BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261001T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261001T210000
DTSTAMP:20261030T173707Z
CREATED:20260928T154751Z
LAST-MODIFIED:20261030T173707Z
UID:5823-1790881200-1790888400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Fala Viva\, oralidade sen fronteiras. Ciclo de narrativa oral
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico impulsa o ciclo de narrativa oral “Fala viva. Oralidade sen fronteiras” para contribuir á divulgación\, valorización e transmisión da tradición oral galega ás novas xeracións\, e explorando os seus cruzamentos coas formas expresivas máis contemporáneas. O ciclo desenvolverase do 8 de outubro ao 17 de novembro do ano 2026 na cidade de Vigo\, principalmente os xoves ás 19.00 h. no salón de actos da sede da ONCE (r/ Gran Vía 16). Tamén haberá unha sesión o 26 de outubro en Pontevedra en colaboración co Ateneo de Pontevedra. \n\n\n\n\n\n\n\nA oralidade é un dos fundamentos máis antigos e vitais da cultura humana. Máis alá da escrita\, a palabra falada —narrada\, cantada\, recitada\, improvisada— constitúe o primeiro canle polo que os pobos transmitiron a súa memoria\, a súa identidade e a súa imaxinación. En Galicia\, esta tradición oral é especialmente rica: desde as lendas e os contos populares ata a poesía dos trobadores\, desde as cantigas de namoramento ata o contador contemporáneo que improvisa en escenario\, a voz viva é portadora dunha herdanza irremprazable. \n\n\n\nMais a oralidade non é só patrimonio do pasado. No presente\, asistimos a un renacemento e renovación das súas formas: o torneo de poesía (slam poetry)\, a palabra falada (spoken word)\, a narración urbana (urban storytelling)\, as improvisacións narrativas (jam sessions) ou as prácticas de lectura dramatizada conviven coas tradicións máis clásicas\, xerando un ecosistema cultural plural e en permanente transformación. A narración oral do século XXI dialoga co dixital\, co espectáculo e con novas audiencias que redescobren o pracer de escoitar. \n\n\n\nO programa\n\n\n\nAs sesións serán do 8 de outubro ao 17 de novembro do ano 2026 en Vigo e Pontevedra. \n\n\n\nSesións en Vigo \n\n\n\n\nMirando cara ao futuro\, a importancia da narrativa oral. Camiño Noia. (8 outubro)\n\n\n\nEncontro de clubs de lectura. (22 outubro)\n\n\n\nHeichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego. Rafael Quintiá. (29 outubro)\n\n\n\nO conto como viaxe mental. Quico Cadaval. (5 novembro)\n\n\n\nFalar en man común. Mesa redonda. (10 novembro) (Ollo\, data cambiada)\n\n\n\nO aire será a páxina. Poesía fora do papel. Yolanda Castaño. (17 novembro)\n\n\n\n\nSesión en Pontevedra \n\n\n\n\nA tradición narrativa\, onte e hoxe. Camiño Noia. (26 outubro)\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\nMáis información\n\n\n\n– Quico Cadaval e Yolanda Castaño protagonizan o ciclo sobre tradición oral do Ateneo Atlántico. 26.9.2026. A movida. \n\n\n\n– Quico Cadaval y Yolanda Castaño\, protagonistas del otoño del Ateneo Atlántico. 1.10.2026. Faro de Vigo. \n\n\n\n– El Ateneo Atlántico de Vigo propone un ciclo sobre la tradición oral. 7.10.2026. La Voz de Galicia \n\n\n\n– El Ateneo Atlántico de Vigo abre un ciclo para reivindicar la tradición oral. 5.10.2026. Telemariñas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/fala-viva-oralidade-sen-fronteiras-ciclo-de-narrativa-oral
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/09/2026-10-08-FalaV-1600x900b.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261007T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261007T200000
DTSTAMP:20261010T001250Z
CREATED:20260607T204821Z
LAST-MODIFIED:20261010T001250Z
UID:5671-1791397800-1791403200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdL. Punto de araña. De bestias y aves
DESCRIPTION:Os libros seleccionados polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de setembro (xuntanza 7 de outubro)\, son “Punto de araña” da escritora Nerea Pallares publicado por Galaxia\, e “De bestas e aves” de Pilar Adón publicado por Galaxía Gutenberg. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita) (Contido pendente de completar!) \n\n\n\n\n\n\n\nAs obras\n\n\n\nPunto de Araña \n\n\n\nChamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas\, Ari chega a Camariñas\, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar\, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística\, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. \n\n\n\nFartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes\, donos das decisións e dos cartos\, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia\, as palilleiras —tamén redeiras\, mariscadoras e traballadoras da conserveira— acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando polas arañas. Tres mulleres temibles\, donas do océano e do encaixe\, que conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer. \n\n\n\nPunto de araña é unha novela mariñeira e coral\, batida pola escuma das ondas que petan contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres que se rebelan. Unha loa ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen; ás mans que\, en silencio\, entrelazan o mundo e ás mans das amigas\, rede de redes. \n\n\n\nFonte: Editoríal Galaxia \n\n\n\nDe bestias y aves \n\n\n\nTermina o verán\, cambia a estación\, e unha muller conduce durante horas en plena noite sen saber que se aproxima a Betania\, unha casa illada\, case un territorio fóra do mundo. Un lugar descoñecido e habitado exclusivamente por unhas mulleres que\, con todo\, si parecen coñecela a ela. Leva ás súas costas a unha irmá afogada\, e non lle dixo a ninguén que se marcha nin onde porque nin sequera ela sabe que a súa viaxe vai ser tan longo. Que está a piques de entrar nunha casa na que as mulleres se visten do mesmo xeito\, como adeptas dun culto ancestral\, e levan a cabo estraños ritos e celebracións. Un espazo no que as cabras dominan todo o que non estea vixiado polos innumerables cans que viven alí\, e no que unha roca inmensa oculta a luz do sol e domina a paisaxe. No que\, ao fondo\, un lago delimita as fronteiras do terreo\, sobrevoado de xeito perpetuo polas aves. E no que tamén viven unha muller cega á que todas adoran e unha nena que corre dun lado a outro sen saír xamais dese sitio. Un recuncho de terra\, auga e árbores onde a recentemente chegada non quere estar a pesar de que talvez sexa\, como lle din sen que chegue a crerllo\, o lugar no que descubra por fin o que significa formar parte de algo. \n\n\n\nFonte: Galaxia Gutemberg \n\n\n\nO acto\n\n\n\nAsistencia dezanove persoas con novas incorporacións: César e Andrés. \n\n\n\nPor primeira vez tiñamos dous libros para ler. De bestias y aves de Pilar Adón e Punto de araña de Nerea Pallarés. \n\n\n\nXulio Abalde presentou De bestias e aves\, volea que obtivo o Premio Francisco Umbral de Novela en 2022 e tamén o Premio Cálamo “Otra Mirada”\, e no año seguinte o Premio de la Crítica[ e o Premio Nacional de Narrativa en 2023. Destácase a “grande orixinalidade\, beleza\, riqueza poética e forza da lingua”. \n\n\n\nXulio\, ademais\, fixo un apunte persoal da autora por tela coñecido persoalmente. \n\n\n\nEn xeral\, a lectura resultou desacougante\, a autora consegue transmitir un forte sentimento de tensión e inquietude.Destacouse o estilo coidado\, con precisas e suxestivas descricións da natureza. \n\n\n\nUnha esclarecedora interpretación en termos psiquiátricos considerou a comunidade de mulleres coma unha unidade de psicoterapia. Outra apuntou o funcionamento colectivo como dunha seita. Tamén se comentou certo maniqueísmo respecto dos homes. \n\n\n\nMoitas das presentes consideraron o libro perturbador\, de certa dificultade. \n\n\n\nPunto de araña de Nerea Pallarés\, premio García Barros. Como a anterior\, tamén con perspectiva de xénero. A autora entrelaza realismo social\, memoria colectiva e mitoloxía no relato da rebelión feminina na Costa da Morte. Fartas do egoísmo dos homes ausentes\, donos do diñeiro a das decisións\, e de non ter voz propia\, as mulleres toman una decisión drástica. As palilleiras -que son tamén nais\, redeiras\, mariscadoras ou traballadoras da conserveira- deciden invocar ás arañas\, tres deidades dotadas de poder e sabedoría ancestrais. Tres xeracións de mulleres rebélanse fronte a la inxustiza. Un canto a quen tecen as redes invisíbeis que sosteñen a comunidade; ás mans das amigas\, rede de redes. \n\n\n\nMencionouse como elemento importante\, a defensa da lingua local da costa da Morte. \n\n\n\nSinalouse a Lisístrata de Arisófanes\, como antecedente histórico do tema\, a rebelión das mulleres. \n\n\n\nGustou o estilo coidado con cores poéticas nas descricións. A lectura resultou maioritariamente satisfactoria. \n\n\n\nAlén dos libros\, debateuse o estado de conciencia feminista entre a mocidade. \n\n\n\nA experiencia de dous libros nunha sesión non permite dedicarlle o tempo necesario a cada un deles. \n\n\n\nElixiuse como vindeira lectura a novela gráfica Es hoy de Carlos Giménez.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdl-punto-de-arana-de-bestias-y-aves
LOCATION:Local Ateneo\, Hernán Cortés 28 Baixo D\, Vigo\, Galicia\, 36203\, Spain
CATEGORIES:actividades,clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/06/2026-08-07-Punto-e-Bestias-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261008T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261008T210000
DTSTAMP:20261009T235511Z
CREATED:20260930T214604Z
LAST-MODIFIED:20261009T235511Z
UID:5837-1791486000-1791493200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Mirando cara ao futuro\, a importancia da narrativa oral. Ciclo Fala Viva 1
DESCRIPTION:“Mirando cara ao futuro\, a importancia da narrativa oral” é o primeiro acto do ciclo Fala Viva\, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Camiño Noia será presentada por Luísa Abad presidenta do Ateneo. Cando? Xoves 8 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía\, 16\, 36203 Vigo\, Pontevedra). \n\n\n\n\n\n\n\n \n\n\n\nA relatora. Camiño Noia\n\n\n\nCamiño Noia (Santiago de Compostela\, 1945) é unha das figuras de referencia e investigación máis destacadas da literatura e da lingüística galega. Catedrática e Profesora Emérita da Universidade de Vigo\, a súa traxectoria académica caracterízase por un fondísimo compromiso coa docencia\, a tradución e a análise textual\, ademais de ser unha das grandes impulsoras dos estudos de filoloxía e tradución en Galicia.No eido da literatura de tradición oral\, Camiño Noia ten un papel fundamental como investigadora e divulgadora do noso patrimonio inmaterial. É autora de obras clave na materia como Contos galegos de tradición oral (2002)\, o monumental Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral (2010) e o ensaio O conto de tradición oral (2024)\, ademais de dirixir proxectos arredor da tipoloxía da narrativa oral e a representación da feminidade nos mitos\, contos e lendas. A súa rigorosa labor de clasificación\, recollida e análise antropolóxica sitúana como un piar imprescindible para comprender e preservar o imaxinario colectivo e os relatos da nosa memoria oral. \n\n\n\nFonte: Wikipedia. \n\n\n\nO acto\n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\nMáis información\n\n\n\n– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva\, oralidade sen fronteiras”. \n\n\n\n– Pregón-manifesto de Camiño Noia para o Día Mundial da Narración Oral de 2026. Atlántica. Sete falares. Noga.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/1-mirando-cara-ao-futuro-a-importancia-da-narrativa-oral-ciclo-fala-viva
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/09/2026-10-08-FalaV1-1600x900b.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261014T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261014T210000
DTSTAMP:20261015T100102Z
CREATED:20260921T220149Z
LAST-MODIFIED:20261015T100102Z
UID:5802-1792004400-1792011600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Serê Kaniyê Documental. Olmo Couto
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o documental Serê Kaniyê de Olmo Couto. Quen? Asistirá o propio director Olmo Couto e presenta a actriz Uxía Blanco. Cando? Mércores 14 de outubro\, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Cines Norte. (Pendente de completar. Confirmar datos !) \n\n\n\n\n\n\n\nA obra\n\n\n\nEste documental é unha mirada íntima á guerra\, a través da vida cotiá de tres mulleres kurdas. Entre alegría\, dor e resistencia\, descubrimos que\, alén do caos e a destrución\, tamén nacen formas extremas de tenrura\, solidariedade e comunidade. \n\n\n\nEQUIPO TÉCNICODirección\, Guión: Olmo Couto.Produción: Sevinaz Evdike\, Antonio Grunfeld.Dirección de Fotografía: Olmo Couto.Montaxe: Álvaro Ayala.Música Orixinal: Xwezan Harûn.Son Directo: Costanza Docolomansky.Deseño Sonoro: Costanza Docolomansky.Asistente de Dirección: Sevinaz Evdike\, Azad Evdike.Tradución e revisión: Manuela Lago. \n\n\n\nFonte: Web do autor \n\n\n\nO autor\n\n\n\n“Dirección de fotografía es crear ambientes que aporten a la historia su máxima profundidad” \n\n\n\nOlmo Couto es director de fotografía y documentalista. Se formó en la Escuela de Cine de Polonia PWSFTviT (2005) y en los talleres de cinematografía de la EICTV\, Escuela Internacional de Cine y Televisión de Cuba (2002)\, dos geografías que marcaron una forma de hacer cine donde la ética y la poesía se encuentran. \n\n\n\nEntre 2018 y 2023 participó en Komina Film a Rojava\, un proyecto cinematográfico desarrollado en la Región Autónoma del Nordeste de Siria. En este contexto\, trabajó como director de fotografía en los largometrajes Kobane (2022)\, Desfile de bodas (2021) y Shengal\, 12 jinetes (2018). \n\n\n\nSu documental Serê Kaniyê (2025) se estrenó en el OUFF – Festival Internacional de Cine de Ourense\, y ha sido premiado en el Festival de Cine Kurdo de Düsseldorf y en el Festival de Cine de Rojava\, además de presentarse en DocCoimbra y Dokumentarfilmwoche Hamburg. \n\n\n\nFonte: Web do autor \n\n\n\nO acto\n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/sere-kaniye-documental-olmo-couto
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/09/2026-10-14-Sere-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261020T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261020T210000
DTSTAMP:20261021T214056Z
CREATED:20261010T111901Z
LAST-MODIFIED:20261021T214056Z
UID:6007-1792522800-1792530000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Abolicionismo da prostitución\, un debate ético. Faladoiro.
DESCRIPTION:As benfaladas do Ateneo convocan esta xuntanza arredor dun té para conversar sobre abolicionismo e prostitución cun enfoque ético. O faladoiro está conducido por Silvia Pérez Freire sociologa e especialista na materia. Cando? Martes 20 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Local do Ateneo (R/ Hernán Cortés 28\, 36203 Vigo\, Pontevedra). \n\n\n\n\n\n\n\nA relatora\n\n\n\nSilvia Pérez Freire é unha socióloga galega especializada en xénero\, violencia e sexualidade. \n\n\n\nLicenciouse en Socioloxía na Universidade da Coruña\, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela e imparte clases na Universidade de Vigo. \n\n\n\nEn 2018 gañou o premio á mellor tese sobre violencia de xénero concedido polo Ministerio da Presidencia\, Relacións coas Cortes e Igualdade\, pola investigación desenvolvida na USC Vitimización da trata sexual: imaxinarios e invisibilización’. \n\n\n\nColabora con diferentes ONG na reivindicación dos dereitos humanos das mulleres e co Consello da Cultura Galega. \n\n\n\nFonte: Wikipedia \n\n\n\nO acto\n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/abolicionismo-da-prostitucion-un-debate-etico-faladoiro
CATEGORIES:actividades,merendolas,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-10-20-Abolic-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261022T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261022T210000
DTSTAMP:20261030T182333Z
CREATED:20261002T104612Z
LAST-MODIFIED:20261030T182333Z
UID:5890-1792695600-1792702800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Encontro de clubes de lectura. Ciclo Fala Viva 2
DESCRIPTION:“Encontro de clubes de lectura” é o segundo acto do ciclo Fala Viva\, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Estarán presentes representantes dos clubes de lectura de asociacións e entidades de Vigo: Irene Alonso (Librouro)\, Xabier Queipo (Río Lagares)\, Moncho Seixo (Escola de Idiomas)\, Lila del Olmo (Ateneo Atlántico)\, e coa coordinación de Xulio Abalde do clube do Ateneo. Cando? Xoves 22 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía\, 16\, 36203 Vigo\, Pontevedra). \n\n\n\n“Hay una actitud en los clubes de lectura que me apasiona y que creo hay que destacar por encima de todo lo demás […] y que siempre defenderé; que es el respeto”. “En los clubs de lectura […] hay una escucha activa de verdad y hay un respeto […] y esa manera de relacionarse es algo que debemos destacar” Pilar Adón. \n\n\n\n\n\n\n\nO acto\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\nMáis Información\n\n\n\n– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva\, oralidade sen fronteiras” \n\n\n\n– Enlace: Comentarios de Pilar Adón sobre os clubes de lectura nun acto de ACE.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/2-encontro-de-clubes-de-lectura-ciclo-fala-viva
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-10-22-FalaV2-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261025T083000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261025T210000
DTSTAMP:20261030T175132Z
CREATED:20261014T105317Z
LAST-MODIFIED:20261030T175132Z
UID:6036-1792917000-1792962000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída a Celanova e Xurés
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico organiza unha saída á Celanova e ao Xurés para o vindeiro domingo 25 de outubro de 2026. A saída será ás 8.15 horas desde o Instituto Santa Irene e ás 8.30 da mañá desde a rúa Areal (antigo Reitorado). Nota: ter en conta que neste día prodúcese o cambio de hora. \n\n\n\n\n\n\n\nPrograma \n\n\n\n-Saída: 8.15 h. no Instituto Santa Irene\, 8.30 h. rúa Areal (antigo Reitorado) Ollo: hora nova (de inverno) -Visita á Cova de San Vivián (Vilanova dos Infantes)-Visita á Torre da Homenaxe (Vilanova dos Infantes)-Mosteiro de San Salvador (Celanova)-Capela de S. Miguel (Celanova)-Xantar buffet no Hotel Caldaria de Lobios-Xacemento Aquis Querquennis (Bande)-Chegada a Vigo \n\n\n\nInscrición \n\n\n\nA INSCRICIÓN para a excursión a Celanova e Xurés ábrese o venres 16 de outubro de 2026. \n\n\n\nO custo para socios é 50 euros\, non socios 60 euros. A maiores hai que abonar 3 euros para a entrada do Mosteiro de Celanova e a Capela de San Miguel (cobraranse no autobús). \n\n\n\nA inscrición inclúe: visita á cova de San Vivián e Torre da Homenaxe (Vilanova dos Infantes)\, ao mosteiro de San Salvador en Celanova (previo pago de 3 euros) e capela de San Miguel (Celanova)\, e xacemento Aquis Querquennis (Bande); e transporte\, xantar buffet no Hotel Caldaria de Lobios (a carón do río Caldo)\, e seguro de viaxe. \n\n\n\nO procedemento de inscrición é:1.- Enviade un wasap ou correo-e co nome e apelidos a Encarna: 635.685.868 ou actividades@ateneoatlantico.gal2.- Ela vai respondervos indicando os datos para facer o ingreso (referencia e número de conta).3.- Feito ese ingreso e co envío feito (wasap ou correo-e) xa estades apuntados\, e non fai falta mais confirmación. \n\n\n\nAs CONDICIÓNS para anotarse son:1 Cada persoa pode anotarse a si mesma e\, como máximo\, a unha acompañante.2 Terán prioridade: (1º) as persoas socias\, (2º) socias con acompañante non socia\, (3º) non socias.3 CANCELACIONS. Para cancelar e ter dereito ao reembolso do importe so se poderá facer con 72 horas de antelación á saída. \n\n\n\nA saída\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-a-celanova-e-xures
CATEGORIES:actividades,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-10-25-Celanova-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261026T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261026T210000
DTSTAMP:20261026T224517Z
CREATED:20261002T111521Z
LAST-MODIFIED:20261026T224517Z
UID:5905-1793043000-1793048400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A tradición narrativa\, onte e hoxe. Ciclo Fala Viva 1 (Pontevedra)
DESCRIPTION:“A tradición narrativa\, onte e hoxe” é o primeiro acto do ciclo Fala Viva\, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico na cidade de Pontevedra en colaboración co Ateneo de Pontevedra. Quen? Camiño Noia será presentada por Luís Rei presidente do Ateneo de Pontevedra. Cando? Luns 26 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? Na Biblioteca IES Valle-Inclán de Pontevedra. \n\n\n\n\n\n\n\nA relatora. Camiño Noia\n\n\n\nCamiño Noia (Santiago de Compostela\, 1945) é unha das figuras de referencia e investigación máis destacadas da literatura e da lingüística galega. Catedrática e Profesora Emérita da Universidade de Vigo\, a súa traxectoria académica caracterízase por un fondísimo compromiso coa docencia\, a tradución e a análise textual\, ademais de ser unha das grandes impulsoras dos estudos de filoloxía e tradución en Galicia.No eido da literatura de tradición oral\, Camiño Noia ten un papel fundamental como investigadora e divulgadora do noso patrimonio inmaterial. É autora de obras clave na materia como Contos galegos de tradición oral (2002)\, o monumental Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral (2010) e o ensaio O conto de tradición oral (2024)\, ademais de dirixir proxectos arredor da tipoloxía da narrativa oral e a representación da feminidade nos mitos\, contos e lendas. A súa rigorosa labor de clasificación\, recollida e análise antropolóxica sitúana como un piar imprescindible para comprender e preservar o imaxinario colectivo e os relatos da nosa memoria oral. \n\n\n\nFonte: Wikipedia. \n\n\n\nO acto\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\nMáis información\n\n\n\n– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva\, oralidade sen fronteiras”. \n\n\n\n– Pregón-manifesto de Camiño Noia para o Día Mundial da Narración Oral de 2026. Atlántica. Sete falares. Noga. \n\n\n\n– Enlace ao acto na web do Ateneo de Pontevedra. Ateneo de Pontevedra. \n\n\n\n– Enlace á web do Ateneo de Pontevedra.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/mirando-cara-ao-futuro-a-importancia-da-narrativa-oral-ciclo-fala-viva-1-pontevedra
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/09/2026-10-08-FalaV-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261027T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261027T210000
DTSTAMP:20261028T131836Z
CREATED:20261021T210113Z
LAST-MODIFIED:20261028T131836Z
UID:6114-1793129400-1793134800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Salaam Cinema. Ciclo A película da túa vida: Josiño Araújo
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o documental Salaam Cinema de Mohsen Makhmalbaf proposto por Josiño Araújo dentro do ciclo A pelicula da túa vida. Quen? a proxección asistirá Josiño araújo (cineasta\, escritor e avogado() e será presenrda por Virginia Calviño. Cando? Martes 27 de outubro\, a partir das 19.30 horas. Onde? No local do Ateneo (r/ Hernán Cortés 28. Vigo). \n\n\n\n\n\n\n\nO documental\n\n\n\nSalaam Cinema é un documental que parte dunha idea sinxela: o seu directordecidiu facer un documental que ilustrase as razóns polas cales ás persoas gostaríalle converterse en actores de cine. \n\n\n\nO acto\n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/salaam-cinema-ciclo-a-pelicula-da-tua-vida-josino-araujo
LOCATION:Local Ateneo\, Hernán Cortés 28 Baixo D\, Vigo\, Galicia\, 36203\, Spain
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-10-27-Salaam-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261028T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261028T210000
DTSTAMP:20261028T124800Z
CREATED:20261014T112508Z
LAST-MODIFIED:20261028T124800Z
UID:6040-1793214000-1793221200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Cunetas. Luís Pimentel
DESCRIPTION:Presentación do libro de Luís Pimentel: Cunetas. Quen? No acto estarán presentes Claudio Rodríguez Fer (autor da introdución)\, Xurxo Martínez González (autor do epílogo)\, Henrique Alvarellos (editor) e Fernando Fernández (presentador). Cando? Mércores 28 de outubro de 2026 ás 19.00 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón\, 5\, 36201 Vigo\, Pontevedra). \n\n\n\n\n\n\n\nA obra\n\n\n\nA serie de poemas «Cunetas»\, escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947\, denuncia a represión fascista na guerra civil\, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de xeito independente en Madrid en 1981\, nunha plaquette de 215 exemplares. \n\n\n\nAgora\, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todos lestes poemas xunto con outros dispersos de Pimentel da mesma temática de denuncia da represión franquista. Son once en total máis o poema apócrifo en galego «Cunetas». Estamos diante duns versos de angustia e dor\, do berro desesperado dun dos máis extraordinarios poetas que deu Galicia. \n\n\n\nColaboran nesta edición o filólogo Claudio Rodríguez Fer –que repasa a traxectoria poética de Pimentel e o significado de -estes versos–\, e Xurxo Mártinez Gónzalez\, que asina o epílogo. \n\n\n\nFonte: Editora Alvarellos \n\n\n\nO autor\n\n\n\nLuis Pimentel (Lugo\, 1895 – 1958) foi un poeta en lingua galega e castelá\, relacionado coa Xeración do 27. \n\n\n\nEstudou e exerceu o medicamento en Galicia. Os seus primeiros poemas publicáronse na revista Ronsel\, pero o seu primeiro libro non apareceu ata 1950. \n\n\n\nNa súa obra apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e fóra de Galicia. Foi autor de «Triscos» (Pontevedra: Colección Benito Soto\, 1950) e de «Sombra do aire na herba» (Vigo: Galaxia\, 1959\, póstuma) en galego. En castelán escribiu «Barco sen luces» (Lugo: Celta\, 1960)\, obra tamén póstuma que recolle poemas de 1927. \n\n\n\nNa súa poesía obsérvanse influencias do modernismo\, dos “ismos” vangardistas\, do simbolismo francés e do existencialismo de posguerra. En canto á forma\, destaca o verso libre\, imaxes vangardistas\, os paralelismos e as anáforas. \n\n\n\nDedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1990. De Luis Pimentel existe unha antoloxía en italiano\, traducida do castelán e do galego e organizada por Manuele Masini. En 2026 reeditouse o poemario Cunetas\, sobre os fusilamentos extraxudiciais do franquismo. \n\n\n\nFonte: Wikipedia \n\n\n\nMáis información\n\n\n\nEnlace: Noticia na Voz de Galicia \n\n\n\nEnlace: Noticia en Planomato \n\n\n\nEnlace: Noticia en TeleMariñas
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cunetas-luis-pimentel
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-10-28-Cunetas-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261029T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261029T210000
DTSTAMP:20261030T170035Z
CREATED:20261002T105751Z
LAST-MODIFIED:20261030T170035Z
UID:5895-1793300400-1793307600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego. Rafael Quintiá. Ciclo Fala Viva 3.
DESCRIPTION:“Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego” é o terceiro acto do ciclo Fala Viva\, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Rafael Quintiá o autor do libro será presentado por Miguel Costas do Ateneo. Cando? Xoves 29 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía\, 16\, 36203 Vigo\, Pontevedra). \n\n\n\n\n\n\n\nO relator. Rafael Quintiá\n\n\n\nRafael Quintía Pereira é antropólogo\, economista\, escritor e realizador de documentais. Exerce como antropólogo profesional na empresa Ab Origine. Antropoloxía\, Produción e Xestión Cultural\, da que é socio fundador e administrador. Ademais é profesor-titor na UNED. \n\n\n\nAs súa liñas de investigación céntranse\, fundamentalmente\, no patrimonio inmaterial\, en concreto na mitoloxía\, a relixiosidade popular e a etnomedicina. Gañador de cinco premios de investigación e ensaio: Premio de Investigación Xermade na Historia (2020)\, Premio Ferro Couselo de Investigación (2017)\, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016)\, Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). \n\n\n\nÉ autor de trinta e catro libros\, de varias obras colectivas e dun centenar de artigos. No campo da antropoloxía visual realizou catorce documentais etnográficos. Colaborador habitual en medios de comunicación (prensa escrita\, radio e televisión)\, dirixe ademais a publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza. \n\n\n\nÉ membro do Observatorio Internacional de Cátedra UNESCO da Universitat de València (Comité de Europa)\, membro fundador e Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)\, responsable de patrimonio da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Salcedo\, membro do comité científico de Amigos de la Cultura Celta e foi Vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO). \n\n\n\nA obra\n\n\n\n“Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego” é unha obra fundamental do antropólogo e escritor pontevedrés Rafael Quintiá\, publicada en 2019 pola editorial Ab Origine Edicións. O libro é un compendio antropolóxico e etnográfico que recolle un total de 175 lendas e relatos tradicionais galegos. O volume é o froito de máis de quince anos de traballo de campo continuado por toda a xeografía de Galicia; o autor dedicouse a escoitar\, gravar e transcribir directamente as historias narradas polos maiores en diferentes aldeas e comarcas. \n\n\n\nAo longo das súas case 400 páxinas\, a compilación abrangue mitos sobre seres máxicos\, lendas asociadas a elementos da paisaxe (pedras\, fontes\, montes)\, testemuños sobre o alén e relatos relixiosos ou pagáns que definen a identidade colectiva galega. \n\n\n\nO libro conta ademais cun prólogo da recoñecida actriz e contadora de historias Soledad Felloza. \n\n\n\nO acto\n\n\n\n\n\n\n\nMáis información\n\n\n\n– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva\, oralidade sen fronteiras”
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/heichos-contar-contribucion-ao-corpus-mitoloxico-galego-rafael-quintia-ciclo-fala-viva
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-10-29-Heichas-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261104T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261104T200000
DTSTAMP:20261011T111646Z
CREATED:20261011T105442Z
LAST-MODIFIED:20261011T111646Z
UID:6018-1793817000-1793822400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Es hoy. Clube de lectura. Novembro 2026
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de outubro (xuntanza 4 de novembro) é “Es hoy” do debuxamte madrileño Carlos Giménez publicado por Reservoir Books no ano 2020. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita). \n\n\n\n\n\n\n\nA obra\n\n\n\nTras “Crisálida” e” Canción de navidad”\, chega o peche da “Trilogía del crepúsculo”. \n\n\n\nEn “Es hoy” atópase o testamento artístico de Carlos Giménez\, o seu gran álbum autobiográfico sobre o final da vida. \n\n\n\nA última obra mestra de Carlos Giménez titúlase Es hoy e tamén é\, con toda probabilidade\, o seu cómic máis experimental. Nesta ocasión o tío Pablo\, protagonista dos anteriores Crisálida e Canción de Navidad\, narrará en primeira persoa a súa propia morte\, nun sereno e bienhumorado diálogo consigo mesmo. \n\n\n\nAlén de ser un brillante exercicio técnico\, onde Giménez demostra o seu dominio na arte do guion\, Es hoy tamén se pode ler como unha visita a eses momentos á vez estelares e triviais que dotan de sentido ás nosas vidas; neles\, ademais\, o autor confésase como nunca antes na súa obra autobiográfica. \n\n\n\nSen dúbida\, o peche da súa triloxía narrativa máis recente sérvelle a Carlos Giménez para ensaiar un novo e precioso epílogo á súa carreira. \n\n\n\nFonte: Casa del libro \n\n\n\nO autor. Carlos Giménez\n\n\n\nCarlos Giménez (Madrid\, 1941) é o autor máis importante da historieta española das últimas cinco décadas. Cronista da transición política na triloxía España: Una\, Grande y Libre (1976-1977) e autor do mellor retrato interior do mundo do cómic español na serie Los Profesionales (1981-2023)\, é tamén o máximo expoñente do cómic autobiográfico coas series Paracuellos (1976-2022) e Barrio (1977-2001)\, ou en álbums como Rambla arriba\, Rambla abaijo (1985) e os máis recentes Crisálida (2016)\, Canción de Navidad (2018) e Es hoy (2020)\, que conforman a Trilogía del crepúsculo. Noutros traballos\, centrou a súa atención na Guerra Civil española\, coa tetraloxía 36-39. Realizou ademais\, ao longo da súa dilatada carreira\, algúns dos mellores cómics españois de ciencia ficción. Recibiu importantes galardóns na súa traxectoria creativa.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/es-hoy-clube-de-lectura-novembro-2026
LOCATION:Local Ateneo\, Hernán Cortés 28 Baixo D\, Vigo\, Galicia\, 36203\, Spain
CATEGORIES:actividades,clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-11-04-Eshoy-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261105T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261105T203000
DTSTAMP:20261030T170457Z
CREATED:20261002T110833Z
LAST-MODIFIED:20261030T170457Z
UID:5901-1793905200-1793910600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O conto como viaxe mental. Quico Cadaval. Ciclo Fala Viva 4
DESCRIPTION:“O conto como viaxe mental” é o cuarto acto do ciclo Fala Viva\, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Quico Cadaval o monologuista desta viaxe será presentado por Irene Bascoy. Cando? Xoves 5 de novembro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía\, 16\, 36203 Vigo\, Pontevedra). \n\n\n\n\n\n\n\nO autor: Quico Cadaval\n\n\n\nQuico Cadaval naceu en Ribeira o 27 de marzo de 1960\, é un actor\, director\, adaptador teatral e o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa. \n\n\n\nAprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias\, e tamén grazas ás persoas\, da máis variada índole\, que pasaban pola taberna de súa nai. Comezou na interpretación teatral a finais dos setenta no Centro Dramático Galego\, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: “O Moucho Clerc”. Traballou en diferentes producións da TVG\, así como en curtametraxes e longametraxes\, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da Operación Triunfo portuguesa no ano 2003. En 2011 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas que outorga a Xunta de Galicia. \n\n\n\nFonte: Wikipedia \n\n\n\nMáis información\n\n\n\n– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva\, oralidade sen fronteiras”
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-conto-como-viaxe-mental-quico-cadaval
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-11-05-Quico-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261110T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261110T210000
DTSTAMP:20261030T172147Z
CREATED:20261030T171601Z
LAST-MODIFIED:20261030T172147Z
UID:6187-1794337200-1794344400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Falar en man común. Mesa redonda. Ciclo Fala Viva 5
DESCRIPTION:“Falar en man común” é o quinto acto do ciclo Fala Viva\, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Estarán presentes representantes de colectivos que realizan actividades a prol da lingua falada:  Asociación Atlántida\, Ponte nas Ondas e Asociación de Escritores en Língua Galega\, e coa coordinación de Xavier Paz do Ateneo Atlántico. Cando? Martes 10 de novembro a partir das 19.00 horas. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón\, 5\, 36201 Vigo\, Pontevedra). ! Nota.- Este acto estaba programado para o 11 de novembro\, e cambiouse en solidaridade coa Folga Xeral desa data. \n\n\n\n\n\n\n\nMáis información\n\n\n\n– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva\, oralidade sen fronteiras”
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/falar-en-man-comun-mesa-redonda
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/09/2026-10-08-FalaV-1600x900b.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261112T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261112T203000
DTSTAMP:20261019T212445Z
CREATED:20261019T103738Z
LAST-MODIFIED:20261019T212445Z
UID:6093-1794510000-1794515400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Laicismo e igualdade. Un desafío para a democracia. Antonio Gómez Movellán
DESCRIPTION:Palestra do Ciclo da Memoria Democrática de Antonio Gómez Movellán ao redor do concepto de laicismo e igualdade como desafío democrático que defende a separación entre o Estado e a relixión así como a garantía plena da liberdade de conciencia no ámbito público: Quen? No acto estará presente Antonio Gómez Movellán (relator) que será presentado por Rosa Pascual. Cando? Xoves 12 de novembro de 2026 ás 19.00 h. Onde? Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2\, 36202 Vigo\, Pontevedra). \n\n\n\n\n\n\n\nO relator\n\n\n\nAntonio Gómez Movellán é licenciado en Historia e diplomado en Dereito Constitucional. É amplamente recoñecido no ámbito civil e académico polo seu extenso traballo de investigación arredor da relación entre as institucións públicas e o fenómeno relixioso\, así como por ter sido fundador e expresidente da asociación estatal Europa Laica. \n\n\n\nA súa traxectoria intelectual céntrase na análise rigorosa dos acordos entre o Estado e as confesións\, o papel do laicismo no sistema educativo e a defensa dos servizos públicos universais. A través de diversos ensaios\, libros e colaboracións en medios de comunicación\, achega unha perspectiva crítica e informada sobre a liberdade de conciencia e a neutralidade estatal na España contemporánea. \n\n\n\nNa actualidade\, Gómez Movellán é unha das voces máis influentes no debate sobre a separación Igrexa-Estado\, combinando o rigor historiográfico e xurídico co compromiso social. A súa intervención ofrece unha oportunidade clave para reflexionar sobre os retos actuais da democracia\, a igualdade de dereitos e a laicidade no espazo público.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/laicismo-e-igualdade-un-desafio-para-a-democracia-antonio-gomez-movellan
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,memoriaDemocratica,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-11-12-Laicismo-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261117T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261117T210000
DTSTAMP:20261104T113406Z
CREATED:20261030T172958Z
LAST-MODIFIED:20261104T113406Z
UID:6195-1794942000-1794949200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O aire será a páxina. Poesía fóra do papel. Yolanda Castaño. Ciclo Fala Viva 6
DESCRIPTION:“O aire será a páxina. Poesía fóra do papel” é o sexto acto do ciclo Fala Viva\, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Estará presente Yolanda Castaño que será presentada por Luísa Abad do Ateneo Atlántico. Cando? Martes 17 de novembro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía\, 16\, 36203 Vigo\, Pontevedra). \n\n\n\n\n\n\n\nMáis información\n\n\n\n– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva\, oralidade sen fronteiras”
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-aire-sera-a-paxina-poesia-fora-do-papel-yolanda-castano-ciclo-fala-viva-6
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/09/2026-10-08-FalaV-1600x900b.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261119T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261119T210000
DTSTAMP:20261104T152129Z
CREATED:20261104T113009Z
LAST-MODIFIED:20261104T152129Z
UID:6225-1795114800-1795122000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O libro de Barro. Pepe Barro
DESCRIPTION:Presentación do libro de deseño de Pepe Barro: O libro de Barro. Quen? No acto estarán presentes Pepe Barro (autor)\, Mónica Maneiro\, Anxo Angueira e Xosé Carlos Bernárdez (presentador). Cando? Xoves 19 de novembro de 2026 ás 19.00 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón\, 5\, 36201 Vigo\, Pontevedra). \n\n\n\n\n\n\n\n(Pendente de completar)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-libro-de-barro-pepe-barro
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/11/2026-11-19-Barro-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR