BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.15.20//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20270328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20271031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260120T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260120T203000
DTSTAMP:20260418T154920
CREATED:20260110T194535Z
LAST-MODIFIED:20260113T103619Z
UID:4583-1768935600-1768941000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Visita guiada: As cidades de Colmeiro
DESCRIPTION:Visita guiada á exposición As cidades de Colmeiro. Quen? O noso guía será X. Carlos L. Bernárdez. Onde? Na sede da exposición\, na Pinacoteca Fernández del Riego (rúa Abeleira Menéndez 8). Cando? O martes 20 de xaneiro de 2026\, a partir das 19 horas. \n\n\n\n\n\n\n\n“As cidades de Colmeiro pretende ofrecer un punto de vista distinto sobre a obra de Manuel Colmeiro (Chapa\, Silleda\, 1901-Salvaterra de Miño\, 1999) a partir da análise do impacto das cidades na obra do pintor. Para este obxectivo a exposición céntrase en obras –nomeadamente sobre papel– dun largo abano temporal\, desde os seus inicios –a máis antiga é de 1919 (Porto de Buenos Aires)– en Buenos Aires até os anos sesenta (París [Notre Dame]\, 1960).Buenos Aires\, Vigo\, Lugo\, Ourense\, Bilbao\, París ou Amsterdam serven de escenario e son protagonistas das procuras do artista.Cómpre lembrarmos que\, en conxunto\, o traballo de Colmeiro representa unha reformulación da temática popular galega\, de base agraría\, a partir de chaves formais debedoras da figuración europea de entreguerras. Alén diso\, a estes aspectos o noso pintor acrecenta unha intensa sensibilidade social\, xa presente nas súas primeiras obras.Esta orixe labrega e esta ligazón ás súas paisaxes nativas é formulada non só no mundo rural onde naceu senón en grande medida nas cidades onde o artista viviu e que\, como non podía deixar de ser\, marcaron asúa obra\, principalmente Buenos Aires\, Vigo e Paris. No entanto\, as características dos traballos realizados por Colmeiro con temas orixinados nas cidades son ben diferentes\, modulados pola situación de vida do pintor e pola relación que estabelece co medio urbano”.(Texto do díptico da exposición; tédelo a continuación con enlace para descarga) \n\n\n\nDiptico Expo Cidades ColmeiroDescarga	 \n\n\n\nCarlos López Bernárdez\n\n\n\n(Vigo\, 1958) é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.Entre os seus libros destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega\, en colaboración con X. R. Mariño Ferro (2004); Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo\, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento\, 2016); Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento\, 2018) e Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Laiovento\, 2020).No ámbito dos estudos literarios publicou traballos sobre Manuel Antonio\, Vicente Risco\, Lorenzo Varela\, X. Mª Álvarez Blázquez e Ramón Cabanillas. Das súas publicacións en catálogos e comisariados destacan Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano; De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a arte galega de posguerra; Seoane. Razón e compromiso; Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950; Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos e Foi un home. Laxeiro en América.Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento “Faro da Cultura” do Faro de Vigo e en Sermos\, suplemento de Nós Diario.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/visita-guiada-as-cidades-de-colmeiro
CATEGORIES:actividades,arte,saídas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2026/01/2026-01-16-ExpoColmeiro.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR