BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.18.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Eventos de Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240305T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240305T210000
DTSTAMP:20240223T120646Z
CREATED:20240223T114909Z
LAST-MODIFIED:20240223T120646Z
UID:3450-1709667000-1709672400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Coidamos do galego? Dígocho eu!
DESCRIPTION:Esther Estévez (presentadora e directora do Dígocho Eu! TVG) e Xurxo Martínez (filoloxía galega)\, conversarán aredor da situación actual da lingua galega. Realmente\, estamos a coidar o galego? Será o martes 5 de marzo\, ás 19.30 horas\, na biblioteca da EMAO. A entrada será libre ata completar o aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nCoidamos do galego?  Dígocho eu!\n\n\n\nQue facemos co galego?\n\n\n\nDeixamos que vaia evolucionando como lingua minorizada cara á súa extinción?\, … ou sentímonos cómodos porque xa é algo institucional que nos representa porque figura en carteis\, escritos e se fala nalgúns medios?Metémola nese saco mal chamado “bilingüismo” para que se bata co castelán coma se fosen linguas en igualdade de condicións?Hai xente que intenta escolarizar a rapazada en galego\, pero\, pasado un tempo na escola\, descobre que comezan a falar con interferencias do castelán e a sentirse confusos. Que facemos?Na adolescencia e na mocidade\, a perda de galegofalantes é brutal. Aínda que non se coñecen estatísticas “oficiais” dende 2018\, as evidencias están presentes nas redes e nas observacións que podemos facer a pé de rúa. E non só nas cidades\, senón tamén nas vilas ou\, se cadra\, máis nestas últimas.E as persoas adultas? Somos maioría en Galicia. Que facemos? Aínda temos prexuízos lingüísticos aos nosos anos?Nesa mesma estatística de hai seis anos\, das sete cidades galegas\, a que mais “falantes” perdeu foi Vigo. Hai que resaltar o concepto de persoas “falantes”\, porque precisamente é\, na forma oral\, onde máis nos estamos empobrecendo.E as institucións? Como se pode consentir que na prensa galega escrita en castelán se poñan en letra cursiva as declaracións da xente que responde en galego nunha entrevista? Falamos de medios escritos que reciben numerosas subvencións\, e só sacan a portada en galego o Día das Letras Galegas! A isto se lle chama “normalización”? O “normal” sería ao revés! \n\n\n\nA cousa pinta mal\, mais algunhas luces tamén van aparecendo\, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias\, a Lei de Normalización lingüística de 1983 e o propio Estatuto de Galicia\, dannos un marco de actuación para a xustiza\, a economía\, as institucións públicas\, a cultura\, o ensino etc. Temos “ferramentas” de sobra\, usémolas!Pero isto tan só é papel se non se dota de medios e de vontade.Tamén resisten medios escritos e orais en galego\, a pesar do escaso apoio económico que si reciben os outros\, así como honrosos movementos no eido da música\, as artes escénicas\, o cinema\, as editoriais e algunhas empresas que van subindo ao carro… Pódese dicir que hai unha pequena industria que xera economía e traballo en galego. \n\n\n\nPor último\, un desexo\, ou unha reflexión:Existen fogares con moitas formas de familias (distintas xeracións\, distintas procedencias\, neofalantes …) Se algún dos membros fala galego neste medio\, é onde pode xurdir o amor e o apego pola lingua\, se escoitamos falar galego nun ambiente íntimo\, seguramente algún día acabaremos facendo uso del. A perda da transmisión lingüística familiar obríganos aos mais maiores a facer esta función de sementeira para que vaia calando nas xeracións que veñen. \n\n\n\nEsther Estévez\n\n\n\nXornalista natural de Verín\, é a presentadora dos programas da Tvg. Dígocho eu! \, Luar e do concurso para xente nova De tal mente tal semente. Tamén participa en digochiño\, Cachadas… \n\n\n\nPremio Mestre Mateo 2022 e 2023 á mellor comunicadora\, confesa que ama esta profesión como ama a lingua e goza dando charlas á xente nova por toda Galicia.Inclúe nos seus programas os xa famosos apuntamentos lusófonos para xogar coa proximidade da lingua irmá tanto nas afinidades como nas diferenzas.Achega unha mirada positiva esperanzadora e libre de prexuízos das novas xeracións\, maiormente a través das redes sociais. \n\n\n\nXurxo Martínez\n\n\n\nÉ doutor en filoloxía galega pola Universidade de Vigo\, investigador para o Instituto da lingua e o Consello da Cultura. Destaca o fondo coñecemento sobre distintos temas do século XIX en Galicia\, en especial do Rexurdimento. \n\n\n\nA partir de 2017\, cando se xubila Xosé González mais coñecido como Pepiño de Redondela\, faise responsable do Servizo de Normalización Lingüística nese concello.Exerce a militancia activa na defensa da lingua galega\, tanto é así que loitou durante catro anos ata conseguir unha sentenza histórica do TSXG para que a Axencia Tributaria fose obrigada a garantir a atención en galego. Publica numerosos estudos sobre as Irmandades da Fala e do Rexurdimento\, biografías de Reboiras e Luís Soto e recentemente\, Marxes\, guía ilustrada do Vigo rebelde\, unha interesante proposta con itinerarios de feitos históricos pola cidade de Vigo.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/coidamos-do-galego-digocho-eu
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/02/2024-03-05-CoidamosGalego.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240312T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240312T210000
DTSTAMP:20240305T184957Z
CREATED:20240305T184954Z
LAST-MODIFIED:20240305T184957Z
UID:3479-1710271800-1710277200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O sexo non é o xénero
DESCRIPTION:O martes 12 de marzo\, a partir das 19.30 horas teremos con nós ao psicólogo clínico e psicoanalista Manuel Fernández Blanco; será na biblioteca da EMAO e falara arredor dun tema tanta actualidade como é “O sexo non é o xénero”. \n\n\n\n\n\n\n\nManuel Fernández Blanco é psicoanalista\, membro da Escola Lacaniana de Psicanálise e da Asociación Mundial de Psicanálise\, e psicólogo clínico. É o Director da Clínica do Campo Freudiano en A Coruña (destinada a posibilitar un tratamento psicanalítico a persoas con escasos recursos económicos)\, e docente do Instituto do Campo Freudiano. Foi presidente da Escola Lacaniana de Psicanálise\, Secretario do Bureau da Asociación Mundial de Psicanálise\, e membro do Consello da Escola Europea de Psicanálise. Traballou\, durante 34 anos\, no Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. É autor do libro La repetición como concepto fundamental del Psicoanálisis e de numerosas publicacións no ámbito da Psicanálise e da Saúde Mental. Colabora na Sección de Opinión do diario La Voz de Galicia baixo o título Los síntomas de la civilización.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-sexo-non-e-o-xenero
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/03/2024-03-12-SexoNonXenero.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR