BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.15.20//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260211T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260211T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20260115T193115Z
LAST-MODIFIED:20260115T193117Z
UID:4639-1770838200-1770843600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. El club
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o filme O club\, do realizador chileno Pablo Larraín. Cando? Mércores 11 de febreiro\, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Multicines Norte (Vía Norte 22) \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nDirección\, Pablo Larraín\n\n\n\nNacionalidade\, Chile\n\n\n\nAno: 2015\n\n\n\nProducción\, Juan de Dios Larraín\, Pablo Larraín\n\n\n\nGuión\, Guillermo Calderón\, Daniel Villalobos\n\n\n\nMúsica\, Carlos Cabezas\n\n\n\nFotografía\, Sergio Armstrong\n\n\n\nMontaxe\, Sebastián Sepúlveda\n\n\n\nProtagonistas: Alfredo Castro\, Antonia Zegers\, Jaime Vadell\, Alejandro Goic\, Roberto Farías\n\n\n\nArgumento: Baixo a atenta mirada dunha muller que se ocupa deles\, catro sacerdotes viven nunha pequena casa da localidade de La Boca. Todos eles cometeron actos censurables e atópanse nese retirado fogar castigados polas autoridades eclesiásticas. A muller á unha monxa e a casa serve de agocho para sacerdotes pecadores. Todos conseguen establecer unha rutina adestrando un galgo de carreiras ata que un día chega un quinto sacerdote\, un pederaste que lles lembra as desgrazas das súas vidas pasadas.\n\n\n\nPalmarés. Ademais de múltiples nominacións\, a película foi gañadora de:\n\nFestival Internacional de Cine de Berlín\, Gran Premio do xurado\n\n\n\nFestival Internacional de Cine da Habana\, Mellor Película\n\n\n\nPremio Iberoamericano de Cine Fénix\n\nMellor película\n\n\n\nMellor director\, Pablo Larraín\n\n\n\nMellor actor\, Alfredo Castro\n\n\n\nMejor Guión\, Pablo Larraín\, Daniel Villalobos e Guillermo Calderón\n\n\n\n\n\nFestival Internacional de Cine de Mar del Plata\n\nMellor Guión\, Pablo Larraín\, Daniel Villalobos e Guillermo Calderón\n\n\n\nMellor Actor\,  Roberto Farías\, Alfredo Castro\, Alejandro Goic e Jaime Vadell\n\n\n\n\n\nFestival Internacional de Cine de Chicago\n\nMellor Director\, Pablo Larraín\n\n\n\nMellor Guión\, Pablo Larraín\, Daniel Villalobos e Guillermo Calderón\n\n\n\nMellor Montaxe\n\n\n\n\n\nFestival Iberoamericano de Cine de Ceará\n\nMellor Película\n\n\n\nMellor Guión Pablo Larraín\, Daniel Villalobos y Guillermo Calderón\n\n\n\nMellor Actor: Roberto Farías\, Alfredo Castro\, Alejandro Goic\, Alejandro Sieveking\, Jaime Vadell e Marcelo Alonso\n\n\n\nPremio da Crítica: Pablo Larraín\n\n\n\n\n\nAustin Fantastic Fest: Mellor Película\n\n\n\nFestival Internacional de Cine de Helsinki\, Premio do Público\n\n\n\nFestival de Cine de Lima: Mellor Película\n\n\n\nPremios Caleuche\n\nMellor Actor de Reparto: Roberto Farías\n\n\n\nMellor Actriz de Reparto: Antonia Zegers\n\n\n\n\n\nPremio Pedro Sienna\n\nMellor Longametraxe de Ficción\n\n\n\nMellor Dirección\n\n\n\nMellor Montaxe: Sebastián Sepúlveda\n\n\n\nMellor Música Orixinal:  Carlos Cabezas\n\n\n\nMellor Guion: Guillermo Calderón\, Daniel Villalobos e Pablo Larraín\n\n\n\nMellor Interpretación Secundaria Feminina: Antonia Zegers\n\n\n\n\n\n(Datos extraídos de Galipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-el-club
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-11-CineElClub.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260210T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260210T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20260115T173327Z
LAST-MODIFIED:20260115T173443Z
UID:4621-1770751800-1770757200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Memoria democrática 2
DESCRIPTION:Ciclo Memoria democrática. Vítimas do Golpe de estado. Testemuñas de familiares e amigos. Quen? Mesa redonda con Manuel Bragado\, Pepe Álvarez Cáccamo\, Jacinto Mosquera e Xavier Moreda; modera Miguel Pérez Pereira. Cando? Martes 10 de febreiro a partir das 19.30 horas. Onde? Nos locais da AAVV Praza da Miñoca (rúa Luís Casado 12).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-memoria-democratica-2
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,memoriaDemocratica
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-10-MemoriaDemocratica2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260205T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260205T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20260115T185015Z
LAST-MODIFIED:20260117T122247Z
UID:4635-1770319800-1770325200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Infancia e adolescencia dixital
DESCRIPTION:Infancia e adolescencia dixital. Do problema á oportunidade. Quen? Antonio Rial Boubeta\, psicólogo\, presenta María Jesús Argibay\, xornalista. Cando? O 5 de febreiro\, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2) \n\n\n\n\n\n\n\nO uso das denominadas TRIC (Tecnoloxías das Relacións\, a Información e a Comunicación) adoita levar emperallados moitas veces problemas emocionais e de convivencia\, especialmente nun período tan crítico e vulnerable como é a adolescencia. Tal e como ven advertindo a OMS ou a UNESCO\, o uso intensivo e sen supervisión das redes sociais ou dos videoxogos pode derivar en hábitos de vida pouco saudables\, unha peor hixiene do sono\, maiores niveles de ansiedade e depresión\, un aumento do acoso escolar e do ciberacoso\, violencia filio-parental ou mesmo dar lugar a novas formas de adicción. A tecnoloxía é unha magnífica ferramenta para favorecer a aprendizaxe de nenas e de nenos\, pero o seu uso excesivo (especialmente a idades temperás) pode chegar a xerar retrasos no neurodesenvolvemento\, na linguaxe ou na atención. O consumo de pantallas non resulta inocuo\, si se fai de maneira pouco equilibrada e sen o debido acompañamento. Cando implica novos patróns de interacción e novos xeitos de relacionarse co mundo\, pode converterse nun problema\, mesmo de saúde pública. A tiranía do selfiee o Imperio de Instagram\, o auxe de gamers\, youtubers e influencers amósanos unha nova xeración de adolescentes sorprendentemente menos felices\, máis solos/as e con máis dificultades para relacionarse\, aceptarse a si mesmos/as e adquirir valores ou habilidades básicas para construírse como persoas. A sociedade está cambiando e as familias tamén. Adquirir conciencia e tomar partido é unha tarefa obrigada. Afastado por igual de alarmismos e de banalizacións\, desde un enfoque responsable e pragmático\, na conferencia-coloquio do vindeiro día 5 de febreiro\, o profesor Rial Boubeta convídanos a reflexionar como comunidade\, na procura dun uso seguro e saudable da tecnoloxía\, interpretando o problema que actualmente estamos vivindo\, en clave de oportunidade\, para desenvolver unha educación mellor. \n\n\n\nAntonio Rial Boubeta\n\n\n\nAntonio Rial é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de mais de 150 artigos en revistas científicas de impacto internacional e director de 25 teses de doutoramento. Responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións\, dende o Uso problemático de Internet e as redes sociais ao ciberbullying.  \n\n\n\nÉ membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. No ano 2021 dirixiu o Estudio sobre el impacto de la Tecnología en la adolescencia\, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria. Dirixiu tamén no ano 20202 o estudio Adolescencia\, Tecnoloxía\, Saúde e Convivencia\, coa Fundación Barrié\, na que participaron 10.000 adolescentes galegos.Acaba de rematar hai apenas uns días o estudio INFANCIA\, ADOLESCENCIA Y BIENESTAR DIGITAL(con UNICEF e o Ministerio de Transformación Dixital)\, no que participaron 93.000 adolescentes e 7.500 profesoras e profesores de toda España\, o que o converte no traballo científico de maior envergadura feito en Europa sobre o tema.Ten publicado os seus traballo nalgunhas das mellores revistas internacionais do eido da adolescencia\, a saúde mental e a ciberconvivencia\, como Psychiatry Research\, Addictive Behaviors\, Journal of Gambling Studies\, Computers in Human Behavior ou Cyberpsyhology.Colabora dende fai anos con centros de investigación de referencia internacional\, como o Center for Adolescent Behavioral Health Research (da Universidade de Harvard)\, ou o Cognitive and Affective Regulation Laboratory (da Universidad de Lausanne).En 2022 foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra o Narcotráfico\, polo seu labor na prevención das adiccións na mocidade\, e en 2023 co Premio Iacobus da Educación\, ano no que tamén foi distinguido como Colexiado do Ano polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia.Formou parte do Comité de Expertos creado polo Ministerio de Xuventude e Infancia\, para a elaboración da Lei de Protección dos menores na contorna dixital e\, nestes momentos\, forma parte tamén do grupo que vén de crear a Consellería de Educacion para elaborar o Plan de Benestar Dixital de Galicia.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/infancia-e-adolescencia-dixital
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-05-InfanciaAdolescenciaDixital-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260204T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260204T200000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20260110T195657Z
LAST-MODIFIED:20260110T195659Z
UID:4591-1770229800-1770235200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL febreiro: Tamarindo
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de xaneiro (xuntanza 4 de febreiro)\, é Tamarindo\, de Xavier Queipo. O libro foi o gañador do VI premio de Novela Vilar Ponte (2024). Para a xuntanza temos comprometida a presenza do autor\, bo amigo do Ateneo e presidente do xurado na edición de 2025 do premio Exeria. \n\n\n\n\n\n\n\nTamarindo\n\n\n\nArquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida.Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental  e Os kowa nunha obra sobre a amizade e a traizón. «Unha trama envolvente e fascinante»\, dixo de Tamarindo o xurado do Premio Vilar Ponte.(Da ficha do libro no blog da Editorial Aira) \n\n\n\nXavier Queipo\n\n\n\n(Compostela\, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego É autor\, entre outros libros\, de: Ártico e outros mares (narrativa breve\, 1990\, Premio da Crítica Española 1991); Ringside (contos\, 1993)\, Malaria sentimental (novela\, 1999); Papaventos (novela\, 2001); O ladrón de esperma (contos\, 2001\, Premio Café Dublin de relatos); Os ciclos do bambú (contos\, 2003); Glosarios (poesía\, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil\, 2005)\, Dragona (novela\, 2007) Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas\, 2007)\, Saladina (novela\, 2007)\, Felices e diferentes (crónicas radiofónicas\, 2009)\, A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil\, 2009)\, Cartas marcadas (ensaio\, 2010)\, Ártico 2.0 (narrativa breve\, 2011)\, Extramunde (novela\, 2011\, Premio Xerais de Novela\, Premio Arcebispo San Clemente); 55 (relatos\, 2014)\, Os Kowa (novela 2016\, Premio Blanco Amor 2015)\, e Corazón de Manteiga (novela\, 2020) . Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios outros premios en Galicia\, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración)\, pola tradución do Ulysses de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías\, e traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert\, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán\, portugués\, francés\, inglés e italiano.(Da ficha do autor no blog de Aira)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-febreiro-tamarindo
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-04-CdeLXavierQueipo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260128T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260128T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20260115T182636Z
LAST-MODIFIED:20260115T182754Z
UID:4631-1769628600-1769634000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Dúas letras
DESCRIPTION:O cinemAteneo proxecta a curtametraxe Dúas Letras\, de Fina Casalderrey e Eloy Varela. Quen? Contaremos coa presenza de Fina Casalderrey e Uxía Blanco. Cando? O mércores 28 de xaneiro\, a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo (rúa Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nDirección: Eloy Varela\n\n\n\nGuionista: Fina Casalderrey\n\n\n\nIntérpretes: Celso Casalderey\, Claudina Casalderey\, Fina Casalderrey\, Teresa Fraga\, Bernardo García\, Mariano García\n\n\n\nTitulo orixinal: Dúas Letras\n\n\n\nDuración: 22′\n\n\n\nPaís: Galicia\n\n\n\nAno: 2011\n\n\n\nArgumento: As ausencias\, a diglosia lingüística\, a emigración\, os silencios forzosos… van tatuando no rostro de Áurea as cicatrices do seu drama persoal. Mentres a esperanza de volver a ver ao seu fillo se vai esvaecendo.\n\n\n\nPalmarés\n\nPremio do público no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (2011)\n\n\n\nPremio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción no IX Festival de Cans (2012).\n\n\n\nPremio á mellor longametraxe no festival Primavera de Cine (Vigo\, 2012).\n\n\n\n\n\n(Datos da ficha do filme en culturagal-adudiovisual galego)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-duas-letras
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-01-28-CineDuasLetras.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260127T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260127T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20260115T175401Z
LAST-MODIFIED:20260115T175404Z
UID:4627-1769542200-1769547600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Fúlgido acre
DESCRIPTION:Presentación do libro Fúlgido Acre\, El triunfo del impostor\, de Juan María de Prada. Quen? O autor\, José María de Prada\, estará acompañado por Xulio Abalde. Cando? O martes 27 de xaneiro a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo (rúa Reconquista 7) \n\n\n\n\n\n\n\nFúlgido acre\, El triunfo del impostor\n\n\n\nIgnacio Ferreras é un veterano escritor e periodista. Comeza a novela co trapicheo para a obtención dun importante premio literario\, galardón que un influínte amigo e protector lle asegura será seu. Amparado nun simulado discurso ético e heterodoxo\, converterase en escritor de moda e personaxe mediático irreverente. Pero a falsidade da súa vida e pensamento\, que sabe camuflar nos ámbitos cultural e mediático\, correrá o risco de descubrirse na súa vertente penal polo aceito dun inspector de policía\, que o investiga como principal sospeitoso do asesinato da súa antiga amante.Repaso cínico dunha época para xustificar o aproveitamento da moral que critica\, desde os trapicheos dos premios literarios á falsa independencia do periodismo\, os novos tópicos da literatura\, a estafa na arte contemporáneo\, a banalidade dos medios audiovisuais\, a trampa dos realitys e ata a súa venal incorporación á máis alta institución cultural\, a Real Academia.(Da ficha do libro no Club de Autores) \n\n\n\nJuan María de Prada\n\n\n\nComo autor\, interésame o collage\, a transgresión canónica\, a mixtura de estilos e xéneros para contar a verdade da mentira. Tanto a caiena como a camomila son necesarias para enganchar ao lector ao mundo da fantasía e a reflexión.Ata o momento fixeron unha docena de libros.Sen prisa\, en mi carpeta de bitácora atesoura outras novelas e contos que esperan o momento oportuno para a súa publicación.(Da ficha do autor no Club de Autores)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-fulgido-acre
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-01-27-PresentaFulgidoAcre.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260122T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260122T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20260115T165738Z
LAST-MODIFIED:20260115T173558Z
UID:4617-1769110200-1769115600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Memoria democrática 1
DESCRIPTION:Ciclo Memoria democrática. O papel da investigación na memoria democrática. Quen? Conchi López Sánchez e Motse Fajardo; presenta Teresa Conde-Pumpido. Cando? Xoves 22 de xaneiro a partir das 19.30 horas. Onde? No auditorio do MARCO (rúa Príncipe 54) \n\n\n\n\n\n\n\nHoxe damos comezo ao ciclo sobre Memoria democrática que\, coa subvención do Goberno de España-Ministerio de Política territorial e Memoria democrática\, organiza o Ateneo Atlántico.Neste primeiro acto falaremos sobre o papel da investigación na memoria da man Conchi López Sánchez (Grupo de investigación HISTAGRA-CISCAP da USC) e Montse Fajardo\, especialista con perspectiva de xénero.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-memoria-democratica-1
LOCATION:Marco\, Rúa do Príncipe\, 54\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,memoriaDemocratica
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-01-22-MemoriaDemocratica1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260120T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260120T203000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20260110T194535Z
LAST-MODIFIED:20260113T103619Z
UID:4583-1768935600-1768941000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Visita guiada: As cidades de Colmeiro
DESCRIPTION:Visita guiada á exposición As cidades de Colmeiro. Quen? O noso guía será X. Carlos L. Bernárdez. Onde? Na sede da exposición\, na Pinacoteca Fernández del Riego (rúa Abeleira Menéndez 8). Cando? O martes 20 de xaneiro de 2026\, a partir das 19 horas. \n\n\n\n\n\n\n\n“As cidades de Colmeiro pretende ofrecer un punto de vista distinto sobre a obra de Manuel Colmeiro (Chapa\, Silleda\, 1901-Salvaterra de Miño\, 1999) a partir da análise do impacto das cidades na obra do pintor. Para este obxectivo a exposición céntrase en obras –nomeadamente sobre papel– dun largo abano temporal\, desde os seus inicios –a máis antiga é de 1919 (Porto de Buenos Aires)– en Buenos Aires até os anos sesenta (París [Notre Dame]\, 1960).Buenos Aires\, Vigo\, Lugo\, Ourense\, Bilbao\, París ou Amsterdam serven de escenario e son protagonistas das procuras do artista.Cómpre lembrarmos que\, en conxunto\, o traballo de Colmeiro representa unha reformulación da temática popular galega\, de base agraría\, a partir de chaves formais debedoras da figuración europea de entreguerras. Alén diso\, a estes aspectos o noso pintor acrecenta unha intensa sensibilidade social\, xa presente nas súas primeiras obras.Esta orixe labrega e esta ligazón ás súas paisaxes nativas é formulada non só no mundo rural onde naceu senón en grande medida nas cidades onde o artista viviu e que\, como non podía deixar de ser\, marcaron asúa obra\, principalmente Buenos Aires\, Vigo e Paris. No entanto\, as características dos traballos realizados por Colmeiro con temas orixinados nas cidades son ben diferentes\, modulados pola situación de vida do pintor e pola relación que estabelece co medio urbano”.(Texto do díptico da exposición; tédelo a continuación con enlace para descarga) \n\n\n\nDiptico Expo Cidades ColmeiroDescarga	 \n\n\n\nCarlos López Bernárdez\n\n\n\n(Vigo\, 1958) é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.Entre os seus libros destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega\, en colaboración con X. R. Mariño Ferro (2004); Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo\, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento\, 2016); Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento\, 2018) e Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Laiovento\, 2020).No ámbito dos estudos literarios publicou traballos sobre Manuel Antonio\, Vicente Risco\, Lorenzo Varela\, X. Mª Álvarez Blázquez e Ramón Cabanillas. Das súas publicacións en catálogos e comisariados destacan Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano; De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a arte galega de posguerra; Seoane. Razón e compromiso; Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950; Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos e Foi un home. Laxeiro en América.Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento “Faro da Cultura” do Faro de Vigo e en Sermos\, suplemento de Nós Diario.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/visita-guiada-as-cidades-de-colmeiro
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:actividades,arte,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-01-16-ExpoColmeiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260107T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260107T203000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251204T122349Z
LAST-MODIFIED:20251204T174928Z
UID:4557-1767810600-1767817800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL xaneiro. Los recuerdos del porvenir
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico de Vigo para ler ao longo do mes de decembro é Los recuerdos del porvenir\, da mexicana Elena Garro. A xuntanza terá lugar o mércores 7 de xaneiro\, a partir das 18.30 horas\, no salón Vitruvia-Ateneo (Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nLos recuerdos del porvenir\n\n\n\nA primeira redacción da fantástica novela que é “Los recuerdos del porvenir” data de 1953\, cando a súa autora\, Elena Garro\, segundo ela mesma contou\, a escribiu durante unha convalecencia “como unha homenaxe a Iguala” e á súa infancia. Porén\, tras isto\, a obra pasou anos dentro dun baúl que a súa autora trasladou a distintos sitios e esqueceu longo tempo nun hotel\, e mesmo resultou queimada parcialmente\, polo que antes de publicarse en 1963 (cando o que despois se chamaría “boom latinoamericano” xa comezaba a tomar forma e impulso internacional)\, houbo de ser revisada e parcialmente reescrita. Aclamada\, non obstante\, por non poucos compañeiros de xeración\, e referendada aquel ano polo premio Xavier Villaurrutia\, a novela pasou de inmediato a situarse entre as máis emblemáticas da segunda metade do século XX\, a pesar do cal historicamente recibiu unha atención por parte da crítica moito menor que outras obras de igual ou inferior calidade. Esta edición presenta por primeira vez “Os recordos do porvir” e os seus apasionantes claves interpretativas á luz do seu contexto histórico e social\, o seu contorno literario e as súas complexas condicións de creación e recepción.O libro está dividido en dúas partes. A primeira parte contén catorce capítulos nos que se nos conta a rexencia dos militares en Ixtepec e sobre Francisco Rosas\, un sanguinario xeral\, que asume o goberno do pobo xunto cos seus homes. A segunda parte nos remite á decadencia do xeral Rosas despechado e cruel polo abandono do seu amante que comeza a hostigar ao pobo de Ixtepec.(Da ficha do libro en Ediciones Cátedra) \n\n\n\nElena Garro\n\n\n\nElena Delfina Garro Navarro (1916-1998)\, coñecida como Elena Garro\, foi novelista\, dramaturga\, guionista\, periodista e escritora mexicana.Garro foi unha das figuras máis interesantes da dramaturxia mexicana\, posiblemente\, despois de Rosario Castellanos\, a escritora máis influente do século XX en México. Participou plenamente do concepto do teatro como comunicación poética\, ilóxica e\, máis alá das diferenzas de técnicas e contidos\, mesmo dentro do movemento chamado teatro do absurdo. Non obstante a variedade temática e técnica no teatro de Garro demostraron unha marcada preferencia polo tema das relacións entre diversos aspectos da realidade e mesmo entre diversas realidades. As súas personaxes oscilan entre realidade e ilusión. Así mesmo\, a base de elementos folclóricos\, constrúe un mundo no cal desaparecen as fronteiras entre a realidade tal e como a percibimos diariamente\, dando así outro mundo\, ilusorio\, pero acaso tamén máis real no que toca á verdade anímica do ser humano. Estivo casada co tamén escritor Oitavio Paz\, a quen coñeceu na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) e con quen tivo unha filla\, a escritora Laura Helena Paz Garro.(Da entrada sobre Elena Garro na Wilipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-xaneiro-lo-recuerdos-del-porvenir
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/12/2026-01-07-CdeL-RecuerdosPorvenir.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251210T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251210T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251204T190652Z
LAST-MODIFIED:20251204T190654Z
UID:4564-1765395000-1765400400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Holy Spyder
DESCRIPTION:A película mensual do Ateneo Atlántico de Vigo para este mes de decembro é Holy Spider\, de Ali Bassi.A proxección terá lugar o mércores 10 de decembro\, a partir das 19.30 horas\, nos Multicines Norte. \n\n\n\n\n\n\n\n\nTítulo orixinal: Holy Spider (Araña sagrada)\n\n\n\nAno: 2022\n\n\n\nDuración: 117 minutos\n\n\n\nPaís: Dinamarca\n\n\n\nDirección: Ali Abbasi\n\n\n\nGuión: Ali Abbasi e Afshin Kamran Bahrami.\n\n\n\nA partir dun orixinal de Jonas Wagner\, baseado na biografía de Saeed Hanaei\n\n\n\nMúsica: Martin Dirkov\n\n\n\nFotografía: Nadim Carlsen\n\n\n\nCoproducción Dinamarca-Alemania-Francia-Suecia\n\n\n\nReparto: Mehdi Bajestani (Saeed Hanaei)\, Zar Amir Ebrahimi (Arezoo Rahimi)\, Arash Ashtiani (Sharifi)\, Forouzan Jamshidnejad (Fatima Hanaei)\, Sina Parvaneh (Rostami)\, Nima Akbarpour (xuíz)\, Mesbah Taleb (Ali Hanaei)\, Firouz Agheli (Haji)\, Sara Fazilat (Zinab)\, Alice Rahimi (Somayeh)\, \n\n\n\nPremios:\n\n75 Festival de Cannes 2022\n\nNominada á Palma de Ouro de mellor película\n\n\n\nGañadora do premio á mellor actriz (Zar Amir-Ebrahimi)\n\n\n\n\n\n35 Premios do Cine Europeo EFA 2022\n\nNominada a\n\nMellor película\n\n\n\nMellor dirección (Ali Abbasi)\n\n\n\nMellor actriz (Zar Amir-Ebrahimi)\n\n\n\nMellor guión (Ali Abbasi\, Afshin Kamran Bahrami)\n\n\n\n\n\n\n\nPremios do cine Alemán Lola 2023 (Películas de 2022)\n\nGañadora\n\n3ª mellor película\n\n\n\n\n\nNominada\n\nMellor película\n\n\n\nMellor director (Ali Abbasi)\n\n\n\nMellor actriz (Zar Amir-Ebrahimi)\n\n\n\nMellor actor (Mehdi Bajestani)\n\n\n\n\n\n\n\n27 Satellite Awards (International Press Academy)\n\nNominada a Mellor película internacional\n\n\n\n\n\n\n\nArgumento: Irán\, 2001. Unha periodista de Teherán mergúllase nos barrios con peor reputación da cidade santa de Mashhad para investigar unha serie de feminicidios. Pronto se decatará de que as autoridades locais non teñen ningunha prisa por resolver o asunto. Os crimes son obra dun só home\, que asegura purificar a cidade dos seus pecados e que ataca a prostitutas pola noite.(Ficha extraída de FILMAFFINITY)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-holy-spyder
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/12/2025-12-10-CineHolySpider.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251209T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251209T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251129T200937Z
LAST-MODIFIED:20251204T184003Z
UID:4547-1765308600-1765314000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. De la Habana ha venido...
DESCRIPTION:Presentación do libro De la Habana ha venido un barco… Homenaje a aquellos que nos dieron la palabra\, de Marita de la Figuera. Quen? A autora\, Marita de la Figuera\, conversa con Xabier Paz. Cando? O martes 9 de decembro a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo (r/ Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nDe la Habana ha venido un barco…\n\n\n\nNa Galicia de finais do XIX e principios do XX\, sen un trozo de pan que levarse á boca\, Moucho embarca rumbo a América xunto a outros moitos infortunados. Tras fuxir dos campos de caña de azucre\, a punto de perder a vida\, o destino sonreiralle coa protección dos emigrantes galegos Alfredo e Luciano López\, accederá á educación e participará no labor filantrópico das agrupacións de instrución en Galicia.Nun contexto de pobreza absoluta e analfabetismo xeneralizado\, a finais do século XIX e principios do XX centos de miles de galegos emigraron a América coa esperanza dun futuro digno. Uns foron a caer a plantacións escravistas de cana de azucre; outros lograron vivir libre e dignamente\, e algúns\, enriquecerse.Moitos deles\, como Alfredo e Luciano López\, fixeron coa mente posta en Galicia e obxectivos tan altruístas como contribuír á formación dos seus paisanos dotando de escolas ás súas localidades de orixe.Na Habana veu un barco…\, a través dos ollos de Moucho\, vemos a epopea\, contada por el mesmo\, dun rapaz que embarcou rumbo a Cuba xunto a outros infortunados moitos e vive a dura experiencia do açucre. Anos despois\, Moucho logra recibir educación e incorpórase ao labor da Asociación Instrutiva de Redes-Caamouco (Ares\, A Coruña)\, promotora da escola da Tenza.A novela\, cuxo título evoca o popular xogo de encadear palabras «Da Habana veu un barco cargado de…» é\, en suma\, unha homenaxe a todos aqueles que impulsaron a alfabetización e a instrución popular nunha Galicia sometida polo poder da Igrexa e o caciquismo.Da ficha do libro en Belagua Edicións \n\n\n\nA autora\n\n\n\nMarita de la Figueira é catedrática de Lingua e Literatura e doutorouse en Filosofía pola Universidade Complutense coa tesis A risa como expresión lúcida da paradoxa existencial\, que foi cualificada Cum laude por unanimidade e publicada. Tamén o seu ensaio sobre Unamuno titulado Da pesadilla nihilista ao ensoño de totalidade. Reflexións desde as obras “Niebla” e “San Manuel Bueno\, mártir” estápublicado pola Universidade Complutense.Dedicouse á docencia porque\, como ela di\, cree «nun maxisterio de palabras». Impartiu as conferencias «Seis poemas galegos de Lorca»\, «A óptica teatral de Valle-Inclán» e «Os libros arden mal\, de Manuel Rivas».Participou no congreso organizado por la Universidad de Castilla-La Mancha en 2004 sobre o cine de Almodóvar cunha ponencia titulada «Hable con ela en clave de romance lorquiano».De raíces galegas\, é autora\, ademais\, da novela Son estelas no mar\, ambientada en Cangas do Morrazo.Da ficha da autora en Belagua Edicións.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-de-la-habana-ha-venido
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-12-09-Presenta-DeLaHabana.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251203T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251203T203000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251109T115805Z
LAST-MODIFIED:20251109T115807Z
UID:4528-1764786600-1764793800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL. Decembro
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de novembro (xuntanza o mércores 3 de decembro) é San Meteoro\, do escritor galego Josiño Araújo. A xuntanza será no salón Vitruvia-Ateneo a partir das 18.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nSan Meteoro\n\n\n\nO día do seu vixésimo aniversario\, Pedro\, quen se considera a persoa máis irrelevante do mundo\, láiase da súa intranscendencia mentres contempla o seu reflexo no espello. Á noitiña\, só no monte\, fumando maría e filosofando sobre a vida ao pé dunha capela\, ve pasar unha estrela fugaz e formula o desexo de se converter en alguén destacado. Pero aquela luz fuxidía resulta ser un enigmático meteorito que cae do ceo para cambiar a súa vida\, a das persoas da súa contorna e mesmo a da cidade onde vive. Unha historia orixinal\, de ritmo cinematográfico e chea de humor. Unha sátira de profunda lixeireza cun final trepidante.(Da ficha do libro en Edicións Xerais) \n\n\n\nJosiño Araújo\n\n\n\nEstudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Barcelona\, e Produción Audiovisual en Vigo\, cidade onde exerce a profesión de avogado\, intercalándoa coa súa actividade como produtor e distribuidor cinematográfico. Foi colaborador en distintos medios dixitais e analóxicos\, dirixiu varias curtametraxes e videoclips\, e foi premiado por algún dos seus relatos. «San Meteoro» é a súa segunda novela.(Da ficha do autor en Edicións Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-decembro
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-12-03-CdeLJosinoAraujo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251127T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251127T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251111T115620Z
LAST-MODIFIED:20251111T115623Z
UID:4532-1764271800-1764277200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:30 anos de Beijing
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración con Resposta Feminista presentan As veteranas de Beijing relatan a súa experiencia 30 anos despois. Quen? María Xosé Porteiro e Pilar García Negro conversan con Priscila Retamozo. Cando? O xoves 27 de novembro de 2025. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa). \n\n\n\n\n\n\n\nFacemos coincidir esta actividade coa semana do 25N\, da xornada de Concienciación sobre a violencia contra as mulleres\, e co trinta aniversario da IV Conferencia Mundial sobre a Muller\, celebrada en Beijing\, China\, entre o 4 e o 15 de setembro de 1995. \n\n\n\nBeijing-1995 foi un inédito ‘meeting point’ internacional para os feminismos en ascenso. Alí tamén estivemos as galegas. Hoxe\, trinta nos despois\, recollemos a herdanza e valoramos os avances con dúas das mulleres que alí nos representaron\, Mª Xosé Porteiro e Pilar García Negro\, para facer balance dos logros acadados polo feminismo desde entón\, prestando especial atención\, por mor das datas\, á violencia contra das mulleres. \n\n\n\nO colectivo Resposta Feminista\, co que organizamos este acto\, é un espazo de confluencia feminista composto por máis de 60 mulleres individuais e unha ducia de colectivas\, organizadas para artellar feminismo na cidade de Vigo. Pensamos e actuamos en clave galega\, bebendo dos feminismos autónomos de das plataformas feministas galegas que nos precederon e comprometidas en dar resposta urxente nas rúas da cidade aos ataques do patriarcado.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/30-anos-de-beijing
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-27-30AnosBeijing.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251126T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251126T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251118T195448Z
LAST-MODIFIED:20251118T195453Z
UID:4537-1764185400-1764190800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. A ilusión da abundancia
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración con OXFAM Intermón presentan o filme documental La ilusión de la abundancia\, de Matthieu Lietaert e Erika Gonzalez Ramirez. Cando? O mércores 26 de novembro a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo\, na rúa Reconquista 7. \n\n\n\n\n\n\n\n\nTítulo orixinal: The Illusion of Abundance\n\n\n\nAno 2022\n\n\n\nDuración 61 min\n\n\n\nDirección: Matthieu Lietaert\, Erika Gonzalez Ramirez\n\n\n\nGuión: Matthieu Lietaert\,Erika Gonzalez Ramirez\n\n\n\nMúsica Norbert Platzer\n\n\n\nFotografía Matthieu Lietaert\n\n\n\nXénero Documental\n\n\n\nA pesar dun xogo profundamente desequilibrado\, Máxima\, Bertha e Carolina comparten un obxectivo común: lideran a actual loita ambiental contra os conquistadores corporativos modernos. Mentres gobernos e corporacións están atrapados nunha carreira global para obter as materias primas máis baratas\, estas tres mulleres cóntannos unha historia de coraxe incansable: Como segues loitando para protexer a natureza cando a túa vida está en perigo? Cando a represión policial\, o acoso corporativo\, as lesións ou mesmo as ameazas de morte forman parte da túa rutina diaria?(Da ficha da película en Filmaffinity)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-a-ilusion-da-abundancia
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-26-CineIlusionAbundancia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251119T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251119T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251103T165714Z
LAST-MODIFIED:20251106T090705Z
UID:4508-1763580600-1763586000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. Alonso Montero
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro Poesía e sociedade no Cancioneiro popular galego\, Dezaséis leccións\, escrito por Xesús Alonso Montero por mor do día das Letras galegas 2025. Quen? O autor estará acompañado de Ramón Nicolás; presenta Laura Caveiro. Cando? Mércores 19 de novembro\, ás 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO\, en García Barbón 5. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nCántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía\, algunhas recolleitas por Rosalía\, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas.En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego (dezaseis lecións)\, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico\, de poético\, e no que conteñen como documento sociohistórico\, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares\, nunha gran maioría mulleres.Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil\, senón que\, re-creándoas ou non\, nolas transmitiron ata os nosos días.(Da ficha do libro en Editorial Galaxia) \n\n\n\nO autor\n\n\n\nXesús Alonso Montero (Vigo\, 1928)\, filólogo\, ensaísta e polígrafo\, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED\, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos\, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973)\, As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994)\, Oteriana (Galaxia\, 2000)\, Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003)\, Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia\, 2006)\, A batalla de Montevideo (2003)\, Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia\, 2001)\, Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia\, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011\, Premio Losada Diéguez\, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra\, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia\, 2022).(Da ficha do autor en Editorial Galaxia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-alonso-montero
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-19-PresentaAlonsoMontero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251118T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251118T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251108T180523Z
LAST-MODIFIED:20251108T180526Z
UID:4524-1763494200-1763499600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. O cineísta andarengo
DESCRIPTION:Presentación do libro O cineísta andarengo\, A propósito de Bernardino de Lamas\, de Manolo González. Quen? Manolo González\, presenta Luísa Abad. Cando? O martes 18 de novembro\, a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo (rúa Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nO cineísta andarego\n\n\n\nSempre abordamos a historia do cinema dende a perspectiva dos cineastas profesionais\, pero poucas veces consideramos de interese o punto de vista do amateur\, aquel que\, como denota a súa raíz latina amare\, implica facer algo por pracer\, por puro amor. Bernardino de Lamas\, en realidade un pseudónimo do xornalista Alfonso Piñón\, é un dos pioneiros cineístas amateur de Galicia. Nos libros de historia do cinema galego apenas representaba algo máis dunha nota a pé de páxina. Falábase esquematicamente dun cineísta descoñecido de Ferrol. Explorando descubrimos que\, ademais de cineísta\, Alfonso Piñón/Bernardino de Lamas foi un xornalista andarengo comprometido coa natureza\, un descubridor de sendeiros ocultos\, un filósofo das corredoiras e congostras esquecidas\, un singular homo viator. Case un precursor do ecoloxismo contemporáneo adiantado ao seu tempo.(Da ficha do libro en Edicións Embora). \n\n\n\nManolo González\n\n\n\nManolo González (A Rúa\, 1955) é un activista do cinema e o audiovisual galego dende hai corenta anos en diferentes iniciativas do eido industrial\, educativo ou institucional. Foi o impulsor e director da Escola de Imaxe e son da Coruña (1990-1998) ou da Axencia Audiovisual Galega (2005-2009). Asemade colaborou coas Universidades de Vigo e Coruña. Coordina o encontro de cineastas da Chanfainalab de San Sadurniño (2014-2025). Nos últimos anos foi publicando libros\, folletos e artigos\, nomeadamente sobre formación\, política audiovisual e cinema de emigración a través de figuras senlleiras do noso cinema como José Gil (“Nos días encantados de agosto”\, premio Losada Diéguez 2023) e Antonio Rey Soto (“O benshi de Galicia”\, finalista nos Premios Rosalía de Castro 2024).Vén de ser recoñecido co Premio da Crítica de Galicia 2025 en Cine e artes audiovisuais.(Da ficha do autor en Edicións Embora)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-o-cineista-andarengo
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-18-PresentaCineistaAndarego.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251112T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251112T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251108T174738Z
LAST-MODIFIED:20251108T174843Z
UID:4519-1762975800-1762981200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. The Quiet Girl
DESCRIPTION:A película elixida pola comisión de cine do Ateneo Atlántico para este mes de novembro é The Quiet Girl\, de Colm Bairéad. A proxección terá lugar o mércores 12 de novembro a partir das 19.30 horas nos Multicines Norte (Vía Norte 22). \n\n\n\n\n\n\n\n\nTítulo orixinal:  An Cailín Ciúin\n\n\n\nAno: 2022\n\n\n\nDuración: 95 min.\n\n\n\nPaís: Irlanda\n\n\n\nDirección: Colm Bairéad\n\n\n\nGuión: Colm Bairéad a partir dunha historia de Claire Keegan\, Kate Nic Chonaonaigh\, Carolyb Bracken\, Joan Sheehy.\n\n\n\nReparto: Catherine Clinch\, Carrie Crowley\, Andrew Bennett\, Michael Patric\,\n\n\n\nA Irlanda rural\, 1981. Cáit é unha reservada nena de nove anos que está desatendida por parte do seu pobre\, disfuncional e demasiado numerosa familia. Enfróntase en silencio con dificultades na escola e en casa\, e aprendeu a pasar desapercibida para cantos a rodean. Cando chega o verán e se achega a data do parto da súa nai\, Cáit é enviada a vivir cuns parentes afastados. Sen saber cando volverá a casa\, quedará no fogar duns descoñecidos sen máis pertenzas que a roupa que leva posta. Pouco a pouco\, e grazas aos coidados da familia Kinsella\, Cáit realiza notables progresos e descubre unha nova forma de vivir. Pero nesta casa onde reina o afecto e non parece ter segredos\, ela descubre unha dolorosa verdade.\n\n\n\n(Da ficha da película en Filmaffinity)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/11/2025-11-12-CineQuietGirl.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251108T083000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251108T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251024T092525Z
LAST-MODIFIED:20251024T092530Z
UID:4499-1762590600-1762635600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída a Allariz
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico organiza unha saída á bisbarra de Allariz para o vindeiro sábado 8 de novembro. A saída será ás 8.30 horas desde o instituto Santa Irene e ás 9 da mañá desde a rúa Areal (antigo Reitorado). A hora prevista de regreso será arredor das 21 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nViaxaremos directamente a Santa María de Augas Santas\, onde visitaremos o santuario; a continuación pequena camiñada -aproximadamente 3 quilómetros- ata o castro galaico-romano de Armeá\, e o Forno da santa\, de orixe prerromano\, e sobre a que no século XIII comezou a construción da Basílica da Ascensión\, da que quedan restos.Comida no restaurante Acea da Costa\, ubicado nun vello muíño-curtidoría do século XVIII\, ao pé mesmo do río Arnoia\, en pleno parque de Portovello.Xa pola tarde\, un sempre agradable ruar por Allariz ata achegármonos á Fundación Vicente Risco para visitar a exposición ‘Vicente Risco e Daniel Castelao. Galiza como proxecto vital’\, da que é comisario o noso compañeiro X. Carlos L. Bernárdez.Xa para rematar\, e se o reloxo o permite\, visita ao museo do Convento de Santa Clara.Regreso con hora aproximada de chegada as 21 horas. \n\n\n\nO custo total (transporte\, seguros e comida) é de 60 euros para persoas asociadas e 70 para non socias. \n\n\n\nInscrición\n\n\n\nA inscrición está aberta ata o mércores 5 de novembro.Para formalizar a inscrición hai que facer o pago na seguinte conta                        – Banco de Santander                        – Nº de conta: 0075 8918 4606 0029 0234                        . No ‘concepto’ do ingreso ou transferencia especificar: ‘REF: 1-56079’ + Nome completo.Unha vez realizado o ingreso\, comunicar todos os datos da inscrición a nosa compañeira Encarna no número de teléfono +34 635 685 868 \n\n\n\nNormas para a inscrición\n\n\n\n Lembramos as condicións vixentes para todas as saídas organizadas polo Ateneo Atlántico: \n\n\n\n\nCada persoas pode anotarse a si mesma e\, como máximo\, a unha persoa acompañante.\n\n\n\nTerán prioridade (1) as persoas socias\, (2) as persoas socias con acompañante non socia\, e (3) persoas non socias.\n\n\n\nCancelacións: para cancelar a inscrición con dereito a reembolso do importe terá que ser antes das 72 horas previas ao momento da saída
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-a-allariz
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-11-08-SaidaAllariz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251105T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251105T203000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251006T155600Z
LAST-MODIFIED:20251006T155605Z
UID:4452-1762367400-1762374600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL novembro. Niketche de Paulina Chiziane
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de outubro de 2025 é Niketche – Uma historia de poligamia\, da escritora mozambicana Paulina Chiziane. A xuntanza terá lugar o mércores 5 de novembro\, a partir das 18.30 horas\, no novo local do Ateneo (Salón Vitruvia\, Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nPaulina Chiziane\n\n\n\nPaulina Chiziane\, nada en Manjacaze (provincia de Gaza) o 4 de xuño de 1955\, é unha escritora mozambicana\, que foi Premio Camões en 2021.Creceu nos suburbios da cidade de Maputo\, anteriormente chamada “Lourenço Marques”. Naceu nunha familia protestante en que se falaban as linguas chope e ronga\, e aprendeu a lingua portuguesa na escola dunha misión católica. Comezou estudos de Lingüística na Universidade Eduardo Mondlane\, mais non chegou a rematalos.Participou activamente na política de Mozambique como militante da Frelimo (Frente de Libertação de Moçambique)\, durante a xuventude. Porén\, sentiuse desilusionada coa directiva do partido despois da independencia do país. En particular\, ficou defraudada pola política filooccidental e as ambivalencias ideolóxicas internas do partido. Outros motivos foron as posicións respecto ás políticas de mono e poligamia\, a economía política\, vencellada ao marxismo-leninismo\, e a hipocrisía\, ao seu entender\, en relación coa liberdade económica da muller.Tras apartarse da política\, iniciou a súa actividade literaria en 1984\, con contos publicados na prensa. A súa escrita foi xerando polémicas sobre asuntos como a práctica da poligamia no país. Co seu primeiro libro\, Balada de amor ao vento (1990)\, converteuse na primeira muller en publicar unha novela no seu país. A obra fala da poligamia no sur de Mozambique durante o período colonial. Debido á súa participación activa na Frelimo\, a súa narrativa reflicte o malestar social dun país devastado pola guerra de liberación e os conflitos civís posteriores á independencia.En 2021 foi acreedora da XXXIII edición do Premio Camões.En 2003\, a súa novela Niketche: uma história de poligamia gañou o Premio José Craveirinha.En 2016 anunciou que deixaba a escrita\, esgotada polas loitas que afrontara ao longo da súa carreira.Vive e traballa na provincia da Zambézia.Forma parte da Semana Galega de Filosofía en 2025.Algunhas das súas obras son: Balada de Amor ao Vento (1990)\, Ventos do Apocalipse (1993)\, O Sétimo Juramento (2000)\, As Andorinhas (2009)\, Na mão de Deus (2013)\, Por Quem Vibram os Tambores do Além (2013)\, O Canto dos Escravizados (2017).(Galipedia) \n\n\n\nNiketche: Uma História de Poligamia\n\n\n\nO título do libro fai referencia a unha danza tradicional practicada no norte de Mozambique. Unha danza que a propia autora define como a danza do sol e da lúa\, a danza do vento e da choiva (…) que inmobiliza o corpo e fai voar a alma (p. 160).A novela representa e sitúase nunha serie de novelas sobre o tema da poligamia. As protagonistas femininas representan a pluralidade cultural das identidades xeográficas de Mozambique\, mentres que o único protagonista masculino representa a nación no seu conxunto.Rami é o nome da primeira esposa de Tony. Tras as continuas ausencias do seu marido\, Rami decide investigar a realidade do seu matrimonio. Así comeza unha viaxe de desenmascaramento que leva a un encontro coas múltiples realidades rexionais do signo feminino en Mozambique.A novela ten unha mensaxe clara para que todas as mulleres sexan “máis amigables\, máis solidarias“\, uníndose como unha soa forza e loitando nunha batalla común pola independencia e o amor xusto e leal. Non obstante\, a autora\, falando a través da voz de Rami\, declara abertamente a súa oposición á poligamia. As mulleres unidas nunca poden ser derrotadas. A unidade que as mulleres representan no libro é a unidade nacional. Cada muller provén dunha zona xeográfica diferente do país. As diferenzas entre o norte e o sur exprésanse ao longo das páxinas cun certo ton de rivalidade\, especialmente no que respecta ao home-nación. A solución presentada ao final do libro é unha alternativa feminista ao sistema nacional patriarcal.(Tradución parcial da páxina da novela na Wikipedia en portugués)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-novembro-niketche-de-paulina-chiziane
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-11-05-CdeLHistoriaPoligamia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251104T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251104T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251031T091246Z
LAST-MODIFIED:20251031T091252Z
UID:4504-1762284600-1762290000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Mobilidade sostible. En bici por Vigo
DESCRIPTION:Mobilidade sostible. Como os coches empeoran as nosas vidas e cidades e como as bicis poden melloralas. Análise das vías ciclistas de Vigo. Quen? Colectivo Ciclábel; Joaão Tamayo Serdoura (Verdegaia); Daniel Rodríguez Pizarro (profesor de Tecnoloxía IES Coia 2). Cando? Martes 4 de novembro\, a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo (Reconquista 7)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/mobilidade-sostible-en-bici-por-vigo
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-11-04-BiciNaCidade.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251029T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251029T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251020T163756Z
LAST-MODIFIED:20251020T163759Z
UID:4489-1761766200-1761771600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A imaxe oculta dos escravizados en Galicia
DESCRIPTION:Que? A imaxe oculta dos escravizados en Galicia. Empresas e empresarios na trata do século XIX. Quen? Luís Alonso Álvarez  con Ángel Pérez\, presena Rosa Pascual. Cando? O mércores 29 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia-Ateneo\, rúa Reconquista 7. \n\n\n\n\n\n\n\nLuís Alonso Álvarez\n\n\n\nLuís Alonso Álvarez (A Coruña\, ). Doutor en Historia pola Universidade de Barcelona e catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade da Coruña. Entre as súas liñas de investigación sobresaen a Historia de Galiza\, a Historia colonial e a Historia da empresa.En Historia colonial\, salienta o seu libro Comercio colonial y crisis del Antiguo régimen en Galicia (1778-1818). En Historia empresarial publicou varios traballos\, algúns en colaboración\, sobre firmas industriais (Estrella Galicia\, Inditex-Zara)\, terciarias (turismo de saúde) e empresarios galegos.Dirixe o grupo de investigación sobre Historia da Empresa da Universidade da Coruña.(Da Galipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-imaxe-oculta-dos-escravizados-en-galicia
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-10-29-EscravitudeGalicia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251028T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251028T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251020T162428Z
LAST-MODIFIED:20251020T162431Z
UID:4486-1761679800-1761685200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación: Fíos de transparencia acesa
DESCRIPTION:Presentación do libro Fíos de transparencia acesa. Narrativa\, poesía e tradución en Xosé Manuel Beiras\, da que é autora Esperanza L. Mariño. Quen? A autora\, Esperanza Mariño conversa con Xosé Manuel Beiras\, presentados por Laura Caveiro. Cando? O martes 28 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO. Entrada libre ata completar aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nFíos de transparencia acesa\n\n\n\nA poliédrica figura de X. M. Beiras -economista\, profesor\, político\, músico\, ensaísta\, narrador e tradutor-\, referente imprescindible no contexto cultural e político galego dos séculos XX e XXI\, destaca por unha excepcional cultura humanística de raíz afrancesada. O presente ensaio aspira a ofrecer unha visión integral dunha parte da próspera faceta literaria\, desde os primeiros textos adolescentes da revista Vamos e a intensa pegada das estadías parísinas. Así mesmo\, preséntase unha breve historia da tradución en galego; porén\, a cerna desenvolve o estudo das obras escolleitas\, que converten a traxectoria do tradutor en infrecuente tanto pola orixinal e coidada selección dos autores coma polo desenvolvemento durante máis de medio século\, algo insólito non só no ámbito literario galego senón universal. Alén da letra de sobranceira da canción Venceremos nós\, as obras traducidas son: Os xustos (1985)\, Calígula (1992)\, Catro cartas a un amigo alemán e otros textos (2018) e A desfeita (2019) de Camus; Antígona (1967) de Anouilh\, Non As moscas (2008) de Sartre\, Adolphe (2020) de B. Constant e Espertemos! (2022) de E. Morin.Por último\, o propio autor quixo autotraducirse mediante a Exhortación a la desobediencia (2015)\, nunha nidia mensaxe ou espallamento da obriga ética da responsabilidade\, continuando na liña dun forte compromiso individual fronte á desigualdade\, á inxustiza e ás guerras.(Da ficha do libro na Editorial Laiovento) \n\n\n\nEsperanza L. Mariño Davila\n\n\n\nFilóloga e catedrática compostelá\, como crítica literaria realizou as edicións de Da emigración. Notas d´un galego (1993) de A. Paz Míguez e d´A vida sempre e sobretodo (2001) de Crisanto Veiguela. Como ensaísta\, publicou ´Diccionario´ María Mariño (2007)\, ´Diccionario´ Uxío Novoneyra (2010)\, A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo (2021) e As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta (2024). Na faceta de tradutora\, de Xuan Bello verteu Historia universal de Paniceiros (2008) e Os nomes da terra (2010)\, e de Esther Prieto Avó Ismail (2011).Como poeta\, publicou A pousa da libélula (2024). Colaborou nas revistas Dorna\, Festa da Palabra Silenciada\, Grial\, Revista de Lenguas y literaturas catalana\, gallega y vasca (UNED)\, Barbantia\, Lletres Asturianes etc. Nos anos 90 representou Galiza na Fédération Européenne des Maisons de Pays. Impartiu conferencias en Galiza e Europa e gañou diversos premios literarios.(Da ficha da autora na Editorial Laiovento)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-fios-de-transparencia-acesa
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-10-28-LibroBeiras.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251023T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251023T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251017T193517Z
LAST-MODIFIED:20251017T193519Z
UID:4466-1761247800-1761253200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Neuroplasticidade e neuroxénese
DESCRIPTION:Neuroplasticidade e neuroxénese. Como o cerebro pode cambiar e curar. Quen? Miyen Wu Rodríguez\, presenta Juan Mahíz. Cando? O xoves 23 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia\, rúa Reconquista 7. \n\n\n\n\n\n\n\nA actividade procura brindar aos asistentes información clara\, actualizada e motivadora sobre a capacidade do cerebro para cambiar e rexenerarse\, así como ferramentas prácticas para estimular ditos procesos mediante hábitos de vida saudables.Veremos de xeito sinxelo os conceptos de neuroplasticidade y neuroxénese\, presentar evidencia científica sobre como a alimentación\, a dixestión\, o relato\, a escritura terapéutica e a respiración consciente inflúen na saúde cerebral\, e tentaremos motivar ás persoas participantes a adoptar hábitos que promovan o benestar mental e emocional. \n\n\n\nMiyen Wu Rodríguez\n\n\n\nSpecialist in Complementary Medicine (Chinese Medicine: Acupuncture\, Reflexology; Homeopathics remedies\, and Flower Essences.With more than 30 years of professional experience\, with a broad national and international trajectory imparting Emotional Intelligence Workshops (Personal and Business) in Argentina\, Colombia\, Cuba\, Chile\, United States\, and Venezuela.Vocational academic training:2014 – 2016. Seminar Skills for the level in vital crises.ULA-UAM \, School Medicine .Universidad de los Andes\, Venezuela\, and The Autonomous University of Madrid. Madrid\, Spain.2014. Diploma in Organizational Climate Management and Business Leadership.Unesco\, International Diploma.2008 – 2009. Emotional Intelligence Course. UNESCO\, International Institute for Educational Planning.1996-1998 Career: Floral Therapy. School of Floral Therapy Ibero-American Association of Floral Therapists. Buenos Aires. Argentina\, Mexico City.1986 – 1989. Medicine. Faculty of Medicine of the University of Los Andes (ULA)\, Merida\, Venezuela.Medical Work Experience:Research on “Designing Virtual Reality Programs for Training and Auto Applications of Podal Therapeutic Massage in Preventive Medicine and Integrative Health “. 2018_ present.Self_employed professional \, Complementary Medicine\, and Emotional Intelligence Advisor 2015 _ Current• June 2011 – December 2015.Complementary Medicine. CREASER. Merida\, Venezuela.• January 2013 – Additional Medicine. Holistic Center “Lotus Flower”. Merida\, Venezuela.• April 2011 – March 2013. Complementary Medicine. Policlinics “Las Mercedes”. Caracas\, Venezuela.• January 1999-February 2014. Complementary Medicine. Centro Médico Los Angeles\, Merida\, Venezuela.Activities carried out :Speaker in workshop and speech of EMOTIONAL INTELLIGENCEThe intervention of patients of all ages Traditional Chinese Medicine (MTCH) and Complementary.Application of RespiratoryTherapy.Floral Essence Prescription (Bach); Cotis (Venezuelans); Australian bush; Mediterranean\, Alba; FES California; Andean Orchids (Roger Valencia- Star Riparetti).Research in Vertebrotherapy using Acupuncture\, massage\, aromatherapy\, and floral essences.2004 – 2006. Responsible for the Organizational Climate Improvement Project. National Institute of Agricultural Research (INIA). Ministry of Science and Technology. Merida\, Venezuela.• Coaching to INIA Research and Management Staff\, Ministry of Science and Technology.• Headquarters: Merida\, Lara and Aragua\, Venezuela.March 1994 – January 1997.SpecialistRespiratory Therapy (ventilatory) and Physics. Physician Director : Dr. Clelia Olazo de Gavillet. Eastern Medical Institute. Caracas\, Venezuela. Help treat\, restore and guide the patient with breathing problems.1991 – 1992. Assistant-apprentice in Rehabilitation and Physiotherapy with emphasis on treatment with traditional Chinese medicine. Responsible Physician: Dr. Legostajev. Institute of Physical Medicine and Rehabilitation. Caracas\, Venezuela.1987 – 1989. Coordination of workshops and dissertation of talks. Popular Action Centre (CESAP). Merida\, Venezuela.Volunteering:2016 – 2018 Volunteer en Intercambio Unities Communities\, Boulder\, CO\, USADecember 1999 – 2001\, Social abilities in vital crisis and post-trauma support to 103 Families Victims of the tragedy caused by mudslides in the State of Vargas\, Venezuela.Some workshops and Dictated Courses:2002. Unusual Stress Workshop. Pitzer College in Venezuela\, Teatro Rafael Briceño. Merida\, Venezuela.2002. Workshop: “Life and Death as Polarity”. Pitzer College in Venezuela\, Teatro Rafael Briceño. Merida\, Venezuela.2002. Workshop on Emotions and Disease. Pitzer College in Venezuela\, Teatro Rafael Briceño. Merida\, Venezuela.2002. Workshop on Relations and Links with the Other. Pitzer College in Venezuela\, Teatro Rafael Briceño. Merida\, Venezuela.2001. Introductory Course to Floral Therapy. University Channel TV Classroom. Universidad de Los Andes (ULA). Merida\, Venezuela. (Elsa Am). 12 hours television.2001. Flower Essence Sensing Course (Mediterranean- California – South African). (Clelia Olazo de Gavillet). INSTITUTE of Geography\, ULA\, Merida\, Venezuela.1998\, Flowers and Emotions\, Ministry of Public Health\, Havana\, Cuba (with Eduardo Grecco).1999\, Penas de Amor y Esencias Florales\, Bogota\, Colombia (Eduardo H. Grecco)1990. Natural Pastry Course. Great Universal Fraternity (GFU). Caracas\, Venezuela.1990. Breathing Life Argument. Great Universal Fraternity (GFU). Caracas\, Venezuela. \n\n\n\nJuan Mahíz\n\n\n\nO acto será presentado por Juan Mahíz (Juan Gaviria)\, biólogo venezolano\, catedrático xubilado de botánica na Universidade de Os Andes\, Mérida\, Venezuela. Fundador do Xardín Botánico da Universidade de Os Andes.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/neuroplasticidade-e-neuroxenese
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-10-23-NeuroplasticidadeeNeuroxenese.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251022T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251022T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251017T084441Z
LAST-MODIFIED:20251020T093214Z
UID:4463-1761161400-1761166800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Adiós
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico presenta o filme Adiós do realizador cubano Yoel Cano\, protagonizado por Orisel Gaspar\, que estará presente na proxección. Será o mércores 22 de outubro\, a partir das 19.30 horas\, no espazo Ateneo-Vitruvia (rúa Reconquista 7) \n\n\n\n\n\n\n\nAdiós\n\n\n\nTrátase do segundo filme da triloxía de Joel Cano. Adiós é a segunda parte de Siete días siete noches\, gañadora de varios premios\, entre os que cómpre destacar o Globo de Ouro (Montgolfière d’or) na 25 edición do Festival des 3 Continents. Adiós\, cun presuposto total de 10.000 euros\, rodouse en diferentes localizacións entre 2002 e 2004\, maioritariamente en Cuba\, pero tamén en Francia e Vigo (Casco Vello\, Chapela\, Camposancos…)O filme non ten guión impreso\, senón que foi transmitido aos dous protagonistas principais de xeito oral\, polo director Joel Cano. Como técnica cinematográfica destaca o plano e o contraplano\, ademais dos planos xerais e dos vídeos filmados polos dous personaxes protagonistas. \n\n\n\nJoel Cano\n\n\n\nJoel Cano Obregón (1966\, Cuba) é un dramaturgo\, director de cine\, novelista e compositor musical de orixe cubano e residente en Francia. É licenciado en Teatroloxía e dramaturxia pola Universidad das Artes da Habana. A súa traxectoria é ben coñecida\, e recoñecida en Cuba\, coa publicación e posta en escea de diversas pezas teatrais como Time Ball\, Fallen Angels\, Fábula de un país de cera\, Fábula del insomnio\, Fábula de nunca acabar\, Fábula verde\, Los aretes que le faltan a la luna.As súas obras teñen sido editadas en numerosas antoloxías e levadas á escena en diversas ocasións por compañías cubanas.Internacionalmente foi coñecido pola súa primeira película\, Siete días siete noches\, gañadora do Globo de Ouro (Montgolfière d’Or) no Festival dos 3 Continentes\, en Nantes\, Francia\, en 2003.  \n\n\n\nOrisel Gaspar\n\n\n\nOrisel Gaspar (1968\, Cuba) é Licenciada en Artes Escénicas (Universidad de las Artes Instituto Superior de Artes (ISA). Ciudad Habana\, Cuba 1985/90)Actriz\, guionista\, profesora de Interpretación\, profesora de Oratoria\, reside entre Galicia\, A Habana e Santa Clara.Cunha ampla carreira como actriz (audiovisual e teatro) e creadora\, e autora de proxectos como Boberías\, Apertas\, ou o Proyecto Nosotros. Como actriz participou en longametraxes como As mortes (Cristóbal Arteaga\, Galicia\, 2015) ou El triste olor de la carne (Galicia\, 2013); en televisión participou en series como Pazo de familia (TVG\, 2014).Entre as súas curtametraxes cómpre destacar a súa actuación como protagonista nas laureadas El segundo amanecer de la ceguera (Mario Franco\, España\, 2008) ou Noche Vieja (Joaquín Matamala\, ESAC\, 2013).O filme Siete días siete noches (Joel Cano\, Cuba\, 2001)\, do que é actriz protagonista\, xa foi presentado neste cinemAteneo en 2023. É tamén moi fructífera a súa carreira como actriz de teatro.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-boberias
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-10-22-CineAdios.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251015T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251015T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20250925T172114Z
LAST-MODIFIED:20251010T083159Z
UID:4445-1760556600-1760562000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ler a cidade para comprendela
DESCRIPTION:Ler a cidade para comprendela. Quen? Salvador Fraga\, arquitecto\, presentado por Teresa Conde-Pumpido. Cando? o mércores 15 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? No novo salón de actos do Ateneo Atlántico\, nas instalacións do café Vitruvia (rúa Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nNesta primeira actividade do novo curso queremos pararnos a pensar na nosa cidade; Vigo foise facendo polos seus cidadáns ao longo do tempo\, cada un cos seus propios afáns\, sorteando as dificultades topográficas\, históricas e sociais que ían deixando a súa pegada\, buscando cada quen satisfacer as súas necesidades ou intereses propios\, demasiadas veces\, quizais\, sen buscar unha postura común ou unha solución máis axeitada \,lonxe da rutina.Para saber en que punto estamos e cales son os principais problemas que Vigo debe afrontar en tempos con novas necesidades sociais\, que posibles solucións poden xurdir do novo PXOUM e cales haberá que afrontar por outros medios\, contamos coa axuda de Salvador Fraga que nos guiará nunha lectura de cidadanía consciente que nos permita comprendela e buscar a súa melloria. \n\n\n\nSalvador Fraga Rivas é un dos arquitectos vigueses máis recoñecidos: licenciado na ETSAM na especialidade de Urbanismo\, foi concelleiro do Concello de Vigo\, profesor na ETS de Arquitectura da Coruña e presidente da Delegación do COAG en Vigo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ler-a-cidade-para-comprendela
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/09/2025-10-15-Salvador-Fraga.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251010T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251010T200000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20251006T110947Z
LAST-MODIFIED:20251006T110958Z
UID:4448-1760117400-1760126400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída polo casco histórico (2)
DESCRIPTION:Despois do éxito da primeira edición\, o Ateneo Atlántico organiza unha segunda saída polo casco vello de Vigo da man de Rosa Sáenz. Terá lugar o venres 10 de outubro; o lugar de reunión será a Praza da Constitución\, ás 17.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nO percorrido partirá da Praza da Constitución\, para seguir pola praza da Pedra\, antigo mercado da Laxe\, rúa Xaquín Yáñez\, Princesa e Porta do Sol. A duración aproximada será de 2 horas e media. \n\n\n\nDado o escaso aforo da actividade (máximo 25 persoas)\, precisamos facer unha pre-anotación a través do correo:actividades@ateneneoatlantico.gal.Por este mesmo motivo\, unicamente abriremos a participación ás persoas socias\, e cada socia soamente poderá anotar a outra persoa acompañante.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-polo-casco-historico-2
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:actividades,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-10-10-SaidaCascoHistorico.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251008T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251008T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20250925T170920Z
LAST-MODIFIED:20250925T171204Z
UID:4440-1759951800-1759957200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Cafarnaum
DESCRIPTION:A nova tempada do cinemAteneo comeza coa proxección da película Cafarnaúm\, película libanesa da realizadora Nadine Labaki. Será o mércores 8 de setembro\, a partir das 19.30 horas\, nos multicines Norte. \n\n\n\n\n\n\n\nCafarnaum\n\n\n\n\nCapharnaümaka\n\n\n\nAno 2018\n\n\n\nDuración 126 min\n\n\n\nPaís Líbano\n\n\n\nDirección Nadine Labaki\n\n\n\nZain Al Rafeea\, Yordanos Shiferaw\, Boluwatife Treasure Bankole\, Kawsar Al Haddad\, Fadi Yousef Cedra Izzam\, Alaa Chouchnieh\, Elias Khoury\n\n\n\nGuión Nadine Labaki. Historia: Labaki Jihad Hojeily\n\n\n\nMúsica Khaled Mouzanar\n\n\n\nFotografía Christopher Aoun\n\n\n\nCoproducción Líbano-Estados Unidos-Francia; Les Films des Tournelles\n\n\n\nAnte un tribunal\, Zain\, un rapaz de 12 anos\, declara ante o xuíz. -Por que demandaches aos teus propios pais? -Por darme a vida.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-cafarnaum
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/09/2025-10-08-CineCafarnaum.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251001T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251001T203000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20250610T112900Z
LAST-MODIFIED:20250610T112904Z
UID:4384-1759343400-1759350600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL de verán: David Uclés
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do verán de 2025 (xuntanza o 1 de outubro de 2025\, ás 18.30 horas\, no espazo Ateneo)\, é La península de las casa vacías\, de David Uclés. \n\n\n\n\n\n\n\nLa península de las casas vacías\n\n\n\nUnha novela total sobre a guerra civil española en clave de realismo máxico.Premio Cálamo Libro do ano 2024\, Premio Andalucía da Crítica\, candidato español ao Premio Literario da Unión Europea.Velaquí a historia da descomposición total dunha familia\, da deshumanización dun pobo\, da desintegración dun territorio e dunha península de casas baleiros.A historia dun soldado que se talla a pel para deixar saír a cinza acumulada\, dun poeta que colle a sombra dunha nena tras un bombardeo\, e dun mestre que ensina aos seus alumnos a facerse os mortos; dun xeneral que durme xunto á man cortada dunha santa\, dun neno certo que recupera a vista durante un apagón\, e dunha campesiña que pinta de negro todas as árbores do seu horto; dun fotógrafo estranxeiro que pisa unha mina cerca de Brunete e non levanta o pé en corenta anos\, dun gernikarra que conduce ata o centro de París unha camioneta cos restos humeantes dun ataque aéreo\, e dun perro ferido cuxa sangue tinguirá a última franxa dunha bandeira abandonada en Badaxoz.Velaquí pois a historia total da Guerra Civil española e dunha Iberia agonizante onde o fantástico apuntala a crudeza do real; onde os anónimos membros dun extenso clan de olivareiros de Xándula cruzan os seus destinos cos de Alberti\, Lorca e Unamuno; Rodoreda\, Zambrano e Kent; Hemingway\, Orwell e Bernanos; Picasso e Mallo; Azaña e Foxá; onde o épico e o costume entrelázanse para tecer un portentoso tapiz\, poético e grotesco\, belo e delirante.«É o mellor que lin en moitísimos anos. David Uclés escribiu un libro extraordinario que vai quedar na historia da literatura do noso país» (Iñaki Gabilondo).«Ningunha novela contemporánea me conmoveu tanto como A península das casas vacías. Estou asombrado e agradecido» (Ian Gibson).«Unha moi boa novela\, valente e divertida\, ocorrente e ben escrita. (…) David Uclés consegue a fazaña narrativa de contar con humor algúns episodios de extrema violencia e non estrelarse» (Juan Marqués\, La Lectura\, El Mundo). ETC.Da ficha lo libro na Editorial Siruela. \n\n\n\nDavid Uclés\n\n\n\nDavid Uclés (Úbeda\, 1990)\, licenciado e máster en Tra­dución e Interpretación\, é\, ademais\, escritor\, músico e debuxante. Ten publicadas as novelas El llanto del león (Premio Complutense de Literatura\, 2019) e Emilio y Octubre (2020). La península de las casas vacías é o froito de quince anos de traballo e dunha exhaustiva viaxe de documentación e memoria pola xeografía española. Para a su creación\, recibiu as becas Leonardo e Montserrat Roig.Da ficha do autor en Editorial Siruela.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-de-veran-david-ucles
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/06/2025-09-03-CdeL-PeninsulaCasasVacias.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250930T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250930T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20250913T185426Z
LAST-MODIFIED:20250913T190046Z
UID:4424-1759260600-1759266000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación. El regreso de China
DESCRIPTION:Presentación do libro El regreso de China\, de Albino Prada. Quen? Albino Prada xunto con Emilio Zunzunegui e Rosa Pascual. Cando: o martes 30 de setembro a partir das 19.30 horas. Onde: no novo local do Ateneo na rúa Reconquista 7 (Café Vitruvia). \n\n\n\n\n\n\n\nO Ateneo Atlántico prácese en organizar a presentación do último libro de Albino Prada: El regreso de China. No acto\, que terá lugar o martes 30 de setembro a partir das 19.30 horas\, participaran o autor xunto con Rosa Pascual e Emilio Zunzunegui.A presentación terá lugar no novo espazo do Ateneo Atlántico\, na rúa Reconquista 7\, nos locais do café Vitruvia (antigo Aero Club): \n\n\n\n\n\n\n\nEl regreso de China \n\n\n\nNeste libro analízase a transformación social que está a permitir a China recuperar o dinamismo tecnolóxico e o peso económico mundial que xa tivese fai séculos. Tamén como\, ao conseguilo\, está provocando -nestas primeiras décadas do século XXI- a ruptura da globalización capitalista comandada polos Estados Unidos.‘ A persoa que queira entender\, sen perderse nos detalles\, a extraordinaria transformación de China e o reto que o seu modelo autoritario representa para tanto as democracias liberais como para as relacións internacionais no século XXI\, debe ler este ensaio. Lonxe da linguaxe académica empalagosa ao uso\, a prosa áxil do profesor Albino Prada fai que a súa lectura resulte ameaza á vez que instrutiva. Léanlo e verán que me darán a razón’.Da ficha do libro no Consorcio Editorial Galego \n\n\n\nAlbino Prada\n\n\n\nAlbino Prada é doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991\, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo\, foi membro do Consello Galego de Estatística\, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega. Editor dos Documentos do Foro Económico de Galicia (2014-2018). Entre 2006-2018 foi columnista habitual de La Voz de Galicia; colabora en medios como Luzes\, Sin Permiso\, Nós Diario ou Tempos Novos. É membro do Consello Científico de Attac España.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-el-regreso-de-china
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/09/2025-09-30-PresentaRegresoChina.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250923T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250923T210000
DTSTAMP:20260430T154420
CREATED:20250916T110518Z
LAST-MODIFIED:20250918T083426Z
UID:4433-1758655800-1758661200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Manolo Bragado\, Socio de honra do Ateneo
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en convocar o acto no que vai recoñecer a figura de Manolo Bragado como socio do Ateneo. Será o martes 23 de setembro\, a partir das 19.30 horas\, no novo local (salón Vitruvia\, rúa Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nNo acto participarán María Jesús Bragado\, Jacobo Buceta\, Ledicia Costas\, Xosé María Palmeiro e Amada Traba. A actuación musical correrá a cargo de Nausica.O acto será libre ata completar aforo. \n\n\n\nManolo Bragado\n\n\n\nManuel Bragado Rodríguez (Vigo\, 1959) é mestre e editor retirado. Foi Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia S.A.\, dende o mes de xaneiro de 1994 ao de abril de 2018\, empresa na que traballou dende 1990. Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago (1976-1981)\, foi profesor da materia «Edición e actividade editorial» do Mestrado en Edición 2009/2010 das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Foi mestre orientador no CEIP Lope de Vega de Vigo (2018-2019) e CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela (2019-2023).É  presidente da Asociación Premios da Crítica de Galicia\, secretario da Fundación Luzes e membro do consello editorial da revista Luzes\, socio do Real Club Celta\, membro do Instituto de Estudios Vigueses\, do padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro\, da Sociedade Jules Verne de Vigo\, de ProLingua\, de Nova Escola Galega\, do STEG e de Amnistía Internacional.Foi presidente da Fundación Luzes (2019-2023)\, da Asociación Galega de Editoras (2010-2014)\, de Culturgal (2014-2017)\, da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88)\, director da Revista Galega de Educación (1986-2000)\, membro da sección de «Lingua\, literatura e comunicación» do Consello da Cultura Galega e redactor do documento «Lingua e edición» da ponencia de Lingua e Cultura do Proxecto Galicia 2010.(Da biografía do autor no seu Blog Brétemas)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/manolo-bragado-socio-de-honra-do-ateneo
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/09/2025-09-23-Homenaxe-a-Manolo-Bragado.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR