BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.16.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240507T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240507T210000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20240408T092759Z
LAST-MODIFIED:20240506T083506Z
UID:3525-1715110200-1715115600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura de abril
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de abril é La única historia\, de Julián Barnes. A xuntanza terá lugar o martes 7 de maio\, ás 19.30 horas no local do Ateneo. Lembramos que o Club de lectura está aberto a todas aquelas persoas que queiran participar. \n\n\n\n\n\n\n\nUn home evoca un amor xuvenil cunha muller madura.Unha novela abraiante sobre o amor\, a dor e a memoria.Julian Barnes (Leicester\, 1946) formouse en Londres e Oxford. Está considerado como unha das grandes revelacións da ficción inglesa das últimas décadas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-de-abril
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-05-08-ClubLecturaAbrilBarnes.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240403T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240403T200000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20240309T112845Z
LAST-MODIFIED:20240309T112848Z
UID:3499-1712169000-1712174400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura marzo
DESCRIPTION:O libro proposto polo Club de lectura para o mes de marzo é As malas mulleres\, de Marilar Aleixandre. A xuntanza terá lugar o mércores 3 de abril\, ás 18.30 horas\, no espazo Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nAs malas mulleres\, Galaxia\, 2021\n\n\n\nA través das páxinas de As malas mulleres\, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX\, nunha historia a varias voces\, a de Sisca\, de 15 anos\, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal\, visitadora de prisións; e Juana de Vega\, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”\, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.A novela está escrita contra a desmemoria\, para recuperar a memoria das excluídas\, reclusas no cárcere da Galera\, da Coruña\, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega\, traballando a prol da dignificación das persoas\, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas\, en dar esperanza ás desesperadas.Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre\, a novela vai enmarcada nun ton poético e\, sobre todo\, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.As malas mulleres obtivo o premio Blanco Amor de 2020 e o Premio Nacional de Narrativa 2022. \n\n\n\nMarilar Aleixandre\n\n\n\n(Madrid\, 1947) é feminista\, narradora\, poeta\, tradutora e membro da Real Academia Galega desde 2017. Dona dunha das voces máis singulares das nosas letras\, recibiu os máis importantes premios da literatura galega.Desenvolveu un extenso labor académico na Universidade de Santiago e Compostela\, centrando a súa investigación na argumentación e no pensamento crítico. Editorial Galaxia publicou o libro Mudanzas e outros velenos (2017)\, que reúne parte da súa obra poética; na colección Costa Oeste\, Alí Babá\, Morxiana e os corenta usureiros (2017) e A filla do minotauro (2018\, Premio Raíña Lupa); na colección Literaria\, A compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998\, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2021\, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022); e\, na colección Feminismos\, Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021)\, xunto con María López Sández.  \n\n\n\nOs textos pertencen á ficha da novela na Editorial Galaxia
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-marzo-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-04-03-CLecturaMalasMulleres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240306T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240306T203000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20240209T113023Z
LAST-MODIFIED:20240216T180812Z
UID:3414-1709749800-1709757000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura febreiro
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de febreiro é Ninguén queda\, do vilalbés Brais Lamela. Publicado por Euseino? editores (Vigo\, 2022)\, o libro foi Premio da Crítica en narrativa galega (2022)\, e Premio Ollo crítico de narrativa (2023). A xuntanza terá lugar o 6 de marzo\, ás 18.30 horas\, na sede do Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\nLido na ficha do libro en Euseino? Editores:“Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz\, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole nor­teamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.Os pisos de estudantes no estranxeiro\, as comunas que emerxen dos restos dos encoros e os perso­naxes ensimesmados que acumulan fragmentos de tempo esquecido conflúen nun relato sobre a existencia do fogar en circunstancias límite; un relato que traza o contorno do abandono e o desposuimento mais tamén o da supervivencia obstinada.Cunha linguaxe interrompida\, que transita e hibrida as fórmulas do ensaio interpretativo e as estratexias da ficción\, Brais Lamela escribe unha obra sobre o arraigamento e a intersección de mundos\, unha arquitectura literaria sutil que atopa novas posibilidades de escritura e asume desvíos e fracasos\, un artefacto impuro\, crebadizo\, conmovedor”. \n\n\n\nO autor\n\n\n\nDa ficha de Brais Lamela na editorialBrais Lamela (Vilalba\, 1994) viviu en Galicia ata os dezasete anos. Posteriormente\, formouse en literatura comparada e historia nas universidades de Cambridge\, Reino Unido\, e Brown\, nos Estados Unidos\, grazas a diversas bolsas de estudo. Acadou premios literarios coma os Minerva\, Ánxel Casal e Xuventude Crea. Actualmente\, cursa un doutoramento en literatura na Universidade de Yale\, onde tamén exerce a docencia. Ninguén queda é a súa primeira obra publicada.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-febreiro-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-03-06-CLecturaBLamela.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240207T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240207T203000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20240119T115135Z
LAST-MODIFIED:20240119T115137Z
UID:3289-1707330600-1707337800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Xaneiro
DESCRIPTION:O libro seleccionado para o Club de lectura do mes de xaneiro (xuntanza 7 de febreiro) é La historia de los vertebrados\, de Mar García Puig. \n\n\n\n\n\n\n\nO libro\n\n\n\n«O 20 de decembro de 2015 fun nai e toleime. […] Ese mesmo día\, España votaba nas primeiras eleccións nas que participaba un novo partido […]\, e a esperanza de cambio planou sobre o día. Á noite\, cando contaba as contraccións na sala de dilatación\, o país contaba asentos. E ambas as contas xuntáronse nunha nova vida para min\, porque un deses asentos ía ser o meu. ‘O mesmo día que naceron os meus fillos\, fíxenme membro do Congreso’.O que debería ser o día máis feliz da vida do narrador desta novela convértese no inicio dunha historia de loucura. A ansiedade toma o relevo e o peso do mundo cae sobre os seus ombreiros dúas veces: debe coidar dos seus xemelgos recén nacidos e dar voz aos que confiaron nela.Esta historia afonda nunha ferida persoal para conectar con loitas universais\, e é unha viaxe pola arte\, a literatura\, a mitoloxía e a historia da medicina. Con mestría\, Mar García Puig converte a experiencia persoal nunha historia que nos fala de todas as mulleres que algunha vez sentiron que a súa cordura as abandonaba e de todos os homes que as silenciaron\, protexidas por séculos de ciencia\, mitos e política. \n\n\n\nA autora\n\n\n\nMar García Puig (Barcelona\, ​​1977) é licenciada en Filoloxía Inglesa e máster en Lingüística. Editora de profesión\, publicou artigos en medios como La Vanguardia\, El Periódico\, El Diario\, Público ou CTXT. Colaborou nos libros LGTBI (Sembra Llibres\, 2020)\, Neorrancios. Sobre os perigos da saudade (Península\, 2022) e Máis que visibles (Egales\, 2022). Desde 2015 é deputada no Congreso dos Deputados\, onde exerce como voceira na Comisión de Cultura. Vive entre Madrid e Barcelona. A historia dos vertebrados é o seu primeiro libro. \n\n\n\nOs textos son da ficha do libro na editorial Penguin-Random-House.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-xaneiro-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-02-07-CLecturaHistoriaVertebrados.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240117T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240117T210000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20240109T171522Z
LAST-MODIFIED:20240109T171524Z
UID:3279-1705519800-1705525200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club lectura. Xaneiro
DESCRIPTION:Materia. Yolanda Castaño\n\n\n\nO mércores 17 de xaneiro teremos a xuntanza mensual do Club de lectura do Ateneo Atlántico. Neste caso comentaremos o poemario Materia. Na sesión\, aberta ao público xeral\, participará a autora\, Yolanda Castaño\, que lerá para nós algúns dos seus poemas. O acto comezará ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nMateria\n\n\n\nO poemario Materia (Xerais 2022) acadou o Premio da Crítica de poesía galega 2022 así como o Premio Nacional de Poesía 2023.“Legados\, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas\, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte\, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta poética de Yolanda Castaño na que cada estado da materia se expresa nun propio ton”.Texto da ficha do libro en Edicións Xerais. \n\n\n\n \n\n\n\nYolanda Castaño\n\n\n\nYolanda Castaño (Santiago de Compostela\, 1977)\, licenciouse en Filoloxía e realizou estudos audiovisuais na Coruña. Activa dinamizadora cultural\, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica – Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014)\, o Festival de Poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador»\, na illa de San Simón. Alén diso\, ofrece obradoiros literarios\, recitais\, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país\, por toda Europa e América\, ademais de Tunisia\, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas\, de traducións de poesía e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas\, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras\, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía\, téndose traducido en parte a máis de quince linguas. Autora multipremiada (Premio da Crítica Española 1999\, Premio Espiral Maior 2007\, Premio Ojo Crítico 2009\, Premio Fundación Novacaixagalicia\, entre outros) Yolanda Castaño conta con sete poemarios individuais entre os que salientan «Vivimos no ciclo das Erofanías»\, «O libro da Egoísta»\, «Profundidade de campo»\, «A segunda lingua» ou «Materia» (Xerais\, 2022) Premio Nacional de Poesía\, 2023. É autora tamén de edicións bilingües destes poemarios para Visor libros\, un par de escolmas persoais\, algunhas plaquettes e catro libros de poesía infantil\, ademais de obras asinadas como editora e tradutora. En 2018 publica «O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético» (Xerais\, 2018) e en 2021 escribe «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias» (Xerais\, 2021).Ficha de Yolanda Cataño en Edicións Xerais.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-lectura-xaneiro
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-01-17-ClubLecturaYolandaCastano.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231213T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231213T203000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20231109T162137Z
LAST-MODIFIED:20231109T162140Z
UID:3202-1702492200-1702499400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Decembro
DESCRIPTION:O libro elixido para a sesión de decembro do Club de lectura do Ateneo Atlántico é As mellores tendas de Madrid\, de Manuel Veiga Taboada. A xuntanza para comentar o libro terá lugar o mércores 13 de decembro\, ás 18.30 horas\, no local do Ateneo. \n\n\n\n\n\n\n\nAs mellores tendas de Madrid\n\n\n\nEdicións Xerais\, 2021\, Colección Narrativa.«As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008\, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista\, Mónica\, é unha empregada de banca tímida pero decidida. Xunto con ela\, teñen un papel destacado o seu home\, o avogado Alfredo María Pardo de Ferreira\, a quen todos chaman Fredy; a secretaria deste\, Vanessa (con dous eses); e o director xeral dunha caixa de aforros que pode ser liquidada en calquera momento\, un home maior que admira a Clint Eastwood. Todas son persoas conservadoras\, pero nalgunha delas\, talvez en Mónica\, habita unha certa rebeldía. Manuel Veiga Taboada relátanos nesta novela a crónica dun controvertido momento histórico da Galicia recente\, entrecruzada en cada parágrafo polo humor e a ironía. (Da ficha do libro en Edicións Xerais) \n\n\n\nManuel Veiga Taboada\n\n\n\nManuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos\, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra»\, periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e\, en 2006\, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota»\, novela (Xerais\, 2008)\, «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais\, 2012) \, «O pacto galego na construción de España»\, «Manuel María\, buscando un país» (Xerais\, 2016)\, «Todo ser humano é un río» (Xerais\, 2016)\, «A parte queimada. Stalin & Robespierre»\, «As mellores tendas de Madrid» (Xerais\, 2021) e «Perder as bestas» (Xerais\, 2023). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia». (Da ficha do autor en Edicións Xerais)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-decembro-2
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-12-13-ClubLecturaManuelVeiga.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231108T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231108T203000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20231009T093337Z
LAST-MODIFIED:20231009T093340Z
UID:3112-1699468200-1699475400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Novembro
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de Lectura para ler ao longo do mes de outrubro e comentar o 8 de novembro é Tirano Banderas\, de Ramón María del Valle-Inclán. \n\n\n\n\n\n\n\nPublicada en 1926\, é a primera novela do ciclo esperpéntico e á que seguirá a serie ‘El ruedo ibérico’ (1927). Está considerada a obra cume no desenvolvemento deste subxénero novelístico. Está incluída entre as 100 mellores novelas en español do século XX na selección realizada polo diario El Mundo dentro do seu proxecto Millenium. \n\n\n\nA novela narra a caída do ditador suramericano Santos Banderas\, que dirixe a rexión ficticia de Santa Fe de Tierra firme de modo despótico e cruel manténdose no poder grazas ao terror e á opresión. A obra describe o comportamento do tirano e o comezo dun movemento revolucionario que acabará por derrocalo ante a súa torpeza.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-novembro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/10/2023-11-09-ClulecturaTirano.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231004T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231004T200000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20230612T101503Z
LAST-MODIFIED:20230612T101506Z
UID:2975-1696444200-1696449600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de Lectura. Xina Vega
DESCRIPTION:O libro elixido polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do verán é Ninguén Dorme\, da escritora afincada en Vigo\, Xina Vega. A xuntanza terá lugar o mércores 4 de outubro\, ás 18.30 horas. \n\n\n\n\n\n\n\nNinguén dorme é un vómito\, un ouveo. Quere falar do que doe\, da cara oculta da lúa nas relacións cos outros. O sexo\, o corpo como prisión\, como condena. A imposible comunicación\, a mentira da parella\, os medos\, o medo. A violencia estrutural que se exerce con saña sobre o máis débil\, a muller\, o inmigrante… Este é un relato alucinado\, marxinal e onírico que busca retorcer os tópicos\, levalos ao extremo\, volvelos insoportables. Sordidez e poesía\, unha visión enferma na que resoan as voces de Bataille\, Kafka\, Lorca\, Koltés\, Volodine\, Jelinek\, Liddell\, Perec\, Cunqueiro\, Rosalía\, Ferrín\, Pimentel\, Novoneyra… Detrás\, o desexo de nomear o escurecido\, unha voz que despeza o corpo.(Texto da ficha na web da editorial Laiovento). \n\n\n\nRexina (Xina) Vega (Vigo\,1966) é amiga e colaboradora habitual do Ateneo Atlántico. Doutora en Filoloxía románica\, é profesora universitaria e investigadora. Como escritoracéntrase basicamente na narrativa e no ensaio; acadou o Premio Xerais de 2007 coa súa obra Cardume. Ten actuado como crítica literaria e colaboradora en Praza.gal\, A nosa terra\, Grial…
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-xina-vega
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/06/2023-10-04-ClubLectura-XinaVega2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230607T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230607T203000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20230509T094840Z
LAST-MODIFIED:20230509T094842Z
UID:2886-1686162600-1686169800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Maio
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de maio (xuntanza o 7 de xuño) é unha banda deseñada: Ardalén\, de Miguelanxo Prado. \n\n\n\n\n\n\n\nSomos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable\, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia\, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias\, propias e alleas\, hai amor e cariño\, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo. (Da ficha na páxina da editorial). \n\n\n\n«Ardalén» é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia\, da percepción da nosa propia vida\, da nosa identidade. Pode sonar filosófico pero\, á fin\, trátase dun puño de seres humanos que se axudan e se fan dano uns a outros\, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para tentar evitar o naufraxio. (Do propio autor\, na súa páxina web). \n\n\n\nPublicada orixinalmente en 2012 por El patito feo en galego e por Norma Editorial en cstelán\, esta magnífica novela gráfica foi premiada no 31 Salón Internacional del Cómic de Barcelona como mellor obra de autor español; pola súa banda\, o Ministerio de Cultura de España galardonouna co Premio Nacional do Cómic 2013.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-maio
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/05/2023-06-07-ClubLecturaArdalen.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230503T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230503T203000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20230416T182441Z
LAST-MODIFIED:20230416T182443Z
UID:2845-1683138600-1683145800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Abril
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de abril (xuntanza o 3 de maio) á Memorias de Leticia Valle\, de Rosa Chacel. \n\n\n\n\n\n\n\nPublicada en 1945\, Memorias de Leticia Valle é unha das obras máis destacadas de Rosa Chacel.En Memorias de Leticia Valle\, Rosa Chacel desenvolve de xeito maxistral a capacidade de sedución da pequena Leticia\, quen\, con perversa inxenuidade\, xoga coa súa propia paixón e cas paixóns que ela mesma desata. desencadena. \n\n\n\nA piques de cumprir os doce anos\, Leticia\, orfa de nai\, trasládase xunto co seu pai\, militar que vén de regresar da guerra de Marrocos\, e coa súa tía Aurelia a Simancas (Valladolid). Alí\, a nena\, dona dun talento extraordinario e dunha sorprendente madurez\, recibirá clases de música en casa de Luisa\, unha muller fermosa e mundana –en palabras de Leticia–\, coa que entablará unha estreita amizade. Daniel\, home de Luisa\, entra na vida de Leticia cando comeza a darlle clases para non desaproveitar o gran talento da nena. \n\n\n\nMemorias de Leticia Valle foi galardoada co Premio Castela e León das Letras en 1991.Foi levada ao cine por Miguel Ángel Rivas en 1980\, con Emma Suárez no papel de Leticia.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-abril
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/04/2023-05-03-ClubLectura-RosaChacel.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230412T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230412T200000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20230303T123928Z
LAST-MODIFIED:20230314T114300Z
UID:2627-1681324200-1681329600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Marzo
DESCRIPTION:O libro seleccionado polo Club de lectura para ler ao longo do mes de marzo (xuntanza 12 de abril)\, é O muiñeiro ouveador\, do escritor finlandés Arto Paasilinna. \n\n\n\n\n\n\n\nA trama está ambientada en Laponia despois da Segunda guerra mundial. O personaxe principal é Gunnar Huttunen\, un muiñeiro que adoita ouvear polas noites\, facendo ladrar aos cans\, e que aínda que ás veces se comporta dun xeito louco\, é un bo home traballador no seu muíño á beira do río Kemi\, en Suukoski.A maioría dos seus veciños comezan a pórse a mal con el pola súa forma de ser. Finalmente mándano para un manicomio\, e cólleno cando se estaba empezando a namorar dunha veciña\, Sanelma Käyrämö\, unha asesora agrícola\, e pintando o muíño de vermello. No hospital mental atopouse cun home san ingresado e que lle axudou a escapar de alí. Volve á aldea mais ten que andar de eremita no monte para que non o volvan meter no manicomio. (Texto da Galipedia) \n\n\n\nO muiñeiro ouveadorArto PaasilinnaTítulo orixinal\, Ulvova mylläriAno de publicación 1981Tradución ao galego\, Tomás González Ahola\, marzo 2019\, Rinoceronte EditoraEn 1982 foi levada ao cine por Jaakko PakkasvirtaFicha do libro na editorial
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-marzo
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/03/2023-04-ClubLecturaPaasilinna.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230301T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230301T203000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20230203T095627Z
LAST-MODIFIED:20230203T095637Z
UID:2539-1677695400-1677702600@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de lectura. Febreiro
DESCRIPTION:Os seres queridosBerta DávilaPremio Xerais 2021\n\n\n\nO libro seleccionado polo club de lectura do Ateneo Atlántico para ler durante o mes de febreiro é o Premio Xerais de Narrativa do ano 2021.Tratase de Os seres queridos\, de Berta Dávila\, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal\, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero\, por enriba de todo\, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen\, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser (da ficha do libro en Ed. Xerais). \n\n\n\nCinco anos despois de ser nai\, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar\, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano\, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos\, a narradora fálanos da familia e da parella\, dos lazos que non se escollen\, pero tamén do loito\, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome. (Da ficha do libro na Editorial)
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-febreiro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/02/2023-03-ClubLectura-BertaDavila.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230201T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230201T203000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20230116T201708Z
LAST-MODIFIED:20230203T095916Z
UID:2433-1675276200-1675283400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Club de Lectura. Xaneiro
DESCRIPTION:Todos os NomesJosé Saramago\n\n\n\nCo gallo do centenario do nacemento de José Saramago\, o Premio Nobel portugués\, o club de lectura do Ateneo Atlántico que renderlle a súa particular homenaxe coa lectura do seu libro Todos os nomes. \n\n\n\nPublicado en 1997\, o libro presenta como protagonista a José\, un home de mediana idade\, funcionario inferior do Arquivo do Rexisto Civil. Este funcionario cultiva a pequena teima de colecionar noticias de xornais e revistas sobre xente famosa. Un dia recoñece a falta\, nas súas coleccións\, de informacións exactas sobre o nacemento (data\, lugar\, nome dos pais\, etc.) desas persoas. A partir dese momento dedícase a copiar os respectivos datos das fichas que se encontran no arquivo. Casualmente\, a ficha dunha persoa común (unha muller) mistúrase con outras que está copiando. O súbito contraste entre o que é coñecido e o que é descoñecido fai xurdir nel a necessidade de coñecer a vida desa muller. Comeza así unha busca\, a procura do outro. (Texto traducido da capa da edición de Porto Editora escrito por Miguel Gonçalves Mendes). \n\n\n\nO propio Saramago escribiu “pódese dicir\, superficialmente\, que é unha novela sobre a morte e os mortos\, e na que hai ata un cemiterio enorme\, disparatado. Mas non\, non é así\, é unha obra sobre a vida”.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/club-de-lectura-xaneiro
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/01/2023-02-ClubLectura-Saramago.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230104T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230104T200000
DTSTAMP:20260514T122000
CREATED:20221220T103044Z
LAST-MODIFIED:20230101T180437Z
UID:2372-1672857000-1672862400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Olga Novo no Club de Lectura
DESCRIPTION:Encontro con Olga Novo\n\n\n\nO libro do club lectura de xaneiro de 2022 foi Feliz Idade\, de Olga Novo.Daquela tiñamos prevista a súa presenza\, pero\, por diversos motivos\, non puidemos celebrar a xuntanza.Hoxe\, por fin\, logramos axustar axendas e podemos anunciar con moita felicidade a visita de Olga Novo ao club de lectura do Ateneo Atlántico. \n\n\n\nO acto terá lugar o mércores 4 de xaneiro\, ás 18.30 horas\, no local do Ateneo (rúa Doutor Cadaval).Na xuntanza\, que estará aberta ao público en xeral\, Olga recitará para nós algúns dos poemas da súa Feliz Idade. \n\n\n\nLembramos que Feliz Idade é unha obra mestra da poesía galega contemporánea; gañadora do Premio Nacional de Poesía 2020\, do Premio da crítica española\, do Premio da crítica galega e do Premio da Gala do libro galego.Na acta\, o xurado do Premio nacional de poesía destacaba que estamos ante un “relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo”\, que establece unha ponte entre “a maternidade e a morte cunha fonda presenza crítica da memoria histórica”.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/olga-novo-no-club-de-lectura
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:clubDeLectura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2022/12/2022-01-ClubLectura-FeliZidade.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR