito singular\, a sociedade e a que vive o suxeito\, deixando fóra os determinantes sociais e a produción de subxectividade e nublando os avances da psicoterapia e da acción comunitaria.Outra barreira importante detectada é a falsificación de necesidades. Neste caso\, os prexuízos que aínda pesan sobre a saúde mental facilitan que as demandas non se correspondan con necesidades reais senón con intereses da clase dominante. E a terceira barreira que sinalan trata sobre a insuficiencia do biopsicosocial\, a necesidade ‘dunha nova caixa de ferramentas conceptuais e prácticas que vaian máis aló’. É necesaria unha clínica de escoita e formación de profesionais para facelo posible.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saude-mental-e-social
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-10-24-SaudeMentalSocial.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231026T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231026T210000
DTSTAMP:20231011T081103Z
CREATED:20231011T081101Z
LAST-MODIFIED:20231011T081103Z
UID:3120-1698348600-1698354000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Creo que estou namorado
DESCRIPTION:No ano do Centenario do Celta\, o Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de conmemoración deste fito fundamental na historia do club e\, tamén\, da cidade de Vigo.No acto\, que terá lugar o xoves 26 de outubro na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2)\,  intervirán Manuel Bragado (editor)\, Jacobo Buceta (periodista) e Ana Guantes (periodista).Será de libre asistencia ata completar aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nA primeira frase do himno do centenario creado por C. Tangana resume ás claras os motivos dun sentimento que\, como escribía Sabina para o centenario do seu Atlético de Madrid\, “non se pode exlicar”.Creo\, “creo” que estou namorado.Creo. Porque non teño moi claro que é iso de ‘estar namorado’\, porque non sei se un ser racional\, asisado e progre (enténdanme\, progre\, apócope de progresista) pode estar namorado dun club de fútbol\, Creo\, porque o propio estado de namoramento restulta incompatible con todo tipo de certezas\, creo do verbo crer\, crer\, que ten que ver con crenzas\, crenza que é un firme asentimento e conformidade con algunha cousa\, pero\, tamén\, algo que ver con relixión ou secta.Pois si\, creo que estou namorado\, do azul celeste\, dese azul-ceo da atmosfera de Vigo que se funde ao fondo co verde das illas Cíes\, do azul do Atlántico\, das ondas do mar de Vigo\, do azul da bandeira galega\, dos teus ollos azuis\, do azul dunha camiseta.Por moitos anos tiven a crenza infantil de que o de ‘celeste’ viña de Celta e non de ceo.Pero á fin e ao cabo\, hai diferencia? \n\n\n\nDe todo isto\, e moito máis\, imos falar con tres invitados de excepción.O Celta e Vigo…\, ou tal vez Vigo e o Celta? O Celta de hoxe sería outro sen a cadena Ser\, o Faro\, o Atlántico ou a Cope? Celta de Vigo…\, ou simplemente Celta?\, O Celta\, cen anos máis?… \n\n\n\nManolo Bragado\n\n\n\nManuel Bragado Rodríguez é un pedagogo\, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia. Autor da columna «Campo do Fragoso»\, no Faro de Vigo\, onde ata o día de hoxe ten publicados 247 artigos nos que reflexiona sobre o mundo do fútbol en xeral\, e sobre as andainas do Celta en particular. \n\n\n\nAna Guantes\n\n\n\nAna Guantes Cristóbal é periodista. Ademais doutros proxectos\, durante vinte anos traballou na cadena SER en Vigo e logo en Madrid onde chegou a ocupar o cargo de redactora xefa do Hoy por hoy. Durante o seu período en Radio Vigo foi coñecida como ‘A voz do Celta’\, polas súas intervencións no Carrusel Deportivo. Nos últimos anos é a Xefa de Prensa da Deputación provincial de Pontevedra. \n\n\n\nJacobo Buceta\n\n\n\nJacobo Buceta é periodista e\, en propias palabras\, ‘animal radiofónico’. En 1988 comezou a traballar en Radio Vigo\, cadena Ser. A partir do ano 2000 convértese no narrador dos partidos do Celta e no correspondente do Carrusel Deportivo en Vigo; desde 2006 presenta o programa Área de Juego en Localia Televisión Vigo; colaborador de outras publicacións deportivas como Terceiro Tempo ou El Periódico del Celta. En 2012 publica con Xerais Fútbol es fútbol no que conta con humor e ironía as causas (e segredos) polos que o fútbol es moito máis que un espectáculo capaz de enganchar a millónes de personas de toda condición.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/creo-que-estou-namorado
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-10-26-CentenarioCelta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231031T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231031T210000
DTSTAMP:20231015T100847Z
CREATED:20231015T100845Z
LAST-MODIFIED:20231015T100847Z
UID:3131-1698780600-1698786000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Medios e políticos\, baixo sospeita
DESCRIPTION:O martes 31 de outubro\, o profesor e xornalista Luís Álvarez Pousa estará con nós para falar do seu último libro: Medios e políticos\, baixo sospeita; 1990-2023. Será ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO e estará acompañado de Xulio Ríos e María Xosé Porteiro. \n\n\n\n\n\n\n\nLuís Álvarez Pousa (Vila de Rei\, Trasmiras\, 1948)\, é profesor titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixe a revista mensual de información e opinión para o debate Tempos Novos\, que impulsou e creou canda outras 150 persoas de toda Galicia no ano 1997. \n\n\n\nMedios e políticos\, baixo sospeita. 1990-2023 (Laiovento\, 2023).  A industria da información ten en Internet o aliado perfecto contra o que nun pasado recente facía dos medios de comunicación un contrapoder ao servizo da verdade. E da democracia. Os xigantes tecnolóxicos que dominan o espazo da información pública\, como é o caso de Google\, Facebook\, Amazon ou Twitter\, fan circular ininterrompidamente información como se dunha simple mercadoría se tratase. Sen que os poderes institucionais e políticos fixeran nada por regular esa nova orde global sostida polos contravalores da desinformación e a mentira. En medio dese tsunami\, os medios tradicionais e o xornalismo son ao tempo vítimas -desactivan a súa función política de intermediarios- e cómplices -réndense ao sensacionalismo e deixan de preocuparse por interpretar o mundo.Luís Álvarez Pousa\, no libro\, segue con mirada crítica ese proceso de progresiva degradación do noso máis próximo sistema de comunicación\, e articulou un trazado de causas\, efectos e responsabilidades que teñen no acontecer político\, social e cultural dos últimos 33 anos a súa bagaxe contextual. \n\n\n\nO autor conversará sobre o libro con María Xosé Porteiro (xornalista e escritora) e con Xulio Ríos (fundador do IGADI e ensaísta).Coloquio aberto co público asistente.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/medios-e-politicos-baixo-sospeita
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-10-31-PresentaLuisAPousa.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR