BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230301T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230301T203000
DTSTAMP:20230203T095637Z
CREATED:20230203T095627Z
LAST-MODIFIED:20230203T095637Z
UID:2539-1677695400-1677702600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Febreiro
DESCRIPTION:Os seres queridosBerta DávilaPremio Xerais 2021\n\n\n\nO libro seleccionado polo club de lectura do Ateneo Atlántico para ler durante o mes de febreiro é o Premio Xerais de Narrativa do ano 2021.Tratase de Os seres queridos\, de Berta Dávila\, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal\, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero\, por enriba de todo\, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen\, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser (da ficha do libro en Ed. Xerais). \n\n\n\nCinco anos despois de ser nai\, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar\, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano\, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos\, a narradora fálanos da familia e da parella\, dos lazos que non se escollen\, pero tamén do loito\, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome. (Da ficha do libro na Editorial)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-febreiro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/02/2023-03-ClubLectura-BertaDavila.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230307T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230307T210000
DTSTAMP:20230227T193830Z
CREATED:20230227T100903Z
LAST-MODIFIED:20230227T193830Z
UID:2588-1678215600-1678222800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Do mito do crecemento ao decrecemento. 1
DESCRIPTION:Primeiro acto do ciclo Do mito do crecemento ao decrecemento\, co título Que é o Decrecemento e por que é necesario. Martes 7 de marzo de 2023\, 19 horas\, Salón de actos da Facultade de Comercio de Vigo. \n\n\n\n\n\n\n\nCiclo\, Do mito do crecemento ao decrecemento.Un: Que é o Decrecemento e por que é necesario?Begoña de Bernardo MiñoRemedios Copa SánchezXoán Doldán\n\n\n\nO Ciclo está organizado polo Ateneo Atlántico\, a Rede para o Decremento Eo-Navia\, Galiza\, O Bierzo\, Post-Growth (Uvigo) e Ecobas (Uvigo).No acto de hoxe falaremos da necesidade de crear un imaxinario novo e posibilista.Que é o Decrecemento (teoría)Que é e por que nace a Rede para o Decrecemento Eo-Navia\, Galiza\, O Bierzo; principios e ámbitos de traballo.Por que é necesario o Decrecemento: Decrecemento e crise enerxética; relación co quecemento global. \n\n\n\nBegoña de Bernardo Miño. Enxeñeira Agrónoma. Presidenta de Véspera de Nada.Remedios Copa Sánchez. Vicepresidenta da Rede para o Decrecemento Eo-Navia\, Galiza\, O Bierzo.Xoán Doldán. Profesor de Economía Aplicada na USC. Membro da Rede para o Decrecemento Eo-Navia\, Galiza\, O Bierzo.Presenta e dinamiza o coloquio Remedios Copa.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/do-mito-do-crecemento-ao-decrecemento-1
LOCATION:Facultade de Comercio\, Rúa do Conde de Torrecedeira\, 105\, Vigo\, Galicia\, 36208\, Spain
CATEGORIES:actividades
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230309T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230309T210000
DTSTAMP:20230227T095729Z
CREATED:20230221T185027Z
LAST-MODIFIED:20230227T095729Z
UID:2567-1678390200-1678395600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Realidades: prostitución e pornografía
DESCRIPTION:Dentro das actividades arredor do 8 de marzo\, o vindeiro 9\, xoves\, ás 19.30 horas\, estará con nós Helga Pita Romero que conversará con Amada Traba sobre as Realidades da prostitución e a pornografía na nosa sociedade actual. O acto terá lugar no salón de actos da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nRealidades da prostitución e a pornografía na nosa sociedade actualÉ a prostitución un traballo coma outro?Helga Pita RomeroAmada Traba\n\n\n\nHelga Pita Romero é Educadora social especializada en intervención con mulleres VTSH (Víctimas de trata de seres humanos).É directora do Recurso residencial “Nuevos comienzos” da ONG Fiet Gratia.Coordinadora do proxecto de detección de VTSH e atención a mulleres en contexto de prostitución e explotación sexual da ONG Fiet Gratia en Galicia. \n\n\n\nAmada Traba é profesora da Universidade de Vigo desde o ano 1996.  Docente de Socioloxía da Educación\, materia na que aplica a perspectiva de xénero. Desde hai 30 anos participa en numerosas actividades de formación en materia de igualdade e xénero\, posgraos e outro tipo de cursos (actualmente o de Canteira de Igualdade promovido pola Deputación de Pontevedra)\, elabora materiais didácticos\, participa en investigacións (recentemente a análise con perspectiva de xénero da producción audiovisual de ficción en Galicia 2020). Realizou diagnoses de situación da igualdade en concellos e na propia Universidade de Vigo\, elaborando posteriormente plans de igualdade. Autora\, xunto con Chis Oliveira\, do libro Ám@me.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/realidades-prostitucion-e-pornografia
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/02/2023-03-09-Prostitucion.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230314T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230314T210000
DTSTAMP:20230311T172803Z
CREATED:20230311T172754Z
LAST-MODIFIED:20230311T172803Z
UID:2669-1678820400-1678827600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Do mito do crecemento ao decrecemento. 2
DESCRIPTION:Segundo acto do Ciclo Do mito do Crecemento ao Decrecemento que organiza o Ateneo Atlántico de Vigo\, xunto coa Rede para o Decrecemento Eo-Navia\, Galiza\, O Bierzo\, e a Universidade de Vigo (Post-Growth e Ecobas). Neste caso o título da actividade é Limitacións das enerxías alternativas e condicionamento do futuro industrial. Terá lugar no salón de actos da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo (rúa Torrecedeira 105) en horario de 19 a 21 horas.Trátase de reflexionar arredor do crecemento desmesurado da economía e a necesidade de entrar nun período de Decrecemento. \n\n\n\n\n\n\n\nLimitacións das enerxías alternativas e condicionamiento do futuro industrialMartes 14 de marzo\n\n\n\nEnerxías renovables.Limitacións das enerxías renovables.Como condicionan á industria futura as limitacións enerxéticas e o esotamento de determinados elementos no planeta. \n\n\n\nXavier Simón Fernández. Doctor en Economía Ecolóxica. Economía Aplicada. Uvigo. Director do Observatorio sobre agroecoloxía e eólicos en Galicia.Rosa María Regueiro Ferreira. Doctora en Economía Aplicada da USC. Investigadora especialista en Economía das Enerxías Renovables.Mario Pansera. Doctor e Director do Post-Growth Innovatiow. Uvigo.Presenta e dinamiza o coloquio David Esperón Fontán\, Psicólogo\, Membro da Directiva para o Decrecemento Eo-Navia\, Galiza. O Bierzo\, e de REAS Galicia.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/do-mito-do-crecemento-ao-decrecemento-2
LOCATION:Facultade de Comercio\, Rúa do Conde de Torrecedeira\, 105\, Vigo\, Galicia\, 36208\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/2023-03-09-CicloDecrecemento2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230315T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230315T210000
DTSTAMP:20230308T165350Z
CREATED:20230302T192416Z
LAST-MODIFIED:20230308T165350Z
UID:2619-1678908600-1678914000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo Sesión dobre
DESCRIPTION:Nova sesión do cinemAteneo do Ateneo Atlántico con sesión dobre para conmemorar o 8 de marzo. Poderemos ver\, e comentar\, as películas A las mujeres de España (María Lejárraga) e a curtametraxe Matria\, de Álvaro Gago.Será o mércores 15 de marzo\, ás 19.30 horas\, nos Multicines Norte. \n\n\n\n\n\n\n\ncinemAteneoA las mujeres de EspañaMatria\n\n\n\nA las mujeres de España\n\n\n\nA las mujeres de España é un documental ficionado que narra a historia de María Lejárraga\, escritora e pioneira do feminismo en España durante os anos 20 do século pasado\, e cuxa produción viu a luz baixo o nome do seu marido\, o empresario teatral Gregorio Martínez Sierra.A dramaturga española (interpretada no documental por Cristina Domínguez) máis prolífica de todos os tempos\, autora de obras como Canción de Berce\, levada ao cinema en cinco ocasión\, ou do libreto do Amor bruxo\, de Falla.Foi\, ademais\, Deputada na Segunda República e fundadora de proxectos pioneiros para os dereitos e as liberdades da muller. \n\n\n\nMatria\n\n\n\nPouco queda por dicir do curto Matria\, de Álvaro Gago. Trátase dun dos curtos máis laureados do 2018; entre os premios acadados destaca o Grand Jury Prize en Sundance.Ante los desafíos que le presenta su rutina diaria\, Ramona trata de refugiarse en la relación que le une a su hija y a su nieta. \n\n\n\nA sesión será presentada por Puri Bernárdez.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-sesion-dobre
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/2023-03-15-CineVioleta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230316T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230316T213000
DTSTAMP:20230307T181506Z
CREATED:20230307T181122Z
LAST-MODIFIED:20230307T181506Z
UID:2655-1678993200-1679002200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Seminario de Iniciación á fotografía
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico organiza un Seminario de Iniciación á fotografía dixital\, centrado na Composición fotográfica. Terá lugar a partir do xoves 16 de marzo\, en horario de 19 a 21.30 horas. Constará de catro sesións e as datas  posterioress marcaranse por consenso entre as persoas participantes. \n\n\n\n\n\n\n\nIniciación á fotografía dixitalA composición fotográficaGrupo Petanxeros-Vigo\n\n\n\nA quen vai dirixido?\n\n\n\nO seminario está dirixido a todas as persoas socias do Ateneo Atlántico\, sen necesidade de que teñan coñecementos previos de fotografía.O único requisito previo é que as persoas participantes queiran mellorar as súas fotos mediante unha aprendizaxe teórica e práctica das técnicas básicas de exposición e composición fotográfica\, para así aproveitar ao máximo as posibilidades das súas cámaras\, tanto sexan teléfonos móbiles\, como cámaras compactas\, sen espello ou réflex. \n\n\n\nDuración\n\n\n\nO seminario terá unha duración de catro sesións.A primeira sesión terá lugar o xoves 16 de marzo entre as 19 e as 21.30 horas.A partir de aí\, as propias persoas participantes consensuaran as datas para celebrar a tres sesións restantes. \n\n\n\nOnde?\n\n\n\nNo local do Ateneo Atlántico\, na rúa Dr. Cadaval 17 \n\n\n\nRelatores\n\n\n\nGrupo Pentaxeros-VigoRafael Ojea\, Luís Otero\, Jorge Rodríguez e Juan de Oca.Fotógrafo invitado\, Anxo Cabada. \n\n\n\nInscrición\n\n\n\nA inscrición formalizarase enviando un correo electrónico á dirección: \n\n\n\nateneo@ateneoatlantico.gal \n\n\n\nO correo incluirá os seguintes datos: \n\n\n\n\nNo Asunto figurará: “Seminario de fotografía Ateneo”\n\n\n\nNo corpo da mensaxe:\n\nNome e apelidos da persoa solicitante\n\n\n\nEnderezo electrónico\n\n\n\nNúmero de teléfono móbil\n\n\n\nTipo e modelo de cámara que utiliza habitualmente\n\n\n\n\n\n\nA data límite para o envío de solicitudes será o luns 13 de marzo\n\n\n\nPara garantir unha atención individualizada\, o seminario ten un número limitado de prazas.A orde de adxudicación será por estricta orde de chegada.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/seminario-de-iniciacion-a-fotografia
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/2023-03-16-SeminarioFotografia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230316T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230316T210000
DTSTAMP:20230312T201458Z
CREATED:20230221T190204Z
LAST-MODIFIED:20230312T201458Z
UID:2572-1678995000-1679000400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Antía Otero
DESCRIPTION:O xoves 16 de marzo\, ás 19.30\, na biblioteca da EMAO\, presentaremos o libro Barroco\, de Antía Otero. Contaremos coa presenza da autora que conversará con Oriana Méndez. Porá a música Su Garrido. \n\n\n\nPresentación do libro BarrocoDe Antía OteroCon Oriana MéndezE música de Su Garrido\n\n\n\nDesta maneira a autora lévanos por un camiño moi persoal que\, ao mesmo tempo\, pode ser escenario das vivencias de cada un de nós\, pois moitos dos lugares e experiencias que describe son comúns e mesmo as reflexións son\, ás veces\, parecidas ás que nós mesmos fixemos perante situacións similares. E aquí englobaría as abundantes referencias á infancia e a un entorno rural que\, por momentos\, chega a aproximarse ao bucólico grazas á certeira pluma de Antía. Entre as reflexións máis persoais destacaría as derivadas das referencias á morte e a perda que iso significa\, con implicacións directas ás feridas herdadas polas novas xeracións e o sentimento de rebeldía\, mesmo de insubmisión\, que provoca no eu poético tal situación. Esta é unha parte esencial do discurso encerrado no poemario.(Texto escrito por Manrique Fernández na web ComarcasNaRede)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-antia-otero
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/02/2023-03-16-PresentacionBarroco.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230321T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230321T210000
DTSTAMP:20230311T174440Z
CREATED:20230311T173932Z
LAST-MODIFIED:20230311T174440Z
UID:2672-1679425200-1679432400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Do mito do crecemento ao decrecemento. 3
DESCRIPTION:Terceira e definitiva actividade do Ciclo Do mito do Crecemento ao Decrecemento que organiza o Ateneo Atlántico de Vigo\, xunto coa Rede para o Decrecemento Eo-Navia\, Galiza\, O Bierzo\, e a Universidade de Vigo (Post-Growth e Ecobas).Neste caso o título do acto é Vantaxes e inconvenientes da economía circular. Terá lugar\, como é habitual no ciclo\, no salón de actos da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo (rúa Torrecedeira 105) en horario de 19 a 21 horas.Trátase de reflexionar arredor do crecemento desmesurado da economía e a necesidade de entrar nun período de Decrecemento. \n\n\n\n\n\n\n\nVentaxes e inconvenientes da economía circular\n\n\n\nEconomía circular/Economía entrópica.Vantaxes\, inconvenientes e limitacións. \n\n\n\nMiguel Rodríguez Méndez. Profesor do Departamento de Economía Aplicada de Uvigo.Brais Suárez Eiroa. Investigador Post-Doctoral no Post-Growth Innovatiow. UvigoMario Pansera. Doctor e Director do Post-Growth Innovatiow. Uvigo.Presenta e dinamiza o coloquio: Miguel Anxo Abraira. Presidente da Rede para o Decrecemento Navia-Eo\, Galiza\, O Bierzo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/do-mito-do-crecemento-ao-decrecemento-2-2
LOCATION:Facultade de Comercio\, Rúa do Conde de Torrecedeira\, 105\, Vigo\, Galicia\, 36208\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/2023-03-21-CicloDecrecemento3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230329T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230329T213000
DTSTAMP:20230324T163046Z
CREATED:20230321T101155Z
LAST-MODIFIED:20230324T163046Z
UID:2759-1680120000-1680125400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Unha peli con\, Fernando Franco
DESCRIPTION:Río de sombras\, de Daniel Domínguez\, é a película seleccionada por Fernando Franco para compartir co Ateneo Atlántico. Será o vindeiro mércores 29 de marzo\, ás 20 horas\, no local do Ateneo na rúa Doutor Cadaval. \n\n\n\n\n\n\n\nPodemos falar de cine\, mesmo ante eruditos\, sen saber apenas\, sen telo frecuentado?Claro que se pode sempre que un fale de emocións da memoria cinéfila\, aínda que sexa escasa\, coa sinxeleza requerida e sen meterse en leas culturetas ou caer en derivas intelectualoides. \n\n\n\nAlgo disto apuntará Fernando Franco no próximo encontro de cine do Ateneo o día 29 de marzo; un apunte  dito con levidade da súa inicial historia co cine\, di el. \n\n\n\nComo película para compartir elexiu Río de sombras\, porque su director nos achega ao cine galego dos comenzos\, porque Daniel Domínguez deixou  un fulgurante ronsel de mestre\, guionista e cineasta que cortou a súa precoz morte\, porque dura só 20 minutos co que nos salva das garras doutras de 3 horas como Guerra e Paz e porque os seus actores\, aínda que non sexan  Audrey Hepburn\, Henry Fonda\, Mel Ferrer e Vittorio Gassman\,  son en gran parte de Vigo e a súa bisbarra. \n\n\n\nFernando Franco\, periodista e axitador cultural saúdanos cada día desde o seu peculiar recuncho no Faro de Vigo: Mira Vigo. Despois de 40 anos\, e un estilo inconfundible\, entre familiar e rigoroso\, tanto lle ten falar de moda como de gastronomía como da xuntanza polo cincuenta aniversario da correspondente camada de vigueses e viguesas anónimos.E\, sempre\, sempre\, coa cidade de Vigo e a súa peculiar flora e fauna como epicentro.Pouco queda por dicir de Fernado\, e o pouco que queda\, mellor que siga en silencio. \n\n\n\nRío de sombras\, 1986Director: Daniel DomínguezIntérpretes: Julio Rodríguez\, Roberto Fernández\, José Luis González\, Tete Delgado\, Pepe de Mosende\, Uxía Senlle \, Tutucho \, Raúl Francés \, Alberto Comesaña \, Ramón Domínguez.Produción: As serpes do caravel PC;  Ángeles GarcíaGuión: Daniel Domínguez \, Raúl Francés en base ao conto O Suso\, de José Luis Méndez FerrínDirector de fotografía: Javier SerranoMontaxe: Juan Ignacio San MateoDuración: 21 minutos \n\n\n\nO Ateneo Atlántico agradece á Filmoteca de Galicia – AGADIC a cesión gratuíta de dereitos para a exhibición desta película.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/unha-peli-con-fernando-franco
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230330T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230330T210000
DTSTAMP:20230321T164729Z
CREATED:20230321T102645Z
LAST-MODIFIED:20230321T164729Z
UID:2766-1680206400-1680210000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Antonio García Teijeiro
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, xunto coa editorial Belagua e a librería Librouro comprácense en presentar o novo poemario de Antonio García Teijeiro. O acto terá lugar na librería Librouro o xoves 30 de marzo de 2023 ás 20 horas. \n\n\n\n\n\n\n\n«Despois do camiño percorrido na única vida que nos toca vivir\, queda algo daqueles soños da nenez\, da mocidade\, dos primeiros anos da adultez?É o noso paso pola vida o voo dun paxaro que ás veces volve ao niño e outras emigra e non sabemos máis del?».As anteriores son algunhas das reflexións de An Alfaya nun limiar do libro que remata contundente: «Cando un entra no mar poético de O poder da fraxilidade ninguén sae indemne».Texto da ficha do libro na Editorial Belagua. \n\n\n\nNo acto contaremos coa presenza do propio autor que estará acompañado de An Alfaya (autor do limiar do libro) e Edurne Baines (directora da editorial Belagua).E coa participación musical de Alberto Cunha.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-antonio-garcia-teijeiro
LOCATION:Librería Librouro\, Rúa de Eduardo Iglesias\, 12\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/2023-03-30-PresentaAGTeijeiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230404T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230404T203000
DTSTAMP:20230329T150912Z
CREATED:20230329T150836Z
LAST-MODIFIED:20230329T150912Z
UID:2793-1680634800-1680640200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Adrián Viéitez
DESCRIPTION:O martes 4 de abril de 2023\, Adrián Viéitez presenta o seu poemario Alta escuela musical.O acto terá lugar ás 19 horas\, no local do Ateneo\, e o autor estará acompañado de Víctor Soho.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-adrian-vieitez
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/2023-04-04-PresentaAdrianVieitez.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230412T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230412T200000
DTSTAMP:20230314T114300Z
CREATED:20230303T123928Z
LAST-MODIFIED:20230314T114300Z
UID:2627-1681324200-1681329600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Marzo
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura para ler ao longo do mes de marzo (xuntanza 12 de abril)\, é O muiñeiro ouveador\, do escritor finlandés Arto Paasilinna. \n\n\n\n\n\n\n\nA trama está ambientada en Laponia despois da Segunda guerra mundial. O personaxe principal é Gunnar Huttunen\, un muiñeiro que adoita ouvear polas noites\, facendo ladrar aos cans\, e que aínda que ás veces se comporta dun xeito louco\, é un bo home traballador no seu muíño á beira do río Kemi\, en Suukoski.A maioría dos seus veciños comezan a pórse a mal con el pola súa forma de ser. Finalmente mándano para un manicomio\, e cólleno cando se estaba empezando a namorar dunha veciña\, Sanelma Käyrämö\, unha asesora agrícola\, e pintando o muíño de vermello. No hospital mental atopouse cun home san ingresado e que lle axudou a escapar de alí. Volve á aldea mais ten que andar de eremita no monte para que non o volvan meter no manicomio. (Texto da Galipedia) \n\n\n\nO muiñeiro ouveadorArto PaasilinnaTítulo orixinal\, Ulvova mylläriAno de publicación 1981Tradución ao galego\, Tomás González Ahola\, marzo 2019\, Rinoceronte EditoraEn 1982 foi levada ao cine por Jaakko PakkasvirtaFicha do libro na editorial
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-marzo
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/2023-04-ClubLecturaPaasilinna.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230413T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230413T210000
DTSTAMP:20230326T175124Z
CREATED:20230326T175116Z
LAST-MODIFIED:20230326T175124Z
UID:2790-1681416000-1681419600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Asembleas anuais
DESCRIPTION:A Xunta Directiva da Asociación Ateneo Atlántico convoca a para 13 de abril ás 20 horas\, no local habitual (Doutor Cadaval 17) a súa Asemblea Ordinaria de socixs correspondente ao ano 2023. Convoca\, tamén\, e a continuación\, unha Asemblea Extraordinaria para a elección da Xunta Directiva. \n\n\n\nXunta Xeral Ordinaria. Orde do día\n\n\n\n\nBalance de xestión\n\n\n\nInforme económico\n\n\n\nActualización de estatutos\n\n\n\nRogos e preguntas\n\n\n\n\nXunta Xeral Extraordinaria. Orde do día\n\n\n\n\nElección da nova Xunta Directiva\n\n\n\n\nMáis información sobre o procedemento nos Estatutos do Ateneo e na Convocatoria anual. \n\n\n\nAnimándovos\, de novo\, a participar dos órganos de goberno do Ateneo Atlántico\, e moi especialmente\, a acudir ás Asembleas e actos que celebramos.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/asembleas-anuais
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:asembleas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/AteneoOficialTransparente900x450.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230418T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230418T210000
DTSTAMP:20230324T170956Z
CREATED:20230324T170954Z
LAST-MODIFIED:20230324T170956Z
UID:2781-1681846200-1681851600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Sobre o poético e o político en José Saramago
DESCRIPTION:Dentro da programación de actos para conmemorar o centenario de José Saramago\, o Ateneo Atlántico presenta a charla Sobre o poético e o político en José Saramago\, da man de Burghard Baltrusch. Será o martes 18 de abril\, ás 19.30 horas\, no local do Ateneo (rúa Doutor Cadaval) \n\n\n\n\n\n\n\nO 22 de novembro de 1923 nacía José Saramago\, no seo dunha familia de labregos sen terra\, en Azinhaga (Ribatejo). Despois do Club de lectura dedicado a Todos os nomes\, o Ateneo continúa coa súa particular homenaxe ao premio Nobel portugués cunha charla do profesor Burghard Baltrusch. O acto estará presentado por Félix Caballero. \n\n\n\nEn palabras do noso relator\, “os grandes textos saramaguianos crean un poético-político e unha responsabilidade ética co base nunha ontoloxia da liberdade inserida nun contexto socio-histórico“\, e suxire a necesaria revisitación de toda a súa obra “a partir da filosofia e da política“\, para destacar que “a escrita de Saramago caracteríza por un poético-político non-lírico que excede á historia narrada ou ao libro publicado“. \n\n\n\nBurghard Baltrusch é profesor de Literaturas Lusófonas e presidente da I Cátedra Internacional José Saramago na Universidad de Vigo. É investigador principal do grupo BiFeGa\, onde desenvolve proxectos arredor das obras de Fernando Pessoa e José Saramago\, a poesía actual e a teoría da traducción. Coordina o proxecto “Poesía actual e política” (POEPOLIT\, FFI2016-77584-P)\, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade. Foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos\, coordinou diferentes programas de doutoramento e congresos internacionais.Entre outros libros\, publicou ou (co)editó: Bewußtsein und Erzählungen der Moderne im Werk Fernando Pessoas (Peter Lang\, 1997)\, Kritisches Lexikon der Romanischen Gegenwartsliteraturen (5 vols.\, coed. con W.-D. Lange et al.\, G. Narr-Verlag\, 1999)\, Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry (coed. com I. Lourido\, Peter Lang\, 2012)\, Lupe Gómez: libre e estranxeira – Estudos e traducións (Frank & Timme\, 2013)\, “O que transformou o mundo é a necessidade e não a utopia” – Estudos sobre utopia e ficção em José Saramago (Frank & Timme\, 2014).Actualmente é docente da materia Literatura e cultura do segundo idioma estranxeiro: Portugués (Grao en Linguas Estranxieras) e de Xénero e literatura: Galicia e os países lusófonos (Grao en Ciencias da Linguaxe i Estudos Literarios).(Texto da Ficha de Burghard Baltrusch na web da UVigo). \n\n\n\nFélix Caballero é escritor e humorista; licenciado en Ciencias da Información (Periodismo) pola Universidad de Navarra\, é Máster e Doutor en Investigación en Comunicación pola Universidad de Vigo. Trabajado como periodista en El Correo Gallego (Santiago)\, Riadevigo.com i España Exterior (Vigo).É autor de dous libros de entrevistas sobre o humorismo gráfico como profesión: O humor en cadriños. Conversaciones con Siro\, Xaquín Marín\, Xosé Lois e Pepe Carreiro (2012) e O humor en cadriños 2. Conversas con Pinto & Chinto\, Santy Gutiérrez\, Davila\, Leandro\, Kiko da Silva e Meixide (2017). Así mesmo escribiu dous libros de pensamentos humorísticos\, Pienso\, luego embisto (2000) e Sólo sé que no sé nadar (2002)\, e un estudo sobre o humor galego co título de O humor galego alén da retranca (2012).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/sobre-o-poetico-e-o-politico-en-jose-saramago
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/2023-04-18-JoseSaramago3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230419T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230419T210000
DTSTAMP:20230401T085740Z
CREATED:20230401T085718Z
LAST-MODIFIED:20230401T085740Z
UID:2796-1681932600-1681938000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro. Carlos L. Bernárdez
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico prácese en presentar Unha historia da arte galega\, editorial Laiovento\, o novo libro do noso compañeiro Carlos L.Bernárdez. O acto terá lugar o martes 19 de abril\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. O autor estará acompañado por José Luís Mateo. \n\n\n\n\n\n\n\n“Desde as mámoas e os petróglifos até as tendencias estéticas das últimas décadas\, o obxecto do libro é realizar un achegamento á imaxe artística galega\, un anaco da tradición cultural europea producida nun país que posúe unha singularidade histórica marcada. Na arte galega foron proxectándose ao longo da historia as grandes correntes artísticas da Europa Occidental\, con variábeis ritmos de incorporación e en sintonía con diferentes procesos históricos\, e neles maniféstanse as peculiaridades\, as diferenzas locais\, as discontinuidades e os achados laterais a respecto dos períodos uniﬁcados da historia da arte. Alén diso\, desde o século XIX\, asistiremos ao intento de deﬁnir unha arte nacional\, con diferentes denominacións segundo o momento histórico (rexionalismo\, nacionalismo)\, nun contexto onde artistas e pensadores propiciarán coas súas reﬂexións unha lectura do pasado e presente artístico galego.Pártese de que\, como toda actividade humana\, a arte non pode nin debe ser inmutábel\, estática\, pois nela conviven aspectos tradicionais con inﬂuencias externas\, viviﬁcadoras.Neste sentido\, pensar a tradición artística desde nós é pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde a posición actual da nosa nación e tamén desde a pura visualidade\, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes mais non incompatíbeis. Entendemos a arte galega\, pois\, como espello dunha realidade histórica complexa\, que dialoga connosco e maniféstase como unha interpelación que\, desde moi lonxe\, se dirixe ao espectador de calquera tempo\, e que este pode albiscar nese instante sorprendido que implica a percepción dunha boa obra de arte como quen enxerga algo de nós mesmos”.(Texto do propio libro e da web da editorial Laiovento) \n\n\n\nCarlos López Bernárdez (Vigo\, 1958) é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.Entre os seus libros destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega\, en colaboración con X. R. Mariño Ferro (2004); Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo\, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento\, 2016); Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento\, 2018) e Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Laiovento\, 2020).No ámbito dos estudos literarios publicou traballos sobre Manuel Antonio\, Vicente Risco\, Lorenzo Varela\, X. Mª Álvarez Blázquez e Ramón Cabanillas. Das súas publicacións en catálogos e comisariados destacan Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano; De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a arte galega de posguerra; Seoane. Razón e compromiso; Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950; Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos e Foi un home. Laxeiro en América.Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento “Faro da Cultura” do Faro de Vigo e en Sermos\, suplemento de Nós Diario. \n\n\n\nJosé Luís Mateo é historiador. Ten unha longa traxectoria en traballos de documentación\, investigación e comisariado de exposicións\, así como na organización e coordinación de proxectos culturais.É colaborador\, como articulista\, en prensa escrita e revistas especializadas.Pertence ao Instituto de Estudos Vigueses e ao Ateneo Atlántico.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-carlos-l-bernardez
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:presentacions
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230420T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230420T210000
DTSTAMP:20230414T094452Z
CREATED:20230404T165432Z
LAST-MODIFIED:20230414T094452Z
UID:2806-1682019000-1682024400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Municipalismo e Federalismo
DESCRIPTION:O próximo 20 de abril\, xoves\, ás 19.30 horas terá lugar o acto que titulamos Municipalismo e Federalismo. Nel conversarán\, man a man\, Ramón Máiz e o ex-ministro Fran Caamaño. Terá lugar na Casa Galega da Cultura.. \n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\nRamón Máiz é catedrático de Ciencia Política na Universidad de Santiago de Compostela.Publicou recentemente en revistas como Regional and Federal Studies\, Nationalism and Ethnic Politics\, Journal of Political Ideologies\, Studies in Ethnicity and Nationalism\, Araucaria\, Nations and Nationalism y Revista Española de Ciencia Política.Entre os seus últimos libros están: Ethnicisme et Politique (con Jean Tournon) L’Harmattan: Paris\, 2010; The Inner Frontier Frankfurt: Peter Lang\, 2013; R. Máiz Prólogo\, tradución e notas Madison et al. EL Federalista Madrid: Akal\, 2015. Nacionalismo y Federalismo Madrid: Siglo XXI\, 2018. E\, Sieyès Escritos de la Revolución de 1789 Madrid: Akal\, 2020.R. Máiz Prólogo\, tradución e notas; R. Máiz\, Prólogo\, tradución e notas a K. Marx. O Manifesto Comunista e outros escritos políticos USC: BBVA\, 2021É membro da directiva do Comittee on Ethnicity and Politics da International Political Science Association\, do Comité Académico do Centro de Filosofía da Universidade de Lisboa (CFUL)\, e dos Consellos editoriais de Diversitas (Peter Lang)\, “Clásicos” do CIS e “Estudios políticos” del CEPCO. Pertence ao comité internacional de redación das revistas: Nationalism and Ethnic Politics\, Pôle Sud\, Araucaria y Nations and Nationalism. \n\n\n\n\n\n\n\nFrancisco Caamaño Domínguez (1963) é Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña. Antes foi profesor da de Santiago\, onde se doctorou\, Letrado do Tribunal Constitucional\, Director da Fundación Democracia e Goberno Local e catedrático da Universidade de Valencia.No ano 2004 foi nomeado Secretario de Estado de Relaciones coas Cortes. No 2008\, tras a constitución do novo Goberno Zapatero\, ocupou a Secretaría de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios e o 24 de febrero de 2009 asumiu o cargo de Ministro de Xustiza e Notario Maior do Reino. No ano 2010\, foi nomeado Presidente do Consello Europeo de Xusticia e Interior.Nas eleccións do ano 2011 foi elixido Deputado a Cortes pola circunscripción de A Coruña e nomeado Vicepresidente da Comisión Constitucional. No ano 2012 foi elixido Deputado do Parlamento de Galicia e no 2015 reincorporouse á vida universitaria.Como universitario ten realizado estadías de investigación no Instituto Europeo de Florencia e nas Universidades de Edimburgo e Coimbra. É autor de numerosos artígos académicos e libros sobre materias da súa disciplina. Particularmente sobre federalismo ten escrito varios artigos e dous libros: Democracia federal. Apuntes sobre España (2014) e Federación y reforma (2020).Está en posesión de diversos premios e distincións entre os que se destacan a Medalla do Tribunal Constitucional\, a do Colexio de Abogados de Santiago de Compostela\, a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort e a Gran Cruz de la Orden de Carlos III.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/municipalismo-e-federalismo
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/04/2023-04-20-MunicipalismoeFederalismo-1.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230425T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230425T210000
DTSTAMP:20230424T172322Z
CREATED:20230406T092908Z
LAST-MODIFIED:20230424T172322Z
UID:2811-1682451000-1682456400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Homenaxe a Xosé Manuel Beiras
DESCRIPTION:O martes 25 de abril o Ateneo Atlántico rende homenaxe a Xosé Manuel Beiras. O acto terá lugar ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. A asistencia será aberta previa solicitude por correo electrónico (ateneo@ateneoatlantico.gal) e a correspondente confirmación por parte da organización. \n\n\n\n\n\n\n\n \n\n\n\nBeiras. Eduardo Galeano\n\n\n\nA primera vista parece un león.Y es.Pero tiene la delicadeza del ciervo\,la paciencia del gato\,la lealtad del perro\,la solidaridad de las aves\, que se ayudan en el vuelo\,el sentido del honor del toro de lidia\, que se crece en el castigo\,y la inteligencia de los raros hombres que dan prestigio a la condición humana.Gallego tenía que ser(Eduardo Galeano) \n\n\n\nMesmo dende unha a admiración sen fronteiras e o cariño incondicional polo ser humano\, pouco queda por dicir ou facer arredor de Xosé Manuel Beiras. Un galego\, un home excepcional. \n\n\n\nPara esta homenaxe o Ateneo Atlántico quere transcender a imaxe do político\, economista e profesor para achegarse ao ser humano\, ao galego e galeguista\, o home do piano\, o paciente\, leal e delicado\, ao ensaísta\, tradutor i editor\, o home solidario e con honor\, tamén honorable. \n\n\n\nNo acto contaremos coa presenza de numerosos amigos e amigas de Beiras así como dalgunha que outra sorpresa. \n\n\n\nO acceso será totalmente libre.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/homenaxe-a-x-manuel-beiras
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/04/2023-04-25-Homenaxe-XMBeiras.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230426T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230426T210000
DTSTAMP:20230424T172110Z
CREATED:20230412T184914Z
LAST-MODIFIED:20230424T172110Z
UID:2818-1682537400-1682542800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Unha peli con... Orisel Gaspar
DESCRIPTION:O mércores 26 de abril temos unha nova sesión de “Unha película con…”. Neste caso contamos coa actriz cubana Orisel Gaspar\, protagonista da película que nos presenta: Siete días siete noches\, do director Joel Cano. O acto terá lugar ás 19.30 horas no local do Ateneo Atlántico. \n\n\n\n\n\n\n\nNesta ocasión convidámosvos a visualizar xuntos a película cubana Siete días siete noches dirixida por Joel Cano\, da man da súa protagonista\, Orisel Gaspar.Siete días siete noches conta a historia de tres mulleres de distintas clases sociais que entrecruzan as súas vidas durante unha semana na Habana.Son tres destinos que a cámara segue no seu deambular urbano nun retrato musical e dramático á vez\, con todo o carácter dunha das cidades máis belas e intensas do mundo.María\, é unha campesiña que perde o seu fillo en circunstancias pouco claras; Norma é a presentadora dun telexornal; Nieves traballa nun matadero clandestino de porcos e soña con chegar a ser bailarina. \n\n\n\nSiete días siete noches aborda a vida cotiá destas tres mulleres\, figuras simbólicas de resistencia á violencia cotiá e ao machismo\, que non atopan outro recurso que endurecerse. \n\n\n\nA película que hoxe temos oportunidade de ver recibiu diversos premios en festivais de Europa e Asia\, destacando entre eles o Globo de Oro (Montgolfière d’Or) na 44 edición do Festival des 3 Continents\, de Nantes\, Francia no 2003.Tamén foi seleccionada para o festival de San Sebastián o mesmo ano\, na súa sección cine en construcción. \n\n\n\nMáis información na páxina de Siete días siete noches en Wikipedia.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/unha-peli-con-orisel-gaspar
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/04/2023-04-26-Peli-7dias7Noches2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230429T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230429T210000
DTSTAMP:20230414T094233Z
CREATED:20230414T094231Z
LAST-MODIFIED:20230414T094233Z
UID:2825-1682793000-1682802000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Verbas pola igualdade
DESCRIPTION:O Colectivo PoeticAlbedrío\, en colaboración co Ateno Atlántico e a Deputación provincial de Pontevedra presenta a intervención poético musical Verbas pola igualdade. O acto\, no que participan diferentes poetas por parte do colectivo así como artistas invitadas\, terá lugar o sábado 29 de abril ás 18.30 horas na sala Rosalía de Castro\, no edificio da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo. \n\n\n\n\n\n\n\nParticipan polo Colectivo\n\n\n\nNila ÁlvarezLila BenlamriAna CorzoAlfonso CuadrosIsabel GarcíaCarmen GGElisabeth Oliveira \n\n\n\nInvitadas\n\n\n\nXosé Iglesias Lamela (poeta)Su Garrido Pombo (cantautora)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/verbas-pola-igualdade
LOCATION:Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo\, Eduardo Chao 17\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,literAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/04/2023-04-29-VerbasPolaIgualdade.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230503T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230503T203000
DTSTAMP:20230416T182443Z
CREATED:20230416T182441Z
LAST-MODIFIED:20230416T182443Z
UID:2845-1683138600-1683145800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Abril
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de abril (xuntanza o 3 de maio) á Memorias de Leticia Valle\, de Rosa Chacel. \n\n\n\n\n\n\n\nPublicada en 1945\, Memorias de Leticia Valle é unha das obras máis destacadas de Rosa Chacel.En Memorias de Leticia Valle\, Rosa Chacel desenvolve de xeito maxistral a capacidade de sedución da pequena Leticia\, quen\, con perversa inxenuidade\, xoga coa súa propia paixón e cas paixóns que ela mesma desata. desencadena. \n\n\n\nA piques de cumprir os doce anos\, Leticia\, orfa de nai\, trasládase xunto co seu pai\, militar que vén de regresar da guerra de Marrocos\, e coa súa tía Aurelia a Simancas (Valladolid). Alí\, a nena\, dona dun talento extraordinario e dunha sorprendente madurez\, recibirá clases de música en casa de Luisa\, unha muller fermosa e mundana –en palabras de Leticia–\, coa que entablará unha estreita amizade. Daniel\, home de Luisa\, entra na vida de Leticia cando comeza a darlle clases para non desaproveitar o gran talento da nena. \n\n\n\nMemorias de Leticia Valle foi galardoada co Premio Castela e León das Letras en 1991.Foi levada ao cine por Miguel Ángel Rivas en 1980\, con Emma Suárez no papel de Leticia.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-abril
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/04/2023-05-03-ClubLectura-RosaChacel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230504T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230504T210000
DTSTAMP:20230423T095928Z
CREATED:20230423T090631Z
LAST-MODIFIED:20230423T095928Z
UID:2855-1683228600-1683234000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro: Germán Castro
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración co Club da Prensa de Ferrol\, organiza a presentación en Vigo do libro Ángeles Alvariño. Mi estela en los océanos\, do que autor o xornalista Germán Castro Tomé. O acto terá lugar o xoves 4 de maio\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\, sen orillar a súa vertente máis científica\, trata de achegarse á imaxe máis humana de Ángeles Alvariño\, a eminente oceanógrafa ferrolá. Partindo da documentación epistolar xerada nos anos noventa\, o autor constrúe un relato ameno e moi ilustrativo da man de Ángeles Leira Alvariño e María José Leira Ambrós\, filla e sobriña\, respectivamente\, da protagonista do libro.Salpimentado con algúns datos inéditos e opinións de terceiras persoas\, así como aspectos extraídos dos xornais antigos\, xunto cun pródigo álbum fotobiográfico\, o libro arrinca cun limiar da Presidenta do Club de Prensa de Ferrol\, Julia Díaz Sixto.O autor busca\, en todo momento\, reivindicar a visibilidade da muller no campo da ciencia. \n\n\n\nGermán Castro\, Man\, é xornalista e Presidente de Honra do Club de Prensa de Ferrol.No acto estará acompañado por Rosa Figueroa (vicedirectora do Centro Oceanográfico no que traballou como funcionaria Ángles Alvariño)\, Alberto González Garcés (ex-director da mesma institución i experto que coñeceu e tratou á científica ferrolá)\, María José Leira (bióloga e sobriña de Ángeles Alvariño) e Xulia Díaz Sixto (presidenta do Club de Prensa de Ferrol).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-german-castro
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/04/2023-05-04-PresentaLibroAAlvarinho.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230510T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230510T210000
DTSTAMP:20230425T152214Z
CREATED:20230425T152211Z
LAST-MODIFIED:20230425T152214Z
UID:2862-1683747000-1683752400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:cinemAteneo. Terra e Liberdade
DESCRIPTION:Cinemateneo presenta a película de Ken Loach Land and Freedom (Terra e Liberdade). Será o mércores 10 de maio de 2023\, ás 19.30 horas\, nos Multicines Norte.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cinemateneo-terra-e-liberdade
LOCATION:Multicines Norte\, Via Norte 22\, Vigo\, Pontevedra\, 36204\, Spain
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/04/2023-10-05-CineTerraeLiberdade.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230513T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230513T210000
DTSTAMP:20230425T153626Z
CREATED:20230425T153022Z
LAST-MODIFIED:20230425T153626Z
UID:2866-1684004400-1684011600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Construíndo Babel\, o teatro da memoria
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración coa Agrupación Amiga do Marco presenta a charla-coloquio Construíndo Babel\, o teatro da memoria\, con Hilario J. Rodríguez con Avelina Rodríguez e Román Raña. Será o sábado 13 de maio de 2023\, ás 19 horas\, no salón de actos do MARCO. \n\n\n\n\n\n\n\nSimónides de Ceos foi un poeta grego nado cara ao século VI antes de Cristo. Das súas obras\, ao parecer abundantes\, apenas nos quedan uns poucos versos polos cales non se fixo famoso. Foi Cicerón quen chamou a atención cara a el ao mencionalo en DE ORATORE\, onde lle atribúe a creación da arte da  memoria. Durante un recital poético nun palacio\, Simónides saíu un intre para falar con dous amigos que reclamaban a súa presenza\, xusto cando unha boa parte do palacio veu abaixo\, sepultando a todos os invitados. Os cadáveres quedaron tan irrecoñecibles que resultaba moi difícil identificalos. Pero Simónides soubo dicir quen era cada cal grazas ao lugar que ocupaba o seu corpo. \n\n\n\nAgora os pisos de cando en cando teñen comedor\, pero antes era case obrigatorio que o tivesen\, para poder acoller a toda a familia polo menos unha vez ao ano. A miña reuníase en Nadal\, pero en días diferentes: por unha banda a familia da miña nai e por outro a do meu pai. Nesas ocasións sempre se sacaban xogos de cubertos de prata e vaixelas que ás veces se utilizaban por primeira vez\, despois de estar décadas metidas nun caixón. O mimo con que se poñía a mesa nesas ocasións parecíame fascinante\, por iso axudaba ás miñas avoas\, as miñas tías e a miña nai\, mentres elas decidían onde sentaba cada cal. Non había sitios fixos para ninguén a non ser para as avoas\, que tiñan que estar preto da porta; os demais distribuiámonos segundo fosen as nosas relacións durante o ano. Eu non lembro sentarme á beira do mesmo primo\, tío ou irmán dous anos seguidos. Se a Simónides a orde axudoulle a colocar aos mortos\, ás miñas avoas as súas ordes mantíñannos con vida a todos un ano máis. \n\n\n\nOs libros da Biblioteca Mnemosina de #AbyWarburg seguían acordos de boa veciñanza\, establecendo relacións entre disciplinas distintas. #Warburg colocaba os libros segundo parentescos temáticos non sempre evidentes: os libros de certos filósofos xunto a libros de astrología\, maxia e folclore\, relacionando grupos de volumes de arte con outros pertencentes a temas literarios\, textos relixiosos clásicos xunto a ensaios de metafísica. O núcleo crucial do pensamento warburgiano consistía en tecer unha historia da arte sen «influencias» ou «progresos»\, é dicir\, sen tempo\, cuxos elementos fosen capaces de coexistir nun estado de cambio constante\, aínda que só fose para que todo permanecese igual\, como as pedras. \n\n\n\nPodemos seguir nós\, coa nosa memoria\, a orde que estableceu #AbyWarburg para os libros da súa biblioteca? Con que efecto? \n\n\n\nEscritor e ensaísta nado en Santiago de Compostela\, Hilario J. Rodríguez é coñecido principalmente polo seu labor de crítico cinematográfico\, actividade que lle levou a colaborar con medios como ABC\, A Vangarda\, Clarín ou O País. Tamén escribiu estudos sobre xéneros cinematográficos\, películas e directores\, ademais de dirixir e coordinar ciclos\, exposicións e publicacións para numerosos festivais de cinema.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/construindo-babel-o-teatro-da-memoria
LOCATION:Marco\, Rúa do Príncipe\, 54\, Vigo\, Galicia\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/04/2023-05-13-ConstruindoBabel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230524T194500
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230524T210000
DTSTAMP:20230510T160040Z
CREATED:20230510T160038Z
LAST-MODIFIED:20230510T160040Z
UID:2893-1684957500-1684962000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Unha peli con... Emilio Fdez. Zunzunegui
DESCRIPTION:Nova entrega da actividade Unha peli con…Neste caso\, Emilio Fernández Zunzunegui presenta e comenta unha das súas películas preferidas: Léolo de Jean-Claude Lauzon. A proxección terá lugar o mércores 24 de maio\, ás 19.45 horas\, no noso local da rúa Doutor Cadaval. \n\n\n\n\n\n\n\nLéolo é un neno de imaxinación desbordante que vive coa súa peculiar e detestable familia nun humilde barrio de Montreal. Para fuxir desta odiosa contorna\, Léolo inventa un mundo imaxinario e surrealista onde se fai chamar Léolo Lozone (no canto de Leo Lauzon\, o seu nome real) e asegura que naceu do Sol ou dun tomate fecundado por un italiano. Só as intensas emocións provocadas polo espertar á adolescencia salvaranlle da tolemia á que se ve abocado. \n\n\n\n\nLéolo\n\n\n\n1992\n\n\n\nDuración 107 min\n\n\n\nPaís Canadá\n\n\n\nDirección Jean-Claude Lauzon\n\n\n\nGuión Jean-Claude Lauzon\n\n\n\nMúsica Richard Gregoire\n\n\n\nFotografía Guy Dufaux\n\n\n\nCon Maxime Collin\,Gilbert Sicotte\,Ginette Reno\,Julien Guiomar\n\n\n\n\nEntre outros premios\, Léolo foi acreedora de: \n\n\n\n\n1992. Espiga de Ouro do Festival de cine de Valladolid.\n\n\n\n1992. Festival de Cannes: Nominada á Palma de Ouro\n\n\n\nPrix Génie (Canadá): Mellor Guión Orixinal\, Mellor Montaxe\, Mellor Vestiario\n\n\n\nToronto International Film Festival: Mellor Película Canadiense\n\n\n\nVancouver International Film Festival: Mellor Guión Canadiense
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/unha-peli-con-emilio-fdez-zunzunegui
CATEGORIES:cinemAteneo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/05/2023-05-24-PeliConMagis.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230525T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230525T210000
DTSTAMP:20230512T093056Z
CREATED:20230512T093004Z
LAST-MODIFIED:20230512T093056Z
UID:2914-1685043000-1685048400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Roteiro Entre esculturas
DESCRIPTION:Entre esculturas é unha iniciativa do Ateneo Atlántico\, a Fundación Xoán Piñeiro e o Instituto de Estudos Vigueses que ten como obxectivo recoñecer e reflexionar sobre a escultura pública da cidade. Comezamos cun primeiro roteiro que partirá da Praza de Xoán Piñeiro\, pasará pola Praza da Independencia e rematará na Praza de América.Acompañarannos Cuqui Piñeiro\, Jose Luis Mateo e Mercedes Bangueses. Como broche final\, na Porta do Atlántico intervirá o seu autor Silverio Rivas.Será o próximo xoves\, día 25 de naui ás 19\,30 h desde a praza de Xoan Piñeiro.As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no formulario que estará a súa disposición enwww.ateneoatlantico.gal \n\n\n\nENLACE AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN\n\n\n\n\n\n\n\nCuqui Piñeiro\n\n\n\nEstudiou Historia da Arte Moderna e Contemporánea. En 1991 decidiu recuperar o obradoiro do seu pai en Goián\, o artista Xoán Piñeiro\, e especializarse na técnica de fundición en bronce á cera perdida para aescultura. Montou unha empresa como fundición profesional que hoxe é un referente para o traballo cos artistas e obra pública repartida por toda Galicia e distintas ciudades de Ëspaña e Portugal . Alí naceu a súa paixón pola escultura primeiramente de pequeno formato e mesmo facendo obra pública propia en A Guarda\, Pontevedra ou Lugo. \n\n\n\nMercedes Bangueses\n\n\n\nDoutora en Historia da Arte e membro numerario do Instituto de Estudos Vigueses. Realiza traballos de investigación sobre a escukltura pública que está recollida en libros como “Escultor Silvino Silva” ou “Catalogo de bustos monumentos conmemorativos e placas de Vigo”. \n\n\n\nJosé Luis Mateo Álvarez\n\n\n\nLicenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea (Universidade de Santiago) e Máster de edición (Universidade de Vigo). Membro do Instituto de Estudios Vigueses desde o ano 2016\, desenvolveu traballos de investigación etnográfica\, histórica e artística\, ademais de exercer como comisario de exposicións de temática local.Colaborador do “Faro da Cultura” do Faro de Vigo\, autor de publicacións como Etnografía. Catálogos do Patrimonio 1 (1996)\, A Escola de Artes e Oficios. 130 anos de historia de Vigo\, parte 1. 1888-1976 (2021) ou A Sociedade de Amigos da Arte. Unha década de actividade cultural\, 1931-1941 (2022). \n\n\n\nSilverio Rivas Alonso\n\n\n\nEscultor galego con obradoiro en San Xoán de Páramos\, Tui. Comenzou a traballar no taller de ebanistería do seu pai . Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Traballou no taller de fundición de Xoán Piñeiro Nogueira. En Madrid estivo con Paco Barón e ingresou na Escola de Artes e Oficios. Asistiu ás clases nocturnas do Círculo de Belas Artes\, e en Sargadelos\, o que lle levou a innovar con conxuntos articulados e desmontables de cerámica. Traballou en París. Formou parte do movemento Atlántica dende 1980.Pioneiro da abstracción escultórica en Galicia e con un traballo que despuntou nos anos setenta. Domina un constructivismo orgánico que sempre ten en conta o xogo das formas e espazo intrínseco e cambiable.Rivas está presente coa súa obra en numerosos museos como o Municipal Quiñones de León de Vigo\, a Colección Afundación\, o Museo de Belas Artes da Coruña\, o Parlamento de Galicia\, etc.\, así como en multitude espazos públicos en varias ciudades de Galicia.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/roteiro-entre-esculturas
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/05/2023-05-25-RoteiroEntreEsculturas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230527T090000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230527T210000
DTSTAMP:20230510T084522Z
CREATED:20230509T090032Z
LAST-MODIFIED:20230510T084522Z
UID:2876-1685178000-1685221200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Saída de primavera. Rosalía
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico organiza a súa saída de primavera\, nesta ocasión\, Polos camiños de Rosalía. Terá lugar o sábado 27 de maio\, entre as 9 e as 21 horas. O prezo será de 50€ para as persoas asociadas e de 60€ para as que non son socias. A solicitude de participación haberá que realizala mandando un correo a actividades@ateneoatlantico.gal \n\n\n\n\n\n\n\nNesta ocasión facemos unha viaxe pegada a unha etapa literaria como é a do Rexurdimento pero trataremos de achegarnos a distintas etapas literarias da nosa historia noutras ocasións. \n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\nOuh miña parra de alvariñas uvasQue a tua sombra me das.Entre mirtos\, buxos\, castaños de indiasE loureiros\, limoeiros e laranxos\,Que o verde musgo sombrean.\n\n\n\nPrograma\n\n\n\nSaímos da rúa Areal\, 46 coma sempre as 9 da mañá para estar en Padrón arredor das 10 no monumento a nosa poeta que fica no Espolón. Alí nos espera o escritor e historiador da arte Manuel Lourenzo Baleirón que será o noso guía.Percorreremos ao longo de 3 Km moi faciliños de andar os escenarios vitais de Rosalía: casa onde se criou\, cemiterio onde se enterra á súa familia\, a casa grande de Arretén e finalmente a casa da Matanza \, hoxe casa museo onde nos agarda algunha sorpresa. Tempo aproximado 3 horas.A continuación xantaremos un menú variado no Fogar do Santiso\, espazo gastronómico no rural de Teo xermolo dos 6 restaurantes que existen hoxe cunha filosofía de por en valor os produtos das hortas e granxas propias\, unha mostra de consumo natural e de proximidade.Pola tarde faremos unha parada relaxante ao pe da Fervenza do Barosa en Barro\, espazo natural con cafetería e\, para os que se animen\, unha ruta moi curta ao longo de varios muíños río arriba en perfecto estado.Para rematar\, a pouquiños kilómetros visitaremos a adega Moraima e faremos unha degustación de albariños e caíño tinto.Contamos estar de volta en Vigo arredor das 21 horas.O prezo para persoas asociadas é de 50 euros e para non socias 60. \n\n\n\nProceso para a inscrición\n\n\n\nO prazo para inscribirse vai dende o luns 15 ata o venres 19 de maio ás 20 horas. \n\n\n\nO primeiro paso é enviar un correo ao enderezo: actividades@ateneoatlantico.gal indicando nome\, apelidos DNI e número de socio (estes datos son imprescindibles para o seguro de viaxe xa que se fai a través dunha axencia\, e serán utilizados exclusivamente para a xestión da actividade de acordo coa lei de protección de datos). Terán prioridade as persoas socias e as súas acompañantes aínda que non sexan socias\, débese especificar este feito. Contestaremos a ese correo confirmando a inscrición. \n\n\n\nA continuación farase un ingreso na conta do Banco Santander:ES54 0075 8918 4606 0029 0234Indicando REF: 1-49945 + nome da persoa pasaxeira.E enviar copia dese pago ao whatsapp 986432000\, ou o mail airbusgrupos@gmail.com \n\n\n\nSe alguén prefire pagar ao contado pode achegarse en horas de ofician a Viajes Airbus\, C/Rosalia de Castro\, 28 Oficina 9. \n\n\n\npdf sobre a ruta rosaliana\n\n\n\nRoteiroRosalianoDescarga
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/saida-de-primavera-rosalia
CATEGORIES:saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/05/2023-05-27-SaidaRosalia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230530T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230530T210000
DTSTAMP:20230510T103817Z
CREATED:20230510T103815Z
LAST-MODIFIED:20230510T103817Z
UID:2890-1685475000-1685480400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:De aquelas loitas\, estes dereitos
DESCRIPTION:Claves do movemento feminista\n\n\n\n\n\n\n\n\n\nNesta actividade\, De aquelas loitas\, estes dereitos: claves do movemento feminista\, Cristina Louzán e Priscila Retamozo conversan sobre os fitos fundamentais da historia do movemento feminista\, pasos que resultaron fundamentais para avanzar cara á situación actual de recoñecemento de dereitos das mulleres dentro da sociedade. \n\n\n\nPriscila Retamozo\n\n\n\nPolitóloga\, Máster en Igualdad de Género en la Universidad de Málaga. Coordinadora del proyecto coeducativo Comando Igualdad. Estancia en 2018 en la Secretaría Técnica contra la violencia de género en ONU mujeres- Ecuador. Coautora\, junto a Chis Oliveira\, del libro “Comando Igualdade: A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!” y “La revolución feminista en las aulas”. Consultora\, ponente y formadora en igualdad de profesorado\, alumnado y familias. Presentadora del programa Histérikas Histórikas. Galardonada con el Premio Emilia Pardo Bazán en la categoría Feminismo en 2022. Activista feminista. O acto terá lugar o martes 30 de maio\, ás 19.30  horas\, na biblioteca da Emao. \n\n\n\nCristina Louzán\n\n\n\nGraduada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo no 2014 e máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible\, traballou durante 5 anos en consultoría estratéxica para o desenvolvemento económico costeiro\, tanto a nivel local como en cooperación internacional. Entre outras tarefas\, participou en proxectos dende unha perspectiva de xénero\, apoiando consultas e grupos de traballo para coñecer as situacións e necesidades específicas das mulleres.Nesta liña\, no ano 2021 complementou os seus estudos cun posgrao de Axente de Igualdade pola UNED e especializouse en historia do movemento e teoría feminista coa Universidade de Coruña. Actualmente\, é formadora en igualdade e teoría feminista dirixida á comunidade educativa e á cidadanía a través dos CIM\, Concellos e Deputación. Tamén realiza asesoramentos a profesionais e entidades para a aplicación da perspectiva de xénero en diferentes proxectos.Dende 2020 pertence e colabora coa comunidade “Ensaia” que pon en marcha acompañamentos\, mentorías e o outorgamento dunha bolsa económica anual á mocidade co o obxectivo de promover o talento galego mediante o impulso das súas traxectorias profesionais.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/de-aquelas-loitas-estes-dereitos
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/05/2023-05-30-DeAquelasLoitas.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230601T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230601T213000
DTSTAMP:20230530T085859Z
CREATED:20230530T085857Z
LAST-MODIFIED:20230530T085859Z
UID:2939-1685649600-1685655000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Seminario fotografía. O retrato
DESCRIPTION:O Seminario de fotografía do Ateneo Atlántico\, nas súas Sesións abertas\, presenta a lección ‘O retrato fotográfico’\, impartida por Anxo Cabada. Será o xoves 1 de xuño de 2023\, ás 20 horas\, no local do Ateneo (Doutor Cadaval 17\, Vigo). A entrada será libre ata completar o aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nAnxo Cabada\, ata hai ben pouco presidente do Ateneo Atlántico (e actual vicepresidente) leva catro décadas fotografando o territorio galego en proxectos nos que abordou diferentes temáticas como\, entre outras\, o mar en ‘Mareagrafías’ (2005)\, a terra en ‘Terragrafías’ (2009) e as vilas galegas en ‘Vilagrafías’ (2012).Pero\, sobre todo\, e como fotógrafo\, Anxo destaca pola súa faceta de retratista. Neste senso atopamos a súa proposta literario-fotográfica: ‘O imaxinario do país’ (2018)\, na que fotografou ás grandes escritoras e escritores galegos do último cuarto do século XX e principios do XXI. María do Carme Kruckenberg\, Xosé Luis Méndez Ferrín\, Neira Vilas ou María Xosé Queizán son algúns dos mitos da literarura galega que pousaron diante do obxectivo de Anxo Cabada. Todos estes retratos están recollidos nunha publicación da Deputación provincial de Pontevedra.Máis recentemente (2022)\, e no Museo provincial\, deleitounos cunha nova exposición centrada no retrato\, neste caso de moitos dos persoeiros das artes plásticas galegas. En ‘Sombras atlánticas’\, Anxo Cabada reúne a  \n\n\n\nAsí podemos atopar grandes artistas dos anos 70\, como Silverio Rivas ou Buciños\, representantes do Grupo Atlántica dos 80\, Menchu Lamas\, Patiño ou Din Matamoros\, escultores como Leiro\, Soledad Penalta ou Manolo Paz. Cómpre salientar que a mostra saca á luz un importante colectivo de artistas historicamente silenciados ao longo de toda a historia da arte. Deste xeito\, case que a metade das persoas retratadas por Cabada son mulleres\, e entre outras moitas\, están Carme Nogueira\, Pamen Pereira\, Lula Goce ou Sula Repani. \n\n\n\nNesta sesión organizada polo Seminario de fotografía do Ateneo\, Anxo vai compartir coas persoas asistententes pinceladas técnicas e estéticas da sempre difícil arte do retrato fotográfico.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/seminario-fotografia-o-retrato
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,fotografia
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/05/2023-06-01-RetratoFotografico.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230607T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230607T203000
DTSTAMP:20230509T094842Z
CREATED:20230509T094840Z
LAST-MODIFIED:20230509T094842Z
UID:2886-1686162600-1686169800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Maio
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de maio (xuntanza o 7 de xuño) é unha banda deseñada: Ardalén\, de Miguelanxo Prado. \n\n\n\n\n\n\n\nSomos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable\, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia\, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias\, propias e alleas\, hai amor e cariño\, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo. (Da ficha na páxina da editorial). \n\n\n\n«Ardalén» é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia\, da percepción da nosa propia vida\, da nosa identidade. Pode sonar filosófico pero\, á fin\, trátase dun puño de seres humanos que se axudan e se fan dano uns a outros\, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para tentar evitar o naufraxio. (Do propio autor\, na súa páxina web). \n\n\n\nPublicada orixinalmente en 2012 por El patito feo en galego e por Norma Editorial en cstelán\, esta magnífica novela gráfica foi premiada no 31 Salón Internacional del Cómic de Barcelona como mellor obra de autor español; pola súa banda\, o Ministerio de Cultura de España galardonouna co Premio Nacional do Cómic 2013.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-maio
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/05/2023-06-07-ClubLecturaArdalen.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230613T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230613T210000
DTSTAMP:20230608T121800Z
CREATED:20230606T155509Z
LAST-MODIFIED:20230608T121800Z
UID:2956-1686682800-1686690000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Exeria. Entrega de premios
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo\, xunto coa Fundación Xoán Piñeiro e os patrocinadores\, Terras Gauda e Grupo Eduardo Vieira\,  prácense en organizar o acto de entrega de premios da terceira edición do certame Exeria de relatos curtos. Terá lugar o martes 13 de xuño de 2023\, ás 19 horas\, na biblioteca da EMAO. Haberá actuación musical\, lectura dos relatos premiados\, intervención da presidenta do Ateneo e do presidente do Xurado\, e un viño galego de confraternización. A entrada será libre até completar o aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nA encargada da música será a cantautora M.J. Pérez que\, ao longo do acto\, interpretará tres das súas composicións.A presidenta do Ateneo Atlántico\, Luísa Abad\, e da fundación Xoán Piñeiro\, realizarán a presentación da terceira edición do certame salientando a proxección que\, aos poucos\, está a conseguir.O escritor Xabier Paz\, presidente do xurado\, procederá á lectura da acta de resolución do certame\, destacando os motivos que levaron ao xurado a emitir o seu faio en favor dos premiados.Entrega do premio ao relato finalista (500€ e diploma) e lectura por parte de Susi de la Torre.Entrega do premio ao relato gañador (1000€\, bronce de Cuqui Piñeiro e diploma) e lectura por parte de Toñi Caseiro.Despois de escoitar a interpretación da última peza musical de MJ Pérez\, compartiremos un viño galego.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/exeria-entrega-de-premios
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:exeria
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/06/2023-06-15-Exeria2023EPremios.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR