cinemAteneo. Urraca, cazador de rojos

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O cinemAteneo presenta a película documental Urraca, cazador de rojos. Será o luns 8 de outubro, ás 19 horas, no local do Ateneo (Rúa Dr. Cadaval 17). Para a presentación e posterior coloquio, no que tamén nos falará do seu libro, contamos con Loreto Urraca, neta do tristemente protagonista do documental, e con María Torres (Madrid, 1961), escritora, memorialista e neta de Arturo Torres, represaliado polo franquismo. Presenta, por parte do Ateneo, Remedios Copa.

cinemAteneo. Memorias rotas

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Na nosa sección de cine (cinemAteneo) o próximo 23 de outubro, luns, veremos e comentaremos o documental Memorias Rotas, de Manane Rodríguez. Será ás 19.30 horas nos Multicines Norte e contaremos coa presenza da directora e a presentación de Emilio Fernández Zunzunegui. En el pueblo de Acebo - pueblo de pocos amigos,donde matan a los...

cinemAteneo: Gaza

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Nun momento de intensidade extrema no conflito palestino-israelí, o cinemAteneo organiza e emisión da película documental Gaza, de Carles Bover e Julio Pérez. Será o luns 13 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. Para comentar a película contaremos coa presenza de Mohamed Safa.

cinemAteneo: Las vencidas y no derrotadas

Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

Memoria oculta do franquismo. Mentres haxa vontade de loitar, haberá esperanza de vencer. O 30 de novembro, en colaboración con Amnistía Internacional, presentamos o documental Las vencidas y no derrotadas. Será ás 19 horas no auditorio da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía 16) e contaremos coa presenza da directora, Mau Cardoso.

cinemAteneo. Un novo mundo

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Un novo mundo (Stéphane Brizé) é a película programada polo cienemAteneo para o martes 20 de febreiro. A proxección comezará ás 19.30 horas nos Multicines Norte. A presentación correrá a cargo de Anabel Mariño.

cinemAteneo. Nación

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

O cinemAteneo presenta a película documental Nación, da directora galega Margarita Ledo. Será o luns 11 de marzo, ás 19.30 horas nos Multicines Norte. Para comentar a película contamos coa súa directora e como moderadora actuará Puri Silva.

Unha peli con… Roi Cagiao

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

Dentro do marco da proposta do cinemAteneo 'Unha peli con...', o convidado para participar o vindeiro 19 de marzo é o director Roi Cagiao (Vigo 1972, 2017). Roi proponnos compartir a película 'Operación Ogro' (Gillo Pontecorvo, 1979). A proxección, co correspondente coloquio, terá lugar o martes 19 de marzo, no espazo Ateneo, a partir das 19.15 horas.

Antonio Rey Soto, Pioneiro do cine galego

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Sesión do cinemAteneo arredor da figura de Antonio Rey Soto e da técnica do Benshi. Contaremos con Manolo González, autor do libro O Benshi de Galicia. Proxectaremos fragmentos da película Viaje por Galicia (Luís R. Alonso, 1926) narrada ao modo Benshi por Toñi Caseiro. Presenta José Luís Mateo. Será o mércores 10 de abril, ás 19 horas, na Biblioteca da EMAO.