BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.15.20//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250423T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250423T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250418T080459Z
LAST-MODIFIED:20250424T072454Z
UID:4303-1745434800-1745442000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro Xesús Alonso Montero
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro Poesía e sociedade no Cancioneiro popular galego\, escrito por Xesús Alonso Montero por mor do día das Letras galegas 2025. Quen? O autor estará acompañado de Xosé Manuel Soutullo\, director xeral de Galaxia; presenta Fernando Fernández. Cando? Xoves 24 de abril\, ás 19 horas. Onde? Na Casa del libro\, en Velázquez Moreno 27. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nCántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía\, algunhas recolleitas por Rosalía\, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas.En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego (dezaseis lecións)\, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico\, de poético\, e no que conteñen como documento sociohistórico\, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares\, nunha gran maioría mulleres.Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil\, senón que\, re-creándoas ou non\, nolas transmitiron ata os nosos días.(Da ficha do libro en Editorial Galaxia) \n\n\n\nO autor\n\n\n\nXesús Alonso Montero (Vigo\, 1928)\, filólogo\, ensaísta e polígrafo\, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED\, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos\, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973)\, As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994)\, Oteriana (Galaxia\, 2000)\, Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003)\, Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia\, 2006)\, A batalla de Montevideo (2003)\, Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia\, 2001)\, Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia\, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011\, Premio Losada Diéguez\, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra\, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia\, 2022).(Da ficha do autor en Editorial Galaxia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-xesus-alonso-montero
LOCATION:Casa do Libro\, Rúa Velázquez Moreno\, 27\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-04-24-AlonsoMontero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250422T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250422T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250409T163114Z
LAST-MODIFIED:20250409T163123Z
UID:4276-1745350200-1745355600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Pasando o testemuño da igualdade
DESCRIPTION:Acto do Ateneo Atlántico de Vigo: Construír a democracia: Pasando o testemuño da igualdade. Quen? Magis Iglesias e María Xosé Porteiro. Cando? O martes 22 de abril de 2025 a partir das 19.30 horas. Onde? Na casa galega da cultura (praza da Princesa). \n\n\n\n\n\n\n\nMagis Iglesias\n\n\n\nÁngeles Iglesias Bello\, nada en Vigo en 1956\, é unha xornalista galega\, coñecida profesionalmente como Magis Iglesias.Licenciouse en Ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar en La Voz de Galicia e Faro de Vigo\, do que creou a delegación da Coruña. Formou parte do primeiro equipo de redactores que en 1985 puxo en marcha a Televisión de Galicia\, onde fixo tarefas de reporteira\, xefa de sección e coordinadora electoral.Foi redactora xefa de Política na axencia de noticias Colpisa\, vinculada a Vocento\, onde se ocupa da información parlamentaria. Desde 1988 cubriu os acontecementos referidos ao Partido Popular e os seus líderes. Ademais\, colaborou como contertulia nos programas Hoy por hoy da Cadena SER e Los desayunos de TVE.En 2004 publicou o libro La Sucesión (Editorial Temas de hoy)\, no que relata o desenvolvemento dos acontecementos que levaron ao presidente José María Aznar a designar Mariano Rajoy como o seu sucesor.O 20 de setembro de 2008 foi elixida presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España\, a primeira muller que accedeu ao cargo\, e ocupou o posto até 2010.Desde 2012 é Directora de Comunicación da Entidade Pública Marca España.(Da entrada Magis Iglesias na Galipedia).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/pasando-o-testemuno-da-igualdade
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/04/2025-04-22-MagisIglesias.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250409T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250409T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250330T085225Z
LAST-MODIFIED:20250330T085228Z
UID:4263-1744227000-1744232400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Somos o que imaxinamos
DESCRIPTION:Ateneo Atlántico. Presentación do libro: Somos o que imaxinamos\, de Alberto García-Garcés. Quen? Alberto García Garcés con Xosé Mª Álvarez Cáccamo\, presenta Luísa Abad. Cando? Mércores 9 de abril a partir das 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO\, García Barbón 5. \n\n\n\n\n\n\n\nSomos o que imaxinamos\n\n\n\nSomos o que imaxinamos é un conxunto de 42 vibrantes relatos curtos que falan da vida e da nosa cultura. Algúns se basean en experiencias vividas\, outros son pura ficción. Mitos\, lendas\, lecturas\, viaxes\, camiñar con amigos\, reflexións\, peixes\, investigación mariña\, observación do mundo e soños\, ten cabida nestes apaixonantes relatos. Todos xorden de pasear con optimismo\, e certa retranca\, no tempo e no espazo. Unhas veces por lugares próximos\, outras por ámbitos máis afastados\, e as máis das veces polos íntimos e intricados sendeiros dun mesmo.Alberto González-Garcés narra con curiosidade e sorpresa a lendaria fundación de Muros por parte de Ulises\, os peixes que comía Xesús de Nazaret segundo os Evanxeos\, tamén os peixes e pescados que aparecen no Quixote\, o paso de Federico García Lorca por Galicia\, o canto do cuco en Kioto\, os seus paseos persoais por Iguaçu\, Asunción\, as cataratas do Niágara e por espazos máis próximos tales como San Vicente do Mar\, Ons\, Santa Cruz\, o río Verdugo e outros. Reflexiona con pausada esperanza e chega a conclusión de que “así é a vida\, somos o que imaxinamos”. (Ficha do libro na AELG) \n\n\n\nAlberto García Garcés\n\n\n\nAlberto González-Garcés Santiso. A Coruña\, 1950.Doutor en Bioloxía mariña. Investigador en oceanografía biolóxica\, especialmente sobre recursos mariños vivos. Para os seus traballos de investigación navegou polo Atlántico\, Mediterráneo e Pacífico. Dirixiu a Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía. Tamén foi Director-Xerente do Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR. Foi presidente do Comité Permanente de Investigación e Estatísticas da Comisión Internacional para a Conservación dos Atúns do Atlántico e Presidente do Comité Científico\, Técnico e Económico da Pesca da Comisión Europea.Ten publicado o libro de poemas Alta mar\, mar aberta. Editorial Medulia. 2023. 102 páxinas. ISBN 9788419438355. (Ficha do autor na AELG)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-somos-o-que-imaxinamos
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-04-09-PresentaAlbertoGarces.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250408T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250408T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250330T083640Z
LAST-MODIFIED:20250330T083643Z
UID:4260-1744140600-1744146000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Educación afectivo-social e adolescencia hoxe
DESCRIPTION:Educación afectivo-social e adolescencia hoxe. Quen? Antón Costa\, Priscila Retamozo\, Amada Traba\, Sonia Fernández; presenta Luísa Abad. Cando? Martes 8 de abril ás 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO (García Barbón 5). \n\n\n\n\n\n\n\nO Ateneo Atlántico\, en colaboración coa Revista Galega de Educación (Nova Escola Galega)\, presentan o acto Educación afectivo-social e adolescencia hoxe.A actividade xira en torno ao número que a Revista lle dedicou á ‘Educación afectivo-sexual’ e nel participarán\, ademais de Antón Costa\, membro do Consello de redación da revista\, Priscila Retamozo\, Amada Traba e Sonia Fernández\, autoras participantes no número. Presenta Luísa Abad\, presidenta do Ateneo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/educacion-afectivo-social-e-adolescencia-hoxe
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-04-08-RevsitaGalegaEducacion.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250402T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250402T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250319T092322Z
LAST-MODIFIED:20250319T092325Z
UID:4253-1743622200-1743627600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Víctima imperfecta
DESCRIPTION:CinemAteneo presenta a película Víctima Imperfecta\, de Delphine Girard. Será o mércores 2 de abril\, a partir das 19.30 horas\, nos Multicines Norte. \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\n2023\n\n\n\nDuración: 108 minutos\n\n\n\nPaís: Bélxica\n\n\n\nGuión e Dirección: Delphine Girard\n\n\n\nProdución:  Versus Production\, Colonelle Films\,Haut et Court\n\n\n\nReparto: Selma Alaoui\, Veerle Baetens\, Guillaume Duhesme\, Anne Dorval\, Adèle Wismes\, Gringe\n\n\n\nSinopse: Despois dunha noite de festa que non remata ben\, Dary asalta sexualmente a Aly e é ela mesma quen chama á policía para denunciar o que pasou. Despois do sucedido\, Aly tenta continuar a súa vida intentando esquecer o que pasou a noite anterior e intenta eliminar a importancia dos feitos.\n\n\n\n\nNeste enlace podedes ver unha interesantísima entrevista coa directora
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-victima-imperfecta
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250402T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250402T190000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250307T124527Z
LAST-MODIFIED:20250307T124529Z
UID:4219-1743613200-1743620400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL. Deserto sonoro
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de marzo é Desierto sonoro\, de Valeria Luiselli. A xuntanza terá lugar o mércores 2 de abril\, a partir das 17 horas\, no espazo Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nDeserto sonoro\n\n\n\nUn matrimonio en crise viaxa en coche cos seus dous fillos de Nova York a Arizona. Ambos son documentais e cada un céntrase no seu propio proxecto: está detrás das pegadas da última banda de Apache para entregarse ao poder militar estadounidense; Busca documentar a diáspora de nenos que chegan á fronteira sur do país en busca de asilo.Mentres o coche familiar atravesa o amplo territorio americano\, os dous fillos\, sentados no asento traseiro\, escoitan as conversas e historias dos seus pais e ao seu xeito confunden a noticia da crise de inmigración co xenocidio dos pobos nativos de América do Norte. Na súa imaxinación\, estas historias entrelazan\, dando lugar a unha aventura que é a historia dunha familia\, un país e un continente.Sound Desert\, terceira novela de Valeria Luiselli\, combina a mellor das dúas grandes tradicións literarias\, a da viaxe e a do Éxodo: transfírese a través do asfalto e cruza os horizontes do deserto\, detense nos moteles da estrada e penetra nos territorios íntimos do seu personaxe\, ofrecendo unha serie de instantáneas que retratan o infinito das capas do pancético\, son sonoras e son que son espirituais. Forman realidade contemporánea. Unha historia conmovedora e necesaria que amosa a fraxilidade coa que se definen os lazos familiares\, investiga o xeito en que documentamos as nosas existencias e pasamos as historias de xeración en xeración e pregúntase o que significa o ser humano nun mundo cada vez máis deshumanizado.(da ficha do libro na editorial Sexto Piso) \n\n\n\nValeria Luiselli\n\n\n\nValeria Luiselli (Ciudad de México\, 1983) é autora das novelas Los Inguidos (2011) e a historia dos meus dentes (2013) e dos libros de probas False Roles (2010) e The Lost Children (2016)\, todos publicados no sexto andar. Colaborou\, entre outros\, en medios de comunicación como o New York Times\, Granta\, The Guardian ou El País. As súas obras\, traducidas a máis de vinte idiomas\, foron galardoadas dúas veces co premio Los Angeles Times Book e co American Book Award\, e foron dúas veces finalistas do National Book Critics Circle Award. Na actualidade\, reside en Nova York.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-deserto-sonoro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-04-02-CLecturaDesertoSonoro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250401T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250401T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250314T184749Z
LAST-MODIFIED:20250319T090318Z
UID:4247-1743535800-1743541200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación: A filla de Lucrecia
DESCRIPTION:Presentación do libro A filla de Lucrecia\, de Xabier Paz.Cando? O martes 1 de abril\, a partir das 19.30 horas.Quen? O autor estará acompañado por Irene Felpeto e por Edurne Baines (editora do libro).Onde? Na biblioteca da EMAO (García Barbón 5). \n\n\n\n\n\n\n\nO autor: Xabier Paz\n\n\n\nXabier Paz (1949) reside en Vigo\, onde exerceu varios oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas\, dedicou boa parte da súa vida a estudar\, como investigador titular\, os recursos pesqueiros do Atlántico Norte\, mormente en Terranova e Svalbard. Foi colaborador de diversas publicacións culturais\, de pensamento crítico (Inzar Ra­zóns) e de viaxes. Publicou o relato Follas do bacallau Xerais\, 2005) e as novelas Renacer (Xerais\, 2008)\, As vi­das de Nito (Xerais\, 2013)\, A galera de Xelmírez (Xerais\, 2015)\, Aníbal e a pin­tora (Xerais\, 2017)\, Galileo no espello da noite (Xerais\, 2019)\, A Barcelonesa (Xerais\, 2021) e O libro e o tapiz (Xerais\, 2023).  A filla de Lucrecia é a primeira obra de Xabier Paz no catálogo de Belagua Ediciones.Como poeta publicou Sedimentos (2001)\, No canto do mar (2005)\, Materia de Lucrecio (2006)\, Filoxenia do sangue (2006)\, Antroposofía xeral (2023) e recentemente a reunión destes poemarios baixo o título Marxinalia\, poesía reu­nida (2001-2004).  (Da ficha do autor en editorial Belagua). \n\n\n\nO libro: A filla de Lucrecia\n\n\n\nA filla de Lucrecia conta a peripecia de dúas mulleres sinaladas pola xustiza é a loita por sobrevivir nas estremas. A vontade ferreña da nai e as súas habelencias\, quer de adiviña quer de parteira\, axúdanas a manterse até ser acollidas en cas de dona Elvira\, viúva mourisca. Son tempos nos que ferven os cárceres da Inquisición en delincuentes contra a fe\, ilustres ou plebeos\, homes ou mulleres. Tempos nos que os mouriscos son expulsados e calquera trazo islámico é perseguido. No ambiente de fanatismo católico sucédense os autos de fe en Granada\, onde Alba medra entre dous mundos: o cristián na cidade\, e o mourisco dentro da casa. Ao fin\, o deprendido cabo da nai e o seu propio temperamento encarreirarán a súa vida\, gobernada polo namoro e a seda\, nun finximento social contracorrente. (Da ficha do libro na editorial Belagua)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-a-filla-de-lucrecia
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-04-01-PresentaXabierPaz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250327T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250327T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250314T174526Z
LAST-MODIFIED:20250314T174533Z
UID:4238-1743103800-1743109200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:AVE Vigo-Ourense por Mondariz
DESCRIPTION:O AVE de Vigo a Ourense por Mondariz en media hora. Quen? Xosé Fernández Díaz\, presenta Bieito Ledo. Cando? O xoves 27 de marzo\, a partir das 19.30 horas. Onde? No Espazo Ateneo (rúa Doutor Cadaval 17). \n\n\n\n\n\n\n\nXosé Carlos Fernández Díaz é enxeñeiro en obras públicas e autor do libro Pasado\, presente e futuro do ferrocarril\, en dous volumes.Bieito Ledo é editor e\, na actualidade\, presidente da plataforma que defende o AVE de Vigo a Ourense por Mondariz. Nesta plataforma\, ademais do dous relatores\, están diferentes personalidades do mundo cultural como Víctor Freixanes\, Manuel Bragado\, Antón Pulido ou Ledicia Costas\, e por empresarios como o propio presidente da patronal galega\, Juan Manuel Vieites\, entre outros.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ave-vigo-ourense-por-mondariz
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-03-26-AvePorMondariz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250325T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250325T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250314T183717Z
LAST-MODIFIED:20250314T183720Z
UID:4244-1742931000-1742936400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O cárcere de S. Simón e a represión en Vigo
DESCRIPTION:O cárcere de San Simón e a represión en Vigo.Cando? Martes 25 de marzo\, 19.30 horasQuen? Pepe Álvarez Castro; presenta Rosa PascualOnde? Casa Galega da Cultura. \n\n\n\n\n\n\n\nA Illa de San Simón\, na ría de Vigo\, foi campo de concentración durante a guerra civil e posteriormente durante o franquismo.Cómpre investigar o que alí aconteceu\, para reparar cumpridamente ás vítimas daquela barbarie e para coñecer a nosa historia. É o mellor xeito de aprender a non repetila. \n\n\n\nXosé Álvarez Castro (Pontevedra\, 1953)\, é un historiador e escritor galego.Licenciado en Xeografía e Historia pola UNED e Mestrado en Educación ambiental\, deu clases de Historia en Sanxenxo ata xubilarse. O seu labor como historiador centrouse na época da guerra civil española no ámbito local da cidade de Pontevedra.Ten escrito artigos sobre historia\, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal Nós Diario e dende 2008 mantén activo o blog «Pontevedra nos anos do medo».En 2011 recibiu o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.Entre as súas publicacións cómpre destacar Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (Xerais\, 2013) e Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951) (Xerais\, 2022).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-carcere-de-s-simon-e-a-represion-en-vigo
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-03-25-RepresionSanSimon.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250322T090000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250322T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250311T105238Z
LAST-MODIFIED:20250311T105327Z
UID:4225-1742634000-1742677200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída a Braga
DESCRIPTION:Ateneo Atlántico. Saída a Braga. Da Brácara romana á Brácara atual. Cando? Sábado 22 de marzo\, de 9 a 21 horas. Que? Visita guiada a Braga e ao parque das Sete fontes; comida no Miragaias forum. Prezo: 55€ persoas socias\, 65€ non socias. \n\n\n\n\n\n\n\nO Ateneo Atlántico programa a primeira saída do ano 2025. Será o sábado 22 de marzo e o destino\, a cidade portuguesa de Braga. \n\n\n\n\nDa Brácara romana á Brácara actual\n\n\n\nSábado 22 de marzo de 2025.\n\n\n\nSaída ás 8.45h. desde Santa Irene\, 9h desde o Areal (sede Zona Franca\, antigo Reitorado)\n\n\n\nPrograma:\n\nVisita guiada á cidade: a transformación urbanística de Braga\n\n\n\nTempo de lecer\n\n\n\nComida no Miragaias Forum\n\n\n\nVisita ao Parque das Sete Fontes\n\n\n\n\n\nO regreso está programado\, aproximadamente\, para chegar a Vigo sobre as 21 horas\n\n\n\nO prezo é de 55 euros para as persoas socias do Ateneo e de 65€ para as non socias\n\n\n\nInscricións\, despois de facer o ingreso\n\nwhatsapp ao número 635685868\n\n\n\ncorreo a actividades@ateneoatlantico.gal
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-a-braga
LOCATION:Sede Zona Franca\, Areal 46\, Vigo\, Galicia\, 36201\, Spain
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-03-22-SaidaBraga.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250319T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250319T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250311T103945Z
LAST-MODIFIED:20250311T104920Z
UID:4228-1742412600-1742418000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Baldío
DESCRIPTION:Ateneo Atlántico. cinemAteneo. Proxección: Baldío. Cando? Mércores 19 de marzo de 2025 ás 19.30 horas. Onde? Nos multicines Norte. Quen? Coa presenza da directora\, Inés de Oliveira; presenta Uxía Blanco. \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nDirección\, Inés de Oliveira Cézar\n\n\n\nDirección artística\, Graciela Galán\n\n\n\nProducción\, Saula Benavente (produtora executiva)\, Inés de Oliveira Cézar\n\n\n\nGuión\, Saula Benavente\, Inés de Oliveira Cézar\n\n\n\nMúsica\, Gustavo Pomeranec\n\n\n\nFotografía\, Federico Bracken\n\n\n\nProtagonistas\n\nMónica Galán\n\n\n\nGabriel Corrado\n\n\n\nNicolas Mateo\n\n\n\nRafael Spregelburd\n\n\n\n\n\nArgumento. Mentres intervén na rodaxe dunha película\, unha actriz atende ás emerxencias do seu fillo drogodependente. Esta expresión do cine dentro do cine\, baseada nunha historia real\, mostra o choque entre o cine e o exterior\, o amor e o medo\, o traballo e o recoñecemento (Wikipedia)\n\n\n\n\nInés de Oliveira Cézar\n\n\n\n Guionista\, Directora & Productora.Dirixiu e produciu a súa primeira longametraxe en 2001\, titulada The Entregy.A súa segunda longametraxe\, “As horas pasaron”\, foi escrita en colaboración co dramaturgo Daniel Veronese. Estreouse en todo o mundo en La Berlinale e participou en festivais internacionais como o Festival Internacional de Cine de Mar Del Plata\, o Festival de Cine Independente de Buenos Aires (Bafici)\, o Festival Internacional de Cine de Xerusalén\, o Festival Internacional de Cine de San Sebastián\, o Festival Internacional de Cine de Vancouver\, o Festival Internacional de Cine de Londres. O Festival Internacional de Cine de Hong Kong\, o Festival Internacional de Cine de Salares e moitos outros festivais de cine en todo o mundo. Premios: Premio Fipresci á mellor película en competición (Festival de Cine de Salónica) Fipresci Arxentina para a mellor película nacional de 2005 Mellor longametraxe feita por unha muller no Festival Internacional de Cine de Cuba. Nomeado para os premios de cóndor de prata nas categorías “mellor película”\, “mellor enderezo” e “mellor cinematografía.En 2007\, a súa terceira película\, “Foreign”\, unha versión libre de “Ifigenia en Aúlide” de Euripides\, estreada en todo o mundo en Berlinale e seguiu unha xira por festivais internacionais\, ademais de ser nomeada aos premios Silver Cóndor e aos premios do sur. En 2009 a película recibiu o premio Argentores para o mellor guión 2008.“The Dano Count”\, baseado na traxedia de Edipo\, a súa cuarta película\, estreouse en todo o mundo en Berlinale e na Maison da ‘Amerique Latine en París en 2010.En 2012\, a súa quinta longametraxe\, “Cassandra”\, estreouse no Festival de Cine de Buenos Aires (Bafici) e participou en varios festivais de todo o mundo.“A outra pel”\, co -produción con Brasil e Ancine\, tivo a súa estrea mundial na edición de Bafici 2018 e a súa estrea comercial en Bos Aires e Florianopolis.“Baldío”\, a súa última longametraxe de ficción estreouse en Bafici 2019 e tivo a súa estrea comercial en agosto de 2019 en varias salas comerciais de Bos Aires e a República Arxentina. Foi nomeado aos Premios Conas para as mellores películas estreadas en 2019 na República Arxentina para o traballo de actuación de Nicolás Mateo no papel de Hilario. \n\n\n\nClipping\n\n\n\n\nDIARIO LN – CRÍTICA DE ALEJANDRO LINGENTI\n\nhttps://www.lanacion.com.ar/espectaculos/cine/baldio-sobrio-contrapunto-emocional-nid2279788 \n\n\n\n\n\nDIARIO CLARIN – CRÍTICA DE GASPAR ZIMERMAN\n\nhttps://www.clarin.com/espectaculos/cine/critica-baldio-madre-coraje_0_Qb12A2ZTP.html  \n\n\n\n\n\nDIARIO PÁGINA 12 – CRÍTICA DE DIEGO BRODERSEN\n\nhttps://www.pagina12.com.ar/213718-asi-en-el-set-como-en-la-vida \n\n\n\n\n\nTN – CRÍTICA DE MARIANA MACTAS\n\nhttps://tn.com.ar/show/basicas/los-estrenos-de-la-semana-entre-documentales-ficciones-locales-y-paw-patrol-para-los-mas-chicos_988299\n\n\n\n\n\nOTROS CINES – CRÍTICA DE EZEQUIEL BOETTI\n\nhttp://www.otroscines.com/nota-14909-critica-de-baldio-de-ines-de-oliveira-cezar-con-monica \n\n\n\n\n\nESCRIBIENDOCINE – CRÍTICA DE Vicky DUCLOS sibuet\n\nhttp://www.escribiendocine.com/critica/0004964-la-incertidumbre-corroe-el-alma/\n\n\n\n\n\nCINEFREAKS – CRÍTICA DE PABLO ARAHUETE\n\nhttps://cinefreaks.net/2019/08/20/baldio-abandonados/\n\n\n\n\n\nEL PORTAL DE CATALINA – CRÍTICA DE CATALINA DLUGI\n\nhttps://elportaldecatalina.com/2019/08/22/baldio/\n\n\n\n\n\n4  BASTARDOS – CRÍTICA DE MARCO GUILLEN\n\nhttps://cuatrobastardos.com/2019/08/19/review-baldio-las-mil-caras-de-brisa/\n\n\n\n\n\nALTAPELI – CRÍTICA DE SANTIAGO BALESTRI\n\nhttps://altapeli.com/critica/review-baldio/
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-baldio
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-03-18-CineBaldio.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250318T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250318T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250311T093303Z
LAST-MODIFIED:20250311T163915Z
UID:4222-1742326200-1742331600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Tecnopopulismo\, redes e desinformación
DESCRIPTION:Ateneo Atlántico. Acto: Tecnopopulismo\, redes e desinformación. Cando? Martes\, 18 de marzo de 2025 ás 19.30 hora. Onde? Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa 2). Quen? Carmela Ríos e Irene Bascoy. \n\n\n\n\n\n\n\nContinuamos co ciclo de Dereitos Fundamentais\, fixándonos nos atrancos para o exercicio do dereito de opinión e á liberdade de recibir e comunicar información veraz. Aínda cando as dificultades e decadencia dos medios de comunicación clásicos serán obxecto máis adiante doutro debate\, a actualidade levounos a priorizar a conexión entre redes sociais e desinformación \,dado que cada vez é maior a consciencia sobre o uso desta vía para esparexer bulos e información falsa (moitas veces xerada por IA) e mesmo a utilización de bots para manipular os procesos electorais. \n\n\n\nA irrupción de Donald Trump na Casa Branca e a súa estreita colaboración co propietario de X\, Elon Musk\, está a consolidar a instauración da tecnoloxía como un poder global máis. Esta realidade\,\, que supón un desafío ás bases das democracias liberais\, esixe dos cidadáns unha actitude renovada fronte aos novos actores. Por iso\, convidamos a duas xornalistas para que nos dean as súas ideas sobre un tema de enorme interese: Como se defende a cidadanía na era do tecnofeudalismo. O desafío Trump. \n\n\n\nIRENE BASCOY \n\n\n\nLicenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela\, foi redactora no Correo Gallego e posteriormente no Faro de Vigo\, onde foi xefa da Sección de Galicia\, despois redactora xefa e actualmente exerce o cargo de Subdirectora. \n\n\n\nCARMELA RIOS \n\n\n\nCanaria de nacemento e ceutí de adopción\, é licenciada en Ciencias da Información na universidade San Pablo CEU de Madrid. Apaixonada do xornalismo en todas as súas variantes\, traballou vinte anos en informativos de televisión\, dez deles en París. Desde que\, en 2010 unha conta de Twitter puxo patas para arriba a súa idea da comunicación\, vive mergullada nas redes sociais explorando as súas posibilidades para o xornalismo e analizando os seus perigos como eixo central dos fluxos de desinformación.Actualmente imparte clases en varias universidades e #máster e escribe no diario ElPais sobre as redes sociais e o seu impacto na sociedade e a comunicación política.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/tecnopopulismo-redes-e-desinformacion
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-03-18-Tecnopopulismo-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250314T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250314T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250305T183628Z
LAST-MODIFIED:20250305T183631Z
UID:4212-1741980600-1741986000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A guerrilla nos montes de Casaio
DESCRIPTION:O Ateneo Alántico prácese en organizar un acto arredor do tema “Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio”. Intervirán Mario Pereiro\, Fran Alonso e Paco Macías. O acto terá lugar o venres 14 de marzo\, a partir das 19.30 horas\, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa)\, e será presentado por María Gómez Faro. \n\n\n\n\n\n\n\nNos montes de Casaio (Valdeorras) librouse a derradeira batalla da Guerra Civil Española.Foi a que protagonizaron un puño de guerrilleiros antifranquistas da Federación de Guerrillas León-Galicia entre os anos 1941 e 1946. A Cidade da Selva é o nome que lle deu a guerrilla á zona; está formada polo conxunto de campamentos formados por chozos de peedra\, que os guerrilleros construiron nos montes de Casaio e que ocuparon unha vez finalizada la Guerra Civil. A zona foi investigada desde a historiografía e a arqueoloxía pola asociación científica Sputnik Labrego.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-guerrilla-nos-montes-de-casaio
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-03-14-CidadeSelva.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250312T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250312T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250305T181612Z
LAST-MODIFIED:20250305T181615Z
UID:4209-1741807800-1741813200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Asembleas 2025
DESCRIPTION:A Xunta Directiva da Asociación Ateneo Atlántico convoca a para 12 de marzo ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas de non haber quórum en segunda \, no local habitual (Doutor Cadaval 17) a súa Asemblea Ordinaria de socixs correspondente ao ano 2025.Convoca\, tamén\, e a continuación\, unha Asemblea Extraordinaria para a elección da Xunta Directiva\, segundo as ordes do día que se xuntan. \n\n\n\n\n\n\n\nXunta xeral ordinaria\n\n\n\nA orde do día da Xunta xeral ordinaria será: \n\n\n\n\nPresentación da presidenta e resumo de actividades por parte das distintas comisións (tempo aproximado 15 minutos)\n\n\n\nBalance de xestión do secretario ( 15 minutos)\n\n\n\nInforme económico do tesoureiro ( 15 minutos)\n\n\n\nPresentación do orzamento de 2024 do tesoureiro ( 10 minutos)\n\n\n\nXestións sobre o local\n\n\n\nRogos e preguntas\n\n\n\n\nXunta xeral extraordinaria\n\n\n\nA orde do día da Xunta xeral extraordinaria será: \n\n\n\n\nElección da nova Xunta Directiva\n\n\n\n\nContamos con todxs vós para participar nesta Xuntas Xerais Ordinaria e Extraordinaria. Se aparticipación é grande\, máis confianza e representatividade estaremos a outorgar á XuntaDirectiva electa; canto máis colaboremos ben nos órganos de goberno\, ben nas actividadesorganizadas\, maior eficacia teremos no noso funcionamento.Segundo os Estatutos do Ateneo Atlántico (que se poden consultar completos na páxina webateneoatlantico.gal): \n\n\n\nAs candidaturas presentarase por calquera das vías habituais: por correo electrónico(ateneo@ateneoatlantico.gal)\, ou presencialmente (os luns\, entre 19 e 20 horas no EspazoAteneo\, Dr. Cadaval 17 baixo).No caso de existir socixs individuais que desexan incorporarse ao traballo sen formar partedunha candidatura poden aproveitar a asemblea para poñerse en contacto coa Xunta Directivaque resulte elixida. \n\n\n\nArtigo 11. (Dos dereitos das persoas asociadas sexan fundadoras ou de número\, punto3): ‘Participar nas Asembleas\, con voz e voto\, así como ser elector e/ou elixíbel para os oscargos dos órganos de goberno’. \n\n\n\nArtigo 20. (Das competencias da Asemblea Ordinaria): ‘a/ Aprobar o plan de actuaciónproposto pala Xunta Directiva\, así como examinar e aprobar a Memoria de xestióncorrespondente\, b/ Aprobar o Orzamento proposto pola Xunta Directiva\, así como examinar eaprobar os Balances e as Cantas anuais do exercicio anterior\, e/ Solicitar a declaración deutilidade pública da Asociación Ateneo Atlántico’ … \n\n\n\nArtigo 22. (Das competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: ‘a/ Elixir e cesar osintegrantes da Xunta Directiva\, b/ Aprobar a federación con outras asociacións\, c/ Modificar osEstatutos da Asociación Ateneo Atlántico’ … \n\n\n\nArtigo 24. (Da Xunta Directiva). ‘A Asociación será xestionada e representada por unhaXunta Directiva formada polos cargos unipersoais encargados da Presidencia\, Vicepresidencia\,Secretaría\, Tesourería e de 4 a 12 Vocais … Os cargos serán designados e revogados palaAsemblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de dous anos\, podendo sernova mente elixidos por decisión de Asemblea Xeral ate un máximo de dúas ocasións con unmáximo total continuado de seis anos’.actual Xunta directiva quere garantir ao máximo o dereito de todas xs socixs (artigo 11)segundo o cal ‘todxs somos electores e elixíbeis’. Así\, no caso de existir un ou máis grupos deasociadxs interesados en formar unha Xunta Directiva alternativa\, este é o momento depresentar diante da Asemblea Xeral Extraordinaria as diferentes propostas para que sexa estaa que decida. \n\n\n\nOs Estatutos (Artigo 17) apuntan que as Asembleas (ordinaria e extraordinaria)\, seránconvocadas con 15 días de antelación. Así mesmo\, os puntos h/ e i/ do Artigo 28 dos Estatutos(das Facultades da Xunta Directiva) especifican: Interpretar os Estatutos e o Regulamento deRéxime Interno e velar polo seo cumprimento\, e Ditar normas de funcionamento noncontemplados no Regulamento de Réxime Interno.En función das atribucións conferidas\, a Xunta Directiva concreta que: \n\n\n\nAs candidaturas á Xunta Directiva non poderán ser individuais. Todo socix que desexeexercer o seu dereito a participar na Xunta Directiva deberá facelo a través da incorporación aunha candidatura ou\, previa aprobación por parte desta\, por incorporación posterior á XuntaDirectiva electa. \n\n\n\nCoa fin de garantir o coñecemento das candidaturas por parte dos asociados mediantea difusión das mesmas cunha antelación suficiente\, as Candidaturas notificarán a súa decisiónde presentarse á elección a partir do mesmo momento da publicación desta convocatoria econ\, cando menos\, unha semana -7 días naturais- á celebración da Asemblea. \n\n\n\nNa notificación será suficiente presentar os nomes\, números de asociadx\, cargos queocuparía na Xunta e números de DNI de todas as persoas que optan a formar parte dascandidaturas á Xunta directiva. No caso de querer xuntar información complementaria sobre acandidatura aos asociadxs\, esta será presentada con tempo suficiente para que a XuntaDirectiva poida remitila. \n\n\n\nLembramos que\, tamén segundo os estatutos\, Artigo 24\, a candidatura debe estarformada por\, cando menos\, oito socios e socias (catro órganos unipersoais -Presidencia\,Vicepresidencia\, Secretaría\, Tesourería- e un mínimo de 4 e un máximo de 12 Vocais). \n\n\n\nAnimándovos\, de novo\, a participar dos órganos de goberno do Ateneo Atlántico\, e moiespecialmente\, a acudirr ás Asembleas e actos que celebramos.A documentación co informe económico está á disposición de toda persoa socia no local doAteneo o día 24 de febreiro de 18.30 a 20.00 horas.Por último dicirvos que remataremos a sesión cuns petiscos e un viño galego. Recibide unafectuoso saúdo. \n\n\n\nAsinado\, A presidenta\, Lusia Abad
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/asembleas-2025
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:asembleas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-03-12-Asembleas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250311T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250311T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250305T171942Z
LAST-MODIFIED:20250305T171946Z
UID:4205-1741717800-1741726800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Mulleres científicas: Camiño á paridade
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico conmemora o 8M de 2025 visibilizando o papel das mulleres na ciencia. O vídeo anual está dedicado ás científicas (ver na nosa canle de Youtube) e o 11 de marzo teremos un acto que demos en titular “Mulleres científicas: Camiño á paridade” e no que participan Verónica Salgueiriño (química\, investigadora e profesora universitaria)\, Laura Filloy (arqueóloga\, periodista científica) e Soledad Torres (enxeñeira de telecomunicación\, profesora universitaria); será a partir das 19.30 horas na Casa Galega da Cultura\, e actuará como presentadora Amada Traba. \n\n\n\n\n\n\n\nSoledad Torres\n\n\n\nÉ Enxeñeira de Telecomunicación dende 1992 e Doutora Enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid\, especializada en Tratamento Dixital de Sinais. Na actualidade é profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Anteriormente\, foi profesora na Universidade Carlos III de Madrid\, Universidade de Valladolid e Universidade Europea de Madrid\, e investigadora na Universidade Politécnica de Madrid e no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.Os seus intereses como investigadora inclúen o Procesado Dixital de Sinais de audio e acústicas e a acústica submarina. Tamén a promoción das vocacións científico-técnicas femininas\, e a incorporación da perspectiva de xénero na investigación.Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.(Galipedia) \n\n\n\nLaura Filloy\n\n\n\nXornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra\, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia\, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.(GCiencia) \n\n\n\nVerónica Salgueiriño\n\n\n\nVerónica Salgueiriño obtivo o seu doutoramento en 2003. O seu traballo\, dirixido por Luis M. Liz-Marzán\, centrouse nas nanopartículas de ouro revestidas de sílice en matrices ordenadas en particular\, o que permitiu o estudo das propiedades ópticas mostradas. Despois de dous anos de posdoctorado\, primeiro na Universität Duisburg-Essen (Alemaña) (grupo de M. Farle)\, despois na Ira A. Fulton School of Engineering – Arizona State University\, (EE. UU.\, grupo de R. Díaz)\, incorporouse ao Grupo Nanomag (Universidade de Santiago de Compostela\, grupo de J. Rivas / M. A. López-Quintela) como un traballo de investigación sobre nanoartículos únicos en IPP. En 2008 foi galardoada co Premio Nacional L’Oréal-UNESCO (Mulleres na Ciencia). En marzo de 2009 incorporouse á Universidade de Vigo como becaria Ramon y Cajal liderando o grupo de Materiais Magnéticos que ela iniciou. É profesora asociada do departamento de Física Aplicada\, desde maio de 2017. Membros: American Chemical Society\, RSEF-GEFES (Grupo especializado de Física de Estado Sólido)\, CEMAG (Club Español de Magnetismo). O seu grupo de investigación céntrase no desenvolvemento e caracterización física e química de novas nanopartículas magnéticas e nanocompostos\, con especial atención ás interfaces entre óxidos de metais de transición.(UVigo)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/mulleres-cientificas-camino-a-paridade
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/03/2025-03-11-ParidadeCientificas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250305T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250305T203000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250212T094527Z
LAST-MODIFIED:20250212T094531Z
UID:4178-1741199400-1741206600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Os anos tranquilos
DESCRIPTION:Os anos tranquilos\, de Llerena Perozo Porteiro\, é o libro elixido polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de febreiro. A xuntanza terá lugar o martes 5 de marzo\, a partir das 18.30 horas no espazo Ateneo. Na xuntanza contaremos coa presenza da autora. \n\n\n\n\n\n\n\nOs anos tranquilos\n\n\n\nCando María García nace\, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana\, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar\, vivir e morrer onde naceu. Mais aquela rapaza\, que cría contar coas súas mans como único patrimonio\, descubrirá axiña un comodín extraordinario que lle vai permitir percorrer medio mundo: a súa mente prodixiosa. Coa imaxinación\, co instinto e coa intelixencia\, María sorteará os mares bravíos das normas\, vencerá atrancos e prexuízos e superará fronteiras físicas\, mentais e sociais. «Os anos tranquilos» é a historia vertixinosa dunha muller extraordinaria que\, ademais de traballar coas súas mans\, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo\, cando é preciso\, empregar as armas necesarias para matar.(Da ficha do libro en Edicións Xerais) \n\n\n\nLlerena Perozo Porteiro\n\n\n\nLlerena Perozo Porteiro (Vigo\, 1974) non ten un oficio ao uso. Desde 2020 vive na Gargalleira (Silleda)\, onde habita un proxecto vital e social de volta á natureza\, ao rural e á cultura. Ademais do seu activismo ecofeminista\, a súa traxectoria profesional inscríbese nos eidos da cultura\, do medio ambiente e da igualdade. Colaboradora regular en medios de comunicación («Praza Pública»\, «La Voz de Galicia»\, Radio Galega – TVG2\, «Grial»)\, publicou tres libros de divulgación sobre igualdade e ecoloxía\, varios libros destinados ao público infantil e xuvenil\, así como as novelas «Pérez. Historia dun triunfo» (2021) e «Os anos tranquilos» (Xerais\, 2024).(Da ficha da autora en Edicións Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-os-anos-tranquilos
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/02/2025-03-05-ClubLectura-AnosTranquilos.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250225T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250225T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250216T105416Z
LAST-MODIFIED:20250216T105423Z
UID:4184-1740511800-1740517200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Repensar a arquitectura medieval
DESCRIPTION:O martes 25 de febreiro\, a partir das 19.30 teremos un encontro coa arqueóloga e historiadora Rebeca Blanco Rotea para falar sobre ‘Repensar a arquitectura medieval (novas formas de investigación). O acto terá lugar na biblioteca da EMAO e estará presentado por Xosé Carlos L. Bernárdez. \n\n\n\n\n\n\n\nA finais da década de 1980 introdúcese en España unha nova metodoloxía para o estudo das construcións históricas dende a Arqueoloxía\, a análise estratigráfica de paramentos\, o tipo de análise máis difundida da disciplina que se coñece como Arqueoloxía da Arquitectura. Na década de 1990 esta nova maneira de identificar a secuencia construtiva dos edificios históricos difundiuse rapidamente pola península ibérica\, é aplícase por primeira vez en Galicia no Faro romano de Hércules. A primeira consecuencia para a investigación básica foi o desenvolvemento de novas interpretacións para moitos edifícios medievais que resultaron ser anteriores ou posteriores ao que se viña afirmando dende a historiografía tradicional. A segunda\, o afianzamento dunha investigación aplicada no campo da restauración arquitectónica. A partir desde momento\, dende a USC e o CSIC comeza a desenvolverse unha importante actividade para a revisión de edificios fundamentalmente altomedievais galegos\, a formación especializada e a divulgación do método de investigación. Nesta charla mostraremos a través de varios exemplos un novo panorama interpretativo que fai necesaria a revisión de moitos edificios da Antigüidade Tardía e a Alta Idade Media galega\, e tamén o papel de Galicia\, cunha importantísima actividade construtiva nos mal chamados séculos escuros\, como periferia. \n\n\n\nRebeca Blanco Rotea\n\n\n\nVigo\, 1973.Licenciada en Xeografía e Historia\, na especialidade de Historia da Arte\, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996\, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015. Traballa no estudo das construcións históricas dende unha perspectiva arqueolóxica. É profesora da Facultade de Xeografía e Historia da USC e membro do Consello da Cultura Galega. Pertence ao Consello de Redacción da revista do CSIC Arqueoloxía da Arquitectura e ao Consello Asesor da Revista do CSIC Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio (CAPA).Foi a coordinadora do informe que vén de presentar o Consello da Cultura Galega Enerxía eólica e paisaxes culturais en Galicia\, sobre o impacto dos eólicos no patrimonio natural\, paisaxístico e cultural.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/repensar-a-arquitectura-medieval
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,arte
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/02/2025-02-25-ArquitecturaMedieval.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250218T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250218T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250126T095328Z
LAST-MODIFIED:20250212T092754Z
UID:4158-1739907000-1739912400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O dereito á vida e á morte digna
DESCRIPTION:O vindeiro martes 18 de febreiro\, ás 19.30\, na EMAO\, o Ateneo Atlántico presenta o acto O dereito á vida e á morte digna. Participarán Isabel Blanco (Presidenta de DMD)\, Elvira Landín (avogada)\, e Noa Pazos (médica internista); no acto proxectaremos o filme documental Laura. \n\n\n\n\n\n\n\nDereito a morrer con dignidade\n\n\n\nDentro do ciclo sobre os dereitos fundamentais este mes propoñemos un debate relativo ao dereito á Vida. Fronte a quen mantiña que a vida tamén era un deber\, o Tribunal Constitucional (ao analizar a LO 3/21 reguladora da eutanasia) afirmou que o dereito á vida incluía o dereito para dispoñer dela. Sobre ese dereito para elixir morrer con dignidade queremos reflexionar o próximo 18 de febreiro\, cunha mesa de debate e a proxección da curta “Laura”\, un testemuño de quen defende a súa libre decisión. \n\n\n\nA nosa socia de honra\, Elvira Landín dialogará con Isabel Blanco -médica e Presidenta de DMD Galicia- e con Noa Pazos –médica internista en Coidados Paliativos do Hospital Meixoeiro- para coñecer todas as posibilidades que a lei nos ofrece e aclarar dúbidas :é inevitable morrer con dor?que son os coidados paliativos?; é o mesmo o documento de instrucións previas que o testamento vital?; en que circunstancias podo pedir a morte asistida? cales son as modalidades de axuda a morrer?….Pero tamén falar dos fallos que presenta a lei ou se esta cobre todas as demandas para o exercicio do dereito para morrer dignamente
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-dereito-a-vida-e-a-morte-digna
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250212T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250212T200000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250208T170333Z
LAST-MODIFIED:20250208T170336Z
UID:4170-1739388600-1739390400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. O aprendiz
DESCRIPTION:A película do mes do cinemAteneo será The Apprentice (O aprendiz)\, A proxección e posterior coloquio terán lugar o mércores 12 de febreiro\, a partir das 19.30 horas nos multicines Norte. Os principios de Donald Trump no Nova York dos anos 70. \n\n\n\n\n\n\n\n\nTítulo orixinal: The Apprentice\n\n\n\nAno: 2024\n\n\n\nDuración: 116 min.\n\n\n\nPaís: Canadá\n\n\n\nDirección: Ali Abbasi\n\n\n\nGuión: Gabriel Sherman\n\n\n\nReparto:\n\nSebastian Stan\n\n\n\nJeremy Strong\n\n\n\nMaria Bakalova\n\n\n\nMartin Donovan\n\n\n\nCatherine McNally\n\n\n\nCharlie Carrick\n\n\n\nBen Sullivan \n\n\n\n\n\nSinopse: A historia que forxou a relación entre un antigo tiburón\, o poderoso avogado Roy Cohn\, e un tiburón aínda máis grande: o mozo empresario e futuro presidente dos Estados Unidos\, Donald Trump. Un mozo Trump (Sebastian Stan)\, ansioso por facerse un nome como segundo fillo dunha familia acomodada na Nova York dos anos 70\, cae baixo o feitizo de Roy Cohn (Jeremy Strong)\, o despiadado avogado que axudaría a crear o Donald Trump que hoxe coñecemos. Cohn ve a Trump como o protexido perfecto: alguén cunha ambición excesiva\, con sede de éxito e disposto a facer o que sexa necesario para gañar. (Filmaffininty)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-o-aprendiz
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/02/2025-02-12-CineApprentice.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250211T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250211T210000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250131T085746Z
LAST-MODIFIED:20250131T085753Z
UID:4163-1739302200-1739307600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Castelao nos anos da Guerra civil
DESCRIPTION:No ano Castelao\, Xesús Alonso Montero achéganos a un período clave da súa vida\, os anos da Guerra civil española (Visita á Unión Soviética: prosovietismo e filocomunismo). Será o martes 11 de febreiro\, a partir das 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. Presenta Laura Caveiro. \n\n\n\n\n\n\n\nCastelao na Unión Soviética en 1938\n\n\n\nXesús Alonso Montero. Ed. Xerais\, 2012\n\n\n\nSabíase que Castelao\, formando parte dunha delegación española moi plural\, estivera\, en maio de 1938\, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado\, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro: «Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil». Algunha é deste calado: «En mi viaje a la URSS he adquirido la convicción de que allí se está engendrando una nueva vida que ha de ser el molde de los demás pueblos del mundo.» Estas dúas facetas cómpre entendelas nas coordenadas da Guerra Civil\, período no que Castelao se esquerdiza; no que intima con destacados comunistas (Líster\, Santiago Álvarez…); no que bate (e faina súa) coa definición de nación formulada por Stalin; no que gusta de escribir para os combatentes marxistas\, e no que recibe (entusiasmado) as gabanzas da crítica soviética sobre a súa condición de «debuxante revolucionario».(Da ficha do libro en Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/castelao-nos-anos-da-guerra-civil
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/01/2025-02-11-CastelaoURSS.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250205T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250205T203000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250116T090859Z
LAST-MODIFIED:20250116T091104Z
UID:4138-1738780200-1738787400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Tras do ceo
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de xaneiro (xuntanza\, no noso local\, o mércores 5 de febreiro ás 18.30 horas) é Tras do Ceo\, de Manuel Rivas. \n\n\n\n\n\n\n\n“A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical\, salvaxe\, sen edulcorantes\, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.Unha cuadrilla de cazadores\, urbanos e con relacións de amizade e negocios\, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario»\, un lendario porco bravo\, considerado moi perigoso\, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida\, dúas mulleres sendeiristas afrontan unha situación de risco e os cazadores acoden na súa axuda. Despois\, o que comeza sendo unha conversa informativa e amábel irá derivando nunha tensa discusión\, sobre a caza e outros asuntos da vida\, até chegar a un punto de violencia verbal. As mulleres\, nai e filla\, abraiadas pola situación\, deciden fuxir. Dombodán\, o máis novo da cuadrilla e o único que é natural de Tras do Ceo\, o territorio onde transcorre a historia\, vai narrando os feitos que se suceden nunha xornada trepidante. E faino cunha ollada propia\, que perturba e engaiola a un tempo\, levándonos da comedia ao inferno. A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical\, salvaxe\, sen edulcorantes\, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural”. (Da ficha do libro en Edicións Xerais) \n\n\n\nManuel Rivas\n\n\n\n“Manuel Rivas (A Coruña\, 1957)\, escritor e xornalista. A súa obra\, escrita en galego\, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: Todo ben (1985); «Un millón de vacas» (1989)\, Premio da Crítica Española; «Os comedores de patacas» (1991); «En salvaxe compaña» (1994)\, Premio da Crítica Galicia; «Que me queres\, amor?» (1996)\, Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; «Bala perdida» (1996); «O lapis do carpinteiro» (1998)\, Premio da Crítica Española\, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega\, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente\, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); «Ela\, maldita alma» (1999); «A man dos paíños» (2000); «As chamadas perdidas» (2002); «Contos de Nadal» (2003); «Os libros arden mal» (2006)\, novela\, Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano\, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano\, Premio da Crítica\, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid\, Premio da Crítica Galicia\, Premio Losada Diéguez\, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; «Todo é silencio» (2010)\, «As voces baixas» (2012)\, «O último día de Terranova» (2015) e «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» (2018). «Tras do Ceo» (Xerais\, 2024) é a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza. Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. É codirector da revista «Luzes». Foille concedido o Premio Nacional das Letras Españolas 2024”. (Da ficha do autor en Edicións Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-tras-do-ceo
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/01/2025-02-05-ClubLecturaMRivas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250204T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250204T213000
DTSTAMP:20260430T220050
CREATED:20250126T093516Z
LAST-MODIFIED:20250126T093622Z
UID:4154-1738699200-1738704600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación do libro As superviventes
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración con Xerais presenta o libro As Superviventes\, de Ramón Caride. Será o martes 4 de febreiro\, a partir das 20 horas en Librouro. O autor estará acompañado por Fran Alonso e Chis Oliveira. \n\n\n\n\n\n\n\nAs superviventes\n\n\n\nTres mulleres coinciden na sala de espera de Urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensadas en cada unha delas. Son veteranas de moitas guerras psíquicas\, e levan sufrido agresións físicas\, sociais e farmacolóxicas. Con todo\, non se consideran vítimas\, cousas pasivas que se deixan facer e desfacer\, e pelexan acotío para chegaren a ser quen queren. Son superviventes. Neste tempo de crise enquistada -unha era marcada polas ditaduras produtivas\, consumistas\, tóxico-pornográficas e tamén pola das redes sociais-\, a demolición dos prototipos de xénero e a construción da propia identidade sexual e afectiva son cavorcos que poucos se atreven a ollar até o seu fondo. Mais a vida é un exercicio de funambulismo\, mesmo que non nos decatemos. Andamos sempre en precario equilibrio riba dun cabo moi estreito\, ao bordo da caída libre no baleiro. E cando miras moito tempo ao abismo\, o abismo tamén mira dentro de ti. Chamádeme Xanax!(Da ficha do libro en Xerais) \n\n\n\nRamón Caride\n\n\n\nRamón Caride (Cea\, Ourense\, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais\, 1992)\, Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997)\, recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais\, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007\, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais\, 2014)\, Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014)\, «Exogamia 0.3» (Xerais\, 2011)\, «Endogamia 0.2» (Xerais\, 2013)\, «Singamia 1.1» (Xerais\, 2019)\, «Dedre» (Xerais\, 2004)\, «Liquidación de existencias» (Xerais 2016) ou «As superviventes» (Xerais 2025). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais\, 2006)\, «A chuvia humana» (2011)\, e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais)\, ilustrada por Miguelanxo Prado\, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995)\, «Ameaza na Antártida» (1997)\, «O futuro roubado» (1999)\, «A negrura do mar» (2006)\, Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil\, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009)\, «A pomba dona Paz» (2012)\, «Catro amigos pillabáns» (2012)\, «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013)\, «As viaxes de Ruki» (2014)\, «Sara ten un segredo» (2018)\, «As músicas viaxeiras» (2021) e «O misterio das zocas» (2025).(Da ficha do autor en Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-do-libro-superviventes
LOCATION:Librería Librouro\, Rúa de Eduardo Iglesias\, 12\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/01/2025-02-04-PresentacionSuperviventes.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250122T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250122T210000
DTSTAMP:20260430T220051
CREATED:20250113T104623Z
LAST-MODIFIED:20250113T104629Z
UID:4141-1737574200-1737579600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Delicioso
DESCRIPTION:Volve o cinemAteneo coa proxección do filme Delicioso\, de Eric Besnard. Será o mércores 22 de xaneiro\, a partir das 19.30 horas\, nos multicines Norte. \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nDélicieux\n\n\n\nAno 2021\n\n\n\nDuración 112 min.\n\n\n\nPaís Francia\n\n\n\nDirección Eric Besnard\n\n\n\nGuión Eric Besnard\, Nicolas Boukhrief\n\n\n\nReparto Grégory Gadebois\,  Isabelle Carré\, Benjamin Lavernhe\, Guillaume de Tonquédec\, Christian Bouillette\, Lorenzo Lefèbvre.\n\n\n\nSinopse: Francia\, 1789\, nos días previos á Revolución. Coa axuda dunha moza moi hábil\, un chef que foi despedido polo seu amo atopa a forza para liberarse da súa posición de criado e abrir o primeiro restaurante do país.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-delicioso
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/01/2025-01-22-CineDelicioso.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250121T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250121T210000
DTSTAMP:20260430T220051
CREATED:20250116T165910Z
LAST-MODIFIED:20250116T165913Z
UID:4132-1737487800-1737493200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Proxección do documental Anduriña
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en proxectar o filme documental Anduriña\, mulleres de ida e volta\, da actriz e directora Cristina Pascual. O acto terá lugar o martes 21 de xaneiro\, a partir das 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO; Nones Araújo será a presentadora. \n\n\n\n\n\n\n\nO filme recolle os testemuños de 15 mulleres do concello ourensán de Maceda\, que compartiron as súas experiencias como emigrantes e as dificultades coas que se enfrontaron na súa viaxe de ida e volta entre Galicia e outros países.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/proxeccion-do-documental-andurina
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/01/2025-01-21-Andurinhas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250114T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250114T210000
DTSTAMP:20260430T220051
CREATED:20250110T175759Z
LAST-MODIFIED:20250110T175802Z
UID:4135-1736883000-1736888400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación. El tiempo es oro
DESCRIPTION:O martes 14 de xaneiro presentamos o último libro de Xosé Carlos Arias. Trátase de El tiempo es oro. Economía política del nanosegundo. Será na biblioteca da EMAO e\, xunto co autor\, estarán Domingo Docampo\, Amada Traba e Alberto Gago. A hora\, as 19.30 \n\n\n\n\n\n\n\n“Aínda que o aumento da velocidade foi sinal de identidade do capitalismo dende as súas orixes\, foi nas últimas décadas cando acadou a súa máxima expresión. Pero non todo avanza e se transforma ao mesmo ritmo: vivimos nunha época de profunda desincronización\, na que a economía -e sobre todo as finanzas\, para as que falar dun nanosegundo xa non é unha esaxeración- evolucionan a ritmos moito máis intensos que outros ámbitos\, como a política democrática (que tamén se acelera cada vez máis\, pero sempre se queda atrás). Todo iso trae consigo consecuencias de primeira orde\, moitas delas moi conflitivas. Este ensaio examina a presenza de personaxes como o curto prazo\, a incerteza e o crecente malestar nun escenario no que todo avanza demasiado rápido”. (Da ficha do libro en TransForma Editores)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-el-tiempo-es-oro
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/01/2025-01-14-PresentaTiempoOuro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250108T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250108T210000
DTSTAMP:20260430T220051
CREATED:20241207T162828Z
LAST-MODIFIED:20241207T163421Z
UID:4077-1736361000-1736370000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club lectura Jon Fosse
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de decembro é Trilogía\, do premio Nobel danés Jon Fose. A xuntanza terá lugar o mércores 8 de xaneiro\, a partir das 18.30 horas\, no Espazo Ateneo. Para esta xuntanza contaremos coa presenza de Silvia Bardelás e Beatriz González\, editoras de Jon Fosse en España. \n\n\n\nJon Fosse\n\n\n\nJon Olav Fosse\, (Noruega\, 1959\, é escritor\, dramaturgo e tradutor. Gañou o Premio Nobel de Literatura en 2023 “pola súa prosa innovadora e por dar voz ao que non se pode dicir”.A obra de Fosse consta de máis de setenta novelas\, poemas\, libros infantís\, ensaios e pezas teatrais\, que foron traducidas a máis de cincuenta linguas. Trátase do dramaturgo noruegués máis interpretado despois de Henrik Ibsen\, e un dos autores máis interpretados na actualidade a nivel internacional. Os seus traballos minimalistas e introspectivos\, cunha linguaxe próxima á prosa lírica e á poesía\, constitúen unha continuación da tradición dramática establecida polo propio Ibsen no século XIX. Fosse adoita ser incluído no movemento do teatro posdramático\, namentres moitas da súas novelas foron descritas como posmodernas e de vangarda\, en virtude do seu minimalismo\, lirismo e do seu emprego heterodoxo da sintaxe. (Do artigo Jon Fosse en Galipedia) \n\n\n\nTrilogía\n\n\n\nTriloxía é un libro diferente. É hipnótico para Jon Fosse\, escribir é como rezar e\, para o lector\, ler Triloxía significa entrar nunha profundidade descoñecida\, Fosse cóntanos a historia dunha parella de adolescentes. que vai ter un fillo e que está tentando sobrevivir sen nada nun mundo hostil.Con esta historia entendemos o que significa a impotencia e tomamos conciencia da mirada desapiadada da sociedade\, pero tamén revivimos de xeito exquisito o primeiro amor\, a experiencia de comezar a vida. É unha obra emotiva que\, dende a escuridade dunha situación extrema\, nos ilumina.Fosse foi comparado con Ibsen ou Beckett. É fácil ver na súa obra a austeridade coa que Ibsen trata as emocións máis esenciais\, pero vai máis aló\, porque a súa voz ten unha sinxeleza poética feroz».(Da ficha do libro na Editorial De Conatus).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-lectura-xaneiro-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/12/2025-01-08-ClubLecturaJonFosse.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241216T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241216T203000
DTSTAMP:20260430T220051
CREATED:20241207T163343Z
LAST-MODIFIED:20241207T163346Z
UID:4081-1734373800-1734381000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Merendola Feminista decembro
DESCRIPTION:O luns 16 de decembro reunímos de novo\, arredor dunha merenda\, para celebrar a última merendola feminista deste ano. Será a partir das 18.30 no local do Ateneo. Nesta ocasión conversaremos arredor da violencia obstétrica. Non esquezades traer algo para merendar!
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/merendola-feminista-decembro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:merendolas,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/12/2024-12-16-MerendolaViolObst.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241210T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241210T210000
DTSTAMP:20260430T220051
CREATED:20241127T103135Z
LAST-MODIFIED:20241127T103138Z
UID:4073-1733859000-1733864400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saber envellecer
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico presenta o acto Saber envellecer\, Lonxevidade humana\, da man de Miguel Ángel Vázquez e Cristina Villanueva. Terá lugar na biblioteca de EMAO o martes 10 de decembro a partir das 19.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nComo falar dunha nova cultura da vellez?Envellecer con calidade é todo un reto na sociedade actual.No acto reflexionamos sobre as estratexias para acadar unha vellez saudable. \n\n\n\nMiguel Ángel Vázquez é xeriatra; profesor de xerontoloxía e saúde da Universidade de Vigo\, é socio-director de CALIGERS. \n\n\n\nCristina Villanueva é xornalista especializada en Comunicación social. Pertence á Sociedade galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saber-envellecer
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/11/2024-12-10-SaberEnvellecer.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241204T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241204T203000
DTSTAMP:20260430T220051
CREATED:20241107T173341Z
LAST-MODIFIED:20241107T173345Z
UID:4043-1733337000-1733344200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Novembro
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlático para ler ao longo do mes de novembro é O azul entre o ceo e a auga\, da escritora palestina Susan Abulhawa. A xuntanza terá lugar o mércores 4 de decembro\, ás 18.30 horas\, no local do Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nO azul entre o ceo e a auga conta a historia dunha familia palestina\, os Baraka\, que a través de diversas xeracións de mulleres\, enleadas no tempo e no espazo\, nos amosan a dura realidade da franxa de Ghaza. Desde a tola Um Mamdouh ata a americana perdida Nur\, pasando pola valente e desleigada Nazmiyeh ou Mariam a dos ollos de dúas cores. Personaxes masculinos e femininos nun territorio que lles é hostil e onde a forza\, o humor\, os lazos familiares\, as obrigas e as lembranzas\, crean unha rede que lles permite seguir adiante.Unha historia de resiliencia\, onde vemos como podemos resistir malia todas as condicións externas adversas grazas á fortaleza das matriarcas.É unha novela de exilio e desarraigo\, de esperanza e afouteza\, de atopar a propia identidade e o respecto no conflito palestinoisraelí\, onde o mundo máxico e o real se mesturan para confluíren na idea do azul entre o ceo e a auga\, onde sempre se está\, unindo presente e pasado: \n\n\n\n\nBúscame \n\n\n\nEstarei no azul \n\n\n\nEntre o ceo e a auga \n\n\n\nOnde todo o tempo é agora \n\n\n\nE onde estamos xuntos \n\n\n\nFluíndo coma un río \n\n\n\n\n(Texto da páxina do libro na editorial Laiovento) \n\n\n\nSusan Abulhawa (1970)\, naceu nun campo de refuxiados de Kuwait e mudouse de nena aos Estados Unidos\, onde estudou Ciencias Biomédicas.Periodista\, activista\, fundadora da ONG Playgrounds for Palestine\, que constrúe zonas de xogo nos campos de refuxiados palestinos.A súa primeira novela\, Mornings in Jenin (2003)\, foi traducida a máis de 30 idiomas\, O azul entre o ceo e o mar (2015) foi traducido a máis de 20 idiomas e coa terceira novela\, Against the loveless world (2019)\, acadou premios tales coma os Arab American Book Award for Fiction (2021)\, Reading Women Award Nominee for Fiction (2020)\, Aspen Words Literary Prize Nominee for Shortlist (2021).Tamén escribe ensaio\, artigos para periódicos estadounidenses e converteuse nunha das voces literarias femininas máis importantes da literatura palestina. \n\n\n\n(Texto da páxina da autora na editorial Laiovento)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-novembro-3
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/11/2024-12-04-ClubLecturaAzul.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241203T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241203T210000
DTSTAMP:20260430T220051
CREATED:20241127T101843Z
LAST-MODIFIED:20241127T101846Z
UID:4070-1733254200-1733259600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Cidades inclusivas
DESCRIPTION:Cidades inclusivas\, Escala urbana e espazo público é o título da charla de Teresa Táboas que terá lugar o martes 3 de decembro na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nOs profundos cambios culturais e sociais impulsan un novo paradigma no deseño e planificación do espazo público. Incorporar a perspectiva de xénero e as demandas e necesidades dunha cidadanía plural é un reto. \n\n\n\nTeresa Táboas é arquitecta. Foi conselleira de Vivenda e solo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Na actualidade vén de ser elixida vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) que agrupa a máis dun millón de arquitectos e arquitectas do mundo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cidades-inclusivas
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/11/2024-12-03-TeresaTaboas.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR