• Cidades inclusivas

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Cidades inclusivas, Escala urbana e espazo público é o título da charla de Teresa Táboas que terá lugar o martes 3 de decembro na biblioteca da EMAO.

  • Merendola Feminista decembro

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O luns 16 de decembro reunímos de novo, arredor dunha merenda, para celebrar a última merendola feminista deste ano. Será a partir das 18.30 no local do Ateneo. Nesta ocasión conversaremos arredor da violencia obstétrica. Non esquezades traer algo para merendar!

  • Proxección do documental Anduriña

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    O Ateneo Atlántico prácese en proxectar o filme documental Anduriña, mulleres de ida e volta, da actriz e directora Cristina Pascual. O acto terá lugar o martes 21 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, na biblioteca da EMAO; Nones Araújo será a presentadora.

  • Mulleres científicas: Camiño á paridade

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    O Ateneo Atlántico conmemora o 8M de 2025 visibilizando o papel das mulleres na ciencia. O vídeo anual está dedicado ás científicas (ver na nosa canle de Youtube) e o 11 de marzo teremos un acto que demos en titular "Mulleres científicas: Camiño á paridade" e no que participan Verónica Salgueiriño (química, investigadora e profesora universitaria), Laura Filloy (arqueóloga, periodista científica) e Soledad Torres (enxeñeira de telecomunicación, profesora universitaria); será a partir das 19.30 horas na Casa Galega da Cultura, e actuará como presentadora Amada Traba.

  • Educación afectivo-social e adolescencia hoxe

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Educación afectivo-social e adolescencia hoxe. Quen? Antón Costa, Priscila Retamozo, Amada Traba, Sonia Fernández; presenta Luísa Abad. Cando? Martes 8 de abril ás 19.30 horas. Onde? Na biblioteca da EMAO (García Barbón 5).

  • Pasando o testemuño da igualdade

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    Acto do Ateneo Atlántico de Vigo: Construír a democracia: Pasando o testemuño da igualdade. Quen? Magis Iglesias e María Xosé Porteiro. Cando? O martes 22 de abril de 2025 a partir das 19.30 horas. Onde? Na casa galega da cultura (praza da Princesa).

  • 30 anos de Beijing

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    O Ateneo Atlántico, en colaboración con Resposta Feminista presentan As veteranas de Beijing relatan a súa experiencia 30 anos despois. Quen? María Xosé Porteiro e Pilar García Negro conversan con Priscila Retamozo. Cando? O xoves 27 de novembro de 2025. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa).

  • Saíndo do cuarto da costura

    Novo acto do Ateneo Atlántico. Título: Saíndo do cuarto da costura. Arquitectura con perspectiva de xénero. Quen? A arquitecta María Carreiro; conversa con Silvia Pérez Freire e Amada Traba. Cando? O martes 3 de marzo de 2026 a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da cultura (entrada pola prada da Princesa)