BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.15.20//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240416T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240416T210000
DTSTAMP:20260501T051522
CREATED:20240405T091744Z
LAST-MODIFIED:20240405T091747Z
UID:3516-1713295800-1713301200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Banca Ética
DESCRIPTION:O martes 16 de abril\, ás 19.30 horas\, no local da Casa Galega da Cultura poremos enriba da mesa o tema da Banca Ética. Mario Martínez Lorenzo falará sobre a Sabia\, unha moeda social galega\, mentres que Manuel Adame Moldes o fará sobre Fiare\, modelo de banca ética.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/banca-etica
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/04/2024-04-16-BancaEtica.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240312T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240312T210000
DTSTAMP:20260501T051522
CREATED:20240305T184954Z
LAST-MODIFIED:20240305T184957Z
UID:3479-1710271800-1710277200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O sexo non é o xénero
DESCRIPTION:O martes 12 de marzo\, a partir das 19.30 horas teremos con nós ao psicólogo clínico e psicoanalista Manuel Fernández Blanco; será na biblioteca da EMAO e falara arredor dun tema tanta actualidade como é “O sexo non é o xénero”. \n\n\n\n\n\n\n\nManuel Fernández Blanco é psicoanalista\, membro da Escola Lacaniana de Psicanálise e da Asociación Mundial de Psicanálise\, e psicólogo clínico. É o Director da Clínica do Campo Freudiano en A Coruña (destinada a posibilitar un tratamento psicanalítico a persoas con escasos recursos económicos)\, e docente do Instituto do Campo Freudiano. Foi presidente da Escola Lacaniana de Psicanálise\, Secretario do Bureau da Asociación Mundial de Psicanálise\, e membro do Consello da Escola Europea de Psicanálise. Traballou\, durante 34 anos\, no Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. É autor do libro La repetición como concepto fundamental del Psicoanálisis e de numerosas publicacións no ámbito da Psicanálise e da Saúde Mental. Colabora na Sección de Opinión do diario La Voz de Galicia baixo o título Los síntomas de la civilización.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-sexo-non-e-o-xenero
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-03-12-SexoNonXenero.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240305T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240305T210000
DTSTAMP:20260501T051522
CREATED:20240223T114909Z
LAST-MODIFIED:20240223T120646Z
UID:3450-1709667000-1709672400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Coidamos do galego? Dígocho eu!
DESCRIPTION:Esther Estévez (presentadora e directora do Dígocho Eu! TVG) e Xurxo Martínez (filoloxía galega)\, conversarán aredor da situación actual da lingua galega. Realmente\, estamos a coidar o galego? Será o martes 5 de marzo\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. A entrada será libre ata completar o aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nCoidamos do galego?  Dígocho eu!\n\n\n\nQue facemos co galego?\n\n\n\nDeixamos que vaia evolucionando como lingua minorizada cara á súa extinción?\, … ou sentímonos cómodos porque xa é algo institucional que nos representa porque figura en carteis\, escritos e se fala nalgúns medios?Metémola nese saco mal chamado “bilingüismo” para que se bata co castelán coma se fosen linguas en igualdade de condicións?Hai xente que intenta escolarizar a rapazada en galego\, pero\, pasado un tempo na escola\, descobre que comezan a falar con interferencias do castelán e a sentirse confusos. Que facemos?Na adolescencia e na mocidade\, a perda de galegofalantes é brutal. Aínda que non se coñecen estatísticas “oficiais” dende 2018\, as evidencias están presentes nas redes e nas observacións que podemos facer a pé de rúa. E non só nas cidades\, senón tamén nas vilas ou\, se cadra\, máis nestas últimas.E as persoas adultas? Somos maioría en Galicia. Que facemos? Aínda temos prexuízos lingüísticos aos nosos anos?Nesa mesma estatística de hai seis anos\, das sete cidades galegas\, a que mais “falantes” perdeu foi Vigo. Hai que resaltar o concepto de persoas “falantes”\, porque precisamente é\, na forma oral\, onde máis nos estamos empobrecendo.E as institucións? Como se pode consentir que na prensa galega escrita en castelán se poñan en letra cursiva as declaracións da xente que responde en galego nunha entrevista? Falamos de medios escritos que reciben numerosas subvencións\, e só sacan a portada en galego o Día das Letras Galegas! A isto se lle chama “normalización”? O “normal” sería ao revés! \n\n\n\nA cousa pinta mal\, mais algunhas luces tamén van aparecendo\, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias\, a Lei de Normalización lingüística de 1983 e o propio Estatuto de Galicia\, dannos un marco de actuación para a xustiza\, a economía\, as institucións públicas\, a cultura\, o ensino etc. Temos “ferramentas” de sobra\, usémolas!Pero isto tan só é papel se non se dota de medios e de vontade.Tamén resisten medios escritos e orais en galego\, a pesar do escaso apoio económico que si reciben os outros\, así como honrosos movementos no eido da música\, as artes escénicas\, o cinema\, as editoriais e algunhas empresas que van subindo ao carro… Pódese dicir que hai unha pequena industria que xera economía e traballo en galego. \n\n\n\nPor último\, un desexo\, ou unha reflexión:Existen fogares con moitas formas de familias (distintas xeracións\, distintas procedencias\, neofalantes …) Se algún dos membros fala galego neste medio\, é onde pode xurdir o amor e o apego pola lingua\, se escoitamos falar galego nun ambiente íntimo\, seguramente algún día acabaremos facendo uso del. A perda da transmisión lingüística familiar obríganos aos mais maiores a facer esta función de sementeira para que vaia calando nas xeracións que veñen. \n\n\n\nEsther Estévez\n\n\n\nXornalista natural de Verín\, é a presentadora dos programas da Tvg. Dígocho eu! \, Luar e do concurso para xente nova De tal mente tal semente. Tamén participa en digochiño\, Cachadas… \n\n\n\nPremio Mestre Mateo 2022 e 2023 á mellor comunicadora\, confesa que ama esta profesión como ama a lingua e goza dando charlas á xente nova por toda Galicia.Inclúe nos seus programas os xa famosos apuntamentos lusófonos para xogar coa proximidade da lingua irmá tanto nas afinidades como nas diferenzas.Achega unha mirada positiva esperanzadora e libre de prexuízos das novas xeracións\, maiormente a través das redes sociais. \n\n\n\nXurxo Martínez\n\n\n\nÉ doutor en filoloxía galega pola Universidade de Vigo\, investigador para o Instituto da lingua e o Consello da Cultura. Destaca o fondo coñecemento sobre distintos temas do século XIX en Galicia\, en especial do Rexurdimento. \n\n\n\nA partir de 2017\, cando se xubila Xosé González mais coñecido como Pepiño de Redondela\, faise responsable do Servizo de Normalización Lingüística nese concello.Exerce a militancia activa na defensa da lingua galega\, tanto é así que loitou durante catro anos ata conseguir unha sentenza histórica do TSXG para que a Axencia Tributaria fose obrigada a garantir a atención en galego. Publica numerosos estudos sobre as Irmandades da Fala e do Rexurdimento\, biografías de Reboiras e Luís Soto e recentemente\, Marxes\, guía ilustrada do Vigo rebelde\, unha interesante proposta con itinerarios de feitos históricos pola cidade de Vigo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/coidamos-do-galego-digocho-eu
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-03-05-CoidamosGalego.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240206T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240206T210000
DTSTAMP:20260501T051522
CREATED:20240129T101425Z
LAST-MODIFIED:20240129T101429Z
UID:3314-1707247800-1707253200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Limpar a praia\, Coidar a auga\, Defender a vida.
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico\, en colaboración coa Rede para o Decrecemento Eo Navia\, Galiza O Bierzo\, presenta a actividade Limpar a praia\, Coidar a auga\, Defender a vida\, que terá lugar o martes 6 de febreiro\, ás 19.30 horas\, na EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nNa actividade falaremos arredor\, por unha banda\, da crise dos pellets no mar galego\, e tamén dos vertidos de augas con metais pesados procedentes da mina de San Finx\, na ría de Noia.Os relatores da actividade serán Ana Freiría\, Coordinadora da campaña de voluntariado de limpeza de praias de Ecoloxistas en Acción\, para o tema da vertedura de pellets\, e Cristóbal López\, Coordinador da área de minería de Ecoloxistas en Acción\, que falará sobre as consecuencias medioambientais dos vertidos tóxicos da mina de San Finx. \n\n\n\nLimpar a Praia\, coidar a auga\, defender a vida\n\n\n\nAnte a situación de contaminación de elementos esenciais para a vida cuxa alteración afecta á saúde e á economía da nosa terra\, o Ateneo Atlántico de Vigo e a Rede para o Decrecemento Eo-Navia\, Galiza\, O Bierzo\, aúnan esforzos por solicitar información e concienciar da importancia e repercusión que iso ten para todos nós e as xeracións futuras.Nestes días en que asistimos á invasión de pellets de plástico que\, (verteduras no mar e dispersados nas augas de todo o litoral)\, chegan ás nosas praias causando gran preocupación polos efectos que tales “bolitas” poidan provocar\, tanto pola contaminación polo material de plástico como pola toxicidade doutros compoñentes que ao parecer levan na súa composición.Preocupan as posibles consecuencias da inacción e posterior lentitude de políticos e Institucións á hora de tomar medidas de inmediato\, xestionar responsabilidades polas verteduras a quen sexa que os causara e\, sobre todo\, procurar canto antes unha análise exhaustiva e fidedigna da composición dos pellets e os seus posibles efectos adversos para o medioambiente e a biodiversidade que poida resultar afectada\, incluído o seu efecto sobre as persoas que están a recoller eses residuos nas praias e os que tamén poida ter o consumo de algas\, peixes e mariscos das zonas afectadas.O denominado progreso encheu os mares e océanos de plásticos e outros residuos contaminantes e tóxicos que están a provocar a desaparición de gran parte da biodiversidade das zonas próximas ás costas europeas\, tal como se puido constatar nos estudos recentes. Pero se observamos a realidade\, a contaminación no medio terrestre tampouco se quedou atrás.A contaminación de acuíferos e ríos é cada vez máis seria. Xa son moitas as zonas que carecen de auga potable no mundo. As industrias contaminantes han provocado o desprazamento forzoso de pobos enteiros facendo imposible o medio de vida tradicional da zona ou\, noutros casos\, cambiando os sistemas de cultivo agrícola diversificado polo de monocultivo con alto consumo de auga\, (ex.: o aguacate\, tamén chamado ouro verde)\, chegando mesmo a secar non só acuíferos da zona\, senón mesmo ríos e deixando a pobos enteiros dependentes da subministración de auga potable mediante camións cisterna. En América Latina temos varios exemplos destas prácticas que\, xunto a gandería extensiva\, a deforestación\, a contaminación dos grandes ríos coas verteduras de refugallos das extraccións mineiras\, contribuíron a que a vida de moitas persoas se vise afectada pola destrución da súa economía e forma de vida\, á vez que sofre múltiples enfermidades provocadas pola contaminación da auga e os alimentos que consomen.En Europa tamén temos casos similares. E se falamos de España\, é un dos países da UE que máis advertencias e sancións vén acumulando en canto a contaminación da auga e a vertedura de refugallos tóxicos\, xurros\, antibióticos\, fertilizantes e pesticidas que contaminan a terra\, os acuíferos e os ríos\, para terminar contaminando o mar\, como é o caso do Mar Menor. A contaminación de acuíferos\, a privatización e o mal uso da auga fixeron que varios pobos en España tamén dependan do abastecemento de auga potable para o consumo mediante camións cisterna.A auga é punto crave para a sustentabilidade da vida e a contaminación\, o mal uso e a súa privatización para a explotación por parte de grandes corporacións está a poñer en perigo o abastecemento de auga potable no planeta\, de tal modo que os científicos auguran que no prazo de cinco anos non haberá auga potable para todos en moitas zonas do planeta.Se falamos de Galicia\, cuxas praias hoxe padecen a invasión dos pellets\, tamén temos que falar da contaminación que provocan as minas ao descuberto que non faltan na nosa terra e cuxos residuos permanecen esnaquizando o medioambiente\, a saúde e a economía da contorna. Por sinalar un exemplo\, lembremos a rotura da balsa mineira de Frades\, (A Coruña)\, que provocou unha vertedura sobre os ríos Gaiteiro e Mazuzo que verten sobre o Tambre\, cuxas augas dan servizo aos Concellos de Frades\, O Pino\, Oroso\, Santiago\, Trazo\, Val do Dubra\, Ames\, A Baña\, Negreira\, Brión\, Noia e Outes. As verteduras da mina de San Finx\, incumpriron tantas veces a normativa que\, ante a presión exercida por Ecoloxistas en Acción e mariscadores das Rías de Muros e Noia contra as verteduras da mina\, a Xunta tivo que iniciar a revocacón do permiso concedido para seguir baleirando as galerías ao confirmar a presenza de metais pesados nos residuos que estaban vertiendo. Pero os metais pesados e outros residuos que permanecen na balsa de decantación da mina están aí e seguen sendo unha ameaza para saúde e a vida da contorna.Como din os defensores do Decrecemento están a vendernos a tecnoloxía avanzada\, a dixitalización e a robotización como os grandes avances e as marabillas do progreso\, pero ocúltannos a cantidade de auga e enerxía que consome ese chamado “progreso”\, do que\, como afirma Miguel Amorós\, a partir de determinado momento\, o desenvolvemento científico-técnico vólvese eminentemente destrutivo e a maior progreso\, maiores inconvenientes.Para a continuidade da vida requírese priorizar a conservación daquilo que é vital.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/limpar-a-praia-coidar-a-auga-defender-a-vida
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/01/2024-02-06-LimparApraia2.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231212T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231212T210000
DTSTAMP:20260501T051522
CREATED:20231203T112303Z
LAST-MODIFIED:20231203T112306Z
UID:3261-1702409400-1702414800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O conflito entre Israel e Palestina
DESCRIPTION:Repercusións na xeoestraxia de Oriente Medio\n\n\n\nO martes 12 de decembro estará con nós Javier Couso\, (ex) Vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento Europeo. Desde o seu punto de vista privilexiado falara arredor do conflito entre Israel e Palestina e\, sobre todo\, das repercusións na xeoestratexia de Oriente Medio. Será ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nJavier Couso Permuy\n\n\n\nFerrol\, 8 de novembro de 1968.É técnico de son cinematográfico pola Escola de RTVE e diplomado en xornalismo audiovisual polo Instituto Internacional de Xornalismo José Martí da Habana. Ao longo da súa traxectoria profesional traballou como xornalista\, produtor\, cámara\, director audiovisual\, editor\, mensaxeiro\, músico e libreiro. \n\n\n\nNo tocante ao seu desempeño institucional\, ao longo da súa carreira como eurodiputado (2014-2019) foi vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores\, vicepresidente da delegación parlamentaria con Iraq\, membro da Comisión de Seguridade e Defensa e da Asemblea Parlamentaria da OTAN\, ademais de formar parte da Comisión Especial de Terrorismo da cámara. Foi portavoz do grupo de apoio ao proceso de paz en Siria e vicepresidente do grupo parlamentario de amizade con Cuba. \n\n\n\nPublicou os libros ‘En pie de calle’ (Akal 2020)\, unha análise da realidade europea e española tras a súa experiencia parlamentaria no seo da Unión Europea; e ‘Russofobia. A propaganda antirrusa ao servizo da guerra’ (Achegando á Cultura 2023).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-conflito-entre-israel-e-palestina
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/12/2023-12-12-IsraelPalestinaCOuso.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20231128T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20231128T210000
DTSTAMP:20260501T051522
CREATED:20231121T184230Z
LAST-MODIFIED:20231121T184232Z
UID:3230-1701199800-1701205200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A pegada de Pedro Madruga en Cristóbal Colón
DESCRIPTION:Organizado pola Comisión de Pensamento e Debate do Ateneo Atlántico\, o próximo martes 28 de novembro Ángel Carracelas compartirá con nós os resultados das súas investigacións arredor da galegidade de Cristóbal Colón e a máis que probable relación con Pedro Madruga. O acto terá lugar no martes 28 de novembro\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. A presentación correrá a cargo de Teresa Conde Pumpido.  \n\n\n\n\n\n\n\nÁngel Carracelas Requejo\n\n\n\nCangas do Morrazo\, 1962). Relacionado profesionalmente co mundo do mar e cun amplo percorrido nos seus máis de trinta años de experiencia no sector pesqueiro\, o noso invitado amósanos outra faceta moi diferente da súa vida ao declararse un apaixonado da historia e a investigación\, compartindo deste xeito con todos nós o froito de máis de dez anos de traballo recompilado no ensaio que leva por título “La huella de Pedro Madruga en Cristóbal Colón”.Trátase dun rigoroso estudo a través do cal defende a Galicia como berce de nacemento do descubridor\, así como tamén a máis que posible relación con D. Pedro Álvarez de Soutomaior (Conde de Caminha\, Vizconde de Tui e Mariscal de Baiona)\, popularmente coñecido por Pedro Madruga\, como o outro-eu do Almirante da Mar Océana. \n\n\n\nPolo seu alto contido historiográfico\, cómpre salientar deste traballo (ademais da aportación masiva de documentación inédita e outra perspectiva de análise e argumentación) o feito de figurar depositado nos fondos dalgúns dos máis relevantes arquivos e museos. Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid)\, onde tivo o privilexio de estar exposto durante algo máis de veinte días na Sala de Investigadores de dito arquivo por iniciativa da Xefa de Referencias do propio Arquivo\, Dona Isabel Aguirre Landa\, autora\, entre outros traballos\, da transcrición do xuízo a Colón\, coñecido na historia como o “Xuízo de Bobadilla”. Arquivo Xeral de Indias (Sevilla). Palacio de Tordesillas (Valladolid) (Centro Tordesillas de relacións con Iberoamérica-Universidade de Valladolid-Casas do Tratado). Museo Marítimo de Asturias. Museo Massó (Bueu). Catedral de Tui. Mosteiro de San Xoán de Poio. Mosteiro de Santa María A Real de Oseira (Ourense). Museo Casa Colón Galego en Portosanto (San Salvador de Poio). Pontificio Colexio Español San Xosé (Roma). Universidade Pontifica Gregoriana (Roma). Biblioteca Vaticana (Vaticano). Arquivo histórico provincial (Pontevedra). Arquivo da Deputación de Pontevedra. CUVI. Museo da Construción naval (Ferrol). Museo da Casa da Navegación (Baiona). Asociación de mariñeiros artesáns e deportivos San Miguel de Bouzas. \n\n\n\nUn traballo que tamén ten ido a parar aos fondos privados de personaxes tan relevantes como Cristóbal Colón de Carvajal y Gorosábel (actual descendente de Cristóbal Colón)\, Arturo Pérez Reverte\, Juan Eslava Galán\, Javier Sierra e o Papa Francisco. \n\n\n\nEn definitiva\, unha fascinante viaxe polo medievo e unha sorprendente revelación sobre a identidade do home que conseguiu cambiar coa súa xesta o rumbo da historia e a humanidade. Sen esquecer a reivindicación de xustiza que representa pola débeda histórica contraída con Galicia desde hai algo máis de cincocentos anos. Significando todo isto\, unha importante achega e avance á tese galega.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-pegada-de-pedro-madruga-en-cristobal-colon
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2023/11/2023-11-28-Pedro-Madruga-Colon.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR