BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240403T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240403T200000
DTSTAMP:20240309T112848Z
CREATED:20240309T112845Z
LAST-MODIFIED:20240309T112848Z
UID:3499-1712169000-1712174400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura marzo
DESCRIPTION:O libro proposto polo Club de lectura para o mes de marzo é As malas mulleres\, de Marilar Aleixandre. A xuntanza terá lugar o mércores 3 de abril\, ás 18.30 horas\, no espazo Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nAs malas mulleres\, Galaxia\, 2021\n\n\n\nA través das páxinas de As malas mulleres\, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX\, nunha historia a varias voces\, a de Sisca\, de 15 anos\, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal\, visitadora de prisións; e Juana de Vega\, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”\, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.A novela está escrita contra a desmemoria\, para recuperar a memoria das excluídas\, reclusas no cárcere da Galera\, da Coruña\, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega\, traballando a prol da dignificación das persoas\, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas\, en dar esperanza ás desesperadas.Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre\, a novela vai enmarcada nun ton poético e\, sobre todo\, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.As malas mulleres obtivo o premio Blanco Amor de 2020 e o Premio Nacional de Narrativa 2022. \n\n\n\nMarilar Aleixandre\n\n\n\n(Madrid\, 1947) é feminista\, narradora\, poeta\, tradutora e membro da Real Academia Galega desde 2017. Dona dunha das voces máis singulares das nosas letras\, recibiu os máis importantes premios da literatura galega.Desenvolveu un extenso labor académico na Universidade de Santiago e Compostela\, centrando a súa investigación na argumentación e no pensamento crítico. Editorial Galaxia publicou o libro Mudanzas e outros velenos (2017)\, que reúne parte da súa obra poética; na colección Costa Oeste\, Alí Babá\, Morxiana e os corenta usureiros (2017) e A filla do minotauro (2018\, Premio Raíña Lupa); na colección Literaria\, A compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998\, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2021\, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022); e\, na colección Feminismos\, Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021)\, xunto con María López Sández.  \n\n\n\nOs textos pertencen á ficha da novela na Editorial Galaxia
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-marzo-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-04-03-CLecturaMalasMulleres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240409T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240409T210000
DTSTAMP:20240319T095938Z
CREATED:20240319T095935Z
LAST-MODIFIED:20240319T095938Z
UID:3506-1712691000-1712696400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro\, As escumas da letra
DESCRIPTION:O Ateneo de Vigo presenta o libro As escumas da letra\, Biobliografía de Luisa Villalta\, escrito por Esperanza Mariño. A obra\, organizada en dúas partes\, presenta a vida e a obra da escritora coruñesa á que lle dedicamos o Día das Letras Galegas 24\, Luisa Villalta. Terá lugar o mércores 9 de abril\, a partir das 19.30 horas\, na EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nO acto estará presente a autora do libro\, Esperanza Mariño Dávila (Santiago\, 1963\, Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa; ensaísta e tradutora galega\, profesora de instituto xubilada) e Estella Maris González Balbuena (Vigo\, Licenciada en Filoloxía Francesa\, poeta\, profesora de instituto xubilada)\, que actuará como presentadora. \n\n\n\nSobre o libro. “A teor do subtítulo do libro\, na biografía\, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica\, pódese percibir a evolución da escritora\, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político\, nun vencello particular coa lingua e a literatura\, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra\, o volume componse de dúas partes\, pois os aspectos biográficos compleméntanse co estudo da extensa obra literaria”. (Da ficha do libro en Baía Edicións).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-as-escumas-da-letra
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-04-09-PresentaLuisaVillalta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240410T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240410T210000
DTSTAMP:20240405T091823Z
CREATED:20240405T083747Z
LAST-MODIFIED:20240405T091823Z
UID:3510-1712775600-1712782800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Antonio Rey Soto\, Pioneiro do cine galego
DESCRIPTION:Sesión do cinemAteneo arredor da figura de Antonio Rey Soto e da técnica do Benshi. Contaremos con Manolo González\, autor do libro O Benshi de Galicia. Proxectaremos fragmentos da película Viaje por Galicia (Luís R. Alonso\, 1926) narrada ao modo Benshi por Toñi Caseiro. Presenta José Luís Mateo. Será o mércores 10 de abril\, ás 19 horas\, na Biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nO «benshi»\, era unha figura fundamental no cine mudo japonés\, era o encargado de explicar a trama da película aos espectadores\, moitas veces analfabetos. Partindo desa figura\, o investigador e divulgador do cine en Galicia\, Manolo González\, nos introducirá na figura dun dos pioneiros da séptima arte galega: Antonio Rey Soto (Ourense\, 1879-Madrid\, 1966). \n\n\n\nRey Soto fundara en Vigo a productora Celta Film e rodou a película Un viaje a través de Galicia y Asturias (desaparecida). Con ela xirou por América en 1923 facendo\, como un “benshi” galego\, a narración ao público dos contidos que estaban a ver no filme. \n\n\n\nManolo González\, descóbrenos a historia do crego\, poeta\, bibliófilo\, bohemio\, seductor\, visionario\, sibarita… e inaudito director de cine. O acto compleméntase cun extracto da película Un viaje por Galicia\, realizada polo mesmo director de fotografía que utilizara Rey Soto no seu filme\, Luis R. Alonso. A proxección contará coa narración a modo de “benshi” da actriz Toñi Caseiro.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/antonio-rey-soto-pioneiro-do-cine-galego
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-04-10-CineBenshi.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240416T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240416T210000
DTSTAMP:20240405T091747Z
CREATED:20240405T091744Z
LAST-MODIFIED:20240405T091747Z
UID:3516-1713295800-1713301200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Banca Ética
DESCRIPTION:O martes 16 de abril\, ás 19.30 horas\, no local da Casa Galega da Cultura poremos enriba da mesa o tema da Banca Ética. Mario Martínez Lorenzo falará sobre a Sabia\, unha moeda social galega\, mentres que Manuel Adame Moldes o fará sobre Fiare\, modelo de banca ética.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/banca-etica
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-04-16-BancaEtica.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240420T090000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240420T210000
DTSTAMP:20240405T084714Z
CREATED:20240405T084711Z
LAST-MODIFIED:20240405T084714Z
UID:3514-1713603600-1713646800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída á comarca do Deza
DESCRIPTION:Románico\, Minería e Arquitectura no Deza. Saída o sábado 20 de abril para percorrer a comarca do Deza con visita ás igrexas románicas de Ansemil e Breixa\, a Carboeiro\, e ao poboado mineiro de Fontao\, co seu museo da minería. A comida será en Vila de Cruces. \n\n\n\n\n\n\n\nNesta ocasión queremos mergullarnos na arte do románico tan rica nesta zona visitando o Mosteiro de Carboeiro e as igrexas románicas de Ansemil e Santiago de Breixa. Ademais gozaremos dunha riqueza paisaxística única na contorna destes tres templos. \n\n\n\nA experiencia tamén vai ser culinaria porque xantaremos no restaurante Ponte Valenciaga en Silleda\, expertos en carnes á brasa cuns entrantes propios do interior: empanadas\, lacón prensado\, embutidos ibéricos… \n\n\n\nPola tarde imos visitar o Museo da Minería do Fontao en Vila de Cruces\, onde se recrea a historia da explotación mineira do Wolframio\, que logo ía ser embarcado no porto de Vigo cara a Centoeuropa\, e tamén da vida que se desenvolveu arredor da riqueza deste material tan prezado polo seu uso na industria armamentístico da segunda guerra mundial. \n\n\n\n Saída do Ies Sta Irene ás 8. 30 e da rúa Areal ás 9 \, regreso aproximado ás 20 horas. \n\n\n\nO custo por persoa\, que inclúe autobús\, xantar\, entradas e visitas con guía e seguro é:Persoas socias 60 euros e non socias 70 euros.Unha razón máis para unirnos ao Ateneo. \n\n\n\nInscrición:Enviando un correo a actividades@ateneoatlantico.galEnviando un Whatshapp ao número 635685868
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-a-comarca-do-deza
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-04-20-SaidaDeza.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240422T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240422T200000
DTSTAMP:20240411T155415Z
CREATED:20240407T162141Z
LAST-MODIFIED:20240411T155415Z
UID:3522-1713808800-1713816000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Segunda Merendola Feminista
DESCRIPTION:Despois do éxito da primeira\, a comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha segunda merendola. Trátase\, simplemente\, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós traemos. Dado que nos faltou tempo\, pensamos en continuar a parolada arredor do tema da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! E traede algo rico! Será o mércores 22 de abril\, a partir das 18 horas no local do Ateneo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/segunda-merendola-feminista
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,merendolas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-04-22-MerendolaSexualidade2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240422T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240422T210000
DTSTAMP:20240407T161047Z
CREATED:20240407T161044Z
LAST-MODIFIED:20240407T161047Z
UID:3519-1713814200-1713819600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro\, Xina Vega
DESCRIPTION:O luns 22 de abril\, ás 19.30\, na biblioteca da EMAO\, a nosa amiga e afiliada Xina Vega presenta con nós o seu último libro\, O teu perfil na miña sombra (Diario dunha nai). No acto estará acompañada de Carme Adán\, Inma López Silva e Marcos Calveiro. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nO teu perfil na miña sombra non é exactamente unha narración\, tampouco un libro de poesía nin un ensaio\, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o “ser muller”: a maternidade.Durante moito tempo\, este aspecto\, absolutamente decisivo\, estivo infrarrepresentado\, unha experiencia agochada dentro de corpos e voces silenciadas. A definición da maternidade viña desde outro lugar\, marcada por arquetipos perversos que levaban cosidos moi dentro a idea do sacrificio e o seu reverso de culpa.A partir da marcha da filla\, asistimos nestas páxinas ao relato dese temp o marcado pola síndrome do niño baleiro\, o que dá pé a unha reflexión sobre o complexo mundo das relacións materno-filiais\, sobre o que herdamos e o que só á nosa responsabilidade pertence\, sobre a vivencia do corpo\, sobre as sombras e mais o gozo. De fondo\, a consciencia da tremenda ambivalencia dunha aventura que se debate entre o un e o diverso\, entre a apropiación radical da outra e a asunción\, tamén radical\, da alteridade.(Da ficha do libro na editorial Galaxia) \n\n\n\nXina Vega\n\n\n\n(Vigo\, 1966) é unha profesora universitaria e serodia escritora de ficción. Comezou no ámbito do ensaio filolóxico con estudos como Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación (Premio Ricardo Carvalho Calero 1997) e na tradución literaria\, acadando o premio Stendhal por El secuestro\, versión de La Disparition\, de Georges Perec.En 2007 publicou a súa primeira novela\, Cardume\, galardoada co Premio Xerais; en 2012 deu ao prelo Dark Butterfly e en 2017 Nadie duerme\, versión que aparece retroautotraducida para o galego en 2019 como Ninguén dorme. Colaborou no volume Abadessa\, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017) e na antoloxía Textos potentes. Atlas de literatura potencial\, coordinada por Pablo Martín Sánchez (2019). En 2020 publicou\, en Editorial Galaxia\, a novela O estado intermedio.(Da ficha da autora na editorial Galaxia)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-xina-vega
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-04-22-PresentaXinaVega.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240423T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240423T210000
DTSTAMP:20240416T083036Z
CREATED:20240408T093636Z
LAST-MODIFIED:20240416T083036Z
UID:3529-1713900600-1713906000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A poética trasatlántica
DESCRIPTION:A poética trasatlántica é o tema arredor do que conversan Alberto Avendaño e María Xosé Porteiro. O acto terá lugar na biblioteca da EMAO\, o martes 23 de abril\, a partir das 19.30 horas. Ademais\, Alberto Avendaño recitará algúns dos seus poemas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-poetica-trasatlantica
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-04-23-PoeticaTrasatlantica.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240504T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240504T210000
DTSTAMP:20240411T160403Z
CREATED:20240411T160400Z
LAST-MODIFIED:20240411T160403Z
UID:3536-1714851000-1714856400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Que a forza nos acompañe
DESCRIPTION:A Agrupación Amiga do Marco\, en colaboración co Ateneo Atlántico\, presenta o acto Que a forza nos acompañe\, Poética en acción. Será nos locais do Marco\, o 4 de maio\, a partir das 19.30 horas. No acto\, que segue o modelo de Entrada inversa\, participarán Silvia Penas\, Ana Corzo\, Samuel Merino\, Nila A. Pousa\, Acoyani Guzmán e Noelia & Rui Grenha.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/que-a-forza-nos-acompane
LOCATION:Marco\, Rúa do Príncipe\, 54\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-05-04-PoeticaEnAccion.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240507T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240507T210000
DTSTAMP:20240506T083506Z
CREATED:20240408T092759Z
LAST-MODIFIED:20240506T083506Z
UID:3525-1715110200-1715115600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura de abril
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de abril é La única historia\, de Julián Barnes. A xuntanza terá lugar o martes 7 de maio\, ás 19.30 horas no local do Ateneo. Lembramos que o Club de lectura está aberto a todas aquelas persoas que queiran participar. \n\n\n\n\n\n\n\nUn home evoca un amor xuvenil cunha muller madura.Unha novela abraiante sobre o amor\, a dor e a memoria.Julian Barnes (Leicester\, 1946) formouse en Londres e Oxford. Está considerado como unha das grandes revelacións da ficción inglesa das últimas décadas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-de-abril
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-05-08-ClubLecturaAbrilBarnes.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240508T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240508T210000
DTSTAMP:20240505T094112Z
CREATED:20240505T094109Z
LAST-MODIFIED:20240505T094112Z
UID:3543-1715196600-1715202000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. A muller da montaña
DESCRIPTION:O mércores 8 de maio\, o cinemAteneo presenta a películoa A muller da montataña\, de Benedikt Erlingsson. Será ás 19.30 horas\, nos Multicines Norte. \n\n\n\n\n\n\n\n \n\n\n\nA muller da montaña (Kona fer í stríð) é unha película de comedia dramática islandesa-francés-ucraína de 2018 escrita\, producida e dirixida por Benedikt Erlingsson e protagonizada por Halldóra Geirharðsdóttir. Halla\, directora do coro e activista ecolóxico\, planea bloquear unha planta de aluminio de Rio Tinto nas terras altas de Islandia danando intencionadamente torres e cables eléctricos para cortarlle a subministración eléctrica. Un día\, apróbase unha solicitude esquecida para adoptar unha nena orfa de Ucraína. Ao mesmo tempo\, o goberno intensifica os esforzos policiais e propagandísticos para atrapala e desprestixiala. A película xira arredor dos seus intentos de conciliar o seu perigoso activismo coa súa próxima adopción. (De Wikipedia). \n\n\n\nA película e a súa protagonista foron nomeadas ata 9 veces en diferentes festivais de cine\, gañando 7 dos premios para os que foi nominadas. Cómpre destacar o seu éxito en Cannes\, ou a nominación a mellor película e o premio á mellor actriz\, na Seminci de 2018.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-a-muller-da-montana
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-08-CineMullerMontanha.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240509T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240509T210000
DTSTAMP:20240507T085230Z
CREATED:20240507T085227Z
LAST-MODIFIED:20240507T085230Z
UID:3549-1715283000-1715288400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Asemblea ordinaria 2024
DESCRIPTION:A Xunta directiva do Ateneo Atlántico de Vigo convoca a Asemblea anual ordinaria correspondente ao ano 2004. Terá lugar o xoves 9 de maio\, ás 19.30 horas\, na sede social do Ateneo\, na rúa Doutor Cadaval 17. \n\n\n\nQueremos lembrar a importancia da participación pois\, ademais de render o balance prescritivo que marcan os nosos estatutos\, a asemblea é o medio de participación de todas as persoas asociadas. \n\n\n\nDespois da asemblea compartiremos uns petiscos.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/asemblea-ordinaria-2024
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:asembleas
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240510T000000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240510T000000
DTSTAMP:20240301T092030Z
CREATED:20240301T092028Z
LAST-MODIFIED:20240301T092030Z
UID:3462-1715299200-1715299200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Convocatoria Exeria 2024
DESCRIPTION:O día 10 de maio remata o prazo de presentación de orixinais para participar na Cuarta Edición do Certame Exeria de Relato curto correspondente ao presente ano 2024. Os escritos\, orixinais\, inéditos e non premiados xirarán arredor do tema ‘Vigo\, aldea de noso’. A continuación presentamos as bases desta convocatoria. \n\n\n\n\n\n\n\nBASES CERTAME EXERIA DE RELATO CURTO 2024\n\n\n\n\n1. O Premio Exeria\, convocado polo Ateneo Atlántico de Vigo e a Fundación XoánPiñeiro abre o prazo de presentacións de orixinais dende o 1 de marzo ata o 10 de maio.\n\n\n\n2. Poderán participar todas as persoas maiores de idade con un só relato\, que sexa orixinal\, inédito e non premiado. Ha estar escrito en lingua galega.\n\n\n\n3. O relato\, mecanografado con letra tipo 12 e a dobre espazo\, terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres\, incluídos os espazos e o título.\n\n\n\n4. O tema versará sobre “Vigo\, aldea de noso”.\n\n\n\n5. Estableceranse dous premios suxeitos ás correspondentes retencións fiscais.\n\nPrimeiro premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro.\n\n\n\nAccésit: 500 euros.\n\n\n\n\n\n6. Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico exeria@ateneoatlantico.gal\n\nNo asunto do correo figurará Certame Exeria 2024\n\n\n\n\n\n7. Adxuntaranse dous documentos:\n\nO primeiro co relato e o título\, sen ningún tipo de identificación.\n\n\n\nO segundo\, coa plica (título do relato\, nome completo do autor ou autora e o número do seu teléfono.)\n\n\n\nAs persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.\n\n\n\n\n\n8. O xurado\, presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural\, estará formado ademais polos dous gañadores do Premio Exeria 2023\, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. A secretaría do certame participará con voz pero sin voto.\n\n\n\n9. O ditame do xurado e a entrega dos premios terá lugar na primeira semana do mes de xuño.\n\n\n\n10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso dos gañadores de ser parte do xurado do certame do próximo ano.\n\n\n\nConvocan: Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro.\n\n\n\nPatrocinan: Terras Gauda e Eduardo Vieira S.A.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/convocatoria-exeria-2024
CATEGORIES:exeria
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-05-25-ConvocatoriaExeria2024.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240515T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240515T210000
DTSTAMP:20240512T170800Z
CREATED:20240512T082227Z
LAST-MODIFIED:20240512T170800Z
UID:3551-1715801400-1715806800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Mulleres xornalistas
DESCRIPTION:O mércores 15 de maio\, ás 19.30 horas\, vémonos na biblioteca da EMAO para falar sobre Mulleres xoranlistas (Elas abriron o camiño). Contamos coa presenza de Luz María Durán\, Magis Igesias e Ana Guantes\, así como con Irene Bascoy que actuará de moderadora. \n\n\n\n\n\n\n\nConmemorando o Día internacional pola liberdade de imprensa (3 de maio)\, a sección de Feminismo do Ateneo Atlántico de Vigo\, que preside Luisa Abad e coordinada por Amada Traba\, organiza unha mesa redonda o mércores 15 na EMAO con Magis Iglesias\, Ana Guantes e Luz M Durán\, todas elas xornalistas viguesas pioneiras e con moita proxección en numerosos medios\, que conducirá a nosa querida colega\, Irene Bascoy\, subdirectora de Faro de Vigo. Unha paxariña díxonos que entre o público estará a máis veterana e mestra de mestras\,  Carmen Parada. \n\n\n\nNON VOLO PERDADES!
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/mulleres-xornalistas
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-15-MulleresXornalistas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240521T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240521T210000
DTSTAMP:20240512T090126Z
CREATED:20240512T085723Z
LAST-MODIFIED:20240512T090126Z
UID:3559-1716319800-1716325200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. Bestiario en pedra
DESCRIPTION:Carlos L. Bernárdez e Xosé Ramón Mariño Ferro presentan con nós o seu último libro\, Bestiario en pedra\, Animais fabulosos na arte medieval galega (Laiovento\, 2024). Será o martes 21 de maio\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. O acto será presentado por Anxo Cabada. \n\n\n\n\n\n\n\nEste libro pretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonio artístico e simbólico. Aínda que a maioría das persoas hoxe non as “vexa”\, a arte medieval está repleta de representacións de animais\, nas marxes dos manuscritos\, na escultura decorativa\, nos capiteis\, nas cornixas e gárgolas e nos cadeirados de coro.Os temas e motivos simbólicos dos animais fabulosos\, con paralelos en Europa\, presentan en Galiza unha riqueza e unha variedade verdadeiramente extraordinarias. Destacan os conxuntos das catedrais de Santiago e Ourense\, da igrexa e do espectacular claustro de San Francisco de Ourense\, das igrexas betanceiras\, das de Ribadavia e desa xoia que se chama Santiago de Breixa…Os autores recollen na arte do noso país os exemplos de anfisbenas\, basiliscos\, bestas apocalípticas\, centauros\, dragóns\, grifóns\, harpías\, sereas ave e sereas peixe e proporcionan un vasto repertorio de textos antigos e medievais e unha interpretación que permite comprender a súa omnipresenza nas nosas catedrais e igrexas. \n\n\n\nCarlos López Bernárdez\n\n\n\nÉ historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.Entre os seus libros destacan Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo\, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento\, 2016); Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento\, 2018); Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Laiovento\, 2020) e Unha historia da arte galega (Laiovento\, 2023).Na actualidade desenvolve a crítica de arte no Faro da Cultura do Faro de Vigo e en Sermos\, suplemento de Nós Diario. \n\n\n\nXosé Ramón Mariño Ferro\n\n\n\nÉ doutor en Antropoloxía Cultural pola Universidade Autónoma de Madrid.Realizou traballos de campo en Bolivia e en Galiza. Froito da súa estadía entre os indios bolivianosé a monografía Muerte\, religión y símbolos en una comunidad quechua.De temática exclusivamente galega son os libros Antropoloxía de Galicia e Autobiografía dun labrego. Estudou diversos aspectos da cultura popular galega e europea en Satán\, sus siervas las brujas y la religión del mal; La medicina popular interpretada; Las romerías/peregrinaciones y sus símbolos; La medicina mágica; O entroido ou os praceres da carne; Los cuentos maravillosos; Diccionario del simbolismo animal; e Imágenes de la mujer y del hombre.Pódense ver algúns textos na páxina web marinoferro.com
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-bestiario-en-pedra
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-21-PresentaBestiarioPedra.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240522T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240522T210000
DTSTAMP:20240516T172119Z
CREATED:20240512T083643Z
LAST-MODIFIED:20240516T172119Z
UID:3557-1716404400-1716411600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Flores tristes
DESCRIPTION:Nova entrega de cinemAteneo coa presenza do director e realizador Teo Manuel Abad. Será o día 22 de maio\, ás 19 horas\, na biblioteca da EMAO para ver e comentar a súa película Flores tristes. \n\n\n\n\n\n\n\nFlores tristes\n\n\n\nAs últimas fosas comunes abertas en Europa non foron en Srebrenica ou Kosovo. Realizáronse o ano pasado no extremo máis occidental do continente\, un dos seus finisterres: Galicia\, unha rexión autónoma do norte de España. E foron as da guerra e posguerra máis antiga da idade moderna\, a máis idealista e internacional das guerras europeas e preludio da segunda guerra mundial: a guerra de España. 70 anos fixeron falla para que se comezaran a abrir estas fosas.A dictadura de Franco terminou fai máis dun cuarto de siglo\, pero as súas sentencias de morte aínda non foron esquecidas. Máis de mil galegos\, familiares das víctimas do franquismo queren desenterrar a verdade\, sepultada en cunetas\, montes e tapias de cemiterios dende fai máis de 70 anos: queren os restos dos seus irmáns\, pais ou avós. E queren recuperar a súa memoria despois de tantos anos de silencio.Flores Tristes traza unha analoxía entre as flores nadas nestas fosas e cunetas de Galicia con estes descendentes vivos que por fin falan rompendo un longo silencio. \n\n\n\nFicha técnica\n\n\n\n\nTítulo orixinal: Flores Tristes\n\n\n\nXénero: Documental de creación\n\n\n\nFormato: Alta definición HDV\n\n\n\nDuración: 90 min / 55 min\n\n\n\nLingua orixinal rodaxe: Galego\n\n\n\nDirector: Teo Manuel Abad\n\n\n\nProdutor Executivo: Teo Manuel Abad\n\n\n\nProdutores: Teo Manuel Abad\, Antonio Varela\, Moncho Varela e Fernanda del Nido\n\n\n\nProdutoras: Formateo (Galicia) Pórtico (Galicia)\, Tic Tac Producciones (Galicia)\n\n\n\n\nTeo Manuel Abad\n\n\n\nManuel Abad é un dos directores-realizadores cunha traxectoria máis ampla no audiovisual galego. Os seus comezos viñeron da man da fotografía\, onde destaca a súa laboura como corresponsal gráfico en diversas revistas\, así como as súas exposicións fotográficas (Salas Anue\, Os Arcados\, Mestre Mateo…)A mediados dos anos 80 inicia unha sólida traxectoria como videocreador\, sendo algunhas das súas obras seleccionadas en festivais nacionais e internacionais; tamén entra a formar parte do primeiro equipo técnico da Televisión de Galicia onde desenvolve unha notable labor innovadora como realizador de numerosos programas de TVG\, como por exemplo: Telexornal\, A millor TV do mundo\, Lendas do mar\, Encontros\, O mellor\, Con perdón. Corazonada\, A fala\, Mar a mar\, Televisión pirata\, Luar…En paralelo\, combina a súa vida como profesional na Televisión Gallega\, cunha traxectoria experimental como autor independente de Cine (“Contar”)\, Video (O neno con pernas de pomba”\, “La fosa atlantica”)\, Documentais (“Lendas do mar”\, “Amalia”)\, \, Ficción (“Pequeno Hotel”)\, Docudrama (“A vida Aberta”)\, Campañas (“Galicia Terra Unica”\, “Xacobeo”)\, Concertos (“Elton Jhon”\, “Santana”)\, Eventos especiais (“A Fala”\, “Luar da Solidariedade”) e un longo etcéteraO seu longo percorrido viuse recompensado en diversas ocasións con galardones e premios como: Seleccionado polo Museo de Arte “Reina Sofia” para os seus “Visionarios Españoles”\, na Bienal da Imagen en Movemento (pola súa obra “365”). Premio no Festival Internacional de Video de Madrid e obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporanea (con “Prologo”)\, Selección para a Expo-92 (con “Hardo”) e a Mostra Internacional do Festival de San Sebastian (con “Denantes”).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-flores-tristes
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-22-CineFloresTristes.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240528T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240528T210000
DTSTAMP:20240513T162035Z
CREATED:20240513T162032Z
LAST-MODIFIED:20240513T162035Z
UID:3572-1716922800-1716930000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Terceira Merendola Feminista
DESCRIPTION:A comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha terceira edición das súas merendolas feministas. Trátase\, simplemente\, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós mesmas traemos. Dado que nas dúas xuntanzas anteriores nos faltou tempo\, pensamos en continuar a parolada arredor do tema da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! E traede algo rico! Será o martes 28 de maio\, a partir das 19 horas no local do Ateneo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/terceira-merendola-feminista
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-05-28-MerendolaFeminista3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240603T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240603T210000
DTSTAMP:20240531T183855Z
CREATED:20240531T183849Z
LAST-MODIFIED:20240531T183855Z
UID:3602-1717443000-1717448400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Ciencia 1\, A divulgación científica en Galicia
DESCRIPTION:O día 4 de xuño terá lugar o primeiro Faladoiro do ciclo ‘Os mundos científicos de Vigo’ que organiza o Ateneo Atlántico en colaboración coa Universidade de Vigo\, co título ‘A divulgación científica en Galicia’; participa Pablo López\, director do xornal GCiencia\, que estará acompañado paola vicerreitora de Investigación\, Transferencia e Innovación\, Belén Rubio. O acto terá lugar\, como todo o ciclo\, no edificio Redeiras\, a partir das 19.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nPablo López\n\n\n\nPablo López Campos é un xornalista vigués.A súa traxectoria está estreitamtente vinculada a El País\, xornal no que comezou a deixar a súa firma hai case dúas décadas.Iniciado no xornalismo no Diario de Galicia e no Faro de Vigo\, actualmente combina a dirección do xornal de divulgación científica GCiencia coas súas colaboracións con medios como El Confidencial\, eldiario.es ou ZoomNews.Realiza\, tamén\, actividades de investigación e comunicación para compañías e eventos como Sony Music\, O Marisquiño ou Esmerarte.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-ciencia-1-a-divulgacion-cientifica-en-galicia
LOCATION:UVigo Edificio Redeiras\, Rúa da Ribeira do Berbés\, Vigo\, Pontevedra\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-04-CicloCienciaUn.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240604T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240604T210000
DTSTAMP:20240526T093104Z
CREATED:20240526T093058Z
LAST-MODIFIED:20240526T093104Z
UID:3591-1717529400-1717534800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. Carmiña Sierra
DESCRIPTION:Carmiña Sierra\, A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos\, é o libro que o Ateneo ten a honra de presentar o d martes 4 de xuño\, a partir das 19.30horas\, na biblioteca da EMAO. No acto contaremos coa participación da autora\, Aurora Marco\, e coa do noso compañeiro Carlos L. Bernárdez como presentador. \n\n\n\n\n\n\n\nCarmiña Sierra\n\n\n\nEntre as poucas mulleres que ingresaron no Seminario de Estudos Galegos en 1923\, a primeira admitida naquela entidade científica\, a poucos días de se constituír\, foi unha cesureña que percorreu case todo o século XX\, Carmiña Sierra Domínguez (Pontecesures\, 1906-Caracas\, 1996). Esta obra de Aurora Marco descúbrenos unha biografía totalmente descoñecida . Carmiña Sierra estudou Filosofía e Letras en Compostela\, obtivo unha cátedra de Literatura Española e exerceu en varios centros de ensino medio fóra de Galiza. Tras a sublevación militar\, rexentou co seu home unha granxa en Cortinallas (Pontecesures) e\, tras ser detida polo súa militancia política e compromiso antifranquista\, estivo tres anos encarcerada en Ventas. A comezos dos anos 50 exiliouse en Venezuela.Esta monografía dedícase a recuperar unha traxectoria tan rica en experiencias\, en afectos\, e en compromiso polas causas da xustiza e a liberdade\, e abrangue todo o seu percurso vital\, desde o nacemento até a morte. O libro enriquécese cun cento de imaxes e documentos históricos moi descoñecidos. (Da ficha do libro na editorial Alvarellos) \n\n\n\nAurora Marco\n\n\n\nEnsaísta. Doutora en Filosofía e Letras (1978)\, catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega da USC\, xubilada\, é autora de extensa obra: biografías de Carvalho Calero\, Avilés de Taramancos\, Paz Carbajal; edicións críticas de obras de López Ferreiro\, Rodríguez López\, Otero Pedrayo\, Tomás Barros\, Áurea Lorenzo Abeijón e outros libros de carácter interdisciplinar. Alén da investigación\, desenvolve unha intensa actividade como conferenciante. Nos últimos 30 anoscentrouse na recuperación da traxectoria das mulleres galegas\, con especial atención ás represaliadas: As precursoras (1993); Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002); Dicionario de mulleres galegas (2007); Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011); Mª Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana (2012); Elas (2015); Irmandiñas (2020); Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (2023).Pola súa obra ensaística\, recibiu numerosos premios: “Tomás Barros”de Investigación Teatral (1991); “Ánxel Fole” de Ensaio literario (1992); “Luís Tilve” de Investigación e Divulgación Histórica (2012) // “Mulleres en Acción” (2015) // “Galiza Mártir” (2016) // “Mártires da Liberdade” (2017)// Xohana Torres de Ensaio e Creación audiovisual\, con Pablo Ces (2018)// “Follas Novas” do Libro Galego (2021)// “Baltar Feijóo” (2022).En 2023 foi nomeada Señora das Letras 2023 polo colectivo de crítica literaria “A Sega”.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-carmina-sierra
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-04-PresentaAuroraMarco.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240605T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240605T203000
DTSTAMP:20240512T091602Z
CREATED:20240512T091600Z
LAST-MODIFIED:20240512T091602Z
UID:3565-1717612200-1717619400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura maio. Persépole
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de maio (xuntanza o 5 de maio\, ás 18.30 horas\, no local do Ateneo)\, é Persépole\, de Marjane Satrapi. \n\n\n\n\n\n\n\nPersépole é unha novela gráfica en branco e negro\, escrita e ilustrada en forma autobiográfica por Marjane Satrapi\, co título orixinal de Persepolis. Apareceu en catro tomos\, publicados entre 2000 e 2003. Foi traducida ao galego por Eva Carrión\, e publicada en 2011 por Rinoceronte Editora. \n\n\n\nA obra narra a propia vida da autora desde 1979 (cando tiña dez anos) até 1994. Conta o modo en que tras nacer nunha familia progresista de Teherán\, trala revolución iraniana e a chegada ao poder do réxime fundamentalista islámico marcha a estudar a Viena e despois regresa á súa cidade para estudar Belas Artes\, e logo de rematar na universidade decide marchar a Estrasburgo.Marji diferénciase do resto de nenos e nenas da súa idade por ser educada ao estilo occidental\, nunha familia progresista\, laica e de clase alta\, descendente do último rei da dinastía persa dos Qajar. De formación bilingüe\, ten unha considerable inquedanza intelectual.O libro recebeu numerosos premios:  Prix du Lion\, Bélxica (2000)\, Premio autora revelación no Festival de Banda Deseñada de Angoulême (2001)\, Primeiro premio da paz Fernando Buesa Blanco\, Vitoria (2003)\, Premio Harvey á mellor obra estranxeira\, EUA (2004)\, etc.A novela gráfica foi levada ao cine de animación co título de Persepolis\, e foi estrenada o 27 de xuño de 2007. Está dirixida por Vincent Paronnaud\, e foi nomeada á Palma de Ouro e acadou o premio do xurado no Festival de Cannes 2007.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-maio-persepole
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-05-ClubLecturaPersepole.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240610T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240610T210000
DTSTAMP:20240531T185215Z
CREATED:20240531T185209Z
LAST-MODIFIED:20240531T185215Z
UID:3605-1718047800-1718053200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Ciencia 2\, Enxeñería da privacidade
DESCRIPTION:O segundo Faladoiro do ciclo Os mundos científicos de Vigo terá lugar o luns 10 de xuño\, coma sempre ás 19.30 no edificio Redeiras da Universidade de Vigo. Nesta ocasión falaremos de Enxeñería da privacidade con Carmela González Troncoso\, da EPFL de Lausanne e Fernando Pérez González\, da Universidade de VIgo. \n\n\n\n\n\n\n\nCarmela González Troncoso\n\n\n\nNacida en Vigo\, é docente da Escola Politécnica Federal (EPFL) de Lausanne na especialidade de enxeñería de telecomunicación e investigadora; é especialista en privacidade.É especialmente coñecida por dirixir un equipo europeo que traballa no protocolo DP-3T\, co obxectivo de crear unha aplicación para rastrexar os contaxios do COVID-19 sen comprometer a privacidade da cidadanía.A súa tese sobre “Métodos de deseño e análise para tecnoloxías de privacidade” asesorada polo profesor Bart Preneel e a profesora Claudia Díaz\, recibiu o Premio Tese do Consorcio Europeo de Investigación para Informática e Matemáticas Seguridade e Xestión de Confianza.Tamén recibiu polo seu traballo en Enxeñaría de Privacidade o Premio de Protección de Privacidade CNIL-INRIA 2017. \n\n\n\nDurante o seu doutoramento foi visitante investigadora en moitos grupos de seguridade coñecidos\, entre eles Microsoft Research Cambridge\, o Laboratorio de Computación da Universidade de Cambridge ou o laboratorio LCA1 na Escola Politécnica Federal de Lausana. \n\n\n\nAs súas investigacións céntrase en comprender como lograr unha mellor protección da privacidade desde a construción de sistemas de preservación da privacidade e o desenvolvemento de metodoloxías que axuden á enxeñaría a incorporar fortes garantías de privacidade nos seus deseños; e desenvolver técnicas para cuantificar sistematicamente a información privada que un adversario pode inferir dos datos aos que pode ter acceso.Tamén investigou sobre a privacidade xenómica e na procura de solucións para permitir o intercambio seguro de datos xenéticos.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-ciencia-2-enxeneria-da-privacidade
LOCATION:UVigo Edificio Redeiras\, Rúa da Ribeira do Berbés\, Vigo\, Pontevedra\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-10-CicloCienciaDous.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240612T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240612T210000
DTSTAMP:20240531T185324Z
CREATED:20240531T182028Z
LAST-MODIFIED:20240531T185324Z
UID:3594-1718220600-1718226000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Os mundos científicos de Vigo
DESCRIPTION:A Universidade de Vigo\, en colaboración co Ateneo Atlántico organiza o ciclo de coloquios divulgativos Faladoiros no Berbés baixo o epígrafe xenérico Os mundos científicos de Vigo. As actividades terán lugar os días 3\, 10 e 13 de xuño\, no edificio Redeiras\, a partir das 19.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nA idea de realizar este ciclo de faladoiros parte do Ateneo Atlántico\, asociación que trata de crear espazos de debate\, divulgación e promoción cultural\, e atopa rápida resposta na Universidade que\, con colaboracións coma esta\, busca seguir incrementando as pontes con universidades doutros países\, así como continuar ampliando a proxección da universidade na cidade.Dende a organización destacan que este tipo de actividades\, estes faladoiros\, dan visibilidade e achegan a un público non especializado o traballo que se fai na institución\, reafirmando así a súa aposta por trasladar o interese pola ciencia á cidadanía. \n\n\n\nO primeiro faladoiro contará coa presenza de Pablo López\, Director do xornal de divulgación científica GCiencia e terá lugar o luns 3 de xuño; a presentación correrá a cargo da Vicerreitora de Investigación\, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo\, Belén Rubio Armesto. \n\n\n\nO seguinte faladoiro será o 10 de xuño e levará por título Enxeñería da privacidade. Correrá a cargo da docente da Escola Politécnica Federal (EPFL) de Lausanne Carmela González Troncoso\, enxeñeira de telecomunicación e investigadora viguesa especialista en privacidade. Estará acompañada polo profesor da UVigo Fernando Pérez González\, catedrático de Telecomunicación e coordinador do grupo de investigación Procesado de Sinal en Comunicacións de atlanTTic. \n\n\n\nO ciclo rematará o 12 xuño coa charla Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares\, impartida por Jorge Otero Millán\, exalumno da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que actualmente traballa como profesor de Optometría e Ciencias da Visión na Universidade de California\, Berkeley. Estará acompañado polo catedrático en Física Humberto Michinel\, docente na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo especializado no campo da fotónica e as tecnoloxías láser.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-os-mundos-cientificos-de-vigo
LOCATION:UVigo Edificio Redeiras\, Rúa da Ribeira do Berbés\, Vigo\, Pontevedra\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-04-CicloCiencia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240612T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240612T210000
DTSTAMP:20240601T095619Z
CREATED:20240601T095613Z
LAST-MODIFIED:20240601T095619Z
UID:3608-1718220600-1718226000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Ciclo Ciencia 3\, Movementos oculares
DESCRIPTION:O terceiro\, e último Faladoiro\, dentro do ciclo Os mundos científicos de Vigo\, será o 12 xuño coa presenza de Jorge Otero Millán (University of California\, Berkeley) que falará sobre Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares; estará acompañado por Humberto Michinel da Universidade de VIgo. Como nos casos anteriores terá lugar no edificio Redeiras a partir das 19.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nJorge Otero Millán\n\n\n\nVigo\, 1982. Estudou Enxeñería de Telecomunicación na Universidade de Vigo e rematou a especialidade de telemática no 2006.Traballou como bolseiro en prácticas na empresa viguesa 2Mares Demil\, desde a que fixo o seu proxecto de fin de carreira.O seu primeiro logro profesional foi o traballo como axudante de investigación\, analista de datos e programador no Instituto Neurolóxico Barrow\, en Phoenix\, Arizona\, no laboratorio da tamén galega a doutora Susana Martínez Conde. Neste traballo iniciouse na investigación arredor da percepción visual\, tratando de explicar cómo o noso cerebro procesa a información que recibe a través dos ollos e como forma con ela a nosa percepción do mundo.Na actualidade é profesor de Optometría e Ciencias da Visión na Universidade de California\, Berkeley.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/ciclo-ciencia-3-movementos-oculares
LOCATION:UVigo Edificio Redeiras\, Rúa da Ribeira do Berbés\, Vigo\, Pontevedra\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,ciencia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/05/2024-06-12-CicloCienciaTres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240613T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240613T210000
DTSTAMP:20240609T182605Z
CREATED:20240607T090624Z
LAST-MODIFIED:20240609T182605Z
UID:3616-1718307000-1718312400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Certame Exeria 24. Entrega de premios
DESCRIPTION:Un ano máis\, fiel á súa cita\, o Ateneo celebra o acto de entrega de premios da edición 2024 do seu certame Exeria. No acto\, a madriña desta edición e presidenta do xurado\, Inma López Silva\, fará público o fallo do xurado encargado da valoración de orixinais. Ademais das palabras das representantes da organización\,  Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro\, contaremos coa actuación musical de Uxía Senlle. Remataremos o acto cun viño galego acompañado de petiscos. Lembra\, xoves 13 de xuño\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nAbriremos o acto coa primeira das tres cancións coas que nos deleitará Uxía Senlle.A continuación\, e en representación das entidades organizadoras\, Luisa Abad e Helena Pousa presentarán o acto e darán a benvida ás persoas asistentes.Segunda peza musical con Uxía.Inma López Silva\, madriña desta edición do Exeria24 e presidenta do xurado fará públicos os relatos premiados co accésit e o primeiro premio.Entrega de premios: 500 euros e diploma para o relato finalista e 1000 euros\, bronce de Cuqui Piñeiro e diploma para o relato gañador.Lectura do relato gañador a cargo de Toñi Caseiro.Actuación final de Uxía.Viño e petiscos.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/certame-exeria-24-entrega-de-premios
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,exeria
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/06/2024-06-13-Premio-Exeria24.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240615T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240615T210000
DTSTAMP:20240605T155727Z
CREATED:20240605T155725Z
LAST-MODIFIED:20240605T155727Z
UID:3611-1718438400-1718485200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída pola Ribeira Sacra
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico pecha a tempada de saídas cunha visita á Ribeira Sacra. Será o sábado 15 de xuño e programa inclúe un percorrido da man das amigas de Máis que Románico\, cata e pinchos na adega Cruceiro de Vilachá\, comida en restaurante típico e visita a olería Retoral de Gundivós. \n\n\n\n\n\n\n\nA partir deste mércores 5 de xuño e ata o mércores 12\, ambos incluídos\, abrimos o prazo para inscribirse na excursión pola Ribeira Sacra do 15 de xuño.O procedemento é sinxelo: enviade un correo a actividades@ateneoatlantico.gal ou un whatsapp ao número 635685868 co nome e apelidos da persoa ou persoas que se apuntan e número de socia.Non é necesario que poñades nada mais.Puntualmente xa vos contestamos cos datos para ingresar o importe que serán 60 euros para socias e 70 para non socias. \n\n\n\nA saída será ás 8 da mañán dende o Sta Irene e ás 8.15 dende o Areal (antiguo rectorado)Imos visitar coa guía de Mais que Románico a igrexa de Sta Maria de Proendos\, S. Vicente de Pinol e S. Sillao de Lobios; todas elas románicas con pinturas góticas e renacentistas restauradas no interior.Antes de xantar no Restaurante ACantina entre socalcos de viñas que miran ao Sil probaremos os viños e petiscos na adega familiar Cruceiro de Vilachá.Pola tarde temos concertada unha visita guiada na Olería Retoral de Gundivós para ver os procesos da elaboración tan peculiares desta cerámica.Regresaremos a Vigo arredor das 21 horas. 
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-pola-ribeira-sacra
LOCATION:Sede Zona Franca\, Areal 46\, Vigo\, Galicia\, 36201\, Spain
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/06/2024-06-15-Saida-Ribeira-Sacra.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241001T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241001T213000
DTSTAMP:20240912T113456Z
CREATED:20240912T110056Z
LAST-MODIFIED:20240912T113456Z
UID:3663-1727809200-1727818200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Homenaxe Mª Xosé Porteiro
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo ten o pracer e a honra de de anunciar o acto de recoñecemento a María Xosé Porteiro como Socia de Honra do Ateneo. Terá lugar o martes 1 de outubro de 2024\, ás 19 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nO Ateneo Atlántico ten instaurado un acto anual de recoñecemento a un persoeiro da sociedade galega.Se en anos anteriores o nomeamento de ‘Soci@ de Honra’ recaía en personaxes tan dispares como Xosé Manuel Beiras ou Elvira Landín\, nesta ocasión\, e por unanimidade\, a Xunta Directiva optou pola figura de María Xosé Porteiro.  \n\n\n\nNo acto\, que se celebrará o martes 1 de outubro\, ás 19 horas na biblioteca de EMAO intervirán destacadas compañeiras e compañeiros de María Xosé\, figuras da talla de Víctor Freixanes\, Amada Traba\, Manolo Bragado\, LLerena Perozo e Alberto Avendaño. O toque musical correrá a cargo do artista cubano Raynier Aldana. Ao final do acto compartiremos un viño galego de confraternización. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nMaría Xosé Porteiro\n\n\n\nMaría Xosé Porteiro García (Madrid\, 1952). Xornalista\, política e escritora galega de narrativa e ensaio.Na súa traxectoria vital pasou parte da súa infancia en Cuba para regresar coa súa familia e instalarse definitivamente en Vigo. É Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.Como xornalista traballou en La Voz de Vigo\, no xornal El Pueblo Gallego e en Radio Popular de Vigo. Na actualidade colabora con xornais como La Voz de Galicia\, El País\, The Washington Post ou Tribuna Feminista. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo. \n\n\n\nConcelleira polo PSdeG en Vigo\, foi tenente de alcalde e primeira concelleira de igualdade; Deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados\, Delegada da Xunta de Galicia na Arxentina\, Membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa.Na actualidade é adxunta á Valedora do Pobo galego. \n\n\n\nÉ socia fundadora do Ateneo Atlántico no que participou activamente durante o seu período na Xunta Directiva; é colaboradora do Centro de Documentación de Recursos Feministas de Vigo. \n\n\n\nAo longo da súa traxectoria recebeu numerosos recoñecementos entre os que podemos destacar a Orde do Mérito Civil (Goberno de España 2009) “por su contribución a la política exterior de España”\, o Premio Primero de Mayo ao Compromiso Social e a Solidaridade (CCOO 2019)\, ou o ​Premio de Igualdade Ernestina Otero (Concello de Vigo 2020) en recoñecemento ao seu labor e traxectoria. \n\n\n\nEntre a súa produción literaria cómpre destacar Covardes (2001\, Ir Indo)\, Sándalo (2019\, Galaxia)\, Buscando a Clara (colección Historias para coñecermos Vigo\, 2019\, Elvira) ou a súa última novela\, Tabiba (2023\, Elvira).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/homenaxe-ma-xose-porteiro
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/09/2024-10-01-MXPorteiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241002T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241002T203000
DTSTAMP:20240616T104206Z
CREATED:20240616T104200Z
LAST-MODIFIED:20240616T104206Z
UID:3630-1727893800-1727901000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Outubro
DESCRIPTION:O Club de lectura do Ateneo Atlántico\, e en lugar do habitual\, que é un libro\, selecciona como temática de lectura para este verán a un autor: Paul Auster. En concreto ponse como deberes para o verán a lectura de dous dos libros de Auster traducidos ao galego: Un home na escuridade (lectura principal) e Brooklyb Follies (lectura complementaria)\, ambos editados por Galaxia.A xuntanza terá lugar o mércores 2 de outubro\, ás 18.30 horas no local do Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nPaul Auster\n\n\n\nNova Jersey\, 1947 – Nova York\, 2024\, é un dos máis prestixiosos escritores norteamericanos actuais. Autor de novelas\, ensaios\, poesía\, guións e películas de cine\, a súa obra é lida en todo o mundo. Entre as súas novelas máis coñecidas pódense citar a Triloxía de Nova York (1985-86)\, Moon Palace (1989)\, Leviathan (1992)\, Mr Vertigo (1994)\, The Book of Ilusions (2002)\, Brooklyn Follies (2006)\, Viaxes no scriptorium (2007)\, o guión da película A vida interior de Martin Frost (2007)\, Un home na escuridade (2008)\, Invisible (2009) e Sunset Park (2010)\, estes seis últimos títulos publicados en galego por Galaxia\, que desde 2006 edita a obra de Auster en Galicia. En 2006 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras. (Da ficha do autor na editorial Galaxia). \n\n\n\nUn home na escuridade\n\n\n\nA nova novela de Paul Auster (2008) enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha trama que conxuga a historia de August Brill\, un crítico literario retirado que padece insomnio\, coa duns Estados Unidos sumidos nunha nova guerra civil.August Brill recupérase dun accidente de coche. Deitado na cama\, cóntase a si mesmo historias para tentar escorrentar lembranzas desagradables: a re­cente morte da súa muller\, o arrepiante asasinato do mozo da súa neta. Aos seus setenta e dous anos\, este crítico literario retirado imaxina un mundo sen guerra no Iraq e coas Torres Xe­melgas en pé\, mentres\, como consecuencia das eleccións do ano 2000\, algúns estados dos EUA comezan unha guerra entre si. (Da ficha do libro na Editorial Galaxia) \n\n\n\nBrooklyn Follies\n\n\n\nO autor da Triloxía de Nova York\, galardoado en 2006 co Premio Príncipe de Asturias das Letras\, sorprende outra volta cunha novela na que conxuga brillantez\, humor e axilidade narrativa.Algúns dos grandes mitos da cultura norteamericana\, entre eles a liberdade de escoller o propio destino e a capacidade para xurdir logo do fracaso\, constitúen o pano de fondo desta novela na que Auster artella a narración arredor dun mangado de personaxes trazados dun xeito extraordinariamente vívido e veraz.Brooklyn Follies é unha novela chea de sopresas\, na que a carón da cidade de Nova York aparecen os Estados Unidos do fanatismo relixioso e o mundo idílico da sociedade rural como dúas caras da mesma moeda.Coma no resto da súa obra\, Auster xoga coas referencias literarias e co valor da literatura para redimir as persoas. Natham Glass\, o protagonista\, non só atopa en Brooklyn un refuxio\, alí volve a atopar o que daba por perdido: a emoción da amizade\, a emoción do amor e a capacidade de reinventarse a si mesmo.Unha novela que explora as encrucilladas da vida\, os puntos de inflexión nos que aínda é posible recuperar a liberdade e desmentir o destino.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-outubro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/06/2024-10-02-ClubLecturaPaulAuster.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241008T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241008T210000
DTSTAMP:20240920T172134Z
CREATED:20240920T172128Z
LAST-MODIFIED:20240920T172134Z
UID:3669-1728415800-1728421200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro Serafín Parcero
DESCRIPTION:O martes 8 de outubro\, ás 19.30 horas presentamos o libro As tres vidas e as catro mortes de Roberto Seoane (Medulia Editorial)\, de Serafín Parcero. Será na biblioteca da EMAO e ao longo do acto\, o autor\, Serafín Parcero\, dialogará con Xulio Abalde. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nA vida que vivimos vén sendo\, imos chamarlle así\, a vida orgánica. É a vida dos órganos que laten\, dos pulmóns que respiran\, dos intestinos que traballan\, das células que envellecen. A vida do pelo que medra con certo sentido\, ata o día que decide desaparecer de onde debería lucir para medrar nos sitios máis insospeitados. É a vida das uñas que non paran de medrar\, hai quen di que medran ata despois de mortos… Non é certo\, pero moita xente pensa que así é. Tamén a vida das nosas sensacións e dos nosos sentimentos. Da nosa conciencia e da conciencia do noso. Os sucesos\, os acontecementos que van forxando a nosa historia e o noso carácter\, o noso futuro. A infancia\, a escola\, a xuventude e os primeiros amoríos\, o traballo\, o éxito ou o fracaso. A familia\, o home ou a muller e os fillos. A saúde e a enfermade\, e\, ao final\, a morte que a todos iguala.(Da ficha do libro na editorial Medulia) \n\n\n\nO autor\n\n\n\nSerafín Parcero (Moaña\, 1955) é mestre xubilado. De novo cultivou a poesía social. Influído pola súa profesión\, comezou a escribir contos e teatro para nenos\, iniciándose no ámbito do microrrelato no ano 2000; varios dos seus textos recibiron diversos premios.Publicou Ollos de cinsa (Concello de Bueu\, 2009)\, Insulae Deourum (Edición do autor\, 2017). Viúvas de vivos e de mortos (Tandaia\, Do peirao\, 2019). As illas dos deuses (Xerais\, 2021\, versió revisada de Insulae Deourum) e esta As tres vidas e as catro mortes de Roberto Seoane (Medulia\, 2024).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-serafin-parcero
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/09/2024-10-08-LibroSerafinParcero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241015T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241015T210000
DTSTAMP:20241012T165157Z
CREATED:20241010T160617Z
LAST-MODIFIED:20241012T165157Z
UID:3688-1729020600-1729026000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O tesouro da toponimia galega
DESCRIPTION:O martes 15 de outubro\, na biblioteca da EMAO\, a partir das 19.30 horas\, Gonzalo Navaza falará con nós sobre toponimia galega. O acto será presentado por X. Carlos L. Bernárdez. \n\n\n\n\n\n\n\nGonzalo Navaza\n\n\n\nGonzalo Navaza Blanco (Lalín\, 1957)\, é un escritor galego\, tradutor\, estudoso da toponimia\, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo.No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente. En 2021 foi escollido académico de número da RAG\, ingresando o 5 de novembro de 2022 coa lectura do discurso Nomes de persoa na toponimia de Lalín\, respondido por Antón Santamarina. Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego de Edicións Xerais de Galicia no ano 1988\, chegando a crear o máis vendido da historia do galego\, O pequeno Xerais.O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de Fitotoponimia galega\, un voluminoso volume editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica (AGOn)\, onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais e na Comisión de Toponimia\, encargada oficialmente pola Xunta de Galicia de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente\, impartiu cursos de galego para emigrantes en Basilea e de lingua e literatura galegas en Salvador na Universidade Federal da Bahia (Brasil).Entre a súa produción literaria\, e ademais de ensaios\, traducións e obras colectivas\, podemos destacar os poemarios Fábrica Íntima (Galaxia\, 1991) ou Libra (Galaxia\, 2000)\, a obra infantil Fábulas contadas (Xerais\, 2020)\, e\, especialmente\, o libro de relatos Erros e Tánatos (Xerais\, 1996)\, que en pouco tempo se convertiría nun clásico da literatura galega actual.Ao longo da súa carreira foi recoñecido con numeros premios e distincións\, entre os que podemos citar o II Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (1991) por Fábrica íntima\, o Premio da Crítica Española (1991)\, por Fábrica íntima\, Premio Arcebispo San Clemente na categoría de novela en lingua galega (1998) por Erros e Tánatos\, Premio Martín Codax (2000)\, por Libra\, Premio da Crítica Española (2000)\, por Libra\, Premio de Investigación Losada Diéguez (2007) por Fitotoponimia galega. Premio Lois Peña Novo (2008)\, por Toponimia de Catoira\, Premio da AELG á mellor tradución (2008)\, por As flores do mal. etc.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-tesouro-da-toponimia-galega
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-15-ToponimiaNavaza.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241016T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241016T210000
DTSTAMP:20241014T161557Z
CREATED:20241010T161526Z
LAST-MODIFIED:20241014T161557Z
UID:3692-1729107000-1729112400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O impacto do proxecto Altri
DESCRIPTION:Co título O proxecto Altri e o seu impacto sobre A Ulloa\, o río Ulla e a ría de Arousa\, O Ateneo Atlántico\, en colaboración coa Plataforma para a defensa da ría de Arousa\, a Plataforma Ulloa Viva\, e Verdegaia\, organiza un acto informativo sobre as consecuencias medioambientais da construción dunha megafactoría na serra de Caerón\, en Lugo\, por parte da empresa Altri. \n\n\n\n\n\n\n\nA partir da xénese da celulosa de ENCE na ría de Pontevedra\, e da análise dos efectos económicos e medioambientais que tivo en toda a comarca\, os poñentes tentarán demostrar como este tipo de industrias estragan o medio e supoñen beneficios\, unicamente\, para as empresas. \n\n\n\nNo acto\, que terá lugar na sede do Ateneo (Doutor Cadaval 17) o mércores 16 de outubro ás 19.30 horas\, participarán o biológo Xurxo Mouriño\, da plataforma Ulloa Viva\, e o tamén biólogo Antón Masa en representación da Plataforma para a defensa da ría de Arousa.Presenta\, por parte do Ateneo\, Amada Traba. \n\n\n\nEnlace ao vídeo Altri: a sede insostible \n\n\n\nAntón Masa Vázquez\n\n\n\nLicenciado en bioloxía pola USC. Traballo na Misión Biolóxica de Galicia e no ano 1987 participou na fundación da Asociación Pola Defensa da Ría\, organización que pasou a presidir en 1997. \n\n\n\nXurxo Mouriño Lourido\n\n\n\nBiólogo\, membro de Verdegaia e da plataforma Ulloa Viva. Formado en xestión cinexética\, e avaliación de impacto ambiental. Autor de numerosas publicacións en artigos e libros\, principalmente nos campos da ornitoloxía\, botánica e especies exóticas invasoras.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/acto-informativo-sobre-altri
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-16-PAltri.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR