BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.16.3//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251105T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251105T203000
DTSTAMP:20260604T145409
CREATED:20251006T155600Z
LAST-MODIFIED:20251006T155605Z
UID:4452-1762367400-1762374600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:CdeL novembro. Niketche de Paulina Chiziane
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de outubro de 2025 é Niketche – Uma historia de poligamia\, da escritora mozambicana Paulina Chiziane. A xuntanza terá lugar o mércores 5 de novembro\, a partir das 18.30 horas\, no novo local do Ateneo (Salón Vitruvia\, Reconquista 7). \n\n\n\n\n\n\n\nPaulina Chiziane\n\n\n\nPaulina Chiziane\, nada en Manjacaze (provincia de Gaza) o 4 de xuño de 1955\, é unha escritora mozambicana\, que foi Premio Camões en 2021.Creceu nos suburbios da cidade de Maputo\, anteriormente chamada “Lourenço Marques”. Naceu nunha familia protestante en que se falaban as linguas chope e ronga\, e aprendeu a lingua portuguesa na escola dunha misión católica. Comezou estudos de Lingüística na Universidade Eduardo Mondlane\, mais non chegou a rematalos.Participou activamente na política de Mozambique como militante da Frelimo (Frente de Libertação de Moçambique)\, durante a xuventude. Porén\, sentiuse desilusionada coa directiva do partido despois da independencia do país. En particular\, ficou defraudada pola política filooccidental e as ambivalencias ideolóxicas internas do partido. Outros motivos foron as posicións respecto ás políticas de mono e poligamia\, a economía política\, vencellada ao marxismo-leninismo\, e a hipocrisía\, ao seu entender\, en relación coa liberdade económica da muller.Tras apartarse da política\, iniciou a súa actividade literaria en 1984\, con contos publicados na prensa. A súa escrita foi xerando polémicas sobre asuntos como a práctica da poligamia no país. Co seu primeiro libro\, Balada de amor ao vento (1990)\, converteuse na primeira muller en publicar unha novela no seu país. A obra fala da poligamia no sur de Mozambique durante o período colonial. Debido á súa participación activa na Frelimo\, a súa narrativa reflicte o malestar social dun país devastado pola guerra de liberación e os conflitos civís posteriores á independencia.En 2021 foi acreedora da XXXIII edición do Premio Camões.En 2003\, a súa novela Niketche: uma história de poligamia gañou o Premio José Craveirinha.En 2016 anunciou que deixaba a escrita\, esgotada polas loitas que afrontara ao longo da súa carreira.Vive e traballa na provincia da Zambézia.Forma parte da Semana Galega de Filosofía en 2025.Algunhas das súas obras son: Balada de Amor ao Vento (1990)\, Ventos do Apocalipse (1993)\, O Sétimo Juramento (2000)\, As Andorinhas (2009)\, Na mão de Deus (2013)\, Por Quem Vibram os Tambores do Além (2013)\, O Canto dos Escravizados (2017).(Galipedia) \n\n\n\nNiketche: Uma História de Poligamia\n\n\n\nO título do libro fai referencia a unha danza tradicional practicada no norte de Mozambique. Unha danza que a propia autora define como a danza do sol e da lúa\, a danza do vento e da choiva (…) que inmobiliza o corpo e fai voar a alma (p. 160).A novela representa e sitúase nunha serie de novelas sobre o tema da poligamia. As protagonistas femininas representan a pluralidade cultural das identidades xeográficas de Mozambique\, mentres que o único protagonista masculino representa a nación no seu conxunto.Rami é o nome da primeira esposa de Tony. Tras as continuas ausencias do seu marido\, Rami decide investigar a realidade do seu matrimonio. Así comeza unha viaxe de desenmascaramento que leva a un encontro coas múltiples realidades rexionais do signo feminino en Mozambique.A novela ten unha mensaxe clara para que todas as mulleres sexan “máis amigables\, máis solidarias“\, uníndose como unha soa forza e loitando nunha batalla común pola independencia e o amor xusto e leal. Non obstante\, a autora\, falando a través da voz de Rami\, declara abertamente a súa oposición á poligamia. As mulleres unidas nunca poden ser derrotadas. A unidade que as mulleres representan no libro é a unidade nacional. Cada muller provén dunha zona xeográfica diferente do país. As diferenzas entre o norte e o sur exprésanse ao longo das páxinas cun certo ton de rivalidade\, especialmente no que respecta ao home-nación. A solución presentada ao final do libro é unha alternativa feminista ao sistema nacional patriarcal.(Tradución parcial da páxina da novela na Wikipedia en portugués)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/cdel-novembro-niketche-de-paulina-chiziane
LOCATION:Ateneo Atlántico\, Reconquista 7\, Vigo\, Galiza\, 36209\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2025/10/2025-11-05-CdeLHistoriaPoligamia.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR