BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.15.20//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260204T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260204T200000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260110T195657Z
LAST-MODIFIED:20260110T195659Z
UID:4591-1770229800-1770235200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL febreiro: Tamarindo
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de xaneiro (xuntanza 4 de febreiro)\, é Tamarindo\, de Xavier Queipo. O libro foi o gañador do VI premio de Novela Vilar Ponte (2024). Para a xuntanza temos comprometida a presenza do autor\, bo amigo do Ateneo e presidente do xurado na edición de 2025 do premio Exeria. \n\n\n\n\n\n\n\nTamarindo\n\n\n\nArquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida.Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental  e Os kowa nunha obra sobre a amizade e a traizón. «Unha trama envolvente e fascinante»\, dixo de Tamarindo o xurado do Premio Vilar Ponte.(Da ficha do libro no blog da Editorial Aira) \n\n\n\nXavier Queipo\n\n\n\n(Compostela\, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego É autor\, entre outros libros\, de: Ártico e outros mares (narrativa breve\, 1990\, Premio da Crítica Española 1991); Ringside (contos\, 1993)\, Malaria sentimental (novela\, 1999); Papaventos (novela\, 2001); O ladrón de esperma (contos\, 2001\, Premio Café Dublin de relatos); Os ciclos do bambú (contos\, 2003); Glosarios (poesía\, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil\, 2005)\, Dragona (novela\, 2007) Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas\, 2007)\, Saladina (novela\, 2007)\, Felices e diferentes (crónicas radiofónicas\, 2009)\, A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil\, 2009)\, Cartas marcadas (ensaio\, 2010)\, Ártico 2.0 (narrativa breve\, 2011)\, Extramunde (novela\, 2011\, Premio Xerais de Novela\, Premio Arcebispo San Clemente); 55 (relatos\, 2014)\, Os Kowa (novela 2016\, Premio Blanco Amor 2015)\, e Corazón de Manteiga (novela\, 2020) . Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios outros premios en Galicia\, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración)\, pola tradución do Ulysses de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías\, e traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert\, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán\, portugués\, francés\, inglés e italiano.(Da ficha do autor no blog de Aira)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-febreiro-tamarindo
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-04-CdeLXavierQueipo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260205T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260205T210000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260115T185015Z
LAST-MODIFIED:20260117T122247Z
UID:4635-1770319800-1770325200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Infancia e adolescencia dixital
DESCRIPTION:Infancia e adolescencia dixital. Do problema á oportunidade. Quen? Antonio Rial Boubeta\, psicólogo\, presenta María Jesús Argibay\, xornalista. Cando? O 5 de febreiro\, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2) \n\n\n\n\n\n\n\nO uso das denominadas TRIC (Tecnoloxías das Relacións\, a Información e a Comunicación) adoita levar emperallados moitas veces problemas emocionais e de convivencia\, especialmente nun período tan crítico e vulnerable como é a adolescencia. Tal e como ven advertindo a OMS ou a UNESCO\, o uso intensivo e sen supervisión das redes sociais ou dos videoxogos pode derivar en hábitos de vida pouco saudables\, unha peor hixiene do sono\, maiores niveles de ansiedade e depresión\, un aumento do acoso escolar e do ciberacoso\, violencia filio-parental ou mesmo dar lugar a novas formas de adicción. A tecnoloxía é unha magnífica ferramenta para favorecer a aprendizaxe de nenas e de nenos\, pero o seu uso excesivo (especialmente a idades temperás) pode chegar a xerar retrasos no neurodesenvolvemento\, na linguaxe ou na atención. O consumo de pantallas non resulta inocuo\, si se fai de maneira pouco equilibrada e sen o debido acompañamento. Cando implica novos patróns de interacción e novos xeitos de relacionarse co mundo\, pode converterse nun problema\, mesmo de saúde pública. A tiranía do selfiee o Imperio de Instagram\, o auxe de gamers\, youtubers e influencers amósanos unha nova xeración de adolescentes sorprendentemente menos felices\, máis solos/as e con máis dificultades para relacionarse\, aceptarse a si mesmos/as e adquirir valores ou habilidades básicas para construírse como persoas. A sociedade está cambiando e as familias tamén. Adquirir conciencia e tomar partido é unha tarefa obrigada. Afastado por igual de alarmismos e de banalizacións\, desde un enfoque responsable e pragmático\, na conferencia-coloquio do vindeiro día 5 de febreiro\, o profesor Rial Boubeta convídanos a reflexionar como comunidade\, na procura dun uso seguro e saudable da tecnoloxía\, interpretando o problema que actualmente estamos vivindo\, en clave de oportunidade\, para desenvolver unha educación mellor. \n\n\n\nAntonio Rial Boubeta\n\n\n\nAntonio Rial é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de mais de 150 artigos en revistas científicas de impacto internacional e director de 25 teses de doutoramento. Responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións\, dende o Uso problemático de Internet e as redes sociais ao ciberbullying.  \n\n\n\nÉ membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. No ano 2021 dirixiu o Estudio sobre el impacto de la Tecnología en la adolescencia\, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria. Dirixiu tamén no ano 20202 o estudio Adolescencia\, Tecnoloxía\, Saúde e Convivencia\, coa Fundación Barrié\, na que participaron 10.000 adolescentes galegos.Acaba de rematar hai apenas uns días o estudio INFANCIA\, ADOLESCENCIA Y BIENESTAR DIGITAL(con UNICEF e o Ministerio de Transformación Dixital)\, no que participaron 93.000 adolescentes e 7.500 profesoras e profesores de toda España\, o que o converte no traballo científico de maior envergadura feito en Europa sobre o tema.Ten publicado os seus traballo nalgunhas das mellores revistas internacionais do eido da adolescencia\, a saúde mental e a ciberconvivencia\, como Psychiatry Research\, Addictive Behaviors\, Journal of Gambling Studies\, Computers in Human Behavior ou Cyberpsyhology.Colabora dende fai anos con centros de investigación de referencia internacional\, como o Center for Adolescent Behavioral Health Research (da Universidade de Harvard)\, ou o Cognitive and Affective Regulation Laboratory (da Universidad de Lausanne).En 2022 foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra o Narcotráfico\, polo seu labor na prevención das adiccións na mocidade\, e en 2023 co Premio Iacobus da Educación\, ano no que tamén foi distinguido como Colexiado do Ano polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia.Formou parte do Comité de Expertos creado polo Ministerio de Xuventude e Infancia\, para a elaboración da Lei de Protección dos menores na contorna dixital e\, nestes momentos\, forma parte tamén do grupo que vén de crear a Consellería de Educacion para elaborar o Plan de Benestar Dixital de Galicia.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/infancia-e-adolescencia-dixital
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-05-InfanciaAdolescenciaDixital-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260210T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260210T210000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260115T173327Z
LAST-MODIFIED:20260115T173443Z
UID:4621-1770751800-1770757200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Memoria democrática 2
DESCRIPTION:Ciclo Memoria democrática. Vítimas do Golpe de estado. Testemuñas de familiares e amigos. Quen? Mesa redonda con Manuel Bragado\, Pepe Álvarez Cáccamo\, Jacinto Mosquera e Xavier Moreda; modera Miguel Pérez Pereira. Cando? Martes 10 de febreiro a partir das 19.30 horas. Onde? Nos locais da AAVV Praza da Miñoca (rúa Luís Casado 12).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-memoria-democratica-2
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,memoriaDemocratica
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-10-MemoriaDemocratica2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260211T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260211T210000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260115T193115Z
LAST-MODIFIED:20260115T193117Z
UID:4639-1770838200-1770843600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. El club
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o filme O club\, do realizador chileno Pablo Larraín. Cando? Mércores 11 de febreiro\, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Multicines Norte (Vía Norte 22) \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nDirección\, Pablo Larraín\n\n\n\nNacionalidade\, Chile\n\n\n\nAno: 2015\n\n\n\nProducción\, Juan de Dios Larraín\, Pablo Larraín\n\n\n\nGuión\, Guillermo Calderón\, Daniel Villalobos\n\n\n\nMúsica\, Carlos Cabezas\n\n\n\nFotografía\, Sergio Armstrong\n\n\n\nMontaxe\, Sebastián Sepúlveda\n\n\n\nProtagonistas: Alfredo Castro\, Antonia Zegers\, Jaime Vadell\, Alejandro Goic\, Roberto Farías\n\n\n\nArgumento: Baixo a atenta mirada dunha muller que se ocupa deles\, catro sacerdotes viven nunha pequena casa da localidade de La Boca. Todos eles cometeron actos censurables e atópanse nese retirado fogar castigados polas autoridades eclesiásticas. A muller á unha monxa e a casa serve de agocho para sacerdotes pecadores. Todos conseguen establecer unha rutina adestrando un galgo de carreiras ata que un día chega un quinto sacerdote\, un pederaste que lles lembra as desgrazas das súas vidas pasadas.\n\n\n\nPalmarés. Ademais de múltiples nominacións\, a película foi gañadora de:\n\nFestival Internacional de Cine de Berlín\, Gran Premio do xurado\n\n\n\nFestival Internacional de Cine da Habana\, Mellor Película\n\n\n\nPremio Iberoamericano de Cine Fénix\n\nMellor película\n\n\n\nMellor director\, Pablo Larraín\n\n\n\nMellor actor\, Alfredo Castro\n\n\n\nMejor Guión\, Pablo Larraín\, Daniel Villalobos e Guillermo Calderón\n\n\n\n\n\nFestival Internacional de Cine de Mar del Plata\n\nMellor Guión\, Pablo Larraín\, Daniel Villalobos e Guillermo Calderón\n\n\n\nMellor Actor\,  Roberto Farías\, Alfredo Castro\, Alejandro Goic e Jaime Vadell\n\n\n\n\n\nFestival Internacional de Cine de Chicago\n\nMellor Director\, Pablo Larraín\n\n\n\nMellor Guión\, Pablo Larraín\, Daniel Villalobos e Guillermo Calderón\n\n\n\nMellor Montaxe\n\n\n\n\n\nFestival Iberoamericano de Cine de Ceará\n\nMellor Película\n\n\n\nMellor Guión Pablo Larraín\, Daniel Villalobos y Guillermo Calderón\n\n\n\nMellor Actor: Roberto Farías\, Alfredo Castro\, Alejandro Goic\, Alejandro Sieveking\, Jaime Vadell e Marcelo Alonso\n\n\n\nPremio da Crítica: Pablo Larraín\n\n\n\n\n\nAustin Fantastic Fest: Mellor Película\n\n\n\nFestival Internacional de Cine de Helsinki\, Premio do Público\n\n\n\nFestival de Cine de Lima: Mellor Película\n\n\n\nPremios Caleuche\n\nMellor Actor de Reparto: Roberto Farías\n\n\n\nMellor Actriz de Reparto: Antonia Zegers\n\n\n\n\n\nPremio Pedro Sienna\n\nMellor Longametraxe de Ficción\n\n\n\nMellor Dirección\n\n\n\nMellor Montaxe: Sebastián Sepúlveda\n\n\n\nMellor Música Orixinal:  Carlos Cabezas\n\n\n\nMellor Guion: Guillermo Calderón\, Daniel Villalobos e Pablo Larraín\n\n\n\nMellor Interpretación Secundaria Feminina: Antonia Zegers\n\n\n\n\n\n(Datos extraídos de Galipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-el-club
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-11-CineElClub.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260225T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260225T210000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260220T101048Z
LAST-MODIFIED:20260220T101051Z
UID:4671-1772047800-1772053200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Presentación de curtametraxes
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico organiza unha nova noite de curtas coa presentación de Plumas e Réxime\, da realizadora Bea Saiáns\, e A cámara subversiva: filmando a muller no parto\, de Adriana Páramo. Presenta Mariana Carballal. O acto terá lugar o mércores 25 de febreiro\, a partir das 19.30 horas\, no salón Ateneo-Vitruvia (rúa Reconquista 7).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-presentacion-de-curtametraxes
LOCATION:Galicia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/02/2026-02-25-NoiteDeCurtas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260226T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260226T210000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260117T175054Z
LAST-MODIFIED:20260302T172335Z
UID:4655-1772134200-1772139600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O Rei Sabio
DESCRIPTION:O rei sabio. Un príncipe cristián\, a Iberia musulmá e as orixes do Renacemento. Quen? Simon Doubleday (autor do libro)\, Miguel Giadás (tradutor)\, Helena de Carlos (Profesora de Latín da USC e directora da colección Kátaba). Cando? Xoves 26 de febreiro. Onde? Na biblioteca da Emao (García Barbón 5). \n\n\n\n\n\n\n\nO rei sabio\n\n\n\n“Este libro non só é a versión en lingua galega da edición orixinal en inglés. Supón unha posta ao día que ten en conta os últimos estudos sobre Afonso o Sabio\, especialmente os referidos á relación do Rei con Galiza. Trátase dunha biografía de Afonso\, o rei filósofo do século XIII\, e da súa fascinación pola cultura islámica\, que deixou unha pegada indeleble na civilización occidental.Simon Doubleday traza a historia da vida e da época do rei\, penetrando o seu mundo emocional e amosando como a intensa admiración do monarca pola rica cultura islámica da península Ibérica facilitou o camiño para o Renacemento europeo“.(Da ficha do libro na sección de publicacións da web da USC. Nesta ficha pódese descargar de xeito gratuíto a versión dixital do libro. \n\n\n\nSimon Doubleday\n\n\n\nSimon Richard Doubleday é profesor de Historia (Medieval) na USC e investigador no Centro de Investigación Interuniversitario de los Paisajes Atlánticos Culturales (CISPAC)\, no grupo de investigación EcoPast.É Profesor Distinguido Beatriz Galindo na Área de Historia Medieval. Recibiu o seu grao en Historia na Universidade de Cambridge (Reino Unido) e o seu doutoramento en Historia Medieval na Universidade de Harvard (Estados Unidos). É director da Journal of Medieval Iberian Studies e foi presidente da Asociación Americana de Historiadores Investigadores de España Medieval (AARHMS). Recibiu dúas bolsas individuais da National Endowment for the Humanities (2020-21) e unha da Fundación John Simon Guggenheim (2022-23).A súa investigación céntrase na historia social e política da Península Ibérica medieval. Os seus libros inclúen unha biografía de Afonso o Sabio\, The Wise King: A Christian Prince\, Muslim Spain\, and the Birth of the Renaissance (Basic Books\, 2015). Tamén é autor de The Lara Family: Crown and Nobility in Medieval Spain (Harvard University Press\, 2001)\, polo que recibiu o Premio Lawrence A. Stessin ao Mérito Académico Sobresaínte de Hofstra. The Kingdom of León and Galicia under Queen Sancha and King Fernando I\, coescrito con Bernard F. Reilly\, foi publicado pola University of Pennsylvania Press en 2024.(Da ficha do autor no portal de investigación da USC). \n\n\n\nMiguel Giadás Quintela\n\n\n\nMiguel Giadás é profesor da Facultade de Filoloxía da USC\, Departamento de Filoloxía Clásica\, Francesa e Italiana. Traballa no Instituto de Investigación de Humanidades (iHUS) da USC\, na área de Filoloxía Latina\, no Grupo de investigación: SIFC Síncrisis\, Investigación en Formas Culturais.Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese As Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa (libros I-IV) estudo e edición 2023. Dirixida por Dra. Helena de Carlos Villamarín.Profesor Axudante Doutor na área de Filoloxía Latina na USC dende setembro de 2025. Cursou o Grao en Filoloxía Clásica (2012-2016) e o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato\, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas (2016-2017) na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse nesta mesma universidade no ano 2023 coa tese titulada “As Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa (libros I-IV): estudo e edición” dentro do Programa de doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia. Desenvolve o seu labor investigador dentro do campo da historiografía baixo medieval hispana escrita en lingua latina e\, especialmente\, arredor da obra Cronice ab origine mundi de Gonzalo de Hinojosa e o seu estudo de fontes. Ten participado en numerosos congresos internacionais de renome e publicado en revistas de alto prestixio como\, por exemplo\, Revista de Poética Medieval\, Myrtia ou Cuadernos de Filología Clásica: Estudios Latinos. Así mesmo\, é o tradutor do primeiro volume da colección “Kátaba. Estudos Medievais” que leva por título “O Rei Sabio: Un príncipe cristián\, a Iberia musulmá e as orixes do Renacemento” de autoría do profesor Simon R. Doubleday. Realizou dúas estadías de investigación\, a primeira na École Normale Supérieure de Lyon\, baixo a supervisión do profesor Carlos Heusch (marzo-maio 2019)\, e a segunda no Department of Classics da Columbia University\, baixo a supervisión de Carmela Vircillo Franklin (outubro 2024-agosto 2025).(Da ficha de Miguel Giadás no portal de Investigación da USC) \n\n\n\nHelena de Carlos Villamarín\n\n\n\nHelena de Carlos é Catedrática na área de Filoloxía Latina\, na Facultade de Filoloxía da USC\, no  Departamento de Filoloxía Clásica\, Francesa e Italiana. Grupo de investigación: SIFC Síncrisis\, Investigación en Formas Culturais.É Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Las Antigüedades de España fundadores y reyes míticos en la literatura medieval 1992. Dirixida por Dr. José Manuel Díaz de Bustamante.Especializada en estudos sobre a latinidade medieval\, levou a cabo as súas investigacións en cidades como Lisboa\, Múnic e Florencia. Colaborou en diversas publicacións como Nordés\, Festa da Palabra Silenciada\, Dorna\, Ólisbos e Alquimia.Como poeta ten publicados: Alta casa (1996). Culleredo: Espiral Maior.n1999 (2001). Xerais. Aracné 3 (2006). Antoloxía\, Concello de Santiago de Compostela. Vigo (2007). Vigo: Galaxia. Imago (2023). Faktoría K.Recibiu o Premio da Crítica da Poesía Galega en 2007 por Vigo.Como ensaísta ten publicado: Las antigüedades de España: fundadores y reyes míticos en la literatura medieval (1993). Universidade de Santiago de Compostela. Las antigüedades de Hispania (1996). Spoleto : Centro italiano di studi sull’alto Medioevo.Traducións: Consolación da filosofía\, de Boecio\, (2005). Vigo: Galaxia\, Clásicos en Galego. Utopía\, de Tomás Moro (2011). Universidade de Santiago de Compostela).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-rei-sabio
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-19-Afonso-X.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260303T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260303T210000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260227T171333Z
LAST-MODIFIED:20260227T171336Z
UID:4701-1772566200-1772571600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saíndo do cuarto da costura
DESCRIPTION:Novo acto do Ateneo Atlántico. Título: Saíndo do cuarto da costura. Arquitectura con perspectiva de xénero. Quen? A arquitecta María Carreiro; conversa con Silvia Pérez Freire e Amada Traba. Cando? O martes 3 de marzo de 2026 a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da cultura (entrada pola prada da Princesa) \n\n\n\n\n\n\n\nMaría Carreiro\n\n\n\nMaría Carreiro (Ourense\, 1961) é doutora en arquitectura pola Universidade da Coruña\, UDC. Profesora na área de Proxectos Arquitectónicos na ETS de Arquitectura da UDC. Forma parte do grupo GAUS\, Grupo de Arquitectura y Urbanismo Sostenible.Desde 1989\, é arquitecta asociada na orde profesional dos arquitectos mccl.Autora e editora de varios libros e artigos\, así como ponente en diferentes congresos\, simposios e conferencias. Escribe para a prensa diaria artigos de opinión e sobre cuestións actuais relacionadas coa arquitectura\, o urbanismo e/ou o xénero.Entre os sus libros cómpre reseñar El pliegue complex. La escalera y Siete escaleras\, sete casas; ou\, en colaboración con Cándido López\, Milagros Rey Hombre\, 1930-2014. Memorias e proxectos de unha arquitecta pioneira.Participou como autora e editora noutras publicacións como Arquitectas pioneiras de Galicia. Ocho entrevistas\, Entre-lugares: las fronteras domésticas\, o La casa. Piezas\, ensambles y estrategias.(Datos como ponente na 6ª ICAG (VI International Conference on Architecture and Gender) da UPV)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saindo-do-cuarto-da-costura
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/02/2026-03-03-ArquitecturaXenero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260304T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260304T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260227T165222Z
LAST-MODIFIED:20260227T165224Z
UID:4690-1772649000-1772656200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL. Nones Araújo
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de febreiro (xuntanza 4 de marzo)\, é A Madriña\, da nosa compañeira Nones Araújo. O libro foi gañador da I Edición do Premio de Novela Curta “Alén” do Concello de Ares (2025). Para a xuntanza que comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita) temos comprometida a presenza da autora.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-nones-araujo
LOCATION:Local Ateneo\, Hernán Cortés 28 Baixo D\, Vigo\, Galicia\, 36203\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/02/2026-03-04-CdeLNones.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260307T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260307T133000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260227T172405Z
LAST-MODIFIED:20260227T172408Z
UID:4705-1772881200-1772890200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Percorrido urbano. Pacewicz
DESCRIPTION:O vindeiro sábado 7 de marzo\, e da man de Rosa Saenz\, realizaremos un novo percorrido urbano pola nosa cidade. Neste caso será tras os pasos do arquitecto Michel Pacewicz (1843-1921). O punto de reunión será un dos edificios paradigmáticos de Pacewicz: o Moderno\, na Porta do sol. Iniciaremos a andaina ás 11 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nStefan Michel Jean Pacewicz Durand naceu en Château-Gontier en 1843 e morreu en Vigo en 1921.Este arquitecto francés de ascendencia polaca deseñou moitos dos mellores edificios da cidade entre 1897 e 1918.Comezaremos a visita na Porta do Sol\, fronte ao edificio Moderno\, e remataremos no cruzamento das rúas Urzaiz e Gran Vía.Duración aproximada: 2\,5 horas
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/percorrido-urbano-pacewicz
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/02/2026-03-07-PercorridoPacewicz.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260309T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260309T210000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260227T203110Z
LAST-MODIFIED:20260305T142104Z
UID:4711-1773086400-1773090000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Intelixencia e creación
DESCRIPTION:Presentación do libro de Carlos López Bernárdez: Intelixencia e creación\, a obra plástica de Francisco Miguel.Quen? O autor Carlos López Bernárdez estará acompañado por Pepe Carreiro. Cando? Luns 9 de marzo ás 20.00 h. Onde? Fundación Euseino? (Rúa de México 37\, baixo Esda. A). \n\n\n\n\n\n\n\nIntelixencia e creación\n\n\n\nFrancisco Miguel (A Coruña\, 1897- Bértoa\, Carballo\, 1936) foi unha figura central na arte galega das primeiras décadas do século XX. Detido tras o golpe de xullo de 1936\, foi asasinado polos sublevados fascistas\, aparecendo o seu corpo o 28 de setembro de 1936 en Bértoa (Carballo).O seu traballo artístico foi realizado entre os anos finais da década dos 10 e o ano do seu asasinato. Nos primeiros anos vinte\, ligado ao núcleo coruñés que dará orixe á revista Alfar\, desenvolve unha linguaxe afín á modernidade que se espalla polas revistas ultraístas\, interesado por captar o ritmo e o dinamismo\, de influxo futurista\, e polas tendencias formais planimétricas.(Da ficha do libro na na web de Edicións Laiovento ). \n\n\n\nCarlos López Bernárdez\n\n\n\nCarlos López Bernárdez (Vigo\, 1958) é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións. Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento Faro da Cultura do Faro de Vigo e en Sermos\, suplemento de Nós Diario.(Da ficha do libro na na web de Edicións Laiovento ). \n\n\n\nPepe Carreiro\n\n\n\nXose Carreiro Montero (Vigo\, 1954) é un humorista gráfico\, debuxante e guionista de banda deseñada\, coñecido por ser o creador da serie infantil Os Bolechas. Traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo\, fundou con outros socios unha axencia propia e ten un estudio propio dende os anos 90.(Da ficha na Wikipedia ).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/intelixencia-e-creacion-a-obra-plastica-de-francisco-miguel
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/02/2026-03-09-Intelixencia-1200x900a.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260311T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260311T213000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260305T130235Z
LAST-MODIFIED:20260305T140322Z
UID:4735-1773257400-1773264600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. ADAM
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o filme ADAM\, da directora marroquí Maryam Touzani. Cando? Mércores 11 de marzo\, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Multicines Norte (Vía Norte 22) \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nAdam es una película de drama marroquí de 2019 dirigida por Maryam Touzani.\n\n\n\nArgumento: Samia\, es una joven madre soltera embarazada que busca trabajo y es acogida por una panadera viuda llamada Abla. La película se inspiró en una situación similar que experimentó Touzani cuando sus padres acogieron a una embarazada en Tánger durante varios días en una época en la que estar embarazada siendo soltera era ilegal en Marruecos.\n\n\n\nReparto: Lubna Azabal como Abla\, Nissrine Erradi como Samia\, Douae Belkhaouda como Warda\, Aziz Hattab como Slimani\, Hasnaa Tamtaoui como Rkia.\n\n\n\nRecepción e premios: Se proyectó en la sección Un Certain Regard del Festival de Cine de Cannes 2019. Fue seleccionada como la entrada marroquí al Mejor Largometraje Internacional en los 92.° Premios de la Academia\, pero no fue nominada.\n\n\n\n(Datos extraídos da Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-adam
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-03-11-Cin-Adam-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260317T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260317T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260313T003255Z
LAST-MODIFIED:20260315T231620Z
UID:4767-1773775800-1773779400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Discurso da servidume voluntaria
DESCRIPTION:Presentación do libro de Étienne de La Boétie: Discurso da servidume voluntaria.Quen? O tradutor Claudio López Garrido estará acompañado por Fernando Ramallo. Cando? Martes 17 de marzo ás 19.30 h. Onde? Local Ateneo (r/ Hernán Cortés 28 baixo). \n\n\n\n\n\n\n\nDiscurso da servidume voluntaria\n\n\n\nNum tempo em que a liberdade se dissolve entre o consumo\, a apatia e a despolitizaçom\, este livro recupera umha pergunta incómoda formulada no século XVI por Étienne de La Boétie: por que é que os povos obedecem — e até luitam — pola sua servidume? A resposta\, tam lúcida quanto perigosa\, revela que a tirania nom se impom pela força\, mas sí polo consentimento dos governados. O hábito\, as distraçons e uma pirámide de cumplicidades tornam a opressom num sistema aceitável. \n\n\n\nClaudio López Garrido reconstrói a história do Discurso da Servidume Voluntária e atualiza a sua interpelaçom para o presente: hoje\, o domínio assume formas mais subtis\, como o poder corporativo ou o «tecno- feudalismo». Face a isto\, La Boétie propom uma soluçom radical e moderna: a desobediéncia civil nom violenta como caminho para recuperar a liberdade. \n\n\n\nMas do que um ensaio político\, esta obra extraordinária é um apelo à consciência individual e coletiva\, um espelho que\, quase cinco séculos depois\, continua a devolver umha imagem perturbadora e uma pergunta essencial: por que obedecemos? \n\n\n\n(Da ficha do libro na na web de Edicións Laiovento ). \n\n\n\nÉtienne de La Boétie\n\n\n\nÉtienne de La Boétie (1530–1563) foi um humanista precoce e pensador radical. Aos dezoito anos escreveu o Discurso da Servidume Voluntária\, obra breve e fulgurante que questiona por que os povos obedecem aos tiranos. A sua voz lúcida proclama que a liberdade nom se concede: reconquista-se. Amigo íntimo de Michel Montaigne\, que o chamou «metade de si mesmo»\, La Boétie tornou-se símbolo da resistência intelectual e da dignidade humana. O seu Discurso inspirou geraçons de pensadores libertários\, republicanos e anarquistas\, e continua a interpelar a consciência crítica e a vontade de emancipaçom. \n\n\n\n(Da ficha do libro na na web de Edicións Laiovento ).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/discurso-da-servidume-voluntaria
LOCATION:Local Ateneo\, Hernán Cortés 28 Baixo D\, Vigo\, Galicia\, 36203\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2023-03-17-Discurso-Servidume-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260324T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260324T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260315T235321Z
LAST-MODIFIED:20260320T172645Z
UID:4794-1774380600-1774384200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Taller de teatro
DESCRIPTION:Presentación do programa do próximo Taller de teatro que se desenvolverá no Ateneo. O programa comprenderá; Formacion do actor/ actriz (2 sesións); O texto dramatúrxico (2 sesións); Inprovisacións teatrais (8 sesións). O grupo será de 4 a 12 persoas con compromiso de asistencia. O taller desenvolveráse en días e horas a concretar. Quen? Maribel González Muñoz. Cando? Martes 24 de marzo a partir das 19.30 horas. Onde? Nos locais do Ateneo (Rúa de Hernán Cortés 28\, Baixo)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/taller-de-teatro
LOCATION:Local Ateneo\, Hernán Cortés 28 Baixo D\, Vigo\, Galicia\, 36203\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-03-24-TallerTeatro-1600x900-2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260325T090000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260325T100000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260312T233607Z
LAST-MODIFIED:20260320T221206Z
UID:4760-1774429200-1774432800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Memoria democrática 3
DESCRIPTION:A represión franquista nos campos de concentración. Ciclo Memoria democrática. Vítimas da Guerra Civil e da ditadura na provincia de Pontevedra. Mesa con: Cristina Caramés (IDEC) e Xosé Manuel Domínguez Freitas (Asociación Camposancos); presenta Rosa Pascual. Proxectarase o video sobre Camposancos. Cando? Mércores 25 de marzo a partir das 9.00 horas. Onde? Nos locais do IES Politécnico de Vigo (Rúa do Conde de Torrecedeira\, 88\, 36208 Vigo\, Pontevedra).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-memoria-democratica-3
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,memoriaDemocratica
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-03-24-MemoriaDemocratica3-1600x900-3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260325T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260325T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260319T114026Z
LAST-MODIFIED:20260320T123701Z
UID:4808-1774467000-1774470600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Dereitos humanos e cine
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar a sesión Dereitos humanos e cine. Noite de curtas con Eduardo Soutullo. Quen? Eduardo Soutullo. Cando? Mércores 25 de marzo\, a partir das 19.30 horas. Onde? No Vitruvia Café (Rúa da Reconquista\, 7\, 36201 Vigo\, Pontevedra) \n\n\n\n\n\n\n\nDereitos humanos e cine. Noite de curtas\n\n\n\n\nFons Vitae\, a new era for the planet\n\n\n\nSongs after a revolutión\n\n\n\nA Ukranian trojan horse enter Russia\n\n\n\nKindertotenlieder für die dinder in Auschwitz\n\n\n\n\nEduardo Soutullo\n\n\n\nEduardo Soutullo\, nado en Vigo o 16 de maio de 1968\, é un compositor de música galego. Foi Premio Nacional de Música 2023\, do Ministerio de Cultura\, polo “unánime recoñecemento internacional da súa música\, especialmente a súa produción orquestral destacando a estrea en San Petersburgo da súa cantata contra a guerra “O lamento dos xirasoles” \n\n\n\n(Datos extraídos da Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-dereitos-humanos-e-cine
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-03-25-CinemAteneo-Dereitos-Humanos-1600x900-2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260326T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260326T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260320T120953Z
LAST-MODIFIED:20260320T123859Z
UID:4816-1774553400-1774557000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saídas xeolóxicas arredor da Ría de Vigo
DESCRIPTION:Presentación do programa das próximas Saídas xeolóxicas arredor da Ría de Vigo. Quen? Oscar Pazos Rodríguez\, nado en Vigo e licenciado en Xeoloxía. Cando? Xoves 26 de marzo a partir das 19.30 horas. Onde? Nos locais doAteneo (Rúa de Hernán Cortés 28\, Baixo) \n\n\n\n\n\n\n\nOscar Pazos Rodríguez\n\n\n\nOscar Pazos Rodríguez\, nado en Vigo en 1967\, licenciado en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo\, mestrado en Recursos Naturais e Medio Ambiente\, son actualmente investigador-doutorando no Departamento de Estudos do Património da FLUP- Universidade de Porto\, alén de membro da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural)\, a SEDPGYM (Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero) e a Comisión de Geoarquelogía da SGE. Profesionalmente teño traballado como técnico de xeofísica de resistividade e consultor\, nomeadamente en medio ambiente\, xeotecnia e xeopatrimonio. \n\n\n\nPrecisamente\, foi a partir dos traballos e investigacións sobre a minaria galaico-romana do ouro que comecei coa divulgación e a guiar roteiros sobre o tema. En 2018 publiquei A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia (Aterra Libros)\, cunha nova edición ampliada en 2023\, e coa publicación de 29 Xeolugares arredor da ría de Vigo en 2024 comecei a divulgación do moi diverso xeopatrimonio que temos máis perto\, procurando contribuir ó recoñecemento e conservación da terra que habitamos mediante o coñecemento dela.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saidas-xeoloxicas-arredor-da-ria-de-vigo
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,presentacions,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-03-26-Saidas-xeoloxicas-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260408T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260408T193000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260309T125810Z
LAST-MODIFIED:20260313T010321Z
UID:4747-1775673000-1775676600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL marzo: El recurso del método
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de marzo (xuntanza 8 de abril)\, é “El recurso del método” do escritor cubano Alejo Carpentier. O libro foi publicado en 1974 e adscrito ao subxénero da literatura hispanoamericana coñecido como novela do ditador. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita). \n\n\n\n\n\n\n\nEl recurso del método\n\n\n\n“El recurso del método” preséntanos a historia do ditador dun arquetípico país hispanoamericano\, pero a época na que transcorre resulta a que o propio Carpentier coñeceu\, e moitos dos feitos da Habana dos anos 20 están transcritos case con exacta fidelidade. O espazo xeográfico resulta\, con todo\, unha invención tremendamente particularizada\, síntese de diversos países latinoamericanos\, que conforma un imaxinario xeográfico co que o lector debe familiarizarse para seguir e comprender as peripecias narrativas. \n\n\n\n(Da ficha do libro na web de La Casa del Libro) \n\n\n\nAlejo Carpentier\n\n\n\nAlejo Carpentier Valmont\, nado o 26 de decembro de 1904 e finado o 24 de abril de 1980\, foi un novelista e narrador cubano que influíu notablemente na Literatura latinoamericana desde mediados do século XX en adiante. Foi o criador do concepto literario real-marabilloso na súa novela “El reino de este mundo” precursor do realismo fantástico. \n\n\n\nEstá considerado un dos artífices da renovación da literatura latinoamericana\, particularmente a través do seu estilo\, incorporando todas as dimensións posibles da imaxinación (soños\, mitos\, maxia e relixión) na súa concepción da realidade literaria. Foi proposto para o Premio Nobel de Literatura. \n\n\n\nFoi amais xornalista\, profesor da universidade\, diplomático e musicólogo sendo esta\, a música\, a súa meirande paixón; a pesar de ter sido a literatura a que le deu sona a nivel mundial. \n\n\n\n(Da ficha do autor na Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-marzo-el-discurso-del-metodo
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-04-08-Carpentier-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260413T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260413T210000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260402T214849Z
LAST-MODIFIED:20260408T114529Z
UID:4863-1776108600-1776114000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O profesor Xesús Alonso Montero é a súa obra
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar esta homenaxe ao profesor Xesús Alonso Montero recentemente falecido.  Quen? Xina Vega\, Patricia Arias\, Estro Montaña\, José Gómez Alén e Cesar Cunqueiro; presenta Luísa Abad. Cando? Luns 13 de abril\, ás 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO\, en García Barbón 5. (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nXesús Alonso Montero\n\n\n\nXesús Alonso Montero\, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928 e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2026\, foi un ensaísta\, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega\, catedrático de Literatura galega\, sociolingüista\, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017 e socio de honrra do Ateneo Atlántico.  \n\n\n\nA súa carreira profesional foi moi ampla e diversa: foi profesor de Lingua e Literatura Española\, profesor e catedrático de Literatura Galega\, destacou no campo da sociolingüística\, realizou e publicou estudos sobre escritores galegos\, fixo achegas nos ámbitos da poesía popular e os poetas alófonos en galego\, sobre autores da literatura española e portuguesa\, e realizou colaboracións na prensa galega. Destaca tamén o seu papel como conferenciante\, con múltiples palestras en Galicia\, en España e en América. \n\n\n\nAdemais de profesor e investigador\, presidiu o Foro pola Memoria Republicana de Galicia e sempre presumiu de ser comunista afiliándose ao Partido Comunista o 1 de maio de 1962. En 2025 fixo unha doazón do seu arquivo documental á Fundación Penzol de Vigo. \n\n\n\nXesús Alonso Montero finou en Vigo o xoves 12 de febreiro de 2026 á idade de 97 anos. Os medios de comunicación e redes sociais déronlle moita importancia á noticia. A súa despedida foi o sábado 14 cun acto civil no cemiterio de Pereiró a onde se achegaron figuras da cultura e política galegas\, amigos e exalumnos. Dirixiu a cerimonia a súa filla Sara Alonso Pimentel. Acompañou o cadaleito unha bandeira comunista e proxectáronse fotos e leronse poemas. Os asistentes cantaron a «Internacional» cumprindo o desexo do finado. \n\n\n\n(Resumo da ficha da Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-profesor-xesus-alonso-montero-e-a-sua-obra
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-13-XAMontero-1600x900b.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260414T125000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260414T135000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260319T103047Z
LAST-MODIFIED:20260408T114250Z
UID:4803-1776171000-1776174600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Memoria democrática 4
DESCRIPTION:Ciclo Memoria democrática. Regreso á Illa de San Simón. Presentación Banda Deseñada. Quen? Kiko Dasilva; presenta Lourdes García Vázquez. Cando? Martes 14 de abril a partir das 12.50 horas. Onde? IES O Castro (Rúa José Gómez Posada Curros\, 1\, 36203 Vigo\, Pontevedra). (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nO comic\n\n\n\nRegreso á illa de San Simón é un cómic promovido pola Deputación de Pontevedra que ten o obxectivo de achegar aos mozos o relato dos feitos ocorridos durante os anos da ditadura\, a represión e as súas consecuencias na provincia. A obra\, titulada ‘Regreso á Illa de San Simón’\, foi coordinada polo debuxante Kiko Da Silva e reúne o traballo de 13 autores e autoras formados na escola do Garaxe Hermético\, quen creou diversas historias ambientadas na illa da ría de Vigo entre 1936 e 1943. ‘É un traballo coral’\, explica Da Silva\, ‘porque o que sucedeu en San Simón foi tamén unha traxedia colectiva que nos afectou e séguenos afectando a todos’. Ademais\, destaca as posibilidades que ofrece o cómic para chegar a un público que\, polo xeral\, non ten moita conexión coa memoria histórica. \n\n\n\n(Da ficha do libro na web de  MiwComics ) \n\n\n\nKiko Dasilva\n\n\n\nFrancisco Javier da Silva Irago\, coñecido artisticamente como Kiko Da Silva\, nado en Vigo o 20 de xuño de 1979\, é un autor de banda deseñada historietista\, ilustrador e director editorial galego. \n\n\n\nXa de novo\, con 17 anos\, acadou o premio Ourense de Banda Deseñada ó mellor autor afeccionado. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo\, na facultade de Pontevedra. \n\n\n\nEn 2002 comezou a publicar a serie Fiz nos biosbardos no semanario infantil Golfiño\, distribuído por La Voz de Galicia\, con historietas autoconclusivas dunha páxina a cor. Fiz\, o protagonista\, era un cativo cunha estraña afección aos residuos orgánicos. \n\n\n\nDirixe a revista de historietas semestral BD Banda\, \n\n\n\n(Da ficha da web da Wikipedia )
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-memoria-democratica-4
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,memoriaDemocratica
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-04-14-MemoriaDemocratica4-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260415T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260415T210000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260405T214522Z
LAST-MODIFIED:20260408T152816Z
UID:4902-1776281400-1776286800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Yalda\, la nuit du pardon
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o filme Yalda\, la nuit du pardon\, do director iraniano Massoud Bakhshi. Cando? Mércores 15 de abril\, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Multicines Norte (Vía Norte 22) (Pendente de completar) \n\n\n\n\n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nYalda\, unha noite de perdón é unha película iraniana de 2019 dirixida por Massoud Bakhshi\, unha sátira aos medios de comunicación e a súa sensacionalismo\, a determinados programas de televisión ou reality que se converten en xuízos e imparten a lei do Talión. \n\n\n\nArgumento.- A historia baséase nun famoso reality show de televisión iraniana. Maryam\, unha moza de 22 anos\, condenada polo asasinato do seu marido moito maior (65 anos) enfróntase aos familiares da vítima \n\n\n\nRepartición.- Sadaf Asgari: Maryam\, Behnaz Jafari: Mona\, Babak Karimi: Ayat\, Arman Darvish: Omid\, Fereshteh Sadre Orafaiy: Mutter. \n\n\n\nPremios.- A película gañou o Gran Premio do Jurado no World Cinema Dramatic Competition e foi nomeada ao Gran Premio no Festival de Cine de Sundance 2020\, e ao Mellor Guion no Sofia International Film Festival. \n\n\n\n(Datos extraídos dá Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-yalda-la-nuit-du-pardon
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-15-CinemAteneo-Yalda-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T200000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260402T221158Z
LAST-MODIFIED:20260408T153133Z
UID:4874-1776366000-1776369600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Combate de versos. Yolanda López. El Ring / O Ring
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro El Ring / O Ring de Yolanda López. Quen? A autora estará acompañada de: Luísa Abad\, Toñi Caseiro\, María Villar\, Nila A. Pousa\, Aarón F. Outón e Elena Lameiro. Cando? Xoves 16 de abril\, ás 19.00 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO\, en García Barbón 5. (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nComposición en dezasete asaltos e un desempate a modo de puxilato poético onde os rounds se gañan en versos ousados\, de metafórica superior e fulgurantes símiles en versos rotundos e cortados a cantil. Cada un deles está encabezado por un elemento representativo do deporte do boxeo: o locutor\, a corda\, a luva\, até desembocar na caída\, o tabique\, o animal de tiro\, o punto de fuga. Percébese paralelismo entre boxeo e xedrez para enfatizar a loita contra un mesmo e a soedade até chegar ao triunfo do eu grazas á resiliencia ante a dor\, o que leva á arte de vencer\, o xaque mate á morte e á tristeza. \n\n\n\nPoesía de identidade\, de loita\, vangardista\, rompedora\, onde predomina un estilo expresionista\, surrealista\, onírico\, de elevada intensidade. A poesía como espello do oculto que ao remate da batalla sae á luz. O salto ao cuadrilátero para vencer ás adversidades da vida.(Da ficha do libro en Editorial Olé Libros) \n\n\n\nA autora\n\n\n\nYolanda López López\, foi nada en Ourense o 13 de abril de 1976\, é unha escritora\, pintora e tradutora galega. É Licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnica Superior en Turismo\, obtivo o Diploma en Estudos Avanzados (DEA) e publicou a tesiña sobre a escritora norteamericana sureña Eudora Welty. Traballou como guía e informadora turística e foi docente no ensino medio e universitario. Estudou pintura e participou en exposicións individuais e colectivas. Colaborou en xornais e medios diversos con artigos de opinión e de investigación\, recensións\, poemas e relatos.(Da ficha na web da Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/combate-de-versos-yolanda-lopez-el-ring-o-ring
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-16-Ring-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260418T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260418T130000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260408T144907Z
LAST-MODIFIED:20260421T125904Z
UID:4931-1776506400-1776517200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída xeolóxica por Canido
DESCRIPTION:Iniciamos unha serie de roteiros pola contorna de Vigo para descubrir elementos da xeoloxía xeral dende o inicio dos tempos e o coñecemento do ciclo mineiro galaico romano do ouro. Para elo contamos con Oscar Pazos\, xeólogo e investigador. Mestrado en recursos naturais e medio ambiente. \n\n\n\nA primeira saída será o sábado 18 de abril pola baixamar de Canido. Inicio na praia da Calzoa ás 10.00 h da  mañán (esta pendente de completar o punto de encontro) duracion 3 horas. Custo 8 euros por persoa. (Contido pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nOscar Pazos\n\n\n\nOscar Pazos Rodríguez\, nado en Vigo en 1967\, licenciado en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo\, mestrado en Recursos Naturais e Medio Ambiente\, son actualmente investigador-doutorando no Departamento de Estudos do Património da FLUP- Universidade de Porto\, alén de membro da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural)\, a SEDPGYM (Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero) e a Comisión de Geoarquelogía da SGE. Profesionalmente teño traballado como técnico de xeofísica de resistividade e consultor\, nomeadamente en medio ambiente\, xeotecnia e xeopatrimonio. \n\n\n\nPrecisamente\, foi a partir dos traballos e investigacións sobre a minaria galaico-romana do ouro que comecei coa divulgación e a guiar roteiros sobre o tema. En 2018 publiquei A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia (Aterra Libros)\, cunha nova edición ampliada en 2023\, e coa publicación de 29 Xeolugares arredor da ría de Vigo en 2024 comecei a divulgación do moi diverso xeopatrimonio que temos máis perto\, procurando contribuir ó recoñecemento e conservación da terra que habitamos mediante o coñecemento dela. \n\n\n\nO ciclo de roteiros xeolóxicos pola contorna de Vigo e comarca\n\n\n\n– Presentación do ciclo de Saídas xeolóxicas arredor da Ría de Vigo e comarca (26.03.2026) \n\n\n\n– Beiramar de Coruxo – Vigo (18.04.2026) \n\n\n\n– Monte Vixiador entre Candeán e Trasmañó (Vigo – Redondela) \n\n\n\n– Galiñeiro Chaín/ Morgadáns – Gondomar \n\n\n\n– Monteferro en Panxón – Nigrán \n\n\n\n– Mina galaico romana de A Lagoa en Bargela – Arbo \n\n\n\n– Mina galaico romana de As Bornas en Tabagón – O Rosal \n\n\n\n(Pendente de completar !)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-xeoloxicas-por-canido
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-05.16-SaidaXeo-Vixiador-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260421T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260421T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260405T190906Z
LAST-MODIFIED:20260422T115622Z
UID:4891-1776799800-1776803400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Espantallos 2012 - 2025. Visita comentada
DESCRIPTION:Visita comentada á exposición fotográfica Espantallos 2012 – 2025 de Manuel Sendón.  Quen? O propio fotógrafo Manuel Sendón. Cando? Martes 21 de abril\, ás 19.30 horas. Onde? Na Fundación Laxeiro en Rúa Policarpo Sanz\, 15\, Vigo. (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nManuel Sendón\n\n\n\nManuel Sendón Trillo\, nado na Coruña o 11 de xuño de 1951\, é un profesor\, fotohistoriador e fotógrafo galego\, residente en Vigo. \n\n\n\nÉ licenciado en Matemáticas\, doutor en Belas Artes e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. En 1984 creou con Xosé Luis Suárez Canal o Centro de Estudos Fotográficos (CEF)\, entidade que dirixiu a Fotobienal de Vigo dende 1984 ata o 2000. Sendón e Canal son autores de varios libros sobre fotógrafos históricos galegos e arquivo. \n\n\n\n(Da ficha na web da Wikipedia) \n\n\n\nFotos do acto
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/espantallos-2012-2025-visita-comentada
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,fotografia,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-21-Expo-Sendon-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260422T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260422T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260312T235740Z
LAST-MODIFIED:20260315T231454Z
UID:4762-1776886200-1776889800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Agora non é antes
DESCRIPTION:Presentación do libro de Antón Baamonde: Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila.Quen? O autor Antón Baamonde estará acompañado por Manolo Bragado\, Xavier Martínez Covas e Teresa Táboas. Cando? Mércores 22 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón\, 5\, 36201 Vigo\, Pontevedra). (Pendente de completar ! ) \n\n\n\n\n\n\n\nAgora non é antes. \n\n\n\nAgora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila le Galicia doutra maneira. \n\n\n\nCombater os clixés\, transformar o modo en que nos imaxinamos\, abandonar as retóricas da pasividade\, enfocar o país dun modo máis plausible\, é o que propón este libro. \n\n\n\nGalicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e\, á vez\, entrando nun momento crucial da súa historia. Na acelerada e tormentosa inflexión mundial que se está producindo haberá unha nova oportunidade? Sería posible unha revolución tranquila? Sería posible que o fenomenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas décadas abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un camiño propio\, un modelo de modernización coherente\, unha nova narrativa colectiva? Sería posible\, indo máis aló\, unha Galicia que axude a construír unha España policéntrica e un pacto federal\, integrada na UE? \n\n\n\n(Da ficha do libro na na web de Editorial Galaxia ). \n\n\n\nAntón Baamonde\n\n\n\nAntón Baamonde (Vilalba\, 1959) é licenciado en Filosofía. Ensaísta e articulista\, é autor dunha obra onde o literario e o filosófico se funden en libros como Sobre o tempo (1990) e A rosa sen porqué (1997)\, publicadas en Editorial Galaxia. Heterodoxo de si mesmo\, intenta non repetirse\, por iso\, noutros traballos mirou pola fiestra o que pasaba e debuxou unha visión da sociedade galega: socioloxía a machado cunhas pingas de costumismo e leve ironía. \n\n\n\nDiletante e afeccionado ás venalidades e bagatelas\, pensa o que pensa\, e non o que os demais queren que pense. O seu último ensaio publicado en Editorial Galaxia foi Unha nova Olanda (2021)\, onde defende que as cidades son “un estado de ánimo”\, e propón un modelo de futuro para Galicia baseado na interconexión da súas urbes con Portugal. \n\n\n\nDa ficha do autor na na web de Editorial Galaxia ).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/agora-non-e-antes
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/03/2026-24-22-Agora-non-e-antes-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260423T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260423T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260413T121009Z
LAST-MODIFIED:20260426T194200Z
UID:4960-1776972600-1776976200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Recuperando as voces da marxe da historia
DESCRIPTION:Presentación do libro Ruth Matilda Anderson\, tradutora das marxes de Alba Rodríguez Saavedra. Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que operaron e operan para manter afastada do noso sistema a obra Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña\, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou.Quen? A autora Alba Rodríguez Saavedra estará presentada por Claudia Morán. Cando? Xoves 23 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Espazo Ateneo (Rúa Hernán Cortés 28 Vigo\, Pontevedra).  \n\n\n\n\n\n\n\nO Libro\n\n\n\nO libro presenta unha análise exhaustiva do país alicerzada na documentación histórica\, literaria e etnográfica\, reflíctese con claridade\, a través da cesión da palabra ás protagonistas\, a dureza da vida das mulleres rurais da altura\, así como o compromiso feminista de dúas escritoras paradigmáticas\, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. \n\n\n\nRuth Matilda Anderson\, investigadora\, fotógrafa\, tradutora e ensaísta\, reivindicou a Galicia do campesiñado\, das mulleres e da infancia\, trasladando unha visión complementaria á que tradicionalmente ofreceu a nosa historiografía canónica. \n\n\n\n(Da ficha do libro na web de Editorial Laiovento ). \n\n\n\nAlba Rodríguez Saavedra\n\n\n\nAlba Rodríguez Saavedra é tradutora\, editora técnica e integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. As súas liñas de estudo principais\, asentadas en feminismo e tradución\, céntranse na análise das manipulacións arredor da moura e da cailleach\, e o seu traballo de investigación A tradución das marxes como reivindicación das mulleres galegas. Elas\, as elididas\, a través de Ruth Matilda Anderson recibiu o Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma\, do Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña 2023. \n\n\n\n(Da ficha do libro na web de Editorial Laiovento ). \n\n\n\nO acto
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/recuperando-as-voces-da-marxe-da-historia
LOCATION:Local Ateneo\, Hernán Cortés 28 Baixo D\, Vigo\, Galicia\, 36203\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-23-Voces-marxe-da-historia-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260424T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260424T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260421T120233Z
LAST-MODIFIED:20260429T110039Z
UID:5023-1777059000-1777062600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Premio Primeiro de maio ao compromiso social e solidaridade
DESCRIPTION:A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo tivo a ben outorgar o Premio Primeiro de maio 2026 ao Ateneo Atlántico polo seu compromiso social e solidaridade na nosa cidade. O acto será o venres 24 ás 19.30 h. no Museo do Mar. (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nNova\n\n\n\nDesde o Ateneo Atlántico queremos compartir con vós este premio Primeiro de maio 2026 que nos concede Comisións Obreiras e convidarvos a acudir ao evento que será este venres 24 ás 19.30 h. no Museo do Mar. \n\n\n\nSaúdos \n\n\n\nA presidenta \n\n\n\n\n\nO acto\n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n. \n\n\n\n\n\n\n\n\n\nDiscurso de agradecemento de Luísa Abad\, presidenta do Ateneo Atlántico. \n\n\n\nBoas tardes a todas e todos. \n\n\n\nÉ unha enorme honra estar hoxe aquí recollendo este premio Primeiro de Maio Queremos agradecerllo sinceiramente a CCOO de Vigo. Representa para nós moito máis ca un recoñecemento: é un impulso para seguir traballando por unha sociedade máis xusta. \n\n\n\nEste agasallo que hoxe nos facedes\, pertence a todas as persoas que forman parte do Ateneo Atlántico. Para quen aínda non nos coñeza dicirvos que somos una asociación que volveu rebrotar na cidade filla doutros ateneos anteriores. Hai oito anos un grupo de amigas/os xuntouse e da súa feliz iniciativa xurdiu un vizoso Ateneo que nestes momentos temos o pracer de liderar entre outras as persoas que aquí estamos. \n\n\n\nDicirvos que temos diferentes comisión que van dende o club de lectura as proxeccións de cine pasando polo pensamento e debate\, o feminismo ou a cidade de Vigo. Tamén facemos visitas guiadas a exposicións e excursións para coñocer a nosa contorna e patrimonio . Ademais impulsamos o premio Exeria de relato curto. Este trimestre a nosa actividade estrela é un ciclo sobre a memoria democrática na provincia de Pontevedra. Estades convidados/as a participar nas actividades que promovemos e por suposto a facervos socias e socios para traballar con nós. \n\n\n\nO Ateneo é básicamente un foro cultural que fomenta o espíritu crítico pero tamén ten un fondo compromiso coa realidade que nos toca vivir\, de aí que manteñamos colaboración cunha chea de entidades sociais e culturais da cidade\, entre outras a plataforma Vigo con Palestina. \n\n\n\nEste premio é un galano. Anímanos a continuar o traballo iniciado con máis forza e responsabilidade. Grazas novamente por pensar que somos merecedores del. Queremos rematar cuns versiños: \n\n\n\nÉ algo máis ca un premioé faro na penumbraé clamor de vocesremando na mesma dirección \n\n\n\né aloumiño no hombreiroé un máis dos pequenos xestosque mudan o mundo \n\n\n\né forza compartida\,é lembrar que todas sumamose que ninguén sobranesta marabillosa aventura \n\n\n\nGRAZAS! \n\n\n\n \n\n\n\nMáis información\n\n\n\nUnión Comarcal de CCOO de Vigo
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/premio-primeiro-de-maio-ao-compromiso-social-e-solidaridade
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-24-PremioCCOO-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260428T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260428T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260421T114309Z
LAST-MODIFIED:20260421T115137Z
UID:5015-1777404600-1777408200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:José Suárez\, uns ollos vivos que pensan
DESCRIPTION:Conmemoración do Día das artes galegas adicado a José Suárez. Quen? Manuel Sendón\, X.L Suárez Canal e presenta Anxo Cabáda. Cando? Martes 28 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Casa Galega da Cultura (Plaza de la Princesa\, 2. 36202 Vigo). (Pendente de completar !) \n\n\n\n\n\n\n\nO fotógrafo\n\n\n\nJosé Suárez Fernández\, nado en Allariz en 1902 e finado na Guarda o 5 de xaneiro de 1974\, foi un fotógrafo galego. A súa obra pode relacionarse coa fotografía humanista\, co ser humano e o seu contorno como tema central a través da súa visión persoal. Con todo\, algúns autores inclúen a súa obra na Nova Obxectividade. \n\n\n\nNo ano 2015 o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura organizou unha exposición monográfica sobre o fotógrafo baixo o título José Suárez\, uns ollos vivos que pensan. A exposición percorreu posteriormente varias cidades\, Nova Deli\, A Coruña\, Madrid\, Buenos Aires\, París\, Tokyo e Salamanca. \n\n\n\nA Real Academia Galega de Belas Artes elixiu a José Suárez como o homenaxeado do Día das Artes Galegas 2026\, que se celebrará o 1 de abril\, data na que o Mestre Mateo dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá no ano 1188. \n\n\n\n(Da súa ficha na web da Wikipedia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/jose-suarez-uns-ollos-vivos-que-pensan
LOCATION:Galicia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-28-Jose-Suarez-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260429T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260429T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260422T102448Z
LAST-MODIFIED:20260427T101444Z
UID:5041-1777489200-1777494600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CinemAteneo. ¿Dónde están mis hijos?
DESCRIPTION:O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar a miniserie ¿Dónde están mis hijos? da periodista afgá refuxiada en España Khadija Amin. Tamén presentarase o libro: “Sin velo\, una mujer libre contra los talibanes”\, Quen? Mónica Nión coautora e Khadija Amin protagonista\, presentadas pola periodista Magis Iglesias. Cando? Mércores 29 de abril\, a partir das 19.00 horas. Onde? Na sede da ONCE (Avda. Gran Vía\, 16 – 36203 – Vigo) \n\n\n\n\n\n\n\nA miniserie\n\n\n\nSinopse.- Khadija Amin\, xornalista afgá refuxiada en España\, loita por recuperar aos seus tres fillos. No seu país figura oficialmente como falecida\, o pai curta todas as vías de comunicación\, non sabe onde están e nin queira pode demostrar que é a súa nai. A súa dor é insoportable e Khadija colapsa. Con todo\, a esperanza por volver ver aos seus fillos despois de tanto tempo fai que non se renda. As súas opcións legais son mínimas e debe emprender unha complicada investigación marcada pola desconfianza e as chantaxes\, co seu futuro e o dos nenos no aire.“Os meus fillos eran aínda moi pequenos cando nos separamos. Sen dúbida\, o seu pai criáraos de xeito que se opuxesen a min e dicíalles cousas sobre min. Comecei a gravar vídeos e a escribir cartas para eles\, para mostrarlles que a súa nai nunca deixaría de loitar polos seus fillos. Aparecer fronte á cámara e gravar estes momentos non foi doado; cada vez que o facía\, revivía esa dor. Pero cada día vólvome máis forte polo futuro dos meus fillos e polas mulleres do meu país\, e esa é a motivación que me levou a crear este documental”. Khadija Amin \n\n\n\nDirección: Vanessa Hernández Borque e Pablo Deus BouzonGuion: Vanessa Hernández Borque\, David Barreiro e Chema Castillo VargasDirección de fotografía: Pablo Deus BouzonProducción executiva: Ignacio Fernández-Vega Feijóo\, Daniel Barroso e José LarrazaProdución: Belén AlemanyXefa de produción: Patricia OrdóñezProductora: Telefónica Broadcast Services SLU
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-donde-estan-mis-hijos
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-04-29-Donde-Estan-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260430T230000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260430T233000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260220T093911Z
LAST-MODIFIED:20260220T093913Z
UID:4648-1777590000-1777591800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Certame Exeria Ateneo Atlántico 2026
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo convoca a 6ª edición do Certame Exeria Ateneo Atlántico de Relatos breves correspondente ao ano 2026. Os relatos terán como tema ‘Vigo fronteira’ e poderán presentarse ata o 30 de marzo. Máis información en ateneoatlántico.gal \n\n\n\n2026-02-01 Convocatoria Exeria C
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/certame-exeria-ateneo-atlantico-2026
LOCATION:Galicia
CATEGORIES:exeria,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-02-01-Convoca-Exeria-26.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260505T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260505T203000
DTSTAMP:20260430T154702
CREATED:20260420T145659Z
LAST-MODIFIED:20260420T151809Z
UID:4974-1778009400-1778013000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Idadismo: estereotipos\, prexuizos e discriminación
DESCRIPTION:Reflexión sobre o idadismo\, é dicir\, os estereotipos\, prexuízos e discriminación por razón da idade que poden aparecer nas relacións sociais ou persoais afectando á percepción do envellecemento e ás oportunidades das persoas maiores. Analizaranse tamén estes mecanismos desde unha perspectiva de xénero. Quen? Jose María Failde Garrido\, Sabela Mallo López e presenta Miguel Pérez Pereira. Cando? Martes 5 de maio\, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Plaza de la Princesa\, 2. Vigo. \n\n\n\n\n\n\n\nO tema\n\n\n\nNesta actividade queremos reflexionar sobre o  Idadismo\, un térmo que fai referencia aos estereotipos e prexuízos existentes e ás formas de discriminación por razón da idade\, que poden darse respecto dos demais ou de nós mesmos. Podémolo atopar a nivel institucional cando hai normas\, prácticas ou regras sociais que discriminan ás persoas maiores. Maniféstase tamén a nivel interpersoal\, nas relacións que establecen as persoas entre si\, facéndose moi evidente no uso da linguaxe. Ademais\, as persoas poden tamén interiorizar e facer propias formas de pensar e actitudes discriminatorias e negativas cara ao envellecemento e ao propio grupo de idade. Que consecuencias ten o idadismo\, como podemos combatelo? \n\n\n\nPero tamén queremos analizalo con perspectiva de xénero; sendo notorio que a apariencia física ligada a idade xoga\, nesta sociedade\, un papel diferente en homes e mulleres \,en que outros aspectos non nos decatamos tan facilmente dos estereotipos e prexuizos que afectan de forma distinta a uns e a outras? Existe unha dobre discriminación por mor do xénero?. \n\n\n\n Para tratar todos estes aspectos contaremos coa presenza de dúas persoas especialistas na temática. \n\n\n\nOs relatores\n\n\n\nJose María Failde Garrido\, é Profesor Titular no Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da Universidade de Vigo e pertence ao grupo de investigación Lonxevidade e envellecemento. É Presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.Sabela Mallo López\, é profesora Axudante Doutora no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve o seu labor de investigación no Grupo Neurociencia Cognitiva Aplicada e Psicoxerontoloxía\, integrado no Instituto de Psicoloxía da USC.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/idadismo-estereotipos-prexuizos-e-discriminacion
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/04/2026-05-05-Idadismo-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR