BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230104T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230104T200000
DTSTAMP:20230101T180437Z
CREATED:20221220T103044Z
LAST-MODIFIED:20230101T180437Z
UID:2372-1672857000-1672862400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Olga Novo no Club de Lectura
DESCRIPTION:Encontro con Olga Novo\n\n\n\nO libro do club lectura de xaneiro de 2022 foi Feliz Idade\, de Olga Novo.Daquela tiñamos prevista a súa presenza\, pero\, por diversos motivos\, non puidemos celebrar a xuntanza.Hoxe\, por fin\, logramos axustar axendas e podemos anunciar con moita felicidade a visita de Olga Novo ao club de lectura do Ateneo Atlántico. \n\n\n\nO acto terá lugar o mércores 4 de xaneiro\, ás 18.30 horas\, no local do Ateneo (rúa Doutor Cadaval).Na xuntanza\, que estará aberta ao público en xeral\, Olga recitará para nós algúns dos poemas da súa Feliz Idade. \n\n\n\nLembramos que Feliz Idade é unha obra mestra da poesía galega contemporánea; gañadora do Premio Nacional de Poesía 2020\, do Premio da crítica española\, do Premio da crítica galega e do Premio da Gala do libro galego.Na acta\, o xurado do Premio nacional de poesía destacaba que estamos ante un “relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo”\, que establece unha ponte entre “a maternidade e a morte cunha fonda presenza crítica da memoria histórica”.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/olga-novo-no-club-de-lectura
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2022/12/2022-01-ClubLectura-FeliZidade.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230111T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230111T200000
DTSTAMP:20221220T100430Z
CREATED:20221104T191838Z
LAST-MODIFIED:20221220T100430Z
UID:2282-1673461800-1673467200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Decembro
DESCRIPTION:Besta do seu sangueEmma Pedreira\n\n\n\nPremio Xerais de Novela\, 2018Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa\, 2018Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018XXV Premio “San Clemente – Rosalía – Abanca” do 2019 \n\n\n\nE se Romasanta\, o lobisome\, fose unha muller…?Contaremos coa presenza da autora. \n\n\n\nFicha do libro na web de Xerais
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-decembro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2022/11/2022-12-14-ClubLecturaDecembro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230118T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230118T210000
DTSTAMP:20230114T171946Z
CREATED:20230107T181948Z
LAST-MODIFIED:20230114T171946Z
UID:2407-1674068400-1674075600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O ensanche decimonónico de Vigo
DESCRIPTION:O ensanche decimonónico de VigoNacho Hortas e Ramón Viéitez\n\n\n\nUn achegamento ao noso máis importante conxunto patrimonial\n\n\n\nCharla con Nacho Hortas e Ramón Viéitez\, ambos arquitectos. Mércores 18 de xaneiro de 2023\, ás 19 horas\, na delegación en Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ( rúa Dr. Cadaval 5). \n\n\n\nO conxunto histórico do Ensanche é o tecido construído de maior calidade da cidade tanto polas pezas arquitectónicas de excepcional feitura que posúe como polo seu alto valor urbano froito das extraordinarias condición espaciais que se manteñen e estenden nas súas 72Ha. que abarcan conformando unha identidade espacial clara.A súa importancia non so radica na sobranceira calidade arquitectónica e urbana senón tamén porque representa a sociedade industrial que transformou unha pequena vila sen importancia na contorna na meirande cidade de Galicia.Ademais de falar das súas características\, do estado de conservación no que se atopa\, e da tremenda potencialidade que aínda posúe\, esta charla/debate pretende fomentar un debate necesario na cidadanía para poñer en valor este patrimonio único e decidir se debemos telo en conta como un dos puntos de partida mais importantes no desenvolvemento da urbe. \n\n\n\n\n\n\n\nNacho Hortas\, arquitecto en Estudio04 dende o ano 2006.O estudio de arquitectura Estudio04\, que comparte co arquitecto Adolfo Agra\, diversificase en diferentes categorías de traballo (Urbanismo\, arquitectura\, rehabilitación e deseño) co nexo común de tres grandes temas que centran os intereses de todas as súas reflexións:Arquitectura\, enerxía e natureza.As redes serven para divulgar todas estas inquedanzas parte das cales relaciónanse coa rehabilitación do patrimonio construído de Vigo e a necesidade de facer entender a importancia do seu mantemento.O coñecemento do Ensache Vigués parte de dous traballos feitos para o Concello de Vigo quecompartiu con Ramón Vieitez:A actualización das fichas do “Plan Especial de Protección do Ensanche e Cidade Central”. Encargo gañado en concurso público no ano 2015 do que foi xerente dun equipo multidisciplinar formado por 13 arquitectos\, un historiador da arte\, un sociólogo e un avogado.A Incoación do Ensanche de Vigo como Ben de Interese Cultural. Este segundo traballo\, entregado en decembro de 2016\, foi elaborado por dous arquitectos\, un historiador da arte\, un biólogo\, un sociólogo e un arqueólogo.A lenta posta en marcha destas figuras de protección levou a decisión de promover o coñecemento do Ensanche entre a cidadanía a través de diferentes accións: As rutas “Ensanche en Conserva” e exposicións como a feita polo centenario da morte do arquitecto Michel Pacewicz.Para saber mais:www.estudio04.comfacebook.com/estudio04instagram.com/estudio_04 \n\n\n\n\n\n\n\nRamón Viéitez Rodríguez é arquitecto pola ETSA de A Coruña e ten o Mestrazgo en rehabilitación e renovación urbana pola Universidade de Santiago de Compostela.Na Escola Galega de Administracións Públicas superou o «Curso de arquitectos ao servizo da administración».É perito xudicial inmobiliario pola Universidade Politécnica de Cataluña.Impartiu tres obradoiros creativos de arquitectura para menores no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.Xunto con Alberto Cebral e Iria Rivas fundou o estudo de arquitectura e consultora técnica Arquétipos!\, construíndo obras en diversas tipoloxías.Co-promotor do Espacio Nido\, un local para o traballo colaborativo\, dende o que se desenvolven múltiples eventos culturais\, situado na rúa Ferrería do Casco Vello de Vigo.Coautor e editor dos libros da colección: “N550 da estrada á rúa“\, proxecto editorial de 6 volumes que pretende estudar o fenómeno da cidade difusa galega e que pode atoparse en librerías como Versus. Dito proxecto ten o propósito de indagar sobre a cidade que se espalla inexorablemente por grande parte da xeografía\, esa urbe que algúns teóricos coinciden en cualificar de difusa\, outros de fragmentada e incluso algúns de global.Partícipe da fundación da Asociación do Barrio Alto do Casco Vello de Vigo que aposta pola integración social entre novos e vellos convivintes nun contexto dun barrio en proceso de transformación.Froito deste compromiso promove a web multimedia “Fairúa” (www.fairua.com) para a posta en valor do patrimonio material e inmaterial\, fomentando a cohesión social e promovendo o turismo responsable no citado barrio.No recén decembro foi merecente dun dos premios outorgados ás mellores aportacións á arquitectura do 2022 realizadas no sul de Galicia. Premios xulgados polas delegacións de Vigo\, Pontevedra e Ourense do COAG.O proxecto premiado debeuse pola reforma dun piso da rúa Penzol da nosa cidade. Obra compartida con Albert Cebral e Brais Carreira.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-ensanche-decimononico-de-vigo
LOCATION:COAG Vigo\, Travesía da Aurora\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/01/2023-01-18-EnsancheVigo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230124T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230124T210000
DTSTAMP:20230122T105830Z
CREATED:20230105T174347Z
LAST-MODIFIED:20230122T105830Z
UID:2395-1674588600-1674594000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Emilio Pérez Touriño
DESCRIPTION:Presentación do libro El horizonte europeoDe Emilio Pérez Touriño\n\n\n\nCoa presenza do autorE Uxío Labarta\n\n\n\nCo subtítulo Estado-Nación y socialdemocracia de la época dorada a la pandemia\, El horizonte europeo\, de Emilio Pérez Touriño está publicado na colección Ensaio do servizo de publicacións da USC. \n\n\n\nO autor reflexiona arredor de catro conceptos chave como son a Socialdemocracia\, o Estado-Nación\, a Unión Europea e o Federalismo a través  da súa evolución marcada por tres momentos decisivos dos últimos oitenta anos de historia mundial: a reconstrución despois da segunda guerra mundial\, o estoupido do neoliberalismo\, e o tempo post-pandemia.1) Con posterioridade á Segunda Guerra Mundial atopamos a construcción dos Estados de benestar en Europa e o nacemento e pulo da propia Unión Europea; esta etapa supuxo a “epoca dourada” da socialdemocracia.2) A continuación chegaría o chamado “momento neoliberal”\, que tras as crises dos anos setenta do pasado século implicou\, a partir da década dos oitenta\, a hexemonía das ideas e políticas neoliberais\, coa conseguinte desregulación e financiarización da economía e o debilitamento da soberanía dos Estados-nación\, o crecemento desmesurado das desigualdades\, a precarización do traballo e a crise da socialdemocracia. Este período culmina coa Gran Recesión de 2008 a 2012;3) Tras a pandemia provocada polo covid-19\, ábrese unha nova época que pode supór a transformación do capitalismo\, co retorno do Estado e o decisivo papel das políticas públicas\, cara a un modelo máis sostible e inclusivo sustentado por un novo contrato social entre os gobiernos\, as empresas e os traballadores\, cunha sociedade civil máis vigorosa.(Textos extraídos da ficha do libro na páxina do Servizo de Publicacións da USC (Enlace) e do Xornal dixital da propia USC no artigo que dá conta da presentación do libro en Compostela (Enlace). \n\n\n\nEmilio Pérez Touriño\n\n\n\n Nado na Coruña o 8 de agosto de 1948\, é un economista e político galego. Foi o presidente da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata marzo de 2009\, e Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 ata o 2 de marzo de 2009.Pérez Touriño realizou estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble (Francia). É doutor en Ciencias Económicas e profesor da Universidade de Santiago de Compostela\, onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos.Durante a transición democrática foi dirixente estudantil e activo militante progresista e participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal que o posibilitaron. Era entón membro do PCG. Entrou na política da man de Abel Caballero cando este era ministro de Transportes\, Turismo e Comunicacións. Foi primeiro xefe do seu gabinete e logo subsecretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas\, Transportes e Medio Ambiente. En 1994 Roldán acusouno de intervir no pagamento de comisións\, polo que renunciou aos seus cargos políticos\, aínda que rexeitase sempre a súa implicación. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil nese mesmo ano. Regresou á docencia ata o ano 96. En 1998 substituíu a Paco Vázquez como secretario xeral do PSdeG. As relacións entre os dous políticos non son moi boas debido á oposición deste último a chegar a calquera acordo co BNG. No último Congreso do PSOE perdeu o posto que tiña na Comisión Executiva Federal\, pero conta\, en principio\, co apoio do secretario de organización\, Xosé Blanco. A súa liña ideolóxica é galeguista\, socialdemócrata e federal.Dende o 2 de agosto de 2005 encabezou un goberno de coalición co BNG coñecido como bipartito galego\, que aspirou a reformar o Estatuto de Autonomía.Nas eleccións ao parlamento de Galicia do 1 de marzo de 2009\, presentouse candidato á presidencia polo PSdeG\, pero esta vez a coalición co BNG non foi suficiente para superar á maioría absoluta coa que o PP gañou as eleccións. O día 2 de marzo\, Touriño asume a súa derrota e renuncia á fronte do Partido Socialista de Galicia. Un ano máis tarde\, o 10 de maio de 2010 renunciou ao seu escano no parlamento galego.Touriño é tamén autor de múltiples estudos sobre asuntos de desenvolvemento rexional e economía agraria no eido da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias\, Pérez Touriño dirixiu asemade traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e o crecemento económico de Galicia. Obras:Agricultura y capitalismo: análisis de la pequeña producción campesina (1983). Madrid: Servicio de Publicaciones Agrarias.Economía campesiña e capital: a evolución da agricultura galega (1960-1980) (1983). con José Colino Sueiras. Vigo: Galaxia. A Galicia emprendedora (2000). Vigo : Edicións Xerais de Galicia.En clave de país (2001). Santiago de Compostela: TresCtres. O futuro é posible: retrato dun tempo de cambio : Galicia (1998-2009) (2012). Vigo: Galaxia. Crise global e crise da política: unha ollada dende Galicia (2014). Vigo: Galaxia. \n\n\n\nUxío Labarta Fernández\n\n\n\nNado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1949\, é un biólogo\, investigador\, economista\, político e xestor público galego\, vinculado ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e ao CSIC. Licenciado en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela\, comezou a traballar en Vigo como investigador no IIM (Instituto de Investigacións Mariñas) do CSIC en 1972\, do que fo secretario de 1979 a 1983. Foi director do gabinete de estudos da presidencia do CSIC (1983-86)\, asesor da presidencia do CSIC (1986-88)\, secretario do programa nacional de recursos mariños e acuicultura da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (1988-90) e director do IIM (1990-1994).Profesor de investigación no CSIC\, asistiu ós cursos no Centro Oceanográfico de Brest (Francia)\, no que acadou a diplomatura en avaliación de recursos mariños pola FAO. Foi membro dos comités científicos da Comisión Internacional dos Caladoiros do Sueste Atlántico\, onde estudou os caladoiros de pescada e crustáceos de África do Sur\, e traballou na Comisión Internacional dos Caladoiros do Noroeste Atlántico co equipo que investigou os de bacallau e cefalópodos das augas do Canadá e dos Estados Unidos de América.Membro plenario do Consello da Cultura Galega (1991-1993)\, foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia na IV lexislatura\, 1993-1997.Diplomouse en Organización e Xestión da Investigación Científica polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) de Alcalá de Henares. No ano 1997 doutorouse na USC coa tese Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas.Foi fundador e presidente da Asociación de Biólogos de Galicia. Formou parte do consello de redacción da revista Braña\, Boletín da Sociedade Galega de Historia Natural\, e\, dende 2003\, da revista Grial. Foi xurado dos Premios da Crítica Galicia.Foi coordinador en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (2006-2012).ObraAsesor da Enciclopedia Galega Universal e columnista de La Voz de Galicia dende o ano 2002\, é autor de varios libros\, informes e máis de 150 artigos\, no campo da investigación mariña\, a pesca nas costas e rías galegas e a acuicultura\, desde os puntos de vista económicos e ecolóxicos\, en particular sobre enerxía fisiolóxica\, nutrición e cultivo de moluscos bivalvos como o mexillón. Entre eles pódense citar:A pesca galega e a sua investigación\, Rueiro\, 1978. ISBN 84-85220-23-4.A Galicia mariñeira\, Biblioteca Básica da Cultura Galega\, 1985\, ISBN 84-7154-492-X.Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas\, 1997\, tese de doutoramento. USC.Desarrollo e innovación empresarial en la acuicultura. Una perspectiva gallega en un contexto internacionalizado\, 2000\, Fundación Caixa Galicia.La industria del mejillón. Mercados internacionales\, productos y países (con Eduardo P. Corbacho)\, 2000\, Fundación Caixa Galicia.Bateeiros\, mar\, mejillón. Una perspectiva bioeconómica (coordinador)\, 2004\, Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-69-9.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-emilio-perez-tourino
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/01/2023-01-24-PresentaTourinho.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230125T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230125T210000
DTSTAMP:20230123T085804Z
CREATED:20230117T092501Z
LAST-MODIFIED:20230123T085804Z
UID:2439-1674675000-1674680400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Lembrando os mortos do bou Eva
DESCRIPTION:O 23 de abril de 1937 nove persoas decidiron acabar coas súas vidas\, a bordo do bou Eva\, antes de caer en mans dos fascistas. Sería o suicidio colectivo máis relevante de toda a Guerra Civil. \n\n\n\n\n\n\n\nCon Xosé María Álvarez CáccamoCelso X. López PazosJacinto Mosquera Nogueira\n\n\n\nAs 11.30 do luns 20 de xullo de 1936\, o capitán Carreró Vergés\, obedecendo ordes de Felipe Sánchez\, xefe militar da praza de Vigo\, saía do edificio cuartel da rúa do Príncipe (hoxe o Marco) cunha tropa duns cincuenta homes para declarar o estado de guerra e poñer a guarnición de Vigo\, composta por uns trescentos homes\, ao servizo dos golpistas que dous días antes se sublevaran contra a República no Norte de África.A súa saída rematou na Porto do Sol\, onde a lectura do bando levantou os ánimos e a indignación dos vigueses e viguesas alí concentrados\, a meirande parte traballadores e traballadoras que xa dende o día 18 estaban mobilizados nas rúas para opoñerse ao golpe.A resolución do pobo para impedir a lectura do bando tivo como resposta a descarga dos fusiles mauser que portaba a tropa. O resultado foi terrible: vinte mortos e e máis de cen feridos. No seu informe desa mesma tarde\, o capitán Carreró\, resumía o “incidente” cunha breve frase: Hemos hecho mucha sangre.A partires dese momento desatouse en Vigo e na súa bisbarra unha entolecida e brutal busca e captura de calquera\, home ou muller\, que fora\, aberta ou secretamente\, partidario da Fronte Popular e da República. Dende logo de cargos públicos\, pero tamén de representantes de sindicatos\, partidos\, asociacións obreiras ou culturais\, mesmo de calquera que fose defensor da legalidade e contrario ao golpe militar.A Garda Civil\, o exercito e as cuadrillas dos falanxistas locais eran os oficiantes da cacería. E comezaron por aqueles que dun o doutro xeito se significaron no actos da Porta do Sol do día 20. Entre eles estaba Ángel Nogueira Nogueira\, un mozo de 30 anos\, xefe de contabilidade da fábrica de conservas Gándara e Haz ubicada en Guixar.Ángel era membro do Partido Comunista e da UGT e nos sucesos da Porta do Sol tomara a valente decisión de\, con outros\, tratar de impedir a lectura do bando e reclamar dos soldados que encañonaban aos traballadores que non disparasen “contra os seus irmaos”. Estaba casado con Carmen Miguel Agra\, de 24 anos\, membro da Directiva das Mulleres contra a Guerra e o Fascismo e afiliada ás Xuventudes Socialistas Unificadas; vivían na zona da Colexiata e era xente moi coñecida no Casco Vello. \n\n\n\nTras os sucesos da Porta do Sol e diante da posibilidade de ser detido\, Ángel Nogueira conseguiu ocultarse na casa duns familiares na zona do Casco Vello\, seguramente na rúa Real\, mentres agardaba que\, en colaboración cos seus compañeiros do partido\, se puidera artellar un plan que lle permitise fuxir de Vigo e chegar á zona leal á República.Pola súa banda Carmen que atendía as súas fillas\, Concha de 4 anos e Carmiña de 3\, era constantemente vixiada polos golpistas por se podía dar pistas de onde se atopaba o seu home.A situación de Ángel Nogueira era idéntica á doutra moita xente que permanecía agochada á espera de poder atopar unha oportunidade para fuxir da cidade e da razzias asasinas de falanxistas e gardas civís. Tal era o caso dos irmáns José e Fernando Rodriguez Lorenzo\, ambos albaneis\, socialistas e naturais de Sárdoma\, de Manuel Martínez Moroño\, un mariñeiro de ideas socialistas e membro da UGT\, de Luís Álvarez González\, obreiro do naval nos asteleiros Barreras\, de Camilo Campos Méndez\, barbeiro e comunista e de José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao\, galeguistas\, curmáns de Castelao e ámbolos dous mestres. Estes dous últimos obrigados a fuxir de Rianxo tras o golpe\, chegaron a Vigo e ocultáronse nunha casa da rúa Garcia Barbón que lles facilitou Ramiro Illa Couto\, grazas á mediación de Valentín Paz Andrade. \n\n\n\nPara eles e para quen tratara de fuxir da persecución dos golpistas e dunha morte segura\, só había tres camiños para salvar a vida. Ou ben botarse aos montes e vivir ás agachadas sorteando os perigos diariamente; vivir como topos nun burato feito na parede e contar coa axuda\, o silencio e a solidariedade de familiares e amigos que non se podían permitir ningún descuido para evitar a delación\, a captura e cicais a morte; ou tentar fuxir da cidade ao lugar máis lonxano posible\, mesmo ao estranxeiro.Esta terceira opción tiña evidentes riscos\, xa que facelo pola fronteira de Portugal era moi complicado e perigoso. Os exemplos de fuxidos devoltos pola policía de Salazar era interminable e constante.Como vía de escape máis ou menos factible e segura quedaba só o mar. E a ela se dispuxeron os colaboradores e compañeiros de todos os citados. \n\n\n\nDespois de moitos meses ocultos\, as condicións idóneas para a fuga presentáronse a madrugada do 23 de abril de 1937. Previamente trazárase un plan que\, trasladado a todos os agochados por enlaces de total confianza\, consistía en achegarse ao peirao do Berbés\, tomar unha embarcación clandestinamente e\, aproveitando a noite\, soltar amarras e lanzarse ao mar. O barco escollido foi o bou Eva. Para executar o plan contaban coa complicidade dun mariñeiro do bou e co “deixar facer” de moitos traballadores do porto\, votantes ou simpatizantes da Frente Popular ou afiliados á CNT ou UGT. O destino máis probable dos fugados podía ser Bilbao\, que aínda non caera nas mans das tropas rebeldes\, ou máis alá aínda\, Francia. \n\n\n\nAsí\, sobre as tres da mañá do día 23 de abril\, oito homes e una muller entraban no Bou Eva. A muller era Carmen Miguel quen\, logo dunha despedida homérica das súas meniñas\, entraba no barco acompañando ao seu home Angel Nogueira. Cando xa estaban dentro do buque decatáronse da presenza dun mariñeiro que atoparon durmindo nas adegas. Aos fuxidos presentóuselles entón un dilema: retelo e levalo con eles ou deixalo marchar baixo a promesa de non delatalos\, promesa que aquel home xurou que mantería. Finalmente deixárono marchar. Trabucáronse.Tan axiña como abandonou o peirao\, aquel mariñeiro\, perxuro e traidor\, denunciounos ao patrón do bou dicindo que aquel barco “estaba cheo de rojos”. Posta sobre aviso a Comandancia de Mariña\, a mecánica represiva fascista comezou a funcionar.Axiña mobilizouse a policía do porto e chegaron ao peirao vehículos da policía armada\, da garda civil e dalgúns particulares cheos de falanxistas. Diante da negativa dos fuxidos a abandonar o barco\, os fascistas comezaron a inundalo botándolle auga fervendo dende un barco alxibe situado ao seu carón. A pesares dos berros e ameazas dos sitiadores os fuxidos resistían e mantíñanse firmes sen sair do barco. \n\n\n\nDe pronto e a intervalos moi breves escoitáronse nove disparos de bala. O silencio foi estarrecedor. Cando os asaltantes entraron non bou atoparon no pañol de proa nove corpos mortos no seu interior. Oito\, a muller incluída\, tiñan na tempa esquerda un balazo. Todos no mesmo sitio\, á mesma altura e coas mesmas características. O outro home\, Angel Nogueira\, tiña un balazo na sen dereita. Parecía claro. Aqueles oito homes e a muller\, diante da certeza de que unha vez detidos lles agardaban as máis terribles torturas e a morte\, preferiron\, nunha decisión heroica\, colectiva e conscente\, poñer fin as súas vidas levando a cabo un suicidio colectivo antes de caer nas mans de quen os asediaban. Para eles era moito peor a brutalidade do fascismo que a morte mesma. \n\n\n\nCómpre volver a citar os seus nomes:Luis Álvarez González de Becerreá\, vivía en Vigo\, obreiro do naval.30 anos. Comunista.Camilo Campos Méndez de Celanova\,residente en Vigo\, barbeiro. 33 anos. Comunista.José Losada Castelao\, de Rianxo\, mestre. 45 anos. Do Partido Galeguista.Manuel Martínez Moroño de Vigo\, mariñeiro. 44 anos . Socialista.Carmen Miguel Agra de Vigo\, activista feminista. 24 anos. Comunista.Ángel Nogueira Nogueira de Vigo\, contable. 30 anos. Comunista.Manuel Rodríguez Castelao de Rianxo\, mestre. 31 anos. Do Partido Galeguista.Fernando Rodríguez Lorenzo de Sárdoma\, Vigo\, albanel. 37 anos. Socialista.José Rodriguez Lorenzo de Sárdoma\, Vigo\, albanel. 30 anos. Socialista. \n\n\n\nRafael Dieste\, que dirixía daquela o xornal Nova Galicia\, escribía no seu nº 5 editado en Barcelona en 1937: “Mais algo enche de luz a nosa dor\, e fai xurdir no medio dela un berro de orgullo\, case un aturuxo: Non se entregaron ás lixentas! Non se entregaron\, viron uns nos ollos dos outros unha diafanidade absoluta e non se entregaron\, viron uns nos ollos dos outros unha clareza absoluta e só se entregaron á morte en compaña do ceo da noite. Cada tiro unha estrela. E hai que admirar ao executor\, ao que quedou para o remate\, sen que vacilase a fe – del e dos outros – na súa absoluta firmeza”. \n\n\n\nDeixando á marxe os de carácter sectario e relixioso\, é moi posible que o suicidio colectivo do Bou Eva\, sexa o más grande da historia do século XX que se teña producido por motivos políticos. Porén\, silenciado pola historia oficial \, apenas se ten algunha noticia da súa trascendencia e significado\, máis ala do que se ten publicado en Galicia.No entorno cultural galego\, e a maiores do estritamente relacionado co relato histórico\, existen algúns traballos literarios ou teatrais que fan referencia a tan tráxico acontecemento\, entre eles podemos citar:No poema Na onda até Rianxo\, incluído en Cen chaves de sombra (1979) Valentín Paz Andrade homenaxea aos curmáns de Castelao.En Fóra do sagrado (2007) Anxo Angueira fai referencia aos mártires do Bou EvaNo poema Crónica do Espanto\, incluído en Os Cadernos da Ira\, Xosé María Álvarez Cáccamo tamén fai referencia a ese suceso..O relato curto Trae os mistos\, arriba España\, publicado por primeira vez en 2003\, Inma López Silva toma como base o asalto do Bou Eva. Dito relato foi recollido despois no seu libro Tinta (2012)Unha morte lanzal\, (2014 ) peza de teatro da que é autor Julián Rodríguez Novo tamén recrea os sucesos do Bou Eva.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/lembrando-aos-mortos-do-bou-eva
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/01/2023-01-25-BouEva.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR