BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230201T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230201T203000
DTSTAMP:20230203T095916Z
CREATED:20230116T201708Z
LAST-MODIFIED:20230203T095916Z
UID:2433-1675276200-1675283400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de Lectura. Xaneiro
DESCRIPTION:Todos os NomesJosé Saramago\n\n\n\nCo gallo do centenario do nacemento de José Saramago\, o Premio Nobel portugués\, o club de lectura do Ateneo Atlántico que renderlle a súa particular homenaxe coa lectura do seu libro Todos os nomes. \n\n\n\nPublicado en 1997\, o libro presenta como protagonista a José\, un home de mediana idade\, funcionario inferior do Arquivo do Rexisto Civil. Este funcionario cultiva a pequena teima de colecionar noticias de xornais e revistas sobre xente famosa. Un dia recoñece a falta\, nas súas coleccións\, de informacións exactas sobre o nacemento (data\, lugar\, nome dos pais\, etc.) desas persoas. A partir dese momento dedícase a copiar os respectivos datos das fichas que se encontran no arquivo. Casualmente\, a ficha dunha persoa común (unha muller) mistúrase con outras que está copiando. O súbito contraste entre o que é coñecido e o que é descoñecido fai xurdir nel a necessidade de coñecer a vida desa muller. Comeza así unha busca\, a procura do outro. (Texto traducido da capa da edición de Porto Editora escrito por Miguel Gonçalves Mendes). \n\n\n\nO propio Saramago escribiu “pódese dicir\, superficialmente\, que é unha novela sobre a morte e os mortos\, e na que hai ata un cemiterio enorme\, disparatado. Mas non\, non é así\, é unha obra sobre a vida”.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-xaneiro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/01/2023-02-ClubLectura-Saramago.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230208T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230208T210000
DTSTAMP:20230203T094549Z
CREATED:20230117T095001Z
LAST-MODIFIED:20230203T094549Z
UID:2443-1675884600-1675890000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Os verdes anos
DESCRIPTION:Comezamos o ano cinematográfico do cinemAteneo cun clásico do cinema portugués\, “Os verdes anos”; para este primeiro acto do ano contaremos coa presenza de Avelina Rodriguez Gil\, crítica de cine\, que nos axudará a comentar esta obra máxica. Será o mércores 8 de febreiro\, ás 19.30 horas\, nos Multicines Norte. \n\n\n\n\n\n\n\nOs verdes anosPaulo RochaPresenta\, Avelina Rodríguez Gil\n\n\n\n“Os verdes anos” é a ópera prima de Paulo Rocha\, punta de lanza do novo cinema luso\, e inédita enEspaña ata o de agora\, malia ser estreada en 1963.Describe a borrosa e extraña fronteira existente entre os suburbios case rurais de Lisboa e o final dun campo invadido día a día polos bloques de pisos.Paulo Rocha (1935-2012) naceu en Porto e é unha figura eminente do cinema luso e un autor de gran influencia en cineastas portugueses contemporáneos como Pedro Costa\, João Pedro Rodrigues\, Miguel Gomes o João Salaviza.A pesar das dificultades de acceso ao seu traballo\, Rocha é recoñecido nos circuítos cinéfilos e críticosinternacionais como autor dunha complexa reflexión sobre Portugal\, as súas raíces culturais e matrices identitarias. \n\n\n\nNeste ENLACE podedes ler o artigo que Avelina R.Gil dedica á película de Paulo Rocha no último Faro da Cultura\, calificándoa como unha inesquecíbel experiencia visual e auditiva. \n\n\n\n\nFicha\, Os verdes anos\n\n\n\n\nTítulo orixinal: Os verdes anosa\n\n\n\nAno: 1963\n\n\n\nDuración: 91 min\n\n\n\nPaís: Portugal\n\n\n\nDirección: Paulo Rocha\n\n\n\nGuión: Nuno Bragança\,Paulo Rocha\n\n\n\nMúsica: Carlos Paredes\n\n\n\nFotografía: Luc Mirot (B&W)\n\n\n\nReparto: Rui Gomes\,Isabel Ruth\,Ruy Furtado\,Paulo Renato\,Óscar Acúrcio\,Ruy Castelar\,Alberto Ghira\,Cândida Lacerda\,Carlos José Teixeira\,Rosa María Vázquez\n\n\n\nProdución: Cunha Telles\n\n\n\nSinopse: un zapateiro de Lisboa ensina o oficio ao seu sobriño de 18 anos mentres este namórase dunha moza á que propón matrimonio. (Filmaffinity)\n\n\n\n\n\n\n\n\n\nAvelina R. Gil\n\n\n\nOs seus inicios como crítica de cinema comezan en 1999 na revista V.O.\, dirixida por Francisco Rebollo. En 2006 pasa a colaborar na publicación especializada Banda Aparte/Formas de ver\, de Valencia.Dous anos despois\, no Festival Internacional Documenta de Madrid\, participa na elaboración do libro Elegías íntimas/Instantáneas de cineastas.Nese mesmo ano Universal Pictures España encárgalle a escrita de dous libros para a súa edición de coleccionista: O golpe\, de George Roy Hill\, e Shakespeare in Love de John Madden.No ano 2012 elabora o vídeo Fourth Filal para o concerto de Implicadas no desenvolvemento levado a cabo polo TAC na Cidade da Cultura.En 2018 forma parte do xurado de cinema e artes audiovisuais nos XLI Premios da crítica de Galicia.En 2019 a Xunta de Galicia encoméndalle a redacción dos textos para a exposición Recreando personaxes da literatura e da historia audiovisual da Cidade da Cultura.Desde o ano 2013 colabora mensualmente no Faro da Cultura como crítica de cinema. \n\n\n\nPrecisamente\, no último Faro da Cultura Avelina escribe o artigo Paulo Rocha. Non apto para indolentes e lurkers. O artigo céntrase na opera prima de Paulo Rocha\, Os verdes anos\, película programada polo Ateneo para este o 8 de febreiro\, e que define como unha inesquecíbel experiencia visual e auditiva.Neste ENLACE podedes ler o artigo completo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-os-verdes-anos
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/01/2023-02-08-CineVerdesAnos.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230209T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230209T210000
DTSTAMP:20230119T100350Z
CREATED:20230119T100342Z
LAST-MODIFIED:20230119T100350Z
UID:2450-1675971000-1675976400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Daniel Soutullo
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico presenta o librode Daniel SoutulloVisións de Darwin\, Vida e pensamento do fundador da teoría da evolución. O acto terá lugar o xoves 9 de febreiro\, ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. O autor estará acompañado polo noso asesor literario Xabier Paz. \n\n\n\n\n\n\n\nPresentación de Visións de DarwinDe Daniel SoutulloPresenta Xabier Paz\n\n\n\nVisións de Darwin (Vida e pensamento do fundador da teoría da evolución)\, publicado por Xerais\, recolle un feixe de ensaios de caracter divulgativo pero tamén crítico que debuxan a personalidade desde os puntos de vista biográfico\, científico e social do autor da teoría da evolución \n\n\n\n\n\n\n\nDaniel Soutullo é catedrático de bioloxía e xeoloxía\, enten unha longa traxectoria como divulgador científico e ensaísta en bioética.Premio de investigación en bioética da Fundación Victor Grifols i Lucas polo libro Biología\, cultura y ética (2005). Ten diversas publicacións sobre Darwin e sobre o ADN\, a mais recente é Historia do ADN. 40 anos de revoluciónbiotecnolóxica (Xerais\, 2016). \n\n\n\n\n\n\n\nXabier Paz\, ademais de escritor de poesía\, narrativa e ensaio\, é doutor en Bioloxía.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-daniel-soutullo
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/01/2023-02-09-Presentacion-Darwin.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230211T090000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230211T213000
DTSTAMP:20230124T181748Z
CREATED:20230117T181631Z
LAST-MODIFIED:20230124T181748Z
UID:2447-1676106000-1676151000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída a Guimarães
DESCRIPTION:Prazas cubertas. Sen acceso ao formulario de solicitudes\n\n\n\n\nA primeira saída do Ateneo deste novo ano é para visitar Guimarães\, O berce de Portugal\, cuxo centro histórico está declarado Patrimonio Cultural da Humanidade.Sendo aínda parte do reino de Galiza\, en 1095\, Henrique de Borgoña (casado coa princesa Tareixa\, filla do rei Afonso VI) estableceu en Guimarães o 2º Condado de Portugal.O seu fillo\, Afonso Henríques\, nacido xa en Guimarães\, proclamou nesta cidade a independencia de Portugal do reino de Galiza-León. Despois da súa vitoria na batalla de São Mamede\, e despois da proclamación de independencia\, proclamouse a si mesmo primeiro rei de Poertugal (1139). \n\n\n\nO prazo para a inscrición estará aberto desde o día 20 de xaneiro ata o 6 de febreiro. \n\n\n\n\n\n\n\nO centro histórico de Guimães é un dos máis fermosos da península.Declarado patrimonio da humanidade\, a súa recuparaciónn e rehabilitación é unha das obras máis salientables do arquitecto Fernando Távora (Porto\, 1923 – Matosinhos\, 2005). \n\n\n\nPrograma da saída\n\n\n\n\nÁs 9 horas saída desde o Antiguo Reitorado rúa Areal.\n\n\n\n(A partir de aquí detalles en hora portuguesa).\n\n\n\n 9.30 Chegada a Guimarães  onde nos espera a guía local para unha visita guiada pola cidade.\n\n\n\n11.00 tempo libre para acceder a calquera dos espazos históricos  que recomendaremos.\n\n\n\n12.30 Visita á Adega “Valle dos tres irmaos” con proba de viño branco ou rose e petisco.\n\n\n\n14.00 Xantar no restaurante papa boa. Menú selecto acordado.\n\n\n\n17.00 Visita guiada á Citania  e museu arqueolóxico de Briteiros \n\n\n\n18.30 Regreso a Vigo\n\n\n\nChegada aproximada a Vigo\, 21.30 hora nosa.\n\n\n\n\nComida\n\n\n\nA comida será no restaurante Histórico by Papaboa\, un dos máis clásicos e recoñecidos de Guimarães.O prezo da comida\, xa incluído no prezo total da saída\, é de 30 euros por persoa.O menú será o seguinte: \n\n\n\n\nPan\, olivas e paté.\n\n\n\nEntrantes: Alheira con grelos\, Gambas ao allo e Pataniscas de bacallau.\n\n\n\nPrato principal\, a elixir entre\n\nFolhado de bacallau con gambas e legumes\,\n\n\n\nMiminhos de vitela no forno con grelos.\n\n\n\n\n\nTrouxa ao Histórico con xeado e froitos vermellos\n\n\n\nAugas\, viños e cafés.\n\n\n\n\nPrezos e inscrición\n\n\n\n\nO prezo será de 50 euros para persoas asociadas e 60 para non asociados.\n\n\n\nO prazo de inscrición irá dende o 20 de xaneiro ata o 6 de febreiro.\n\n\n\nA inscrición realizarase a través do formulario nesta mesma páxina web.\n\n\n\nA inscrición non será efectiva ata que se realice o pagamento.\n\n\n\nO pago\, por transferencia\, deberá realizarse dentro das 48 horas seguintes á inscrición a través deste formulario.A transferencia será á conta do Ateneo Atlántico:(IBAN: ES96 2080 5000 6430 4035 5222)indicando como asunto “Saída a Guimaraes” e o nome e apelido da persoa que figura neste formulario como solicitante.\n\n\n\n\n\nPrazas cubertas. Sen acceso ao formulario de solicitudes
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-a-guimaraes
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/01/2023-02-11-SaidaGuimaraes.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230216T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230216T210000
DTSTAMP:20230201T094040Z
CREATED:20230130T170153Z
LAST-MODIFIED:20230201T094040Z
UID:2514-1676575800-1676581200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Novas masculinidades\, Un
DESCRIPTION:Que significa ser ‘home’ na sociedade de 2023?O home ten que ser forte en calquera circunstancia\, un home debe amosarse sempre seguro de si mesmo\, o home ten que ser valente\, decidido\, exitoso\, líder\, un home debe agochar os seus sentimientos…Ou non?Con motivo do 8 de marzo\, e baixo o título xenérico A igualdade\, é cousa de homes?\, o Ateneo Atlántico presenta un ciclo de conversas para reflexionar arredor do que debe ser a masculinidade do século XXI. \n\n\n\n\n\n\n\nCiclo Novas masculinidades1. A máscara da masculinidadeConversan Xosé Cabido e Luísa Abad\n\n\n\nO constructo da idea de “muller” e da idea de “home” é cultural.Historicamente a cultura\, como a propia sociedade\, foi construída por homes.Todo comezou cando o ser humano deixa atrás o neanderthalensis para evolucionar cara ao homo sapiens (que non humanus sapiens).O homo sapiens primitivo era iso\, ‘homo’ e\, aínda que ‘sapens’\, moi primitivo; ía pouco\, moi pouquiño máis alá do instinto de supervivencia; e a supervivencia era cuestión do máis forte; e o máis forte era o home.E a forza transformouse en poder.A  partir de aí\, con esa base e aos poucos\, o home foi engadindo cualificativos que reforzasen a súa propia forza e o poder sobre a natureza (incluída a muller). Forza e valentía van collidas da man\, exteriorizar sentimentos é sinal de debilidade\, a forza maniféstase en forma de seguridade e afouteza\, etc.Resulta (…….) que 315.023 anos despois da aparición dese primeiro homo sapiens  o concepto de ‘homo’ de hombre\, de masculinadade\, apenas teña cambiado; e substituíde os puntos suspensivos polo que mellor vos pareza: (resulta) triste\, absurdo\, antinatura\, demencial\, rancio\, sorprendente\, ilóxico\, decimonónico\, chiante\, Tamén haberá quen poña no lugar dos puntos suspensivos crenzas como que a ausencia de cambio despois de 315.023 anos resulta normal\, gratificante ou mesmo providencial.Estes\, apostaría a que son homes.Os conceptos de home e muller son\, pois\, unha construción de homes.E mentres os homes non deconstruamos as imaxes que temos  na cabeza\, pouca marxe hai para unha auténtica igualdade.Os homes. Masculino singular primeiro\, e\, a continuación\, masculino da segunda persoa do plural: nosoutros\, os homes. \n\n\n\nNesta primeira proposta do ciclo\, e a raíz da exitosa serie Machos Alfa\, Pepe Cabido e Luísa Abad conversarán sobre a masculinidade exemónica e reflexionarán arredor da idea de que esa masculinidade poida quedar nunha simple máscara cara ao exterior. \n\n\n\nXosé Cabido Pérez\n\n\n\nLicenciado en Filosofía pola USC. Profesor de filosofía desde 1992\, actualmente no IES Antón Fraguas de Compostela. Recoñecemento por parte da Consellería de Educación para impartir Igualdade.Profesor titor do curso Formación Inicial en igualdade dirixido aos novos e novas docentes desde oano académico 2018-19.Membro do SN do sindicato STEG\, do que foi responsable da Secretaria de Acción Política desde o ano 2006 ate o ano 2011. Organización especialmente recoñecida polo traballo coeducativo e por unha acción política feminista.Membro do equipo de igualdade do IES Fontexería de Muros desde o 2014-15 e agora do IES Antón Fraguas de Compostela desde o curso 2020-2021. Participa nos proxectos Donas de si e 365 en igualdade desde o curso 2014-15 ata a súa refundición no Iguala-T.Realización co alumnado de 3º da ESO e de 4º da ESO do IES Fontexería de Obradoiros de novas Masculinidades no centro desde o curso 15-16. Realización co alumnado de 1º Bach. do IES Fontexería dun Obradoiro de novas Masculinidades en Guimarães desde o curso 16-17. Realización de obradoiros dirixidos a homes en numerosos centros de Galiza.Como membro do equipo de igualdade do IES Fontexería de Muros recibiu o III Premio Concepción Arenal 2016: “Proxectos educativos en Educación secundaria” que titularon Nós tamén Navegar. Premio de innovación educativa do Plan LIA de bibliotecas escolares da Consellaría de educación na modalidade intercentros de traballos por proxectos: un proxecto de filosofía desde secundaria para infantil e primaria: “Atrevéndonos a valorar o valioso”. Curso 16-17. Premio Educacompostela (segundo) por material educativo innovador: Proxecto intercentros de mitoloxía para crianzas. Proxecto de filosofía con alumnado de secundaria\, primaria e infantil. Curso 15-16. Coordinador de varios grupos de traballo no IES Fontexería entre os que gosta destacar do GT “Traballo por proxectos dende a Biblioteca” vencellado o pensamento crítico e á filosofía.Participación en numerosas xornadas e cursos sobre coeducación e igualdade en calidade de asistente e relator. Colaboración co CAFI\, CFRs e a Secreretaría de Igualdade na formación de profesorado para o traballo en igualdade nos centros\, en especial nos obradoiros separados por sexos.Coautor do libro de texto Filosofía 1º de Bacharelato de Eitorial Galaxia.Artigo en Aulas Libres (Revista de pensamento\, información e debate do STEG) Nº 10 pax: 9\,10 e 11 ISSN: 2340-8618 Título: Novas masculinidades.Artigo na REVISTA COMMUNIARS JOURNAL#2 aloxada no sitio web da Universidade de Sevilla: institucional.us.es. Título: Tenemos derecho. Una experiencia educativa intercentros sobre la necesidad de aprender a valorar o valioso.Artigo na Revista Galega de Educación de Nova Escola Galega co título: Ser home na escola: un proxecto para os homes de secundaria. Número 77. Xuño de 2020.Artigo na REVISTA en GRIAL: A coeducación na escola: unha cuestión de homes. Número 232. 2021Artigo na revista da Consellaría de Educación EDUGA. Revista galega do ensino co título: A masculinidade: mediación\, inclusión e resolución de conflitos (pendente de publicación). \n\n\n\nLuísa Abad Abad\n\n\n\nA Coruña\, 1951.Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona.Mestra\, asesora de educación infantil\, divulgadora didáctica\, especializada en coeducación\, orientadora escolar e escritora.Participou no Consello de Redacción de IN-Fancia\, educar de 0 a 6 anos (revista da Asociación Rosa Sensat) durante 10 anos. O seu traballo Alertando da violencia de xénero mereceu o premio á innovación educativa (Consellería de Educación\, 2004).Colaboradora en diversas publicación no eido da educación (Revista Galega de Pedagoxía\, Cuadernos de Pedagogía\, Guix d’infantil ) e da igualdade (Festa da palabra silenciada).Como poeta escribiu O punto de maduración\, A Coruña 2015 (edición agasallo) e Limaduras de prata\, A Coruña\, 2017 (autoedición a favor da ACEC)\, conxunto de poemas que relatan as percepcións e sentimentos que experimentou durante o tratamento do seu linfoma.Entre as obras podemos mencionar Manual para coeducar na Educación Infantil (Ed. Xerais\, 2008)\, ou a obra colectiva Género y Educación. La escuela coeducativa\, (Ed Graó.2002).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-novas-masculinidades-un
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/01/2023-02-16-NovasMasculinidades1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230228T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230228T213000
DTSTAMP:20230221T183615Z
CREATED:20230218T095450Z
LAST-MODIFIED:20230221T183615Z
UID:2558-1677612600-1677619800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Unha película con\, Manolo Romón
DESCRIPTION:O vindeiro martes 28 de febreiro temos unha nova cita co cine. Dentro do modelo que temos chamado Unha película con\, invitamos ao actor e escritor Manolo Romón para que comparta con nós o seu cine favorito. A película que veremos\, proposta por Manolo\, é A pirámide humana\, de Jean Rouch. \n\n\n\n\n\n\n\nUnha película con\, Manolo RomónLa pyramide humaine\, de Jean Rouch\n\n\n\nA chegada dunha nova alumna\, Nadine\, é o punto de partida dunha análise das relacións interraciais nun Liceo de Abidján\, en Costa de Marfil.Reunidos por Jean Rouch\, os alumnos interpretan ao seu propio personaxe nunha “ficción” que se desenvolve a través das novas relacións entre brancos e negros\, escenificando os lazos de amizade e as relacións sentimentales. (Filmaffinity). \n\n\n\nManolo Romón\n\n\n\nImaxe da Wikimedia\n\n\n\nManuel María Romón Alonso\, Manolo Romón\, naceu en Vigo en 1956. É actor\, presentador e escritor en lingua galega.Conduciu o espazo literario Libro aberto na TVG e participou como actor\, desde 2005 ao 2013\, na teleserie da mesma canle Libro de familia\, onde interpretou o papel de Don Venancio.Na súa traxectoria profesional televisiva destacan as súas colaboracións no Xabarín Club ou no programa concurso Todos a bordo\, entre outros proxectos. Como actor participou\, tamén\, na serie Fíos.Foi membro do Grupo Rompente (con Antón Reixa\, Alberto Avendaño e Alfonso Pexegueiro)\, co que participou na escritura dos libros colectivos Silabario da turbina (1978)\, A dama que fala (1983) e Upalás (1998).Tamén tocou a tecla da colaboración musical subindo ao escenario en diversas ocasións con Julián Hernández e Siniestro Total.Algunhas das súas obras poéticas son Galletas kokoschka non\, (1979\, Rompente)\, Miniaturas\, (1987\, Correo Bereber\, Vigo)\, ou Poesía barata\, (2006\, Deputación de Pontevedra). \n\n\n\nA película: A pirámide humana\n\n\n\n\nTítulo orixinal: La pyramide humaine\n\n\n\nAno: 1961\n\n\n\nDuración: 90 min\n\n\n\nPaís: Costa de Marfil\n\n\n\nDirección: Jean Rouch\n\n\n\nGuión: Jean Rouch\n\n\n\nFotografía: Louis Miaille\n\n\n\nCoproducción Costa de Marfil-Francia; Les Films de la Pléiade\n\n\n\nXénero Documental | África. Racismo\n\n\n\n\n\n\nO Director\n\n\n\n\n\n\n\nNado en París en 1917\, Jean Rouch dedicou a súa vida á etnoloxía e ao cinema. Rendido á beleza de “Nanook of the North” desde a infancia\, iniciouse no sétimo arte en 1947. O seu tema predilecto foi a África tradicional\, codificada no seus ritos e mitos seculares\, mais non deixou de retratar a África descolonizada herdeira do modelo cultural occidental. Considerado o pai do cinéma vérité\, Rouch non fixo distinción entre cine documental e de ficción\, viaxaba sempre coa cámara na má e cun equipo mínimo de rodaxe; tiña por principio ser sempre o operador das súas películas\, o take one ou toma única por plano e rodar seguindo a orde da historia. As máis de cen películas que rodou conforman un fondo fílmico excepcional sobre a realidade e a cultura africana. Isto levouno a ser coñecido como o griot branco. Ao longo da súa vida dirixiu diversas institucións\, entre as que se atopan o Centro Nacional para a Investigación Científica Francesa e a Cinemateca Francesa.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/unha-pelicula-con-manolo-romon
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/02/2023-02-28-CineCon-ManoloRomon2.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR