BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ateneo Atlántico - ECPv6.15.20//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://ateneoatlantico.gal
X-WR-CALDESC:Events for Ateneo Atlántico
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241001T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241001T213000
DTSTAMP:20260430T073334
CREATED:20240912T110056Z
LAST-MODIFIED:20240912T113456Z
UID:3663-1727809200-1727818200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:Homenaxe Mª Xosé Porteiro
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico de Vigo ten o pracer e a honra de de anunciar o acto de recoñecemento a María Xosé Porteiro como Socia de Honra do Ateneo. Terá lugar o martes 1 de outubro de 2024\, ás 19 horas\, na biblioteca da EMAO. \n\n\n\n\n\n\n\nO Ateneo Atlántico ten instaurado un acto anual de recoñecemento a un persoeiro da sociedade galega.Se en anos anteriores o nomeamento de ‘Soci@ de Honra’ recaía en personaxes tan dispares como Xosé Manuel Beiras ou Elvira Landín\, nesta ocasión\, e por unanimidade\, a Xunta Directiva optou pola figura de María Xosé Porteiro.  \n\n\n\nNo acto\, que se celebrará o martes 1 de outubro\, ás 19 horas na biblioteca de EMAO intervirán destacadas compañeiras e compañeiros de María Xosé\, figuras da talla de Víctor Freixanes\, Amada Traba\, Manolo Bragado\, LLerena Perozo e Alberto Avendaño. O toque musical correrá a cargo do artista cubano Raynier Aldana. Ao final do acto compartiremos un viño galego de confraternización. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. \n\n\n\n\n\n\n\nMaría Xosé Porteiro\n\n\n\nMaría Xosé Porteiro García (Madrid\, 1952). Xornalista\, política e escritora galega de narrativa e ensaio.Na súa traxectoria vital pasou parte da súa infancia en Cuba para regresar coa súa familia e instalarse definitivamente en Vigo. É Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.Como xornalista traballou en La Voz de Vigo\, no xornal El Pueblo Gallego e en Radio Popular de Vigo. Na actualidade colabora con xornais como La Voz de Galicia\, El País\, The Washington Post ou Tribuna Feminista. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo. \n\n\n\nConcelleira polo PSdeG en Vigo\, foi tenente de alcalde e primeira concelleira de igualdade; Deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados\, Delegada da Xunta de Galicia na Arxentina\, Membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa.Na actualidade é adxunta á Valedora do Pobo galego. \n\n\n\nÉ socia fundadora do Ateneo Atlántico no que participou activamente durante o seu período na Xunta Directiva; é colaboradora do Centro de Documentación de Recursos Feministas de Vigo. \n\n\n\nAo longo da súa traxectoria recebeu numerosos recoñecementos entre os que podemos destacar a Orde do Mérito Civil (Goberno de España 2009) “por su contribución a la política exterior de España”\, o Premio Primero de Mayo ao Compromiso Social e a Solidaridade (CCOO 2019)\, ou o ​Premio de Igualdade Ernestina Otero (Concello de Vigo 2020) en recoñecemento ao seu labor e traxectoria. \n\n\n\nEntre a súa produción literaria cómpre destacar Covardes (2001\, Ir Indo)\, Sándalo (2019\, Galaxia)\, Buscando a Clara (colección Historias para coñecermos Vigo\, 2019\, Elvira) ou a súa última novela\, Tabiba (2023\, Elvira).
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/homenaxe-ma-xose-porteiro
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,homenaxes,vaiVioleta
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/09/2024-10-01-MXPorteiro.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241015T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241015T210000
DTSTAMP:20260430T073334
CREATED:20241010T160617Z
LAST-MODIFIED:20241012T165157Z
UID:3688-1729020600-1729026000@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O tesouro da toponimia galega
DESCRIPTION:O martes 15 de outubro\, na biblioteca da EMAO\, a partir das 19.30 horas\, Gonzalo Navaza falará con nós sobre toponimia galega. O acto será presentado por X. Carlos L. Bernárdez. \n\n\n\n\n\n\n\nGonzalo Navaza\n\n\n\nGonzalo Navaza Blanco (Lalín\, 1957)\, é un escritor galego\, tradutor\, estudoso da toponimia\, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo.No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente. En 2021 foi escollido académico de número da RAG\, ingresando o 5 de novembro de 2022 coa lectura do discurso Nomes de persoa na toponimia de Lalín\, respondido por Antón Santamarina. Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego de Edicións Xerais de Galicia no ano 1988\, chegando a crear o máis vendido da historia do galego\, O pequeno Xerais.O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de Fitotoponimia galega\, un voluminoso volume editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica (AGOn)\, onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais e na Comisión de Toponimia\, encargada oficialmente pola Xunta de Galicia de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente\, impartiu cursos de galego para emigrantes en Basilea e de lingua e literatura galegas en Salvador na Universidade Federal da Bahia (Brasil).Entre a súa produción literaria\, e ademais de ensaios\, traducións e obras colectivas\, podemos destacar os poemarios Fábrica Íntima (Galaxia\, 1991) ou Libra (Galaxia\, 2000)\, a obra infantil Fábulas contadas (Xerais\, 2020)\, e\, especialmente\, o libro de relatos Erros e Tánatos (Xerais\, 1996)\, que en pouco tempo se convertiría nun clásico da literatura galega actual.Ao longo da súa carreira foi recoñecido con numeros premios e distincións\, entre os que podemos citar o II Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (1991) por Fábrica íntima\, o Premio da Crítica Española (1991)\, por Fábrica íntima\, Premio Arcebispo San Clemente na categoría de novela en lingua galega (1998) por Erros e Tánatos\, Premio Martín Codax (2000)\, por Libra\, Premio da Crítica Española (2000)\, por Libra\, Premio de Investigación Losada Diéguez (2007) por Fitotoponimia galega. Premio Lois Peña Novo (2008)\, por Toponimia de Catoira\, Premio da AELG á mellor tradución (2008)\, por As flores do mal. etc.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-tesouro-da-toponimia-galega
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-15-ToponimiaNavaza.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241016T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241016T210000
DTSTAMP:20260430T073334
CREATED:20241010T161526Z
LAST-MODIFIED:20241014T161557Z
UID:3692-1729107000-1729112400@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O impacto do proxecto Altri
DESCRIPTION:Co título O proxecto Altri e o seu impacto sobre A Ulloa\, o río Ulla e a ría de Arousa\, O Ateneo Atlántico\, en colaboración coa Plataforma para a defensa da ría de Arousa\, a Plataforma Ulloa Viva\, e Verdegaia\, organiza un acto informativo sobre as consecuencias medioambientais da construción dunha megafactoría na serra de Caerón\, en Lugo\, por parte da empresa Altri. \n\n\n\n\n\n\n\nA partir da xénese da celulosa de ENCE na ría de Pontevedra\, e da análise dos efectos económicos e medioambientais que tivo en toda a comarca\, os poñentes tentarán demostrar como este tipo de industrias estragan o medio e supoñen beneficios\, unicamente\, para as empresas. \n\n\n\nNo acto\, que terá lugar na sede do Ateneo (Doutor Cadaval 17) o mércores 16 de outubro ás 19.30 horas\, participarán o biológo Xurxo Mouriño\, da plataforma Ulloa Viva\, e o tamén biólogo Antón Masa en representación da Plataforma para a defensa da ría de Arousa.Presenta\, por parte do Ateneo\, Amada Traba. \n\n\n\nEnlace ao vídeo Altri: a sede insostible \n\n\n\nAntón Masa Vázquez\n\n\n\nLicenciado en bioloxía pola USC. Traballo na Misión Biolóxica de Galicia e no ano 1987 participou na fundación da Asociación Pola Defensa da Ría\, organización que pasou a presidir en 1997. \n\n\n\nXurxo Mouriño Lourido\n\n\n\nBiólogo\, membro de Verdegaia e da plataforma Ulloa Viva. Formado en xestión cinexética\, e avaliación de impacto ambiental. Autor de numerosas publicacións en artigos e libros\, principalmente nos campos da ornitoloxía\, botánica e especies exóticas invasoras.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/acto-informativo-sobre-altri
LOCATION:Espazo Ateneo\, Doutor Cadaval 17\, Vigo\, Pontevedra\, 36202\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-16-PAltri.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241022T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241022T210000
DTSTAMP:20260430T073334
CREATED:20241017T103456Z
LAST-MODIFIED:20241018T090443Z
UID:3723-1729623600-1729630800@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:O dereito á sanidade
DESCRIPTION:Mesa redonda arredor do deterioro da sanidade pública en Galicia e proxección do documental “DEP Destruír era o plan”. Martes 22 de outubro\, na EMAO\, a partir das 19.30. \n\n\n\n\n\n\n\nO Ateneo Atlántico\, en colaboración con SOS Sanidade Pública organiza este acto para salientar o proceso de deterioro da sanidade pública en Galicia. \n\n\n\nNo acto participa Isa Rey\, realizadora do documental DEP\, Manuel Martín\, voceiro en Galicia de SOS Sanidade\, Manuel G. Moreiras\, voceiro en Vigo de SOS Sanidade\, e Jesús Araújo\, médico na área sanitaria de Vigo. Presenta o acto Teresa Conde-Pumpido. \n\n\n\nNo acto proxectaremos o documental “DEP. Destruír era o plan”; impulsado por SOS Sanidade Pública\, fai unha radiografía da situación da sanidade na Galiza a través do relato dunha multiplicidade de voces\, desde profesionais sanitarios a usuarios\, pasando por xornalistas. Algúns dos participantes no documental son médicos\, como Iria Fernández\, Alicia Barreiro ou Xoán Casas; políticos como Ana Pontón\, Valentín González Formoso ou Montse Prado; usuarias\, Xosé María Dios e Manuel Martín; voceiros de SOS Sanidade; e tamén xornalistas como María Obelleiro.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/o-dereito-a-sanidade
LOCATION:Biblioteca da EMAO\, Rúa García Barbón 5\, Vigo\, Galicia\, 36209\, Spain
CATEGORIES:actividades,debate-pensamento
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-22-Dereito-Sanidade.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20241023T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20241023T210000
DTSTAMP:20260430T073334
CREATED:20241012T163046Z
LAST-MODIFIED:20241020T105511Z
UID:3702-1729711800-1729717200@ateneoatlantico.gal
SUMMARY:A última dorna de Ons
DESCRIPTION:O Ateneo Atlántico comprácese en anunciar o acto de presentación do documental A última dorna de Ons\, de Anxo Cabada e Antón Davila. O acto terá lugar no Museo do Mar de Galicia (Avenida de Atlántida 160) ás 19.30 horas do mércores 23 de outubro. Estarán presentes os dous autores que serán presentados por Xosé Carlos L. Bernárdez. \n\n\n\n2024-10-23 UltimaDornaOns\n\n\n\nDicía Bouza Brey de Ons “un anaco de terra fincado no mar do corazón de todas as persoas que nalgún momento quedamos prendadas por ela\, é a patria á que sempre desexamos volver”.Esa patria a que sempre desexamos volver\, é a temática deste documental de Anxo Cabada e Antón Davila\, realizado nos meses pasados. Un documental no que os seus protagonistas son os illáns\, algúns namorados i expertos sobre a illa\, e sobre todo Césareo Patiño\, o último mariñeiro  que nunca abandonou Ons\, e hoxe coa  última dorna que queda na illa\,  fai un percorrido polas antigas técnicas de pesca do polbo que permitiron os illáns manter unha economía de subsistencia.O documental sobre o Ons inmaterial\, de 30 minutos\, contou co apoio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas\, da Xunta de Galicia\, co Plan de Recuperación e Resilencia e cos Fondos NexGeneration da EU.Anxo Cabada\, fotógrafo\, traballou no audiovisual nas series para a TVG “Os viaxeiros da luz” e “O fío do retrato”.Antón Davila\, músico de Bueu\, traballou como realizador de documentais de natureza i etnografía galegas.
URL:https://ateneoatlantico.gal/eventos/a-ultima-dorna-de-ons
LOCATION:Museo do Mar\, Avenida de Atlántida 160\, Vigo\, 36208\, Spain
CATEGORIES:actividades,presentacions
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://ateneoatlantico.gal/wp-content/uploads/2024/10/2024-10-23-UltimaDornaOns.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR