Realidades e mitos da IA
Mitos e realidades da Intelixencia artificial. Martes 14 de novembro, 19.30 horas, biblioteca da EMAO. Con Antonio Torrado. Presenta Luís Otero.
Mitos e realidades da Intelixencia artificial. Martes 14 de novembro, 19.30 horas, biblioteca da EMAO. Con Antonio Torrado. Presenta Luís Otero.
O día 4 de xuño terá lugar o primeiro Faladoiro do ciclo 'Os mundos científicos de Vigo' que organiza o Ateneo Atlántico en colaboración coa Universidade de Vigo, co título 'A divulgación científica en Galicia'; participa Pablo López, director do xornal GCiencia, que estará acompañado paola vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio. O acto terá lugar, como todo o ciclo, no edificio Redeiras, a partir das 19.30 horas.
O segundo Faladoiro do ciclo Os mundos científicos de Vigo terá lugar o luns 10 de xuño, coma sempre ás 19.30 no edificio Redeiras da Universidade de Vigo. Nesta ocasión falaremos de Enxeñería da privacidade con Carmela González Troncoso, da EPFL de Lausanne e Fernando Pérez González, da Universidade de VIgo.
A Universidade de Vigo, en colaboración co Ateneo Atlántico organiza o ciclo de coloquios divulgativos Faladoiros no Berbés baixo o epígrafe xenérico Os mundos científicos de Vigo. As actividades terán lugar os días 3, 10 e 13 de xuño, no edificio Redeiras, a partir das 19.30 horas.
O terceiro, e último Faladoiro, dentro do ciclo Os mundos científicos de Vigo, será o 12 xuño coa presenza de Jorge Otero Millán (University of California, Berkeley) que falará sobre Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares; estará acompañado por Humberto Michinel da Universidade de VIgo. Como nos casos anteriores terá lugar no edificio Redeiras a partir das 19.30 horas.
O Ateneo Atlántico prácese e hónrase en presentar este acto no que o científico Anxo Carracedo será o protagonista. Falará para nós sobre 'medicina personalizada' e os grandes proxectos xenómicos. Será o luns 4 de novembro, ás 19.30 horas na EMAO, e a presentación correrá a cargo da presidenta do Ateneo, Luísa Abad.
O Ateneo Atlántico conmemora o 8M de 2025 visibilizando o papel das mulleres na ciencia. O vídeo anual está dedicado ás científicas (ver na nosa canle de Youtube) e o 11 de marzo teremos un acto que demos en titular "Mulleres científicas: Camiño á paridade" e no que participan Verónica Salgueiriño (química, investigadora e profesora universitaria), Laura Filloy (arqueóloga, periodista científica) e Soledad Torres (enxeñeira de telecomunicación, profesora universitaria); será a partir das 19.30 horas na Casa Galega da Cultura, e actuará como presentadora Amada Traba.
Neuroplasticidade e neurociencia. Como o cerebro pode cambiar e curar. Quen? Miyen Wu Rodríguez, presenta Juan Mahíz. Cando? O xoves 23 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia, rúa Reconquista 7.