BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ateneo Atlántico
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241119T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241119T210000
DTSTAMP:20241112T102359Z
CREATED:20241029T183959Z
LAST-MODIFIED:20241112T102359Z
UID:4024-1732044600-1732050000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A sanidade que non ama as mulleres
DESCRIPTION:Para conmemorar o 25N este ano sentámonos para conversar arredor dun tema tan suxerente como “A sanidade que non ama as mulleres”. Será o martes 19 de novembro\, a partir das 19.30 horas\, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2). No acto participarán Carme Adán (Directora do Centro de Documentación en igualdade e feminismo do Consello da Cultura Galega)\, Sabela Landín (Presidenta da Asociación de afectados do Essure de Galicia) e Chis Oliveira (Doutora en Educación afectivo-sexual). \n\n\n\n\n\n\n\nNo Ateneo Atlántico propoñemos un debate sobre o nesgo de xénero na investigación científica e\, nomeadamente\, na medicina\, que considera a masculina como única medida de diagnóstico\, de análise e de tratamento\, fixando ideas erróneas\, discriminatorias e perigosas para a saúde das mulleres. \n\n\n\nO caso do anticonceptivo “Essure” (Bayer) deixa un elevado número de vítimas rexistradas no noso país con eivas definitivas e limitantes para as súas vidas. Na medicina específica para as mulleres danse casos de violencia obstétrica  sen verdadeira xustificación médica ou o subministro de medicación innecesaria. \n\n\n\nCarme Adán Villamarín. Consello da Cultura Galega\n\n\n\nDoutora en Filosofía\, ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego e entre 2007-2009 foi presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. Publicou Feminismo e coñecemento (Espiral Maior\, 2003)\, traducida ao castelán en Espiral Maior (2006)\, e en 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividade periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia.As súas publicacións máis recentes son: “Cyborg”\, en Barbarismos queer e outras esdrújulas (Edicións Bellaterra\, 2017)\, “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?”\, na Revista Andaluza de Antropología (2018) e “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica”\, en Violencia obstétrica (Tecnos\, 2018). En novembro de 2018 publicou Feminicidio. Unha nova orde patrialcal en tempos de submisión na editorial Galaxia\, reimpreso en xaneiro de 2019 e en breve será publicado en castelán por Edicións Bellaterra. Na actualidade exerce como catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo. \n\n\n\nMª Sabela Landín Estévez. Presidenta da Asociación de afectadas do Essure de Galicia\n\n\n\nNacida en Vigo\, na parroquia de Lavadores\, nunha familia traballadora coñecida por parte materna co alcume “Dos Bravos”\, oriúnda de Naia. Estudante de Informática\, graduada no ano 1993\, e adicada ao Análise informático\, así como a docencia e actualización informática do mundo empresarial dende o ano 1997. Traballa como programadora e técnica especialista até o ano 2006\, onde adicase aparte de informática a fiscalidade e contabilidade nunha internacional do sector da hosteleria e lavanderia. Dende o ano 2012\, cambia a tributación realizando as campañas dos impostos no mundo sindical\, para rematar dende o ano 2019 como responsable de diferentes sectores no ámbito educativo\, orientados a colectivos vulnerables.Nai\, e implantada no ano 2012 do dispositivo Essure\, sufre dende aquela os efectos secundarios do devandito implante metálico. No ano 2017 descubre a moitas mulleres afectadas como ela polo mesmo dispositivo da farmacéutica Bayer\, polo que decide xunto a Eva Losada Rodríguez\, unha das súas colegas fundar a Asociación de Afectadas do Essure de Galicia\, en Outubro do 2018.Levaban dende o mes de marzo de aquel 2018 procurando o amparo das institucións. Dende o ano 2015 foi concelleira no Porriño\, do grupo mixto\, polo que dada esta condición preparou unha moción para a consecución dun protocolo en defensa das mulleres afectadas por este dispositivo. Levouse a comisión de sanidade no Parlamento de Galicia\, onde foi recollida a moción\, e chamando a atención dende a Consellería de Sanidade. Despois de múltiples xuntanza\, se aproba o protocolo de extracción segura do Essure no 27 de Novembro do 2018\, cando Sabela xunto a outras mulleres acude a RTVE no informativo territorial para demandar a pouca ou nula atención dende o servicio Xeral da Consellería de Sanidade. Un avance significativo\, pero incumprido a día de hoxe.Sigue atendendo as mulleres afectadas\, procurando a súa atención\, con numerosas queixas por medios oficiais\, e xurídicos\, procurando a recuperación e a saúde das afectadas a nivel autonómico\, e estatal.Dende o mes de maio do 2023 está de Baixa polas secuelas producidas polo dispositivo Essure\, polo que adicase a estudar Dereito na UOC\, a investigación do dano do Essure\, e a terapias para as mulleres.Hoxe falará do resultado de 6 anos de investigación sobre o dano e a violenza obstétrica sufrida nestas 1600 galegas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-sanidade-que-non-ama-as-mulleres
LOCATION:Casa Galega da Cultura\, Praza da Princesa\, 2\, Vigo\, Galiza\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-11-19-Sanidade-Mulleres.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241126T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241126T210000
DTSTAMP:20241124T180332Z
CREATED:20241120T174646Z
LAST-MODIFIED:20241124T180332Z
UID:4062-1732647600-1732654800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Dónde vamos a vivir
DESCRIPTION:O martes 26 de novembro\, o Ateneo Atlántico prácese en presentar o filme documental Dónde vamos a vivir\, Mujeres contra el deshaucio\, de Georgina Cisquella. No acto\, terá lugar a partir das 19 horas na biblioteca da EMAO\, e ademais da directora\, participará Amaia Vilas (Provivienda); actuará como presentadora Elvira Landín. \n\n\n\n\n\n\n\nSeguindo co ciclo de debate sobre dereitos sociais\, o día 26 de novembro \,as 19horas na biblioteca da EMAO centrarémonos no dereito a vivenda\,dende o documental “¿Dónde vamos a vivir? Mujeres contra el deshaucio” de Georgina Cisquella.O documental segue durante tres anos aos movementos sociais que loitan polo dereito a unha vivenda digna e denuncian as graves consecuencias da crise hipotecaria\, o aumento abusivo dos alugueiros\, o control do mercado por parte dos fondos voitre e a falta de vivenda públicaOs seus protagonistas son mulleres porque nos desafiuzamentos e nas asembleas veciñais\, as mulleres sempre están en primeira liña. Elas son as máis vulnerables\, pero tamén as máis activistas á hora de defender un teito para a súa familia.Tamén nos acompañá Amaia Vilas\, da Asociación Proviviendas\, para contarnos os problemas de vivenda en Vigo que se atopan no día a día.O acto será presentado\, por parte do Ateneo\, por Elvira Landín. \n\n\n\n\nAno 2024\n\n\n\nDuración 61 min.\n\n\n\nPaís España\n\n\n\nDirección Georgina Cisquella\n\n\n\nGuión Georgina Cisquella\, Rafael Lobo\n\n\n\nFilme documental\n\n\n\nProdución Centuria Films\, La Interferencia\n\n\n\nSinopsePelícula documental que retrata o problema da vivenda en España. Filmada en Madrid ao longo de tres anos\, céntrase no papel que xogan as mulleres para facer fronte aos miles de desafiuzamentos que se producen cada ano. A través dos seus relatos seguen a loita dos movementos sociais que dende hai máis dunha década reclaman o dereito a unha vivenda digna\, e denuncian as graves consecuencias da crise das hipotecas\, o aumento abusivo dos alugueres e o control do mercado por parte de os fondos voitre.\n\n\n\n\nGeorgina Cisquella\n\n\n\nGeorgina Cisquella Passada (Barcelona\, 20 de xuño de 1954) é unha periodista\, guionista e directora de documentais española.Traballou mais de 25 anos en RTVE ata 2009 (entre outros programas\, dirixiu Miradas 2\, La 2 Noticias ou Cámara abierta ).En 1999 participou co Gran Wyoming e con Pere Joan Ventura na dirección e o guión da reportaxe Estou a quitarme\, un documental sobre o mundo da droga. Participou\,tamén\, no guión do documental O efecto Iguazú\, dirixido por Pere Joan Ventura sobre o campamento dos traballadores de Sintel\, que recibiu o Premio á mellor película documental na XVII edición dos Premios Goya.Estrea en 2011 o documental Osíxeno unha reflexión sobre o pasado e o futuro da profesión xornalística​ estreado en 2011 que foi candidato aos Premios Goya.En 2015 participou como coguionista no documental Non estamos sós\, dirixido por Pere Joan Ventura\, un percorrido por diversos activismos.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/donde-vamos-a-vivir
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,cinemAteneo,debate-pensamento,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/11/2024-11-26-DocuGeorginaCisquella.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR