BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.3.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261007T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261007T200000
DTSTAMP:20261010T001250Z
CREATED:20260607T204821Z
LAST-MODIFIED:20261010T001250Z
UID:5671-1791397800-1791403200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdL. Punto de araña. De bestias y aves
DESCRIPTION:Os libros seleccionados polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de setembro (xuntanza 7 de outubro)\, son “Punto de araña” da escritora Nerea Pallares publicado por Galaxia\, e “De bestas e aves” de Pilar Adón publicado por Galaxía Gutenberg. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita) (Contido pendente de completar!) \n\n\n\n\n\n\n\nAs obras\n\n\n\nPunto de Araña \n\n\n\nChamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas\, Ari chega a Camariñas\, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar\, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística\, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. \n\n\n\nFartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes\, donos das decisións e dos cartos\, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia\, as palilleiras —tamén redeiras\, mariscadoras e traballadoras da conserveira— acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando polas arañas. Tres mulleres temibles\, donas do océano e do encaixe\, que conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer. \n\n\n\nPunto de araña é unha novela mariñeira e coral\, batida pola escuma das ondas que petan contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres que se rebelan. Unha loa ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen; ás mans que\, en silencio\, entrelazan o mundo e ás mans das amigas\, rede de redes. \n\n\n\nFonte: Editoríal Galaxia \n\n\n\nDe bestias y aves \n\n\n\nTermina o verán\, cambia a estación\, e unha muller conduce durante horas en plena noite sen saber que se aproxima a Betania\, unha casa illada\, case un territorio fóra do mundo. Un lugar descoñecido e habitado exclusivamente por unhas mulleres que\, con todo\, si parecen coñecela a ela. Leva ás súas costas a unha irmá afogada\, e non lle dixo a ninguén que se marcha nin onde porque nin sequera ela sabe que a súa viaxe vai ser tan longo. Que está a piques de entrar nunha casa na que as mulleres se visten do mesmo xeito\, como adeptas dun culto ancestral\, e levan a cabo estraños ritos e celebracións. Un espazo no que as cabras dominan todo o que non estea vixiado polos innumerables cans que viven alí\, e no que unha roca inmensa oculta a luz do sol e domina a paisaxe. No que\, ao fondo\, un lago delimita as fronteiras do terreo\, sobrevoado de xeito perpetuo polas aves. E no que tamén viven unha muller cega á que todas adoran e unha nena que corre dun lado a outro sen saír xamais dese sitio. Un recuncho de terra\, auga e árbores onde a recentemente chegada non quere estar a pesar de que talvez sexa\, como lle din sen que chegue a crerllo\, o lugar no que descubra por fin o que significa formar parte de algo. \n\n\n\nFonte: Galaxia Gutemberg \n\n\n\nO acto\n\n\n\nAsistencia dezanove persoas con novas incorporacións: César e Andrés. \n\n\n\nPor primeira vez tiñamos dous libros para ler. De bestias y aves de Pilar Adón e Punto de araña de Nerea Pallarés. \n\n\n\nXulio Abalde presentou De bestias e aves\, volea que obtivo o Premio Francisco Umbral de Novela en 2022 e tamén o Premio Cálamo “Otra Mirada”\, e no año seguinte o Premio de la Crítica[ e o Premio Nacional de Narrativa en 2023. Destácase a “grande orixinalidade\, beleza\, riqueza poética e forza da lingua”. \n\n\n\nXulio\, ademais\, fixo un apunte persoal da autora por tela coñecido persoalmente. \n\n\n\nEn xeral\, a lectura resultou desacougante\, a autora consegue transmitir un forte sentimento de tensión e inquietude.Destacouse o estilo coidado\, con precisas e suxestivas descricións da natureza. \n\n\n\nUnha esclarecedora interpretación en termos psiquiátricos considerou a comunidade de mulleres coma unha unidade de psicoterapia. Outra apuntou o funcionamento colectivo como dunha seita. Tamén se comentou certo maniqueísmo respecto dos homes. \n\n\n\nMoitas das presentes consideraron o libro perturbador\, de certa dificultade. \n\n\n\nPunto de araña de Nerea Pallarés\, premio García Barros. Como a anterior\, tamén con perspectiva de xénero. A autora entrelaza realismo social\, memoria colectiva e mitoloxía no relato da rebelión feminina na Costa da Morte. Fartas do egoísmo dos homes ausentes\, donos do diñeiro a das decisións\, e de non ter voz propia\, as mulleres toman una decisión drástica. As palilleiras -que son tamén nais\, redeiras\, mariscadoras ou traballadoras da conserveira- deciden invocar ás arañas\, tres deidades dotadas de poder e sabedoría ancestrais. Tres xeracións de mulleres rebélanse fronte a la inxustiza. Un canto a quen tecen as redes invisíbeis que sosteñen a comunidade; ás mans das amigas\, rede de redes. \n\n\n\nMencionouse como elemento importante\, a defensa da lingua local da costa da Morte. \n\n\n\nSinalouse a Lisístrata de Arisófanes\, como antecedente histórico do tema\, a rebelión das mulleres. \n\n\n\nGustou o estilo coidado con cores poéticas nas descricións. A lectura resultou maioritariamente satisfactoria. \n\n\n\nAlén dos libros\, debateuse o estado de conciencia feminista entre a mocidade. \n\n\n\nA experiencia de dous libros nunha sesión non permite dedicarlle o tempo necesario a cada un deles. \n\n\n\nElixiuse como vindeira lectura a novela gráfica Es hoy de Carlos Giménez.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdl-punto-de-arana-de-bestias-y-aves
LOCATION:Local Ateneo\, Hernán Cortés 28 Baixo D\, Vigo\, Galicia\, 36203\, Spain
CATEGORIES:actividades,clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/06/2026-08-07-Punto-e-Bestias-1600x900-1.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR