BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.17.5//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241105T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241105T210000
DTSTAMP:20241022T112015Z
CREATED:20241018T100923Z
LAST-MODIFIED:20241022T112015Z
UID:3934-1730835000-1730840400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Presentación libro\, A cantiga da burata
DESCRIPTION:O martes 5 de novembro\, ás 19.30\, o Ateneo Atlántico prácese en presentar o último libro de Miguel Anxo Murado que leva por título A cantiga da Burata. No acto\, que terá lugar na biblioteca da EMAO\, o autor conversará con Xabier Paz e Xesús Alonso Montero; a presentación correrá a cargo de Laura Caveiro. \n\n\n\n\n\n\n\nA cantiga da Burata\n\n\n\n“Unha prosa que atranca a lectura automática e provoca distanciamento e gozo estético reflexivo. Non se trata de pasar o tempo cunha trama entretida\, senón de reparar no xogo proposto\, irónico\, simulador quer da linguaxe quer dos tópicos xornalísticos e académicos. Non importa descoñecer algúns termos\, a lectura non é un exame; é un xogo instrutivo\, un quefacer gozoso.[…] Texto dobremente lugués\, cun Lugo protagonista máis do que paisaxe\, que acolle o pasado glorioso de muralla e cantigas medievais\, e a contemporaneidade académica\, xornalística e política. Lugués tamén pola converxencia coa escrita do grande Ánxel Fole non no neorruralismo\, senon no vigoroso estilo persuasivo e o afán común de resgatar un galego enxebre e literario ao tempo\, aquí de rexistro culto\, con achega da dimensión científica“.(Texto escrito por Xabier Paz para a ficha do libro en Medulia Editorial; lembramos que Xabier Paz participará no acto de presentación do libro). \n\n\n\nMiguel Anxo Murado\n\n\n\nMiguel Anxo Murado García (Lugo\, 1945)\, é un científico e biólogo galego.Fixo o doutoramente en Ciencias Biolóxicas na Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre a degradación de insecticidas no chan.Traballou como profesor do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela\, e como profesor de investigación do CSIC en Madrid.En 1978 instálase en Vigo para traballar no\, daquela\, Instituto de Investigaciones Pesqueras\, laboratorio costeiro dependente do Barcelona; en 1978\, o Instituto independízase e adopta o mesmo nome oficial; Murado foi o seu director entre 1983 e 1987; durante o seu mandado\, en 1986\, a institución muda o seu nome polo actual de Instituto de Investigacións Mariñas. Posteriormente\, entre 1990 e 1994\, exerceu como vicedirector.É membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas e os seus artigos adoitan ser citados en Science Citation Index (SCI).Entre a súa produción científica destaca o libro A contaminación en Galicia (Akal\, 1975)\, ou a participación en obras colectivas como Ecología y política en España\, 1978 e Contaminación del medio por plaguicidas organoclorados. 1977.A cantiga da Burata é súa primeira incursión no mundo da narrativa.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/presentacion-libro-a-cantiga-da-burata
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:literAteneo,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-11-05-PresentacionMurado.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR